Upload
others
View
3
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN, DE DOTACIÓNS E INFRAES TRUTURAS DO BIC CON CATEGORÍA DE MONUMENTO DO MOSTE IRO DE SANTA MARÍA (CONXUNTO DA IGREXA E MOSTEIRO), DO SEU ENTORNO E DO NÚCLEO SINGULAR DE A PONTE NOVA . CONCELLO DE MELÓN
DOCUMENTO MODIFICADO E REFUNDIDO PARA APROBACIÓN DE FINITIVA
7
0. RESULTADO DO PERIODO DE INFORMACIÓN PÚBLICA
0.1. EXPOSICIÓN PÚBLICA: NOTIFICACIÓN PERSOAL.
Tal e como se reflexa no Documento de Referencia para a AAE, o órgano promotor someteu a
información pública durante o prazo establecido, a contar desde o día seguinte da publicación do
anuncio no DOG nº63 do venres 30 de marzo de 2012, a versión preliminar do Plan (Documento
para Aprobación Inicial) xunto co ISA para o seu exame e formulación de observacións por parte do
público en xeral. Ademais, tamén se realizaron as pertinentes consultas ás Administracións públicas
coa amplitude indicada nese documento, tal e como se recolle a continuación, xunto coas
alegacións recibidas.
Como resultado do período de exposición ao público, esixido polo Artigo 86.1 da Lei 9/2002,
producíronse quince alegacións:
NºNº REX.
ENTRADAENTRADA NO CONCELLO NOME E APELIDOS ACEPTADA/DENEGADA
1 497 16/04/2012 MARÍA ESTHER PÉREZ ÁLVAREZ ACEPTADA PARCIALMENTE
2 498 17/04/2012 MARÍA DOLORES PÉREZ ÁLVAREZ ACEPTADA PARCIALMENTE3 568 24/04/2012 ANNA JIMENA FARR PÉREZ ACEPTADA PARCIALMENTE4 585 26/04/2012 Mª DEL CARMEN CONCEPCIÓN MORENO MORENO ACEPTADA PARCIALMENTE
5 587 27/04/2012 AGUSTÍN GARAYAL DE DOMÍNGUEZ-LUNA DENEGADA
6 595 28/04/2012 JONATHAN BONGARDS ACEPTADA PARCIALMENTE7 599 30/04/2012 SONIA GARCÍA ÁLVAREZ ACEPTADA PARCIALMENTE
8 605 30/04/2012 GUMERSINDA AUREA MARTÍNEZ CAMPOS ACEPTADA PARCIALMENTE
9 607 30/04/2012 LUÍS ANTONIO CHAO GÓMEZ ACEPTADA PARCIALMENTE10 614 02/05/2012 XULIO LÓPEZ FERRO DENEGADA
11 617 04/05/2012 JOSÉ DANIEL PLACER PÉREZ ACEPTADA PARCIALMENTE
12 61804/05/2012
(02/05/2012)(30/04/2012)
MARCO ANTOINO PORTELA DA CONCEIÇAO ACEPTADA PARCIALMENTE
13 62104/05/2012
(30/04/2012)BEATRIZ TATO SALGADO ACEPTADA PARCIALMENTE
14 62807/05/2012
(02/05/2012)(30/04/2012)
ANDREA TATO SALGADO ACEPTADA PARCIALMENTE
15 638 10/05/2012 ELVIRA SOBRINO VÁZQUEZ ACEPTADA Os informes a estas alegacións constan no expediente no anexo correspondente e como
consecuencia de elas e dos informes sectoriales introducíronse rectificacións que se refieren a:
• A consideración do Conxunto Igrexa-Mosteiro (segundo denominación do PXOM anulado),
como Monumento, e non como Conxunto Histórico, dado que así o considera a Dirección Xeral
de Patrimonio Cultural, xa que no Decreto de declaración do BIC en 1931 (publicado na Gaceta
de Madrid, no número 155, con data 4 de Xuño de 1931), utilizouse este término de Monumento
e non foi modificado pola Administración competente.
Texto publicado na Gaceta de Madrid, no núm. 155, o 4 de Xuño de 1931 (páxinas 1181-1183-1184)
Denominación e clasificación do BIC, segundo a Rela ción de Bens de Interese Cultural de Galicia
inscritos no Inventario Xeral de Patrimonio Cultura l (segundo artigo 22 da LPCG) publicado con
data 1 de Outubro de 2012 pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
• A solución da rasante da beirarrúa da estrada nacional N-120, frente á edificación con
referencia de parcela catastral nº 07 e 08 da mazá urbana nº 48873, e
• As precisións sobre titularidades distintas ás que figuran nos datos catastrais.
Se ben no documento que se remitiu á Conselleria de Cultura se asumiron as propostas
complementarias do documento aprobado inicialmente, dado que a Dirección Xeral do Patrimonio
Cultural considerou que esta figura de planeamento podía incoporar unha nova ordenación detallada ou
modificar a do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente nese momento, cos límites do Artigo 62.1 da
Lei 9/2002, o certo é que ante a inexistencia de planeneamiento xeral, as propostas que o Concello de
Melón desexa que se executen para mellorar o contorno da antiga casa rectoral, hoxe adicada a Centro
Funcional de carácter cívico e os accesos ao propio Mosteiro, ao aparcamento público previsto, ao
velorio e ao equipamento socio cultural, non poden establecerse en virtude do establecido no artigo 62.1,
xa que non pode falarse dun plan de desenvolvemento dun planeamento xeral inexistente.
“Artigo 62º.-Disposición común aos plans de desenvol vemento.
1. Os plans parciais e os plans especiais poderán m odificar a ordenación detallada establecida polo plan xeral de ordenación de acordo coas seguintes c ondicións:
a) Que teñan por obxecto a mellora substancial da o rdenación urbanística vixente, a mellora da articulación dos espazos libres públicos e os volum es construídos, a eliminación de usos non desexables ou a incorporación doutros necesarios, a resolución de problemas de circulación ou a formalización de operacións de reforma interior en solo urbano ou de actuacións de carácter integral en solo de núcleo rural, non previstas pol o plan xeral, e outros fins análogos.
b) Que non afecten nin alteren de ningún modo as de terminacións do plan xeral sinaladas nos artigos 53º, 55º.2, 56º.2.a) e 57º.1) desta lei, se n prexuízo dos axustes necesarios para garantir as conexións.
c) Que non impliquen un incremento da superficie ed ificable total nin un incremento da altura ou dos usos globais que se establezan no plan xeral.
• d) Que non supoñan unha diminución, un fraccionamen to ou unha deterioración da capacidade de servizo e da funcionalidade dos espazos previstos p ara as dotacións locais.
• 2. O planeamento de desenvolvemento poderá reaxusta r, por razóns xustificadas, a delimitación dos sectores e das áreas de repartición, sempre que o reaxuste non afecte en ningún caso a clasificación urbanística do solo nin dotacións púb licas e que non supoña unha alteración igual ou superior ao 5% do ámbito delimitado polo plan xeral . En todo caso, será necesaria a previa audiencia aos propietarios ou ás propietarias afect ados.”
0.2. INFORMES SECTORIAIS.
Durante o período de participación pública, ademais das alegacións de particulares, tamén se
solicitaron os informes sectoriais (definidos no Documento de Referencia) ás administracións
públicas, tal e como se resumen a continuación:
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN, DE DOTACIÓNS E INFRAES TRUTURAS DO BIC CON CATEGORÍA DE MONUMENTO DO MOSTE IRO DE SANTA MARÍA (CONXUNTO DA IGREXA E MOSTEIRO), DO SEU ENTORNO E DO NÚCLEO SINGULAR DE A PONTE NOVA . CONCELLO DE MELÓN
DOCUMENTO MODIFICADO E REFUNDIDO PARA APROBACIÓN DE FINITIVA
8
DATA REMISION
DATA CONTESTACIÓN ORGANISMO INFORME
07/03/2012(nº rex.: 227)
19/06/2012(nº rex.: 858)
Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente:• Confederación Hidrográfica do Miño-Sil . Favorable
07/03/2012(nº rex.: 228)
14/05/2012(nº rex.:656)
• Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo: Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información (liña de media tensión dentro do PEPDI).
Favorable, debendo actualizar a normativa de aplicación vixente de Infraestruturas de Telecomunicacións
07/03/2012(nº rex.: 229
21/03/2012(nº rex.: 375)
• Ministerio de Fomento (estrada estatal N-120 dentro do PEPDI). Favorable
07/03/2012(nº rex.: 230)
08/05/2012(nº rex.: 630)
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:• Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambienta l. Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental.
Pendente de que se envíen as observacións realizadas que se poden incluír nun anexo
07/03/2012(nº rex.: 231)
25/05/2012(nº rex.: 727)
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:• Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe.(actual Instituto de Estudos do Territorio)
Favorable
07/03/2012(nº rex.: 232)
10/05/2012(nº rex.: 641)
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:• Dirección Xeral de Mobilidade. Favorable
07/03/2012(nº rex.: 233)
16/05/2012(nº rex.: 672)
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:• Organismo Autónomo Augas de Galicia. Favorable
07/03/2012(nº rex.: 235)
16/07/2012(nº rex.: 993)
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:• Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Favorable
07/03/2012(nº rex.: 236)
11/04/2012(nº rex.: 472)
Deputación Provincial de Ourense. Favorable
28/03/2012(nº rex.: 542)
07/09/2012(nº rex.: 1316)
Propón modificacións e deficiencias a emendar
09/07/2014(nº rex.: 556)
07/08/2014(nº rex.: 1105)
Favorable debiendo integrar determinadas consideraciones
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:• Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
Os informes sectoriais relativos a cuestións que se abordan, se non de xeito exclusivo, si de
maneira prioritaria no Informe de Sostibilidade Ambiental (ISA), trátanse no punto correspondente.
Trala consulta previa realizada á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural foron tidas en conta a
totalidade das observacións no presente Documento Modificado para Aprobación Inicial,
emendando as deficiencias sinaladas e introducindo as seguintes moficacións ao documento
inicialmente aprobado.
• Delimítase o BIC, atendendo as suas indicacións, recollendo todo o espazo cerrado polos
muros do conxunto do mosteiro e da igrexa, dando forma á declaración outorgada no seu
día que non contiña ningunha descrición dos seus límites. A ordenación pormenorizada
deste recinto encoméndase á formulación dun Plan Director que fixe as pautas de
protección, restauración, rehabilitación, ou posible ampliación, e de uso, tanto dos edificios
como dos espazos libres dentro dos muros que o delimitan, que deberán respetar os
proxectos totais ou parciais, y que deberán contar cun informe vinculante favorable da
administración competente en materia cultural. Este Plan Director haberá de prever as
prospeccións arqueolóxicas necesarias, en base ás cales se definan as suas
determinacións.
• Delimitase o contorno de protección para o BIC, en atención ao Artigo 44.1 da Lei 8/1995,
segundo o cal:
“Artigo 44. Contorno dos monumentos.
1. O contorno dos monumentos estará constituído pol os inmóbeis e espazos lindantes imediatos e, en casos excepcionais, polos non lindantes ou arred ados, sempre que unha alteración dos mesmos poda afectar aos valores propios do ben de q ue se trate, a súa contemplación, apreciación ou estudo.
2. O volume, tipoloxia, morfoloxia e cromatismo das intervencións no contorno dos monumentos non poden alterar o carácter arquitectónico e paisa xístico da zona, nen perturbar a contemplación do ben.
3. Poderán expropiarse, e proceder ao seu derrubame nto, os inmóbeis que impidan ou perturben a contemplación dos monumentos ou dean lugar a riscos para os mesmos.
4. Para calquer intervención que pretenda realizars e, a existencia dunha figura de planeamento que afecte ao contorno dun monumento non poderá excusar o informe preceptivo e vinculante da Consellería de Cultura.
5. No caso do contorno dun monumento declarado de i nterese cultural, integrado nun conxunto histórico que conte cun plano especial de protecció n, rexerase polo establecido no artigo 47.2 da presente lei.”
• É precisamente, o conxunto do Monumento e do seu ámbito de protección, o ámbito do
Plan Especial de Protección que agora tamén é de Dotacións e Infraestruturas que propuxo
o documento aprobado inicialmente e que coincide co proposto polo anulado Plan Xeral de
Ordenación Municipal. A finalidade deste Plan Especial é a prevista no artigo 68.2, segundo
o cal en ausencia de plan xeral poderán aprobarse plans especiais unicamente coa
finalidade de protexer ámbitos singulares, rehabilitar e melloralo medio rural ou establecer
infraestruturas e dotacións urbanísticas básicas, sempre que estas determinacións non
esixan logo de definición dun modelo territorial.
Neste caso non resulta necesario establecer un modelo territorial diferente ao existente e
non se modifica a clasificación do solo que permanece sendo solo rústico, se ben se
establecen limitacións de uso para garantir a protección do ámbito e a execución das
dotacións e infraestruturas básicas necesarias.
• Establécense unhas ordenanzas pormenorizadas de protección para cada unha das
unidades morfolóxicas que se definiron no Plan Especial de Protección e de dotacións co
obxecto de garantir que non se produzan alteracións que afecten negativamente aos
valores do monumento, que dificulten a sua contemplación ou o seu posterior
desenvolvemento conforme ás determinacións do Plan Director.
• Correxíronse as deficiencias observadas, incorporando as propostas referidas ao catálogo,
á proposta de protección e delimitación do ámbito de protección do Núcleo Singular de A
Ponte Nova, delimitación que como núcleo rural debe tramitarse en expediente
independente conforme ás regras contidas na Disposición adicional segunda da Lei 9/2002,
e ás referentes ás diferentes ordenanzas co obxecto de dotalas de maior claridade
interpretativa.
Ademais destas destas modificacións integráronse as cuestións mencionadas no informe
favorable da Dirección Xeral de Patrimonio firmado o 29/07/2014, referidas ás seguintes
materias:
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN, DE DOTACIÓNS E INFRAES TRUTURAS DO BIC CON CATEGORÍA DE MONUMENTO DO MOSTE IRO DE SANTA MARÍA (CONXUNTO DA IGREXA E MOSTEIRO), DO SEU ENTORNO E DO NÚCLEO SINGULAR DE A PONTE NOVA . CONCELLO DE MELÓN
DOCUMENTO MODIFICADO E REFUNDIDO PARA APROBACIÓN DE FINITIVA
9
1. Introdúcense nos anexos I e II unha anotación na que se indica que as propostas teñen un
carácter orientativo e que os proxectos que necesariamente desenvolvan os traballos incorporados
ou previstos no Plan Especial deberán contar coa autorización previa do organismo competente en
materia de patrimonio cultural. No caso dos previstos nos terreos do propio Mosteiro, ademais
deberán tomar en consideración as previsións do Plan Director aprobado pola Dirección Xeral do
Patrimonio Cultural.
2. Introdúcese na relación das normas observadas e de obrigado cumprimento as correccións
e criterios relacionados no punto C.1 do seu informe, relativos ás normativa de ámbito autonómico,
estatal ou internacional.
3. A zonificación arqueolóxica extendeuse a todo o ámbito do Plan Especial, incluíndo os
terreos exteriores ao BIC dentro das categorías das Áreas II e III en función da natureza dos predios
e as súas características coas correspondentes cautelas arqueolóxicas.
4. Regulouse o equipamento socio cultural como un dotación de nova creación, analizando a
demolición da estrutura existente (xa efectuada) como unha unidade de actuación independente ao
considerala como unha actuación de protección diferente á actuación de creación dunha dotación.
5. Engadiuse á ficha NU-03 a condición de que lles será de aplicación o mesmo réxime e
criterios ao resto de elementos do via crucis que, polos acontecementos históricos, se atopen neste
momento en paradeiro descoñocido ou trasladados, e que poidan ser identificados e recuperados
no futuro, co obxetivo de incorporarse ao percorrido histórico e recuperar un elemento de valor
cultural e identitario do núcleo de Melón.
0.3. NOVO PERÍODO DE EXPOSICIÓN PÚBLICA
As reformulacións feitas trala novo marco urbanístico producido pola anulación do Plan Xeral
obrigaron a introducir modificacións no documento exposto ao público, polo que foi necesario
realizar unha nova exposición pública co obxecto de que as personas interasadas e os
organismos públicos e privados poiderán presentar alegacións.
O Concello de Melón aprobou inicialmente o Documento Modificado para Aprobación Inicial do Plan
Especial de Protección, de Dotacións e Infraestruturas do BIC, con categoría de monumento do
Mosteiro de Santa María (conxunto da igrexa e mosteiro), do seu contorno e do núcleo singular da
Ponte Nova, Concello de Melón, por acordo plenario de data 16/04/2015 e, en conformidade ao
artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio
Rural de Galicia, este someteuse a información pública durante o período comprendido entre o
21/05/2015 e o 21/07/2015 (2 meses), tal e como se fixo constar mediante publicación no Diario
Oficial de Galicia nº 93 do mércores 20 de abril de 2015 e difusión en dous dos xornais de maior
tirada da provincia (en “La Voz de Galicia” o luns 18/05/2015 e en “Faro de Vigo” o martes
19/05/2015).
Durante o período desta nova exposición pública producíronse as seguintes alegacións, segundo
consta na certificación da Secretaría do Concello de Melón, que se adxunta no Anexo II.Alegacións
do documento de informe de participación pública e consultas do novo período de información
pública.
Presentáronse un total de 9 alegacións procedentes tanto de propietarios como non propietarios.
Destas alegacións, 5 resolvéronse en sentido negativo (desestimadas) e 4 presentáronse fóra de
prazo .
A continuación adxúntase unha táboa resumo de todas elas.
NºNº REX.
ENTRADAENTRADA NO CONCELLO
NOME E APELIDOS ACEPTADA/DENEGADA
1 935 11/07/2015 ANTONIO DIETER MOURE AREÁN DENEGADA2 977 20/07/2015 MARCO ANTONIO PORTELA DA CONCEIÇAO DENEGADA3 999 22/07/2015 BEATRIZ TATO SALGADO DENEGADA
4 1000 22/07/2015 GONZALO BLANCO VÁZQUEZ DENEGADA5 1034 29/07/2015 ROSA MARÍA AMARO CENDÓN DENEGADA6 1053 04/08/2015 MARÍA ESTHER PÉREZ ÁLVAREZ FÓRA DE PRAZO
7 1085 10/08/2015 MARÍA DOLORES PÉREZ ÁLVAREZ FÓRA DE PRAZO8 1174 31/08/2015 MARÍA DEL CARMEN DE LA CONCEPCIÓN MORENO MORENO FÓRA DE PRAZO9 1175 31/08/2015 MARÍA VICTORIA GARCÍA DOMÍNGUEZ FÓRA DE PRAZO
En virtude do establecido polo antedito artigo 86.1.b) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de
Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, solicitáronse ás administracións
públicas competentes, aquelas indicadas no Documento de Referencia, os informes sectoriais que
resultasen necesarios. As administración públicas consultadas foron as indicadas no seguinte
cadro:
Data RS-CONCELLO de solicitude informe sectorial
Data RS-CONCELLO de oficios aclaratorios
subsanación erro palabra PREVIO
Confederación Hidrográfica do Miño-Sil 17/04/2015 13/07/2015
Ministerio de Fomento 17/04/2015 13/07/2015Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información 17/04/2015 13/07/2015
Secretaría Xeral de Calidade Ambiental 17/04/2015 13/07/2015Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe (actual Instituto de Estudos do Territorio) 17/04/2015 13/07/2015
Dirección Xeral de Mobilidade 17/04/2015 13/07/2015
Augas de Galicia 17/04/2015 13/07/2015
Dirección Xeral de Conservación da Natureza 17/04/2015 13/07/2015
Dirección Xeral do Patrimonio Cultural 17/04/2015 13/07/2015
Administración Local Deputación Provincial de Ourense
17/04/2015 13/07/2015
Organismo
Administración Xeral do Estado
Administración da Comunidade Autónoma de
Galicia
CONSULTAS ESTABLECIDAS NO DR
Na táboa que se mostra a continuación relaciónase os informes sectoriais recibidos durante o novo
período de información pública polas administracións consultadas: