8

A Semana Santa coruñesa, entre a cidade, que elaborarán do-ces típicos destas datas. SANTIAGO An A B. Loz no. A Coruña Interese Turístico Internacional. A Se-mana Santa ferrolán,

  • Upload
    ledat

  • View
    221

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A Semana Santa coruñesa, entre a cidade, que elaborarán do-ces típicos destas datas. SANTIAGO An A B. Loz no. A Coruña Interese Turístico Internacional. A Se-mana Santa ferrolán,
Page 2: A Semana Santa coruñesa, entre a cidade, que elaborarán do-ces típicos destas datas. SANTIAGO An A B. Loz no. A Coruña Interese Turístico Internacional. A Se-mana Santa ferrolán,

especial2El Correo Gallego. VIERNES 18 de MARZO de 2016

A Semana Santa coruñesa, entre a tradición mariñeira e a xacobea

PROVINCIA DA CORUÑA

Arriba a procesión do Santo Encontro de Ferrol; abaixo, o Santo En-terro de Padrón. Fotos: Kiko Delgado (superior), P. Sangiao (inferior).

Antigüidade. A capital gale-ga é a que conta coas cofra-días más antigas de Galicia. Existen documentos de que algunha delas data do século XVI e outras do s. XVIII.

A Semana Santa compostelá, tras un-ha época de declive e escasa participación popular, logrou recu-perar todo o seu es-plendor.Desde o Domingo de Ramos ata o de Re-surreción, uns 3.000 cofrades, dezasete procesións e trece ir-mandades percorrerán as monumentais rúas do casco histórico. Es-te magnífico escenario arquitectónico otorga á conmemoración da Paixón de Cristo com-postelá un esplendor e solemnidade únicos.A Semana Santa de San-tiago contará tamén cun programa de concertos

que tomará as principais igrexas para ofrecer un perco-rrido pola música sacra.Ademais, no ambito gastronó-mico tera lugar, do 18 ao 27 de marzo, a primeira edición de Santiago Paixón Doce, un pro-grama organizado polo Con-cello e a Asociación Hostalería Compostela no que participan 20 cafeterías e restaurantes da cidade, que elaborarán do-ces típicos destas datas.

SANTIAGO

AnA B. LozAno. A Coruña

Interese Turístico Internacional. A Se-mana Santa ferrolán, declarada Festa de In-terese Turístico Internacional desde 2014, é unha das máis espléndidas do norte de España. A tradición mariñeira e militar da localidade proporcionanlle un ambiente in-comparable a esta celebración, un evento que en 2015 atraeu a 250.000 visitantes.Desde o Domingo de Ramos ata o de Re-surrección, sucederanse sin parar as pro-cesións nunhas rúas ferroláns enchidas de fervor relixioso en torno aos 24 pasos das súas cinco co-fradías, herdeiras dunha tradición secular que se remonta ao século XVIII. Procesións, todas elas, vis-tosas, multitudinarias, emotivas e solemnes, e entre as que cabe salientar as do Xoves e Venres Santo.O Xoves Santo sobresae a do Santísimo Cristo da Misericordia e María Santísima da Piedade, por ser a máis numerosa de todas en cofrades e pasos (sete).O Venres Santo destaca, pola mañá, a popular pro-cesión do Santo Encontro (que este ano, por motivos de seguridade, celebrarase na praza de Amboage en lugar de na de Armas); pola tarde, a do Santo Enterro, de marcado carácter litúrxico, e na que se leva a San-ta Urna; e pola noite, a estremecedora procesión dos Caladiños, que remata co canto da Salve.Ademais dos actos relixiosos, durante a Semana San-ta tamén terán lugar outras actividades, como o Cer-tame de Bandas ou o Salón do Cabalo Equiocio.

FERROL

Concurso de carteis. O auxe das celebracións de Semana Santa noiesas, cunha anti-güidade que se remonta ao 1752, vai en aumento cada ano. Nos últimos tempos recuperáronse moitas tradi-cións, como a procesión das Carracas, pero os organiza-dores, coas tres cofradías noiesas á cabeza, pretenden que vaia a máis. De feito, un-ha das novidades previstas, de cara o próximo ano, é un concurso de carteis.A programación, que inclúe seis procesións, arranca hoxe coa da Virxe das Dores. O Domingo de Ramos será o turno da Borriquita e do Ecce Homo e, despois, o obispo auxiliar de Santiago, Jesús Fernández, leerá o pregón. Os actos continuarán o Xo-ves Santo coa procesión das Carracas. O Venres Santo saldrán os pasos do Encontro e do Santo Enterro. Xa o sá-bado, sendas liturxias en San Francisco e San Martiño, si-nalarán o fin dos actos.

NOIA

Actos Viventes de Fisterra. Den-tro das celebracións de Semana Santa da Costa da Morte, no as-pecto relixioso a de maior sona, polos seus coñecidos actos vi-ventes representados polos seus veciños, é a de Fisterra. O pobo enteiro entrégase a esta tradición arraigada dende o século XIV e declarada de Interese Turístico Galego (encontrándose en trami-tación a declaración a nivel nacio-nal). As celebracións da Semana de Paixón da vila do Cristo da Bar-ba Dourada son todos os días es-pectaculares e emotivas (o Santo

Encontro, o Desenclavo, o Lava-torio de pés, etc.), pero a xornada central é a do Domingo de Re-surrección coa escenificación en vivo que ten lugar no entorno da igrexa de Santa María das Areas.No aspecto lúdico, a cita más im-portante é a Mostra do Encaixe de Camariñas, que na súa 26 edi-ción reúne a encaxeiras de todo o mundo. Outro dos atractivos des-tes días é a Mostra de Artesanía en Vivo do castelo de Vimianzo. Ademais, no eido gastronómico, o Venres Santo Muxía acollerá unha nova edición da Festa do Congro.

COSTA DA MORTE

Nova imaxe da Amargura. A cidade herculina non é tan coñecida polas suas celebracións de Sema-na Santa como outras cidades da súa provincia ou de Galicia debido ao escaso número de procesións e cofradías que ata non hai moitos anos existían. Mais, grazas a labor da Orden Franciscana Seglar e das parroquias, na última década pasaron de catro a trece procesións, e de dúas a cinco cofradías. Os actos comezan hoxe venres coa procesión da Virxe das Dores. As novidades deste ano a destacar son un paso infantil na procesión do Cautivo e a es-trea dunha nova imaxen, a da Virxen da Amargura.

A CORUÑA

Celebracións de Paixón e Pascua. Pa-drón ten uhna gran tradición relixiosa enraizada na súa historia ao longo dos séculos. De feito, a través de varios es-critos, temos constancia que xa no ano 1660 existían na vila cofradías relixiosas, sendo a principal a do Santísimo Sacra-mento. Outra cofradía importante era a de San Roque, na Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia, onde eran cofra-des os Reis de España e o Arzobispo de

Santiago. Hoxe en día, a Semana Santa padronesa está consolidada grazas ó la-bor de parroquias, feligreses e cofradías.O programa deste ano, tras o setenario de Dores, arranca hoxe venres coa pro-cesión da Virxe de Dores. O Domingo de Ramos, pola mañá, saldrá a procesión de Ramos, e pola tarde, a do Ecce Ho-mo. O Xoves Santo, terán lugar as pro-cesións do Encontro e a da Santa Cruz do Calvario. O Venres Santo, saldrán o

Vía Crucis e as procesións do Santo En-terro e da Virxe da Soedade. O sábado 26, coa vixilia da Resurrección do Señor, abrirase o tempo litúrxico da Pascua.As festas da Pascua padronesas, que coinciden en datas coa Semana Santa, son as máis importantes do municipio. As actividades programadas para esta celebración prolongaranse desde mañá sábado, día 19, ata o domingo de Pascui-lla, día 3 de abril.

PADRÓN

As rúas de todas as vilas e cidades da provincia da Coruña énchense en Semana Santa de procesións e actos litúrxicos emotivos e solemnes. As cele-bracións, moitas delas enraizadas nas tradicións mariñeiras e xacobeas, constitúen un acontece-mento relixioso e culural de sobria beleza.

Page 3: A Semana Santa coruñesa, entre a cidade, que elaborarán do-ces típicos destas datas. SANTIAGO An A B. Loz no. A Coruña Interese Turístico Internacional. A Se-mana Santa ferrolán,

El Correo Gallego. VIERNES 18 de MARZO de 2016 especial 3

Page 4: A Semana Santa coruñesa, entre a cidade, que elaborarán do-ces típicos destas datas. SANTIAGO An A B. Loz no. A Coruña Interese Turístico Internacional. A Se-mana Santa ferrolán,

especial4El Correo Gallego. VIERNES 18 de MARZO de 2016

Entre a fe e o turismo camiñan as xornadas da Paixón lucense

Provincia de Lugo

Na Semana de Paixón as rúas das cidades e pobos da provincia de Lugo rezuman un sentimento relixioso que traspasa a propia participación nos desfiles pro-cesionais e contaxia a aqueles, flanqueando o percorrido, que viven este momento. Desde a ca-pital provincial, cun amplo pro-grama de actos e procesións, atá nos máis pequenos pobos... vívese o sentir e a tradición da Semana Santa. Entre os pasos máis famo-sos e con maior proxección da provincia destacan os de Viveiro que contan co recoñecemento de Interese Turístico Internacional.

O Pregón. Ás 20.30 h, e a cargo de Jaime Cape-llá Pérez, terá lugar o acto inaugural da Semana San-ta de Sarria. Ábrese unha semana na que destacan os desfiles procesionais sobrios e que transmiten o sentimento desta época li-túrxica.Entre esas saídas procesio-nais podemos destacar: As Dores, o sábado ás 18.00 h; Bendición de Ramos e pro-cesión o domingo ás 12.00 h; Via Crucis ás 20.30 h do Mércores Santo. Digna de ver é a procesión do Santo Enterro, o venres ás 20.00 h. con saída da igrexa do Rosario.

SARRIA

C. RoCa. Lugo

Misericordia. Lémbranos o Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, que “estamos a celebrar o Xubileu da Misericordia e que os actos e procesións desta Semana Santa” poden axudarnos a lembrar ou descu-brir que a vivencia da misericordia está dentro da nosa existencia cris-

tiá...” Estas datas que en Lugo capital teñen unha gran transcendencia espiri-

tual, vívense con un grande recollemento e devoción e non temos que es-quecer que A Semana Santa da capital lucense ten unha longa tradición con procesións ao longo de toda a semana. A modo de exemplo, hai que destacar a da Borriquiña, ás 11.30 h do domingo, e as Dores, ás 19.00 h. A da Virxe da Esperanza, ás 20.30 h do luns. O Cristo do Perdón, o mércores ás 11.00 h. A da Santa Cea, o Xoves Santo, ás 18.00 h. A xornada do Venres Santo está repleta de acontecementos entre os que destacan a procesión do Santo Enterro, ás 20.00 h, e así até o domingo de Resurrección coa pro-cesión do Santo Encontro ás 11.40 horas.Cabe destacar que a catedral de Lugo ten o privilexio de expor permanen-temente o Santísimo Sacramento na súa Capela Maior. Na tarde de Xoves Santo e Domingo de Pascua recóllese a sacra forma no cáliz, doado á ca-tedral polo bispo Baamonde no ano 1461. Por este privilexio, a sacra forma sae ás rúas da cidade en procesión sobre unha carroza que representa a Xesús e os apóstolos na última cea. Trátase dun privilexio do que segundo se ten coñecemento tan só goza a capital lucense.

LUGO

Interese Turístico Interna-cional. A Semana Santa de Viveiro traspasa fronteiras e cada ano atrae a miles de visitantes a esta localida-de da costa lucense, onde ademais de poder seguir os distintos desfiles procesio-nais poderán gozar dunha paisaxe e unha gastronomía realmente de primeira liña. E tamén hai que lembrar que a Semana Santa de Vi-veiro está catalogada como de Interese Turístico Inter-nacional. Entre os desfiles procesio-nais de toda a Semana de Paixón, destacan: a saída da procesión da Virxe das Do-res da igrexa de San Fran-cisco. Mañá, ás 20.30 h, lerá o pregón Emilio José Casariego Vales, presidente da Asociación Española de Medicina Interna que se-rá presentado por Ramón Pernas López.Ao longo de toda a semana sucederanse procesións co-mo a da Borriquita o domi-go ás doce, a bendición de palmas e ramos, ou a do Ec-ce-Homo ás 20.00 h. Outro dos acontecementos que espertan gran interese é a Tamborrada que percorre Viveiro con final na Praza Maior, que está organizada pola Xunta de Confrarías.Un dos días con máis des-files é o Venres Santo: O Encontro ás dez da mañá, O Descendimiento ás 18.30 h. O Santo Enterro ás 19.00 h. e a da Soidade ‘Dos Caladi-ños’, ás 00.30 horas.

VIVEIRO

Antigüidade. Destacan as procesións de Mondoñedo pola súa antigüidade e recolle-mento, e porque contan con pezas dos séculos XII, XVII e XVIII. O pregón, a cargo de José María Díaz, deán emérito da Catedral de Santiago terá lugar o sábado 19, ás 21.00 h, na Casa da Xuventu-de. Ás 11.30 h do domingo na Catedral, misa e bendición das palmas e ramos. Ás 19.30 h, procesión do Ecce Homo da igrexa da Vene-rable Orde Terceira. O bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, celebrará a Misa Crismal o martes ás 12.00 na catedral. Hai que destacar tamén o Via Crucis ás 19.00 h do mércores, cara ao Mosteiro dos Picos.Unha das xornadas máis esperadas é o Venres Santo, ás 10.30 h, sairá a procesión do Santo Encontro; ás 12.00 hs, Via Crucis no claustro catedralicio. A procesión do Santo Enterro, ás 18.00 horas e ás 21.00 horas, a da Soidade. Ambas saen da catedral.

MONDOÑEDO Lugo ten o privilexio de expor permanentemente

o Santísimo Sacramento na Capela Maior

A foto de J.R. Montero móstranos a presenza da Sagrada Forma na procesión da Última Cea en Lugo

Un dos desfiles procesionais da Semana de Paixón en Viveiro

Page 5: A Semana Santa coruñesa, entre a cidade, que elaborarán do-ces típicos destas datas. SANTIAGO An A B. Loz no. A Coruña Interese Turístico Internacional. A Se-mana Santa ferrolán,

El Correo Gallego. VIERNES 18 de MARZO de 2016 especial 5

As celebracións ourensás unen ocio á sobria beleza das súas procesións

Provincia de ourense

Relixión, historia, lecer e turismo conviven durante a Semana de Paixón nas vilas e cidades da pro-vincia de Ourense.

Desde a capital atá nos máis pequenos pobos vívese con sen-timento e devoción as tradicións destas datas, entre as que desta-can as procesións. As máis fer-mosas e singulares da provincia son a dos Caracois, no Barco de Valdeorras; a dos Penitentes, en Oímbra; ou a do Desplante, na capital. Ademais, sumándose a oferta de ocio, a Deputación e os balnearios da provincia ofrecen un programa de termalismo.

Procesión dos Caracois. Nesta localidade celébrará-se o próximo mercores, día 23, o Vía Crucis da Serra, o máis alto de Galicia, cun percorrido de 14 quilóme-tros desde o alto da Portela ata Lamalonga. Esa mesma xornada terá lugar o culto ao Cristo dos Ferroviarios, unha cita de gran arraiga-mento pola vinculación da localidade co tren. En O Barco, vívese tamén con entusiasmo o Venres Santo. Até catro procesións saen á rúa ese día, destacando a dos Caracois de O Castro, na que o percorrido ilumí-nase so con cunchas de ca-racois acendidas.

O BARCO DE VALDEORRAS

ana B. Lozano. Ourense

Procesión de ‘madrugá’. A programación de Semana Santa en O Carballiño conxuga os actos relixiosos con actividades culturais e de ocio. Os actos pre-vistos inclúen catro procesións, catro conferencias e unha exposición. A organización incorpora este ano novidades, entre as que figura a primeira procesión de “madrugá”, na noite do Xoves Santo, destacando o paso de O noso Señor da Sentenza, que irá custodiado por un escuadrón romano.A programación relixioso-cultural prevista inaugurouse o pasado sábado, día 12 de marzo, coa exposición na igrexa da Veracruz da Colección de Medallas e Escapularios de Confradías e Irmandades de Semana Santa de España. Ade-mais, ese mesmo día pola tarde tivo lugar, na igrexa do Asilo, unha conferen-cia do catedrático de Historia da Arte, José Manuel García Igrexas.As procesións e actos litúrxicos previstos para esta Semana Santa comezarán hoxe venres, día 18, coa misa e a procesión de traslado da Nosa Señora das Dores ata o Templo da Veracruz. A procesión do Domingo de Ramos partirá desde a Igrexa do Centro ata a Veracruz. O Xoves Santo, sairá O noso Señor da Sentenza. A tradicional procesión dos Caladiños terá lugar o Venres Santo. En todas elas contarase coa participación dun elenco importante de agrupa-cións musicais: a Banda Municipal de Música do Carballiño, a Banda-Escola de Gaitas, a Banda de Gaitas Redegaita e a Banda de Gaitas de Tui; ademais do Coro de Voces Brancas do Orfeón Unión Ourensá e dos Nenos Cantores da Capela Madrigalista de Ourense; así como Alfonso Medela Trío, Maribel López, Almudena Mosquera, Samino Otero, Emilio Rodríguez e José Luís Reza.

O CARBALLIÑO

O ‘Desplante’, rito cente-nario. As procesións de Se-mana Santa na cidade das Burgas non son tan nume-rosas como noutras capi-tais de provincia de España pero, nos últimos anos, van a máis grazas a labor do obispado, que tenta po-tenciar as celebracións na cidade e no conxunto da diócese. Con todo, a singu-laridade da Semana Santa ourensán radica na gran participación dos grupos parroquiais que suplen, case na súa totalidade, ao que noutras cidades son as confradías.Os actos relixiosos come-zán hoxe venres co Viacru-cis dos Mozos, que saerá da catedral ás 20.00 horas. O domingo celebrarase a procesión de Ramos, con a tradicional imaxe da Borri-quita camiñando desde o parque de San Lázaro cara á catedral. A sé ourensá ta-men acollerá o mércores, día 23, a Misa Crismal e o día seguinte, Xoves Santo, o lavatorio dos pés. Xa o Venres Santo a procesión do Santo Enterro congrega-rá a moitos fieis.O domingo pechará os ac-

tos da Semana Santa a procesión de Santa

María Nai, coñe-cida popular-mente como o Desplante, no que o bispo im-pide a corpora-

ción, seguindo un rito centenario,

subir as escaleiras da igrexa de Santa Ma-

ría Nai tras a procesión.

OURENSE

Recuperan os actos tras 35 anos. O Conce-llo de Oímbra recupera este ano os actos da súa Semana Santa despois de mais de tres dé-cadas sen celebracións. Entre o calendario de actividades relixiosas, que este ano se organizará completamente, encóntranse a Misa da Cea do Señor o Xoves Santo, a Paixón do Señor o Venres Santo e, so-bre todo, a Vixilia Pascual na noite do sábado. E a estas celebracións litúrxicas únense outras procesións e actos que manteñen a tradición secular deste pobo, como son a procesión do Santo Encontro ao medio día do venres, e o Desenclavado e a procesión do Santo Enterro na tarde do venres. Pero, o máis rechamante dos actos de Semana Santa deste concello e a procesión dos Penitentes da noite do xoves co seu “oficio das tebras”, na que os seus partici-pantes percorren semidesnudos e de poutelas as rúas da localidade, desde o interior da igre-xa parroquial na que se van apagando as luces recreando as tebras previas á morte de Cristo.

OÍMBRA

A foto de Felipe Iglesias móstranos a procesión de Ramos subindo pola rúa Juan de Austria en Ourense

Escenificación do Venres Santo. De todos os actos de Semana Santa que te-ñen lugar en Celanova os máis representativos son os do Venres Santo. Pola mañá, no propio escena-rio monumental da igrexa conventual, 53 mozos da parroquia protagonizarán a representación do proceso sufrido por Xesús antes da Crucifixión nun ambiente de gran emoción, vistosi-dade e recollemento. Xa pola tarde, terá lugar a pro-cesión do Santo Enterro na que participan catro pasos. No plano turístico podera-se visitar o mosteiro de San Rosendo, a capela mozára-be e a Torre dás Campás.

CELANOVA

As vilas da

provincia de Ourense contan con

fermosas e singulares tradicións de

Semana Santa

Page 6: A Semana Santa coruñesa, entre a cidade, que elaborarán do-ces típicos destas datas. SANTIAGO An A B. Loz no. A Coruña Interese Turístico Internacional. A Se-mana Santa ferrolán,

especial6El Correo Gallego. VIERNES 18 de MARZO de 2016

Días de devoción e recollemento

provincia de pontevedra

Na maoiría dos concellos e parro-quias da provincia de Pontevedra celébrase con solemne devoción a Semana Santa, donde as proce-sións cobran un especial prota-gonismo, xa que é cando os fieis reviven os misterios centrais da súa fe, conmemorando a morte e resurreción de Xesucristo.

Non hai pequena parroquia que non teña alomenos unha procesión, na que é protago-nista a paixón de Cristo. Pero hai algunhas localidades donde ten máis relevancia entre a po-boación, tanto no aspecto litúr-xico e de devoción, como na súa solemnidade, que acostuma ser de

Un dos pasos que percorren as rúas de Vigo durante a Semana Santa. Foto: M. Gimeno

gran atractivo para o turismo que gusta de admirar a espectaculari-dade e o sobrecolledora devoción. Pontevedra, Vigo, Cangas, Tui, A Estrada, Lalín ou Vilagarcía de Arousa enchen as rúas de veciños e visitantes para asistir aos desfi-les procesionais.

Pero hai un lugar donde se celebra de xeito es-pecial: é en P a r a d e -la (Meis), que foi declarada de Interese Autonómico pola Xunta de Galicia.

Non hai rincón na

provincia donde non teña lugar un acto

relixioso nestas datas

Tradición. A vila de Tui ten unha ampla tradición na celebración da Sema-na Santa. O domingo de Ramos celebra a Bendi-ción dos Ramos, misa e procesión. O Xoves Santo, misa vespertina da Cena do Señor, ás 19.00 h, na catedral. Venres Santo: ás 11.00 h, Procesión dos Pa-sos; ás 18.00 h, Paixón do Señor; ás 20.00 h, Sermón do Desencravo e Procesión do Santo Enterro. Sábado Santo: ás 8.00 h, Proce-sión da Soedade; ás 21.00 h, Solemne Vixilia Pascual. Domingo de Resurreción: Misa Pascual ás 12.00 h, presidida polo bispo da Diócese de Tui-Vigo.

TUI

anxo bouza. Pontevedra

Interese turístico. Aínda que é unha peque-na localidade, a Semana Santa de Paradela, no Concello de Meis, congrega cada ano a centos de fieis e visitantes que acoden para admirar a grandeza desta celebración, declarada Festa de Galicia de Interese Autonómico. Trala ben-dición dos ramos, o domingo, 20, escenifícase a Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén; des-eguido, procesión e misa cantada polo Coro Parroquial de Santa María de Paradela. No Xo-ves Santo, destaca a escenificación da Última Cea, ás 22.00 h, seguido da representación do Prendimento e o Xuicio ante o Sanedín. O Ven-

res Santo, ás 11.30 h, escenifícanse as últimas horas da vida de Xesús, seguido pola posta en escea do Viacrucis ata o monte da Croa, donde se representará a Crucifixión de Cristo. O sába-do haberá misas, bendición da auga e do lume e degustación dunha rosca de Pascua. No domin-go de Resurreción, destaca a escenificación da Resurreción de Xesús, seguido da misa cantada pola Agrupación Coral de San Miguel de Lores de Meaño, e a procesión, coa participación dos cofrades, personaxes participantes nas escenifi-cacións, as imaxes do Sagrado Corazón e a Virxe da Asunción e a Banda de Música de Paradela.

PARADELA - MEIS

Procesións. A capital da pro-vincia celebrará un total de oito procesións durante esta Semana Santa. O domingo de Ramos terá lugar a proce-sión da Borriquita, ás 12.30 h, desde a Praza da Ferrería ata San Bartolomé. O Luns Santo, haberá a procesión do Cristo das Caídas, ás 20.30 h, con saída e chegada na rúa Sar-miento. O martes, procesión de Xesús Nazareno e María Santísima da Esperanza, ás 20.30 h, desde a rúa Sar-miento ata San Bartolomé. O mércores, será a procesión da Santísima Virxe da Soedade e Xesús Nazareno coa Cruz as Costas, ás 20.30 h, en Amar-gura ata rematar na Aveni-

da de Santa María. O Xoves Santo, terá lugar a Procesión dos Pasos, ás 20.00 h, desde a Basílica de Santa María. O Venres Santo, haberá a proce-sión do Encontro con Viacru-cis Penitencial, saíndo ás 9.00 h o paso da Virxe da Soeda-de e a de Cristo coa Cruz as Costas da igrexa de San Bar-tolomé. Os actos terminan o Domingo de Resurreción, pro-cesión de Xesús Resucitado, sobre ás 19.30 h, cando sairán os pasos de Nosa Señora do Amor Fermoso e o da Sagrada Resurreción, donde o Encon-tro será na Praza da Peregri-na, para voltar xuntas polas rúas da cidade ata a Praza da Constitución.

PONTEVEDRA

Gran arraigo popular. A localidade pontevedresa de Cangas do Morrazo cele-bra con gran solemnidade a Semana Santa, que ten unha ampla sona en toda a provincia de Pontevedra e que goza de gran arraigo popular. Conta con vistosas procesións, cheas de fervor e realismo. Ao longo de to-da a Semana Santa teñen lugar numerosos encontros relixiosos polas rúas da vila, con impresionantes tallas articuladas, de gran tama-ño e chamativa decoración, que van acompañadas dos penitentes encapuchados. Ás procesións e celebra-cións acoden cada ano mi-les de devotos.

CANGAS

Programa. Domingo, 20: Misa de Ramos e proce-sión. Xoves Santo: Cea do Señor, ás 18.00 h.; ás 23.00 h, Adoración Nocturna. Venres Santo: ás 12.00 h, Vía Crucis; ás 18.00 h, Paixón; ás 23.00 h, proce-sión do Santo Enterro. Sá-bado: ás 12.00 h, Rosario; 23.00 h, Vixilia. Domingo: misas.

LALÍN

Actos relixiosos. Ven-res de Dolores: ás 21.00 h, Procesión. Domingo de Ramos: ás 10.15 h, misa e bendición de ramos; ás 12.30 h, procesión e misa. Luns: concerto sacro coa Coral Polifónica de Berres e coro da Cámara de Mú-sica Viva do Carballiño, ás 20.00 h. Martes e mérco-res: misas rezadas ás 19.30 h. Xoves Santo: Cea do Se-ñor, ás 19.30 h, e procesión do Cristo Atado á Colum-na. Venres Santo: Solemne Morte do Señor ás 19.30 h, e procesión do Santo En-terro. Sábado: Vixilia Pas-cual, ás 23.30 h. Domingo: Pascua de Resurrección, ás 10.15 horas.

A ESTRADA

Misterios de fe. Entre as numerosas actividades da Semana Santa de Vi-go, destaca a procesión do Domingo de Ramos, que preside o bisto a Diócesis, Luis Quinteiro; será ás 11.45 hs., desde a igrexa María Auxiliadora ata de Santia-go o Maior. Tamén está a Procesión da Paixón, o Xo-ves Santo, ás 20.30 hs., con saída da parroquia do Sagrado Corazón, estando tamén presidida polo bis-po. Venres Santo: ás 19.30 hs., procesión do Santo En-terro, desde a Concatedral de Santa María, presidida polo bispo e autoridades; ás 20.30 hs., procesión da Virxe da Soedade, desde a igrexa do Sagrado Corazón ata a igrexa de Santiago o Maior, donde rematará con cántico final. A imaxe do Cristo da Fe será portada por membros da Policía Lo-cal cos seus traxes de gala. Sábado Santo: ás 22.00 hs., Vixilia Pascual, oficiada po-lo bispo Luis Quinteiro.

VIGO

As procesións

cobran especial protagonismo nas

celebracións da Semana Santa

Actividades. O Domingo de Ramos, ás 10.30 h, mi-sa de bendición de ramos e procesión, coa partici-pación do grupo de gai-tas Froallo. Xoves Santo: ás 19.30 h, Cea do Señor, coa Coral Santa Eula-lia; ás 20.30 h, procesión, acompañada pola Banda de Música de Vilagarcía. Venres Santo: ás 12.00 h, concerto do pianista Juan Carlos Porto; ás 19.00 h, santos oficios coa coral Santa Eulalia; ás 20.00 h, procesión do Santo Enterro. Sábado: ás 22.00 h, Vixilia Pascual. Domingo de Resu-rreción: ás 11.00 h, Eucaris-tía Pascual.

VILAGARCÍA DE AROUSA

Page 7: A Semana Santa coruñesa, entre a cidade, que elaborarán do-ces típicos destas datas. SANTIAGO An A B. Loz no. A Coruña Interese Turístico Internacional. A Se-mana Santa ferrolán,

El Correo Gallego. VIERNES 18 de MARZO de 2016 especial 7

La bendición de ramos será en el Cruceiro de Bao

Actos religiosos, gAstronomíA y nAturAlezA en Boiro

En la totalidad de villas, ciudades o pueblos de

nuestro país están pendientes de la me-teorología en una Semana Santa tan tempranera, en ple-no marzo, que más

hace pensar en fríos y lluvias que en sol.

Pero, las predicciones parece que apuntan hacia

un tiempo benigno que permitirá el recorrido por las calles de los distintos pasos procesionales. Y nos solo para las procesiones, si-no también para poder disfrutar, como en el caso del concello de

Boiro, de unos paseos por la playa para tomar el suave sol de estos días, y al mismo tiempo, disfrutar de la gastro-nomía en los afama-dos restaurantes de la zona para degustar un buen marisco y no menos excelente pescado. Además de todo esto, Boiro tiene también su Semana Santa.

Semana de PaSión. Hoy vier-nes, día 18, finaliza el Tríduo de Pasión, iniciado el día 16.

El Domingo de Ramos, a las 11.30 horas, tendrá lugar la ben-dición de ramos en el Cruceiro de Bao, con procesión y misa. El Jue-

ves Santo, a las 19.00 horas, ce-

lebración de la Cena del Señor. A las 20.30 horas, iniciará su re-

corrido la pro-cesión del Ecce

Homo. Tras el des-file procesional tendrá

lugar la Hora Santa. El Vienes Santo, a las 19.00 ho-

ras, se celebra la Pasión del Señor en la iglesia parroquial, seguido del Desenclavo. A las 20.30 horas, saldrá la procesión del Santo En-tierro.

El Sábado Santo, a las 21.00 ho-ras, la solemne Vigilia Pascual.

Carol roCa. Boiro

La procesión del

Santo Entierro saldrá a las 20.30 horas del Viernes

Santo

El día de

Jueves Santo, a las 19.00 h, recordarán la

Útima Cena de Jesús

Exposición de imágenes religiosas en Porto do

Son hasta el día 27Para acudir a Porto do Son en cualquier época del año no hace falta disculpa alguna. Esta locali-dad marinera, de gran atractivo y acogedora, permite disfrutar de la naturaleza y de su exquisita gastronomía.

En el vera-no, sol y playa, y durante el resto del año siempre se en-cuentra algo i n t e re s a n t e que ver y que disfrutar.

Lo mismo ocurre en ple-na Semana Santa, un tiem-po que los veci-nos de la zona viven con gran intensidad y devoción, lo cual transmi-ten a quienes tienen el acier-to de pasar por allí a lo largo de estas jornadas.

Desde hoy hasta el día 27 se su-cederán una amplia diversidad de actos litúrgicos entre los que destacan, por su vistosidad, un buen ramillete de procesiones que cuentan con una gran partici-pación de vecinos y que también atraen a numerosos visitantes.

CaPela da atalaia. En la Ca-pela da Atalaia los visitantes po-drán admirar una selección de imágenes sacras que suelen apa-

recer en distintos desfiles de Se-mana Santa y, que gracias a esta recopilación que han hecho en Porto do Son, podrán verse muy de cerca y en todo su esplendor.La exposición que se abrió el pa-

sado 13 de marzo y se prolon-gará hasta el día 27. Quienes estén in-teresados en acer-case por a Capela da Atalaia de-berán ha-cerlo en el horario de visitas que es de 10.30 a 14.00 ho-ras y de 18.30 a 21.30 ho-ras. Por otra parte,

ha que destacar que el programa impreso de las actividades de Se-mana Santa de Porto do Son, no solo nos pone al día de las horas y procesiones que van a tener lugar, sino que también recuerda una serie de curiosidades que muchos ni conococen o casi no recuerdan como la costumbre de cubrir las imagenes religiosas y los retablos con paños morados que daban un aire triste y funebre, costumbre que se perdió a finales de los años 70 del siglo pasado. m.a.

Detalle del cartel anunciador de la Semana Santa en Boiro

Page 8: A Semana Santa coruñesa, entre a cidade, que elaborarán do-ces típicos destas datas. SANTIAGO An A B. Loz no. A Coruña Interese Turístico Internacional. A Se-mana Santa ferrolán,

especial8El Correo Gallego. VIERNES 18 de MARZO de 2016