View
288
Download
3
Category
Preview:
Citation preview
FIGURAS XEOMÉTRICAS DA CATEDRAL
A catedral de Santiago de Compostela ten un estilo románico, típico modelo de iglesia de peregrinación, con planta de cruz latina e cabeceira con xirola eabsidiolos. Na arquitectura da catedral utilízase un uso exclusivo de xeometría euclidiana, é dicir,
das figuras xeométricas máis simples. É unha arquitectura de “escuadra e compás”
onde cadrados, círculos, cubos e cilindros, dispóñense cun sentido moi ordeado e
simétrico.
Na súa escultura románica adóptanse as formas e proporcións máis adecuadas para
axustarse a un orden xeométrico racional. Por elo, na escultura románica de portadas,
cabeceiras e fachadas atopamos personaxes ou animais achaparrados (baixos e
gordos) ou de altura excesiva, a miúdo realizando escorzos imposibles.
MEDIDAS DA CATEDRAL
A lonxitude do edificio é de 97 metros. O interior do templo divídese en tres naves. A
nave central posúe un ancho de 10 metros e alcanza unha altura de 22 metros. As
naves laterais, son de menos altura e de uns 5 metros de anchura o fan con bóvedas
de aristas.
FORMAS DA CATEDRAL
As naves laterais terían 5 arcos, as tribunas 4 e a nave central, 12.
A catedral, en vista de paxaro, tiña forma de cruz no século XII. A catedral ten moitas
simetrías.
O pórtico da Gloria divídese en 3 arcos que se corresponden con cada unha das tres
naves da igrexa, sostidos por grosos pilares con columnas adosadas. O arco central, é o
maior ( o dobre que cada un dos laterais) Mide 1,60 metros de altura, o seu arco mide
65 metros e unha altura máxima de 21 metros ( Un ángulo 82º )
FIGURAS XEOMÉTRICAS:
A BASE:
A súa base forma unha cruz latina, a cal está formada por tres rectángulos, un cadrado no centro e un semicírculo, marcados na imaxe inferior.
COLUMNAS: As bóvedas sostéñense mediante pilares compostos que presentan columnas adosadas, organizadas de forma ca columna mire cara a nave central. Son longos cilindros que sosteñen este importante edificio, algunhas cheas de figuras relixiosas.
TEITO: A parte central que cobre este relixioso lugar ten forma de cúpula ou bóveda octogonal cuns ferros formando unha cruz que serven para soster o Botafumeiro. O resto do teito son arcos con forma de semicírculos que se sosteñen mediante as columnas.
CAPELAS:
Este edificio ten tres naves e un amplo cruceiro tamén de tres naves ao que se abren capelas semicirculares. A xirola que rodea ó altar maior tamén presenta capelas propias e características. Sobre as naves laterais e as do transepto corre unha tribuna que se cobre con bóvedas de cuarto de esfera.
OS SEMICÍRCULOS :
Na Catedral atopamos a figura de semicírculo típica do románico en multitude de
espacios como :
- O pórtico da Gloria
- Os teitos
-A xirola
-As portas de entrada e a porta santa
-As ventás.
Fotos :
- MARTA PRIETO
- MIGUEL OTERO
- LÍA PIÑEIRO
- VALERIA PAREDES
1º D ¡!
Recommended