Anfibios

Preview:

Citation preview

Os anfibios

Características xerais

Teñen 4 patas con 5 dedos nos pés e 4 nas mans.Respiración pulmonar, branquial e cutánea.Reprodución ovípara.Sofren metamorfose ao longo da súa vida.A súa temperatura temporal está en función da do medio xa que son animais ectotérmicos.

Sapiño comadrón ou parteiro(Alytes obstetricans)

De pequeno tamaño, fuciño redondeado e ollos prominentes.A cor dorsal pode ser moi variable. Predomina cor parda ou olivácea.

Aliméntase de insectos.Hábitat: moi unido á auga (regatos, pozas, gabias...)

Distribución: abundante por toda Galicia. Prefire vivir en cotas baixas.

Sapo común(bufo bufo)

É o anuro de maior tamaño (ata 210 mm.)Corpo gordecho con pel rugosa por dorso e costados

Hábitat: pode aparecer en calquera hábitat, pero prefire prados e hortas.Alimentación: sobre todo a base de insectos (formigas, arácnidos, miñocas e

gasterópodos).

Distribución: está presente en toda Galicia.É abundante, pero está en lenta regresión debido á degradación e

contaminación do seu hábitat reprodutor (encoros, insecticidas agrícolas, etc.)

Sapo corriqueiro(bufo calamita)

Aspecto xeral robusto e pel moi rugosa. Cor dorsal máis clara cá do sapo común e liña vertebral moi evidente.

Hábitat: debido aos seus costumes escavadores prefire terreos brandos e soltos. É frecuente en dunas e marismas.

Alimentación: formigas, coleópteros, miñocas...

Ra patilonga(rana ibérica)

Distribución: abundante en toda Galicia pero no resto da súa zona de distribución é máis ben escasa polo que cómpre a súa protección na nosa

xeografía.

Pequeno tamaño, aspecto xeral esvelto e fuciño aguzado.

O tímpano adoita ser pouco visible. Pel lisa ou con pequenas verrugas no dorso. Ollos con pupila horizontal.

Hábitat: sempre ligada a cursos de auga como regatos de augas frías con vexetación nas beiras.

Alimentación: artrópodos e gasterópodos.

Ra de santo Antón(hyla arborea)

Hábitat: zonas húmidas con abundante vexetación como ríos, encoros e lagoas. Gústalle trepar pola vexetación herbácea.

Pequena ra de corpo gordecho e patas longas. Pel lisa brillante de cor verde moi viva no dorso e abrancazada ou cinsenta polo ventre.

Alimentación: especialmente insectos voadores, formigas, arañas e, ás veces, eirugas e miñocas.

Ra verde(rana perezi)

Hábitat: moi ligada aos medios acuáticos. Pódese atopar tanto en pozas, coma en ríos, lagos e marismas sempre que sexan estancadas ou de

corrente lenta.

É unha ra moi voraz. Aliméntase fundamentalmente de artrópodos, moluscos e miñocas.

Distribución: en Galicia é común en zonas cálidas tanto a nivel do mar como en cumes de montañas.

Píntega rabilonga(Chioglossa lusitanica)

Salamántiga moi estilizada, ollos grandes e saíntes e cola de sección redondeada.

É o único anfibio galego de cola autotomizable.

Especie predominantemente nocturna, aliméntase, por medio da súa lingua proctátil, de insectos, arácnidos e miriápodos.

Hábitat: vive en zonas montañosas con regatos de auga limpa e osixenada e abundante vexetación nas beiras.

Distribución: especie exclusiva de Galicia, Asturias e norte de Portugal.

Píntega común(salamandra salamandra)

Descrición: urodelo de cor negra brillante e manchas amarelas irregulares, aínda que varía segundo a zona xeográfica.

Distribución: ocupa toda Galicia pero é máis abundante polo norte.

Hábitat: aínda que pode aparecer en calquera tipo de hábitat acostuma a ser máis frecuente en fragas sombrías e húmidas.

Alimentación: a dieta máis habitual é a base de larvas de insectos e gasterópodos, miñocas e pequenos araneidos.

As súas poboacións están en regresión. Pode verse afectado polo desecamento de zonas húmidas, así como pola introdución de especies

foráneas que depredan sobre as postas e larvas.

Pintafontes común(triturus boscai)

Alimentación: gran variedade de larvas de insectos acuáticos e terrestres, aínda que ás veces se alimentan das larvas doutros urodelos

ou das súas propias.

Descrición: urodelo de pequeño tamaño. Cor dorsal parda máis ou menos escura.

Hábitat: é un dos anfibios galegos máis dependentes da auga (fontes, pozas, regatos de corrente lenta...).

Pintafontes verde(triturus marmoratus)

Descrición: é o máis grande dos nosos tritóns. É inconfundible pola súa cor dorsal verde xaspeada de negra.

Hábitat: aínda que habitualmente se encontra en augas estancadas con vexetación nas marxes, non é raro en

pozos ou bosques sombríos.

Alimentación: en estado adulto aliméntanse de insectos, caracois e lesmas. Tamén ovos e cágados doutros anfibios.

Feito por Roi Gómez Paz 1º B

FIN