7

3º CICLO

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Guía lectura nadal 2011

Citation preview

Page 1: 3º CICLO
Page 2: 3º CICLO

A Alicia encántalle o chocolate. Pero súa nai

non llo deixa comer.

Unha noite, Alicia aparece no País do

Chocolate, no que se atopará cunha morea de

personaxes doutros contos. Pero... é un mundo de

fantasía creado por ela ou é realidade?

Autor: Xabier Mínguez López

Editorial: Algar

Page 3: 3º CICLO

Moitas veces, hai compañeiros e compañeiras

da escola que non nos deixan participar nos xogos.

Sentímonos mal, pero podemos resolver este

conflicto. Este libro axudarate a facelo.

Cando deixa de chover, na hora do recreo,

Suso quere xogar ao fútbol, pero un compañeiro lle

berra: Ti non xogas!

Autor: Silvestre Xurxo Gómez

Editorial: Xerais

Page 4: 3º CICLO

Nun castelo dun reino no que non existen os

animais mamíferos hai unha terrible maldición:

ninguén poderá volver habitalo ata que apareza unha

persoa que sexa quen de enfrontarse aos seus

terribles monstros… Xoana é unha nena moi valente

que quere desfacer ese feitizo. Conseguirao?

Autor: Carl Norac

Editorial: Edelvives

Colección Pizca de Sal (unha colección para facer

máis saborosa a lectura.)

Page 5: 3º CICLO

En numerosas ocasións cóstanos aceptar novas

persoas que chegan ao noso entorno. Pero iso ten

solución…

Ía ser un verán perfecto, pero chegou ao

barrio un novo rapaz: Claudio García. Converteuse no

meu primeiro enimigo. Menos mal que meu pai era un

entendido en enimigos e me propuxo un truco para

librarme del…

Autor: Derek Munson

Editorial: Juventud

Page 6: 3º CICLO

Un libro “terrorífico”, que asusta ata aos máis

grandes.

Mefi, Sata e Demi son tres nenos que son máis

un pesadelo ca outra cousa, pero que o son porque,

como adoita suceder, non hai ninguén que mire por

eles, os queira ou os coide.

Autora: Mercedes Neuschäfer-Carlón

Editorial: Kalandraka

Page 7: 3º CICLO

Unha vella historia di que, ás veces, preto das

casas deshabitadas, déixase ver unha criatura non

máis alta ca un neno. Ninguén viu nunca a súa cara,

pero algúns anciáns afirman que de cativos chegaron

a ver a súa sombra.

Outros aseguran

que levaba unha

coroa. Por iso a esa

criatura se lle coñece

como o Príncipe das

Sombras. A vella

historia tamén di que

este ser misterioso

estaba buscando a un

neno que lle axudara

a salvar a alguén.

Serás ti ese

neno, esa nena?

Atréveste?

Autor: Milan Vukotic

Editorial: Kalandraka