Upload
ines-blanco
View
268
Download
5
Embed Size (px)
DESCRIPTION
O alumnado de terceiro ciclo recolleu información e fixo un abecedario de peixes
Citation preview
ABCdario de peixes
Alumnado 3º Ciclo EP
CEIP SIGÜEIROCURSO 2010/2011
Acedía• Nome científico: Dicologoglossa
cuneata.
• Descripción:
– É un peixe plano, de forma ovalada, con ambos ollos sobre o lado dereito.
– O lombo é de cor pardusco e con algunhas manchas azuis e o ventre é branco. A talla máxima é duns 30 cm.
– Aliméntase de invertebrados, principalmente de crustáceos.
• Hábitat: vive nos fondos areosos entre os 10 e os 100 m de profundidade.
• Curiosidades: o seu corpo ten forma de dous “S” encontrados.
Albacora• Nome científico : Thunnus alalunga
• Características: Caracterízase pola lonxitude dos seus pectorais que chegan ata máis alá do extremo da segunda dorsal. Mide uns 120 cm e pesa uns 30 kg.
• Hábitat: Vive en augas con temperaturas inferiores a 15º C, á altura do paralelo 40, en augas tropicais de todo o océano Atlántico desde as Azores e as Canarias ata Irlanda; e no Mediterráneo ata o Líbano.
• Curisiodades: Cando se someten a tratamento de conservación mediante a salazón, obtense outro produto típico como a mojama.
O Atún
Nome científico: Thunnus.
Características: Caracterízanse pola presencia de dúas aletas dorsais, xeralmente ben separadas; a primeira soportada por espiñas e a segunda por raias brancas. O seu corpo é rechoncho e cuberto de escamas.
Hábitat: Augas costeiras e peláxicas do Océano Pacífico e do Océano Atlántico.
Curiosidades: O atún mais grande foi atrapado no Cantábrico, con casi 300 kg e era da especie Thunnus thynnus
O bacallau• Nome científico: Gardus Morhua
• Características: peixe migratorio que pode vivir ata 20 anos. Pode medir ata 1 m e 50 cm e pesar uns 80 kg. Ten escamas de cor gris de tamaño pequeño e aliméntase doutros peixes máis pequenos.
• Hábitat: encóntrase sobre todo nas costas de Islandia, Dinamarca, Groenlandia… no océano Atlántico.
• Curiosidades: o aceite de fígado de bacallau é extremadamente rico en ácidos grasos Omega-3 así como en vitamina A e D. Fai anos era un complemento alimenticio para os nenos pola fixacion do calcio nos ósos.
O badeixo
• Nome científico: Pollachiuspollachius
• Características: Son peixesalongados, de cabeza pequena. A súa cor é parda e verde oliva con manchas amarelentas. Aliméntasede peixes peláxicos de pequenotamaño e algúns crustáceos.
• Hábitat:Viven a 200 m de profundidade ou sobre fondos rochosos preto da costa.
• Curiosidades: Frezan ao principio da primavera cando as temperaturas rondan os 10ºC a uns100 m de profundidade.
Bertorella
• Nome científico: Phycis phycis
• Características: é un peixe branco e de auga salgada, aínda que dependendo da época e do seu tamaño tamén se lle considera peixe semigraso.
• Hábitat: Distribúese polo océano Atlántico desde as costas de Galicia ata a zona do oeste de Irlanda.
• Curiosidades: É un peixe de hábitos nocturnos. Polo día ocúltase en covas e polas noites sae a cazar. É un peixe solitario que rara vez se agrupa.
Bonito• Nome científico: Katsuwonus pelamis
• Características: O bonito é un peixe de augas temperadas e tropicais. Os bonitos desprázanse en grandes bancos e necesitan nadar continuamente. Os machos poden chegar a alcanzar 110 cm de lonxitude. A súa cor é de azul prateada. É un peixe carnívoro que se alimenta de peixes peláxicos e diferénciase do atún pola aleta pectoral (e é máis caro)
• Hábitat: Distribúese no Océano Atlántico (especialmente nas costas galegas).
• Curiosidades: Pódese comer cru, cociñado ou en conserva . Cortado en filetes frescos, parece casi carne de ternera.
O cabracho
• Nome científico: Scorpaena porcus, Scorpaena nonata e Scorpaena scrofa.
• Variedades: escarapote común, escarapote da lama e escarapote da pedra.
• Características: é un peixe de cor vermella, acastañada; corpo comprimido e cabeza grande e robusta, provista de longas prolongacións filiformes que se continúan no lombo, que está percorrido por unha única aleta cuios primeiros raios espiñosos están comunicados cunhas glándulas velenosas.
• Hábitat: No océano Atlántico, desde Senegal a Gran Bretaña, e no mar Mediterráneo.
• Curiosidades: A pesar de ser velenoso é comestible.
Castañeta
• Nome científico: Nemadactylus bergi
• Características : É un peixe mariño de corpo alto e comprimido, de cor negra plateada, co perfil da cabeza sobre os ollos moi arqueado e redondeado. Pode alcanzar ata 70 cm de lonxitude, aínda que normalmente mide entre 40 y 55 cm.
• Habitat: Distribúese no Atlántico Norte desde Noruega ata Marruecos, e polo Mediterráneo oeste.
• Curiosidades: chámase tamén japuta, palometa negra, zapatero, castañola.
A Cherna ou Mero
Nome científico: Epinephelus guaza.
Características:Pertence a familia dos serráns. É de corpo alongado cunha cabeza grande e unha boca con moitos dentes. As súas cores van desde o verde, pasando polo castaño, o amarelo o laranxa chegando ata o azul claro.
Hábitat:Vive nas costas rochosas do Atlántico e do Mediterráneo.
Curiosidades: É un peixe que varía moito de tamaño e de peso. Dependendo das especies, pode alcanzar os 3 m de longo e uns 300 kilos de peso.
O Congro
• Nome científico : Conger conger.
• Características: Pertence á familia das anguías. Pode chegar a medir 3 metros e superar os 50 kg de peso.
• Hábitat: Vive en augas profundas ou temperadas e son valorados para a alimentación humana.
• Curiosidades: O sangue do congro pode conter substancias tóxicas, pero estas substancias termolábiles destrúense ao ser cociñado. Na zona de Muxía consérvanse os secadoiros dos congros gracias aos cales a xente tiña peixe no inverno.
A Doncela
• Nome Científico: Coris Julis
• Características: A Doncela sole medir 25cm. Ten o corpo alongado e de diferentes cores. Os machos teñen unha cor verdosa na parte superior. As femias son de cor branca e castaño alaranxado.
• Hábitat: Vive nos fondos rochosos, nas pradarías e no Océano Pacífico.
• Características: A diferencia doutros peixes, as Doncelas soen perseguir aos mergulladores.
A Dourada
• Nome Científico : Sparus Aurota
• Características : ten o corpo ovalado e comprimido. As mandíbulas grosas con grandes dentes e diversas filas de moas. É inconfundibel a gran mancha de cor dourada que ten entre os seus pequenos ollos.
• Hábitat: habita en augas pouco profundas de fondos areosos ou de rocha e vive en bancos.
• Curiosidades: É un peixe de costumes caprichosas e impredecibles e é moi intelixente.
O Escacho• Nome Científico: Chelidonichthys
lastoviza.
• Características: O corpo ten un aspecto liso con escamas pequenas.Ten tres radios locomotores na aleta pectoral, que lle axudan a desenvolverse nos desprazamentos e a revolverse para coller as presas.
• Hábitat: Vive en zonas profundas do Mar Mediterráneo, do Mar Negro e no Océano Atlántico desde as costas de Noruega ata as costas de Canarias.
• Curiosidades: xeneran sons utilizando a vexiga natatoria.
A Faneca
• Nome Científico : Trisopterus luscus
• Características: é un peixe mariño da familia dos gádidos. Alcanza entre 25 ou 30 cm de lonxitude e é comestíbel. O nome específico luscua significa “ollos fundidos”
• Hábitat: A faneca vive en augas pouco profundas do Atlántico noroccidental, Dinamarca, Illas Británicas e a Costa africana.
• Curiosidades: Os meses de verdadeiro bo sabor son: xaneiro e febreiro, cando a faneca sabe a cordeiro.
O Gallo• Nome Científico: Lepidorhombus
whiffiagonis
• Características : O seu corpo é fino e traslúcido. Ten os ollos no lado esquerdo do corpo. O lado cego con escamas e con cores distintas nos dous lados.
• Hábitat : Habitan en augas do Atlántico Noriental, no Mar do Norte e no Mediterráneo Occidental.
• Curiosidades: Aproveita cando está agochado para capturar as presas que pasan por riba da súa cabeza.
-
O Lenguado• Nome Científico : Solea vulgaris.
• Características: Ten os dous ollos nunmesmo lado e nada horizontalmente. Acor é moi variable segundo o fondo enque viven. Ás veces teñen manchasescuras. Aliméntase de peixes pequenos,crustáceos e invertebrados do fondo.
• Hábitat: Habita en fondos areosos echeos de barro, desde a superficie ata asgrandes profundidades. Vive en océanostropicais e subtropicais. É bastanteabundante no mar Mediterráneo.
• Curiosidades: As súas crías nadanverticalmente. Teñen os dentes no ladocontrario aos ollos. Mimetízasecambiando de cor e adaptándoa aoentorno.
O Lirio
• Nome Científico: Micromesistius poutossou ou Merlan bleu.
• Características: Posúen un corpo forte e fusiforme, longo e moderadamente compremido. Os ollos son grandes con casi a mesma lonxitude do seu fuciño.
• Hábitat: : Habitan no Océano Atlántico, no Mar do Norte, no Mediterráneo e no Cantábrico.
• Curiosidades: Non matan só o que necesitan senón que tamén destrozan a comida que non precisan.
A Maragota
• Nome Científico: Labrus Berggulta
• Características: Presenta unha ampla gama cromática. Polo dorso é de cor verdoso e polo ventre ten unha coloración vermella. Pode chegar a medir ata 50cm e pesar ó redor de 3 quilos.
• Hábitat:Vive nos litorais rochosos, ricos en algas, preto da costa.
• Curiosidades: Son hermafroditas, empezando o seu desenvovemento como femias para logo transformarse en machos. O macho vixía os ovos ata que eclosionan.
A Maruca
• Nome Científico: Molva Molva.
• Características: É un peixe delgado e de corpo longo. Mide ata uns 2 m. Aliméntase de todo tipo de bacallau e, ás veces, tamén se alimenta de crustáceos e de estrelas de mar.
• Hábitat: Encóntrase en augas profundas do norte de Islandia.
• Curiosidades: Mide tanto coma 7 dos nosos pés e é comestible en España.
Muxe• Nome científico: Chelon Labrosus
• Características: Corpo forte cuberto de grandes escamas que lle dan un aspecto grisáceo, cunha pinta negra na base das aletas pectorais e remata nunha pequena cun groso beizo superior. Non alcanza o quilo de peso.
• Hábitat: Son moi abundantes nas augas portuarias e nos desaugues.
• Curiosidades: non gozan das preferencias dos pescadores porque lamben as augas superficiais e os limos que cobren as pedras.
Ollomol
• Nome científico: Pagellus bogaraveo.
• Características: Ten un corpo moi comprimido lateralmente. O dorso teno de cor vermella pardusca e os costados prateados. Ademais ten unha mancha negra situada ao principio da liña lateral que o cruza enriba da base da aleta pectoral. Cando son novos, ás veces, fáltalles a mancha negra.
• Hábitat: Encóntrase no occidente do Mar Mediterráneo e na parte oriental do océano Atlántico.
• Curiosidades: Os máis pequenos coñécense como “panchiño” ou “buraz”.
Peixe espada
• Nome científico : Xiphias Gladius
• Características: Son grandes peixes predadores que migran moito. Teñen un bico en forma de espada. O tamaño das femias é máis grande có dos machos, os cales poden chegar a pesar 135 kg.
• Hábitat: Distribúense en augas tropicais, subtropicais e tépedas. Viven en augas superficiais onde a temperatura supera os 15 ºC. Pero tamén poden cazar e nadar en augas de 5 ºC por curtos períodos de tempo.
• Curiosidades: As femias é posible que carguen entre 1 e 29 millóns de ovos nas súas gónadas
Peixe Voador
• Nome científico: Parexocoetus brachypterus
• Características: A máis sorprendente característica e o tamaño das súas aletas pectorales, inusualmente grandes, que lle permiten voar e planear por fóra da auga a distancias de máis de 50 metros.
• Hábitat: Viven cerca da superficie da auga e aliméntanse de plancton.
• Curiosidades: A constelación Voláns fai referencia a este peixe, que significa “peixe golondrina” en grego. Os seus ovos son usados a veces en Xapón, especialmene para preparar sushi.
O Pinto
• Nome científico: Labrus Bergylta
• Características: Este gran exemplar varía de cor sin dimorfismo sexual: os máis xoves son verdes e os adultos pardo roxizos e alaranxados con motas diferenciadas.
• Hábitat: A súa área de distribución é o Atlántico dende Morruecos a Noruega, e tamén o Mediterráneo.
• Curiosidades: É un peixe de fondo que habita nas rochas e que se alimenta de crustáceos blandos, quisquillas, camaróns e pequenos cangrexos.
Rabada
• Nome científico: Lophius budegasa.
• Características: Teñen a cabeza grande e deprimida. Os ollos situados na parte superior da cabeza están rodeados de espiñas. Ten dúas filas de dentes.
• Hábitat: Distribúese ao longo das costas de Europa e América do norte dende as illas Briatánicas ata Barbadas.
• Curiosidades: Aínda que pola súa fisonomía pode parecer moi agresivo é pacífico e sendentario. O máis característico son uns apéndices situados na súa cabeza semellantes a cana de pesca.
A Raia
• Nome científico: Raja Clavatta
• Caraterísticas: Dispón dun corpo aplanado, unha cola longa e fina, e a súa boca está na parte inferior do corpo.
• Hábitat: É un peixe de fondo que vive en chan de area, grava ou lodo, poucas veces en zonas rochasas.
• Curiosidades: A raia é un peixe ao que lle gusta recibir a calor do sol, durante o verán pode verse en ocasións.
Rodaballo
• Nome científico: Psetta máxima.
• Características: É un peixe plano que pertence a familia Scophat . Mide entre uns 20 e 30 cm. Aliméntase doutros peixes lactonigos
• Hábitat: Vive en fondos areosos no océano Atlántico Norte, nas costas galegas e no Mediterráneo; entre uns 20 e 80 m de profundidade.
• Curiosidades: Galicia é pioneira no seu cultivo, chegando a producirse no ano 1995 máis de 2000 Tm deste pescado plano.
Rosada
• Nome científico: Genypterus
blacodes.
• Características: Corpo alongado,
de cor rosado abrancazado, coas
aletas dorsais pequenas.
• Hábitat: É propia das augas do
Pacífico Sur, americanas e
neocelandesas.
• Curiosidades: Este animal
recorda a un badeixo pola súa
cabeza e a un congro pola súa
cola, sen aleta caudal
diferenciada. Cocíñase fritida e
doutras maneiras.
Sardiña
• Nome científico: Pilchardus ou walbaum. Sardina
• Características: son de corpo alongado e ovalado e de pequena dimensión. A talla mínima é de 11 cm.
• Hábitat: viven en augas costeiras, sobre os 50 cm de profundidade e en inverno van a augas máis profundas ata os 150 cm. Abundan en todas as costas españolas.
• Curiosidades: “Polo San Xoán a sardiña molla o pan” tanto que neste día non hai fogueira que non se aproveite para unha gran sardiñada.
A Solla• Nome científico: : Pleuronectes
platena.
• Características: É un peixe plano que mide 50 cm. A súa pel é lisa, máis escura cá do rodaballo e ten unha parte do corpo distinta a outra. É ovalado, cos ollos no lado dereito. A súa cabeza é grande con boca pequena terminal que chega ata o nivel do ollo dereito. A súa cor grisácea parda e oscura ten unhas manchas de cor laranxa.
• Hábitat: Vive en augas de Noruega ata o Mediterráneo francés.
• Curiosidades: gústalle estar na area a 100 m de profundidade.
Xouba
• Nome científico: Pilchardus .
• Características: A xouba ou xoubiña, non é máis cá sardiña antes de convertirse en adulta. Ten as mesmas características ca esta só que máis pequena. Tamén se coñece como "parrocha"..
• Hábitat: Son moi ricas as das nosas rías, especialmente, as de Rianxo.
• Curiosidades: A xouba véndese nas prazas todo o ano, pero é a do Mediterráneo; a das nosas rías somente se vende durante os meses de verán pero.. que rica!
O Xurelo• Nome científico : Trachurus
Trachurus.
• Características: Pertence á familia dos caránxidos. A parte de ser un peixe gregario e bo nadador, é un peixe azul de calidade aceptable , xa que ten unha carne moi saborosa. Aliméntase con plancto, con crías doutros peixes, con crustáceos e con moluscos.
• Hábitat : Os xurelos viven en alta mar, a profundidades de entre 100, 200 e ata 600 metros.
• Curiosidades: Realizan unha migración diaria, estando nas horas de luz preto do fondo, e durante a noite na superficie.
Bibliografía• Biblioteca Encarta Premium 2007
• Enciclopedia “Tierra Viva”. Ediciones auper
• Enciclopedia Larousse
• Larousse P45
• Gran Enciclopedia Galega
• Diccionario enciclopédico Salvat.
• Diccionario de uso del español. María Moliner
• Wikipedia en http://es.wikipedia.org/
• Galipedia en http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia_en_gallego
• Pescados en http://www.amarisco.com/fotos/categoria/Pescados/index.html
• Gran Pesca en http://www.granpesca.com/diccionario/a.htm
• http://clubdelamar.org/
• Gastronomía de Galicia en http://www.gastronomiadegalicia.com/v_portal/apartados/apartado.asp?te=163