6
SINOPSIS ARGUMENTAL Said, un neno marroquí, cruza o estreito. Ao outro lado, no país das oportunidades, descobre que o mundo non é tan fermoso como o contaran. ANTES DE VER A PELÍCULA Datos sobre a película Opinión del director A Viaxe de Said é unha curtametraxe musical de animación de plastilina. O relato intérnase nos graves problemas da inmigración que se veñen rexistrando en Canarias e no Sur da Península por parte dos miles de africanos que buscan o soño europeo, aínda que iso supoña pasar unha morea de calamidades e de situacións moi adversas. Trátase dunha curtametraxe para a que se empregaron máis de 18.000 fotografías de bonecos realizados con plastilina e que necesitou ata dous anos de traballo intenso por parte dun equipo moi amplo. "O obxectivo é contar esta historia dende a outra beira, dende a perspectiva dun neno marroquí. Dende o profundo amor que sinto por Marrocos e a súa xente, quero tender esta ponte de fantasía irónica, dirixida principalmente aos mozos marroquís, cuxas expectativas sobre España están claramente distorsionadas pola necesidade de encontrar un futuro un pouco máis esperanzador. Moitas familias contan con algún membro afogado e son conscientes das poucas posibilidades que teñen de "triunfar". Gustaríame resaltar a falta de coñecemento que existe entre nós, das razóns que impulsan aos nosos veciños a xogarse a vida por un traballo

A viaxe de said

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: A viaxe de said

SINOPSIS ARGUMENTAL

Said, un neno marroquí, cruza o estreito. Ao outro lado, no país das oportunidades, descobre que o mundo non é tan fermoso como o contaran.

ANTES DE VER A PELÍCULA

Datos sobre a película

Opinión del director

A Viaxe de Said é unha curtametraxe musical de animación de plastilina. O relato intérnase nos graves problemas da inmigración que se veñen rexistrando en Canarias e no Sur da Península por parte dos miles de africanos que buscan o soño europeo, aínda que iso supoña pasar unha morea de calamidades e de situacións moi adversas. Trátase dunha curtametraxe para a que se empregaron máis de 18.000 fotografías de bonecos realizados con plastilina e que necesitou ata dous anos de traballo intenso por parte dun equipo moi amplo.

"O obxectivo é contar esta historia dende a outra beira, dende a perspectiva dun neno marroquí. Dende o profundo amor que sinto por Marrocos e a súa xente, quero tender esta ponte de fantasía irónica, dirixida principalmente aos mozos marroquís, cuxas expectativas sobre España están claramente distorsionadas pola necesidade de encontrar un futuro un pouco máis esperanzador.Moitas familias contan con algún membro afogado e son conscientes das poucas posibilidades que teñen de "triunfar". Gustaríame resaltar a falta de coñecemento que existe entre nós, das razóns que impulsan aos nosos veciños a xogarse a vida por un traballo miserable e un trato de cidadán de segunda clase. Cada vez son máis os nenos como Said que se embarcan nunha pateira, conscientes de que poden morrer e saben que se chegan, o que lles espera non é precisamente un conto con final feliz.

A solución pasa por aceptalos, coñecelos, entendelos e compartir o noso "estado de benestar". Mentres os recursos dos países pobres sigan en mans dos países ricos, seguirán chegando, con todo o dereito a esixir o seu anaco do pastel. "

Page 2: A viaxe de said

Datos arrepiantes

O 1 de novembro de 1988 apareceron as primeiras vítimas da inmigración ilegal, 10 marroquís morreron intentando chegar a España cruzando o estreito en pateira. Pero o reconto destes vinte e seis anos pon sobre a mesa a estremecedora cifra de máis de 20.000 mortos, todos afogados intentando alcanzar as nosas costas.

Motivos para inmigrar

Varios son os motivos polos que os inmigrantes cruzan o estreito de Xibraltar deixando atrás as súas familias e xogándose a vida:

a. Queren vivir como nós. Esta é a principal causa, case todas as vivendas dos magrebís teñen televisión e dende alí ven unha realidade bastante deformada. As canles italianas e españolas son os máis vistos. Os concursos da RAI e, por suposto, os partidos de fútbol copan o liderado de audiencia.

b. Busca de liberdade, sobre todo en países que teñen réximes totalitarios.

c. A pobreza e a miseria.

d. O paro.

Algunas historias reales

Abdelhamid traballa en España, gaña 500 euros ao mes e manda a metade á súa familia "e con iso xa teñen para comer dous ou tres meses". Ao decatarse pola televisión do accidente da pateira e de que a maioría dos 30 mortos eran desa zona, regresou a Marrocos. "Están todos tolos por ir a Europa. As parabólicas téñenos sorbido o coco. Cren que o que aparece na tele é verdade. Logo, pola mañá, cando sae o sol mírano cruzados de brazos. Pola tarde, cando se pon, ségueno mirando cruzados de brazos. E así un día tras outro. Abúrrense porque aquí non hai nada que facer", di.

1. ¿Qué opinión tedes da inmigración?

2. ¿Seriades capaces de montar nunha pateira, de noite, con frío e navegar durante

14 km en busca dunha vida mellor?

Page 3: A viaxe de said

ACTIVIDADES DESPUÉS DA PELÍCULA

1. Que é ser un inmigrante?

2. Por que soña con emigrar Said?

3. Como cruza Said o estreito?

4. Coñecedes outras formas de cruzalo?

5. Cando chega a España, que é o que ve?

6. Said pensa que cando chegue a España todo será unha festa, "un mundo de cor... " "é a túa oportunidade... ", di a canción, credes que a realidade é así para os inmigrantes?. Razoa a resposta.

7. Pouco a pouco decátase de que non todo é como el soñara, "Mira rapaz, eu sen papeis non te podo contratar, xógoma entendes?, pero poderíase apañar, cobras un pouquiño menos e se vén algún inspector escóndeste". Que vos parece isto que lle di o empresario?

Page 4: A viaxe de said

8. O seguinte paso de Said é a "PATEIRA ADVENTURE", que hai dentro dese túnel do terror?

9. Cando esperta do sono mentres pesca, que é o primeiro que mira?

10. Que sentimentos che produce que haxa persoas da vosa idade que se xoguen a vida por vivir como vós? Vergoña, satisfacción, alegría, tristura, decepción. Razoa a túa reposta.

11. Como vimos ao principio desta ficha, moitas persoas morren cada ano cruzando o estreito, como poderiamos solucionar ese problema?

12. Entra no seguinte enlace http://www.eldiario.es/desalambre/valla_de_melilla/ titulado: Frontera en Melilla: Drama humanitario, e despois de visionar as noticias fai unha reflexión sobre as “cuchillas” da valla e do muro.

Page 5: A viaxe de said

13. Xesús de Nazaret, segundo os Evanxeos foi un viaxeiro parecido a un inmigrante de hoxe. Mateo 2, 13-14 dinos que Xosé e María inmediatamente despois do nacemento do seu fillo tiveron que emigrar a Exipto. Viaxou por toda Palestina: Samaria, Jericó, Cesaréa, Filipo, Tiro, Sidón, Bethesda levando a súa mensaxe, pero pasando vicisitudes, expoñendo a súa vida fronte á inseguridade, riscos e ladróns. Criouse en Nazaret e non tivo segundo os un lugar fixo durante a súa vida pública, por isto dinos Lucas 9,58: "O Fillo do Home non ten onde reclinar a cabeza". Viviu como os pobres, era carpinteiro, falaba maiormente en arameo para os pobres, non o hebreo oficial. Non tivo poder político, económico nin relixioso segundo as xurisdicións institucionais da época. Xesús serviu aos pobres no deserto, nas fronteiras, en lugares onde non había comodidades e luxos. Este naceu, viviu e morreu pobre. Morreu fóra das murallas de Xerusalén, é dicir, marxinado.

Que cres que faría e diría hoxe Xesús ante o problema da inmigración e a situación dos migrantes?. E, que dis tí?.