20
A ditadura de Franco 1. O réxime político franquista 2. A posguerra (1939-1945) 3. O asentamento do rexime (1945-1959) 4. Desenvolvemento económico (1959-1973) 5. A agonía do franquismo (1973-1975) Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

  • Upload
    buinhi

  • View
    214

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

A ditadura de Franco1. O réxime político franquista

2. A posguerra (1939-1945)

3. O asentamento do rexime (1945-1959)

4. Desenvolvemento económico (1959-1973)

5. A agonía do franquismo (1973-1975)Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 2: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

1. O réxime político franquista

• Unha ditadura militar, un estado confesional.

• Os vencedores: os apoios do franquismo.

• As vencidas: exilio, represión e censura.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 3: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

A ditadura de Franco

• O réxime político creado por Franco durou 36 anos, até a morte do ditador, de 1939 a 1975.

• Foi un réxime moi ligado á persoa e á personalidade do ditador.

• O apego de Franco polo poder, os grandes apoios cos que contou e a gran represión sufrida polo pobo explican a duración da ditadura.

• Franco era xa desde o 1 de outubro de 36 o xefe de Estado e de Goberno, tendo asumido todos os poderes [ver esquema].

• As Cortes limitábanse a aprobar as leis do goberno e os seus membros eran nomeados por Franco.

• Só existía un partido legal, a FET e das XONS, reunía os vencedores da guerra.

• Dereitos e liberdades foron suprimidos.

• Reprimiuse duramente toda manifestación política non españolista.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 4: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

Os vencedores: os apoios do franquismo A ditadura tiña o apoio dos mesmos sectores sociais que apoiaran a sublevación

militar contra a República.

A vitoria consolida o poder destes grupos e asegura o control sexa do movemento obreiro, sexa dos nacionalismos non españolistas.

Daquela quen se beneficia coa vitoria dos sublevados?

O exército foi a maior garantía para Franco. Por iso, moitos dos seus mandos ocuparon as máis altas responsabilidades do Estado e mais nas empresas propiedades do Estado.

A Igrexa católica beneficiouse moito, porque o novo estado é confesional: volve o ensino católico e suprímese o matrimonio civil.

Terratenentes e grandes empresarios (como Barrié de la Maza), que ven suprimida a reforma agraria e prohibidos os sindicatos.

Parte da clase media apoia o franquismo, pola mentalidade conservadora e polo desexo de paz.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 5: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

As vencidas: entre exilio e represión

A represión do descontento favorece a continuidade da ditadura.

A refresión atinxe ao bando republicano. As vencidas sofren marxinación social, condenas a traballos forzosos ou son fusiladas.

Vítimas de represión, milleiros de persoas parten ao exilio. Foi unha enorme perda humana e cultural.

Prohibición de linguas diferentes do español.

CENSURA.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 6: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

2. A posguerra (1939-1945)

• Un goberno de orientación fascista

• Unha economía devastada

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 7: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

Un goberno fascista

Os primeiros anos do franquismo estiveron condicionados pola marcha da II GM.

As simpatías de Franco estaban coa Alemaña nazi: a División Azul apoiará a Alemaña na fronte rusa. Imponse a obrigatoriedade do saúdo fascista.

Este anticomunismo visceral determinará a influencia da Falanxe no goberno. A falanxe, a súa sección feminina e as xuventudes controlan e disciplina a poboación.

Porén, as vitorias aliadas, con todo, obrigan a Franco a ser neutral e a partir de 1945 España sofre o illamento internacional.

Franco reacciona impondo a autarquía:

Créase o Servizo Nacional do Trigo e o INI.

A represión será moi dura, con milleiros de condeas a morte e a traballos forzados, facendo desaparecer case toda a oposición. Quedarán os maquis como Foucellas ou o Piloto.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 8: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

Unha economía devastada

Tras a guerra, un gran número de infraestruturas estaban destruídas.

Os campos tardaron varios anos en se recuperar.

O retroceso económico fai as persoas regresaren ao rural.

As cidades están desbastecidas e o Estado impón o racionamento.

Aparece o mercado negro (estraperlo).

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 9: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

3. Asentamento do réxime (1945-1959)• A ditadura sae da corentena internacional.

• O falanxismo perde influencia.

• A chegada dos tecnócratas.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 10: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

A ditadura sae da corentena Ao final da II GM, parecía que os Aliados ían intervir en España.

Porén, prefiriuse forzar o cambio político en España mediante o illamento internacional (corentena) da ditadura:

España non é admitida na ONU.

Retirada de embaixadores.

Peche da fronteira francesa.

A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a invasión.

Con todo, o contexto da Guerra Fría converte a Franco nun firme aliado anticomunista.

A comezos dos 50, España asina un novo Concordato e un Tratado de Amizade cos Estados Unidos: bases militares a cambio de axudas económicas.

En 1955, España entra na ONU.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 11: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

O falanxismo perde influencia

A derrota nazi supón a perda de influencia dos falanxistas.

A partir de 1945 a maioría de cargos repartiranse entre católicos e monárquicos.

Suprímese o saúdo fascista e as FET das XONS serán o "Movemento Nacional".

A ditadura denomínase "ditadura orgánica".

En 1951 voltan as folgas e hai importantes disturbios nas universidades en 1956.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 12: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

A chegada dos tecnócratas

A partir dos anos 50, a economía española volve aos niveis de preguerra.

Suprímese o racionamento; así e todo, mantense a autarquía.

A finais da década de 50, o país estaba ao borde da bancarrota.

Chegan ao goberno persoas vinculadas aos católicos do Opus Dei, técnicos que estudaran nas universidades norteamericanas.

Os novos dirixentes propoñen un Plan de Estabilización en 1959:

Estabilízase a moeda.

Facilítase a creación de empresa privada.

Permite a entrada entrada de investimentos estranxeiros.

Redúcense os aranceis,

Abandónase a autarquía. España aproxímase ao capitalismo liberal.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 13: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

4. O desenvolvemento económico(1959-1973)• Cambios económicos

• Cambios demográficos

• Cambios sociais

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 14: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

Cambios económicos

Entre 1960 e 1973 prodúcense os seguintes cambios:

A produción industrial chega a aumentar máis dun 7% nalgúns anos.

Expansión dos servizos, nomeadamente o turismo, unha das principais actividades económicas do país.

A agricultura mecanízase: aumenta a produción agraria, aumenta o paro e o éxodo rural ás cidades.

Este crecemento foi apoiado polo investimento estranxeiro, que buscaban man de obra de obra barata e poucos impostos.

Os emigrantes e os turistas eran unha importante fonte de divisas.

Porén, o crecemento foi desequilibrado: para o remediar créanse os "Plans de Desenvolvemento". Así e todo, Madrid, barcelona, País Vasco e Levante concentrarán as actividades económicas.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 15: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

Cambios demográficos

O cambio económico provoca un gran aumento da poboación.

O baby boom acompáñase dun éxodo rural.

España convértese a partir dos 60 nun país urbanizado, máis parecido aos da contorna.

As cidades, con todo, carecen de infraestruturas suficientes.

A industria e os servizos non absorberon toda a man de obra, o que provocou que nestes anos 2 millóns de españois tivesen que emigrar.

A emigración foi estimulada polo Goberno. Centos de miles de galegos e galegas emigran entre os anos 50 e 60 (a América primeiro e a Europa, despois).

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 16: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

Cambios sociais

O éxodo rural marca o início da fin da cultura tradicional galega.

A expansión económica dos 60 converte España nunha sociedade de consumo.

Popularízanse obxectos (televisión, coche, lavadora) na vida cotiá.

As novas actividades económicas exixen unha mellora da formación (máis banqueiros, proletariado cualificado, profesións liberais, etc.)

A educación obrigatoria extendese até os 14 anos.

O turismo trae novos valores, aires de liberdade.

A ditadura modera a represión.

A Lei de Prensa elimina a censura previa, aumenta a liberdade de expresión

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 17: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

5. A agonía do franquismo (1973-1975)

• A reorganización da oposición

• Crise final do réxime

• Breve balance

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 18: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

A reorganización da oposición

Os cambios socioeconómicos reflíctense nun aumento da oposición.

A partir do 56, o PCE cambiara de estratexia, aposta pola reconciliación nacional.

En 1962, a oposición toda reúnese en Munique (o "contubernio")

Anos máis tarde, créase a "Xunta Democrática" e a "Plataforma de Converxencia democrática".

Na Galiza, os 60 son anos de lotas campesiñas; créanse novos partidos (PSG, UPG) que retoman o legado do PG de Castelao.

No tardofranquismo nacen novas formas de oposición:

Movemento estudantil

Movemento veciñal

Movemento sindical (as C.C.O.O)

Terrorismo de ETA, GRAPO E FRAP.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 19: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

Crise final do réxime

A crise económica do 73 provoca:

Inflación

Paro

Descenso na entrada de divisas.

Retorno da emigración, e por tanto máis paro.

En definitiva, os 70 son anos de descontento social: aumentan as folgas e a represión.

ETA contribúe a acelerar a crise ao matar o presidente do goberno, Carrero Blanco.

O réxime promulga condenas a morte mentres entrega o Sahara a Marrocos (a raíz da "Marcha Verde").

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas

Page 20: A ditadura de Franco - … · Ao final da II GM, parecía que os ... A ditadura parecía acurralada e a guerrilla intentará a ... a custo do Estado, as clases altas. Frente ao nivel

Breve balance A ditadura franquista durou 36 anos polo gran apoio dunha parte da

poboación e tamén polo prolongado labor de represión.

Os cambios sociais provocados pola mellora da economía puxeron de manifesto o anacronismo que supuña o franquismo.

A pesar da propaganda, a ditadura consolidara as desigualdades entre españois.

Aumentou certamente o nivel de renda, mais deixouse desprotexida a clase traballadora, precisamente a que perdera a guerra, mentres se enriquecían, a custo do Estado, as clases altas.

Frente ao nivel cultural dunha minoría, contrastaba o baixo nivel cultural da maioría, o que incrementaba a dependencia do estranxeiro.

Finalmente, un réxime tan personalista estaba condenado ao morrer o ditador.

Carlos Diaz Dieguez – IES As Mariñas