DeíCticos

Preview:

Citation preview

DEÍCTICOS EN GALEGO

ANA CES ARES

VANESSA FERNÁNDEZ SALGADO

RAQUEL VILA AMADO

ADVERBIOS DE LUGAR

Indican localización ou posición no espazo, no tempo ou noutras circunstancias:

Deitaron o rebo acolá adiante. Elsa aprecia moito os viños de aquí (localización no espazo físico)

Dun tempo para acá atópoa moi baixa. Como tiña tanta presa, deixei que a atenderan diante (localización temporal)

Tenche no banco arriba de cincuenta millóns (uso nocional, de cantidade)

ORIENTACIÓNS

Primaria: única á orixe, co punto de referencia creado en cada acto de fala e coincidente coa posición dos interlocutores

Deixa esa bandexa aquí / deixa esa bandexa aí / deixa esa bandexa alí [orientación primaria: posición do locutor]. Canto tempo vai

quedar aí contigo? [o. primaria: posición do alocutario]

Dobre: respecto doutra entidade (secundaria) ou respecto da posición que ocupan os interlocutores (primaria)

Derriba (de min) non vive ninguén, só hai faiados [o. primaria: posición do locutor]. Debaixo do piso de Ana abriron

unha botica [o. secundaria: o piso de Ana]

ADVERBIOS DE ORIENTACIÓN PRIMARIA

Localizan respecto dos participantes en cada acto de fala: aquí é ‘no lugar en que está o que fala’, aí ‘nese lugar’, alí ‘naquel lugar’; secundariamente poden localizar orientados a outra entidade (para alá do río)

Organízanse en torno a tres tipos de localización. Tomando como punto de referencia o locutor, indica

proximidade (podes pasar a noite aquí), afastamento (está alí na mesa) e posición intermedia (telo aí na mesa).

Tomando como punto de referencia o alocutario, indica proximidade a este (vas estar aí cos teus avós?), con independencia da distancia respecto do locutor. Pode tamén indicar lugar impreciso (son de aí da parte de Santiago)

OPOSICIÓNS

aquí / acó / acá

alí / aló /alá

acolá

AÍ, AQUÍ, ALÍ

Relación cos demostrativos aquí < ACCU-HIC, aí < AD + i, alí < AD-ILLIC

Maior concreción na sinalización do lugar

Aí úsase en todos os contextos Deixeinas aí, ese non é de aí

Aquí e alí son formas propias da localización situacional, pero son extensivas e úsanse tamén nos restantes contextos

Están aquí, vén aquí, foi desde aquí Vai alí, vino pasar por alí

ACÓ / ACÁ E ALÓ / ALÁ

Conviven como formas sinónimas

Variantes diatópicas:

- acó: provincias da Coruña e Lugo e puntos polo norte da Coruña - acá: provincias de Pontevedra e Ourense

- aló: provincias da Coruña e Lugo - alá: provincias de Pontevedra e Ourense e algúns puntos nas provincias de Lugo e da Coruña

Acó e aló empréganse como formas de orixe ou dirección, orientadas respecto do locutor (vai aló, ven acó)

Acá e alá resérvanse para o tránsito (xa non vén por acá)

Maior grao de imprecisión: suxestións evocadoras máis indefinidas ou difusas (aló enriba da montaña, alá fun)

Alá, por esa idea de imprecisión que contén, acaba por se ir achegando a un valor aproximativo equivalente a máis ou menos

Van alá dezaseis anos, alá polas sete da tarde

Alá ou aló máis pronome persoal indica falta de interese ou despreocupación

Alá ti, alá eles

ACOLÁ

Significado de alteridade ou contraste, ‘noutro lugar, xeralmente distanciado’;

ás veces indica só un lugar moi afastado do locutor

Vós seguide por alí que nos imos por acolá [alteridade]Eles vivían acolá embaixo [afastamento]

ADVERBIOS PRESENTATIVOS

Presentan ou localizan alguén ou algo no contexto extraverbal, un no ámbito aquí e outro no ámbito aí

Posúen grande plasticidade expresiva e semellan colocarnos os feitos narrados diante dos ollos e facérnolos vivir novamente

Referidos ó contexto extralingüístico: - velaquí: anuncia algo que está a seguir (velaquí teñen vostedes os gañadores) - velaí: refírese a algo dito anteriormente, reforzando a expresión de causa (morreulle a muller, velaí a razón da súa tristura)

Recommended