12

maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 1 · perda de control” pode levar a fantasías que producen vértixe. É unha etapa tamén en que os desexos de ser quen de mandar en algo propio,

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 1 · perda de control” pode levar a fantasías que producen vértixe. É unha etapa tamén en que os desexos de ser quen de mandar en algo propio,

maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 1

Page 2: maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 1 · perda de control” pode levar a fantasías que producen vértixe. É unha etapa tamén en que os desexos de ser quen de mandar en algo propio,

maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 2

Page 3: maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 1 · perda de control” pode levar a fantasías que producen vértixe. É unha etapa tamén en que os desexos de ser quen de mandar en algo propio,

A anorexia e a bulimia son as expresións dun trastor-no —o das condutas alimentarias— que está a causargraves problemas principalmente nos rapaces dospaíses adiantados. Estas enfermidades(*) acaban pro-ducindo serios trastornos no desenvolvemento dapersonalidade, complicacións somáticas e moitosufrimento.

Comer é imprescindible para vivir. E comer é, tamén,cousa do pracer. Normalmente se comemos moitoengordamos; e se pouco enfraquecemos. Comer é uncomportamento, de entrada relacional: con nós mes-mos e cos outros. De nenos, coas nais; de xeito que secomemos ben, todos están contentos. E se mal -opo-ñéndonos- hai conflito.

A comida, pois, tamén forma parte dunha linguaxe.

Pero ademais, e para nós mesmos, a comida, polainfluencia sobre o propio corpo —”a figura”— taménpode ser percibida como un inimigo.

E nestes tempos en que a competitividade, o deporte,as “modelos” das pasarelas de alta costura, que saenpola TV, son o resumo do éxito; e o corpo, sendo “a tar-xeta de visita” que presentamos aos demais, dá a medi-da de quen queremos ser.

Para axudar a entender o problema, para previlo, paradesmitificalo, e para dar unha información prácticafaise este folleto.

I nt r o d u c i ó

n

* Nota: Son enfermidades que basicamente afectan o sexo feminino (nunha proporción de 10/1).

maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 3

Page 4: maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 1 · perda de control” pode levar a fantasías que producen vértixe. É unha etapa tamén en que os desexos de ser quen de mandar en algo propio,

A anorexia comeza xeralmente na adolescen-cia (entre os 13 e os 19 anos). Dáse en mediosurbanos, principalmente, e en todas as clasessociais.

A anorexia comeza case sempre cunha dieta(unha terceira parte dos adolescentes tiña

sobrepeso), dieta que xa non se detén, aínda queo peso sexa o normal. Cómense grandes canti-dades de froitas, ensaladas, vexetais, iogures…Acaban sendo estes rapaces expertos en “calorí-as”. Así e todo falan da comida, e queren que osdemais da casa coman ben.

Medo ás gorduras.

Diminución importante da comidainxerida, con restrición de certos ali-mentos.

Perda importante de peso.

Exercicio físico esaxerado.

Xeralmente, boas notas no colexio.

Amenorrea (perda das regras).

ssíínnttoommaass

Anorexia

maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 4

Page 5: maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 1 · perda de control” pode levar a fantasías que producen vértixe. É unha etapa tamén en que os desexos de ser quen de mandar en algo propio,

Sofren bulimia as mulleres e homes que pasan,xeralmente, dos 19 anos e para os que o peso foimateria de preocupación na infancia ou na adoles-cencia (afecta en xeral a 3 de cada 100 mulleres).

Os bulímicos manteñen o peso porque, a pesardos vómitos, as cheas ou enchentes son desme-suradas (varios paquetes de galletas, ou caixasde bombóns ou barras de pan ou pasteis). Todomoi seguido, e de súpeto moita culpabilidade: deaí vén o vómito, que é provocado; e que pola súavez, produce moito desacougo. Iníciase un círcu-lo vicioso que trastorna a propia vida. B

ulimia

Os rapaces anoréxicos poden, chegadoo caso, facer “excesos” na comida.Daquela tratan de eliminar o comidomediante o vómito ou laxantes, paraseguir controlando o peso.

Velaquí os síntomas da bulimia:

ssíínnttoommaassMedo ás gorduras.

Cheas de comidas (enchentes).

Peso xeralmente normal.

Regras irregulares.

Vómitos e/ou laxantes.

Exercicio físico esaxerado.

Dietas.

maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 5

Page 6: maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 1 · perda de control” pode levar a fantasías que producen vértixe. É unha etapa tamén en que os desexos de ser quen de mandar en algo propio,

Consecuencias

• Fame e enfraquecemento (que pode serextremo).

• Insomnio.• Estrinximento.• Dificultade para a concentración mental.• Depresión e pesimismo.• Sensación de frío.• Ósos fráxiles• Perda da masa muscular e a forza.• Morte.

Pola provocación de vómitos:

• O ácido do estómago disolve o esmaltedental.

• Cara inchada polo incremento dasglándulas que producen a saliva.

• Ritmo cardíaco irregular.• Debilidade muscular.• Trastornos renais.• Convulsións.

Pola utilización dos laxantes:

• Dores de barriga.• Dedos inchados.• Lesións intestinais con estrinximento

crónico.

maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 6

Page 7: maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 1 · perda de control” pode levar a fantasías que producen vértixe. É unha etapa tamén en que os desexos de ser quen de mandar en algo propio,

�A presión social:

Hoxe os medios de comunicación, os anun-cios, a TV, a moda “light”, os talles estreitos,todo chama a estar fracos. “Delgado é igual afermoso”.

�O control:

Control do peso, control da dieta, control dapropia vida, nunha etapa da vida na que “aperda de control” pode levar a fantasías queproducen vértixe. É unha etapa tamén en queos desexos de ser quen de mandar en algopropio, producen moitas satisfaccións.

�A puberdade:

Época de gran mutación: de nena a muller.Arredondamento das formas, aparición dossinais femininos: peitos, anchuras, mens-truación. Resultado: medo. Non comer éretardar este florecemento, e así non seenfrontar ao feito de que a sexualidade vai serparte da propia identidade.

�A familia:

Se é moi perfeccionista, ou esixente en exce-so, ou culpabilizadora, ou distante afectiva-mente, ou a comida é ferramenta de comuni-cación na casa, o problema complícase. E istoten importancia nos tratamentos.

�A depresión:

A emotividade, a ansiedade, as tristuras,poden ser desencadeantes de “mirar naneveira” para aliviarse. E isto produce culpa-bilidade: e iníciase unha relación de infelici-dade co feito de comer.

�Os aconteceres vitais:

Un disgusto, rachar unha relación, alguénsignificativo que enferma, as bromas doscompañeiros, un cambio (irse a outra cidadepor exemplo) poden contribuír a desencadearo trastorno do comportamento alimentario,como unha solución para reprender o control.

Causas

maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 7

Page 8: maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 1 · perda de control” pode levar a fantasías que producen vértixe. É unha etapa tamén en que os desexos de ser quen de mandar en algo propio,

Procura de

axudas

�Que facer:

Acudir directamente ao médico de atención primariaou pediatra segundo corresponda. Este, escoitará epesará o paciente, para logo avaliar a gravidade.Normalmente remitirá o caso á unidade de saúdemental para que sexa valorado polo psiquiatra e/oupsicólogo. E comeza o tratamento, se este aínda noné moi grave.

�A valoración:

O psiquiatra terá unha longa conversa co pacien-te para saber o cando e como do trastorno. Se aperda de peso é importante será precisa unhaexploración física. E falar cos pais, e, ás veces,con outras persoas. Trátase de acadar a máximainformación para poder axudar o paciente.

É a familia —a nai, unha irmá, por exemplo— quense decata de que o paciente segue comendo poucoou continúa a facer dieta aínda que estea, xa, fraco.Pero, ao dicirllo, seguirá adelgazando: e dirá queestá aínda gordo. (Agachará a comida, guindaráa,comerá grandes cantidades de ensaladas, paraaparentar que come ben…)

Na bulimia, todo pasa, no comezo, como máis escon-dido, pola vergoña do paciente, que comeza a falarpouco, ou andar irritado; e a súa vida pode ser comoa de alguén con gusto da soidade, como amargada.Pódese aliviar ao dicilo, pero isto implica novos pro-blemas.

�O recoñocemento do problema:

É a primeira condición para resolvelo. E axiña; por-que canto máis se tarde máis difícil vai ser corrixi-lo ou curalo.

maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:23 Page 8

Page 9: maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 1 · perda de control” pode levar a fantasías que producen vértixe. É unha etapa tamén en que os desexos de ser quen de mandar en algo propio,

Tratamentos

Anorexia:O primeiro obxectivo é recuper o peso normal(para a idade e a estatura). E resolver os proble-mas persoais: as dúbidas, temores, relacións,plans e proxectos…

Haberá que falar dunha dieta axeitada, de comofacer as comidas con todos os da casa.

Haberá que falar coa familia para que haxa un bobalance entre o control e o descontrol e que non secometan os erros típicos como, por exemplo, os dotipo: “come, faino por min”…

E se fai falta a hospitalización, onde e como.

maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:23 Page 9

Page 10: maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 1 · perda de control” pode levar a fantasías que producen vértixe. É unha etapa tamén en que os desexos de ser quen de mandar en algo propio,

Tratam

entos

Bulimia:

O tratamento ten por obxecto ter un patrón decomidas regulares: tres comidas ao día a horasfixas, sen vomitar nin privarse de nada.

O diario dos hábitos, o rexistro das recaídas e dossucesos de cada día, axudan moito. E falar dosproblemas —do día a día— e como resolvelos…

Tamén unha medicación antidepresiva pode serprecisa.

maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:23 Page 10

Page 11: maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 1 · perda de control” pode levar a fantasías que producen vértixe. É unha etapa tamén en que os desexos de ser quen de mandar en algo propio,

EEddiittaa:: XUNTA DE GALICIA

Servizo Galego de SaúdeSecretaría Xeral

CCoooorrddiinnaacciióónn ttééccnniiccaa:: Subdirección Xeral de Saúde Mental

e Drogodependencias

RReeaalliizzaa:: Difux, S.L.

D.L.: C - 2428-2008

maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:23 Page 11

Page 12: maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:22 Page 1 · perda de control” pode levar a fantasías que producen vértixe. É unha etapa tamén en que os desexos de ser quen de mandar en algo propio,

Servizo Galegode Saúde

Subdirección Xeralde Saúde Mental e Drogodependencias

Información divulgativa

CONSELLERÍA DE SANIDADE

maquetaanorex.qxd 27/6/08 13:23 Page 12