Guimarei

Preview:

Citation preview

GUIMAREI: A MIÑA ALDEA

GUIMAREI: A MIÑA ALDEA

Olalla Pego (3ºB)

GUIMAREI: VISTA DA ALDEA

A aldea de Guimarei está formada por pouco máis de 20 casas e a maioría teñen xardín. No núcleo da aldea hai unhas 10 casas e as outras están nos arredores. En Guimarei hai uns 50 habitantes e entre eles hai 11 nenos.Ten un río e tres carballeiras. O monte ten grandes dimensións, 20, 22 hectáreas. As zonas onde están as veigas chámanlle O Portameis e A Corredoira. Os animais que máis abundan son as cabras é os cabalos. Esta fotografía está sacada desde a igrexa da parroquia, de San Mamede.

O MUIÑO

O muíño de Guimarei está situado no río dos Albariños. Antes as vellas facían a fariña de trigo e de millo porque antes non había muíños nas casas. Como se pode ver na imaxe está rodeado de silveiras, toxos... Esta maleza creceu porque a xente deixouno de utilizar hai uns 35 anos.O muíño ten paredes feitas de pedra grosa e o tellado tamén é de pedra, pero recuberto de carriza e outras plantas. Ten unhas dimensións que rondan os 5 metros cadrados

A CARBALLEIRA DOS ALBARIÑOS

A carballeira dos Albariños está á beira do río do mesmo nome. Nesta carballeira os veciños fan churrascadas, polo que o presidente do monte de Guimarei e os veciños están pensando en poñer mesas e bancos de pedra. É un sitio moi tranquilo que visita moita xente. Como se pode ver é unha carballeira grande, na que sempre dá a sombra pola gran cantidade de carballos que hai, e non hai árbores de máis especies nas proximidades do río. Ocupa unha extensión de entre 1.500 e 2.000 metros cadrados.

O RÍO DOS ALBARIÑOS

O río de Guimarei chámase río dos Albariños. O nome vén pola antiga ponte que había no río e que se derrubou coas choivas e temporais. Antigamente os veciños cruzaban pola ponte para ir a Cuntis, así acurtaban o camiño. Ten un muíño, unha carballeira e antes tiña unha lagoa que agora se xuntou co río. Os rapaces da aldea vanse bañar alí e colgaron unha corda para tirarse á auga. A auga sempre esta conxelada, tanto no inverno coma no verán, xa que sempre lle dá a sombra.

AS OUTRAS CARBALLEIRASNa carballeira da foto pequena é onde os veciños botan a pacer as ovellas e cabuxas.

A da fotografía grande é onde estaba antes o parque infantil de Guimarei, pero a madeira podreceu sacaron o parque e quedou só a carballeira. Agora temos alí un dos casetos, o máis antigo de Guimarei, pois en realidade temos dous.

Nestas dúas carballeiras hai moitas landras. É unha zona sombría e de moita tranquilidade.

O TRABALLO NO CAMPO Como se pode contemplar na imaxe, este é un dos moitos traballos que se fan no campo: esfollar no millo. Nesta imaxe non se ven as persoas porque están no medio dos pavóns.

Para estes traballos do campo úsanse moitas ferramentas, como forcadas, arados, sachas, angazos… A xente axúdase de maquinaria coma os tractores, que facilitan o traballo.

Na fotografía están usando un tractor para coller as espigas. Na aldea moita xente dedícase a traballos no campo, e ademais de agricultura hai veciños que se dedican á gandaría.

O CENTRO DA ALDEA

Este é o centro da aldea. A maioría das casas están moi pegadas e non teñen moito espazo para cubertos nos que gardar os produtos agrarios. No centro de Guimarei hai tres pistas que van dar ó mesmo sitio.As casas son de pedra, de dous andares e con hortas, aínda que hai algunhas excepcións. Teñen tellados a dúas augas e case todas son de tella, salvo dúas que son de lousa. É unha zona menos tranquila ca das aforas da aldea. En xeral, é onde se reúne a maioría da poboación e as persoas máis novas da aldea reúnense nos arredores.

AS CASAS MÁIS AFASTADASEstas son as dúas casas que están máis lonxe do centro de Guimarei.Á casa da fotografía máis pequena chámanlle “as presas” e é por onde se vai ó río. É a única casa da zona e está ó lado do monte. A casa da outra fotografía tamén está alonxada da aldea, case na entrada de Guimarei. O lugar onde está construída chámase a “barrela”. A casa está rodeada polo monte e pola parte de atrás ten unha toxeira chea de eucaliptos e piñeiros. Tamén está soa no lugar e as pistas que arrodean a casa son de terra.

A PRAZA DA ALDEAEsta é a praza da aldea, alí reúnense os vellos e as vellas para falar, e ás veces, algúns rapaces para xogar, aínda que como agora hai menos rapaces pequenos están alí poucas veces.Antigamente, cando as vellas da aldea tiñan vacas, deixaban o leite alí para que llo levara o leiteiro cando pasaba. O presidente da comunidade de montes de Guimarei e os veciños están planificando a construción dunha fonte, pois non hai ningunha en toda a aldea e este sería un bo sitio. A praza está rodeada de casas e ten tres pistas que van dar a ela.

A IGREXA PARROQUIAL DE SAN MAMEDE DE PIÑEIRO

A igrexa da parroquia de San Mamede de Piñeiro, xa é moi antiga e ten o cemiterio arredor dela, aínda que fai sete ou oito anos fixeron un novo.Ó lugar onde está chámanlle a aldea da igrexa. Está nun sitio elevado e pódense ver todas as aldeas da zona: Guimarei, Toucedo, Velai…Á igrexa é onde van os veciños de todas as aldeas da parroquia, polo que é grande. O párroco chámase Don Manuel Canaval, que tamen é o doutras parroquias.

A CASA QUE MENOS ME GUSTAA casa que menos me gusta é a que se ve na fotografía. As razóns son que está en ruinas, por exemplo, a porta da casa ten un burato bastante grande , e ten un cuberto ó que lle caeu todo o tellado. Aínda así esta habitada. Sen embargo, o interior da casa está ben coidado. O que debería ser o xardín está cheo de silveiras e ten unhas árbores bastante antigas. A parede da casa ten carriza seca e outras herbas. Pola parte de atrás da casa está todo cheo de silveiras e non se ven as fiestras. O concello vaille dar unha subvención ó dono para arranxala.

A CASA QUE MÁIS ME GUSTAEsta é a casa que máis me gusta. Está rodeada por un muro e ten unha caixa de pedra para as cartas e o pan. Ésta feita de pedra e o tellado de tella. Ten dous pórticos, un pola parte dianteira e outro pola traseira. Ten moitas ventás e para chegar á entrada hai que cruzar dúas pontes, pois por debaixo ten un río artificial. Ten un xardín moi grande e pola parte de atrás ten un lago, tamén artificial, con ras e patos e un parque para os rapaces. A casa ten dous andares e no soto ten unha piscina climatizada e un ximnasio.