A Arte Da Roma Clásica

Preview:

Citation preview

A ARTE DA ROMA CLÁSICA

Para os romanos, a arte non se entende sen unha utilidade práctica inmediata. A arte asume miúdo os achádegos técnicos da enxeñería, e os obxectos de enxeñería convértense en obras de arte. Mirade a Ponte de Alcántara,

sobre o río Texo.

Tede en conta que nós imos traballar a arte do Imperio (finais do I a.C. – finais do V d.C), porque de épocas an-teriores non conservamos moita cousa. O Imperio Romano é una civilización urbana, de moitas e moi impor-

tantes cidades. É nelas onde se concentran a maior parte dos obxectos artísticos, en especial na capital, Roma.

Estudaremos primeiro o urbanismo das cidades. As cidades romanas de nova fundación son ortogonais, un deseño herdado dos campamentos provisionais de soldados. Na esquerda arriba un campamento, na dereita o

plano ideal dunha cidade. Compara co plano actual da Cidade Vella de Lugo.

Como viches nos planos anteriores, as cidades teñen un gran equipamento. As rúas están pavimentadas e teñen alcantarillado. Hai unha grande cantidade de edificios para diversión e actividades cotiás.

Comecemos polo acueduto, que serve de auga potábel ás cidades. Aquí tedes o de Segovia e o Pont du Gard, na Provenza francesa.

O foro é o centro da cidade. Nel están os edificios administrativos e relixiosos máis importantes, impártese xustiza, faise o mercado…

Os templos seguen, polo xeral, o esquema grego. Porén hai diferenzas: as columnas laterais péganse á parede e o templo elévase sobre un podium.

Iso si, en certos templos os romanos gustan de exhibir os avances construtivos dos que son capaces. Velaí o Panteón de Agripa en Roma (finais do I d.C.), desde o exterior e o interior coa súa impresionante cúpula:

Os romanos non descoidan os edificios para a diversión. No teatro represéntanse aos dramaturgos gregos e romanos, tamén obras populares, como as atelanas. A carón da reconstrución ideal dun teatro romano, podedes

ver a escena do teatro de Sagunto (Valencia).

No anfiteatro loitan os gladiadores. Sen dúbida o anfiteatro máis coñecido é o Coliseo de Roma, onde cabían até cincuenta mil espectadores:

Pelexa de gladiadores (Gladiator)

Dentro do coliseo

Na diapositiva anterior, a carón do Coliseo podíades ver o Arco de Constatino. Eis aquí outro arco, o de Tito, máis de preto. Os arcos erixíanse en homenaxe ao emperador cando regresaba

dalgunha campaña militar vitoriosa. O Arco de Tito erixíuse cando o emperador regresou, a finais do I d.C., de derrotar aos xudíos, que se rebelaran contra Roma.

As cidades están unidas por unha densísima rede de camiños, como ves no mapa de calzadas romanas de Gallaecia. Neles atópanse impresionantes pontes, como a de Alcántara que antes viches. As mesmas calzadas

romanas son una obra de arte, fíxate abaixo na Vía Appia, nas inmediacións de Roma.

Porén, como podedes supoñer, a edificación máis relevante das cidades romanas é a casa. Os patricios viven en ricas casas unifamiliares , o resto da poboación nas insulae.

Comportádevos! Tedes a honra de ser convidados a entrar na vivenda dun patricio:

A casa dun patricio está sempre ricamente decorada. As estatuas dos antepasados, as pinturas das paredes…

… os bustos do emperador (Caracalla na foto), os mosaicos…