A Crise Da Civilización Labrega - Julia Varela

Embed Size (px)

Citation preview

  • 7/24/2019 A Crise Da Civilizacin Labrega - Julia Varela

    1/13

    1

    A CRISE DA CIVILIZACIN LABREGASistema escolar e despoboacin no mundo rural galego*

    Julia VARELAUniversidade COMPLUTENSE DE MADRID

    RESUMO : Galicia tivo durante moitos anos altos ndices de poboacin activa no mundo rural. Na

    actualidade, o envellecemento da poboacin e o descenso da natalidade poen de manifesto que estamos

    asistindo a unha grave crise da civilizacin labrega. Un dos moitos factores que contriburon a esta crise foi o

    abandono das escolas rurais, a sa substitucin polos grupos escolares das vilas e, en xeral, o pobre nivel

    de escolarizacin dos labregos durante o franquismo. Esta situacin esixe unha urxente planificacin do

    territorio, unha maior sensibilidade social da escola democrtica, unha mellor cualificacin profesional dosque opten por vivir nas zonas rurais, e tamn equipos e centros universitarios de investigacin e iniciativas

    empresarais que axuden a poer en marcha alternativas imaxinativas a prol dunha agricultura galega de

    calidade.

    PALABRAS CLAVE: Civilizacin labrega, escolarizacin, modernizacin, dominacin simblica, agricultura

    de calidade, capitalismo, democracia.

    ABSTRACT: For many years the rural areas of Galicia counted large numbers of people in the active labour

    force. At the present time, the aging population and the drop in the birth rate have shed light on the seriouscrisis affecting rural civilisation. One of the many factors that has contributed to this crisis was the closing of

    the rural schools, which were replaced by educational centres in the towns and cities and, in general, the

    poor school attendance of the children of farm workers during Francos regime. This situation requires that

    urgent attention be paid to town planning in addition to increasing social awareness as regards democratic

    education. Also needed is to improve the qualifications of professionals who choose to live in rural areas as

    well as to promote research teams and University centres and business initiatives that will help implement

    creative alternatives for the children of a quality agricultural world.

    KEY WORDS: Rural civilisation, schooling, modernisation, symbolic control, quality agriculture, capitalism,democracy

    Os estudos de socioloxa mis interesantes adoitan ser, ao meu xuizo, aqueles nos que se

    analizan as transformacins que se producen na organizacin do tempo e do espazo para

    entender os cambios que acontecen nas sociedades. Vou, polo tanto, servirme da concepcin do

    tempo e do espazo, e das relacins de poder que artellaban a civilizacin labrega para

    caracterizala. Para acercarme a esa civilizacin labrega que anda exista na postguerra nos

    pobos do interior de Galicia, e mis de perto na zona de Chantada, tomarei como referente

  • 7/24/2019 A Crise Da Civilizacin Labrega - Julia Varela

    2/13

    2

    principal o meu libroA Ulfe.A Ulfe un libro baseado en entrevistas en profundidade realizadas

    a homes e mulleres do concello de Chantada, de catro xeracins diferentes, que naceron e

    viviron no mundo rural. A travs das sas voces, da sa forma de narrar, e das sas historias de

    vida, pdese un decatar como foi, a partir da Guerra civil espaola, a civilizacin labrega, e

    observar o seu proceso de transformacin e crise1.

    O mundo de onte

    A concepcin que tian os labregos do tempo era moi diferente da nosa, das sociedades nas

    que predomina o urbano sobre o rural. Como moi ben d Andrs, un dos entrevistados no meu

    libro, daquelas non era coma hoxe, estaba o rel parado . O tempo concebase dun xeito cclico

    baseado no transcurso das estacins, nun ritmo repititivo marcado polos moitos traballos que

    haba que facer ao longo do ano, polas festas e feiras Os labregos e labregas eran

    verdadeiros artesns e artistas que facan innumerables tarefas, desde amasar o pan, tecer,

    facer vio, ata remendar unha pota, ou facer queixo e manteiga, por poer s algns exemplos.

    Pdese dicir que fronte aos seres especializados nos que nos imos convirtendo cada vez mis,

    que s sabemos facer unha cousa e, en concecuencia, non moi ben, eran seres universais, con

    mltiples capacidades e coecementos. Por outra banda ese traballo era un traballo moi duro.

    Soledad recorda: xogbamos e brincbamos e contbamonos as cousas unhas s outras e

    enchamonos de rir. E despois tiamos que ir a traballar. Traballando toda a vida! Traballbamostanto que non sei como estamos vivos! ECamila tamn o sublia cando di: daquelas non haba

    mquinas, todo o facamos ns a mao, sachar, segar, ir aos toxos, estender o esterco nos eidos,

    cuidar a ribeira Todo o vrao era de moito traballo pois estaba a sega do pan, a sega da

    herba.., no inverno pasbase millor, haba menos faena, estbase mis na casa, pese a que

    sempre haba que facer, coller ferraia pro ganado, munxir as vacas, cebar os marraos, atender

    as pitas, preparar o lio, fialo, tecelo, e tamn a lNo traballo participaban nenos, mulleres e

    homes, e moitas veces tamn familiares e vecinos que axudaban na matanza, na sega, navendima, na esfolla do millo.

    *Neste texto retomo, en termos xerais, unha parte da mia intervencin sobre A despoboacin da montaa galega:

    causas e consecuencias, que tivo lugar no IV Curso de Conservacin de recursos naturais no Caurel. Unha

    aproximacin multidisciplinar ao estudo do extremo occidental da cordillera cantbrica , dirixido por Javier Guitin en

    Seoane do Caurel, do 11 ao 15 de xullo, 2005.1Cfr. Julia Varela,A Ulfe. Socioloxa dunha comunidade rural galega, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2004.

  • 7/24/2019 A Crise Da Civilizacin Labrega - Julia Varela

    3/13

    3

    O espazo era un espazo moi preciso e minuciosamente coecido, xa que daquela ase a

    moitos sitios andando, e no camio encontrbase a outra xente e falbase con ela, ao tempo que

    se observaba o que pasaba arredor. Do mesmo xeito que na concepcin do tempo xogaba un

    papel central o traballo, na concepcin do espazo xogaba un papel central a casa, que constitua

    o eixe da socialidade, unha socialidade moi densa, na que o ns dominaba sobre o eu. Cada

    casa tia a sa identidade propia, o seu nome polo que eran nomeados e recoecidos todos os

    seus membros. Todos os vecios se coecan polos alcumes e apelidos. Moitos dos estudosos

    da vida labrega sinalan que os labregos teen unha memoria prodixiosa polo que se refire s

    sas experiencias, unha memoria que se alimenta da densidade e da riqueza da sa vida social,

    unha memoria que se insire nunha concepcin do espazo especfica e que funciona a partir de

    crculos concntricos que van desde o mis preto ao mis lonxe, desde o local ao xeral, do pobo

    vila, capital, a Europa, a Amrica, que abrangue os presentes e os ausentes, os vivos e os

    mortos, formando unha complexa trama que engloba a todos e cada un nas relacins cos

    demais. E precisamente esta densidade de relacins a que artella unha memoria en rede que

    permite integrar os elementos novos, decoecidos, unha memoria que se est a recrear

    continuamente a travs dos innumerables encontros, dos contos, da tranmisin de

    conocementos, decir, botando man permanentemente dunha rica, complexa e elaborada

    tradicin oral. Esa concepcin minuciosa e precisa do espazo fsico e social non non obstante

    tan pechada como poidera parecer, pois e emigracin desde o sculo dezanove fixo que

    Amrica estivese presente no imaxinario social. En todos estes pobos viva algun que emigrara

    a Cuba, a Arxentina, ou a Venezuela mis tarde, e xa nos anos sesenta e oitenta a Suiza,

    Alemania, Francia, Blxica, Inglaterra, de modo que sempre haba algn vecio que falaba das

    experiencias vividas neses pases.

    Estas categoras espacio-temporais de coecemento son a base dunha concepcin do

    mundo e da vida especfica, dunha cosmovisin e dun tipo de racionalidade e de pensamento

    distante do pensamento tcnico-cientfico e da lxica acadmica, ao que se adoita denominar

    mxico-mtico. Xeralmente contraponse o pensamiento mxico-mtico e o pensamento tcnico-

    cientfico. E se ben algns anda seguen hoxe empeados en considerar, presos dunha

    concepcin lineal do progreso, o pensamento mxico-mtico como mis atrasado e irracional,

    os conceptos atrasado e adiantado non serven para unha anlise sociolxica, xa que non serven

    para comprender que son dous xeitos diferentes de estar e de ver o mundo, cada un coas sas

    dimensins positivas e negativas.

  • 7/24/2019 A Crise Da Civilizacin Labrega - Julia Varela

    4/13

    4

    Pero ademais, as relacins sociais, a dinmica social, estn tamn marcadas polo sistema

    das relacins de poder, unhas relacins que non s se manifestan respeito s autoridades

    oficiais, senn tamn entre vecios, uns mis ricos ca outros, entre homes e mulleres e entre

    adultos e nenos. Pdese dicir, dun modo moi breve, que un dos trazos importantes desta

    civilizacin labrega que se manifesta en moitas ocasins unha tendencia dominacin

    masculina. Segundo Norbert Elias a dominacin masculina mstrase especialmente naquelas

    sociedades nas que ten unha especial relevancia a forza fsica, sociedades nas que os homes

    adoitan gozar dun estatuto considerado superior. E sen dbida esa forza unha caracterstica

    moi valorada nas zonas rurais, onde s veces era necesaria, o que non significa que as mulleres

    non desenvolvesen tamn unha forza fsica notable e unha forte resistencia para o traballo.

    Nas comunidades rurais existan relacins de poder disimtricas baseadas na riquezamaterial, e en diferenzas ideolxicas. Pero se lles facemos caso aos entrevistados non era

    suficiente posur mis riquezas materiais para ser aceptado como autoridade na comunidade, xa

    que para iso ademais haba que ter calidades morais, unha certa tica persoal, e tamn

    capacidade de reflexin, de mediacin e de negociacin. Tamn a relacin dos adultos e dos

    nenos era especial na medida en que anda non se xeneralizara a idea, que xa era dominante na

    burguesa, de que os nenos son moi diferentes dos adultos, que teen unha forma distinta de

    pensar, de sintir e de actuar.

    Pdese dicir, pois, que estamos ante unha civilizacin cuxa maneira de percibir, de clasificar

    e de coecer o mundo e, en consecuencia, de actuar, moi diferente da que exista nas

    comunidades das vilas e das cidades, nos burgos da burguesa. Unha civilizacin cunhas

    caractersticas bastante semellantes episteme renacentista, descrita por Michel Foucault no

    seu libro Les mots et les choses, na que dominaba unha forma de saber en que todo estaba

    ligado con todo: o ceo, a terra, os homes, as cousas, os vivos e os mortos 2. De a a importancia

    que tian as estacins e as fases da la para facer moitas tarefas, o peso dos refrns, a fortepresenza que tian os mortos na vida dos vivos De todo elo se derivaba, polo xeral, un

    respecto pola xente e pola terra. Era un mundo en que as categoras do natural e do

    sobrenatural anda estaban moi mesturadas, fronte ao que sucede en sociedades nas que

    domina unha racionalidade de tipo tcnico-cientifico.

    2Cfr. Michel Foucault, Las palabras y las cosas. Una arqueologa de las ciencias humanas, Mxico, Siglo XXI, 1968.

  • 7/24/2019 A Crise Da Civilizacin Labrega - Julia Varela

    5/13

    5

    Escola e cambio social

    Esta civilizacin, froito dunha riqueza construda colectivamente, cuxos trazos se foron

    constitundo ao longo dos sculos, comezou a crebar coa introduccin no mundo rural do que

    Max Weber chama o espritu do capitalismo, coa bsqueda dun beneficio inmediato que cambioua relacin coa terra, cos seres humanos e co dieiro, que pasaron as a se converter en

    mercadoras.

    Os procesos que deron lugar despoboacin comezaron na Espaa da postguerra co Plan

    de estabilizacin de 1959. E pouco despois cos chamados Plans de desenvolvemento, que non

    mostraron unha mnima sensibilidade cara os pequenos labregos, cuxa cultura se despreciaba

    por consideralaatrasada e irracional. Pero ser sobre todo a partir dos anos setenta, coa

    chamada modernizacin, cando eses procesos se intensificaron ata chegaren a esnaquizar de

    forma aparentemente irreversible a civilizacin dos pequeos propietarios rurais.

    A despoboacin est vencellada a diferentes procesos, algns deles de carcter estructural.

    A forte demografa na postguerra era dificilmente compatible coas formas que adoptaba naquel

    intre a propiedade da terra e coas formas de transmisin da herdanza, que se dividan e

    subdividan as terras en cada nova xeracin. Tivo entn lugar como xa se sinalou unha forte

    emigracin a partir dos anos sesenta. Pero tamn houbo outros factores moi importantes ligados

    a un proceso de individualizacin crecente e a un cambio de mentalidade, vencellado con ese

    individualismo e coa entrada no mundo rural dos medios de comunicacin, que mostraban unha

    nova sociedade productivista e de consumo que faca especialmente atractivas as cidades para

    os xvenes.

    Voume deter agora un pouco mis noutro dos factores, relacionado cos anteriores, e que

    tamn contribuu ao abandono do campo: os cambios producidos no modo de socializacin dos

    rapaces e rapazas: o papel que xogou a escola en todos estes procesos de cambio social.Contino as interesndome por esclarecer as funcins do sistema escolar en distintos perodos

    histricos, algo que veo facendo desde hai xa moitos anos.

    Neste sentido vou botar man dalgunhas entrevistas, a modo de ilustracion, contidas no libro

    da Ulfe. Se comezamos polas daqueles que teen mis idade, arredor de oitenta anos,

    encontramos que, por exemplo, Pedro d que chegou a aprender as catro reglas por casualidade,

    xa que tia que traballar e axudar na casa, pois era o mis vello dos irmans, as que cando se

    poa escola polas noites s veces a a ela. Tamn nos d que cando il era pequeno algns an

  • 7/24/2019 A Crise Da Civilizacin Labrega - Julia Varela

    6/13

    6

    aprender a leer e escribir a diferentes lugares, xa que nun pobo dos arredores haba un cura e os

    que queran estudar an al, e tamn haba outra xente que era algo estudada, que saba as catro

    reglas e poa clase, e que despois tamn vieron os mestres. Segundo Camila, cando eramos

    nenos traballbamos sempre, ibamos cos porcos ou coas vacas, por lea, por auga fonte, xa

    que daquela a auga non estaba metida na casa Cando eramos pequenos tiamos unha

    maestra que non vala nada, e tuveramos outro maestro que chegaba e poase a dormir. A

    maestra poase a facer punto e non faca outra cousa, as que a ler e a escribir aprendimos

    malamente3.

    Mara, unha ducia de anos mis nova, cntanos que foi escola na Ulfe, que era unha escola

    mixta, na que haba s veces corenta nenos e nenas, uns de catorce anos e outros menores de

    seis. Ela mesma comezou a ir escola aos tres anos, pois a sa nai deba traballar e non tiacon quen deixala. A Mara gustballe moito a escola, se ben non a todo o que quera, ao ter que

    coidar un tio vellio. E anda que tia facultades para estudar, e a mestra quera que seguise

    estudando, non a deixaron na casa. Tamn d que antes os nenos non era coma hoxe, pdese

    decir que non eran nenos, axudaban na casa desde pequenos. Cando eu era pequena non

    haba Reises.

    Para caracterizar as xeracins un pouco mis novas, que xa an mis escola, recorreremos

    ao testemuo de Rosa: Eu fun escuela na Ulfe toda a vida. Aquela escuela cando eu iba elaera fantstica. ramos unhos trinta ou cuarenta rapaces Acrdome dunhos libros fantsticos,

    que anda andarn por al, de historia de Espaa, que era a cousa que mis me gustaba. Porque

    entonces tiamos a Dalmau, que era unha enciclopedia normal, grande, con todo, matemticas,

    lenguaxe, arimtica, gramtica Os nenos, hoxe por hoxe, a inmensa maiora, primeiro

    asrbennos os libros moito, fan moitos ejercicios, moitas cousas, e tardan moito tempo en

    desprazarse. Non o mismo que cando o profesor via pueblo, e al os nenos cuidaban as

    galias, traan auga, collan castaas, iban axudar a recoller as patacas Formaban parte davida da familia e dos traballos no momento en que se poda. Eu teo pa min que eso era tan

    creativo como o que fan hoxe. E notbase!. Oes, axudabas un poquito e era un estmulo, non

    sei, collas unha ilusin: voume levantar cedo que vou coller castaas, ou salir da escuela vou

    s mazs, ou vou comendo a merenda e vou polas vacas. Ahora revs: os nenos cando

    3Sobre as escolas rurais e a escolarizacin dos nenos rurais cfr. Narciso de Gabriel, Escolantes e escolas deferrado, Vigo, Edicins Xerais de Galicia, 2001.

  • 7/24/2019 A Crise Da Civilizacin Labrega - Julia Varela

    7/13

    7

    veen, chegan agotados. Vanse de noite e regresan s sas casas de noite. Eu creo que este

    sistema inda fomentou a golfera, aparte do desarraigo, entre a xente xoven.

    Segundo Pepe, a maestra tratbanos como nos tia que tratar, dbanos caa. Ns eramos

    unhos revoltosos da leche, eramos unhos trinta polo menos Pero gracias a eso sabemos ler eescribir e facer contas. Eramos trastes de todo Eu iba de boa gana a escuela pois polo menos

    librbame de facer outras cousas. Antes de ir escuela, por ejemplo, na primavera, que haba

    que sachar as patatas, xa deixabas o choio feito. E despois ibas escuela a dormir Os nenos

    axudaban seguido a todo.

    A estas voces smanse as da xeracin mis nova, que foron xa escola da vila. Camilo, por

    exemplo, afirma: Vir pra Chantada pra ns, prs chavales, era un pouco fuerte, pero haba que

    se adaptar. xente rural tannos coma si framos de segundo grado. Parece que estabas un

    escao mis abaixo cs de Chantada. Eso sempre pasou cos rapaces de Chantada. Cos

    maestros non tanto, penso () A mn non me gustaba moito estudiar, e ademais, despois do

    fracaso do meu irmau, eu non quixen seguir estudiando4.

    Ao cambio xeral contribuu, polo tanto, o cambio acontecido no mbito da educacin escolar e

    viceversa. No ambito da educacin a transformacin principal foi o paso das escolas mixtas,

    inseridas no medio rural, aos centros escolares construdos nas vilas, promovidos pola

    concentracin escolar. Deste xeito os nenos e nenas dos pobos pequenos entraron en contacto

    cun mundo urbano no que tiveron que aprender a moverse. E anda que a escola mixta non era

    a sa escola, e a moitos deles non lles interesou, pois era allea s sas preocupacins e

    intereses inmediatos, era unha escola mis prxima que non os sacaba do seu entorno, unha

    escola que logrou atraer a algns deles malia estar distante da sa cultura. Pdese dicir que a

    concentracin escolar contribuiu anda mis a desarraigar as novas xeracins de adolescentes

    que vivan no mundo rural a partir dos anos setenta, xa que na maiora dos casos non contribuiu

    a ofrecerlles medios de insercin social. Os nenos rurais sentanse como se fosen de segunda

    clase, como eles mismos din, sentanse rexeitados polos nenos da burguesa das vilas pola sa

    forma de falar, de vestir, de moverse De a que moitos deles fracasasen e non quixesen

    seguir no ensino secundario, un fracaso que resultaba funcional s polticas oficiais.

    Como estamos vendo, o sistema escolar, tanto o das escolas mixtas dos pobos pequenos

    como o que se desenvolveu nos centros escolares das vilas durante o franquismo, foi incapaz de

    4Cfr. Julia Varela, A Ulfe op. cit. pp. 203 e 250.

  • 7/24/2019 A Crise Da Civilizacin Labrega - Julia Varela

    8/13

    8

    procurar aos nenos e nenas que vivan no mundo rural unha formacin de calidade, unha

    formacin propia dunha escola democrtica e republicana, e esa falta de formacin foi, moi

    posiblemente, un dos principais factores que explica que moitos labregos non creasen e

    mantivesen con xito cooperativas, pequenas industrias de produccin e transformacin. O

    sistema escolar non era entn percibido polas clases populares labregas como un medio de

    promocin social, fronte ao que pasou anos despois, cando unha vez instalados nas vilas e

    cidades os seus fillos tiveron acceso aos estudos universitarios. Pero daquela xa a formacin

    universitaria perdera en boa medida a forza que tivo nos anos sesenta e setenta como va de

    movilidade social.

    A urbanizacin do mundo rural

    A dialctica mundo rural/mundo urbano reenva divisin do traballo, divisin entre traballo

    manual e traballo intelectual, reenva tamn divisin entre o mundo material da natureza e o

    mundo dos poderes simblicos, pois sobre todo nas vilas e nas cidades onde se xuntan

    maxisterios e ministerios: igrexa, administracin, poder poltico, xustiza, universidades, bancos

    Convn subliar que unha boa parte de axentes sociais letrados, aln da mestra e o cura, que

    tiveron especial influencia no mundo rural durante as dcadas dos anos sesenta, setenta e

    oitenta, tales como os enxeeiros agrnomos, os veterinarios, os funcionarios da extensin

    agraria, os encargados da repoboacin forestal, e outros, non axudaron a fixar a poboacin nomundo rural, nin a que se valorase a sa cultura e as sas formas de vida, senn que mis ben

    contriburon, malia as sas boas intencins en moitos casos, a descualificar os seus saberes e

    as sas prcticas. Como moi ben sinala Pepito, sabamos facer de todo pero chambannos

    atrasados. Eses axentesconverteronse en axentes da dominacin simblica dos labregos, un

    proceso semellante ao que mostrou, no caso francs, Claude Grignon. Grignon sostn a tese do

    uso diferenciado da escola no mundo rural polas distintas clases dominantes. Mentres que para

    a Igrexa e para os grandes propietarios agrcolas, dicir, para as vellas fraccins que exercentradicionalmente o poder no mundo rural, trtase de conservar tanto cualitativa como

    cuantitativamente a un campesiado sometido sa influencia, para outras fraccins da

    burguesa e da pequena burguesa urbana, tales como os agrnomos, os funcionarios, os

  • 7/24/2019 A Crise Da Civilizacin Labrega - Julia Varela

    9/13

    9

    profesores e os polticos prximos s novas clases medias, trtase de transformar o

    campesiado en funcin dos seus proxectos modernizadores5.

    Sen dbida as polticas de desenvolvemento e a modernizacin constituron o marco que

    axuda a comprender estes cambios, un desenvolvemento que esixa que a explotacin familiarde subsistencia fose remprazada por unha empresa familiar na que se aplicasen criterios de

    racionalizacin capitalista do traballo co fin de obter a mxima rentabilidade. Unha lxica

    econmica dificilmente aplicable nun sistema de propiedade rural minifundista coma o galego. O

    terceiro plan de desenvolvemente di explicitamente que imprescindible a creacin de formas de

    vida urbana nos ncleos rurais (novos servizos, concentracin escolar, cursos e actividades

    sociais). Non s os polticos, tamn a prensa, mesmo nos tempos da democracia, segua

    dicindo que era necesario que diminuise a poboacin rural, e segundo a Xunta sobrabancentosde miles de labregos en Galicia. Estas manifestacins tian lugar nun momento en que o traballo

    asalariado entrara en crise e xa empezaba a escasear o traballo protexido, defendido a travs

    dos convenios colectivos e das organizacins sindicais nas cidades, decir, nun momento en

    que comezaba a estenderse con forza o traballo precario e se falaba sen vergoa da necesidade

    de aceptar o paro estructural. O campo galego entrou as nun profundo abandono ao ser

    obxecto de polticas agraras errticas impostas desde arriba, que anda continanhoxe, e que

    obrigaron aos labregos a endebedarse coa compra de nova maquinaria, aln de vrense

    sometidos a unha tensin derivada dun mercado internacional de corte cada vez mis neoliberal.

    As vacas tolas constituron un golpe moi forte para aqueles que apostaron pola produccin de

    carne, e as cotas da leite primaron as grandes explotacins en prexuzo das pequenas.

    O proceso de desintegracin do espazo rural pxose ben de manifesto no acelerado

    incremento do ndice de suicidios de labregos vellos que van como inevitablemente se

    abandonaban casas que perviviran s veces ao longo de sculos, xeracin tras xeracin. Os

    vellos laibanse de non teren sabido ou podido transmitir s novas xeracins o mundo herdadodos seus antergos. Ao se derrubar a casa os labregos quedaban sen espazo. Ao abandonar as

    hortas e o traballo da terra en beneficio das explotacins leiteiras perdan tamn a sa

    concepcin do tempo mxico-mtica, e pasaban a seren controlados polo reloxo. O reloxo urbano

    entraba no campo cando a civilizacin labrega se desangraba. As vellas casas labregas de

    pedra e o contorno rural sofriron entn un proceso de degradacin: cocias esnaquizadas,

    5Cfr. Claude Grignon, La enseanza agrcola y la dominacin simblica del campesinado, en VVAA, Espacios depoder, Madrid,Editorial La Piqueta, 1981, pp. 53-84.

  • 7/24/2019 A Crise Da Civilizacin Labrega - Julia Varela

    10/13

    10

    chatarra tirada polas eiras, coches de segunda man abandonados Os labregos cambiaban os

    vellos mobles, as mesas de madeira maciza e as tellas polos novos, e s veces mis cmodos,

    obxetos de consumo, por brillantes mobles de formica e tellados de uralita. Moitas mulleres, pola

    sa banda, comezaron a traballar como asistentas nas vilas prximas. E os xvenes,

    engaiolados polos coches, as mquinas tragaperras, as discotecas, a televisin e as luces da

    cidade dronlle as costas ao pasado. O consumo de drogas duras, que comezou causando

    estragos nos anos setenta entre os xvenes da pequea burguesa das villas, estendase agora

    aos do medio rural. A inseguridade e o imaxinario do medo, promovido tamn insistentemente

    pola televisin, entraba as nas aldeas substitundo o medo real que antes se tia garda civil.

    O proceso de urbanizacin, e o consiguinte proceso de desaparicin do mundo rural, non

    un fenmeno exclusivo de Galicia, responde, en realidade, a unha dinmica social que afectouen distintos momentos a diferentes pases europeos. A cada da poboacin activa no sector

    primario e na industria e o crecemento no sector servizos caracteriza o desenvolvemento

    capitalista na Espaa dos ltimos coarenta anos. Nos ltimos dez estamos asistindo entrada

    dun continxente importante de emigrantes procedentes sobre todo da Amrica latina e de

    Marrocos. Pases como Francia sofriron uns cambios parecidos con anterioridade a Espaa.

    Pero en Francia potenciouse un forte cooperativismo nas zonas rurais, por exemplo, na Bretaa,

    mentres que en Galicia a sangra das zonas rurais foi favorecida pola propia administracin

    poltica da dictadura de Franco, que sostia unha concepcin tecnocrtica do desenvolvemento,

    e tamn, como xa sinalamos, pola falta de formacin escolar dos labregos, que os incapacitou

    para se adaptaren a un mundo de cambio social acelerado que responda a outras regras de

    xogo.

    En Galicia o envellecemento da poboacin rural vai acompaado dunha forte cada da

    natalidade. A proposta de urbanizacin do mundo rural parece ser hoxe o lema que serve de

    consenso s diferentes forzas polticas para facer fronte situacin que atravesa o mundolabrego. O turismo rural, as casas rurais, o chamado senderismo, os museos de tipo

    antropoloxico, son algunhas das alternativas que se barallan para fixar a poboacin no campo.

    En Inglaterra parece que se realizou con certo xito a rehabilitacin de aldeas abandonadas para

    convertilas en residencias dunha terceira idade con medios. E non falta quen pensa que esa

    rehabilitacin das aldeas valeiras sera outra forma de potenciar o turismo rural en Galicia.

    Algns ecoloxistas seguen anda moi preoupados coa sorte que poden correr os buitres

    leonados e outras especies en perigo de extincin, sen se decatar que esa sorte est vencellada

  • 7/24/2019 A Crise Da Civilizacin Labrega - Julia Varela

    11/13

    11

    a que non se abandone o campo nin se cultive utilizando herbicidas e pesticidas, dicir, a que se

    sigan a aplicar criterios economicitas propios dun capitalismo salvaxe.

    Reflexions finais

    Poideron as escolas unitarias, as escolas mixtas, e as concentracions escolares ter

    contribudo a abrir un escenario distinto para os xvenes de ambos sexos do mundo rural? Sen

    dbida. Non obstante, se se excepta o compromiso moral dalgns mestres e mestras

    extraordinarias, durante o franquismo, e mesmo mis tarde na democracia, a sa sensibilidade

    social non estaba moi estendida. As pedagoxas lexitimistas, impostas pola forza da lei, non

    deixaban espazo para o desvelamento das desigualdades sociais e para a promocin da

    igualdade. Pola sa banda, a LOXSE, que desde a victoria do PSOE nas eleccins de 1982 foi

    percibida por moitos como unha panca de cambio democrtico na escola, introducu as

    pedagoxas relativistas, mais fortemente impregnadas de valoracins psicolxicas, o que

    constituu un atranco para a elaboracin de proxectos pedagxicos progresistas6. Impuxse as

    no mbito educativo unha lxica de funcionamento que impediu que os fillos e fillas dos labregos

    sintiran a escola coma sa.

    Na actualidade, e malia a incorporacin dos labregos seguridade social polo goberno do

    PSOE, a despoboacin un feito, as como o rexeitamento por parte da maiora dos xvenes

    fillos de labregos a se incorporaren ao mundo rural. Non se realiza polo tanto un relevo

    xeracional. Sen embargo o sistema educativo podera e debera ser, como corresponde a unha

    sociedade democrtica, unha instancia fundamental para formar as novas xeracins que queiran

    vivir no campo. As pequenas explotacins deberan poder coexistir con otras mis grandes.

    Galicia anda presenta unhas condicins ptimas para a produccin de alimentos de calidade

    que redes de distribucin e cooperativas de produccin e de consumo deberan promocionar.

    Anda posible, vencendo os inevitables atrancos, recorrer a concentracins parcelarias que

    permitan recuperar e manter a rica diversidade de rbores froitais e as sementes autctonas.

    Neste sentido a poltica agrcola da Xunta semella ter perdido un tempo precioso dedicado ao

    estudo de castaas e outras froitas tranxnicas. A extensin agraria ten moito traballo por diante,

    6Procurei obxectivar o forte pulo das pedagoxas psicolxicas, as como a vinculacin da LOXSE coas novas clases

    medias, nalgns dos meus traballos. Cfr. Julia Varela,El triunfo de las pedagogas psicolgicas, Cuadernos de

    pedagoga, n 198, 1991, texto recollido por Tomaz Tadeu da Silva (Ed), Las pedagogas psicolgicas y el gobierno

    del yo en tiempos neoliberales, Morn (Sevilla), Cooperacin Educativa Kikiriki, 2002, pp. 75-83. Pdese ver tamnJulia Varela, Una reforma educativa para las nuevas clases medias,Archipilago, n 6, 1991, pp. 65-72.

  • 7/24/2019 A Crise Da Civilizacin Labrega - Julia Varela

    12/13

    12

    non s acostumarse a escoitar e aprender dos vellos labregos moitas cousas importantes que

    estn a punto de perderse, senn tamn a telos en conta e permitirlles participar nos cambios,

    algo que esixe a democracia.

    posible promover unha alimentacin natural dos animais e a creacin de granxas decalidade, o que sen dbida non s pode contribur ao turismo rural senn tamn ao urbano. Pero

    esto non se pode facer a travs dun control exhaustivo, aparentemente guiado por unha lxica

    racional, cando de feito as axudas unicamente chegan s grandes explotacins e cando a

    denominacin de orige da ternera galega adxudcase case en exclusiva a Coren e outras

    grandes empresas, mentres se trata de afogar os pequenos propietarios que manteen unhas

    poucas cabezas de gando7. Sera factible crear unha cadea de distribuccin de productos de

    calidade con denominacin de orixe, e favorecer os mercados locais e as feiras onde tamnteran sada estes productos orgnicos, ecolxicos, boicoteados moitas veces polos

    intermedarios e polas grandes superficies. Galicia non ten porqu seguir inexorablemente os

    pasos dun capitalismo incontrolado, cuxos efectos negativos xa se estn a ver noutros pases

    vecios: contaminacin das augas e das terras, envenenamiento da fauna, desaparicin de

    moitas especies, explotacin intensiva da terra Debera poerse en marcha unha planificacin

    integral e integrada do territorio, rural e urbano, na que traballen especialistas de diferentes

    campos, e consensuada coa poboacin afectada, unha planificacin que permitise a coexistencia

    de distintas formas de economa, de distintas formas de cultura e de vida, pois na supervivencia

    desa diversidade radica a nosa riqueza material e simblica.

    Para esta tarefa de dinamizacin do mundo rural, respectuosa cun desenvolvemento sostible,

    necestanse xvenes emprendedores con formacin escolar, con cualificacin profesional,

    tcnicos de grao medio, diplomados, licenciados, investigadores, enxeeiros agrnomos que

    saiban conxuntar tradicin e innovacin, e a elo pode e debe contribur o sistema pblico de

    ensino. Nunha sociedade democrtica o ensino, a instruccin, os coecementos, soninstrumentos necesarios para a formacin da cidadana, dunha cidadana democrtica. Michel

    Serres escribu xa fai anos que a desaparicin dos labregos, dos campesios, era un dos

    acontecementos mis importantes do sculo vinte, cuxas consecuencias tian que ser

    7O mesmo pasa coa mar, que tamn est nas mans de grandes empresas, vxase senn a concesin da Xunta no

    derradeiro consello do goberno do PP a Pescanova para a acuicultura. Semella que non hai modo de repartir a

    riqueza, que deste xeito se acumula cada vez mis en poucas mans, ao que contribe un tipo de mercado queparadoxicamente se denomina libre mercado.

  • 7/24/2019 A Crise Da Civilizacin Labrega - Julia Varela

    13/13

    13

    analizadas en profundidade. Anda a sa proposta sigue vixente. E canto antes fagamos fronte a

    este reto, un reto vital para Galicia, mis claras expectativas se abrirn para o presente e para o

    futuro.