2
Á MESA DO PARLAMENTO O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa da súa deputada Consuelo Martínez García e a través do seu portavoz Xosé Manuel Beiras Torrado, ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno. As Oficinas Centrais de Navantia están en Madrid inda que os seus centros de traballo se reparten por toda a costa española. En Madrid traballa un número significativo de profesionais ao servizo da compañía, cunha alta porcentaxe de titulados superiores, o 75%”. O centralismo exacerbado do estado español parece non darse conta que España é unha península separada dos principais mercados por unha cordilleira con cotas próximas aos 4.000 metros e ignora a importancia de ter unha potente industria naval e do comercio marítimo. Con preto de 5.000 quilómetros de costas, tan só nas provincias peninsulares, mira de costas ao mar e só se achega a elas para invadilas con moles de cemento para a construción de megahoteis na mesma praia ou empresas contaminantes que acaban coa súa biodiversidade, como é o caso de ENCE en Pontevedra. Neste intre no que a capital peninsular del sector, Ferrol, agoniza, unha decisión responsable sería trasladar a esta cidade galega a sede central de Navantia, dende onde se coordinaría e dirixiría tamén os centros produtivos en Cádiz e Cartaxena. Madrid non é unha cidade marítima, polo que non ten sentido algún centralizar alí empresas como Navantia, ou entes como Portos do Estado. Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar da AGE apresenta a seguinte Proposición non de lei en Pleno:

2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), a

iniciativa da súa deputada Consuelo Martínez García e a través do seu

portavoz Xosé Manuel Beiras Torrado, ao abeiro do disposto no artigo 160 do

Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o

seu debate en Pleno.

As Oficinas Centrais de Navantia están en Madrid inda que os seus centros de

traballo se reparten por toda a costa española. En Madrid traballa un número

significativo de profesionais ao servizo da compañía, cunha alta porcentaxe de

titulados superiores, o 75%”.

O centralismo exacerbado do estado español parece non darse conta que

España é unha península separada dos principais mercados por unha

cordilleira con cotas próximas aos 4.000 metros e ignora a importancia de ter

unha potente industria naval e do comercio marítimo. Con preto de 5.000

quilómetros de costas, tan só nas provincias peninsulares, mira de costas ao

mar e só se achega a elas para invadilas con moles de cemento para a

construción de megahoteis na mesma praia ou empresas contaminantes que

acaban coa súa biodiversidade, como é o caso de ENCE en Pontevedra.

Neste intre no que a capital peninsular del sector, Ferrol, agoniza, unha

decisión responsable sería trasladar a esta cidade galega a sede central de

Navantia, dende onde se coordinaría e dirixiría tamén os centros produtivos en

Cádiz e Cartaxena. Madrid non é unha cidade marítima, polo que non ten

sentido algún centralizar alí empresas como Navantia, ou entes como Portos

do Estado.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar da AGE apresenta a seguinte

Proposición non de lei en Pleno:

Page 2: 2013 09-20 pnp traslado oficinas centrais navanatia a ferrol 090012588 (1)

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a iniciar as accións

oportunas ante o Goberno do Estado para reclamar o traslado das Oficinas

Centrais de Navantia dende o seu emprazamento actual en Madrid a unha

nova sede na cidade de Ferrol”

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2013.

Asdo.: Consuelo Martínez García

Deputada do G.P. da AGE.

Xosé M. Beiras Torrado

Portavoz do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 18/09/2013 17:33:04

María Consuelo Martínez García na data 18/09/2013 17:33:09