36
A ÉPOCA DO LIBERALISMO E A A ÉPOCA DO LIBERALISMO E A INDUSTRALIZACIÓN INDUSTRALIZACIÓN

A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

A ÉPOCA DO LIBERALISMO E A A ÉPOCA DO LIBERALISMO E A INDUSTRALIZACIÓNINDUSTRALIZACIÓN

Page 2: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

A ÉPOCA DO ABSOLUTISMOA ÉPOCA DO ABSOLUTISMO

Que é o absolutismo?Que é o absolutismo?

No século XVII, os monarcas europeos concentraban todos os poderes: gobernaban, cobraban impostos, dirixían a política exterior e os exércitos, elaboraban as leis e eran xuízes supremos.

A monarquía tiña unha orixe divina e o rei non respondia dos seus actos perante ninguén.

Page 3: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

Unha nova dinastía en España.Unha nova dinastía en España.

Carlos II, ao morrer sen descendencia en 1700, deixou como herdeiro a Filipe V, príncipe francés e neto de Luís XIV, que tiña o apoio de Francia e de Castela.

Outros países europeos, por temor a que o seu reinado reforzase o poder de Francia, preferían como rei de España ao Arquiduque Carlos de Austria, que tiña o apoio da Coroa de Aragón.

Page 4: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

Esta disputa pola Coroa española foi a orixe da Guerra de Sucesión, que rematou en 1714 co recoñecemento de Filipe V como rei de España.

Page 5: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

O absolutismo borbónico.O absolutismo borbónico.

Filipe V reorganizou o sistema político español, e estableceu unha forma de goberno absolutista.

En primeiro lugar, aboliu a lingua, as leis e as institucións da Coroa de Aragón (Aragón, Cataluña,Valencia e Baleares).

Pola contra, o País Vasco e Navarra, que o apoiaran na Guerra de Sucesión, conservaron parte das súas leis tradicionais (foros).

Page 6: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

En segundo lugar, unificou o sistema político e concentrou nas súas mans todo o poder, que exercía a través dos seus ministros e funcionarios.

O territorio español dividiuse en provincias, cada unha das cales era gobernada por un capitán xeral.

Na segunda metade do século XVII reinou en España Carlos III, que se preocupou pola modernización e o aumento da riqueza do país.

Page 7: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

A ILUSTRACION E O A ILUSTRACION E O LIBERALISMOLIBERALISMO

O pensamento ilustrado e liberal.O pensamento ilustrado e liberal.

Ao longo do século XVIII produciuse un importante cambio das ideas filosóficas, económicas e políticas. Estas ideas deron lugar a un movemento cultural chamado ilustración.

Os ilustrados defendían a liberdade individual e consideraban que todos os homes nacen iguais e teñen os mesmos dereitos.

Page 8: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

Os pensadores ilustrados propuxeron unha nova forma de goberno, que foi evolucionando, xa no século XIX, cara ao liberalismo, baseado nos seguintes principios:

● A soberanía nacional, segundo a cal o poder emana dos cidadáns que teñen dereito a escoller mediante o voto.

● A Constitución, unha lei fundamental que recoñece os dereitos e mais as liberdades dos cidadáns e limita o poder do rei.

Page 9: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

A división de poderes, co lexislativo (exercido polo Parlamento, que elabora as leis), o executivo (o goberno está en mans do rei e dos seus ministros) e o xudicial (responsabilidade dos tribunais independentes, que xulgan segundo as leis).

Page 10: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

As revolucións liberaisAs revolucións liberais

No ano 1789 estalou en Francia unha revolución que rematou co absolutismo e axudou a difundir o liberalismo por Europa. Foi a Revolución francesa, que marcou o inicio da Idade Contemporanea.

Page 11: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

A REVOLUCIÓN INDUSTRIALA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

. Mellora dos sistemas de cultivo.. Mellora dos sistemas de cultivo.

Ao longo do século XVIII introducironse novas técnicas de cultivo e novas máquinas que facilitaron os labores agrícolas.

Un dos cambios fundamentais para a agricultura, foi a eliminación do barbeito e o uso da rotación de cultivos. Tamén foi moi importante a introdución de novos cultivos.

Page 12: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
Page 13: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

A INDUSTRIALIZACIÓNA INDUSTRIALIZACIÓN

A industrialización consiste na produción de bens a grande escala, mediante a utilización de máquinas movidas por novas fontes de enerxía.

Este proceso foi posible grazas á invención da máquina de vapor, a mediados do século XVIII.

Page 14: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

Novos transportes e fontes de enerxía.Novos transportes e fontes de enerxía.

A máquina de vapor aplicóuselles tamén aos transportes. O ferrocarril e máis o barco de vapor eran moito máis rapidos, tiñan unha maior capacidade e resultaban máis baratos que os sistemas de transportes anteriores; ademáis, aumentaron a seguridade das viaxes. Tamén utilizouse como combustible o carbón e na segunda metade do século XIX houbo unha fonte de enerxía máis limpa e barata: a electricidade.

Page 15: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

CAPITALISMO E BURGUESÍA CAPITALISMO E BURGUESÍA INDUSTRIAL INDUSTRIAL

O capitalismo.

Para construir unha fábrica, mercar maquinaria ou adquirir materias primas era necesario investir unha gran cantidade de diñeiro. Por iso, a este novo sistema económico denominouselle capitalismo.

O capitalismo fundaméntase na propiedade privada e o seu principal obxectivo é conseguir o máximo beneficio nas empresas.

Page 16: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

A burguesía industrial.A burguesía industrial.

A burguesía industrial estaba formada polas persoas que posuían os cartos suficientes para poder investir na creación de novas industrias, nos medios de transporte ou en diferentes actividades comerciais.

Page 17: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

OS OBREIROSOS OBREIROS

As condicións de traballo.

Os obreiros eran as persoas que traballaban nas fábricas a cambio dun salario.

As súas condicións laborais eran moi precarias. O ambiente das fábricas resultaba pouco saludable e a xornada de traballo era moi longa, traballaban máis de 12 horas diarias.

Page 18: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

Os obreiros tiñan salarios moi baixos, que non percibían en caso de enfermidade. Para poderen manter a familia, as mulleres e máis os nenos tamén traballaban nas fábricas por un salario moi inferior ao dos homes.

Os nenos máis as nenas comenzaban a traballar ao redor dos 10 anos e non podían ir a escola.

Page 19: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

Os barrios obreiros.

A maioría dos obreiros eran campesiños que emigraban cara ás cidades na procura dun traballo nas novas fábricas.

Instaláronse en barrios que carecían de electricidade, auga corrente e rede de sumidoiros. As súas rúas eran estreitas e sucias e non estaban asfaltadas. As vivendas eran pequenas e tiñan pouca ventilación. A súa alimentación resultaba escasa e pouco variada.

Page 20: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

As organizacións obreiras.As organizacións obreiras.

Para mellorar as súas condicións de traballo e de vida, os obreiros crearon os sindicatos.

Estas organizacións obreiras reclamaban aumentos de salario, a diminución das horas de traballo, a regulamentación do traballo infantil e outras melloras sociais.

Page 21: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

A CIDADE INDUSTRIALA CIDADE INDUSTRIAL

Crecemento demográfico e éxodo rural.Crecemento demográfico e éxodo rural.

O aumento da produción agrícola permitiu que houbese unha mellor alimentación da poboación ,e xa, que logo, coseguiu a desaparicion progresiva das grandes epidemias, diminíu a mortalidade e ao longo dos séculos XVIII e XIX, a poboacion europea medrou de xeito notable.

Page 22: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

O aumento demográfico contribuíu ao proceso da Revolución industrial. Significou a aparición dunha abundante man de obra para a industria, e permitiu unha maior demanda de todo tipo de productos.

Ademáis a mecanización dos labores agrícolas fixo que moitos campesiños quedasen sen emprego e emigrasen ás cidades para traballar nas novas industrias

Este proceso de emigracion do campo á cidade coñécese como éxodo rural.

Page 23: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

O crecemento das cidades.O crecemento das cidades.

Como consecuencia da chegada de grandes cantidades de emigrantes, as cidades medraron enormemente, e en moitas delas tivéronse que derrubar as murallas medievais para construír novos barrios (ensanches).

Estes ensanches dotáronse de novas infraestruturas, como rede de sumidoiros, iluminación e novos medios de transporte.

Page 24: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

A ESPAÑA DO SÉCULO XIXA ESPAÑA DO SÉCULO XIX

A implantación do liberalismo.

O primeiro intento de implantar en España un sistema político liberal tivo lugar durante a Guerra da Independencia contra a invasión das tropas francesas de Napoleón (1808-1814).

Na cidade de Cádiz reuníronse unhas Cortes elixidas polos españois, que votaron a primeira Constitución española en 1812.

Page 25: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

O reinado de Fernando VII (1814-1833) significou a volta do absolutismo e a abolición das Cortes e da Constitución.Durante o reinado de Isabel II, España

converteuse definitivamente nunha monarquía parlamentaria. A Constitución de 1837 estableceu a soberanía nacional, a división de poderes e os dereitos individuais dos ciudadáns. A máis duradeira das Constitucións do reinado de Isabel II foi a de 1845, que lle outorgaba amplas atribucións ao monarca.

Page 26: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

A democratización do sistema político español deu un paso adiante durante o Sexenio Democrático (1868-1874), cando se estableceu por primeira vez o sufraxio universal masculino, e se proclamou a Primeira República.

A restauración da monarquía na persoa de Alfonso XII inaugurou unha nova etapa de monarquía parlamentaria e constitucional.

Page 27: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

A poboacion española.A poboacion española.

Ao longo do século XIX, a poboación española medrou de xeito notable. Este aumento foi menor ca noutros países europeos.

Page 28: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

O lento proceso de industrialización.

A Revolución agrícola e industrial sufriu en España un notable atraso respecto dos países máis industrializados en España.

A modernización da agricultura foi lenta e escasa. A mecanización impúxose de forma serodia e moitos agricultores que non pusuían terras permaneceron no campo traballando como xornaleiros, con soldos moi baixos.

Page 29: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

Só dúas rexións iniciaron un proceso de industrialización: Cataluña (industria téxtil) e o País Vasco (industria xiderúrxica).

Page 30: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

A ARTE DO SÉCULO XIX

Pintura: Goya, testemuña dunha época.

O pintor, Francisco de Goya, unha das grandes figuras da pintura española, viviu entre dúas épocas: monarquías absolutas e revolucións liberais, o que reflexou na súas pinturas.

Como pintor de Carlos III e Carlos IV retratou o ambiente cortesán e aristocrático con gran sentido crítico.

Page 31: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

. As súas primeiras obras representaban escenas populares de carácter festivo cheas de vitalidade e de optimismo.

. Nos últimos anos, a enfermidade que tivo (a xordeira) e máis a Guerra da Independencia transformaron a súa pintura, que se centrou nos horrores da guerra e no sufrimento do pobo.

Page 32: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

EsculturaEscultura

Nesta época, moitas esculturas adquiriron un carácter público e as rúas prazas e xardíns das cidades enchéronse de obras.

Entre os escultores salientaron José Álvarez Cubero, Ricardo Bellver e máis Mariano Benlliure.

Page 33: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

Arquitectura.

No século XIX impúxose a arquitectura de ferro.

O ferro simboliza a nova era industrial e o seu uso en fábricas, estacións e mercados permitiu que os edificios acadasen unha altura e unha luminosidade ata daquela descoñecidas.

A torre Eiffel, en París, é a súa construción mais emblemática.

Page 34: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia
Page 35: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

O Modernismo

Tivo a sua máxima expresión na arquitectura, pero tamén integrou as artes plásticas (pintura e escultura) e as artes decorativas (ourivaría, ebanistaría, vidrieras...).

Page 36: A epoca do liberalismo e a industralización.aldara e sofia

TRABALLO REALIZADO POR:

. Aldara . Aldara VentosoVentoso VarelaVarela

. Sofía. Sofía TorresTorres NúñezNúñez