9
Tema 1: A Filosofía e o Mundo do Saber 1 A Filosofía e o Mundo do Saber a) Texto introductorio: “A verdadeira función social da filosofía reside na crítica do establecido. [...] A meta principal desa crítica é impedir que os homes se abandonen a aquelas ideas e formas de conducta que a sociedade na súa organización actual lles dicta. Os homes deben aprender a discernir a relación entre as súas accións individuais e aquelo que se logra con elas, entre as súas existencias particulares e a vida xeral da sociedade, entre os seus proxectos diarios e as grandes ideas recoñecidas por eles.Max Horkheimer: “A función social da Filosofía” (1940) Lembremos: a filosofía é un saber crítico e emancipatorio que, en aras da liberdade, permite derogar ou anular poderes que se impoñen aos individuos na medida en que eles foron creados por estes Unha característica esencial do saber filosófico é a actitude crítica. Aporta unha definición persoal 1. A Orixe da Filosofía Século VI a.C: Mito Logos O mito no contexto grego fai referencia a un conxunto de narracións, nas que interveñen de forma destacada a imaxinación e as crenzas, que tiñan como finalidade comprender o mundo. a. Os Mitos Que mitos coñeces? (da antigüidade, de agora... a miúdo encontrámonos en festas e celebracións que recorren con frecuencia a mitos nos que a fantasía ten moita presenza “Decídeme, oh Musas das moradas olímpicas! Cal dos deuses foi o primeiro. Antes que todas as cousas, foi o Caos, e despois a Terra (Xea) de amplo seo, asento sempre sólido de todos os inmortais que habitan os cumios do nevado Olimpo, e o Tártaro tenebroso encravado nas profundidades da Terra espazosa, e Eros, o máis fermoso entre os Deuses Inmortais, que libra de todas as preocupacións e subxuga no ánimo de todos os Deuses e todos os homes a mente e o consello prudente. E do Caos naceron Erebo e a negra Noite (Nix); e da noite naceron o Éter e o Día (Hémera), pois os concibiu ao unirse con Erebo. E primeiro enxendrou a Terra ao Ceo estrelado (Urano), similar a ela en grandeza, para que todo o cubrise e fose segura morada para os Deuses dichosos” Hesíodo, Teogonía, século VIII a. C. Que deuses aparecen no texto? Que relación existe entre eles? Debuxa un esquema Imaxinación: Facultade da mente que presenta as imaxes das cousas reais ou ideais Crenza: Estado mental que consiste en dar por boa unha proposición e actuar como se fose verdadeira, aínda que non o sexa

A Filosofía e o Mundo do Saber - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/docs/FeC/01... · despois a Terra (Xea) de amplo seo, asento sempre sólido

  • Upload
    donhu

  • View
    221

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A Filosofía e o Mundo do Saber - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/docs/FeC/01... · despois a Terra (Xea) de amplo seo, asento sempre sólido

Tem

a 1:

A F

iloso

fía e

o M

undo

do

Sabe

r

1

A Filosofía e o Mundo do Saber a) Texto introductorio:

“A verdadeira función social da filosofía reside na crítica do establecido. [...] A meta principal desa crítica é impedir que os homes se abandonen a aquelas ideas e formas de conducta que a sociedade na súa organización actual lles dicta. Os homes deben aprender a discernir a relación entre as súas accións individuais e aquelo que se logra con elas, entre as súas existencias particulares e a vida xeral da sociedade, entre os seus proxectos diarios e as grandes ideas recoñecidas por eles.”

Max Horkheimer: “A función social da Filosofía” (1940) Lembremos: a filosofía é un saber crítico e emancipatorio que, en aras da

liberdade, permite derogar ou anular poderes que se impoñen aos individuos na medida en que eles foron creados por estes

Unha característica esencial do saber filosófico é a actitude crítica. Aporta unha definición persoal

1. A Orixe da Filosofía Século VI a.C: Mito → Logos O mito no contexto grego fai referencia a un conxunto de

narracións, nas que interveñen de forma destacada a imaxinación e as crenzas, que tiñan como finalidade comprender o mundo.

a. Os Mitos

Que mitos coñeces? (da antigüidade, de agora... a miúdo encontrámonos en festas e celebracións que recorren con frecuencia a mitos nos que a fantasía ten moita presenza

“Decídeme, oh Musas das moradas olímpicas! Cal dos deuses foi o primeiro. Antes que todas as cousas, foi o Caos, e despois a Terra (Xea) de amplo seo, asento sempre sólido de todos os inmortais que habitan os cumios do nevado Olimpo, e o Tártaro tenebroso encravado nas profundidades da Terra espazosa, e Eros, o máis fermoso entre os Deuses Inmortais, que libra de todas as preocupacións e subxuga no ánimo de todos os Deuses e todos os homes a mente e o consello prudente. E do Caos naceron Erebo e a negra Noite (Nix); e da noite naceron o Éter e o Día (Hémera), pois os concibiu ao unirse con Erebo. E primeiro enxendrou a Terra ao Ceo estrelado (Urano), similar a ela en grandeza, para que todo o cubrise e fose segura morada para os Deuses dichosos”

Hesíodo, Teogonía, século VIII a. C.

Que deuses aparecen no texto? Que relación existe entre eles? Debuxa un esquema

Imaxinación: Facultade da mente que presenta as imaxes das cousas reais ou ideais

Crenza: Estado mental que consiste en dar por boa unha proposición e actuar como se fose verdadeira, aínda que non o sexa

Page 2: A Filosofía e o Mundo do Saber - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/docs/FeC/01... · despois a Terra (Xea) de amplo seo, asento sempre sólido

Tem

a 1:

A F

iloso

fía e

o M

undo

do

Sabe

r

2

b. O Logos O Logos (explicación racional) é un coñecemento que se adquire a través da razón

e non a partir de crenzas ou mitos Saber Mítico Saber Racional Os fenómenos explícanse mediante...

Deuses e Destino Imaxinación Tradición

Natureza e Necesidade Razón Crítica

O mundo é... Caótico e caprichoso Ordenado por leis estables A autoridade é... Obediencia cega Busca constante O método baséase en... Ritos, oracións, etc. Diálogo, análise dos

fenómenos e síntese en regras

c. Orixe Histórica A Filosofía xorde no século VI en Grecia (Asia Menor), con Tales de Mileto, aínda

que paralelamente debemos destacar a Confucio en China e aos Upaninshads na India. Confucio preséntanos un sistema de pensamento orientado cara á vida e

destinado ao perfeccionamento dun mesmo. O obxectivo, en último termo, non é a salvación, senón a sabedoría e o autocoñecemento. “Cando vexas a un home bo, trata de imitalo; cando vexas a un home malo, reflexiona” “Ler sen meditar é unha ocupación inútil” “O home superior gusta ser lento en palabras, pero rápido

en obras” “Transporta un puñado de terra todos os días e

construirás unha montaña” “A nosa maior gloria non está en non caer xamais, senón

en levantarnos cada vez que caiamos” “Esperar o inesperado. Aceptar o inaceptable” “Esíxete moito a ti mesmo e espera pouco dos demais. Así

aforraraste desgustos” “O prudente no quita o valente”

Con respecto aos orixes da Filosofía en Grecia, hai diversos aspectos do contexto social que favoreceron a súa aparición:

A existencia de Polis (vilas-Estado independentes) fronte ao centralismo dos imperios, que provocaba unha censura moi forte

O florecente comercio marítimo: unha canle de coñecemento (profundo, baseado na necesaria confianza mutua) de culturas alleas

A ausencia de libros sagrados e o escaso poder da casta sacerdotal, o que fai que a actitude crítica non se vira coartada pola relixión.

Tales foi o primeiro que atribuíu a orixe do mundo, non a elemento sobrenatural (deuses) senón a un natural: a auga

“Non fagas aos outros o que non queres que te fagan a ti”

Análise: Descomposición de algo nos seus elementos para estudialos de modo individual, e poder discernir as relacións entre eles

Síntese: Actividade mental que reúne os diferentes elementos dun conxunto

Page 3: A Filosofía e o Mundo do Saber - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/docs/FeC/01... · despois a Terra (Xea) de amplo seo, asento sempre sólido

Tem

a 1:

A F

iloso

fía e

o M

undo

do

Sabe

r

3

d. Orixe Psicolóxica A Filosofía ten a súa orixe, en cada un de nós, na capacidade innata de asombro

fronte ao que non coñecemos: recoñecemento da propia ignorancia. Isto supón unha fecunda actitude mental, un desexo que temos todos os seres humanos que nos leva a cuestionar todo o que existe dunha maneira respectuosa, pero crítica. Para iso, servímonos das nosas capacidades racionais, que nos achegan ao coñecemento da realidade a través de mecanismos psicolóxicos como a atención, a percepción, a memoria, o pensamento e a linguaxe.

“Os seres humanos comezan e comezaron sempre a filosofar movidos pola admiración; ao principio, admirados polos fenómenos sorprendentes máis comúns; logo, avanzando pouco a pouco e propoñéndose problemas maiores, como os cambios da Lúa e os relativos ao Sol e ás estrelas, e a xeración do Universo. Pero o que se propón un problema ou se admira recoñece a súa ignorancia.”

Aristóteles: Metafísica, século IV a. C.

Segundo Aristóteles, os fenómenos dos que se admira o ser humano son sempre os mesmos ou cambian? Razoa a túa resposta axudándote dalgúns exemplos

Explica o significado que teñen para ti as seguintes frases sobre a Filosofía:

“O castigo do embusteiro é non ser crido, aínda cando diga a verdade”: Aristóteles

“A verdadeira filosofía é a independencia do espírito humano”: Chateaubriand

“Vivir sen filosofar é, propiamente, ter os ollos pechados, sen tratar de abrilos xamais”: Descartes

“A Filosofía responde á necesidade de facernos unha concepción unitaria e total do mundo e da vida”: Unamuno

“A pregunta é o espertar do home”: María Zambrano

Nestas citas tócanse diferentes temas. Expresa a túa opinión sobre as seguintes cuestións:

Cres que a través da filosofía se pode ser máis independente?

É posible vivir sen filosofar?

É necesario ter unha idea do mundo e da vida?

As preguntas son importantes para evolucionar? O ser humano pode vivir sen facerse preguntas?

Agora vas elaborar a túa propia definición de filosofía. Para iso, dá os seguintes pasos.

Pensa nas palabras clave desta disciplina e anótaas no teu caderno

Escribe unha primeira definición onde aparezan algunhas destas palabras clave. Lembra que, para comezar calquera definición, debes situar o que estás definindo dentro dun xénero ou tipo de realidade máis amplo e que englobe ao que estás definindo

Volve ler a túa definición e retoca os elementos que non quedan claros. Xa tes a túa definición persoal de filosofía

Le a túa definición ao resto da clase e escoita a dos teus compañeiros. Que definición é a máis completa? Facede unha votación para elixir a mellor

Page 4: A Filosofía e o Mundo do Saber - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/docs/FeC/01... · despois a Terra (Xea) de amplo seo, asento sempre sólido

Tem

a 1:

A F

iloso

fía e

o M

undo

do

Sabe

r

4

2. O Saber Filosófico e outros Saberes Etimoloxicamente, o termo “Filosofía” componse das palabras gregas philo, que

indica “amizade”, “amor”, e sophia, que significa “sabedoría”, de xeito que filosofía é Amor á Sabedoría. Os filósofos distínguense así dos sabios, porque recoñecen estar continuamente no camiño cara á sabedoría, non pensando que xa a alcanzaran.

Existen diversos tipos de saberes, pero polo menos podemos falar de tres: o saber vulgar (o sentido común), o saber científico e o saber filosófico. Estes tres saberes están ao alcance de calquera persoa, xa que son capacidades naturais da intelixencia humana. Non se exclúen entre si e poden ser complementarios.

Saber vulgar ou sentido común. Ensínanos como se nos presentan as cousas, por exemplo que o lume queima, a auga molla, etc. todo ser humano dispón dun coñecemento ordinario, non reflexivo, polo exercicio espontáneo da razón: o sentido común. Componse de certezas comúns a todos, ata o punto de que ninguén carece delas, nin pode prescindir delas á hora de razoar. Esta clase de saber está mesturado con prexuízos e é conformista e acrítico, pero axuda a recoller aspectos moi significativos da cultura dos diferentes pobos. Estes aspectos serven de base para outros saberes máis rigorosos. Polo tanto, este coñecemento é importante aínda que non haxa de terse por definitivo e completo.

Saber científico. Indaga e manifesta as causas inmediatas das cousas que caen baixo o noso radio de observación e experimentación. É un coñecemento máis profundo: no caso da auga diriamos que é está composto de moléculas con dous átomos de hidróxeno e un de

osíxeno. A ciencia é un saber descritivo que nos di como son as cousas e, dependendo dos contidos e os fenómenos que estudia, distínguense unhas de outras.

Saber filosófico. Achéganos ao coñecemento das últimas causas da realidade. Un exemplo sería (a antiga teoría) que a auga e o lume son elementos do mundo físico que conteñen unha natureza última ou “esencia” permanente e inmutable e, ademais, características variables e cambiantes. A Filosofía non estuda tanto esta ou aquela realidade en particular, senón que, partindo de realidades concretas, remóntase aos primeiros principios ou causas últimas da realidade.

Polo tanto, non cabe reducila a ningún saber particular, nin á suma de todos os saberes particulares, dado que a Filosofía nos familiariza co pensar a fondo sobre a realidade.

Prexuízo: Xuízo que se forma sen acudir á experiencia directa ou real

Acrítico: Saber irracional, que non analiza, nin valora, nin sistematiza os contidos

Page 5: A Filosofía e o Mundo do Saber - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/docs/FeC/01... · despois a Terra (Xea) de amplo seo, asento sempre sólido

Tem

a 1:

A F

iloso

fía e

o M

undo

do

Sabe

r

5

Saber Científico Saber Filosófico

É un saber de solucións É un saber de problemas Divide a realidade en partes Estuda a realidade como totalidade Emprega un método práctico—

experimental Usa un método teórico—crítico

Parte da información para alcanzar o coñecemento

Parte dun certo grao de coñecemento para alcanzar a sabedoría

A que tipo de saber pertencen?

• Cando chove mollámonos

• A auga ferve a 45°

• Se chove, precisaremos un paraugas para saír

• Penso, polo tanto existo

• Estes experimentos demostran que o medicamento é eficaz

En que se diferencian o saber vulgar e o científico?

“Todos os homes e todas as mulleres son filósofos; ou permítasenos, se eles non son conscientes de ter problemas filosóficos, teñen, en calquera caso, prexuízos filosóficos. A maior parte destes prexuízos son teorías que os humanos inconscientemente dan por sentadas ou que absorberon do seu ambiente intelectual ou da tradición. Posto que poucas destas teorías son conscientemente sostidas, constitúen prexuízos no sentido de que son sostidas sen exame crítico, mesmo a pesar de que poden ser de grande importancia para as accións prácticas da xente e para a súa vida enteira. Unha xustificación da filosofía “profesional” reside no feito de que os seres humanos precisan que haxa quen examine criticamente estas estendidas e influentes teorías. Este é o inseguro punto de partida de toda ciencia e de toda filosofía. Toda filosofía debe partir das dubidosas e a miúdo perniciosas concepcións do sentido común acrítico. O seu obxectivo é o sentido común crítico e ilustrado: unha concepción máis próxima á verdade e cunha influenza menos perniciosa sobre a vida humana.”

Karl Popper: Como vexo a Filosofía, 1978

Que significado ten para ti a afirmación do autor de que “todos os homes e todas as mulleres son filósofos”?

Segundo o texto, que son os prexuízos?

Pensa na sociedade que che rodea e elabora, en pequenos grupos, unha lista de prexuízos. Exemplo: os mozos de hoxe en día son moi consumistas e non teñen valores

Con que explicación se poderían combater estes prexuízos?

Cres que ti tes prexuízos? Pensa nas modas, en como valoras a quen che rodean, no ámbito escolar, etc.

Page 6: A Filosofía e o Mundo do Saber - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/docs/FeC/01... · despois a Terra (Xea) de amplo seo, asento sempre sólido

Tem

a 1:

A F

iloso

fía e

o M

undo

do

Sabe

r

6

3. A función e a necesidade da Filosofía Este primeiro achegamento á filosofía debe servir para aproximarnos a un saber

que se desenvolve ao longo da historia e que é consecuencia da actividade do noso pensar e razoar. Estas capacidades cobran aínda máis importancia cando uns entenden que vivimos no mellor dos mundos posibles, que a historia xa se rematou e a penas haberá cambios radicais, mentres que outros consideran que toda realidade é cambiante e, polo tanto, modificable e inacabada. A tarefa da filosofía é dilucidar quen ten razón e en que sentido a ten.

a. Función En 2005 a UNESCO elaborou unha “estratexia

intersectorial sobre a Filosofía” na súa 171ª reunión. Como resultado final redactouse un documento onde se lle atribúen unha serie de funcións a esta materia: A Filosofía é unha “escola de liberdade”, pois elabora

instrumentos intelectuais para analizar e comprender conceptos fundamentais como a xustiza, a dignidade e a liberdade. Ademais, crea capacidades para pensar con independencia, incrementa a facultade crítica para entender e cuestionar o mundo e fomenta a reflexión sobre valores e principios.

A Filosofía responde á necesidade que teñen os cidadáns dun certo número de nocións filosóficas e morais mínimas. Estas nocións están destinadas a fomentar o respecto da personalidade humana, o amor á paz, o odio ao nacionalismo mesquiño e ao imperio da forza bruta, a solidariedade e a entrega ao ideal da cultura.

A Filosofía dentro do seu ámbito intercultural é unha “escola de solidariedade humana” e serve como base para un mellor entendemento e respecto mutuos, que son elementos fundamentais para promover o diálogo entre as civilizacións. Todo diálogo entre culturas, así como a reconciliación entre comunidades, debe asentarse en valores de paz e coexistencia.

A Filosofía é unha forma de tratar os problemas universais da vida e da existencia humanas e de inculcar ás persoas unha maneira de pensar independente. Cuestións como a educación para todos, a diversidade cultural, a ética da ciencia, os dereitos humanos, o diálogo intercultural, a democracia e o diálogo entre as civilizacións necesitan contar con sólidos fundamentos filosóficos e estar dotados de rigor analítico e conceptual.

A actividade filosófica, que non exclúe a libre discusión, permite a cada un aprender a pensar por si mesmo, xa que se esforza en precisar a validez dos razoamentos, de examinar con atención os argumentos doutros, etc.

A educación filosófica contribúe á paz e prepara a cada un para asumir as súas responsabilidades fronte ás grandes interrogantes contemporáneas, sobre todo no dominio da ética. Isto lógrase ao formar espíritos libres e reflexivos capaces de resistir ás diversas formas de propaganda, de fanatismo, de exclusión e de intolerancia.

O desenvolvemento de reflexión filosófica, dentro da ensinanza e na vida cultural, axuda de maneira importante á formación dos cidadáns, na medida en que coa súa capacidade crítica se mellora a calidade da democracia.

Elabora, partindo destas funcións da Filosofía, unha táboa na que se diferencia entre as aportacións positivas da Fª fronte aos aspectos negativos da realidade

Das funcións aportadas pola UNESCO cal é, ao teu xuízo, a máis importante? Por que?

Page 7: A Filosofía e o Mundo do Saber - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/docs/FeC/01... · despois a Terra (Xea) de amplo seo, asento sempre sólido

Tem

a 1:

A F

iloso

fía e

o M

undo

do

Sabe

r

7

A Filosofía Inclínase pola pluralidade á hora de pensar. Por que? Que pasaría se todos pensasemos o mesmo?

Que significado ten o “pensar por si mesmo”? Cres que ti pensas por ti mesmo/a, ou ás veces estás condicionado?

Cres que debe haber diálogo entre as culturas? En que valores debe asentarse este diálogo?

Cres que é importante formar aos cidadáns nun ambiente de liberdade e responsabilidade?

b. Necesidade Existen diferentes clases de necesidades. Unhas, primarias, que o noso organismo

demanda para proder sobrevivir, como por exemplo, comer, beber, durmir, etc. outras, secundarias, que nos crea a sociedade na que vivimos, como son o vestir á moda, ter teléfono móbil, etc. a Filosofía non se move no contexto das necesidades materiais: a isto responden mellor as ciencias ou, máis en concreto, as técnicas que delas se derivan.

A Filosofía responde a outro tipo de necesidades: a de comprender, expresar e analizar criticamente os problemas que se lle presentan ao ser humano e os supostos das ciencias. Polo tanto, a filosofía trata de analizar o sentido da nosa existencia e do mundo en que vivimos. A Filosofía é entendible só en termos dunha crítica ideolóxica potenciadora da autorreflexión e da análise crítica ao sistema social.

4. Filosofía e Interculturalidade Na actualidade vivimos nunha sociedade cada vez

máis diversa, feito en parte favorecido polo fenómeno social da inmigración. Neste contexto, algúns pensadores están fundamentando e elaborando unha proposta filosófica ante a contradicción que supón un mundo marcado pola globalización e o pensamento único nun contexto social, educacional e económico presidido pola variedade cultural.

O liberalismo coloca á competividade por encima de calquera outro valor. Tamén fomenta un librecambio sen límites, é dicir, a mundialización ou globalización soamente no seu significado económico e financieiro, non social e humano. Esta filosofía intercultural debe partir dun feito actual, a globalización. Este novo fenómeno xorde dun proceso basicamente económico presidido por unha ideoloxía de mercado de compra/venda.

A globalización é propia dunha política dominante nos países ricos, que intenta convertirse en modelo único de cultura e de civilización extensible aos países pobres. Ademais, é un proceso que camiña cara á imposición dun pensamento uniforme e etnocéntrico, ao tratar de impoñer a cultura do consumo cos seus valores anexos a toda a poboación.

Fronte á globalización cultural, a Filosofía debe cumprir coa súa función crítica desde o respecto a todas as culturas, a defensa da dignidade das persoas que compoñen os pobos e o recoñecemento da identidade dos outros no contexto do diálogo intercultural. Polo tanto, é tarefa da filosofía reordenar as condicións para un diálogo,

Pensamento único:

Doutrina que sostén a primacía absoluta da economía e da ideoloxía liberal sobre o resto dos dominios sociais

Etnocéntrico: De etnocentrismo, tendencia emocional que fai da cultura propia o criterio exclusivo para interpretar os comportamentos doutros grupos, razas ou sociedades

Page 8: A Filosofía e o Mundo do Saber - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/docs/FeC/01... · despois a Terra (Xea) de amplo seo, asento sempre sólido

Tem

a 1:

A F

iloso

fía e

o M

undo

do

Sabe

r

8

promover un mundo xusto e solidario, desenmascarar a cultura única, promover a reflexión de cada individuo no marco da liberdade e defender a racionalidade.

“Segundo Aristóteles, a filosofía naceu con Tales de Mileto no século VI a. C., porque foi Tales o primeiro que buscou respostas ás súas preguntas acerca do mundo sen recorrer á mitoloxía. De Tales sábese que foi matemático, astrónomo, enxeñeiro, estatista, metereólogo e un dos Sete Sabios. E, sen embargo, entre os seus contemporáneos non espertaba sempre reverencia.

Unha vez —conta Platón— Tales caeu nun pozo e unha escrava burlouse de: por mirar o ceo —ría a moza— non advirte o que ten baixo os seus pés. Noutra ocasión —conta Aristóteles—, Tales tivo que mostrar que os filósofos tamén poden, se queren, gañar diñeiro, porque el estaba canso de que sempre lle tomasen o pelo “tanto pola súa pobreza como pola inutilidade da filosofía”. Como os seus coñecementos lle permitiran calcular unha boa colleita, Tales arrendou, fóra de estación, todos os muíños para olivas a baixo prezo e

cando chegou o momento alugounos máis caros. O punto é que desde que existe a Filosofía quen non a practican pregúntanse

para que serve ou, máis ben, fan explícita a súa sospeita de que non serve para nada. Quizais haxa algo moi sensato nesa sospeita. Considerando que desde hai vinte e seis séculos os filósofos veñen propoñendo sistemas, teorías, hipóteses acerca das cuestións máis variadas —Que é o home? Porque hai universo e non “nada”? Existe

Page 9: A Filosofía e o Mundo do Saber - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/iesastelleiras/depart/filos/docs/FeC/01... · despois a Terra (Xea) de amplo seo, asento sempre sólido

Tem

a 1:

A F

iloso

fía e

o M

undo

do

Sabe

r

9

Deus? Cal é a relación entre a linguaxe e a realidade? Como facer xustiza?— sen resolver definitivamente ningunha ou poucas delas. Debería chamarnos a atención, sen embargo que —como sinala Manuel Comesaña— “a pesar de tratarse de discusións interminables sobre problemas sen solución”, o interese pola Filosofía non desapareceu nunca” [...]

“Á pregunta de por que filosofar hai que responder con outra pregunta: como non filosofar? A posible inutilidade da filosofía é parte da súa continxencia —explica Samuel Cabanchk— e nela radica tamén a súa utilidade, xa que a Filosofía serve para non facer masa co pensamento masa; para ir máis alá do pensamento da opinión da rúa, das fórmulas masificadas. Non se trata de instalar un elitismo do pensar, senón de exercer o pensamento crítico, tanto no universo persoal como no colectivo”

Costa, I. En Clarín.com, 24 de abril de 2004

Estructura o texto sinalando as partes nos que o dividirías e indicando o tema propio de cada unha das partes

Por que ri a escrava cando Tales cae nun pozo? Que quere dicir en realidade esta anécdota?

Que fai Tales para demostrar a utilidade da Filosofía

Cal é, segundo Samuel Cabanchk, a utilidade da Filosofía?

Escribe unha breve recensión onde se recollan tres razóns prácticas para filosofar

5. A Filosofía e as súas “ramas” A Filosofía, como temos visto, representa un intento do espírito humano de

establecer unha concepción racional do universo. Para lograr o seu propósito, a ferramenta que emprega a Filosofía é a autorreflexión que aplica sobre as súas propias funcións.

Dada a amplitude da materia obxecto de estudo, a Filosofía divídese fundamentalmente nas seguintes ramas:

• Metafísica: estuda a realidade e as propiedades de todo o que existe • Lóxica: ocúpase dos razoamentos expresados lingüisticamente e estuda a súa

estrutura, a súa forma e a súa corrección para chegar á certeza da súa validez.

• Epistemoloxía (ou gnoseoloxía): reflexiona sobre as orixes, a validez e os límites do coñecemento

• Antropoloxía: analiza os seres humanos desde distintas perspectivas como a biolóxica, a social, a humanista e a cultural

• Ética: estuda os códigos morais e analiza as normas, a súa fundamentación, validez e universalidade

• Estética: analiza a natureza da beleza e das creacións artísticas • Política: ocúpase dos aspectos comunitarios do ser humano, como son a súa orixe

social, as formas de goberno, o poder, etc. Ademais destas grandes ramas, existe a Filosofía da cultura, a Filosofía da

linguaxe, a Filosofía da ciencia, a Filosofía social, a Filosofía do dereito, a Filosofía da historia, a Filosofía da relixión, etcétera.