A Arte Da Grecia Clásica

Preview:

Citation preview

A ARTE DA GRECIA CLÁSICA

Fases da arte grega clásica:

1. Xeométrica (XII-IX a.C.)2. Arcaica (VIII-VI)3. Clásica (V-IV)4. Helenística (III-II a.C.)

1. Fase xeométrica (XII-IX a.C.)

a) Coincide coa Grecia dos Séculos Escurosb) Decoración xeométrica e pequenas figuras esquemáti-

cas de animais:

2. Fase arcaica (VII-VI)a) Coincide coa

Grecia Arcaica, a época das co-lonizacións.

b) A pintura e a escultura cén-transe na figu-ra humana, re-presentada de maneira realis-ta.

c) A forma huma-na ten rasgos pouco defini-dos nun princi-pio.

Á dereita Muller fiando nun al-tar (ca. 505) e Aquiles e Aiax xogando ás da-mas (ca. 550)

Tr

d) En especial na escultura, trátase de figuras ríxidas, presentadas de fronte. Estas figuras apenas conseguen despegar as mans do corpo e adiantar os pés para camiñar. As esculturas teñen unha función relixiosa, como se pode ver en Cleobis e Bitón (ca. 650) ou na Koré do peplo (ca. 530)

e) Co tempo, as formas vanse facendo máis definidas e comezan a apreciarse os músculos en detalle. As figuras gañan vida e avanzan decididas. Así se ve no Kourós Anavyssos (ca. 525)

f) A arquitectura ten tamén moito que ver coa relixión. Os edificios máis coidados son os templos. Na dereita podes ver o templo de Hera en Paestum (ca. 550). Na

esquerda a súa planta.

3. Fase clásica (V-IV)a) Coincide

coa Grecia Clásica e co periodo de hexemonía de Atenas.

b) En pintura e escultura avánzase polo camiño do realismo.

c) Trabállase sempre a imaxe humana, mais agora case sem-pre son homes xo-ves os retratados.

Á dereita, Ban-quete (ca. 480)

Homes xoves, cuxo modelo está nos atletas das Olimpiadas. Os corpos móvense con total liberdade, ou reposan apoiando o peso do corpo. Á esquerda o Discóbolo

(lanzador de disco) de Mirón (ca. 470) e á dereita o Apoxiomenos de Lisipo (ca. 330)

d) Búscase o ideal de beleza masculina, o Canon, como no Doríforo, obra de Policleto cara

e) En arquitectura, sistematízanse as Ordes Arquitectónicas: dórica (abaixo), xónica e corintia (arriba).

f) A obra culminante da arquitectura do momento é a Acrópole de Atenas. Nesta parte da cidade constrúense os templos máis coidados de toda Grecia, adicados a

Atenea..

O Partenon. Construído entre o 449 e o 433, os seus arquitectos foron Ictinos e Calícatres, co apoio de Pericles.

• 8 fotos do Partenón• Video da Acrópole

Na Acrópole destacan outros edificios, como o Erecteion, o templo adicado a Erecteo, o antepasado de todos os atenienses na mitoloxía.

A finais da fase clásica, afóndase no realismo. A arte interésase por escenas da vida cotiá, mesmo cando representa personaxes mitolóxicos. Así se pode ver neste

Hermes con Baco neno, que Praxíteles esculpíu a finais do IV. As figuras son máis brandas

4. Helenismoa) Coincide co Helenismo, o período da historia grega en que Alexandre Magno constrúe un enorme imperio que vai desde Grecia e Exipto até o río Indo.

No camiño do naturalismo, a escultura volve a interesarse polas mulleres (Afrodita de Milo (finais do II) e aparecen os nenos (Neno da espiña, ca. 200) ou mesmo por seres de

sexo ambiguo (Hermafrodita durmido, ca 175).

As figuras están sempre en tensión, axitadas: Laoconte e os seus fillos (ca. 150) e detalle da Xigantomaquia (ca. 175).

En arquitectura xa non temos edificios de tamaño razoábel, senón inmensas moles como o Faro de Alexandría (ca. 270), Altar de Zeus (ca. 175)

No ano 142 a.C. os romanos ocupan Grecia, porén os romanos rematarán por inspirarse na arte grega, como se pode ver neste retrato do emperador Augusto

de principios da nosa Era.