2
Granxa do Xesto Monte Predroso Bar de Arriba Bar de Abaixo Bar de Abaixo Centro de Formación Ocupacional Rúa do Monte dos Chaos CP - 780 Mina de auga Fonte Área de descanso Mirador Aparcadoiro Paseos Valos de pedra Regatos e charcas Augas subterraneas Lenda S1 S2 S3 Solo 1 A-R. Leptosol úmbrico Solo 2 A-AC-C. Umbrisol háplico Solo 3 A-Bw-2C. Umbrisol cámbico S1 S2 S3 A Selva Negra está localizada nunha valgada na que se recollen as augas que caen entre as abas do Monte Pedroso e o Monte de San Paio. Ao longo da súa historia foi utilizada como monte baixo, como explotación agrícola forestal e máis recentemen- te, desde o ano 2007 no que pasou a ser propiedade do Consorcio de Santiago, como parque público, no que se pretende recuperar os seus ecosistemas naturais, eliminando a gran maioría das árbores exóticas, como os eucaliptos e as acacias negras. Na actualidade é un dos parques máis emblemáticos do rural compostelán, cunhas 20 hectáreas de bosque e matogueiras e unhas 2 hectáreas de prado. O solo é un dos principais recursos naturais do planeta que, xunto coa auga e o aire, constitúe a base da vida na Terra. Día Mundial do Medio Ambiente 2016 5 de xuño MUSEO DE HISTORIA NATURAL UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia Colabora:

A 5 do Medio Ambiente - USC · - Sobre eles realizamos as nosas actividades e construímos as nosas infraestruturas - Aportan materias primas e medicamentos - Protexen a herdanza

  • Upload
    others

  • View
    8

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A 5 do Medio Ambiente - USC · - Sobre eles realizamos as nosas actividades e construímos as nosas infraestruturas - Aportan materias primas e medicamentos - Protexen a herdanza

Granxa do Xesto

MontePredroso

Bar deArriba

Bar de Abaixo

Bar de Abaixo

Centro deFormación

Ocupacional

Rúa do Monte dos Chaos

CP - 780

Mina de auga

Fonte

Área de descanso

Mirador

Aparcadoiro

Paseos

Valos de pedraRegatos e charcasAugassubterraneas

LendaS1S2S3

Solo 1A-R. Leptosol úmbrico

Solo 2A-AC-C. Umbrisol háplico

Solo 3A-Bw-2C. Umbrisol cámbico

S1

S2

S3

A Selva Negra está localizada nunha valgada na que se recollen as augas que caen entre as abas do Monte Pedroso e o Monte de San Paio. Ao longo da súa historia foi utilizada como monte baixo, como explotación agrícola forestal e máis recentemen-te, desde o ano 2007 no que pasou a ser propiedade do Consorcio de Santiago, como parque público, no que se pretende recuperar os seus ecosistemas naturais, eliminando a gran maioría das árbores exóticas, como os eucaliptos e as acacias negras. Na actualidade é un dos parques máis emblemáticos do rural compostelán, cunhas 20 hectáreas de bosque e matogueiras e unhas 2 hectáreas de prado.

O solo é un dos principais recursos naturais do

planeta que, xunto coa auga e o aire,

constitúe a base da vida na Terra.

Día Mundialdo MedioAmbiente 2016

5 de xuño

MUSEO DE HISTORIA NATURALUNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia

Colabora:

Page 2: A 5 do Medio Ambiente - USC · - Sobre eles realizamos as nosas actividades e construímos as nosas infraestruturas - Aportan materias primas e medicamentos - Protexen a herdanza

Características xerais do solo

O solo é un corpo natural, duns poucos centímetros a varios metros de grosor que forma a pel da Terra (a edafosfera), constituído por materia mineral, materia orgánica, auga e aire, no que enraízan os vexetais e habitan numerosos organismos.

A actividade dos organismos e as interaccións entre os compoñentes do solo dá lugar á formación de agregados porosos, creando unha organización particular, a estrutura do solo. Nos poros, ocupados por aire e auga, aloxanse os organismos. É nestes poros onde ocorren a maior parte dos procesos físico-químicos e biolóxicos característicos do medio edáfico.

A súa formación é consecuencia da interacción do material de partida, o clima, a topografía, os organismos e a actividade humana ao longo do tempo. Os cambios no material de partida producense a través de procesos de edafización que teñen como consecuencia o paso dun material de partida homoxéneo a un material heteroxéneo, estratificado en capas denominadas horizontes. Os horizontes son as capas, máis ou menos horizontais, distintas do material de partida, que constitúen o perfil do solo. Desígnanse con letras maiúsculas e poden ser orgánicos (O, H) ou minerais (A, E, B,C, R). As múltiples combinacións de factores de formación, a través de moi diversos procesos, dan lugar a unha gran variedade de tipos de solos.

Os solos son ecosistemas dinámicos que están en constante desenvolvemento e cambio, nos que habitan e interaccionan milleiros de seres vivos e realizan multitude de funcións, indispensables para a conservación dos ecosistemas e a vida no planeta: - Son a base para a produción de alimentos, fibras e combustibles - Absorben, almacenan, filtran e purifican a auga - Interactúan coa atmósfera a través da absorción e emisión de gases - Regulan os ciclos do carbono, o osíxeno e os nutrientes das plantas - Constitúen a maior reserva de carbono orgánico terrestre - Son o hábitat de numerosos organismos e constitúen unha importante reserva de biodiversidade - Sobre eles realizamos as nosas actividades e construímos as nosas infraestruturas - Aportan materias primas e medicamentos - Protexen a herdanza cultural e conservan información de acontecementos do pasado.

Día Mundial do Medio Ambiente 2016

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 5 de xuño, o Día Mundial do Medio Ambiente, para sensibilizar á opinión pública respecto da necesidade de preservar e mellorar o medio ambiente.

Neste día o Museo de Historia Natural da USC e a Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia do Concello de Santiago de Compostela organizan un roteiro pola Selva Negra de Compostela coa finalidade de poñer de relevo a importancia do solo para a vida na Terra.

Mostraranse diferentes tipos de solos do complexo de ecosistemas seminaturais da Selva Negra, representativos dos existentes en Galicia, facendo fincapé nos factores máis salientables na súa formación e dinámica, así como nas principais funcións que realizan.

Solo 1. A-R. Leptosol úmbrico.Os Leptosols son solos de moi escaso grosor (ata 25 cm), limitados en profundidade por rocha dura continua, ou solos con moi elevado contido en fragmentos grosos. Neste caso é un solo de perfil AR, cun horizonte superficial (A) rico en materia orgánica, formado directamente sobre granito non alterado (R). O cualificativo úmbrico fai referencia ás características do horizonte A: cor escura pola abundancia de materia orgánica, baixa saturación en bases do complexo de intercambio e pH ácido.En anteriores sistemas de clasificación estes solos denominábanse Ranker.

Solo 2. A-AC-C. Umbrisol háplicoOs Umbrisols, son solos caracterizados por ter un horizonte superficial escuro, rico en materia orgánica, xeralmente ácido e desaturado en bases (horizonte A úmbrico), cun grosor maior de 25 cm. Xeralmente fórmanse por alteración de rochas silíceas en áreas de montaña con climas húmidos, temperados a fríos, e escaso déficit de humidade. O manexo destes solos, por exemplo o encalado ou a fertilización, pode reducir a acidez do horizonte superficial pero deben manter unha baixa saturación en bases nalgunha parte do primeiro metro do perfil. Neste caso, baixo o horizonte A sitúase un delgado horizonte de transición (AC) sobre o horizonte C, unha saprolita de granito (xabre) que conserva a estrutura da rocha. O cualificativo háplico indica que, a este nivel de clasificación, non hai outro adxectivo para a súa caracterización.

Solo 3. A-Bw-2C. Umbrisol cámbicoDifire do anterior pola presenza, entre o horizonte superficial - A úmbrico - e o horizonte C, dun horizonte Bw formado pola meteorización do material de partida que se manifesta na súa cor parda, debida á liberación de óxidos de ferro, nun maior contido en fraccións finas (limo, arxila) e o desenvolvemento dunha estrutura (”edáfica”) diferente á do material do que procede o solo. Este tipo de horizonte B recibe o nome de horizonte cámbico, do que deriva o cualificativo que o caracteriza. Unha característica salientable deste solo é que se formou a partir dun depósito de ladeira, que descansa sobre un xisto moi alterado (horizonte 2C). O número 2 indica unha descontinuidade litolóxica debida a diferente natureza dos materias que constitúen os horizontes A e B e o horizonte C.En anteriores sistemas de clasificación este tipo de solos, con horizonte Bw, denominábanse Terras pardas.

Os Solos da Selva Negra do Concello de Santiago de Compostela

Aínda que a diversidade de solos é grande, Leptosols e Umbrisols son os máis amplamente distribuídos e representativos de Galicia