15
UNIDADE 9 Ciencias da Natureza 2º ESO Desenvolve as túas competencias A PIRÁMIDE DE GIZA OS XARDÍNS COLGANTES DE BABILONIA ANTIGO era n MODERNO son TAJ MAHAL As sete marabillas do mundo Fai clic sobre cada marabilla para obter máis información sobre ela. O TEMPLO DE ARTEMISA A ESTATUA DE ZEUS A TUMBA DO REI MAUSOLO O COLOSO DE RODAS O FARO DE ALEXANDRÍA CIDADE DE PETRA MACHU PICHU GRAN MURALLA CHINESA CRISTO REDENTOR COLISEO ROMANO CHICHÉN ITZÁ

A PIRÁMIDE DE GIZA

  • Upload
    shlomo

  • View
    50

  • Download
    0

Embed Size (px)

DESCRIPTION

As sete marabillas do mundo. ANTIGO. MODERNO. eran. son. A ESTATUA DE ZEUS. CHICHÉN ITZÁ. TAJ MAHAL. O COLOSO DE RODAS. Fai clic sobre cada marabilla para obter máis información sobre ela. A PIRÁMIDE DE GIZA. MACHU PICHU. COLISEO ROMANO. O TEMPLO DE ARTEMISA. O FARO DE ALEXANDRÍA. - PowerPoint PPT Presentation

Citation preview

Page 1: A PIRÁMIDE DE GIZA

UNIDADE

9

Ciencias da Natureza 2º ESO

Desenvolve as túas competencias

A PIRÁMIDE DE GIZA

OS XARDÍNS COLGANTES DE BABILONIA

ANTIGO

eran

MODERNO

son

TAJ MAHAL

As sete marabillas do mundo

Fai clic sobre cada marabilla para obter máis información sobre ela.

O TEMPLO DE ARTEMISA

A ESTATUA DE ZEUS

A TUMBA DO REI MAUSOLO

O COLOSO DE RODAS

O FARO DE ALEXANDRÍA

CIDADE DE PETRA

MACHU PICHU

GRAN MURALLA CHINESA

CRISTO REDENTOR

COLISEO ROMANO

CHICHÉN ITZÁ

Page 2: A PIRÁMIDE DE GIZA

UNIDADE

9

Ciencias da Natureza 2º ESO

Desenvolve as túas competencias

A estatua de Zeus en Olimpia foi esculpida en marfil por Fidias arredor do ano 432 a.C., no que actualmente se coñece como Olimpia, Grecia. A estatua ocupaba todo o ancho do corredor do templo no que se encontraba, medía uns doce metros de alto e representaba ao deus sentado sobre un trono. Fidias empregou máis dun ano en modelar a estatua, que durou uns mil anos, ata que os terremotos que se produciron no século VI d.C. destruíron o templo na súa maior parte.

Page 3: A PIRÁMIDE DE GIZA

UNIDADE

9

Ciencias da Natureza 2º ESO

Desenvolve as túas competencias

O Coloso de Rodas era unha grande estatua feita por Cares de Lindos na illa de Rodas (Grecia) o 292 a.C.; para iso utilizou placas de bronce sobre unha armazón de ferro. Foi destruída a consecuencia dun terremoto no ano 226 a. C. Segundo Plinio o Vello, escritor romano do século I d.C., medía uns 32 m de altura.

Page 4: A PIRÁMIDE DE GIZA

UNIDADE

9

Ciencias da Natureza 2º ESO

Desenvolve as túas competencias

É a única das Sete Marabillas do Mundo Antigo que aínda se mantén en pé, e a máis antiga delas. A súa construción finalizou arredor do ano 2 570 a.C.A pirámide ten tres cámaras principais: a Cámara do rei, a Cámara da raíña, e a Cámara subterránea.

Page 5: A PIRÁMIDE DE GIZA

UNIDADE

9

Ciencias da Natureza 2º ESO

Desenvolve as túas competencias

O templo de Artemisa encontrábase na antiga cidade de Éfeso, na actual Turquía. Artemisa, filla de Zeus e irmá xemelga de Apolo, era a deusa da fertilidade, da caza e da guerra na mitoloxía grega. Artemisa era unha deusa que daba e quitaba a vida; no interior deste templo encontrábase unha estatua de dous metros de altura en madeira de vide revestida con prata e ouro que a representaba.

Page 6: A PIRÁMIDE DE GIZA

UNIDADE

9

Ciencias da Natureza 2º ESO

Desenvolve as túas competencias

O Faro de Alexandría construíuse no século III a.C. na illa de Faro en Alexandría (Exipto); tiña unha altura comprendida entre 115 e 150 m. Sobre esta torre, unha fogueira sinaláballes a posición da cidade aos navegantes. Para construíla utilizáronse grandes bloques de mármore. Foi destruído polos terremotos de 1303 e 1323.

Page 7: A PIRÁMIDE DE GIZA

UNIDADE

9

Ciencias da Natureza 2º ESO

Desenvolve as túas competencias

A construción da tumba do rei Mausolo comezou durante o seu reinado, e finalizou arredor do ano 350 a.C., 15 días despois da súa morte. Aínda que permaneceu en pé durante as invasións e destrución da cidade por parte de Alexandre Magno, os bárbaros e os árabes, foi un terremoto o que a destruíu no ano 1404. Na actualidade non quedan restos dela.

Page 8: A PIRÁMIDE DE GIZA

UNIDADE

9

Ciencias da Natureza 2º ESO

Desenvolve as túas competencias

Os Xardíns Colgantes de Babilonia foron construídos no século VI a.C. nunha cidade nas beiras do río Éufrates. Estaban situados xunto ao palacio do Rei, ao lado do río, para que os viaxeiros os puidesen contemplar; o acceso non estaba permitido para o pobo.

Page 9: A PIRÁMIDE DE GIZA

UNIDADE

9

Ciencias da Natureza 2º ESO

Desenvolve as túas competencias

A zona arqueolóxica de Chichén Itzá, fundada no ano 525 d.C. e situada na península de Iucatán (México), foi inscrita na lista do Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) no ano 1988, e o 7de xullo de 2007 foi recoñecida como unha das Sete Novas Marabillas do Mundo. Na fotografía pódese observar o templo de Kukulkán.

Page 10: A PIRÁMIDE DE GIZA

UNIDADE

9

Ciencias da Natureza 2º ESO

Desenvolve as túas competencias

O Taj Mahal, Patrimonio da Humanidade, está constituído por un complexo de edificios construído entre 1631 e 1654 na cidade de Agra (India). Estímase que para construílo foi necesario contar con, polo menos, 20 000 homes.

Page 11: A PIRÁMIDE DE GIZA

UNIDADE

9

Ciencias da Natureza 2º ESO

Desenvolve as túas competencias

Machu Picchu, (Montaña Vella) é o nome dun antigo poboado construído a mediados do século XV nos Andes Centrais, ao sur de Perú. Patrimonio da Humanidade desde 1983, é unha obra mestra da arquitectura e da enxeñaría, que puido ser utilizada como lugar de descanso e como santuario.

Page 12: A PIRÁMIDE DE GIZA

UNIDADE

9

Ciencias da Natureza 2º ESO

Desenvolve as túas competencias

O Coliseo é un monumental anfiteatro situado en Roma, e é unha das mellores representacións da grandeza do imperio romano e da súa arte. Comezou a edificarse no ano 72 d.C., e inaugurouse oito anos despois. Nos seus comezos tratouse dun anfiteatro enorme que acubillaba máis de 50

000 espectadores; pero ao longo da súa historia sufriu varias modificacións e ampliacións. O centro histórico de Roma, incluído o Coliseo, foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1980.

Page 13: A PIRÁMIDE DE GIZA

UNIDADE

9

Ciencias da Natureza 2º ESO

Desenvolve as túas competencias

Petra (pedra) é un lugar arqueolóxico situado en Xordania e fundado contra o final do século VII a.C. As fachadas dos seus edificios, esculpidas na rocha, forman un conxunto monumental único que a partir do 6 de decembro de 1985 foi declarado Patrimonio Histórico da Humanidade, e a zona que o rodea, Parque Nacional Arqueolóxico desde 1993.

Page 14: A PIRÁMIDE DE GIZA

UNIDADE

9

Ciencias da Natureza 2º ESO

Desenvolve as túas competencias

A estatua Cristo Redentor atópase en Río de Xaneiro (Brasil), e está situada a 709 metros sobre o nivel do mar. Ten unha altura total de trinta metros, e foi inaugurada, despois duns cinco anos de obras, o 12 de outubro de 1931. Na súa construción empregáronse máis de mil toneladas de formigón armado.

Page 15: A PIRÁMIDE DE GIZA

UNIDADE

9

Ciencias da Natureza 2º ESO

Desenvolve as túas competencias

A Gran Muralla Chinesa foi construída (e reconstruída) entre os séculos V a.C. e XVI d.C. para protexer a fronteira norte do imperio Chinés de posibles ataques. Estímase que alcanzou unha lonxitude duns 8 852 km, aínda que só se conservan uns 6 350 km. Mide entre 6 e 7 m de altura, e entre 4 e 5 m de anchura. No seu apoxeo, foi vixiada por máis dun millón de guerreiros, e durante a súa construción morreron millóns de traballadores, que foron enterrados nas inmediacións da muralla. Foi declarada Patrimonio da Humanidade no ano 1987.