Upload
others
View
2
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
● A pesca é unha actividade destinada a obter produtos do mar. Proporciona alimentos para as persoas e materias primas para a industria: conservas, conxelados, aceites, fariñas de peixe, fertilizantes.... Esta actividade económica forma parte do sector primario.
H.- A pesca (páx. 136-37)
H.1.- Define o concepto de pesca.
H.2.- Que é un caladoiro? En que tipo de zonas ou rexións se atopan os máis importantes?
H.3.- Fai un cadro ou esquema que represente os distintos sistemas de pesca. Busca ademais imaxes que acompañen a túa resposta.
H.4.- Cales son os principais problemas do sector pesqueiro? Que medidas se teñen tomado para intentar solucionalos?
● A acuicultura é unha actividade destinada á cría de especies animais ou vexetais acuáticas, tanto mariñas como de auga doce (moluscos, crustáceos, robaliza, dourada, linguado, salmón, troita, algas...). Ao igual que a pesca proporciona alimentos e materias primas para a industria: conservas, conxelados, aceites, fariñas de pescado, fertilizantes.... Esta actividade económica forma parte do sector primario e se presenta como unha posible solución ao problema da sobreexplotación pesqueira.
H.5.- Que é a acuicultura?