4
A EOXI DE VIGO PREPARADA PARA GARANTIR A ATENCIÓN Á GRIPE O Plan de Continxencia da Gripe establece a articulación dos diferentes niveis asistenciais e a coordinación dos servizos e recursos para optimizar a atención á gripe e as súas consecuencias O xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, reiterou a mensaxe da importancia de vacinarse xa que “hoxe en día a mellor prevención contra a enfermidade é a vacinación” A Atención primaria é o primeiro elo da cadea dos niveis de atención, en torno ao que se artella o resto de servizos asistenciais Dependendo do nivel de alerta, o Plan establece varias medidas; entre as intrahospitalarias cabe subliñar a priorización das probas aos pacientes hospitalizados; a duplicación das camas das habitacións individuais; a axilización dos procesos de ingreso desde a urxencia; os traslados intercentros ou a modificación da programación cirúrxica entre outras Vigo, 16 de novembro do 2017. O xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, presentou hoxe o Plan de Continxencia para a Gripe 2017/18 da área sanitaria de Vigo, “un Plan que establece a articulación dos diferentes niveis asistenciais e a coordinación dos servizos e recursos para optimizar a atención á gripe e as súas consecuencias ”-dixo. Nesta presentación estivo acompañado polos xefes dalgúns servizos clínicos implicados na atención a esta enfermidade, como o de Urxencias, Luis Amador; Medicina Preventiva, Victor del Campo; Medicina Interna, Manuel Crespo; Pneumoloxía, Alberto Fernández Villar; Microbioloxía, Benito Regueiro; Medicina Intensiva, Dolores Vila; Xeriatría, José M. Vega; Pediatría, José R. Fernández Lorenzo; Unidade de Curta Estadía, Martín Rubianes, e o xefe da Unidade de Atención primaria de Matamá, Leopoldo García Méndez.

A EOXI DE VIGO PREPARADA PARA GARANTIR A ATENCIÓN Á GRIPE de... · millar de vacinados con respecto ao mesmo período do pasado ano. Así, mentres no 2016 levábanse administradas

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A EOXI DE VIGO PREPARADA PARA GARANTIR A ATENCIÓN Á GRIPE de... · millar de vacinados con respecto ao mesmo período do pasado ano. Así, mentres no 2016 levábanse administradas

A EOXI DE VIGO PREPARADA PARA GARANTIR A ATENCIÓN Á GRIPE

• O Plan de Continxencia da Gripe establece a articulación dos diferentes niveisasistenciais e a coordinación dos servizos e recursos para optimizar aatención á gripe e as súas consecuencias

• O xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, reiterou a mensaxe da importancia devacinarse xa que “hoxe en día a mellor prevención contra a enfermidade é avacinación”

• A Atención primaria é o primeiro elo da cadea dos niveis de atención, en tornoao que se artella o resto de servizos asistenciais

• Dependendo do nivel de alerta, o Plan establece varias medidas; entre asintrahospitalarias cabe subliñar a priorización das probas aos pacienteshospitalizados; a duplicación das camas das habitacións individuais; aaxilización dos procesos de ingreso desde a urxencia; os trasladosintercentros ou a modificación da programación cirúrxica entre outras

Vigo, 16 de novembro do 2017. O xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, presentou hoxeo Plan de Continxencia para a Gripe 2017/18 da área sanitaria de Vigo, “un Plan queestablece a articulación dos diferentes niveis asistenciais e a coordinación dos servizos erecursos para optimizar a atención á gripe e as súas consecuencias ”-dixo.

Nesta presentación estivo acompañado polos xefes dalgúns servizos clínicos implicadosna atención a esta enfermidade, como o de Urxencias, Luis Amador; Medicina Preventiva,Victor del Campo; Medicina Interna, Manuel Crespo; Pneumoloxía, Alberto FernándezVillar; Microbioloxía, Benito Regueiro; Medicina Intensiva, Dolores Vila; Xeriatría, José M.Vega; Pediatría, José R. Fernández Lorenzo; Unidade de Curta Estadía, Martín Rubianes,e o xefe da Unidade de Atención primaria de Matamá, Leopoldo García Méndez.

Page 2: A EOXI DE VIGO PREPARADA PARA GARANTIR A ATENCIÓN Á GRIPE de... · millar de vacinados con respecto ao mesmo período do pasado ano. Así, mentres no 2016 levábanse administradas

Atención primaria, primeiro nivel de atenciónEste Plan recolle a cadea de niveis da atención á gripe, que sería o seguinte: en primeirolugar, o médico de familia, que será o eixo en torno ao que xiran todos os demais. Noscentros de saúde estableceranse sistemas de atención especifica en axendas para atendero posible incremento de solicitudes de atención non programada .

O seguinte elo o constitúen as Urxencias extrahospitalarias de Atención primaria (PAC), epor último as Urxencias hospitalarias do Álvaro Cunqueiro. Trátase de concienciar ácidadanía da importancia de atender aos pacientes no nivel máis axeitado a súa situaciónclínica e que utilicen, en primeiro lugar, os recursos de atención primaria, para blindar asías Urxencias do hospital para a atención aos casos de maior gravidade. Hai que recordarque a derivación ao servizo de Urxencias hospitalarias debe realizarse desde a atenciónprimaria ou desde o 061.

Medidas intrahospitalariasNo caso dunha situación epidémica que requirira a atención hospitalaria dunha porcentaxede pacientes moi superior da media habitual, a EOXI de Vigo identifica dous puntos críticosdesta asistencia: a presión asistencial do servizo de Urxencias debido a unha maiorfrecuentación dos pacientes en demanda de atención; e o nivel de rotación edispoñibilidade das camas hospitalarias.

Neste senso, en función da situación da ocupación de hospitalización, o Plan deContinxencia establece as seguintes medidas: priorización das altas hospitalarias e dasprobas e interconsultas dos pacientes hospitalizados; duplicación das camas dashabitacións individuais que se realizará en primeiro lugar nas Unidades de MedicinaInterna, Pneumoloxía, e Curta Estadía; traslados internos entre hospitais do CHUVI;axilización dos procesos de ingreso desde a Urxencia coa posta en marcha dun circuítopreferente de altas de hospitalización, limpeza, e traslado de pacientes ás plantas; emodificación da programación cirúrxica e da cirurxía sen ingreso.

“Este plan de continxencia, unido aos recursos estruturais do Chuvi, que hai que recordarque é un complexo de gran capacidade, nos permite dicir que estamos preparados paraafrontar con garantías calquera situación epidemiolóxica derivada da gripe- asegurou FélixRubial.

No referido aos recursos humanos, o Plan contempla tamén os reforzos de persoal enfunción da estacionalidade da epidemia e do nivel de alerta e de ocupación. Ademais,naqueles servizos da área médica máis directamente relacionados coa gripe, axustarase aactividade para absorber o incremento de demanda non programada por esta patoloxía.

No transcurso da súa intervención, Rubial subliñou ao servizo de Microbioloxía como undos que “xogan un papel fundamental no apoio diagnostico desta patoloxía”. Así, osprofesionais deste servizo realizarán un test rápido diagnóstico para todos os pacientesdetectados na triaxe desde as Urxencias. O tempo de resposta de laboratorio é de

Page 3: A EOXI DE VIGO PREPARADA PARA GARANTIR A ATENCIÓN Á GRIPE de... · millar de vacinados con respecto ao mesmo período do pasado ano. Así, mentres no 2016 levábanse administradas

aproximadamente minuto e medio. O resultado será comunicado directamente desdeMicrobioloxía ao servizo de Urxencias a través dos números de teléfonos previstos.

Chamamento á vacinación “Pero sen dúbida a mellor arma contra a gripe é prevención, e hoxe en día dispoñemos daferramenta máis eficaz na loita contra a enfermidade, a vacinación, polo que éresponsabilidade da autoridade sanitaria promover medidas para concienciar á cidadanía,e especialmente aos profesionais sanitarios, da necesidade de vacinarse”-asegurou oxerente.

Aínda que a gripe é impredecible e descoñécese o comportamento do virus esta tempada,hai que tomar como referencia a situación epidemiolóxica nos países do hemisferio austral,como Australia, que este ano rexistrou un aumento da onda epidémica coa conseguintemaior afectación na poboación. “Polo tanto, debemos previr e estar preparados”.

Un millar de vacinados máisAínda que a campaña de vacinación antigripal rematará o 29 de decembro, nestasprimeiras semanas de vacinación, a área de Vigo ten experimentado un incremento dunmillar de vacinados con respecto ao mesmo período do pasado ano. Así, mentres no 2016levábanse administradas 54.567 vacinas, no momento actual son 61.636; isto é, 1.824persoas vacinadas máis (un 3 por cento).

O principal obxectivo desta campaña é minimizar o impacto en saúde da gripe napoboación galega mediante a vacinación, tentando diminuír o número e gravidade dascomplicacións derivadas de padecela.

Este ano, o comité de seguimento da campaña de vacinación antigripal da EOXI de Vigolevou a cabo unha serie de medidas pro activas co obxecto de incrementar os índices departicipación na campaña entre a poboación e o persoal sanitario. Cabe subliñar aconvocatoria cun concurso de carteis e lemas entre os traballadores dos centros sanitariosda área viguesa. O cartel gañador, que foi realizado polo equipo de profesionais do centrode saúde de Panxón, é a imaxe promocional en Vigo durante e todo o tempo da campaña.

Ademais, ofrécense facilidades como o establecemento das axendas de citación especialpara a vacinación, ou o achegamento do persoal sanitario aos centros de día parapropoñer as vacinas aos maiores e evitarlle os desprazamentos aos centros de saúde.

Outras das medidas xerais que se levarán a cabo será o reforzamento na área de Vigo daschamadas telefónicas ao grupo de risco conformado polos maiores de 65 anos. Así, osprofesionais de Enfermería de Atención Primaria promocionarán a vacinación mediante unconsello telefónico dirixido á poboación de entre 65 e 74 anos dos seus respectivos cupos,para explicarlles as vantaxes da vacina.

Page 4: A EOXI DE VIGO PREPARADA PARA GARANTIR A ATENCIÓN Á GRIPE de... · millar de vacinados con respecto ao mesmo período do pasado ano. Así, mentres no 2016 levábanse administradas

Máis cobertura vacinal do persoal sanitarioNa área sanitaria de Vigo administráronse na pasada campaña 2016 un total de 88.800doses antigripais. Desa cifra, 60.722 correspondéronse a maiores de 65 anos, polo que seacadou unha cobertura do 52% da poboación diana (na campaña do ano 2015, foi dun50%).

Así mesmo, a porcentaxe provincial de traballadores sanitarios -persoal médico e persoalde enfermería- acadou unha cobertura vacinal global do 28%, mentres que na campaña do2015 fóra dun 20%.

Na área de Vigo, a campaña de vacinación antigripal conta con 143 puntos de vacinación,repartidos entre centros de saúde e consultorios, centros hospitalarios públicos, hospitais econsultas médicas privadas; as residencias e centros para a terceira idade; as unidadesasistenciais de drogodependencias; e os centros de atención a discapacitados.