3
Á MESA DO PARLAMENTO O Grupo Parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa dos seus deputados, Ramón Vázquez Díaz e Xabier Ron Fernández, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara do Parlamento de Galicia, presenta a seguinte Proposición non de Lei, para o seu debate en Comisión, relativa ás actuacións que necesariamente debe acometer o Goberno da Xunta de Galicia dirixidas a dotar de profesorado de apoio aos centros CEIP Manuel Masdías, CEIP San Xoán de Filgueira e CEIP Recimil de Ferrol. A comarca de Ferrol está a notar de xeito especialmente cruento a crise económica, acadando unha cifras de paro superiores ao 30%, moi por riba da xa de por si elevada taxa de Galicia e do conxunto do Estado. Os colexios públicos de Ferrol, Manuel Masdías, San Xoán de Filgueira e Recimil, teñen entre os seus aspectos diferenciadores posuír unha importante diversidade de alumnado. Un aspecto enriquecedor que ten favorecido a posta en marcha de programas educativos innovadores e de vangarda que mesmo teñen acadado recoñecementos tan importantes como o CEIP San Xoán de Filgueira, finalista nacional do Premio Acción Maxistral 2013. Uns centros que implementan programas pedagóxicos inclusivos e de atención á diversidade dirixidos a dar respostas axeitadas ás necesidades da comunidade na que se sitúan e que permiten, realizar un servizo educativo publico de calidade. Un esforzo conxunto e realizado por toda a comunidade educativa que precisa de recursos para poder ser levado a cabo.

2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa

dos seus deputados, Ramón Vázquez Díaz e Xabier Ron Fernández, e ao abeiro do

disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara do Parlamento de Galicia, presenta

a seguinte Proposición non de Lei, para o seu debate en Comisión, relativa ás

actuacións que necesariamente debe acometer o Goberno da Xunta de Galicia dirixidas

a dotar de profesorado de apoio aos centros CEIP Manuel Masdías, CEIP San Xoán de

Filgueira e CEIP Recimil de Ferrol.

A comarca de Ferrol está a notar de xeito especialmente cruento a crise económica,

acadando unha cifras de paro superiores ao 30%, moi por riba da xa de por si elevada

taxa de Galicia e do conxunto do Estado.

Os colexios públicos de Ferrol, Manuel Masdías, San Xoán de Filgueira e Recimil, teñen

entre os seus aspectos diferenciadores posuír unha importante diversidade de

alumnado. Un aspecto enriquecedor que ten favorecido a posta en marcha de

programas educativos innovadores e de vangarda que mesmo teñen acadado

recoñecementos tan importantes como o CEIP San Xoán de Filgueira, finalista nacional

do Premio Acción Maxistral 2013.

Uns centros que implementan programas pedagóxicos inclusivos e de atención á

diversidade dirixidos a dar respostas axeitadas ás necesidades da comunidade na que

se sitúan e que permiten, realizar un servizo educativo publico de calidade. Un esforzo

conxunto e realizado por toda a comunidade educativa que precisa de recursos para

poder ser levado a cabo.

Page 2: 2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050

A pesar disto, A Consellería de Cultura , Educación e Ordenación Universitaria ven de

eliminar o profesorado de atención a minorías étnicas co que se viña dotando ao CEIP

Manuel Masdías, San Xoán de Filgueira e Recimil nos últimos anos, unha supresión de

profesorado, que non se xustifica nun descenso do alumnado con necesidade de apoio

educativo.

Nos tres centros educativos referidos, situados en barrios populares da cidade de

Ferrol, o numero de alumnado doutras etnias, de orixe estranxeiro, en situación de

exclusión social e con necesidades educativas especiais, mantense e mesmo se

incrementou nos últimos anos. Unha diversidade de alumnado que inclúe, mais aló de

etiquetas, un 50% de alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

No caso concreto do CEIP San Xoan de Filgueira, dos 178 alumnos e alumnas

escolarizadas , 65 proceden doutras etnias ou nacionalidades e o 50% se atopan en

situación de exclusión social.

No caso do CEIP Recimil, das 335 matriculas do centro, 90 proceden doutras etnias ou

nacionalidades e o 50% teñen Necesidades Específicas de Apoio Educativo. As cifras,

son semellantes no CEIP Manuel Masdías de Caranza.

A normativa galega e estatal en materia de dotación de profesorado deixa claro que,

naqueles centros ordinarios que integren alumnado con necesidade educativas de

apoio educativo, poderanse incrementar os catálogos en función do número e tipo de

necesidades. Sen dúbida, os centros Manuel Masdías, San Xoán de Filgueira e Recimil,

reúnen estes requisitos, polo que necesitan unha dotación de profesorado

especializado que permita realizar unha intervención educativa axeitada ás necesidades

do seu alumnado.

Os centros citados precisan dunha dotación de profesorado estable e con dedicación

completa e non mestres itinerantes que a duras penas poden facer un seguimento e

unha atención educativa acorde ás características do alumnado co que traballan. Son

moitos os recursos que estes centros precisan, moitas veces non só materiais, tamén

Page 3: 2013 09-26 pnc profesorado apoio ferrol 090013050

organizativos ou simplemente o apoio e a proximidade dunha administración, con

frecuencia afastada e desconectada da realidade. Mais os tres centros de Ferrol,

facendo unha petición sobradamente razoada e de mínimos, aceptarían dispoñer dun

mestre ou dunha mestra de apoio con horario completo no centro para atender ao

alumnado con necesidades de apoio educativo.

A falsa integración educativa sen recursos unicamente conduce a creación de guetos,

condenando á marxinalidade educativa e cultural a determinadas zonas e mesmo a

comarcas enteiras, que precisan dunha discriminación positiva en recursos materiais e

persoais.

Por todo elo, Alternativa Galega de Esquerda presenta a seguinte proposición non de

lei para o seu debate en comisión

O parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia

A dotar, como mínimo, dun profesor de apoio no CEIP Manuel Masdias, no CEIP San

Xoán de Filgueira e no CEIP Recimil, cun perfil axeitado e con horario completo nos

centros referidos.

Compostela, 26 de setembro do 2013.

Asdo. Xabier Ron Fernández

Asdo. Ramón Vázquez Díaz

Asinado dixitalmente por:

José Javier Ron Fernández na data 26/09/2013 14:32:14

Ramón Vázquez Díaz na data 26/09/2013 14:32:23