25
Tema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles , o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias totalitarias igualmente expansionistas (Italia e Xapón) van ser as causas principais do estalido dunha nova guerra que se desenvolverá en Europa, África e Asia; e na que participarán exércitos dos cinco continentes. Unha guerra tremendamente destrutiva onde os mortos ascenden 55 millóns e as súas consecuencias van estar presentes case ata os nosos días. Despois dun etapa anexionista (Austria, Sudetes ...), o 1 de setembro de 1939 prodúcese a invasión de Polonia por parte alemá. Este feito motivou a declaración de guerra a Alemaña por parte de Francia e Gran Bretaña, dando comezo, así, a unha guerra que duraría ata 1945. 1

 · Web viewTema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1:  · Web viewTema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias

Tema 12: A II Guerra Mundial

A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias totalitarias igualmente expansionistas (Italia e Xapón) van ser as causas principais do estalido dunha nova guerra que se desenvolverá en Europa, África e Asia; e na que participarán exércitos dos cinco continentes. Unha guerra tremendamente destrutiva onde os mortos ascenden 55 millóns e as súas consecuencias van estar presentes case ata os nosos días.Despois dun etapa anexionista (Austria, Sudetes...), o 1 de setembro de 1939 prodúcese a invasión de Polonia por parte alemá. Este feito motivou a declaración de guerra a Alemaña por parte de Francia e Gran Bretaña, dando comezo, así, a unha guerra que duraría ata 1945.De forma resumida podemos dicir que na II Guerra Mundial se enfrontan dous bloques: os países que forman o Eixe Berlín –Roma -Tokío e réximes afíns, e osAliados que en Europa son liderados por Gran Bretaña e Estados Unidos no Oeste e a URSS no Leste.O desenvolvemento da guerra dividímolo en tres etapas, a primeira (1939-1941) de claro éxito alemán, a segunda de equilibrio (1941-1943), e a terceira (1943-1945) consagra o triunfo aliado en Europa e no Pacífico.

1

Page 2:  · Web viewTema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias

Xunto ao desenvolvemento bélico hai que analizar o esforzo dos distintos países na retagarda para manter a fronte.As consecuencias do conflito serán importantes en todos os aspectos. No político cambia o mapa de Europa e esta queda dividida en dous bloques irreconciliables ata a caída do comunismo (tema 13): Estados Unidos e a Unión Soviética repártense o mundo en áreas de influencia, Europa queda nun segundo orde. No aspecto económico e material as perdas da guerra son tremendas. No aspecto humano os mortos ascenden case 60 millóns.AS CAUSAS DA GUERRA.Causas xerais e que veñen de lonxe:

- desexo de revancha de Hitler e a aplicación da ideoloxía nazi,- pacifismo das democracias occidentais que non desexan unha nova guerra

(política de pacificación con Hitler),- rivalidade económica,- a crise de 1929- o rearme dos países.

Causas próximas:- Política expansionista e anexionista levada a cabo por Alemaña, Italia e Xapón.

AS RELACIONS INTERNACIONAIS ENTRE 1933 Y 1939: O CAMIÑO CARA Á GUERRA.O ano 1933 é o ano de ascenso ao poder de Hitler, coa súa política revanchista e a promesa de rematar co desemprego en Alemaña que lle permitiu conseguir o apoio dun gran número de cidadáns. Unha vez consolidado no poder encargouse de rematar coas institucións democráticas e iniciou un rearme que levaría á II Guerra Mundial. Pero non é só Hitler o causante da guerra. As demais potencias vendo o cariz que estaban a tomar os acontecementos en Europa aprestáronse a consolidar alianzas militares contra Alemaña.Rompía definitivamente o principio da seguridade colectiva que era substituído por pactos militares entre as grandes potencias. Neste momento, as grandes potencias fan cambios nas súas políticas de alianzas.

- A viraxe franco -soviético.Tras o ascenso de Hitler, Francia séntese de novo obsesionada con Alemaña. Nese clima busca unha aproximación á Rusia Soviética, potencia coa que non mantiña ningún tipo de relación e cara á que mostraba ata entón só signos de hostilidade. Alemaña, á súa vez, séntese cercada e moralmente desligada dos acordos de Locarno, isto fará aumentar aínda máis a tensión. A aproximación entre Francia e a U.R.S.S. materialízase en Stressa, onde se reúnen os ministros de Asuntos Exteriores de Francia, a U.R.S.S. e Italia. Se en Locarno a Unión Soviética quedara marxinada, agora era Alemaña.

- A viraxe británico ou ruptura entre Gran Bretaña e Italia.A Italia fascista inicia a conquista de Etiopía. Gran Bretaña dúbida, se busca o equilibrio debe apoiar a Italia para consolidar unha fronte contra Alemaña, se busca a seguridade colectiva debe apoiar as sancións da SDN contra Italia; opta polo segundo e aínda que ao final se chegue a certa aproximación, o entendemento é imposible.

- A viraxe italiano ou alianza entre Italia e Alemaña.En 1934, Italia afirmara que non recoñecería nunca a anexión de Austria por Alemaña. En 1936, o ambiente cambiara, Italia estaba illada pola conquista de Etiopía e Alemaña

2

Page 3:  · Web viewTema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias

era o único país que recoñecía as súas conquistas. O novo ministro de Asuntos Exteriores italiano -o conde Ciano- viaxa a Berlín onde colabora cos nazis na axuda ao bando nacionalista na Guerra Civil Española, ademais entra con Alemaña e Xapón no pacto Antikomintern (anticomunista), o apoio italiano deixaba a Hitler as mans libres contra Austria, Checoslovaquia...

- A viraxe xermano -soviético.Se había en Europa dous réximes incompatibles estes eran Alemaña e a Unión Soviética. Stalin ante a ameaza que supoñía Alemaña non obtivera ningún apoio concreto de Gran Bretaña e Francia (o pacto franco -soviético non cubrira as expectativas de Stalin) e non desexaba enfrontarse el só á maquinaria bélica alemá. Hitler se quería conquistar Polonia debía asegurarse a neutralidade rusa. Estes intereses fai que se asine o 23 de agosto de 1939 o pacto de non-agresión entre estes dous países. O 1 de setembro Hitler invadía Polonia.CAUSAS PRÓXIMAS. Hitler e o desexo de revancha.O Tratado de Versalles polo que se poñía fin á I Guerra Mundial foi unha humillación para Alemaña, máis, que un tratado foi unha imposición. ( ver Tema 9)O odio cara aos franceses e o orgullo nacional ferido por Versalles van ser aproveitados por Hitler para ascender ao poder, a súa doutrina é a vinganza. Coa redución do paro de 6 millóns a só 400.000 vai gañar a simpatía e o apoio do seu pobo e Hitler, tras a eliminación violenta de todo tipo de oposición, vai poñer en práctica unha política agresiva que o vai levar, non só a rexeitar as cláusulas de Versalles, senón a conquistar un bo número de territorios en Europa central.2. A ideoloxía expansionista de Hitler: a teoría do espazo vital.O pensamento de Hitler é ultranacionalista, para el a nación alemá está chamada a grandes designios. O territorio de Alemaña é insuficiente para manter unha poboación en continuo crecemento, é a teoría do espazo vital (lebensraum), e baseándose nela reclamará o expansionismo territorial e a incorporación a Alemaña de todos os territorios de lingua alemá, e aqueles nos que os alemáns sexan demograficamente maioría: Austria, o s Sudetes en Checoslovaquia... pero non quedará só niso e aspirará a controlar todo o continente. Recordemos que as ideas expansionistas son tamén propias de Mussolini (invasión de Etiopía en 1936, Albania...) e de Xapón que o practica dende antes (Manchuria, 1931).3. As democracias occidentais e a pacificación.Fronte ao resurximento do militarismo e o triunfo das ideas de Hitler en Alemaña, as potencias que asinaron o tratado de Versalles só mostran preocupación. Fronte ás democracias ascenderon en Europa dous tipos de réximes totalitarios: o comunismo en Rusia e o fascismo e nazismo en Italia e Alemaña, as democracias empezan a ser minoría. En Gran Bretaña e Francia a xuventude era pacifista, non quería que se repetise unha nova traxedia e estaban dispostos a ceder ante Hitler fiándose da súa palabra: cada vez que incorporaba un territorio mostrábase satisfeito e dicía que ese era o último; Gran Bretaña e Francia crían que se evitara a guerra. No interior destas democracias tamén xorden partidos de corte fascista (en Bélxica, Francia e Gran Bretaña),y, aínda que sempre foron minoritarios, si foron moi activos.Estados Unidos en tempos de Roosevelt vivía nun espléndido illamento, desentendido totalmente do que pasaba en Europa.4. As rivalidades ideolóxicas.

3

Page 4:  · Web viewTema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias

As democracias estaban en minoría. Recordemos que ademais dos réximes de Hitler e Mussolini, as ditaduras de corte máis ou menos fascista se van estender por toda a Europa oriental e do sur; e case todos eses réximes mostran un odio atroz cara á democracia o que non fomenta precisamente o diálogo. Pero as fobias do nazismo e o fascismo dirixíanse tamén contra o comunismo contra o que sentían aínda máis aversión. Francia e Gran Bretaña talvez crían que os dous movementos totalitarios se destruirían entre eles e por iso mostráronse confiadas.Como conclusión diremos que a guerra era inevitable, e que todos os países se preparaban para ela dende finais da década dos trinta, con excepción de Alemaña que o fixo con anterioridade. O rearme dos países supuxo unha saída á crise do 29 coa reactivación da industria militar, desta forma Hitler rematou co paro. O único que non sabía era a data, e as democracias occidentais esperaban atrasala para prepararse mellor ou co convencemento de que se podería evitar.AS CAUSAS INMEDIATAS: OS PASOS CARA Á GUERRA.Froito do anterior son unha serie de pasos de Alemaña, Italia e Xapón que van levar cara á guerra. A tensión en Europa era moi alta e Hitler aproveitouse desa tensión e do desexo de paz das democracias para avanzar un paso máis na expansión territorial de Alemaña. Os pasos de Alemaña.A partir do ano 1936 Hitler afonda na idea de fortalecemento militar, como símbolo do rexeitamento de Versalles ocupou militarmente Renania, Francia e Gran Bretaña case non protestaron. Nese mesmo ano Alemaña asinou con Xapón o pacto antikomintern (anticomunista), Italia adheriuse en 1937. Por outra parte a Guerra CivilEspañola, que estalou en 1936, uniu aínda máis a Alemaña e Italia, nesa guerra ensaiaríanse armas e tácticas militares que logo se desenvolverían na II Guerra Mundial.a) O anschluss ou anexión de Austria por Alemaña.Austria, tras a súa derrota na I Guerra Mundial, quedou reducida a un territorio moi pequeno de lingua e cultura alemá. Nos acordos de paz tras a I Guerra Mundial falouse da posibilidade de que quedase unida a Alemaña pero esa posibilidade non se cumpriu polo rexeitamento frontal de Francia e Italia.En 1934,Hitler intenta esa incorporación xa que el era austríaco de nacemento e pretendía a unión de todos os territorios de lingua e cultura alemá. Non puido conseguirse pola oposición de Italia, entón aliada a Gran Bretaña e Francia.En 1938 Hitler premeu o chanceler austríaco para que nomease ao dirixente do partido nazi austríaco, Seyss-Inquart, como ministro do interior. En marzo, o chanceler convoca un referendo para ratificar ou non a unión de Austria con Alemaña, con iso pretendía manter a independencia de Austria. Hitler esixe a anulación da convocatoria e que se nomee chanceler a Seyss-Inquart; isto último é aceptado, á forza, e tres días despois as tropas alemás entran sen oposición no país. O referendo realizarase pero "supervisado" polos alemáns cun resultado sospeitoso: 99 ´ 75% dos votos a favor da unión con Alemaña.

b) A anexión dos Sudetes.Os Sudetes é unha zona do noroeste de Checoslovaquia onde vivían tres millóns de alemáns que estaban ben asimilados aos checos. Estes alemáns pedirán a

4

Page 5:  · Web viewTema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias

autodeterminación. Para apoiar esta minoría alemá, Hitler desprazou 750.000 soldados á fronteira con Checoslovaquia e reforzou a fronteira con Francia por se había algunha reacción desta xa que era aliada de Checoslovaquia. O risco de guerra era inminente. Ante esta circunstancia e a instancias do primeiro ministro británico Chamberlain, reuníronse, o 29 de agosto de 1938, na Conferencia de Múnic, o inglés Chamberlain, o francés Deladier, Hitle r e Mussolini. Nesta conferencia aceptouse a anexión dos Sudetes, a cambio, pedíuselle a Hitler que dese garantías a Francia e Gran Bretaña de que con iso remataban as súas ambicións. Chamberlain pensaba que se evitara a guerra. Hitler asinou os pactos coa intención de non os cumprir. Desta forma quedou demostrada a impotencia e debilidade das democracias que cederon ante Hitler e sacrificaron a Checoslovaquia, un país democrático.c) O resto de Checoslovaquia e Memel.Coa incorporación dos Sudetes e de Austria, a situación de Checoslovaquia era desesperada xa que formaba unha cuña que se internaba en Alemaña. Checoslovaquia quedara debilitada e Hitler decide ocupar en marzo de 1939 a parte checa, mentres que Eslovaquia se converte nun país independente baixo tutela alemá.Seis días despois da ocupación de Checoslovaquia, Hitler anexiónase Memel, unha cidade declarada libre no tratado de Versalles. Francia e Gran Bretaña declaran que ante unha nova agresión intervirán militarmente o que freou momentaneamente a Hitler. Ante a ocupación de Albania por Italia, Hitler asinou o Pacto de Aceiro con Mussolini; por el Alemaña e Italia aliáronse militarmente.O seguinte paso sería Polonia. Stalin buscou un entendemento con Hitler e ambos os dous asinaron o pacto xermano- soviético o 21 de agosto. Era un pacto de non agresión e os ministros de exteriores ruso e alemán (Molotov e Ribbentrop) incluíron unha cláusula secreta para repartirse Polonia e os países bálticos.Na madrugada do 1 de setembro de 1939 as tropas alemás invaden Polonia tomando como escusa a negativa polaca a entregarlles Danzig. Dous días máis tarde Francia e Gran Bretaña lle declaran a guerra.O expansionismo italiano e xaponés.Outras dous potencias destacan como aliadas de Alemaña:

a) ItaliaMussolini partidario do expansionismo territorial, seguiu un proceso similar ao alemán. En 1935 iniciou a conquista de Etiopía, país independente e soberano en África e membro da Sociedade de Nacións. Isto valeulle a condena internacional e fixo que abandonase a alianza con Francia e Gran Bretaña para frear o expansionismo alemán. Este feito consuma o achegamento a Alemaña que vai ser progresivo.En abril de 1939, tras a anexión de Checoslovaquia por Hitler, Mussolini iniciou a conquista de Albania e consolidouse a súa alianza con Hitler coa firma do Pacto de Aceiro. b) Xapón e o expansionismo no Pacífico.A guerra no Pacífico, o outro escenario da II Guerra Mundial, será iniciada por Xapón. O goberno xaponés en 1931 apoia a intervención do seu exército no territorio chinés de Manchuria e, un ano despois, crea alí un estado -satélite denominado Manchukuo. A este territorio seguiranlle outros e cando en 1937 inicie a guerra contra china producirase o inicio da II Guerra Mundial nesa zona.

O DESENVOLVEMENTO BÉLICO.

5

Page 6:  · Web viewTema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias

1. Os efectivos militares.Dende o punto de vista militar obsérvase unha clara superioridade do exército de terra alemán (Wehrmacht). Ten ao seu favor un maior número de divisións, un equipo totalmente motorizado e modernizado e unha tropa mellor adestrada e disciplinada que leva anos preparándose para a guerra. Isto permítelle ocupar Polonia en dúas semanas e varrer a resistencia francesa na liña Maginot, que permitirá a invasión de Francia. O tanque convértese noutro elemento decisivo nos campos de batalla. Alemaña posuía 3.500 ao empezar a guerra, fronte aos 2.800 de Francia. O peso de Alemaña é tamén importante polo número de avións e permitirá apoiar e transportar paracaidistas ás distintas frontes. Tamén grazas á aviación, Gran Bretaña puido frustrar o intento de Hitler de tomar a illa. Utilízanse para bombardear unha posición militar, esnaquizar infraestruturas e centros industriais ou para bombardear ás grandes cidades.As minas terrestres e mariñas terán bastante importancia á hora de deter os avances dos inimigos tanto en terra coma no mar.A armada alemá era moi inferior en número e isto determinará a posibilidade de abastecemento dos Aliados dende calquera parte do mundo. Os portaavións permiten ter unha base aérea en calquera punto. Serán moi utilizados por Estados Unidos no Pacífico e no Atlántico.Dende o punto de vista táctico os alemáns levan a dianteira. Por primeira vez utilizan simultaneamente a aviación e os carros de combates e, isto fai que os avances na primeira etapa da guerra sexan moi rápidos (guerra lóstrego).Durante o transcurso da contenda esta situación inicial foi variando e incrementouse a produción de armamento e o seu poder destrutivo.2. A situación económica dos contendentes.Alemaña posuía fábricas modernas para a produción de armamento pero o seu punto fraco era a dependencia de materias primas e petróleo do exterior. Este problema intentouno solucionar a través de produtos sintéticos de laboratorio, pero iso non era rendible e a única solución foi ocupar territorios inimigos para abastecerse de produtos esenciais para continuar as hostilidades (ferro sueco, petróleo ruso...).A situación económica de Francia ou Gran Bretaña era peor que a alemá, non tiñan o mesmo grao de desenvolvemento industrial e Francia non superara a produción dos anos anteriores á crise do 29. Dependerán por todo iso das importacións de produtos dos Estados Unidos.O DESENVOLVEMENTO DA GUERRA NA FRONTE.Fases:

- Dominio alemán: 1939-1941- Equilibrio de forzas: 1941-1943- Dominio aliado: 1943-1945

O dominio alemán: (1939-1941).a) Polonia.A guerra iníciase en Europa o 1 de setembro de 1939 cando Hitler invade Polonia, tras un acordo secreto con Stalin para repartirse a zona. O día 3, Francia e Gran Bretaña declaran a guerra a Alemaña. A expansión dos alemáns en Polonia é rapidísima. En só dúas semanas varreron toda resistencia e ocuparon a parte do país que lles

6

Page 7:  · Web viewTema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias

corresponde na repartición. É a blitzkrieg ou guerra lóstrego que combina o avance de artillaría e infantaría motorizada co apoio da aviación.b) O Báltico.É unha zona de interese vital para Hitler. Ocupa rapidamente Dinamarca, onde non atopa resistencia, e inicia o control de Noruega apoiado polo partido nazi noruego. Suecia permanece neutral pero controlada de cerca por Alemaña debido a súa riqueza en ferro e aceiro. O paso ao mar Báltico atópase pechado polos alemáns.c) A fronte occidental.Como na I Guerra Mundial, os alemáns invaden Bélxica, país neutral, e ocupan Holanda tras catro días de resistencia.En poucas semanas, os alemáns entran en Francia e os franceses non aguantan o pulo. Tras a caída de París, o mariscal Petain, primeiro ministro francés, asina a paz o día 21 de Xullo de 1940 no mesmo lugar que os alemáns asinaron o armisticio na I Guerra Mundial. Por esta paz, Francia queda dividida en dúas zonas, unha de ocupación nazi (incluíndo París, o centro e o oeste) e outra en mans dePetain pero sometida aos nazis con capital en Vichy. Francia caeu en só un mes, é a gran sorpresa da guerra.Só queda Gran Bretaña para facer fronte a Alemaña. Hitler pon en marcha a operación León Mariño para invadir a illa e para iso, debe inutilizar a forza da R.A.F. (Royal Air Force) británica. Ese será o obxectivo da Batalla de Inglaterra, unha masiva serie de bombardeos da Luftwaffe (aviación militar alemá) sobre Londres e outras cidades para debilitar o poderío aéreo inglés e desmoralizar os ingleses. A operación foi un fracaso e a invasión da illa posponse.

Comezo da II Guerra en Europa

7

Page 9:  · Web viewTema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias

Tras o fracaso de Mussolini, Hitler toma a iniciativa en Iugoslavia contando co apoio dos nazis de Croacia. A resistencia iugoslava dura dous semanas e desde alí, os alemáns toman a Grecia continental e Creta o que supón un bofetón para Mussolini.O equilibrio de forzas: (1941-1943) .a) A campaña de Rusia (Operación Barbarroja).O acordo entre Alemaña e a URSS, que tanto asombrara ao mundo, non podía ser máis que momentánea e, iso, o sabían tanto Hitler coma Stalin. Aproveitando o factor sorpresa, o Führer inicia o ataque contra a URSS o 22 de xuño de 1941. Non obstante, os alemáns volven caer no mesmo erro que causou a derrota de Napoleón: o xeneral inverno. A campaña iníciase demasiado tarde e, despois de internarse centos de quilómetros, as condicións meteorolóxicas frean o exército. As tropas soviéticas, moito máis aclimatadas inician a contraofensiva en outono, non sen enormes custos en vidas e material.b) A guerra no Pacífico.O goberno militarista de Xapón, que leva mantendo unha política de expansionismo dende 1931, e que está en guerra dende 1937, decide atacar por sorpresa á única potencia que o pode frear na zona: Estados Unidos. O 8 de decembro de 1941 bombardea á base americana de Pearl Harbor en Hawai. EE.UU declara a guerra.É o momento de máximo expansionismo xaponés. A entrada de EE.UU e a URSS fará que a balanza se incline cara aos aliados en detrimento das potencias do Eixe.

As ofensivas aliadas e o final da guerra: (1943-1945).a) No Pacífico.O xeneral estadounidense MacArthur inicia unha ofensiva contra os xaponeses que van ser derrotados ao longo de varias batallas:Midway, Guadalcanal... iso supón a perda da mariña xaponesa e o corte das súas subministracións, vitais nun país que

9

Page 10:  · Web viewTema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias

carece de todo. Ao desembarcar os americanos en Filipinas e en Okinawa, os xaponeses quedarán illados e practicamente derrotados aínda que seguirán resistindo.

Toma da illa de Iwo Jima polas tropas norteamericanas. 1944

b) En Rusia.Ten lugar a Batalla de Stalingrado onde, alemáns e soviéticos, loitan corpo a corpo. A derrota alemá, en febreiro de 1943, fai retroceder aos nazis. As perdidas son enormes en ambos bandos.c) En África.No norte de África, as tropas aliadas ao mando de Montgomery van a derrotar ao Afrika Korps de Rommel en El Alamein (Exipto, outubro de 1943).En novembro se producirán desembarcos aliados en Marrocos e Arxelia.d) En Italia.En Xulio de 1943, se produce o desembarco aliado en Sicilia. Simultaneamente, o rei Víctor Manuel III destitúe a Mussolini e o sustitue por Badoglio. Paracaidistas alemáns liberan máis tarde a Mussolini e apréstanse á defensa de Italia. Tras duras ofensivas, o exército alemán retrocede. Mussolini será asasinado por partisanos en 1945.e) Nos Balcáns.Os rusos fan retroceder as alemáns e lles sustituirán nos Balcáns: Rumania, Bulgaria e Hungría caen baixo súas mans e xa non abandonarán a zona hasta a caída do muro en 1989. No sur, Grecia é liberada polos ingleses e escapa da ocupación soviética.f) En Francia.O 6 de xuño de 1944 se produce o desembarco aliado de Normandía (Día D). O lugar constitúe unha sorpresa para os alemáns que, aínda que o esperan, non sabían ónde produciríase. No desembarco participan 4.000 barcos e 11.000 avións. Tras conquistar varias cabezas de ponte, producirase un rápido avance e a reconquista de toda Francia. París é liberado o 25 de agosto. En novembro, toda Francia e Bélxica están libres de alemáns.No outono de 1944, os alemáns reaccionan cunha ofensiva nun terreo pouco propicio: as Ardenas. A pesar do esforzo, a tentativa é abortada.

10

Page 11:  · Web viewTema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias

Desembarco aliado de Normandía, 6-6-1944

g) A caída de Alemaña e a fin da guerra en Europa.A partir do outono de 1944, a derrota de Alemaña só é cuestión de tempo. Aínda que gabe exércitos alemáns resisten en moitas zonas, non presentan unha defensa sólida e as tropas aliadas entran en Alemaña. É o principio do fin. As conferencias de Teherán e Yalta marcasen que exércitos e que territorios serán os que vaian sendo liberados. Soviéticos e angloamericanos conflúen sobre Berlín. Ante esta situación, Hitler suicídase o 30 de abril de 1945. Ao día seguinte, Alemaña capitula.h) A caída de Xapón e a fin da guerra no Pacífico.Xapón continúa resistindo pero a súa situación é desesperada. O alto mando non dubida en utilizar pilotos suicidas (kamikazes) para intentar deter o avance dos aliados.O novo presidente dos EE.UU, Truman, decide, co fin de acurtar a guerra e "reducir" o número de vítimas, lanzar as primeiras bombas atómicas da historia: o 6 de agosto en Hiroshima e o 9 en Nagasaki (aprox. 200.000 vítimas). Xapón réndese e asina a paz o 2 de setembro no acoirazado Missouri.

A GUERRA NA RETAGARDIA.A II Guerra Mundial é unha guerra total. Non só se trata de campos de batalla senón de todo un tecido que organiza, estrutura e abastece á maquinaria bélica.É importante sinalar que, aínda que Alemaña parecía moi ben preparada para a guerra, os aliados souberon tirar proveito dos seus recursos e fixeron fronte con éxito aos ataques non sen grandes perdas humanas e materiais.Pódese facer unha análise dos principais contendentes:a) Alemaña: militariza a súa poboación dende a chegada de Hitler ao poder. Utilizará os prisioneiros de guerra como mano de obra cando falten alemáns nas fábricas ou nas minas por estar na fronte. Nunca empregará as mulleres nas industrias de guerra.O seu punto débil é a carencia de materias primas básicas e petróleo. Para paliar isto, saquearase sistematicamente aos territorios ocupados. A poboación destes territorios serán man de obra escrava (calcúlase entre sete e oito millóns o número de traballadores non alemáns).

11

Page 12:  · Web viewTema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias

A poboación civil tivo que sufrir restricións, racionamentos, bombardeos e, por último, destrución e ocupación por parte dos exércitos aliados.b) Xapón. Ao igual que Alemaña carecía de materias primas, pero a súa situación era peor dado o carácter insular do país. Tiña o convencemento de que a guerra ía ser curta e o seu abastecemento baseouse na explotación económica do seu imperio (Filipinas, Manchuria, Corea, Indochina, Indonesia...). Debido a ese carácter insular, dependía moito da mariña mercante para o abastecemento da metrópole e isto facíalle moi débil xa que Estados Unidos se cebou na frota nipoa para así estrangulalo economicamente. As penalidades da poboación civil foron importantes.c) Gran Bretaña. Sobreviviu grazas á chegada masiva de axuda norteamericana, tanto en armamento coma en produtos de primeira necesidade. Tamén contaba cos produtos das súas colonias. A mobilización xeral produciuse nada máis empezar a guerra. A diferenza de Alemaña, as inglesas dedicáronse a ocupar os postos que os homes que estaban na fronte deixaban vacantes.

Londres durante a guerra

Durante a Batalla de Inglaterra logrouse gañar tempo co cal producir e repoñer material bélico: avións, barcos, armamento,… No ano 1943 o país estaba exhausto e mandar máis homes á fronte significaba reducir a produción en retagarda.d) Estados Unidos.Foi o país que máis se beneficiou coa guerra. Os europeos considerábano o arsenal da democracia. Abasteceu de armas e produtos Gran Bretaña e outros países. Sen esa axuda tería sido imposible derrotar o exército alemán. Estados Unidos experimentou un crecemento militar espectacular, de 200.000 homes en 1939 a sete millóns ao finalizar a guerra; o mesmo pasou co armamento. Foi moi eficaz o investimento do Estado en industria de guerra.O seu territorio inviolado (só foi atacado en Pearl Harbour), os seus inesgotables recursos e fontes de enerxía ademais dun enorme potencial demográfico fixeron deste país o vencedor indiscutible da guerra.e) A U.R.S.S.Era un país con enormes recursos humanos e materiais. Ter tido unha economía planificada polo Estado dende 1928 fixo que a transformación da economía en economía de guerra fose relativamente doada. A industria de guerra soviética logrou un exército poderoso, pero a custa de afundir o sector agrícola que sufriu un colapso. Un labor importante foi o traslado das súas fábricas ao outro lado dos Urais para previr

12

Page 13:  · Web viewTema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias

un ataque alemán.A invasión alemá devastou o seu territorio ademais do uso da táctica de terra queimada utilizada polo goberno soviético para impedir o abastecemento do inimigo.A poboación civil foi unha das que máis sufriu. Os niveis de consumo eran ridículos, as mulleres foron mobilizadas e a carencia de produtos de primeira necesidade practicamente inexistentes. As perdas demográficas foron as máis altas da guerra.AS CONFERENCIAS DE PAZ E AS CONSECUENCIAS DA GUERRA.AS CONFERENCIAS PARA DESEÑAR A PAZ.Os aliados estaban coordinados desde 1941 e foron numerosas as conferencias e encontros que realizaron ao máis alto nivel. Nestas reunións falábase desde as tácticas a empregar desde o punto de vista militar hasta a planificación do futuro tras a vitoria.Conferencia bipartita entre Estados Unidos e Gran Bretaña: a Carta do Atlántico.En agosto de 1941 o presidente americano Roosevelt e o primeiro ministro británico, Winston Churchill, celebran un primeiro encontro. Nese momento Estados Unidos non entrou aínda na guerra. Falan, sobre todo, de como será o mundo tras a guerra.Nos documentos alí aprobados, os dous países comprométense a respectar a liberdade de circulación nos mares, favorecer o comercio entre as nacións, a renunciar ao expansionismo territorial, a respectar o dereito dos pobos a elixir a súa forma de goberno... Todos estes documentos coñécense como Carta do Atlántico e en setembro do 1941 vanos subscribir máis de quince países.Conferencias tripartitas.Teñen máis fondo calado político, nelas van a participar tres líderes: Roosevelt, Churchill e Stalin; e na última Roosevelt xa morrera e fora substituído por Truman e Churchill perde as eleccións e é substituído por Atlee:a) A Conferencia de Teherán.Realizouse entre os días 28 e 29 de novembro de 1943. Nela participan por primeira vez os tres grandes: Roosevelt por Estados Unidos, Churchill por Gran Bretaña e Stalin pola Unión Soviética. Esta reunión ten un carácter estratéxico. Estúdase a derrota de Alemaña. Stalin quere que se abra unha fronte no Atlántico para debilitar a Alemaña. Churchill, pola contra, é partidario de abrir a fronte no Mediterráneo. Falouse tamén do futuro de Alemaña e de Polonia.

13

Page 14:  · Web viewTema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias

b) Conferencia de Ialta.Os tres líderes anteriores reuníronse en Ialta, na península rusa de Crimea no mar Negro, en febreiro de 1945, cando xa a derrota alemá era inminente. A Unión Soviética comprométese a entrar na guerra contra Xapón en tres meses. Entre as decisións políticas máis importantes que se trataron estiveron o trazado das fronteiras polacas (respectouse a Stalin todo o terreo que ocupara de Polonia) e a Polonia entregaríaselle territorios do Leste de Alemaña. Con respecto a Alemaña prevese a división en zonas de ocupación en mans dos aliados. Tamén se prevía a creación dun organismo internacional para velar pola paz e a seguridade. Esta conferencia supón a repartición tácita do mundo entre Estados Unidos e a Unión Soviética, Gran Bretaña queda marxinada.

Conferencia de Ialta (febreiro de 1945). De izq. a dch: Churchill, Roosevelt e Stalin.

c) Conferencia de Potsdam.Celebrouse despois da caída de Alemaña, entre xullo e agosto de 1945, en Potsdam (Alemaña). Nela participan os mesmos países pero cambiaron algúns protagonistas,

14

Page 15:  · Web viewTema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias

Atlee substitúe a Churchill ao terlle derrotado nas eleccións e Truman a Roosevelt que acababa de morrer. Stalin é o único personaxe que repite.O tema máis importante que é a división de Alemaña en catro zonas e ocupadas por: EE.UU, a U.R.S.S., Gran Bretaña e Francia. Viena e Berlín divídense tamén en catro zonas. No caso de Berlín, situada na zona soviética, divídese en dúas zonas, unha de ocupación rusa e a outra resultado da unión das zonas estadounidense, británica e francesa. Nesta división está a xénese do que será no futuro Alemaña: un país dividido en dous: a República Federal de Alemaña (ao oeste e occidental) e a República Democrática Alemana (ao leste e pro soviética).Estas dúas conferencias serán o punto de partida da seguinte etapa da Historia: a Guerra Fría.

CONSECUENCIAS DA II GUERRA MUNDIAL.Os efectos de calquera guerra son desastrosos: perdas humanas, desaparición de infraestruturas (pontes, estradas, ferrocarrís...), destrución da produción e dos medios produtivos, cambios territoriais... pero esta guerra coa súa alta capacidade de destrución está considerada a peor que viviu o ser humano e os seus efectos seguiron notándose anos despois de rematar.

Perdas humanas e económicas.A poboación civil sufriu duramente os ataques dos militares, ademais, nalgúns casos procedeuse á eliminación sistemática de continxentes de poboación importantes (xudeus, eslavos...). (ver tema 11)Fixéronse varios cálculos sobre o número de desaparecidos na guerra, todos roldan sobre os 55 millóns de persoas, nalgúns lugares desapareceu toda a poboación masculina, pero a guerra non respectou tampouco mulleres, anciáns e nenos. Os países con máis baixas foron a Unión Soviética, China e Polonia. Ademais dos mortos os feridos graves e mutilados cóntanse por millóns, cre que a cifra rolda en torno aos 70 millóns. Temos de contar, ademais das perdas humanas, as económicas. Europa enteira foi un enorme campo de batalla. Os camiños, pontes, ferrocarrís, portos... foron destruídos, especialmente nos países invadidos ou derrotados. Os campos volvéronse ermos e en moitos casos non se podía entrar por estar sementado... de minas. As fábricas e os transportes tamén quedaron inutilizados.A fame e o desabastecemento sobreveu na posguerra, iso reflectiuse nas cartillas de

15

Page 16:  · Web viewTema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias

racionamento e no mercado negro. Pódese dicir, dende o punto de vista económico, que Europa non se recuperou ata 1950.Cambios económicos e tecnolóxicos.A investigación en materia militar foi moi importante nesta época, isto tivo unha vertente negativa ao aumentar a capacidade destrutiva dos exércitos, pero tras a guerra moitos destes inventos terán a súa aplicación na vida civil: falamos da utilización da enerxía nuclear, da mellora nos sistemas de autopropulsión de barcos e avións, a creación de produtos sintéticos ou artificiais, perfeccionamentos de radares e satélites...Traslados de poboación.Os desprazamentos masivos de poboación van ter unha grande importancia durante a guerra e despois co cambio de fronteiras. Uns 30 millóns de europeos abandonan os seus fogares: polacos da zona polaca que queda a Unión Soviética, alemáns desprazados polos polacos...; a todo isto deberiamos sumar a emigración clandestina para escapar dos países do Leste de Europa en mans comunistas. Na emigración deberiamos incluír o gran número de xudeus sobreviventes do holocausto que deciden instalarse en Palestina, lugar onde conseguen que en 1948 a O.N.U cre o Estado de Israel.Cambios políticos.O primeiro cambio político evidente foi a eliminación dos réximes fascistas en Europa e tamén as monarquías perderon terreo (Italia votou a destitución de VíctorManuel III e a proclamación da República, nos países do Leste desapareceron todas as monarquías). Pola contra triunfaron e estendéronse as ditaduras comunistas pola Europa Oriental baixo a zona de influencia da Unión Soviética.No terreo internacional Europa deixa de ter importancia, perdeu definitivamente a hexemonía, agora o mundo encóntrase dividido en dous bloques capitaneados pola U.R.S.S. e EE.UU, Europa é o símbolo desa división, a principal liña que divide a eses dous mundos está neste continente. No caso concreto das democracias da Europa Occidental, necesitan do apoio americano contra a ameaza soviética.Por outra parte o nacionalismo dos pobos sometidos por Europa en África e Asia, e que participaron na guerra, experimenta un gran desenvolvemento e Gran Bretaña e Francia non terán máis remedio que ceder aos seus desexos de independencia que apoian Estados Unidos e a U.R.S.S.Os cambios territoriais.Foron moitas as modificacións de fronteiras tras a guerra e algúns destes cambios seguen estando vixentes hoxe en día, por suposto Europa é a zona máis afectada, vexamos os cambios máis importantes.A U.R.S.S. vai quedar con todos aqueles territorios que conseguira de Hitler antes da guerra ao repartirse Polonia. Quedará cos países bálticos, Estonia, Letonia, Lituania e o norte da Prusia Oriental (antigo territorio alemán), pasan a integrarse na Unión Soviética. Finlandia conservará a súa independencia pero perderá unha parte do seu territorio na zona de Carelia. A U.R.S.S. recibe de Romanía a Besarabia (Moldavia) e norte da Bucovina.Polonia vai experimentar cambios importantes, desprazouse ao país cara ao Oeste. Polo Leste perde os territorios que lle quita a Unión Soviética, pero compénsaselle dándolle unha parte de Alemaña: Silesia e parte da Prusia Oriental. Checoslovaquia consegue a súa restauración territorial pero ten que ceder unha porción pequena do

16

Page 17:  · Web viewTema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias

seu chan á U.R.S.S.Bulgaria recibe a Dobrudja de Romanía.Italia cede as súas posesións na costa dálmata a Iugoslavia, recoñece a independencia de Albania e entrega a Grecia as illas do Dodecaneso e Rodas que recibiu tras a I Guerra Mundial.Alemaña quedará ocupada polos aliados e dividido o seu territorio en catro zonas, en 1949 unifícanse as zonas inglesa, francesa e estadounidense e xurdirá a República Federal Alemana, os rusos crearán na súa zona a República Democrática Alemana, Berlín e Viena tamén aparecen divididos en dúas zonas.Xapón perderá todo o seu imperio en Asia e entregará parte das illas Kuriles á U.R.S.S. China recupera Manchuria e outros territorios e Corea recupera a independencia. Xapón perderá tamén as illas e arquipélagos de Asia e Oceanía.A CREACIÓN DA ONU.Orixe e países fundadores.Nos acordos de Ialta xa estaba previsto que se crease unha organización internacional que velase pola paz e a seguridade mundial. Os precedentes máis inmediatos desta organización encóntranse na Sociedade de Nacións, organismo creado tras a I Guerra Mundial e de escasa efectividade, e na Carta do Atlántico asinada por Churchill e Roosevelt en agosto de 1941, onde se falaba de como tiñan que ser as relacións entre os países...A ONU créase de xeito oficial na conferencia de San Francisco, entre o 25 de abril e o 26 de xuño de 1946. A sede sería Nova York. A Carta das Nacións Unidas, acta fundacional da nova organización, sería asinada por 51 países (15 europeos, 8 asiáticos, 22 americanos, 4 africanos e 2 de Oceanía) todos eles terían a categoría de membros fundadores.Principais institucións e obxectivos da ONU.A Asemblea Xeral é quizais o órgano máis significativo, reúne os representantes de todos os países participantes, é un órgano deliberante e reúnese en sesións ordinarias e extraordinarias (a petición do Consello de Seguridade).O Consello de Seguridade é quizais o órgano con máis peso. Está composto por 15 membros, deles os cinco son fixos (Estados Unidos, Unión Soviética, China, Francia e Gran Bretaña) e dez electivos por un período de dous anos. Os países con escano fixo no Consello teñen dereito de veto, iso significa que calquera decisión non entra en vigorse un dos membros se opón, na práctica isto imposibilita a toma de decisións e fai desta institución algo inoperante.As funcións que ten encomendada é o arranxo de conflitos e litixios entre estados. Non tivo moito éxito.Consello Económico e Social, está integrado por 54 países e trata de fomentar a cooperación económica internacional e a axuda

17

Page 18:  · Web viewTema 12: A II Guerra Mundial A insatisfacción alemá polo tratado de Versalles, o ascenso de Hitler e o nazismo ao poder ademais da súa alianza con outras potencias

Cadro de vítimas civís e militares durante a II Guerra Mundial

18

VÍCTIMASMILITARES

VÍCTIMASCIVILES

TOTALDE MUERTOS

8.668.000 16.900 25.568.0001.324.000 10.000.000 11.324.0003.250.000 3.810.000 7.060.000850.000 6.000.000 6.850.000

1.500.000 600.000 2.100.000300.000 1.40.000 1.700.000520.000 465.000 985.000200.000 400.000 600.000380.000 145.000 525.000330.000 80.000 410.000270.000 90.000 360.000300.000 5.000 305.000198.000 12.000 210.00076.000 10.000 86.00080.000 ------ 80.00035.000 ------ 35.00036.000 ------ 36.00039.000 ------ 39.00012.000 10.000 22.00019.000 2.000 21.00012.000 ------ 12.000

800.000+- 60.000.000