Upload
nuria-m-nunez-elissetche
View
69
Download
9
Embed Size (px)
Citation preview
23 de novembro de 2014
Solemnidade de Cristo Rei
Mateu 25, 31 – 46
Rede evanxelizadora BUENAS NOTICIASDifunde no mundo a compaixón. Pásao
José Antonio Pagola
Música:ExodoPresentación:B.Areskurrinaga HCEuskaraz:D.Amundarain
As fontes non admiten
dúbidas. Xesús vive envorcado
cara a aqueles que ve
necesitados de axuda.
É incapaz de pasar de longo.
Ningún sufrimento lle é alleo.
Para el a
compaixón é o
primeiro.
O único modo
de parecernos
a Deus:
«Sede
compasivos
coma o voso
Pai é
compasivo».
Como nos vai
estrañar que, ao falar
do Xuízo final, Xesús
presente a
compaixón como o
criterio último e
decisivo que xulgará
as nosas vidas e a
nosa identificación
con el?
Segundo o relato de
Mateu, comparecen
ante o Fillo do Home, é
dicir, ante Xesús, o
compasivo,
«todas as nacións».
Nada se di das diferentes relixións e cultos.
Fálase de algo moi humano e que todos entenden:
Que fixemos con todos os que
viviron sufrindo?
O evanxelista non se detén propiamente a describir
os detalles dun xuízo.
O que destaca é un dobre diálogo que lanza unha luz inmensa
sobre o noso presente, e nos abre os ollos para ver que, en
definitiva, hai dúas maneiras de reaccionar ante os que
sofren: compadécemos e axudámolos,
ou desentendémonos e abandonámolos.
O que fala é un Xuíz que está
identificado con todos os
pobres e necesitados:
«Cada vez que axudastes a un
destes meus pequenos irmáns,
fixéstelo comigo».
Quen se achegou a axudar a un
necesitado, achegouse a el.
Por iso han de estar a carón
del no Reino:
«Vinde, benditos de meu Pai».
Logo diríxese aos que viviron sen
compaixón:
«Cada vez que non axudastes a un
destes pequenos, deixastes de facelo
comigo».
UN XUÍZO ESTRAÑO
As fontes non admiten dúbidas. Xesús vive envorcado cara a aqueles que venecesitados de axuda. É incapaz de pasar de longo. Ningún sufrimento lle é alleo. Identifícase cosmáis pequenos e desvalidos e fai por eles todo o que pode. Para el a compaixón é o primeiro. Oúnico modo de parecernos a Deus: «Sede compasivos como o voso Pai é compasivo».
Como nos vai estrañar que, ao falar do Xuízo final, Xesús presente a compaixón como ocriterio último e decisivo que xulgará as nosas vidas e a nosa identificación con el? Como nos vaiestrañar que se presente identificado con todos os pobres e desgraciados da historia?
Segundo o relato de Mateu, comparecen ante o Fillo do Home, é dicir, ante Xesús, ocompasivo, «todas as nacións». Non se fan diferenzas entre «poblo elixido» e «poblo pagán».Nada se di das diferentes relixións e cultos. Fálase de algo moi humano e que todos entenden:Que fixemos con todos os que viviron sufrindo?
O evanxelista non se detén propiamente a describir os detalles dun xuízo. O quedestaca é un dobre diálogo que lanza unha luz inmensa sobre o noso presente, e nos abre os ollospara ver que, en definitiva, hai dúas maneiras de reaccionar ante os que sofren: compadecémonose axudámolos, ou desentendémonos e abandonámolos.
O que fala é un Xuíz que está identificado con todos os pobres e necesitados: «Cadavez que axudastes a un destes meus pequenos irmáns, fixéstelo comigo». Quen se achegaron aaxudar a un necesitado, achegáronse el. Por iso han de estar a carón del no Reino: «Vinde,benditos de meu Pai».
Logo diríxese a quen viviron sen compaixón: «Cada vez que non axudastes a un destespequenos, deixastes de facelo comigo». Quen se apartaron dos que sofren, apartáronse de Xesús.É lóxico que agora lles diga: «Apartádevos de min». Seguide o voso camiño…
A nosa vida estáse a xogar agora mesmo. Non hai que esperar ningún xuízo. Agoraestámonos achegando ou afastando dos que sofren. Agora estámonos achegando ou afastando deCristo. Agora estamos decidindo a nosa vida.
José Antonio Pagola