14
1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os climas e a súa distribu- ción xeográfica 4. Os climas cálidos 5. Os climas temperados 6. Os climas fríos

1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen

1. A atmosfera

2. Elementos e factores do clima

3. Os climas e a súa distribu-ción xeográfica

4. Os climas cálidos

5. Os climas temperados

6. Os climas fríos

Page 2: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen

40

1. A ATMOSFERA A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa

dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen ela sería imposible a vida neste planeta.

O nitróxeno e o osíxeno son os compoñentes básicos da atmosfera.

A atmosfera está formada por unha serie de capas. A que está en contacto coa superficie terrestre é a Troposfera e a máis afastada de nós é a Exosfera.

Na atmosfera teñen lugar numerosos fenómenos, como a humidade, o vento, a temperatura, as precipitacións...

• Asnubes,asnéboaseasprecipitacións(choiva,neve,sara-bia) son os relacionados coa condensación do vapor de auga

• A brisa, o vento, ou os fu-racáns, son os fenómenos provocados polo movemen-to do aire.

• O raio,o lóstregoeo tronoson os fenómenos que se deben á electricidade que hai na atmosfera.

• Oarcodavellaéunefecto óptico que se produce can-do os raios solares atrave-san un lenzo de chuvia.

• Abrumaeoposonfenóme-nos provocados por partícu-las non acuosas que están en suspensión na atmosfera e que producen certa opaci-dade.

As capas da atmosfera.

Page 3: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen

Actividades

41

1. Que é a atmosfera?

A envoltura sólida da capa de gases

A capa líquida da estratosfera

A capa de gases que rodea e protexe a Terra

A parte líquida que rodea a Terra

A capa máis exterior da Exosfera

2. En que capa da atmosfera realizan os voos os avións? E os satélites artificiais? Fíxate no debuxo.

•Os avións na .........................................................................

•Os satélites artificiais na .......................................................

3. Cales son os gases máis abundantes na atmosfera?

Hidróxeno e osíxeno

Ozono e nitróxeno

Nitróxeno e cobre

Nitróxeno e osíxeno

Osíxeno e ozono

4. Como se chama a capa da atmosfera que está en contacto coa superficie terrestre? ...........................................................

..................................................................................................

5. Une con frechas estes fenómenos atmosféricos coa súa causa.

•Furacán •Ovapordeauga

•Raio •Omovementodoaire

•Nube •Aelectricidade

Page 4: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen

42

2. ELEMENTOS E FACTORES DO CLIMA Que diferenzas existen entre tempo e clima?

• Tempo é o estado da atmosfera nun lugar e momento con-creto e determinado. Así, dise que o tempo é seco, chuvioso, ventoso, frío...

• Clima é a sucesión de tipos de tempo atmosférico caracte-rísticos dun lugar e que se poden observar nun período duns 30 anos.

Cales son os elementos do clima? Os elementos do clima son os fenómenos que se poden medir:

• Atemperatura é o grao de calor da atmosfera debido á ra-diación solar. Mídese en graos centígrados mediante os ter-mómetros e represéntase nos mapas coas isotermas ou liñas que unen puntos de igual temperatura. A diferenza en-tre a temperatura máxima e mínima denomínase oscilación térmica.

• Aprecipitación é a caída de auga á superficie terrestre en forma sólida ou líquida. Mídese en mm ou litros por metro ca-drado mediante o pluviómetro e represéntase nos mapas coas isohietas ou liñas que unen puntos de igual precipitación.

• Ahumidade é a cantidade de vapor de auga que contén a atmosfera. Mídese co higrómetro.

• Apresión atmosférica é o peso do aire sobre a superficie te-rrestre.Mídeseenmb(milibares)medianteunbarómetroere-preséntase nos mapas coas isóbaras ou liñas que unen pun-tos de igual presión. As áreas de alta presión, superior a 1015 mb, chámanse anticiclóns e as de baixa presión borrascas ou depresións; nos mapas indícanse coas letras A e B.

• Osventos son masas de aire en movemento, que se orixinan polas diferenzas de presión e que se desprazan desde as al-tas ás baixas presións. O nome dos ventos indican a súa orixe (ventodonorte,dosur...).Mídensecoanemómetroeexpré-sanse en km/hora. O catavento indica a dirección do vento.

Page 5: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen

Actividades

43

6. Queindicanasseguintesexpresións:tempo(T)ouclima(C)?

Anuncian que mañá fará sol todo o día

Durante trinta anos a temperatura media do mes de xaneiro foi de 10o

Hoxe saíu o sol pola mañá

A semana pasada fixo moito frío

En Galicia chove todo o ano, pero máis no inverno

7. Completa este cadro dos elementos do clima.

Elementos do clima Definición Unidade de medida Aparato de medida

8. Une con frechas estes conceptos e a súa definición.

• Liñasqueunenpuntos •Isohietas de igual temperatura

•Liñasqueunenpuntos •Isóbaras de igual humidade

•Liñasqueunenpuntos •Isotermas de igual presión atmosférica

9. Que é a oscilación térmica? .................................................................................................

.................................................................................................

Page 6: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen

44

Os factores do clima son os axentes que modifican os seus elementos. Os factores do clima son:

• Alatitude, que é a distancia ao Ecuador, inflúe fundamen-talmente na temperatura, que será máis elevada canto máis cerca estea un punto do Ecuador.

• Aaltitude, que é a altura sobre o nivel do mar, matiza a temperatura porque cada 1.000 m de altura diminúe 6oC.

• Ainfluencia do mar é un factor climático moi importante. O mar tarda máis tempo en quentar e arrefriar que a terra, por iso suaviza as temperaturas, de xeito que no interior dos continentes sempre fai máis frío ou máis calor que na costa.

• Ascorrentes mariñas son masas de auga dos mares que se desprazan por efecto da rotación terrestre e os ventos. Unhas son cálidas e outras frías, e inflúen no clima das costas que bañan temperando ou arrefriando as tempera-turas.

• Osanticiclóns, que son centros de alta presión, traen tem-po despexado e estable; e as borrascas, que son centros de baixas presións, traen tempo nubrado e inestable.

• Asmasas de aire teñen características propias: as tropicais son cálidas e as de orixe polar son frías. Cando percorren os océanos son húmidas, mentres que se atravesan os continentes son secas.

Page 7: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen

Actividades

45

10. Que efecto producen os factores do clima?

Diminúen os perigos de incendio Modifican os elementos do clima Aumentan as precipitacións Non afectan ao clima

11. Como afecta a latitude nas temperaturas?

Diminúen os perigos de incendio A temperatura é maior canto máis cerca estea o punto do

Ecuador A temperatura é maior canto máis afastado estea do

Ecuador A temperatura non se ve afectada pola latitude A temperatura é menor se o punto está sobre o Ecuador

12. Onde é máis elevada a temperatura: na base ou no cume dunha montaña? Por que? ....................................................... .................................................................................................

13. As zonas costeiras teñen un clima con temperaturas máis suaves que as zonas do interior. Por que? .............................. .................................................................................................

14. Completa este cadro definindo brevemente os factores do clima.

Factores do clima Definición

Latitude

Altitude

Correntes mariñas

Anticiclón

Borrasca

Page 8: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen

46

3. OS CLIMAS E A SÚA DISTRIBUCIÓN Segundo a temperatura, na Terra diferéncianse tres zonas:

• Cálida, a comprendida entre os dous trópicos

• Temperada, entre os trópicos e os círculos polares

• Fría, entre os círculos polares e os polos

Os climas cálidos teñen alta temperatura media anual, superior a 20oC. Segundo sexan as precipitacións, diferéncianse tres variedades:

Ecuatorial Tropical Desértico cálidoTemperatura media anual

Superior aos 25oC Superior aos 20oC Superior aos 25oC

Oscilación térmica

Baixa, inferior aos 3oC

Entre os 3oC e os 10oC

Alta: días calorosos e noites frías

Precipitacións Regulares e abundantes todo o ano, superiores aos 2.000 mm

Unha estación seca e outra, a das chuvias, entre 3 e 7 meses, na que se recollen entre 400 e 1.500 mm

Moi escasas, non superan os 200 mm anuais

Os climas fríos caracterízanse por ter temperaturas moi baixas todo o ano, non superando os 10oC o mes máis cálido. A va-riante máis extrema é o clima po-lar na que, ademais das baixas temperaturas, as precipitacións non superan os 250 mm e caen en forma de neve.

* Para comprender mellor as razóns dos diferentes climas e a súa distribución podes ver estes breves vídeos:

http://www.youtube.com/watch?v=JL82raPWj3Y&feature=player_embeddedhttp://www.kalipedia.com/video/climas-tierra.html?x=20070531klpgeogra_8.Ves

Page 9: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen

Actividades

47

15. Para representar de forma gráfica os dous elementos básicos dos climas –temperatura e precipitacións– realízanse os climogra-mas. As precipitacións de cada mes repre-séntanse en forma de barras e as tempera-turas cunha liña.

Faiunclimogramacosseguintesdatos. (Porse tesdúbidasde como construílo podes ver este vídeo: http://educacion.practicopedia.com/como-elaborar-un-climograma-2617)

MES X F M A M X X A S O N D

TEMP. 26 26 26 26 25 24 23 23 24 24 25 26

PREC. 104 148 250 329 262 255 93 298 657 461 255 64

Temperatura media anual: 25,5oC

Total de precipitacións: 3.176 mm

16. Analiza o climograma que realizaches, se-guindo estas orientacións:

•Como se representan as precipitacións?..............................

•Como son as precipitacións: abundantes ou escasas? Chove todos os meses? ...................................................................

•Como se representan as temperaturas? ..............................

•Como é a temperatura media anual: elevada, moderada ou baixa? ...................................................................................

•Cal é a oscilación térmica? Como é: grande ou pequena? ..

..............................................................................................

•A que tipo de clima pertence: cálido, temperado ou frío? Por que? ......................................................................................

•A que variedade climática pertence? Por que?.....................

..............................................................................................

Page 10: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen

48

Os climas temperados teñen como característica más desta-cable a existencia de catro estacións, definidas polas tempe-raturas e as precipitacións. Existe unha gran diversidade que depende de factores como a latitude, a influencia do mar, a altitude ou a situación no leste ou oeste dos continentes. As principais variedades dos climas temperados son:

Variedades Temperaturas Precipitacións

Mediterráneo Moderadas, os veráns son cáli-dos e os invernos temperados

Escasas, entre 300 e 800 mm anuais, irregulares e caen concen-tradas en primavera e outono

Chinés Altas, os veráns son cálidos, entre 25o e 30oC, e os invernos suaves, non baixan dos 10oC.

Abundantes, poden superar os 1.000 mm anuais e prodúcense sobre todo no verán

Oceánico ou atlántico

Moderadas todo o ano, entre os 20oC do mes máis cálido e os 10oC do mes máis frío

Son regulares e abundantes, su-perando os 800 mm, cun máximo en inverno

Continental Veráns calorosos, superiores aos 20oC de media, e invernos moi fríos, con medias inferio-res aos 0oC

Intermedias, en torno aos 500 mm anuais e danse sobre todo no verán, en forma de choivas torrenciais, e no inverno en forma de neve

Desértico frío Moi baixas en inverno, por debaixo dos 0oC, e moi altas no verán

Irregulares e moi escasas, inferio-res aos 250 mm anuais

Paisaxe de clima oceánico. Paisaxe de clima mediterráneo.

Page 11: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen

Actividades

49

17. Que define as estacións nos climas temperados?

As temperaturas e a humidade As temperaturas e as precipitacións As temperaturas e os ventos As precipitacións e a altitude

18. Completa o seguinte cadro.

MEDITERRÁNEOTemperaturaPrecipitacións

CHINÉSTemperaturaPrecipitacións

OCEÁNICOTemperaturaPrecipitacións

CONTINENTALTemperaturaPrecipitacións

DESÉRTICO FRÍOTemperaturaPrecipitacións

19. Observa os climogramas e indica a que variedade dos climas temperados corresponden:

............................ ............................

...........................

............................

............................

Page 12: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen

50

AutoavaliaciónTema 3

A atmosfera e os fenómenos atmosféricos

Responde a estas cuestións.

1. Relacionaosseguintestermoscoasúadefinición:• clima •capadegasesquerodeaaTerra• atmosfera •sucesióndetiposdetempoatmosférico dun lugar nun período duns 30 anos• higrómetro •sonmasasdeaireenmovemento• vento •aparatoparamedirahumidadedoaire

2. Como se chaman as liñas que unen puntos de igual tempera-tura?

3. Como afecta a latitude nas temperaturas?

A temperatura é maior canto máis cerca estea o punto do Ecuador

A temperatura é maior canto máis lonxe estea do Ecuador A temperatura non se ve afectada pola latitude A temperatura é menor se o punto está sobre o Ecuador

4. Elabora un climograma cos seguintes datos. De que tipo de clima se trata?

MES X F M A M X X A S O N D

TEMP. 26,3 26,6 26,2 26,0 25,7 24,9 23,7 23,6 24,2 24,4 25,5 25,9

PREC. 104 148 250 329 262 255 93 298 657 461 255 64

Temperatura media anual: 25,5oC. Total precipitacións: 3.176 mm

5. Define os seguintes termos: tempo, isóbara, troposfera.

• ...............................................................................................

• ...............................................................................................

• ...............................................................................................

* Neste enderezo atoparás actividades sobre a atmosfera e os climas realizadas no progra-ma interactivo de Hot potatoes: http://ieslamadraza.com/elena/websociales/3eso/clima/clima3.html

Page 13: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen

51

AutoavaliaciónTema 3

A atmosfera e os fenómenos atmosféricos

Para comprobar a túa aprendizaxe, consulta a información do tema e anota o

número de: Acertos Erros

6. Que é a atmosfera?

A envoltura sólida da capa de gases A capa líquida da estratosfera A capa de gases que rodea e protexe a Terra A parte líquida que rodea a Terra

7. Indica algún fenómeno atmosférico no que interveña, comoelemento principal:

•O vapor de auga: .................................................................

•O movemento do aire: ..........................................................

•A electricidade: .....................................................................

8. Queindicanasseguintesexpresións:tempo(T)ouclima(C)?

Anuncian que mañá fará sol todo o día Durante 30 anos a temperatura media de xaneiro foi de 10o Hoxe saíu o sol pola mañá A semana pasada fixo moito frío En Galicia chove todo o ano, pero máis no inverno

9. As zonas costeiras teñen un clima con temperaturas máis sua-ves que as zonas do interior. Por que? ...................................

.................................................................................................

10. Completa este cadro dos elementos do clima.

Elementos Definición Unidade de medida Aparato de medida

Temperatura

Precipitación

Humidade

Presión atmosférica

Page 14: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen