11
8 de MaRZo 8 de MaRZo Día iNTeRNaCioNaL DaS Día iNTeRNaCioNaL DaS MuLLeReS MuLLeReS

8 de marzo, día Internacional da muller

  • Upload
    andrade

  • View
    231

  • Download
    6

Embed Size (px)

DESCRIPTION

celebración día internacional da muller

Citation preview

Page 1: 8 de marzo, día Internacional da muller

8 de MaRZo8 de MaRZo

Día iNTeRNaCioNaL DaSDía iNTeRNaCioNaL DaS MuLLeReSMuLLeReS

Page 2: 8 de marzo, día Internacional da muller

orixes do 8 de marzoorixes do 8 de marzoEste día conmemora a loita das mulleres por participar na sociedade en pé deEste día conmemora a loita das mulleres por participar na sociedade en pé de igualdade cos homes. A idea dun día internacional das mulleres xorde a finais doigualdade cos homes. A idea dun día internacional das mulleres xorde a finais do século XIX, momento no que se desenvolven múltiples reivindicacións a prol daséculo XIX, momento no que se desenvolven múltiples reivindicacións a prol da igualdade que teñen ás mulleres como protagonistas. Estamos a falar dun escenarioigualdade que teñen ás mulleres como protagonistas. Estamos a falar dun escenario marcado pola Primeira Guerra Mundial, a Revolución Rusa e o auxe do sindicalismomarcado pola Primeira Guerra Mundial, a Revolución Rusa e o auxe do sindicalismo feminino, que loitaba por defender os dereitos laborais das traballadoras e por lograrfeminino, que loitaba por defender os dereitos laborais das traballadoras e por lograr o dereito das mulleres ao sufraxioo dereito das mulleres ao sufraxio11. .

1 Fonte: http://www.educared.org.ar/CAL_EDU/03/03_08.ASP

1908Promóvense en Chicago as primeiras xornadas

Women Day co obxectivo de loitar

polo sufraxio feminino

1857Morreron queimadas nun

incendio as obreiras dunha fábrica téxtil por

reclamar a igualdade de salarios

e unha xornada digna

1910II Conferéncia de

MulleresSocialistas en Dinamarca propuxeron establecer o

8 de marzo como díainternacional da muller

1917En plena guerra, as mulleres

reivindican a volta aos fogaresdos combatentes e o dereito ao pan. A elasúnense traballadoras

e estudandes...constituíndo estamobilización un detonante da

Revolución Rusa.

1975A ONU establece este

día como día internacional da

muller.Resolución 32/142,

1977.

Page 3: 8 de marzo, día Internacional da muller

FICHA “AS MULLERES GALEGAS NA HISTORIA”MARÍA BARBEITO, A Coruña 1880-1970

CONCEPCIÓN ARENAL, Ferrol 1820-Vigo 1893

SOFÍA CASANOVA, Culleredo 1862-Poznan 1958

ROSALÍA DE CASTRO, Santiago de Compostela 1837-Padrón 1885

EMILIA PARDO BAZÁN,1851-1921

Fonte: http//: www.culturagalega.org

Unha precursora da educación actual. Profesora, pedagoga e escritora, foi unha das figuras femininas máis destacadas da

Galiza urbana do primeiro terzo do século XX.Foi constante defensora da emancipación e da educación sen

sen discriminación das mulleres.

Intelectual e feminista do século XIX. En 1842 fíxose pasar por home para poder estudar dereito na

Universidade Complutensede Madrid.

A primeira correspondente de guerra. Na súa lucidez de muller comprometida coa súa época manifestou e tomou partido nunha postura pacifista e antibélica, e así o fixo

constar nas súas múltiples obras e intervencións.

É a persoa máis destacada do Rexurdimento galego. Foron Cantares Gallegos e Follas novas os dous poemarios que a converteron na escritora máis coñecida do idioma galego.

Pioneira na defensa dos dereitos femininos no século XIX, especialmente do dereito á igualdade na educación.

Page 4: 8 de marzo, día Internacional da muller

FICHA “A MULLER ANÓNIMA”

A MULLER ANÓNIMA2

Mulleres que todo o facían cun sorriso nos beizos, mulleres que traballaban de sol a sol nas eiras, sementando e recollendo os froitos da terra, cruzando os montes neses chuviosos días de inverno, lavando roupa á beira do río, camiñando pola lama coa pesada carga ó lombo entre a brétema e o frío que chegaba ata ós osos, cociñando ricas comidas co pouco que tiñan...Mulleres que traballaban fóra e dentro da casa, usando a gadaña e o fouciño nas tarefas agrícolas coas mesmas mans que sostiñan no colo ás fillas e fillos, cun canto de berce á calor da lareira.Mulleres que todo o facían cantando, que daban todo polos demais, mulleres fortes por fóra pero cun corazón moi grande por dentro, viúvas de vivos e viúvas de mortos.Mulleres que viron partir ós seus homes e fillos á emigración, quedando ao coidado das casas, esperando días e anos as cartas que traían as noticias de América, deses seres amados que en moitos casos non viron nunca máis.Muller, nai, filla, labrega, marisqueira...

"Este vaise i aquel vaise,e todos, todos se van,

Galicia, sin homes quedasque te poidan traballar.

Tés, en cambio, orfos e orfase campos de soledad,

e nais que non teñen fillose fillos que non tén pais.E tés corazóns que sufrenlongas ausencias mortás,viudas de vivos e mortosque ninguén consolará".

ROSALÍA DE CASTRO, "FOLLAS NOVAS", 1880

2 Fonte: http://www.galespa.com.ar/mullergalega.htm

Page 5: 8 de marzo, día Internacional da muller

FICHA “INVENTOS DE MULLERES”MULLER INVENTO

Gertrude ELION Menciña para leucemia e herpes

Ada BYRON Linguaxe de programación informática

Marion DONOVAN Cueiros

Elizabeth LEE HAZEN Antibiótico

Stephanie L. KWOLEK Fibra Kevlar

Hedy LAMARR Sinalización de barcos

Bette NESMITH GRAHAM Tipp-ex

Julie NEUMAR Pantis

Mary ANDERSON Limpaparabrisas

Josephine COCHRAM Lavalouza

Catherine BLOGGETT Cristal non reflectante

Edith FANIGEN Refinado de petróleo

Mary PHELPS JACOB Sostén

Fonte: http://www2.elkarrekin.org/elk/8marzo/mujeres_inventoras.htm

Barcos Reyero, R. e Pérez Sedeño E.; Mujeres inventoras. Instituto de Filosofía. Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

http://www.ifs.csic.es/mujeres/Invento.pdf

Page 6: 8 de marzo, día Internacional da muller

FICHAS “OS DEREITOS DAS MULLERES”

“O DEREITO Á VIDA ”

>> A discriminación de xénero empeza cedo. En Asia, sobre todo na India e en China, hai un número desproporcionado de nacementos de varóns e unha presenza esaxerada de nenos menores de cinco anos.

>> Calcúlase que máis de medio millón de mulleres – unha por minuto – morren ao ano como resultado das complicacións durante o embarazo ou o parto.

>> As mulleres e as nenas son máis vulnerables ao seren as encargadas do coidado das persoas enfermas, ao tempo que os coidados que reciben son, en moitos casos, peores dos que reciben os homes. Se ben é certo que as mulleres viven máis que os homes, a súa saúde é peor.

Fonte: Adaptación de BRIÑÓN GARCÍA, Mª A., Unha visión de xénero...e de xustiza.

Page 7: 8 de marzo, día Internacional da muller

“DEREITO A UNHAS CONDICIÓNS DE VIDA DIGNAS”

>> O 70% das persoas que viven na pobreza son mulleres.

>> Morren 500 mil mulleres cada ano por complicacións relacionadas co embarazo.

>> As mulleres representan dous terzos das persoas adultas analfabetas do mundo.

>> Unha de cada tres mulleres do mundo sofre algún tipo de violencia ao longo da súa vida.

>> En 2006 a diferenza salarial entre homes e mulleres nalgúns países foi de entre o 30% e o 40%.

>> As mulleres dos países empobrecidos non posúen nin o 2% da terra cultivable, pero producen o 70% dos alimentos.

>> Unha nai angolana ten 16 veces máis posibilidades que unha muller europea de morrer no embarazo ou durante o parto.

>> En España, a taxa de desemprego feminino foi do 11,4% fronte ao 6,1% masculino.

Fonte: Adaptación de BRIÑÓN GARCÍA, Mª A., Unha visión de xénero...e de xustiza.

Page 8: 8 de marzo, día Internacional da muller

“DEREITO AO TRABALLO”

>> As mulleres non só soportan unha carga desproporcionada da pobreza mundial, senón que nalgúns casos esta fenda foi aumentada pola globalización, xa que as mulleres perden unha proporción moi superior de emprego, prestacións e dereitos laborais.

>> Aínda que nunca houbo tantas mulleres no mercado laboral, as desigualdades con respecto aos homes persisten e as diferenzas son moi acusadas en función das rexións.

>> No 2006 as mulleres en todos os países tiñan maiores probabilidades de estaren desempregadas que os homes. Había 81,1 millóns de mulleres sen emprego, a pesar de que querían traballar.

>> O traballo non remunerado, incluído o voluntario, supón en España o 60,71% do PIB. Ao redor do 80% dese traballo fano as mulleres. A atención ás persoas dependentes sempre a realizaron as mulleres, tendo en conta que nos últimos anos as mulleres inmigrantes son quen desempeñan maioritariamente estes labores de coidado, ao mesmo tempo que outras mulleres da súa familia coidan dos seus propios fillos e fillas, continuando así a cadea do coidado feminino.

QUE PASARÍA SE...

>> CALQUERA DÍA SE LLES ESTRAGASE O ESPERTADOR A TODAS AS MULLERES?

>> SE TODAS AS AVOAS SE DECLARASEN EN FOLGA?

Fonte: Adaptación de BRIÑÓN GARCÍA, Mª A., Unha visión de xénero...e de xustiza.

Page 9: 8 de marzo, día Internacional da muller

“DEREITO Á EDUCACIÓN”

>> No mundo en desenvolvemento as nenas teñen menos posibilidades que os nenos de asistir a clase.

>> Segundo UNICEF a medida de nenas que acoden á escola secundaria nos países en desenvolvemento é só do 43%. As razóns: a imposición das tarefas domésticas e do coidado das persoas maiores, e mesmo das irmás e irmáns pequenos; a falta de saneamento na escola, a escaseza de referentes femininos, o matrimonio infantil, a maternidade tempera, entre outras.

SABÍAS QUE...

...HAI 77 MILLÓNS DE NENAS E NENOS EN IDADE ESCOLAR QUE NON VAN Á ESCOLA, DOS CALES DOUS TERZOS SON NENAS...

...CHINA TEN 55 MILLÓNS DE MULLERES ANALFABETAS...

Fonte: Adaptación de BRIÑÓN GARCÍA, Mª A., Unha visión de xénero...e de xustiza.

Page 10: 8 de marzo, día Internacional da muller

“DEREITO A PARTICIPAR NA TOMA DE DECISIÓNS “

>> No que se refire á presenza das mulleres na toma de decisións a proporción é aínda moi baixa. Aínda que nas últimas décadas se produciron cambios importantes e o número de mulleres é considerablemente maior, as diferenzas entre mulleres e homes seguen a ser importantes.

>> A finais do 2006, só 11 mulleres estaban ao mando do Estado entre os 192 países membros das Nacións Unidas (ONU)...

Angela MerkelTarja JalonenMari McAleeseVaira Vike FreibergaBacheletEllen JohnsonLuis DiogoHelen ClarkGloria MacapagalMaría Do Carmo SilvanaHan Myung-sook

>> Nalgúns países occidentais ata datas recentes non existiu o sufraxio feminino, cando había décadas ou séculos que os homes podían votar...

1893193119341954196519711994

* Desde 1920 podían votar as mulleres de pel branca.** Desde 1930 podían votar as mulleres de pel branca.

Fonte: Adaptación de BRIÑÓN GARCÍA, Mª A., Unha visión de xénero...e de xustiza.

AlemañaFinlandiaIrlandaLetoniaChile

LiberiaMozambiqueSanta Tomé

Nova CelandiaFilipinas

Corea do Sur

NOVA CELANDIAESPAÑATURQUÍAPAKISTÁN

ESTADOS UNIDOS*SUIZA

SUDÁFRICA**

Page 11: 8 de marzo, día Internacional da muller

Os contidos aqui presentados son froito do traballo dos Equipos Comarcais de Igualdade da Rede de Oficinas I+B do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e parte do Programa de Intervención Educativa en materia de Igualdade que están a desenvolver nos centros de ensino ao longo do curso 2008-2009.

En todo caso se mencionan as fontes e referéncias bibliográficas empregadas para a elaboración dos materiais.

A fonte da foto da portada: http://singenerodedudas.com/images/73.png.