View
120
Download
0
Category
Preview:
Citation preview
Escoitar a súa voz Escoitar a súa voz e seguir os seus pasose seguir os seus pasos
Presentación: B. Presentación: B. Areskurrinaga HCAreskurrinaga HCEuskaraz: D. AmundarainEuskaraz: D. AmundarainMúsica: Bruch. Adagio.Música: Bruch. Adagio.
17 de abril de 20164º Pascua – C
(Xoán 10, 27-30)
José Antonio Pagola
A escena é tensa e conflitiva. Xesús está paseando dentro doXesús está paseando dentro do
recinto do templo.recinto do templo. Axiña, un grupo de xudeus rodéao Axiña, un grupo de xudeus rodéao
acosándoo con aire ameazador.acosándoo con aire ameazador.
Xesús non se intimida, señon Xesús non se intimida, señon que lles reprocha que lles reprocha
abertamente a súa falta de fe: abertamente a súa falta de fe: «Vós non credes porque non «Vós non credes porque non
sodes ovellas miñas»sodes ovellas miñas». .
O evanxelista di que, ao terminar O evanxelista di que, ao terminar de falar, os xudeus tomaron de falar, os xudeus tomaron
pedras para apedralo.pedras para apedralo.
Para probar que non son ovellas súas, Xesús atrévese a explicarlles que
significa ser dos seus.
Só subliña dous trazos, os máis esenciais e
imprescindibles: «As miñas ovellas
escoitan a miña voz... e séguenme».
Despois de vinte séculos, os cristiáns Despois de vinte séculos, os cristiáns necesitamos lembrar de novo que o esencial necesitamos lembrar de novo que o esencial para ser a Igrexa de Xesús é escoitar a súa para ser a Igrexa de Xesús é escoitar a súa
voz e seguir os seus pasosvoz e seguir os seus pasos..
O primeiro é espertar a capacidade
de escoitar a Xesús. Desenvolver moito máis nas
nosas comunidades esa sensibilidade, que está viva en moitos cristiáns sinxelos que saben captar a Palabra que vén de Xesús en toda a súa frescura e sintonizar coa
súa Boa Nova de Deus.
Xoán XXIII dixo nunha ocasión que «a Igrexa é como unha vella fonte de aldea de cuxa villa ha de correr sempre
auga fresca». Nesta Igrexa vella de vinte séculos temos que facer
correr a auga fresca de Xesús.
Se non queremos que a nosa fe se vaia diluíndo progresivamente en formas decadentes de relixiosidade
superficial, no medio dunha sociedade que invade as nosas conciencias con mensaxes, consignas, imaxes,
comunicados e reclamos de todo xénero, temos que aprender a poñer no centro das nosas comunidades a
Palabra viva, concreta e inconfundible de Xesús, o noso único Señor.
Pero non abonda escoitar a súa voz.
É necesario seguir a Xesús.
Chegou o momento de decidirnos entre
contentarnos con unha «relixión burguesa» que
tranquiliza as conciencias pero afoga
a nosa alegría, ou aprender a vivir a fe cristiá como unha
aventura apaixonante de seguir a Xesús.
A aventura consiste en crer o que El creu,
darlle importancia ao que El lle deu,
defender a causa do ser humano coma El a defendeu,
achegarnos aos indefensos e desvalidos coma El se achegou,
ser libres para facer o ben coma El,
confiar no Pai coma El confiou e
enfrontarnos á vida e á morte coa esperanza con que El
se enfrontou.
Se os que viven perdidos, sós ou desorientados, poden atopar na Se os que viven perdidos, sós ou desorientados, poden atopar na comunidade cristiá un lugar onde se aprende a vivir xuntos de comunidade cristiá un lugar onde se aprende a vivir xuntos de maneira máis digna, solidaria e liberada seguindo a Xesús, a maneira máis digna, solidaria e liberada seguindo a Xesús, a Igrexa estará ofrecendo á sociedade un dos seus mellores Igrexa estará ofrecendo á sociedade un dos seus mellores
servizos.servizos.
ESCOITAR A SÚA VOZ E SEGUIR OS SEUS PASOS
A escena é tensa e conflitiva. Xesús está paseando dentro do recinto do templo. Axiña, un grupo de xudeus rodéao acosándolo con aire ameazador. Xesús non se intimida, señon que lles reprocha abertamente a súa falta de fe: «Vós non credes porque non sodes ovellas miñas». O evanxelista di que, ao terminar de falar, os xudeus tomaron pedras para apedralo.
Para probar que non son ovellas súas, Xesús atrévese a explicarlles que significa ser dos seus. Só subliña dous trazos, os máis esenciais e imprescindibles: «As miñas ovellas escoitan a miña voz... e séguenme». Despois de vinte séculos, os cristiáns necesitamos lembrar de novo que o esencial para ser a Igrexa de Xesús é escoitar a súa voz e seguir os seus pasos.
O primeiro é espertar a capacidade de escoitar a Xesús. Desenvolver moito máis nas nosas comunidades esa sensibilidade, que está viva en moitos cristiáns sinxelos que saben captar a Palabra que vén de Xesús en toda a súa frescura e sintonizar coa súa Boa Nova de Deus. Xoán XXIII dixo nunha ocasión que «a Igrexa é como unha vella fonte de aldea de cuxa villa ha de correr sempre auga fresca». Nesta Igrexa vella de vinte séculos temos que facer correr a auga fresca de Xesús.
Se non queremos que a nosa fe se vaia diluíndo progresivamente en formas decadentes de relixiosidade superficial, no medio dunha sociedade que invade as nosas conciencias con mensaxes, consignas, imaxes, comunicados e reclamos de todo xénero, temos que aprender a poñer no centro das nosas comunidades a Palabra viva, concreta e inconfundible de Xesús, o noso único Señor.
Pero non abonda escoitar a súa voz. É necesario seguir a Xesús. Chegou o momento de decidirnos entre contentarnos cunha «relixión burguesa» que tranquiliza as conciencias pero afoga a nosa alegría, ou aprender a vivir a fe cristiá como unha aventura apaixonante de seguir a Xesús.
A aventura consiste en crer o que El creu, darlle importancia ao que El lle deu, defender a causa do ser humano coma El a defendeu, achegarnos aos indefensos e desvalidos coma El se achegou, ser libres para facer o ben coma El, confiar no Pai coma El confiou e enfrontarnos á vida e á morte coa esperanza con que El se enfrontou.
Se os que viven perdidos, sós ou desorientados, poden encontrar na comunidade cristiá un lugar onde se aprende a vivir xuntos de maneira máis digna, solidaria e liberada seguindo a Xesús, a Igrexa estará ofrecendo á sociedade un dos seus mellores servizos.
José Antonio Pagola
Recommended