1
a VI Ciclo Cine e Medicina Sesión do 21 de xaneiro de 2020 A balada de Narayama Narayama Bushi-ko. Xapón, 1983. Cor, 130 min. Drama | Dirección e guión: Shôhei Imamura | Fotografía: Masao Tochizawa | Música: Shinichirô Ikebe | Elenco: Ken Ogata (Tatsuhei), Sumiko Sakamoto (Orin), Tonpei Hidari (Risuke), Aki Takejô (Tamayan), Shoichi Ozawa (Katsuzō), Fujio Tokita (Jinsaku) | Produción: Toei Company PREMIOS a Festival de Cannes 1983 Palma de Ouro á Mellor Película SINOPSE a Era unha vella lei da aldea, dun tem- po tan afastado que xa ninguén o lembraba: ao chegar aos 70 anos, os anciáns debían abandonar a aldea para ir vivir ao cumio da montaña Narayama. Unha sentenza de morte desapiadada que sumía na tristeza e a desesperación ás familias cando ti- ñan que enviar aos seus maiores á montaña. Orin ten 69 anos e aché- gase o momento de partir cara á montaña, pero aínda ten que atopar unha muller ao seu fillo. CRÍTICA DE BLOG VISUAL En 1956 publicouse A balada de Na- rayama , a primeira novela de Sichiro Fukazawa baseada en relatos e can- cións do folclore popular xaponés, e en 1958 foi levada ao cinema por Keisuke Kinoshita. A pesar da súa gran calidade técnica, a fita pasou desapercibida, e disque é por iso que Shôhei Imamura ( Choiva negra , A vinganza é miña , A anguía ) decidiu facer unha nova versión en 1983. O primeiro que chama a atención desta cinta, que mantén o estilo crítico e cru do director, é a utilización de es- cenarios naturais (a diferenza da de Kinoshita). A natureza está moi presente duran- te toda a metraxe, cunha contorna que se torna reflexo ou imaxe dos acontecementos vindeiros, onde des- de as condicións climáticas até a fauna se nos presentan como metá- foras visuais do ciclo vital, do paso natural da vida á morte. En canto á trama, é moi interesante a utiliza- ción das cancións populares sobre as que versa a historia. Unhas cancións que nos falan de que cando un an- cián perde todos os seus dentes debe ser levado á montaña de Narayama para cumprir o seu destino co deus da montaña. A simboloxía e as crenzas populares son utilizadas para ocultar o que é claramente un caso normalizado na devandita sociedade de xerontici- dio, pois os maiores convértense co paso dos anos nun estorbo ao non poder realizar as mesmas tarefas físicas que o resto e son unha boca máis que alimentar. Prefírese que desaparezan para dar paso a novas xeracións. É moi duro pensar como a anciá, que a pesar de estar en plena forma, non dubida en ir rom- péndose os dentes para ser levada canto antes, ou a sorte de que o día que a leven á montaña neve, para que co frío o sufrimento sexa me- nor. De feito, nesa sociedade agrícola de subsistencia a moralidade é algo que se oculta tras as crenzas po- pulares. Por iso non é raro que se tomen a xustiza pola súa man e mesmo sexa algo habitual o infanti- cidio (pois é unha sociedade pa- triarcal onde se tenta manter ao primoxénito) e o adulterio consen- tido. O sexo e a violencia están moi presentes, do mesmo xeito que moitas actuacións cuestionables que son socialmente aceptadas. A máxima é sobrevivir, e dado que subsisten como poden cos recursos que obteñen do campo (basicamen- te arroz, patacas e algunhas gali- ñas) non dubidarán en desfacerse do que para eles sexa inservible. Sexan fillos, fillas intercambiadas por sal ou vendidas como esposas a outras casas, e mesmo veciños la- dróns. Do mesmo xeito, a espiritualidade e a morte é algo que vai ligado a esas crenzas, desde o propio deus da montaña á presenza de espíritos errantes na propia natureza (repre- sentado co vento neste caso). A nor- ma de que os maiores non poden fa- lar durante o seu traxecto a Nara- yama non é máis que a representa- ción de que durante o camiño perde- mos parte do que nos fai humanos -a nosa fala- para transformarnos no que nos espera, en mortos. De feito, o crecemento persoal e a asimila- ción do destino mortal do personaxe de Ken Ogata, o primoxénito que de- be levar á súa nai Orin a Narayama, é máis que evidente, máis aínda cando se descobre que a bela mon- taña das historias non é tan bela co- mo a pintaban as lendas. CRÍTICA DE DIEGO GALÁN A balada de Narayama é un filme duro e sorprendente que aínda que non conteña consignas morais en primeiro termo nin pretenda mostrar o ideario do director, deixa un in- quedante pouso para a reflexión: a brutalidade dos habitantes de Na- rayama non é realmente distinta á dos civilizados homes dos nosos días; cada neno que nace segue signifi- cando un ancián menos. O lento rit- mo narrativo que vai perfilando per- sonaxes e actitudes; as abundantes escenas de amor entre homes, ani- mais ou todos á vez; ese sorpren- dente clima familiar dos campesiños que loitan con violencia por unhas simples patacas; a risa e o pícaro que se alternan coa traxedia de cada día, e sobre todo o espléndido tra- ballo de interpretación, especial- mente de Sumiko Sakamoto, que en- carna á vella avoa, son valores deste raro filme que obtivo a Palma de Ou- ro do Festival de Cannes, premio que sorprendeu aos asistentes, que o consideraron por riba de O Sur de Víctor Erice, Carmen de Carlos Sau- ra, Historia de Piera de Marco Ferre- ri, O diñeiro de Bresson ou Nostalxia de Tarkovski. A beleza das súas ima- xes e a orixinalidade da súa formu- lación son aspectos que hoxe, sen devezos comparativos, destacan con claridade, emocionando ou seducin- do, polo menos, con facilidade aos espectadores. Vindeira sesión o martes 11 de febreiro: Ikiru (Vivir) · Akira Kurosawa

a VI Ciclo Cine e Medicina A balada de Narayama

  • Upload
    others

  • View
    3

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: a VI Ciclo Cine e Medicina A balada de Narayama

a

VI Ciclo Cine e Medicina

Sesión do 21 de xaneiro de 2020 A balada de Narayama

Narayama Bushi-ko. Xapón, 1983. Cor, 130 min. Drama | Dirección e guión: Shôhei Imamura | Fotografía: MasaoTochizawa | Música: Shinichirô Ikebe | Elenco: Ken Ogata (Tatsuhei), Sumiko Sakamoto (Orin), Tonpei Hidari(Risuke), Aki Takejô (Tamayan), Shoichi Ozawa (Katsuzō), Fujio Tokita (Jinsaku) | Produción: Toei Company

PREMIOSa

Festival de Cannes 1983Palma de Ouro á Mellor Película

SINOPSEa

Era unha vella lei da aldea, dun tem-po tan afastado que xa ninguén olembraba: ao chegar aos 70 anos, osanciáns debían abandonar a aldeapara ir vivir ao cumio da montañaNarayama. Unha sentenza de mortedesapiadada que sumía na tristeza ea desesperación ás familias cando ti-ñan que enviar aos seus maiores ámontaña. Orin ten 69 anos e aché-gase o momento de partir cara ámontaña, pero aínda ten que atoparunha muller ao seu fillo.

CRÍTICA DE BLOG VISUAL

En 1956 publicouse A balada de Na-rayama, a primeira novela de SichiroFukazawa baseada en relatos e can-cións do folclore popular xaponés, een 1958 foi levada ao cinema porKeisuke Kinoshita. A pesar da súagran calidade técnica, a fita pasoudesapercibida, e disque é por iso queShôhei Imamura (Choiva negra, Avinganza é miña, A anguía) decidiufacer unha nova versión en 1983. Oprimeiro que chama a atención destacinta, que mantén o estilo crítico ecru do director, é a utilización de es-cenarios naturais (a diferenza da deKinoshita).

A natureza está moi presente duran-te toda a metraxe, cunha contornaque se torna reflexo ou imaxe dosacontecementos vindeiros, onde des-de as condicións climáticas até afauna se nos presentan como metá-foras visuais do ciclo vital, do pasonatural da vida á morte. En canto átrama, é moi interesante a utiliza-ción das cancións populares sobre asque versa a historia. Unhas canciónsque nos falan de que cando un an-cián perde todos os seus dentes debeser levado á montaña de Narayama

para cumprir o seu destino co deusda montaña.

A simboloxía e as crenzas popularesson utilizadas para ocultar o que éclaramente un caso normalizado nadevandita sociedade de xerontici-dio, pois os maiores convértense copaso dos anos nun estorbo ao nonpoder realizar as mesmas tarefasfísicas que o resto e son unha bocamáis que alimentar. Prefírese quedesaparezan para dar paso a novasxeracións. É moi duro pensar comoa anciá, que a pesar de estar enplena forma, non dubida en ir rom-péndose os dentes para ser levadacanto antes, ou a sorte de que o díaque a leven á montaña neve, paraque co frío o sufrimento sexa me-nor.

De feito, nesa sociedade agrícola desubsistencia a moralidade é algoque se oculta tras as crenzas po-pulares. Por iso non é raro que setomen a xustiza pola súa man emesmo sexa algo habitual o infanti-cidio (pois é unha sociedade pa-triarcal onde se tenta manter aoprimoxénito) e o adulterio consen-tido. O sexo e a violencia están moipresentes, do mesmo xeito quemoitas actuacións cuestionablesque son socialmente aceptadas. Amáxima é sobrevivir, e dado quesubsisten como poden cos recursosque obteñen do campo (basicamen-te arroz, patacas e algunhas gali-ñas) non dubidarán en desfacersedo que para eles sexa inservible.Sexan fillos, fillas intercambiadaspor sal ou vendidas como esposas aoutras casas, e mesmo veciños la-dróns.

Do mesmo xeito, a espiritualidade ea morte é algo que vai ligado a esascrenzas, desde o propio deus damontaña á presenza de espíritoserrantes na propia natureza (repre-sentado co vento neste caso). A nor-ma de que os maiores non poden fa-lar durante o seu traxecto a Nara-

yama non é máis que a representa-ción de que durante o camiño perde-mos parte do que nos fai humanos -anosa fala- para transformarnos noque nos espera, en mortos. De feito,o crecemento persoal e a asimila-ción do destino mortal do personaxede Ken Ogata, o primoxénito que de-be levar á súa nai Orin a Narayama,é máis que evidente, máis aíndacando se descobre que a bela mon-taña das historias non é tan bela co-mo a pintaban as lendas.

CRÍTICA DE DIEGO GALÁN

A balada de Narayama é un filmeduro e sorprendente que aínda quenon conteña consignas morais enprimeiro termo nin pretenda mostraro ideario do director, deixa un in-quedante pouso para a reflexión: abrutalidade dos habitantes de Na-rayama non é realmente distinta ádos civilizados homes dos nosos días;cada neno que nace segue signifi-cando un ancián menos. O lento rit-mo narrativo que vai perfilando per-sonaxes e actitudes; as abundantesescenas de amor entre homes, ani-mais ou todos á vez; ese sorpren-dente clima familiar dos campesiñosque loitan con violencia por unhassimples patacas; a risa e o pícaroque se alternan coa traxedia de cadadía, e sobre todo o espléndido tra-ballo de interpretación, especial-mente de Sumiko Sakamoto, que en-carna á vella avoa, son valores desteraro filme que obtivo a Palma de Ou-ro do Festival de Cannes, premioque sorprendeu aos asistentes, que oconsideraron por riba de O Sur deVíctor Erice, Carmen de Carlos Sau-ra, Historia de Piera de Marco Ferre-ri, O diñeiro de Bresson ou Nostalxiade Tarkovski. A beleza das súas ima-xes e a orixinalidade da súa formu-lación son aspectos que hoxe, sendevezos comparativos, destacan conclaridade, emocionando ou seducin-do, polo menos, con facilidade aosespectadores.

Vindeira sesión o martes 11 de febreiro: Ikiru (Vivir) · Akira Kurosawa