3

Click here to load reader

A Hixiene en Al-Andalus

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Exercicio de comprensión e realización de esquema

Citation preview

Page 1: A Hixiene en Al-Andalus

A hixiene en Al-Andalus As ablucións rituais que todo musulmán debe facer antes de cada unha das cinco oracións

cotiás, así como o costume de lavar as mans ou ata de enxaugar a boca antes e despois de cada

comida, eran prácticas que en Al-Andalus databan dos máis remotos tempos. As roupas e as

fundas dos mobles eran así mesmo con frecuencia lavadas ou levadas ao quitamanchas. Nas

casas correntes, as xentes lavábanse valéndose dun xerro e un recipiente; pero nas acomodadas

podía haber verdadeiras bañeiras, que levaban o nome de abzan, ou ben se empregaban con este

fin antigos sarcófagos de mármor. Algunha casa «rica» tiña baños de vapor, pero este luxo

quedaba reservado para os palacios dos magnates da aristocracia. A clase media e a xente baixa

ían aos baños públicos ou hammams.

O hammam, ou baño mouro, era moi frecuente na España musulmá. Non había cidade,

por pouco importante que fose, que non tivese varios. En Córdoba, segundo os cronistas, había

trescentos, ou incluso seiscentos, a fins do século X. O seu funcionamento era o mesmo ca no

resto do Occidente musulmán. Adoitaba ser propiedade do tesouro estatal, que llo arrendaba a un

empresario, o cal dispoñía dun persoal de masaxistas e mozos de baño vestidos cun simple pano,

así como dun encargado do gardarroupa que respondía da custodia das pezas de vestir dos

bañistas, vendía a estes a pedra xabonosa con que limpaban o cabelo, e alugáballes toallas e

albornoces. Pola tarde, cando o hammam estaba prohibido para a clientela masculina, un

persoalfeminino substituía ao de pola mañá e pola noite, e prestaba idénticos servizos ás bañistas.

A disposición do hammam era en todos sitios a mesma. Por un vestíbulo chegábase a

unha primeira sala en que os bañistas se desvestían, decorada a miúdo con estatuas antigas e

provista de ringleiras de perchas. Dela pasábase á sala tépeda, e desta á estufa, no centro da cal

estaba a caldeira de fábrica, na que a auga se mantiña en ebulición mediante un forno disposto no

soto e alimentado por feixes de ramaxe e palmeira anana. Estaba esta estufa sollada de mármore

ou pedra, e sucada de regos para evacuar a auga. Nos seus muros había uns poios de fábrica

sobre os cales os clientes se facían dar masaxe e enxaboar polos mozos de baño, que enchían na

pía cantos caldeiros de auga fervendo eran necesarios. A iluminación e a ventilación facíanse por

unha serie de fachinelos practicables, colocados en alto, en torno da cúpula que adoitaba cubrir o

caldario. Unha roda de caldeiriños sacaba dun pozo ou dun alxibe a auga necesaria para manter

na caldeira o nivel apetecido.

A estancia no baño, que se prolongaba varias horas, era un motivo de diversión, sobre

todo para as mulleres, quen, coma nun salón, se reunían coas súas amigas, merendaban incluso, e

procuraban abraiar ás demais pola beleza e finura da súa roupa branca. Peiteadoras –as mesmas

que acicalaban ás noivas o día da voda– prestaban os seus servizos ás bañistas; depilábanas,

poñíanlles alheña, dábanlles pomadas, unxíanlles o pelo con perfumados aceites, sobre todo co

de galiya (en galego, almiscre; en castelán, algalia, que era o máis estimado), e vendíanlles toda

clase de ungüentos para o cuidado da da pel e de saquiños de pos aromáticos para os vestidos.

Page 2: A Hixiene en Al-Andalus

COMPRENSIÓN LECTORA 2º ESO outubro 2012 NOME GRUPO Nº

1) Pon outro título ó texto 2) Por que a xente de clase media e baixa acudía o Hammam? 3) Que persoal había no Hammam? 5) Que era a “estufa”? Que se facía nela? Como se quentaba?

Page 3: A Hixiene en Al-Andalus

5) Para que acudían as mulleres o hammam? A que hora o facían? Por que? 6) Escribe un texto similar a este, describindo a mesma situación pero se repetir os verbos, os sustantivos e os adxetivos A estancia no baño, que se prolongaba varias horas, era un motivo de diversión, sobre todo para as mulleres, quen, coma nun salón, se reunían coas súas amigas, merendaban incluso, e procuraban abraiar ás demais pola beleza e finura da súa roupa branca. 7-. Suliña o texto e fai un esquema seguindo as indicación dadas na clase