Plano

Preview:

Citation preview

Plano

tipos, movementos, duracións

Cadro

Composición visual resultado de colocar a cámara dunha certa maneira (posición, óptica, etc) para seleccionarmos que elementos do conxunto (todos ou só unha parte deles) queremos que se vexan.

PlanoNa rodaxe dun filme, un plano é o que se rexistra dende que a cámara se pon en marcha até que se detén, sexa estático ou en movemento.

Na montaxe, un plano é a parte do filme que transcorre entre dous cortes de edición.

Plano xeral

“Long shot”, “full shot”, “wide shot”.

Presenta un obxecto ou figura humana completa en relación ao espazo que o rodea (unha paisaxe, un espazo arquitectónico, etc). Unha variante é o “gran plano xeral” (“extreme long shot”), filmado dende unha certa distancia para amosar un gran escenario completo sen que destaquen os seus detalles (panorama).

Achega unha impresión xeral e con frecuencia serve para situar unha acción: indícanos aos espectadores cal é o lugar onde a acción vai suceder.

“Establishing shot”.

“Plano completo”.

acción

Plano medio

“Medium shot”

Plano filmado a “media distancia”. Presenta unha visión dos personaxes coa que somos capaces de captar detalles das expresións faciais e unha visión xeral do seu corpo. A fronteira entre un plano “completo” e un “primeiro plano” é obviamente difusa.

Plan américain: plano de 3/4 “até os xeonllos”. Típico nos westerns.

acción

Plano curto

“Close-up”.

Presenta un detalle que se quere destacar dunha escena completa, por exemplo un rostro ou un obxecto que “enchen” o cadro.

Primeirísimo plano ou “extreme close-up”: encadra un detalle aínda máis preciso, por exemplo, un ollo ou a boca dun personaxe, unha chave...

acción

The tree of life (Terrence Malick, 2011)

The tree of life (Terrence Malick, 2011)

The tree of life (Terrence Malick, 2011)

Segundo ángulo visual

Aéreo, cenital: “dende arriba”, como se estivera tomado dende un satélite, un avión.. / “A vista de paxaro”.

Nadir.

Picado: orientado lixeiramente cara abaixo.

Contrapicado: orientado lixeiramente cara arriba.

Frontal: diante do obxecto/personaxe, paralelo ao chan.

De costas / Sobre o ombreiro.

...etc.

acción

MovementosMecánicos

Paneo: a cámara está fixa nunha posición e xira sobre o seu eixo (de esquerda a dereita, de dereita a esquerda).

Tilt: a cámara está fixa nunha posición e “rota” sobre a dirección vertical (de arriba a abaixo ou ao revés).

Travelling: a cámara desprázase cara aos lados (sobre un vehículo, raíl, etc).

Guindastre: para erguer a cámara a unha certa altura do chan.

Ópticos

Zoom: achegamento ou afastamento que se consegue non movendo a cámara, senón manipulando a óptica da mesma.

...ou unha combinación dos dous.

Plano secuencia

Plano de longa duración que compón per se unha escena enteira, “sen cortes”.

-A soga de Alfred Hitchcock.

-Sede de mal de Orson Welles.

-A arca rusa de Aleksandr Sokurov.

-Os filmes de Béla Tarr.

-Birdman de Alejandro González Iñárritu?

A duración dun plano

A duración media dos planos de...

The Act of Seeing with one's own eyes de Stan Brakhage < 5 segundos.

El árbol de la vida de Terrence Malick, 6 segundos.

La fiera de mi niña de Howard Hawks, 9 segundos.

Deseando amar de Wong Kar-wai, 13 segundos.

Juventude em marcha de Pedro Costa, 79 segundos.

As harmonías Werckmeister de Bela Tarr, 219 segundos.

http://www.cinemetrics.lv/

Plano (tipos, movementos, duracións) é unha presentación de Martin Pawley para Filmoteca Fórum, obradoiro de cinema do Fórum Metropolitano. Fonte das imaxes: capturas de pantalla do filme citado.

Recommended