30
A ORGANIZACIÓN E ESTRUTURA DOS SERES VIVOS.

A ORGANIZACIÓN E ESTRUTURA DOS SERES VIVOS. · COMPOSICIÓN QUÍMICA DOS SERES VIVOS: BIOELEMENTOS E BIOMOLÉCULAS A química da materia viva é similar en todo o mundo biolóxico

  • Upload
    hadung

  • View
    217

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

A ORGANIZACIÓN E ESTRUTURA DOS SERES VIVOS.

A materia dos seres vivos está organizada presentando graos de complexidade crecente que reciben o nome de niveis de organización. Cada nivel presenta unhas propiedades que non se dan nos niveis inferiores. Son as propiedades emerxentes.

NIVEIS DE ORGANIZACIÓN

COMPOSICIÓN QUÍMICA DOS SERES VIVOS: BIOELEMENTOS E BIOMOLÉCULAS

A química da materia viva é similar en todo o mundo

biolóxico. Todas as formas de vida, dende a célula

bacteriana máis pequena ata o home, están formadas

polos mesmos elementos químicos, que se combinan

para formar os mesmos tipos de moléculas.

As reaccións e procesos bioquímicos tamén son

similares en todos os organismos.

Todo o anterior constitúe a proba dunha orixe

evolutiva común para todas as formas de vida.

De todos os elementos químicos, só 27 son parte

esencial da materia que forma os seres vivos.

BIOELEMENTOS

MATERIA INERTE

QUÍMICA DO SILICIO (Compostos inorgánicos, principalmente silicatos)

MATERIA VIVA

QUÍMICA DO CARBONO

(Compostos orgánicos)

Primarios,son os máis abundantes nos seres vivos (97%):

carbono, osíxeno, nitróxeno, hidróxeno, fósforo e xofre.

Secundarios,atópanse en menor proporción (2,5%) :

magnesio, calcio, potasio, sodio e cloro, iodo.

Oligoelementos: en moi baixa proporción (≤0,5%)

ferro, manganeso, cobre, zinc, flúor, boro, silicio, vanadio, cromo, cobalto, selenio.

CLASIFICACIÓN

DISTRIBUCIÓN

DOS BIOELEMENTOS NA

TÁBOA PERIÓDICA

PRIMARIOS

SECUNDARIOS

OLIGOELEMENTOS

53

I Iodo

O átomo de CARBONO ten

un pequeno radio atómico e pre-

senta 4 electróns na última capa o

que lle confire unha serie de

propiedades que o converten no

átomo idóneo para formar as

moléculas dos seres vivos:

.Forma enlaces covalentes,

que son estables e acumulan moita

enerxía.

.Pode formar enlaces, ata

con catro elementos distintos, o que

da variabilidade molecular.

.Pode formar enlaces sin-

xelos, dobres ou triples, .

.Pódese unir a outros

carbonos, formando longas cadeas.

Os compostos, aínda que

son estables, poden ser transforma-

dos por reaccións químicas.

IMPORTANCIA DO CARBONO

BIOELEMENTOS SECUNDARIOS

O Calcio forma parte dos osos, cunchas, caparazóns, é necesario

na contracción muscular ou na formación do tubo polínico.

O Sodio e o Potasio son esenciais para a transmisión do impulso

nervioso.

O Magnesio forma parte da estrutura da molécula da clorofila.

O Cloro é necesario para manter o balance de auga no sangue e

no fluido intersticial.

O Iodo para a formación de tiroxina: hormona reguladora do

metabolismo.

O Ferro constituínte da hemoglobina.

O Manganeso como factor de crecemento e cofactor enzimático.

O Cobalto forma parte da vitamina B12.

O Flúor forma parte da dentina.

O Litio como neurotransmisor e relacionado coas depresións.

O Aluminio é un cofactor enzimático, regulador do sono.

O Cobre forma a hemocianina e transporta osíxeno en invertebrados.

OLIGOELEMENTOS

Son aqueles compostos químicos, formados

pola combinación de bioelementos, que se extraen

dos seres vivos por métodos físicos, como: filtración,

diálise, cristalización, centrifugación, cromatografía e

electroforese.

Tamén denomínanse principios inmediatos,

porque poden extraerse da materia viva con certa

facilidade, inmediatamente.

BIOMOLÉCULAS

CLASIFICACIÓN

BIOMOLÉCULAS

INORGÁNICAS

AUGA

SALES MINERAIS

ORGÁNICAS

GLÍCIDOS

LÍPIDOS

PROTEÍNAS

ÁCIDOS NUCLEICOS

Con átomos de carbono.

Sen átomos de carbono

Composición dos seres vivos.

BIOMOLÉCULAS INORGÁNICAS

AUGA

A auga é unha biomolécula inorgánica. É a

máis abundante na biosfera, onde se atopa

nos tres estados. Pénsase que foi o soporte

no que se orixinou a vida.

Debido á súa estrutura molecular (dipolo)

presenta unhas extraordinarias propiedades

físicas e químicas que van ser responsables

da súa importancia biolóxica.

A AUGA É UN DIPOLO

A auga é o compoñente máis abundante nos seres vivos (65-90%, dependendo dos tecidos).

O contido en auga

diminúe coa idade.

Ten que haber un equilibrio entre a auga inxerida e a auga eliminada.

-Alta cohesividade entre as moléculas: función amortecedora, serve como lubricante entre estruturas que friccionan e evita o rozamento. – Capilaridade: función de transporte (savia bruta das plantas). – Calor específico e de vaporización elevado: función termorreguladora. – Solubilidade elevada: Disolvente universal. Constitúe o medio no que se realizan a maioría das reaccións químicas intracelulares.

PROPIEDADES- FUNCIÓNS BIOLÓXICAS

A elevada forza de cohesión entre as moléculas de auga debido á formación de pontes de H e a elevada forza de adhesión, que é a capacidade de unirse a outras substancias, permiten fenómenos como a CAPILARIDADE.

Solubilidade

ELEVADA

TENSIÓN

SUPERFICIAL

M

Os tres estados da auga.

Cada molécula forma unha

media de 3,5 pontes de H.

Éstes fórmanse e

rómpense constantemente.

Non se forman

pontes de H.

SÓLIDO LÍQUIDO GASOSO

Cada molécula forma

4 pontes de H de

maneira permanente.

A auga ten un comportamento anómalo: ocupa máis volume en estado sólido. Como consecuencia, o xeo ten unha densidade menor e aboia na auga líquida; iso favorece a presenza de seres vivos baixo o xeo.

Unha curiosidade:

Unha pinga de auga

Contén 3000 billóns de

moléculas

SALES MINERAIS

Son biomoléculas inorgánicas que se poden

atopar nos seres vivos de 3 formas:

– Precipitadas.

– Disoltas.

– Asociadas a outras moléculas.

SALES MINERAIS PRECIPITADAS ( insolubles): FUNCIÓN ESTRUTURAL.

CARBONATO CÁLCICO

SILICATOS FOSFATO CÁLCICO

Forman parte de

esqueletos e

caparazóns.

SALES DISOLTAS (solubles): FUNCIÓN REGULADORA.

As sales solubles en disolución están en forma de ións.

Regulan o pH.

Interveñen no equilibrio osmótico

Controlan a contracción

muscular (Ca2+) e a transmisión

do impulso nervioso. (Na+,K+)

Teñen función catalítica actuando como Coenzimas: Co2+, Zn2+, Mn2+.

ASOCIADAS A OUTRAS MOLÉCULAS

Función de transporte.

Fe asociado á hemoglobina

Función estrutural.

P asociado a lípidos.

Intervén na fotosíntese.

Mg asociado á clorofila

Pilar de Vega

BIOLOXÍA- XEOLOXÍA DE 1º DE BAC