Upload
phungkhanh
View
214
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Territorios a examen: trabajos de ordenación territorial = Territorios a
exame: traballos de ordenación territorial / edición a cargo de Rafael
Crecente Maseda, Urbano Fra Paleo. - Santiago de Compostela:
Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e
Intercambio Científico, 2012 244 p. ; 24 cm. – (Cursos e congresos da
Universidade de Santiago de Compostela ; 211)
D.L. LU 42-2012. – ISBN: 978-84-9887-853-0 1. Ordenación do territorio – Galicia 2. Urbanismo − Galicia 3. Solo,
Utilización do − Galicia I. Crecente Maseda, Rafael, ed. lit. II. Fra Paleo,
Urbano, 1961 - , ed. lit. I. Universidade de Santiago de
Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, ed.
352(461.1)
630*6(461.1):711.14
711.14(461.1)
© Universidade de Santiago de Compostela, 2012
Edita Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
usc.es/publicacions
Imprime
Librería Troll
Dep. Legal LU 42-2012
ISBN 978-84-9887-853-0
Índice
Agradecimientos 7
Introducción 11
O impacto do pagamento único en Galiza 17
Fátima Docío e María do Mar Pérez
Caracterización dos procesos de repoboación forestal posteriores á
entrada de Galicia na Unión Europea
41
Beatriz Guimarey e Eduardo Corbelle
A utilización do espazo polas explotacións gandeiras. Estudio da
comarca da Terra Chá, Lugo
57
Manuel Giménez, Eduardo Corbelle e Francisco J. Ónega
A consideración dos asentamentos rurais nos procesos de xestión
de terras: o caso da concentración parcelaria e a ordenación de
núcleos rurais
71
Nieves Pérez ,Rafael Crecente e Francisco J. Ónega
El entorno inmediato del núcleo en el planeamiento rural.
Delimitación como área de transición para aplicar la concentración
parcelaria
91
Vasco Barbosa, Eduardo Corbelle y J. Ambrosio Ferreira
Estudio da utilización de información catastral para a elaboración
das bases definitivas nos procesos de concentración parcelaria en
Galicia
115
Dorinda Sarmiento, Francisco J. Ónega e David Miranda
Una introducción al Modelado Basado en Agentes para la
simulación de cambios de usos del suelo
135
Jeanneth M. Galvez, Eduardo Corbelle e Andrés García
Sintaxis espacial de la ciudad de Lugo 155
José L. de la Barrera y Urbano Fra
Escenarios de riesgo de incendio actuales y potenciales en el
Municipio de Lugo
177
Ivonne M. González y Urbano Fra
Predición de incendios forestais. Análise do índice de risco e
metodoloxía alternativa
203
Iván Sánchez, Urbano Fra e Enrique Fernández
Escenarios actuais e potenciais de risco de inundación costeira na
área metropolitana de A Coruña
225
Xurxo Loureiro e Urbano Fra
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
115
Estudio da utilización de información
catastral para a elaboración das bases
definitivas nos procesos de concentración
parcelaria en Galicia
Dorinda Sarmiento31, Francisco J. Ónega, David Miranda
Laboratorio do Territorio (LaboraTe),Universidade de Santiago de Compostela
Resumo Preténdese diminuír o tempo de execución do procedemento de concentración parcelaria apoiándose na información dispoñible nos sistemas de administración
de terras. Por eso o obxectivo principal deste traballo consiste na comprobación do grado de correlación entre a información presente nas bases definitivas de
concentración parcelaria e a información catastral. Realizouse un estudio de caso
comparando a información contida nas bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Meavía-Quintillán (concello de Forcarei-Pontevedra)
e a información catastral gráfica e alfanumérica de dita zona. Para a comparativa gráfica empregáronse ferramentas do software ArcGIS 9.3 e deseñáronse
consultas SQL no software Microsoft Access 2007 co obxectivo de definir un indicador de coincidencia e calcular a distancia media entre os centroides de
ambas bases de datos. Na comparativa alfanumérica calculouse a porcentaxe do
valor absoluto da diferenza entre bases definitivas e información catastral. Como resultado obtivéronse importantes diferenzas na xeometría de ambas bases de
datos e na superficie por usos para cada titular polo que se conclúe que a información catastral non presenta a fiabilidade necesaria para substituír á fase de
investigación da propiedade e debe empregarse con cautela nos procedementos de concentración parcelaria.
Palabras clave propiedade, catastro de rústica, sistemas de administración de terras,
concentración parcelaria, tenencia, Meavía-Quintillán
Abstract The objective is to reduce the time needed to complete the land consolidation
process by relying on the information available within land administration systems. Which is why the main aim of this work consists in verifying the degree
of correlation between the information present in land consolidation definitive bases and existing land registry information. We conducted a case study
comparing the information provided in the land consolidation definitive bases of Meavía-Quintillán (Forcarei) and the graphic and alphanumeric cadastral
information for said area. ArcGIS v9.3 software tools were used for geographical
comparisons and SQL consultations were designed using Microsoft Access 2007 software in order to define a matching indicator and calculate the average distance
between the centroids of both databases. In the alphanumeric comparison, a
31 email: [email protected]
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
116
percentage of the absolute value of the difference between the definitive bases and cadastral information was calculated. As a result, significant differences were
obtained in the geometry of both databases and land use areas for each owner,
concluding that cadastral information is not reliable enough to replace the property research phase and should be used with caution in land consolidation
procedures.
Keywords
land tenure, rural cadastre, land administration systems, land consolidation, Meavía-Quintillán
1. Introdución
A elevada fragmentación a nivel de propiedade, parcela e uso en Galicia
repercute nunha escasa viabilidade técnica e económica das explotacións,
a existencia de superficies infrautilizadas e a dependencia de modelos
intensivos. Ante esta situación é necesaria a modificación das estruturas
de tenencia para aumentar a base territorial das explotacións
agroforestais, frear o abandono produtivo e aumentar en definitiva a
mobilidade de terras. Entre os instrumentos que xenuinamente pretenden
modificar as estruturas de tenencia como a concentración parcelaria, os
bancos de terras, ou os modelos asociativos de xestión e de custodia do
territorio, a concentración parcelaria é o máis antigo e o que conta con
maior percorrido en Galicia.
A concentración parcelaria pretende promover a constitución e o
mantemento das explotacións cunhas dimensións suficientes e
características axeitadas, tentando mellorar a súa base territorial, manter
e incrementar a capacidade produtiva do campo, ordenando
axeitadamente as explotacións agrarias, respectando o medio ambiente,
tentando reordenar racionalmente os cultivos baixo a perspectiva da
utilidade económica e social e tendo en conta o obxectivo de fixar a
poboación no medio rural.
Este instrumento atópase nun momento delicado debido en gran medida
ó orzamento que demanda, pero tamén ós tempos necesarios para a súa
consecución. A Lei32 de concentración parcelaria de Galicia establece que
a partir da publicación do Decreto33 de concentración, as fases posteriores
axilizaranse ó máximo para que a tardanza na realización da
concentración non signifique unha parálise da posibilidade de
32 Lei 10/1985, de 14 de agosto, de Concentración Parcelaria para Galicia,
modificada pola Lei 12/2001, de 10 de setembro, de modificación da Lei de Concentración Parcelaria para Galicia. 33 A publicación no Diario Oficial do Decreto representa a “declaración de utilidade pública e interese social e de urxente execución da concentración
parcelaria da zona de que se trate” así como a delimitación do perímetro obxecto
de actuación.
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
117
desenvolvemento socioeconómico da zona afectada, fixando a tal fin, un
tempo para cada fase, que no conxunto non debería exceder de cinco
anos.
A pesar desta recomendación a duración media da actuación para
Galicia, dende que a zona de concentración parcelaria é decretada ata
que se acada a fase de acordo, é de sete anos (Miranda, 2001), sendo o
tempo transcorrido entre o Decreto e as bases definitivas (1833 días)
superior ó tempo transcorrido entre as bases definitivas e o acordo (1293
días) (Crecente et al., 2002). Segundo estes autores a duración das tres
fases principais (decreto, bases definitivas e acordo) ten que ver con
factores sociais e psicolóxicos máis que con factores técnicos. Otero
(2009) apunta a cuestións económicas como as causantes dos retrasos nas
concentracións parcelarias ó encargar a empresas de asistencia técnica os
traballos preparatorios de cada fase e a execución de servizos concretos,
véndose supeditada a realización dos mesmos ás dispoñibilidades
orzamentarias.
Resulta evidente a necesidade de modificar o escenario actual de
concentración parcelaria fomentando á vez unha maior predisposición da
poboación a involucrarse en procedementos ata o de agora considerados
tediosos e longos. Co fin de reducir os esforzos económicos e temporais
pódese incidir en varios puntos do proceso de concentración parcelaria: o
levantamento topográfico, os prazos administrativos e a investigación da
propiedade na fase de elaboración das bases definitivas. No primeiro
caso, nas zonas onde estean dispoñibles datos LiDAR (Light Detection
And Ranging) podería empregarse esta tecnoloxía para obter información
altimétrica máis precisa, así como para detectar e cuantificar a vexetación
presente na zona de concentración co fin de reducir o traballo de campo.
O aspecto relativo ós prazos administrativos foi obxecto de discusión
entre varios autores. Palacios (1986) considera que a ralentización é
consecuencia das regras do procedemento que tenden á protección dos
dereitos dos interesados, aproveitando esta circunstancia para propoñer
unha diminución nos tempos de exposición pública reducindo á metade o
prazo habilitado legalmente para a presentación de recursos contra as
bases e o acordo de concentración. Esta proposta foi criticada por
Valencia (2002) ó considerar que a celeridade das actuacións de
concentración non se debe conseguir a costa de reducir os prazos das
exposicións públicas previstas pola lexislación, porque esta redución
afectaría moi negativamente ó dereito fundamental á tutela xudicial
efectiva.
Outros autores, sen cuestionar directamente os prazos de exposición,
propugnan a necesidade dunha reformulación e actualización da
normativa actual (Crecente e Miranda, 2002; Crecente et al., 2003),
aprendendo de técnicas aplicadas noutros países europeos con políticas
similares (Crecente et al., 2002). Nesta liña, Miranda (2001) critica a Lei
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
118
12/2001 ó considerar que non incorpora a reformulación que precisa o
proceso actual debido á carencia de aspectos tan relevantes como a
priorización de zonas de concentración parcelaria baseada en análises
multicriterio e sempre baixo a tutela dos criterios técnicos, un estudo en
profundidade dos traballos previos e investigacións pertinentes que
garantan a viabilidade da zona ou unha planificación de usos previa á
reorganización parcelaria quen de satisfacer os obxectivos de
sustentabilidade e multifuncionalidade.
O terceiro argumento responde á necesidade de empregar a información
dispoñible noutras fontes para a elaboración das bases definitivas, co
obxectivo de reducir os tempos de formulación e abaratar o proceso de
concentración. En España, as tarefas de recollida, almacenamento e
distribución de información relativa á propiedade, valor e uso da terra e
dos seus recursos asociados son levadas a cabo polos sistemas de
administración de terras: Catastro e Rexistro da Propiedade. Ambos
sistemas, pero particularmente o Catastro, foron evolucionando ó longo
da súa historia de xeito paralelo á evolución dos sistemas de información
xeográfica (Ting, 2002), ás tecnoloxías da información (Steudler, 2004;
Economic Commission for Europe, 2005), ós sistemas de axuda a
decisión e ás infraestruturas de datos espaciais.
Estes avances tecnolóxicos unidos á información xerada como resultado
da actividade catastral contribúen ó desenvolvemento da sociedade da
información, fomentando o crecemento económico e a xeración de
emprego e destacando como elemento de transparencia para os cidadáns
e unha guía para a participación democrática. Recóllense así as pautas
establecidas pola Directiva 2003/98/CE relativa á reutilización da información do sector público (DOCE, 2003), a Ley 37/2007 sobre
reutilización da información do sector público (BOE, 2007), e a pioneira
Declaración de Bathurst (United Nations-International Federation of
Surveyors, 1999) que consideraba necesario investir na difusión da
información sobre a terra, así como fomentar o fluxo de dita información
entre os distintos organismos gobernamentais e o público.
Unha das actividades catastrais con potencialidade de xerar información
susceptible de ser reutilizada é a renovación do catastro de rústica.
Mediante este procedemento administrativo actualízanse todos os datos
físicos e xurídicos dos inmobles de natureza rústica dun termo municipal,
realizándose durante os traballos de campo a investigación de cultivos,
delimitacións de parcelas, subparcelas e construcións existentes e a
investigación da titularidade dos bens inmobles, obxecto fundamental das
tarefas de renovación do catastro de rústica.
Nos últimos anos procedeuse a actualizar os datos de aproximadamente
3500 municipios34, dos cales 3000, cunha superficie de 19 millóns de ha,
34 http://www.catastro.meh.es/esp/procedimientos1.asp#menu6
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
119
realizáronse ó amparo do Programa Operativo de Actualización de Datos
do Territorio para Rexións Españolas do Obxectivo 1, aprobado pola
Unión Europea en outubro de 1996 e finalizado en 2001. Este programa
destinado a varias comunidades autónomas entre as que se atopa Galicia,
pretendía impulsar o proceso de actualización do catastro de rústica no
tocante ós datos físicos, xurídicos e económicos dos bens inmobles e a
obtención de cartografía dixital dos catastros rústico e urbano.
Para completar todo o territorio cunha información actualizada e
homoxénea, e garantir o acceso ás vantaxes da sociedade da información
a todos os cidadáns e empresas, a Dirección Xeral do Catastro promoveu
novas iniciativas incorporadas ó Marco Comunitario de Apoio 2000-2006
ó abeiro do Programa Operativo de Actualización e Xestión
Automatizada de Información Territorial (Ministerio de Hacienda, 2001)
que se comezaron a executar en 2001.
Debido en parte ós fondos destinados a estas accións, así como ós
resultados acadados sería interesante aproveitar ditos resultados e facelos
extensibles a outros organismos (Administración Xeral do Estado,
Comunidades Autónomas, concellos e demais entidades locais, empresas,
notarios, rexistradores da propiedade, cidadáns,…) e a outros ámbitos.
Deste xeito, a información derivada da renovación do catastro de rústica,
especialmente a investigación da titularidade e a delimitación das
parcelas e subparcelas, pode ser de gran interese na fase de elaboración
das bases provisionais e definitivas no proceso de concentración
parcelaria.
Esta afirmación non é compartida por algúns autores ó considerar que o
catastro e o rexistro da propiedade non se axustan ás necesidades do
procedemento pola discordancia entre estas fontes e a realidade en case
todas as zonas de concentración (Sanz, 1961), nin en canto á superficie
real das fincas, nin no que respecta ós dereitos e cargas que sobre elas
recaen (Valencia, 2002), debido á escasa porcentaxe de propiedade rústica
que se inscribe en Galicia e a unha realidade catastral a miúdo
anacrónica (Otero, 2009).
Pola súa parte, Crecente (1998) alude ás vantaxes de dispoñer dun
catastro actualizado e fiable para o procedemento de concentración, de
forma que posibilite a elaboración das bases definitivas, non debendo
imputarse como custe da concentración a investigación da propiedade
que debería corresponder a catastro ou ó rexistro da propiedade.
Na literatura revisada constátase que a existencia dun catastro
actualizado e fiable nalgúns países europeos permite a realización de
estudos previos fiables, sen necesidade de proceder á investigación da
propiedade e valoración de parcelas (Crecente e Álvarez, 1999). En
concreto, en Alemaña os datos relativos á clasificación e valoración das
terras, propiedade, arrendatarios, levantamentos topográficos,
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
120
construcións e outros equipamentos das parcelas, son subministrados en
primeira instancia polo Catastro (Crecente e Álvarez, 2000).
Polo tanto, neste traballo estableceuse como obxectivo principal a
comprobación do grao de correlación entre a información presente nas
bases definitivas da concentración parcelaria e a información catastral
para coñecer en que medida esta información pode ser empregada no
procedemento de concentración parcelaria.
2. Material e métodos
Co fin de levar a cabo unha comparativa gráfica e alfanumérica entre a
información recollida nas bases definitivas e a información catastral
realizouse un estudio de caso nunha zona de concentración parcelaria en
Galicia.
2.1. Material
Solicitáronse as bases definitivas dunha concentración parcelaria á
Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias, recomendándose dende
este organismo o estudo da concentración parcelaria de Meavía-
Quintillán (Táboa 1) por atoparse esta concentración sen finalizar o que
supón que a reorganización da propiedade derivada da mesma non foi
aínda remitida ó catastro nos termos que indica o Decreto 118/1973
(BOE, 1973) e o Real Decreto 417/2006 (BOE, 2006).
Táboa 1. Datos básicos da concentración parcelaria de Meavía-Quintillán.
Nome da zona Meavía-Quintillán
Tipo Pública
Última fase aprobada Bases definitivas
Superficie 2399 ha
Número de propietarios 592
Número de parcelas (antigas) 14266
Número de fincas (novas) 2998
Número de Decreto 60/2000 (DOGA, 2000)
Data de aprobación do Decreto 16/03/2000 (DOGA, 2000)
Data de aprobación das Bases Definitivas 16/11/2007 (DOGA, 2007) Fonte: http://mediorural.xunta.es/nc/areas/infraestruturas/concentracions_parcelarias/buscador/
Segundo estas normativas a ordenación da propiedade resultante da
concentración e as súas sucesivas alteracións serán inescusablemente
reflexadas no Catastro de Rústica e este haberá de coordinarse ou gardar
paralelismo co Rexistro da Propiedade. As administracións públicas
actuantes nos procedementos de concentración parcelaria están obrigadas
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
121
a comunicar á Xerencia ou Subxerencia do Catastro competente por
razón do territorio a resolución de ditos procedementos. Así, para a
realización deste traballo era imprescindible contar simultaneamente coa
información gráfica e alfanumérica de ambas fontes (catastro e bases
definitivas de concentración parcelaria), pero antes de que catastro tivese
actualizado as súas bases de datos coa información procedente de
concentración parcelaria, para o cal os ámbitos posibles de estudo
redúcense ás zonas de concentración parcelaria que superaron a fase de
bases definitivas, pero que aínda non concluíron. Cómpre aclarar que o
outro motivo que xustifica isto é a dificultade de conseguir información
dixital gráfica e alfanumérica de versións antigas de catastro para unha
zona dada.
Segundo o Servizo de Infraestruturas Agrarias (2010) a documentación
dixital de bases definitivas debe constar de información alfanumérica e
información gráfica. A información alfanumérica está constituída pola
memoria e anexos das bases definitivas de concentración en formato de
texto e os datos de titularidade nunha base de datos dixital recollendo ás
táboas ZONA, PROPIETARIO, CÓNXUXEPROPIETARIO,
PARCELA, CLASE, CLASEPARCELA, LEIRA, PROINDIVISO E
CÓNXUXEPROINDIVISO.
A información gráfica de bases definitivas está formada por planos
xeorreferenciados en formato de CAD (*.dwg) coas seguintes capas:
estradas, pistas, lindes, construcións, números de leira, paraxes, núcleos,
regatos e ríos, regos, drenaxes, muros, ribazos, tendidos eléctricos,
tendidos telefónicos, canalizacións subterráneas de gas, canalizacións
subterráneas de auga, outras canalizacións subterráneas, cartografía
administrativa (planos de ordenación municipal, montes veciñais en Man
Común, rede Natura 2000 e planos de expropiación de RENFE, Costas,
CPTOV, Ministerio de Fomento, Deputación), parcelas excluídas,
parcelas exceptuadas e parcelas reservadas.
Para realizar a comparación entre as bases definitivas da concentración
de Meavía-Quintillán e a información recollida en catastro solicitouse á
Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra a información
alfanumérica, incluíndo a información catastral protexida, do mapa
parcelario do concello de Forcarei, no cal se produciu a renovación do
catastro de rústica no ano 2001 (BOE, 2002). A información gráfica do
concello de Forcarei (Figura 1) obtívose mediante descarga en formato de
ficheiro de xeometrías de ESRI (*.shp) da páxina web da sede electrónica
de catastro35. Neste formato o parcelario catastral represéntase
principalmente mediante catro táboas: PARCELA, SUBPARCE,
RUSUBPARCELA e CONSTRU, sendo auxiliares o resto de táboas que
conteñen outros elementos cartográficos, como mobiliario urbano, límites
35 https://www.sedecatastro.gob.es/OVCFrames.aspx?TIPO=TIT&a=aCyC
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
122
administrativos, rótulos cos nomes das rúas, etc (Dirección General del
Catastro, 2011).
Figura 2. Situación da concentración parcelaria de Meavía-Quintillán.
2.2. Métodos
2.2.1. Preparación da información
A información gráfica de bases definitivas recibida en formato CAD
(.dwg), exportouse a shapefile e convertéronse as xeometrías lineais en
xeometrías poligonais, eliminando do perímetro da concentración
aquelas parcelas excluídas da mesma.
O procesamento da información gráfica de catastro consistiu en primeiro
lugar na selección da cartografía histórica a día 01/01/2008 co obxectivo
de que dita cartografía coincidira coa información alfanumérica enviada
pola Xerencia Territorial de Pontevedra correspondente ó ano 2008,
comprobándose que entre a data de aprobación das bases definitivas
(16/11/2007) e a data seleccionada (01/01/2008) non se produciran
modificacións na información catastral. A continuación seleccionouse a
información catastral usando o perímetro da concentración parcelaria
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
123
proporcionado nas bases definitivas, e por último elimináronse aquelas
parcelas excluídas da concentración.
2.2.2. Comparativa da información xeográfica
Para realizar a comparativa espacial entre a información gráfica de ambas
bases de datos executouse a operación de análise espacial intersect contida
no software Arcgis v9.3 obtendo como resultado unha relación 1:n con
todas as posibles interseccións entre as bases definitivas e as parcelas
catastrais. Calculouse a superficie de cada rexistro e exportouse esta
información en formato de dBASE (*.dbf) ó software Microsoft Access
2007.
Empregando a linguaxe estruturada de consultas (SQL) seleccionouse
para cada identificador diferente de bases definitivas aquela parcela
catastral intersectada que presentaba maior superficie coincidente,
conseguindo deste xeito pasar da relación 1:n anterior a unha nova
relación 1:1 entre as bases definitivas e as parcelas catastrais.
Sobre esta relación 1:1 definiuse un indicador de coincidencia consistente
no sumatorio entre a superficie coincidente e a superficie recollida en
cada unha das bases de datos empregadas para a análise [1]. Este
indicador aproxímase ó valor 2 canto maior sexa a coincidencia espacial
(Figura 2).
[1]
Figura 3. Esquema do indicador de coincidencia.
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
124
Outra comparación espacial realizada consistiu no cálculo da distancia
media entre os centroides das bases definitivas e os centroides das
parcelas catastrais sobre a relación 1:1. O cálculo dos centroides das bases
definitivas realizouse no software Arcgis v9.3 empregando a operación
xeométrica que calcula a coordenada X e a coordenada Y do centroide
do polígono correspondente, exportando posteriormente esta información
tabular a elementos puntuais no mapa. O cálculo dos centroides das parcelas catastrais realizouse a partir dos campos coorx e coory existentes
na información catastral e exportouse dita información a elementos
puntuais como no caso anterior.
A continuación empregouse a ferramenta Near de Arcgis 9.3 para
determinar a distancia entre cada entidade da capa de bases definitivas e a
entidade máis próxima da capa de parcelas catastrais.
2.2.3. Comparativa da información alfanumérica
A metodoloxía explicada anteriormente centrábase na comparación
espacial de ambas bases de datos, expoñéndose de seguido a metodoloxía
aplicada para a comparación da información alfanumérica.
Primeiramente procesouse a información catastral recibida en texto plano
mediante sentencias de SQL coa fin de extraer a información
correspondente a cada campo para cada un dos rexistros almacenados,
obténdose unha base de datos para o programa Microsoft Access 2007.
Empregando o mesmo sistema xestor de bases de datos e mediante
consultas de SQL seleccionáronse en primeiro lugar aquelas parcelas do
concello de Forcarei contidas no perímetro da concentración parcelaria
de Meavía-Quintillán mediante a comparación da referencia catastral da
información alfanumérica e a referencia catastral do ficheiro de
xeometrías de parcelas catastrais seleccionado mediante o perímetro da
concentración.
Para cada titular obtívose unha relación de parcelas, considerando no
caso de parcelas proindiviso o coeficiente de participación para o cálculo
da superficie real correspondente a cada titular. Por último, realizouse unha agrupación polo campo DNIpropietario co fin de obter para cada
titular a superficie correspondente a cada cualificación catastral e
intensidade produtiva.
A información alfanumérica correspondente ás bases definitivas
procesouse do mesmo xeito mediante unha serie de consultas SQL
encadeadas, obtendo tamén unha táboa resumo coa superficie por clases
de terra e categorías para cada propietario da zona de concentración.
Ambas táboas cruzáronse empregando como chave primaria o DNI dos
propietarios catastrais e dos propietarios de concentración para avaliar o
grado de coincidencia dos valores de superficie total e superficie por usos,
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
125
establecéndose como resultado a porcentaxe do valor absoluto da
diferenza entre as bases definitivas e a información catastral [2].
sdefinitivabaseserficie
catastralerficiesdefinitivabaseserficieerficiedeDiferencia
sup
supsup(%)sup
[2]
3. Resultados e discusión
Ó realizar unha comparativa a simple vista entre ambas fontes
cartográficas da zona de Meavía-Quintillán e cunha escala de
visualización de non moito detalle semella que existe unha boa
correspondencia espacial (Figura 3). Non obstante, unha aproximación a
unha escala maior permite observar diferenzas na xeometría de ambas
bases de datos principalmente nas zonas de parcelas estreitas e alongadas
(Figura 4), onde chegan a producirse diferenzas de 90 graos entre a
orientación das parcelas das bases definitivas e as parcelas catastrais.
Os valores medios de superficie e perímetro das parcelas difiren segundo
se obteñan a partir das bases definitivas ou da cartografía catastral (Táboa
2), sendo a superficie media das parcelas en catastro (1751,82 m2)
lixeiramente superior á resultante das parcelas de achegas das bases
definitivas (1686,55 m2). O mesmo acontece cos valores medios do
perímetro, superiores nas parcelas catastrais.
Táboa 2. Valores medios de superficie e perímetro das parcelas en ambas bases
de datos.
Superficie media (m2) Perímetro medio (m)
Bases definitivas 1686,55 230,86
Catastro 1751,82 234,32
O estudo do indicador de coincidencia (Figura 5) revela que unha quinta
parte dos datos sitúase entre o valor 1,57 e o valor máximo obtido (1,97),
presentando máis do 60% dos datos un valor superior a 1. Este valor
amosa unha superficie coincidente entre ambas bases de datos da metade
da superficie real presente en cada unha das mesmas. A media obtida
para o indicador de coincidencia sitúase en 1,22 e a desviación estándar
en 0,38.
O resultado obtido para a distancia entre centroides indica que no 80%
dos casos a distancia entre o centroide de bases definitivas e o centroide
máis próximo de parcelas catastrais é superior á 4,25 m, chegando
incluso este valor a situarse en 150m naqueles casos en que unha única
parcela de bases definitivas aparece dividida en dúas por un camiño na
cartografía catastral (Figura 6).
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
126
Hai que sinalar que ambas bases de datos diferéncianse na xeometría das
entidades que as compoñen. As bases definitivas presentan xeometrías de
liñas mentres que a cartografía catastral contén información xeográfica
con xeometrías de puntos, liñas e polígonos.
Figura 4. Comparación entre bases definitivas e parcelas catastrais.
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
127
Figura 5. Detalle da comparación entre bases definitivas e parcelas catastrais.
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
128
Figura 6. Indicador de coincidencia.
Na cartografía de bases definitivas as parcelas presentan unha xeometría
lineal, separándose unhas doutras mediante as capas “muros” ou
“alambrada” segundo corresponda e o resto de parcelas péchanse coas
liñas do perímetro que conforma o polígono de concentración no que se
inclúen ditas parcelas. A presenza dunha capa cos muros que dividen as
parcelas, non recollida na información catastral, é importante á hora de
executar o proxecto de concentración ó dispoñer de información sobre
aqueles elementos do patrimonio que deben ser conservados.
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
129
A cartografía catastral está composta por elementos puntuais (puntos de
altimetría con cota e puntos das redes xeodésicas topográficas), elementos
lineais (rúas, estradas, límites administrativos) e elementos poligonais
(masas, parcelas e subparcelas). Por tanto, as diferenzas substanciais entre
ambas bases de datos preséntanse en canto a xeometría das parcelas,
lineais nas bases definitivas e poligonais en catastro.
Os resultados da comparación alfanumérica obtivéronse só para aqueles
titulares que presentaban o DNI na información catastral debido a que a
unión da información entre catastro e as bases definitivas fíxose por este
campo.
A comparación dos datos relativos ós distintos usos para cada titular
revela importantes diferenzas entre o catastro e as bases definitivas. Cabe
destacar que esta comparación resulta moi complexa posto que as clases
presentes en ambas bases de datos son diferentes (Táboa 3) e na zona de
estudo as categorías establecidas dentro das clases de bases definitivas
tampouco se corresponden coas intensidades produtivas recollidas na
base de datos de catastro acorde coa calidade e aptitude das terras para a
produción agraria.
Na base de datos catastral establécense máis cualificacións catastrais cun
menor rango de intensidades produtivas, mentres que nas bases
definitivas defínense menos clases de terra pero cunha maior amplitude
en canto ás categorías. Esta forma de clasificación pode deberse á
dificultosa labor da clasificación cantas máis clases de terra se
contemplen, pero á vez, tamén será máis xusta a concentración ó poder
afinar máis na reordenación da propiedade (Valencia, 2002).
Táboa 3. Clases de terras e categorías (bases definitivas) e cualificación catastral
e intensidade produtiva (catastro) presentes na zona de estudo.
Bases definitivas Catastro
Clase de terra Categoría Cualificación catastral Intensidade
produtiva
Labradío 2 a 7 Carballeira 1 a 3
Prado regadío 2 a 7 Eucalipto -
Pastos 2 a 7 Improdutivo - Monte 2 a 7 Labor ou labradío secaño 1 a 6
Carballeira 2 a 7 Matogueira 1 a 4 Inculto
construción
- Pastos 1 e 2
Excluído - Piñeiral madeirable -
Prado ou praderías de
regadío
1 a 3
Prados ou praderías 1 a 3
Souto -
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
130
Por tanto, debido á imposibilidade de establecer unha relación clara entre
as clases de terra das bases definitivas e a cualificación catastral decidiuse
presentar a diferenza de superficie entre ambas bases de datos sen realizar
unha desagregación por usos, obténdose un valor para o primeiro,
segundo e terceiro cuartil de 13,20 %, 38,44 % e 93,27% respectivamente.
Figura 7. Distancia entre centroides.
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
131
4. Conclusións
Á vista destes resultados confírmase o detectado por Crecente (1998)
respecto á estrutura parcelaria e usos. A validez da información catastral
para traballos de planificación rural, polo menos do nivel de detalle dun
proxecto de concentración parcelaria, é insuficiente.
A modo de conclusión cabe resaltar que a expensas de realizar máis
estudos de caso para comprobar o grao de correlación entre o catastro e
as bases definitivas noutras zonas de concentración parcelaria en Galicia,
pode afirmarse que a información catastral non presenta a fiabilidade
necesaria para substituír á fase de investigación da propiedade e polo
tanto debe empregarse con cautela como base nos traballos de
elaboración de bases definitivas e sempre complementada cunha
exhaustiva investigación da propiedade. Para a utilización da información
catastral como base sería de gran axuda o establecemento dunha relación
entre as cualificacións catastrais e as clases de terras presentes nas bases
definitivas.
Ademais necesitaríase que o fluxo de información actualizada entre
catastro e os procedementos de concentración parcelaria fose
bidireccional. Na actualidade a reorganización da propiedade derivada
das concentracións parcelarias actualiza os datos de catastro pero catastro
non constitúe unha fonte de fiabilidade máxima para os procedementos
de concentración parcelaria. Esta bidireccionalidade podería conseguirse
mediante un cambio na normativa de concentración parcelaria na que se
obrigara ós propietarios das parcelas de achega á súa inscrición ou
actualización no catastro durante un período determinado co fin de poder
basear a investigación de propiedade no propio catastro.
Por outro lado, o formato dixital de entrega das bases definitivas debería
aproveitar as capacidades dos sistemas de información xeográfica, polo
que habería que solicitar ás empresas adxudicatarias dos traballos de
concentración a entrega da información gráfica das bases definitivas en
formato SIX.
Bibliografía
BOE. 1973. Decreto 118/1973, de 12 de enero, por el que se aprueba el texto de la Ley de Reforma y Desarrollo Agrario. BOE (Boletín Oficial del
Estado), nº 30, 03/02/1973. Madrid, España.
BOE. 2002. Resolución de 9 de mayo de 2002, de la Dirección General del Catastro, por la que se publica la relación de municipios a que se refiere la
Disposición adicional tercera de la Ley 24/2001, de 27 de diciembre, de Medidas
Fiscales, Administrativas y del Orden Social. BOE (Boletín Oficial del
Estado), nº 133, 04/06/2002. Madrid, España.
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
132
BOE. 2006. Real Decreto 417/2006, de 7 de abril, por el que se desarrolla
el texto refundido de la ley del catastro inmobiliario, aprobado por el Real
Decreto Legislativo 1/2004, de 5 de marzo. BOE (Boletín Oficial del
Estado), nº 97, 24/04/2006. Madrid, España.
BOE. 2007. Ley 37/2007, de 16 de noviembre, sobre reutilización de la
información del sector público. BOE (Boletín Oficial del Estado), nº 276,
17/11/2007. Madrid, España.
Crecente, R. 1998. La concentración parcelaria en Galicia: validación como
instrumento de planificación rural. Tesis doctoral. Universidad de Santiago
de Compostela.
Crecente, R., Álvarez, C.J. y Fra, U. 2002. Economic, social and environmental impact of land consolidation in Galicia. Land Use Policy,
19: 135-147.
Crecente, R. y Álvarez, C.J. 1999. La concentración parcelaria en Europa. Catastro, 35: 35-47.
Crecente, R. y Álvarez, C.J. 2000. Una revisión de la concentración
parcelaria en Europa. Estudios Agrosociales y Pesqueros, 187: 221-274.
Crecente, R., Álvarez, C.J. y Miranda, D. 2003. Concentración Parcelaria e
ordenación do territorio en Galicia. Sada: Edicios do Castro.
Crecente, R. y Miranda, D. 2002. Ordenación del espacio rural como instrumento de la multifuncionalidad. En Jornadas sobre el Libro Blanco de
la Agricultura y el Desarrollo Rural. Santiago de Compostela: Ministerio de
Agricultura, Pesca y Alimentación. pp. 52-64.
DOGA. 2000. Decreto 60/2000, de 16 de marzo, polo que se declara de
utilidade pública e urxente execución a concentración parcelaria da zona de
Meavía-Quintillán (Forcarei-Pontevedra). DOGA (Diario Oficial de Galicia),
nº 64, 31/03/2000. Santiago de Compostela, España.
DOGA. 2001. Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da Lei de
concentración parcelaria para Galicia. DOGA (Diario Oficial de Galicia), nº
209, 29/10/2001. Santiago de Compostela, España.
DOGA. 2007. Resolución do 19 de novembro de 2007, da Delegación
Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a aprobación das bases
definitivas de concentración parcelaria da zona de Meavía-Quintillán (Forcarei-
Pontevedra). DOGA (Diario Oficial de Galicia), nº 239, 12/12/2007.
Santiago de Compostela, España.
DOCE. 2003. Directiva 2003/98/CE del Parlamento Europeo y del Consejo de 17 de noviembre de 2003 relativa a la reutilización de la
información del sector público. DOCE (Diario Oficial de la Unión Europea),
nº 345, 31/12/2003. Bruselas, Bélgica.
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
133
Dirección General del Catastro. 2011. Cartografía catastral en formato
shapefile. Versión 1.0.
http://www.catastro.meh.es/ayuda/manual_descriptivo_shapefile.pdf
Economic Commission for Europe. 2005. Land administration in the
UNECE region. Development trends and main principles. Geneva: United
Nations Economic Commission for Europe.
Ministerio de Hacienda. 2001. Marco Comunitario de Apoyo (2000-2006)
para las Regiones Españolas del Objetivo 1.
http://ec.europa.eu/regional_policy/funds/prord/document/mca12_es.
Miranda, D. 2001. Caracterización y Evaluación de la Concentración Parcelaria
en Galicia. Propuesta de un procedimiento integral de ordenación rural basado en
métodos avanzados de SIG, Fotogrametría Digital y Análisis Multivariante.
Tesis doctoral. Universidad de Santiago de Compostela.
Otero, E. 2009. Manual básico de concentración parcelaria para Galicia. La
concentración fácil. Madrid: Cultivalibros.
Palacios, M.A. 1986. Régimen Jurídico de la Concentración Parcelaria. Tesis
doctoral. Universidad de Navarra.
Sanz, J.J. 1961. Régimen de concentración parcelaria. Madrid: Ministerio de
Agricultura.
Servizo de Infraestruturas Agrarias. 2010. Proxecto de colaboración de
servizos técnicos para a realización dos estudos sobre preparación das bases
definitivas de concentración parcelaria na zona de Perdecanai-Barro II (Barro-
Pontevedra). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Steudler, D. 2004. A framework for the evaluation of land administration
systems. Melbourne: University of Melbourne.
Ting, L. 2002. Principles for an integrated land administration system to support
sustainable development. Melbourne: University of Melbourne.
United Nations-International Federation of Surveyors. 1999. The Bathurst
Declaration on Land Administration for Sustainable Development. Workshop
on Land Tenure and Cadastral Infrastructure for Sustainable
Development, 18-22 october 1999. Bathurst, Australia.
Valencia, E. 2002. La concentración parcelaria eco-compatible, instrumento de
desarrollo rural integrado y sostenible. Régimen jurídico de la institucion. Tesis
doctoral, Universidad de Lleida.