1
Os socialistas de Vilalba denuncian o estado da depuradora sita na parroquia de Goiriz Desde o PSOE afirman que a maleza imposibilita o acceso a dita depuradora, impedindo que se depuren as augas residuais Outra das acusacións dos socialistas sinala a mala xestión de refugallos en parroquias como a de Oleiros, orixinando vertedoiros incontrolados Vilalba, 29 de outubro de 2015 O Grupo Municipal Socialista vén de denunciar o mal estado da depuradora do barrio do Cristo, na parroquia de Goiriz, posto que a acumulación de maleza imposibilita o seu acceso, vertendo directamente ao regato sen cumprir co obxectivo para a que foi creada: depurar as augas residuais. Asemade, o seu total abandono acabou por constituír un núcleo de contaminación importante, malia que non se lle estea a prestar atención ao atoparse agochada, feito que denota unha falta de vontade por emendar os seus efectos contaminantes. “Tal e como nos teñen acostumados, semella que hai certo interese en minimizar a gravidade destas cuestións, pasando por alto a grande importancia de crear e manter unha Vilalba sostible, especialmente no que atinxe ao respecto co medio ambiente”, aclarou Marta Rouco, concelleira da parroquia de Goiriz no Grupo Municipal Socialista. É tal a preocupación dos socialistas neste eido, que xa na lexislatura pasada tiñan denunciado, incluso levado a pleno, o estado das depuradoras das parroquias de Vilalba, incidindo na de Martiñán, en Corvelle, logo de comprobar que a súa escorrentía por acumulación camiñaba ao carón da estrada. Nesta liña, os socialistas afirman con contundencia que “a pesar de que cambiaron as caras do goberno vilalbés, as políticas seguen a ser as mesmas”, posto que os problemas se repiten e “as solucións esvaécense nunha nube de fume, de boas palabras e intencións, e de escasos resultados”. Por outra banda, desde o Grupo Municipal denuncian tamén a xestión de refugallos en parroquias como a de Oleiros, onde existe unha acumulación en puntos determinados “sen que o equipo de goberno do PP amose interese algún polo coidado paisaxístico e pola eliminación de vertedoiros incontrolados”. Deste xeito, os socialistas piden que se solventen con urxencia estos reclamos que afectan a todas as persoas para as que gobernan, “especialmente as destas parroquias das que din acordarse tanto en períodos electorais”, sentenciou Rouco.

291015 Nota Goiriz Depuradora

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Os socialistas vilalbeses lamentan o estado ruinoso da depuradora de Goiriz.

Citation preview

Page 1: 291015 Nota Goiriz Depuradora

Os socialistas de Vilalba denuncian o estado da

depuradora sita na parroquia de Goiriz

Desde o PSOE afirman que a maleza imposibilita o acceso a dita depuradora,

impedindo que se depuren as augas residuais

Outra das acusacións dos socialistas sinala a mala xestión de refugallos en

parroquias como a de Oleiros, orixinando vertedoiros incontrolados

Vilalba, 29 de outubro de 2015

O Grupo Municipal Socialista vén de denunciar o mal estado da depuradora do barrio

do Cristo, na parroquia de Goiriz, posto que a acumulación de maleza imposibilita o

seu acceso, vertendo directamente ao regato sen cumprir co obxectivo para a que foi

creada: depurar as augas residuais. Asemade, o seu total abandono acabou por

constituír un núcleo de contaminación importante, malia que non se lle estea a prestar

atención ao atoparse agochada, feito que denota unha falta de vontade por emendar

os seus efectos contaminantes.

“Tal e como nos teñen acostumados, semella que hai certo interese en minimizar a

gravidade destas cuestións, pasando por alto a grande importancia de crear e manter

unha Vilalba sostible, especialmente no que atinxe ao respecto co medio ambiente”,

aclarou Marta Rouco, concelleira da parroquia de Goiriz no Grupo Municipal Socialista.

É tal a preocupación dos socialistas neste eido, que xa na lexislatura pasada tiñan

denunciado, incluso levado a pleno, o estado das depuradoras das parroquias de

Vilalba, incidindo na de Martiñán, en Corvelle, logo de comprobar que a súa

escorrentía por acumulación camiñaba ao carón da estrada. Nesta liña, os socialistas

afirman con contundencia que “a pesar de que cambiaron as caras do goberno vilalbés,

as políticas seguen a ser as mesmas”, posto que os problemas se repiten e “as

solucións esvaécense nunha nube de fume, de boas palabras e intencións, e de

escasos resultados”.

Por outra banda, desde o Grupo Municipal denuncian tamén a xestión de refugallos en

parroquias como a de Oleiros, onde existe unha acumulación en puntos determinados

“sen que o equipo de goberno do PP amose interese algún polo coidado paisaxístico e

pola eliminación de vertedoiros incontrolados”. Deste xeito, os socialistas piden que se

solventen con urxencia estos reclamos que afectan a todas as persoas para as que

gobernan, “especialmente as destas parroquias das que din acordarse tanto en

períodos electorais”, sentenciou Rouco.