18
MAIO 2017 – MES DAS LETRAS GALEGAS Venres 5 de maio ás 20:30 h. no Museo Ramón M.ª Aller de Lalín 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte Pintor Laxeiro supuxo durante varias edicións un certame de renome para o contexto galego. Ollando os primeiros catálogos, podemos elaborar un mapa bastante rigoroso do que foi a plástica galega dos noventa e de comezos dos dous mil. Dende xeracións coma Atlántica ata os recentemente graduados pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra viron os seus traballos colgados neste museo, así coma unha boa representación de artistas de todo o Estado e de todas partes do mundo. A décimo terceira edición desta cita pasa por reformular moitas das cuestións vividas con anterioridade, tratando de reflexionar acerca do que foi, é e será a nosa plástica. En primeiro lugar, a decisión de poñer en mans dun comisario a dirección, algo que xa ocorrera noutras dúas edicións, reafirma un compromiso coa arte galega, pero establece tamén un punto de ruptura co anterior. Manter unha cita artística baixo un epígrafe coma o de “bienal”, profundamente reformulado a nivel internacional nas últimas décadas, esixe tomar parte dun xeito decidido, sen complexos de inferioridade, asumindo a modestia pero tamén a obriga de dicir algo que poida ser tido en conta no momento no que a historia da nosa arte se reformule. As bienais supoñen orixinalmente un reflexo na arte do que está a pasar no social, no político e dentro do mesmo contexto artístico. Por esa razón, a 13 Bienal de Lalín presenta un formato renovado con respecto ás edicións anteriores, cun tema central que articula a estrutura da mesma e que amplía a outras disciplinas coma o da poesía, o cinema ou o pensamento o seu campo de acción. Nun instante no que a arte galega pretende dun xeito non regulado definir a súa relación co pasado, esta edición da Bienal trata de preguntarse se realmente existe un vínculo entre pasado, presente e futuro e reflexiona acerca de como se suxire esta ollada. Existen figuras que reivindicar dun xeito unánime? Existe a posibilidade de traballar aquí e fora de aquí sentíndose parte dun lugar que se reflicte en como traballan os nosos e as nosas artistas? Ese é basicamente o punto de partida da liña curatorial que quizais se podería resumir en: Como nos afecta a tradición? A exposición central, que se abrirá ao público o vindeiro 5 de maio no Museo Municipal, será o punto de partida de case tres meses de actividades. Inicialmente esa mostra estará composta por vinte artistas convidados que suporán un breve percorrido polo pasado e presente da plástica galega e que presentarán unha serie de traballos históricos coma no caso de Xoán Torres ou Armindo Salgueiro, así como traballos de recente creación de artistas coma Alejandra Pombo, Diego Vites, Lúa Ribeira ou Tamara Feijoo. Ademais, dentro do programa de adquisicións de obra que a Bienal realizou dende os seus comezos, posibilitouse a

13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte

MAIO 2017 – MES DAS LETRAS GALEGAS Venres 5 de maio ás 20:30 h. no Museo Ramón M.ª Aller de Lalín 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO

Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte Pintor Laxeiro supuxo durante varias edicións un certame de renome para o contexto galego. Ollando os primeiros catálogos, podemos elaborar un mapa bastante rigoroso do que foi a plástica galega dos noventa e de comezos dos dous mil. Dende xeracións coma Atlántica ata os recentemente graduados pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra viron os seus traballos colgados neste museo, así coma unha boa representación de artistas de todo o Estado e de todas partes do mundo. A décimo terceira edición desta cita pasa por reformular moitas das cuestións vividas con anterioridade, tratando de reflexionar acerca do que foi, é e será a nosa plástica. En primeiro lugar, a decisión de poñer en mans dun comisario a dirección, algo que xa ocorrera noutras dúas edicións, reafirma un compromiso coa arte galega, pero establece tamén un punto de ruptura co anterior. Manter unha cita artística baixo un epígrafe coma o de “bienal”, profundamente reformulado a nivel internacional nas últimas décadas, esixe tomar parte dun xeito decidido, sen complexos de inferioridade, asumindo a modestia pero tamén a obriga de dicir algo que poida ser tido en conta no momento no que a historia da nosa arte se reformule. As bienais supoñen orixinalmente un reflexo na arte do que está a pasar no social, no político e dentro do mesmo contexto artístico. Por esa razón, a 13 Bienal de Lalín presenta un formato renovado con respecto ás edicións anteriores, cun tema central que articula a estrutura da mesma e que amplía a outras disciplinas coma o da poesía, o cinema ou o pensamento o seu campo de acción. Nun instante no que a arte galega pretende dun xeito non regulado definir a súa relación co pasado, esta edición da Bienal trata de preguntarse se realmente existe un vínculo entre pasado, presente e futuro e reflexiona acerca de como se suxire esta ollada. Existen figuras que reivindicar dun xeito unánime? Existe a posibilidade de traballar aquí e fora de aquí sentíndose parte dun lugar que se reflicte en como traballan os nosos e as nosas artistas? Ese é basicamente o punto de partida da liña curatorial que quizais se podería resumir en: Como nos afecta a tradición? A exposición central, que se abrirá ao público o vindeiro 5 de maio no Museo Municipal, será o punto de

partida de case tres meses de actividades. Inicialmente esa mostra estará composta por vinte artistas convidados que suporán un breve percorrido polo pasado e presente da plástica galega e que presentarán unha serie de traballos históricos coma no caso de Xoán Torres ou Armindo Salgueiro, así como traballos de recente creación de artistas coma Alejandra Pombo, Diego Vites, Lúa Ribeira ou Tamara Feijoo. Ademais, dentro do programa de adquisicións de obra que a Bienal realizou dende os seus comezos, posibilitouse a

Page 2: 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte

realización de dous proxectos específicos propostos ás artistas Emma Crichton e Irene Grau en relación a dous temas claves a nivel local e nacional como son o estado actual do legado de Antonio Taboada Ferradás “Wily” e o conflito que dende hai anos manteñen os veciños de Lalín coa compañía eléctrica Gas Natural – Fenosa para evitar a tala do souto de Casas Vellas. O resultado destas dúas investigacións poderá verse dentro da mostra do Museo Municipal e entrarán a formar parte da colección do Concello de Lalín. Como figura destacada da Bienal, tendo en conta a importancia dentro do debate proposto, haberá unha selección de traballos en fotografía de Emilio Araúxo e unha importante doazón de material bibliográfico publicado ao longo dos últimos anos pola súa editora Amastra-N-Gallar. Emilio Araúxo é na actualidade unha das voces máis importantes da antropoloxía a nivel internacional, tendo no paulatino abandono do rural e na morte dese xeito de vida unha das súas liñas de investigación máis fortes. Desa maneira, a figura destacada desta edición é, ademais do propio Araúxo, ese grupo de persoas xa mortas ou moi envellecidas que nas últimas décadas compartiron con el unha sabedoría condenada a desaparecer. Trala clausura da Bienal, o material doado por Emilio Araúxo entrará a formar parte do arquivo da Biblioteca Municipal e será de libre consulta. Este feito constata a necesidade de non illar a Bienal, permitindo que o que nela suceda teña o seu eco na posterioridade. Máis alá da exposición central, desenvolveranse outras liñas que contarán con programas específicos no campo do pensamento e o debate, dentro do cal se desenvolverán nos días 2, 9 e 16 de xuño tres palestras que reunirán no Salón de Actos da Biblioteca Municipal a diferentes figuras de recoñecido prestixio na cultura galega e estatal que debaterán a propósito das cuestións que propón a Bienal. O 24 de xuño, como acto central da sección dedicada á poesía, terá lugar unha lectura que reunirá en Lalín ás e aos poetas Xoán Carlos Rodríguez, Estíbaliz Espinosa, Carlos Negro, Ana Romaní, Oriana Méndez, Antón Blanco e Alfonso Traficante, que representan novamente esa conexión do pasado, presente e futuro da nosa poesía. Para pechar esta edición da bienal, os días 7, 8 e 14 de xullo terá lugar o programa de cinema, elaborado polo Cineclube de Compostela e no que se vai presentar unha ollada arredor do cinema en Galiza, dende figuras coma Carlos Velo, Eugenio Granell ou Rogelio Amigo pasando polos traballos documentais de Lloreç Soler, A Carón ou a OTTS (Organización de Traballadoras e Traballadores do Salnés) ata creadores e creadoras que traballan na actualidade como é o caso de Oliver Laxe, María Ruido, Javier Codesal, Alberte Pagán ou David Castro. A inserción no programa central da Bienal de realidades coma a da poesía ou o cinema responde a un interese pola convivencia de disciplinas, evitando pecharse na plástica, formulando un paulatino achegamento que se poderá reforzar nun futuro con outro tipo de actividades específicas que reúnan baixo o mesmo paraugas a creadores e creadoras destes diferentes campos. Como clausura desta edición, presentarase o catálogo que contará non só coa habitual selección de traballos mostrados na exposición, senón tamén unha selección de materiais relativos a tódalas actividades realizadas nos case tres meses que vai durar, así coma unha selección de textos históricos que supoñen un material de incalculable valor para o estudio da arte no noso país.

Angel Calvo (Comisario) PROGRAMA XERAL EXPOSICIÓN CENTRAL Inauguración: 5 de maio ás 20:30 Lugar: Museo Municipal de Lalín ARTISTAS: Emilio Araúxo, Misha Bies Golas, Emma Crichton, Manuel Eirís, Tamara Feijoo, Christian García Bello, Irene Grau, Rubén Grilo, Carlos Maciá, Álvaro Negro, Carme Nogueira, Kiko Pérez, Alejandra Pombo, Bandia Ribeira, Lua Ribeira, Rodríguez-Méndez, Armindo Salgueiro, Diego Santomé, Xoan Torres, Damián Ucieda e Diego Vites.

Page 3: 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte

MESAS REDONDAS Datas: 2, 9 e 16 de xuño ás 19:00 Lugar: Salón de Actos da Biblioteca Municipal de Lalín 2 DE XUÑO | 19:00 “A PLÁSTICA AQUÍ, NO LUGAR DA IMPOSIBILIDADE”. AGAR LEDO (Responsable de exposicións do MARCO de Vigo) MIGUEL ANXO RODRÍGUEZ (Profesor de Historia da Arte na USC) MANOLO FIGUEIRAS (Artista plástico e historiador) 9 DE XUÑO | 19:00 “A ACCIÓN LOCAL. TESTEMUÑAS DA SAÚDE E DA ENFERMIDADE”. XOSÉ LOIS GUTIÉRREZ FAÍLDE (Profesor de Historia da Arte, fotógrafo e teórico) CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN (Poeta e contacontos) INACIO VILARIÑO (Titiriteiro) 16 DE XUÑO | 19:00 “PROCESOS E PROCEDEMENTOS. UNHA POSTA EN COMÚN DENDE AS TRES FRONTES DA 13 BIENAL”. CARME NOGUEIRA (Investigadora e artista multidisciplinar) ANTÓN LOPO (Poeta, xornalista e editor) ALBERTE PAGÁN (Escritor e cineasta)

------------------------- SECCIÓN POESÍA LECTURA DE POESÍA DESBOCADA Data: 24 de xuño ás 19:00 Lugar: Salón de Actos da Biblioteca Municipal de Lalín CARLOS NEGRO ESTÍBALIZ ESPINOSA ANA ROMANÍ **** XOÁN CARLOS RODRÍGUEZ ORIANA MÉNDEZ ANTÓN BLANCO e ALFONSO TRAFICANTE

-------------------------

Page 4: 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte

SECCIÓN CINEMA PROGRAMA: CINECLUBE DE COMPOSTELA COLABORA: CGAI, Fundación Eugenio Granell e as/os autores/as DATAS: 7, 8 e 14 de xullo ás 19:00 LUGAR: Salón de Actos da Biblioteca Municipal de Lalín SESIÓN 1 | VENRES 7 DE XULLO | 19:00 Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo. Ramiro Ledo, Pablo Cayuela e Margarita Ledo. 2011. -- El Andamio. Rogelio Amigo. 1958. -- Eugenio Granell. Filmes experimentais e surrealistas: Invierno (1960), Lluvia (1961), Dibujo (1961), Trompos (1961), Middlebury (1962) e Película hecha en casa con pelota y muñeca (1962) SESIÓN 2 | SÁBADO 8 DE XULLO | 19:00 Gitanos sin romancero, Llorenç Soler, 1976. -- Conxo, una experiencia, A Carón, 1976. -- 31 de agosto de 1989. Peche na fábrica de Odosa, OTTS (Organización de Traballadoras e Traballadores do Salnés), 1989. SESIÓN 3 | VENRES 14 DE XULLO | 19:00 O milagre da carne, Javier Codesal, 1994. -- La memoria interior, María Ruido, 2002. -- Como foi o conto?, Alberte Pagán, 2004. -- París #1, Oliver Laxe, 2008. -- Mougás, David Castro, 2009. Concello de Lalín (Concellería de Cultura) Xunta de Galicia Deputación de Pontevedra

Page 5: 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte

Sábado 6 de maio ás 20:30 no Salón Teatro de Lalín ACTIVIDADES CULTURAIS A CARÓN DO COCIDO

Banda de Lalín Directora: Isabel María Rubio Molina Solista: Xocas Meixide

“THE WIND FACTOR” concerto para clarinete baixo e banda (2010) Nani García (1955) I.- Andante

II.- Maneo III.- Presto Artabria e o vento sempre foron xuntos da man desde o principio dos tempos. O mar e o vento son recurrencias xemias das que se bota man a cotío cando falamos deste país. O vento imprime caracter, disque. Conforma tolemias e une pobos no foro libre dos arrecendos. Todo isto tócanos de cerca. Tócanos e nós tamén tocamos. O vento e unha grande afección en Galicia. Sempre houbo moitas bandas de música que enxoiaban as horas de ledicia nas nosas vilas. Afección habíaa máis que ningunha outra p arte. Fomos e seguimos sendo numerosos nesta habilidade artística. Pero agora somos mellores que nunca. A cantidade transformouse en calidade por arte Hegeliano-dialéctica de birli-birloque. E é que a día de hoxe temos posibilidades, recur sos, medios que secularmente nos foron negados. Agora os nosos músicos de vento son reclamados e apreciados en todas as orquestras do mundo. Pero o vento tamén enfría e trae choivas, limpa e contamina. Tira muros e arrasa cidades. Afunde barcos e enche velas. Todo isto faino o vento. Mais primeiro foi o vento e logo vimos nós e convertémolo en continxencia. Esta éa miña homenaxe aos músicos vento de Galicia persoalizados na figura de Xocas Meijide.

Nani García

Page 6: 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte
Page 7: 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte

Sábado 6 de maio ás 20:30 no Salón Teatro de Lalín

Banda de Lalín Directora: Isabel María Rubio Molina

Concerto de Solistas Programa PARTE I

• The Wind Factor, Nani Garc ía Concerto para clarinete baixo e orquestra de vento Clarinete baixo solista: Xocas Meijide

PARTE II • Virtuoso, André Waignein

Concerto para clarinete e banda Clarinete solista: Marta Romero Montouto

• Concerto para trompeta, Alexande r Arutunian Trompeta solista: José Mª Golmar Fondevila

• Saxpack, Otto M. Schwartz Saxofón alto/tenor solista: Javier Carballude Iturburúa

• Spothlights, Thomas Doss para cuarteto de saxofóns e banda Cuarteto de saxofóns: Eunide Quartet

Marta Romero Montouto Nace en Lalín (Pontevedra) e comeza os seus estudos musicais á corta idade de 9 anos co mestre Xocas Meijide no Conservatorio de Música Profesional de dicho concello, onde máis tarde continuará os seus estudios co mestre Marcel Van Bree. No 2013 licénciase en clarinete no Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Realizou cursos de técnica e interpretación con profesores como: Juan Ferrer, Michael Carulli, Lars Wouters, Vicente Alberota, Walter Boikens, etc… Desde o ano 1994 é membro da Banda de Lalín e ademais ao longo da súa carreira formou parte como integrante ou colaboradora en formacións de todo tipo, tanto de música de cámara, como no campo sinfónico, nas que cabe destacar: Banda Sinfónica do Deza, Banda Municipal de Pontevedra, Orquestra de Cámara de Lalín e Banda Municipal de A Coruña. Traballou con directores da talla de Johann de Meij, Henrie Adams, Marcel van Bree, Sef Pijpers, Bram Sniekers, Juan Miguel Romero, Juan Lois Diéguez, Andrés Valero Castells, etc… Actualmente é profesora de clarinete no Conservatorio de Música do colexio Liceo La Paz en A Coruña . José María Golmar Fondevila

Page 8: 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte

Nado en Lalín no 1981, comezou os seus estudos con 7 anos de idade sendo o seu primeiro mestre Álvaro López, quen acadou esa difícil tarefa que é que un rapaz se apixoe por ser músico a´si como sentar unhas bases músicos fortes e sólidas. Proseguiu os seus estudos musicais no CMUS Profesional de Lalín ata que con 15 anos decide deixalos para continuar por outros derroteiros da vida. Porén, nunca deixou de estudar e seguiu a súa formación con mestres da talla de Benjamín Moreno (solista da ORTVE), Marcos Fernández (trompetista da Banda Municipal de A Coruña) ou Juan Lois (trompetista da Banda Municipal de Santiago, prestixioso director galego e compositor). Aínda alonxado dos estudos oficiais sempre sentiu a necesidade de sentirse mellor trompetista cada día. É membro da Banda de Lalín desde o ano 1992, coincidindo coa chegada de Marcel van Bree á dirección da mesma e desde entón permanece ininterronpidamente nela ata a actualidade adicando a súa vida musical en exclusividade a esta formación. Ao longo da súa traxectoria actuou con directores coma Marcel van Bree, Johan de Meij, Henrie Adams, Ferrer Ferrán, Douglas Bostock, Juan Miguel Romero ou Juan Lois, entre outros e actuou con solistas de gran prestixioso internacional entre os que destacan Fritz Damrow, David Childs, Ana Lains, Enrique Tellería, Jörgen van Rijen ou María José Rielo. Asimesmo participou activamente en multitude de certames nos que a Banda de Lalín acadou importantes recoñecementos a nivel internacional así como na gravación de 6 discos. Javier Carballude Iturburua Nado en Elizondo (Navarra) no ano 1995, transládase no 1998 a Lalín donde reside na actualidade. A idade de 5 anos comeza os seus estudos musicais na Escola da Banda de Lalín. Recibe clases de saxofón da man de Juan Carlos Mazás Sanmartín durante toda a súa etapa no conservatorio de Lalín. Foi membro da banda xuveníl de Lalín, baixo a batuta primeiro de Manuel Costa, despois de Jose Luís Taboada Areán e por último de Santiago Mella García. Actualmente cursa terceiro curso do grao superior de música no Conservatorio Superior de música de A Coruña con Narciso Pillo Guerreiro. É membro activo da Banda de Lalín desde o ano 2007. Asistiu a cursos de saxofón da mán de Narciso Pillo, Marcus Weiss... ademáis de outros no eido doutras especialidades: dirección (con Bram Sniekers, Isabel María Rubio Molina...) ou de Jazz (con Gé Titulaer). Participou no III Encontro Sinfónico Musical “Vila de Meaño” dirixido polo mestre D. José Rafael Pascual-Vilaplana, no VIII Certame de Xoves Intérpretes Solistas “José Valcárcel”, entre outros numerosos certames e festivais bandísticos. Como membro da Banda de Lalín é dirixido por personaxes de renombre tales como: Isabel María Rubio Molina, Bram Sniekers, Henry Adams, Johan de Meij, Marcel van Bree, José Rafael Pascual-Vilaplana, David Fiuza, Carlos Esteve Domenech...entre outros. Ademáis participa na grabación de 4 CD´s. Eunice Quartet Eunice Quartet é unha agrupación camerística formada por 4 rapaces saxofonistas que coinciden no conservatorio superior de música da Coruña no ano 2016. A súa gran amizade e o interese en facer algo en conxunto tivo como resultado este proxecto. Apoiados polos seus mestres en dito conservatorio, na súa curta traxectoria, esta formación xa desenrolou concertos dunha gran variedade, desde académicos ata mesmo amenizar distintos eventos, polo que conta cun amplio repertorio. Así mesmo, tamén é de destacar o seu paso por distintos cursos con profesores nacionais e internacionais. Membros:

• Diego Agra Barreiro/ Saxo Alto • Moisés Barreiro Turnes/ Saxo Barítono • Javier Carballude Iturburua/ Saxo Tenor • Víctor García Rodríguez/ Saxo Soprano

Xocas Meijide Nacido en Lalín, estudou principalmente con Orentino Sueiro, Joan Enric Lluna, José Luís Estellés, Nancy Braytwaite e Henri Bok. É licenciado superior en clarinete pola Guidhall School of Music and Drama of London e polo Rotterdam Conservatorium, máster en interpretación en clarinete pola Universidade da Coruña e posúe cadanseu posgrao en clarinete e en clarinete baixo polo Rotterdam Conservatorium (CODARTS). Como solista de ambos os dous instrumentos está considerado como un

Page 9: 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte

dos mellores solistas galegos e gañou varios concursos a nivel internacional como o Concurso Internacional do Forum de Música de Barcelona, o primeiro premio de xurado e público no Concurso de Música de Cámara de Link (Tilburg, Holanda) e o primeiro premio no Henri Selmer Bass Clarinet Competion (Holanda). Na súa xuventude foi seleccionado para participar no Ciclo de Novos Intérpretes da Fundación Barrié e coa Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e, xa no ámbito profesional, colaborou coa Orquestra de Cámara de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia e Real Filharmonía de Galicia. Tocou como solista coa Sinfónica de Galicia, Orquestra de Cámara de Galicia e, en numerosas ocasións, coa Banda Municipal da Coruña e nos principais festivais galegos, Cameralia, Festival Internacional de Música de Galicia, Imaxinasons etc. Ten actuado no Auditorio Nacional (Madrid) e La Pedrera (Barcelona) e en países como Cuba, Arxentina, Francia, Portugal, Bélxica, Holanda, China etc. A súa discografía inclúe gravacións como Doubles (Xingra.com), Windsongs (Vienna Modern Masters, con música de D. Loeb para dous clarinetes baixos e para clarinete e clarinete baixo xunto ao prestixioso solista Henri Bok e a Banda Municipal da Coruña), A Berenguela (Xingra.com, un conto de Manuel María musicado por Nani García interpretado polo cuarteto Xeríon e María Inés Cuadrado), 8 Pezas Europeas (Ézaro Ediciones, libro-disco con novela de Quinito Mourelle e música de Roberto Somoza interpretadas pola Orquestra Voland) e The Wind Factor (Xingra.com, concerto para clarinete baixo solista e banda composta por Nani García). Apaixonado da música contemporánea e da música de cámara compaxina o seu traballo de clarinete baixo na Banda Municipal da Coruña coa súa faceta de concertista cos proxectos manOcas ensamble (plataforma de linguaxes sonoras electroacústicas para clarinetes, percusión, poesía e electrónica formado por Xocas, Javier Ferreiro e Celso Fernández Sanmartín), Orquestra Voland, Vertixe Sonora, Orquestra de Jazz de Galicia, Axente das palabras (espectáculo poético-musical de María Inés Cuadrado con clarinetes), 8 Sons (proxecto de cadros sonoros) etc. Concello de Lalín (Concellería de Cultura) Deputación de Pontevedra Banda de Lalín Domingo 7 de maio ás 19:30 no Salón Teatro de Lalín

monólogos R

Page 10: 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte

Entradas de balde ata completar aforo Retirada de convites na tenda R Rúa González Taboada 46 - Lalín

Concello de Lalín (Concellería de Cultura) R Mércores 10 de maio ás 10:00 e 12:00 no Salón Teatro de Lalín Redrum Teatro A Nena Que Quería Navegar

Page 11: 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte

Autores: Alex Sampayo e Borja F. Caamaño Dirección: Alex Sampayo Elenco: Laura Míguez Guillermo Carbajo Carlos Álvarez-Ossorio A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos. A Nena que Quería Navegar é un proxecto destinado a un público familiar, principalmente infantil de entre seis e doce anos. Nel tratamos un tema que nos preocupa e desacouga a partes iguais, e que tristemente cada pouco acapara as portadas de todos os xornais. Este tema é o acoso escolar, tamén coñecido co termo anglosaxón “bullying”. Diversos estudos afirman que máis dun 30% de alumnos e alumnas dos diferentes ciclos de ensinanza sufriron algún tipo de acoso, e entre o 5% e o 10% padeceron acoso escolar grave con consecuencias psicolóxicas para as vítimas. Son sen dúbida unhas cifras moi preocupantes. Este é un problema social ao que non lle debemos dar as costas e do que todos e todas somos responsables. Traballar coa idea do reforzo positivo é unha das claves para previr o acoso escolar. Só un rapaz forte e cunha alta autoestima é quen de facer fronte ao acoso. Queremos que os nosos pequenos espectadores saian fortalecidos despois de asistir á representación de A Nena que Quería Navegar e teñan ferramentas para previlo. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, impulsivo, reflexivo, festivo e no que mesturamos varias disciplinas artísticas como o teatro de monicreques, o teatro de obxectos, as proxeccións, o teatro de sombras, música en directo e coreografías.

Concello de Lalín (Concellería de Cultura) Redrum Teatro Sábado 13 de maio ás 11:30 na Biblioteca “Varela Jácome” de Lalín

Page 12: 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte

Sole Felloza "Unha viaxe ao mundo de Carlos Casares" O mundo Casares ten galiñas azuis, laranxas máxicas, galos especiais, polbos que percorren as rías no alto dunha dorna, cartas viaxeiras, bicicletas valentes. A traves das historias percorreremos un universo creado a partir de feitos cotiás, que se volven máxicos nun intre. A actividade, de balde ata completar aforo, dura 55 minutos e é para nenos/as de 4 a 11 anos. O programa Ler conta moito da Secretaría Xeral de Cultura ten como obxectivo principal animar á lectura a través do desenvolvemento de accións atractivas vinculadas aos intereses dos distintos colectivos, que faciliten o achegamento a ese mundo completo que poden atopar nos espazos bibliotecarios, tanto a través dos libros como a través dos materiais audiovisuais e informativos. Biografía por Sole Felloza Nací a orillas de un río que en lengua guaraní quiere decir de pájaros pintados, Uruguay. Las madreselvas aroman mi infancia y cobijan mis amores primeros. Las calles anchas de tierra esconden las primeras letras que garabateé y bajo el arenero de la plaza Bella Vista enterré un día mis miradas torcidas y me fui por el mundo a contar mis mentiras mas verdaderas. Haciendo cuentas, me deben de quedar por vivir 54 años, aunque preferiría que fueran 68 o 72. Así y todo, algunas cosas tengo hechas. Algunas que me llenan de orgullo, otras que si fuera más clarita de piel, me sonrojarían. He actuado y contado cuentos en Festivales de Uruguay, Argentina, Chile, Bolivia, Venezuela, Cuba, Argelia, Perú, Francia, Italia,Portugal, Holanda. He contado cuentos en toda España, menos en Cantabria. Me enamoro cada vez que me subo al escenario y sufro cuando bajo. Aun no he contado el mejor cuento, pero si siento que me acerco, ese día cogeré mi Nikon y me quedaré en Corrubedo o Cabo Polonio para siempre. Mientras tanto, aquí voy, esta soy o intento ser. Concello de Lalín (Concellería de Cultura) Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística>) Venres 19 de maio ás 21:30 horas no Salón Teatro

A CABEZA DO DRAGÓN de Valle-Inclán o novo espectáculo de Excéntricas Dramaturxia e Dirección: Quico Cadaval

Page 13: 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte

Elenco: Ana San Martín Iván Marcos Víctor Mosqueira Patricia Vázquez Josito Porto Quico Cadaval Yelena Molina Marcos Orsi

"A Cabeza do Dragón” foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha coleción de farsas que, titulou, irónicamente, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamen na nosa, a cultura europea. Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido o rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstruo se queren salvar as vidas e as facendas do reino. Mascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita o impostor, e aqui é onde traballa o Duende, que leva toda a historia a cuidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a libertade. Esta fabula, que é do dominio público, está brillantemente manipulado polo autor. Valle-Inclán introduce elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso... A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que continúan de actualidade. Valle-Inclán, coas oportunas manipulacións, leva a fábula ao grotesco contemporáneo que él creou: o esperpento. Entre a magnética influencia do Xapón e a potente tradición da farsa europea, chea de máscaras e de acrobáticos combates, móvese esta primeira versión galega de “A Cabeza do Dragón” no 80 aniversario da morte de Valle-Inclán.

ANA SAN MARTÍN Mar i Cel de Dagoll Dagom (2014) Da Vinci Tiña Razón de Excéntricas (2013) Galicia Canibal de Filmanova Invest (2012) Blancanieves Boulevard de Jana Producciones (2011) Ant Farm de SDI Media Spain (2011) Rent de Simón Producciones (2011) Los Miserables de Stage Entertainment (2010)

Page 14: 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte

High School Musical de Stage Entertainment (2008)

IVÁN MARCOS A Tempestade de Voadora (2014) Pazo de Familia de José Besteiro (2014 – 2015) Televisión Las Altas Presiones de Angel Santos Touza (2013) Cinema Eurozone de Chévere (2013) Galicia Canibal de Filmanova Invest (2013) Invasor de Daniel Calparsoro (2012) Cinema Todo es Silencio de José Luis Cuerda (2012) Cinema Citizen Total de Chévere (2011)

VÍCTOR MOSQUEIRA Casa Manola de Filmanova (2015 – 2016) Televisión Mofa & Befa (1992 – 2016) Mellor Actor Secundario por Finimundi Circus Os amores de Jacques o fatalista de Excéntricas (2016) Galicia Canibal de Filamnova Invest (2013) María Casares Mellor Actor Secundario A Ópera das 3 Reas de Centro Dramático Galego (2011) Un Cranio Furado de Excéntricas (2010) Obra de Excéntricas (2008) María Casares Mellor Actor Protagonista Noite de Reis de Centro Dramático Galego (2007)

PATRICIA VÁZQUEZ Augasquentes de Ficción Produccións (2016) Televisión Era Visto de Producciones Zopilote (2010 – 2016) Televisión Os Fenómenos de Alfonso Zarauza (2012) Cinema Padre Casares de Voz Audiovisual (2007 – 2015) Television O O Ano da Cometa de Centro Dramático Galego (2004) Memoria de Antígona de Centro Dramático Galego (1998) Como en Irlanda de Centro Dramático Galego (1996) Yerma de Centro Dramático Galego (1990)

MARCOS ORSI Os Amores de Jacques o Fatalista de Excéntricas (2016) Matalobos de Voz Audiovisual (2010 – 2011) Televisión A Ópera dos tres réas de Centro Dramático Galego (2011) Noite de Reis de Centro Dramático Galego (2007) A miña sogra e mais eu de Voz Audiovisual (2005) Televisión Rias Baixas de Zenit Televisión (2001 – 2004) Televisión Commedia, un Xoguete para Goldini (1993) de Ollomol Tranvía

Premio Compostela de Teatro ó Mellor Actor Protagonista QUICO CADAVAL Premio da Cultura Galega 2011 Bobas & Galegas de Excéntricas (2014) A Ópera das 3 Reas de Centro Dramático Galego (2011) Shakespeare para Ignorantes (2009) Premio Max Mellor Texto Orixinal en

Page 15: 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte

Galego Noite de Reis de Centro Dramático Galego (2207) María Casares á Mellor Dirección O Ano da Cometa de Centro Dramático Galego (2004) María Casares Mellor Texto As Dunas de Centro Dramático Galego (2001) Espantoso de Mohicania (2001) María Casares Mellor Texto Días sen Gloria de Teatro do Aquí (1993)

JOSITO PORTO Fontealba de Televisión de Galicia (2016) Televisión Ensaio sobre a ceguera de Sarabela Teatro (2014) As Mil Vidas de Matías Houseman de Teatro do Adro (2013) María Casares Mellor Actor Protagonista O Florido Pensil de Eme2 (2011) Libro de Familia de Televisión de Galicia (2009) Televisión Sexismunda de Sarabela Teatro (2001) María Casares Mellor Actor Secundario Nano de Teatro do Adro (1997 María Casares Mellor Actor Protagonista Pratos Combinados de Televisión de Galicia (1995 – 2006)

YELENA MOLINA Diante do Espello de Uttópico teatro (2013) Personal Movie de Hector Carré (2012) Cinema Matalobos de Voz Audiovisual (2012) Televisión El Malentendido de La Guerrilla del Golem (2008) Cuando yo era un pequeño pez de La Guerrilla del Golem (2008) Mellor Interpretación Femenina Festival Máscara de Caoba Las Penas Saben Nadar de Palenque Teatro (2007) Mellor Actuación Femenina no V Certamen de Monólogos y Unipersonales de Holguín Óleo sobre Tela de José Armando Estrada (2007) Curtametraxe Mellor Actuación Femenina no Festival de Invierno de Santa

Clara. Wemilere para Edipo de Palenque Teatro (2006) Entrada 5 euros Estudiantes 3 euros Concello de Lalín – Concellería de Cultural Xunta de Galicia – AGADIC (Rede Galega de Teatros e Auditorios) Sábado 20 de maio ás 18:00 horas na Praza da Vila

Page 16: 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte

SERÁN DAS LETRAS GALEGAS

O SERÁN DAS LETRAS GALEGAS creado pola Concellería de Cultura do Concello de Lalín, nace como colofón á semana das Letras Galegas e coa intención de que perdure no tempo. Neste primeiro ano, aproveitaremos para homenaxear ás Pandereteiras de Zobra que tanto ben fixeron polas cantigas populares Programa: Presenta: Celso Fernández Sanmartín Pandereteiras AILOLA de Lalín Pandereteiras dos TRASNOS de Doade – Lalín Pandereteiras da CARBALLEIRA de Cercio – Lalín Homenaxe Pandereteiras de ZOBRA Pandereteiras PONTE DA PRATA de Botos – Lalín Pandereteiras dos DEZAS de Moneixas – Lalín Pandereteiras AS MARUXEIRAS de Vilatuxe – Lalín Ao remate foliada libre Concello de Lalín (Concellería de Cultura) Deputación de Pontevedra Venres 26 de maio ás 21:30 hs no Salón Teatro de Lalín

Page 17: 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte

"OS CURTACONTOS DA ESMUTELÍN” Función a beneficio de “O MENCER” de Lalín

Proxección audiovisual. Son contos ilustrados por alumnas e alumnos da Esmutelín e narrados coas súas propias voces con idades comprendidas entre os 3 e os 47 anos de idade. Contos de temática libre cheos de maxia e creatividade conforman este audiovisual único cheo de sorpresas, tenrura, fantasía e emoción. Cunha duración aproximada de 60 minutos. Convidados e convidadas tódolos alumnos e alumnas que participaron nesta terceira edición dos Curtacontos, os seus familiares e colaboradores, amigos e exalumnos e exalumnas da Esmutelín para compartir lembranzas e experiencias desta actividade cultural e teatral que, durante estas 19 tempadas, a

Escola Municipal de Teatro de Lalín realizou dun xeito ameno, libre, creativo e participativo.

A entrada será de balde pero agradécese calquera aportación agarimosa e desinteresada de tódolos asistentes e convidados. O Mencer require: Bebés: Alimentos infantís, cueiros, toalliñas, etc. Hixiene persoal: Pasta dental, cepillos dentais, xeles de ducha, champús, esponxas, etc. Leite, azucre, cacao, etc Alimentos non perecedoiros Colabora Edicións Fervenza, coa venda dos libros editados da Esmutelín da serie A Pinguela Concello de Lalín (Concellería de Cultura) Sábado 27 de maio ás 20:30 hs no Salón Teatro de Lalín

Page 18: 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIROlalin.gal/files/PDF/PRCULTURALMAIO.pdf · 13 BIENAL de LALÍN PINTOR LAXEIRO Celebrada dende 1993 no Museo Municipal de Lalín, a Bienal de arte

K H I T A R A

Tras a xira “Khitara: unha viaxe íntima pola historia do rock”, a formación volve ao directo presentando o seu novo Ep homónimo, no que a fusión entre a música clásica e o rock adéntranos nun universo sonoro sen precedentes. Khitara é unha agrupación formada por dúas guitarras clásicas, dúas eléctricas, un caixón flamenco e unha voz solista. No directo, ademais dos temas do EP compostos por Jose Carballido, a banda revisa grandes clásicos dalgunhas das máis importantes bandas de rock da historia (Deep Purple, Led Zeppelin, Queen, Scorpions, Boston…) adaptándoos á súa curiosa formación. O resultado é unha sonoridade única e moi interesante que combina a dozura das guitarras clásicas coa forza das eléctricas de tal xeito que os temas interpretados acaban converténdose en novas obras. A formación que acompaña a Carballido (voz e guitarra eléctrica) é unha escolma dalgúns dos mellores músicos da nosa Comunidade: Mónica Pita e Xosé Antonio Rodríguez ás guitarras clásicas, Daniel Añón á eléctrica e Diego Lestón ao caixón flamenco e instrumentos de pequena percusión. A especial sonoridade do quinteto fai que Khitara sexa un espectáculo musical recomendado para toda clase de públicos Concello de Lalín (Concellería de Cultura) Khitara