1
ACTIVIDADES I Reflexiona sobre o significado dos seguintes enunciados en cada un dos contextos. a) A profesora pregúntalle o nome a un estudante novo: dúas versións. 1. Como te chamas? 2. Como te chamabas? b) Para cada un dos seguintes enunciados, imaxina dous ou tres contextos diferentes. En cada contexto inclúe os elementos esenciais (falante, oínte, lugar, situación) e, finalmente, asígnalle ao enunciado o significado específico que tería nese contexto. Canto máis varíen os significados obtidos, máis útil é o exercicio. 1. Que orixinal! 2. Moito me prestou. 3. Estou cansa. 4. Que sono teño! 5. Ai ho, es un xenio. II Na sección “Horóscopo” dun xornal lese o seguinte, baixo o subtítulo de “Peixes”: Alguén está tratando de sacarche vantaxe? Ti sabes, desde logo, que es inmune a toda persecución. Todos che deben algo, así que te teñen que tratar con respecto. a) Quen fala con quen, e como o sabes? b) A primeira pregunta do texto, intenta realmente obter algunha información por parte do destinatario? Paréceche unha verdadeira pregunta? Como a xustificas? c) Cando dicimos frases como “vostede sabe, desde logo...”, que presupoñemos? Observa o uso desa frase neste fragmento: como o xustificas? d) No contexto desta comunicación hai unha serie de diálogos previos, que constitúen o seu intertexto. Cal que cres que sería o intertexto desta mensaxe? III Le o seguinte diálogo e a continuación responde as preguntas. [Mirando un posto de venda de premios da ONCE]. Celia: Mira, aquí venden o cupón dos cegos. Teo: Oh, así que os cegos compran cupóns aquí. a) Entendes a expresión “o cupón dos cegos”? b) Como cres que Teo entendeu o enunciado de Celia? c) Cambia a túa explicación se che digo que Teo é un xaponés de visita en Galicia? d) Que tipo de inferencias ten que facer Teo? e) Busca un exemplo similar e intenta explicarllo a unha persoa doutra cultura. IV Supón que lle tes que explicar este diálogo a unha persoa procedente dunha cultura completamente distinta da túa, onde non se coñece o viño, entre outras cousas. Trata de facer explícito todo o que esa persoa necesita saber para entender este intercambio: Xoana: Outra copiña de viño? Irea: Vale... Ai, non, non abras unha botella por min. Xoana: Si ho, por favor... (Abre a botella). Irea: Acompáñasme, non? Xoana: Claro. Este é unha baga da zona do Porto. Coñeces esta cepa? V Le a conversa e responde as preguntas: Marta [nun cuarto]: Son brandos! Cristina [noutro cuarto]: Parva! Marta [entrando no cuarto de Cristina]: Ao carallo! a) Que cousas ou persoas son “brandos”? b) Quen é “parva”? c) Que significa “ao carallo”? d) Explica que entra en xogo no momento de interpretar estes enunciados.

02 - ACTIVIDADES_1

Embed Size (px)

DESCRIPTION

vaya con las cositas eh por aquí locos

Citation preview

Page 1: 02 - ACTIVIDADES_1

ACTIVIDADES 

I  Reflexiona sobre o significado dos seguintes enunciados en cada un dos contextos. 

a)  A profesora pregúntalle o nome a un estudante novo: dúas versións. 

1. Como te chamas? 2. Como te chamabas? 

b)  Para cada un dos seguintes enunciados,  imaxina dous ou  tres contextos diferentes. En cada contexto inclúe  os  elementos  esenciais  (falante,  oínte,  lugar,  situación)  e,  finalmente,  asígnalle  ao  enunciado  o significado  específico  que  tería  nese  contexto.  Canto  máis  varíen  os  significados  obtidos,  máis  útil  é  o exercicio. 

1. Que orixinal! 2. Moito me prestou. 3. Estou cansa. 4. Que sono teño! 5. Ai ho, es un xenio. 

II  Na sección “Horóscopo” dun xornal lese o seguinte, baixo o subtítulo de “Peixes”: 

Alguén está tratando de sacarche vantaxe? Ti sabes, desde logo, que es inmune a toda persecución. Todos che deben 

algo, así que te teñen que tratar con respecto. 

a) Quen fala con quen, e como o sabes? b) A primeira pregunta do  texto,  intenta  realmente obter algunha  información por parte do destinatario? 

Paréceche unha verdadeira pregunta? Como a xustificas? c) Cando dicimos frases como “vostede sabe, desde logo...”, que presupoñemos? Observa o uso desa frase 

neste fragmento: como o xustificas? d) No contexto desta comunicación hai unha serie de diálogos previos, que constitúen o seu intertexto. Cal 

que cres que sería o intertexto desta mensaxe?  

III  Le o seguinte diálogo e a continuación responde as preguntas. 

[Mirando un posto de venda de premios da ONCE]. 

Celia:  Mira, aquí venden o cupón dos cegos. 

Teo:  Oh, así que os cegos compran cupóns aquí. 

a) Entendes a expresión “o cupón dos cegos”? b) Como cres que Teo entendeu o enunciado de Celia? c) Cambia a túa explicación se che digo que Teo é un xaponés de visita en Galicia? d) Que tipo de inferencias ten que facer Teo? e) Busca un exemplo similar e intenta explicarllo a unha persoa doutra cultura.  

IV  Supón que lle tes que explicar este diálogo a unha persoa procedente dunha cultura completamente distinta da túa, onde non se coñece o viño, entre outras cousas. Trata de facer explícito todo o que esa persoa necesita saber para entender este intercambio: 

Xoana:  Outra copiña de viño? Irea:    Vale... Ai, non, non abras unha botella por min. Xoana:  Si ho, por favor... (Abre a botella). Irea:  Acompáñasme, non? Xoana:  Claro. Este é unha baga da zona do Porto. Coñeces esta cepa? 

 V  Le a conversa e responde as preguntas: 

Marta [nun cuarto]: Son brandos! Cristina [noutro cuarto]: Parva! Marta [entrando no cuarto de Cristina]: Ao carallo! 

a) Que cousas ou persoas son “brandos”? b) Quen é “parva”? c) Que significa “ao carallo”? d) Explica que entra en xogo no momento de interpretar estes enunciados.