57
ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 30 DE OUTUBRO DE 2008 SRES. ASISTENTES: ALCALDESA-PRESIDENTA: DONA Mª DOLORES GARCÍA GIMÉNEZ CONCELLEIRAS/OS ASISTENTES: D. MANUEL RODRÍGUEZ CUERVO DONA Mª VICTORIA HIERRO LORENZO D. MARCELINO ABUÍN DURO DONA Mª DOLORES COUSO RODRÍGUEZ D. JOSÉ RAFAEL MEMBRIVES ROJAS DONA SUSANA CAMIÑO PÉREZ D. TOMÁS JAVIER FOLE DÍAZ DONA Mª TERESA REY BARREIRO MEIRO D. JUAN CARLOS MANEIRO CADILLO DONA MARTA RODRÍGUEZ ARIAS D. JAIME RAMOS LORENZO D. JESÚS PÉREZ ARCA D. MANUEL ANGEL TARRÍO FERNÁNDEZ D. XOSÉ CASTRO RATÓN DONA ANA ISABEL LORENZO FRAGA DONA ROSA MARÍA ABUÍN RODRÍGUEZ D. JUAN MANUEL FAJARDO RECOUSO D. RAMÓN BUENO PIÑEIRO DONA PATRICIA REY DAVILA D. JOSÉ LUIS RIVERA MALLO SECRETARIA: DONA PAULA COSTAS ROMERO INERVENTORA: DONA ANA E. GAGO FERNÁNDEZ Na Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa, sendo as dezanove horas do día 30 de outubro de 2008, baixo a Presidencia de DONA Mª DOLORES GARCÍA GIMÉNEZ, e coa asistencia da Secretaria [secretaria], reuníronse, en primeira convocatoria, os señores Concelleiros, que á marxe se relacionan como asistentes, co obxecto de celebrar Sesión Plenaria Ordinaria convocada ó efecto. A continuación procédese a trata-los asuntos que figuran na Orde do Día: 1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de 25 de setembro de 2008 2.- Dación de conta das Resolucións da Alcaldía do mes de setembro de 2008. 3.- Aprobación, se procede, da adhesión do Concello á Asociación "Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa" (GAC- ZONA 5) 4.- Aprobación, se procede, da adhesión do Concello ao "Pacto Territorial de Emprego do Salnés". 5.- Aprobación definitiva, se procede, de "Estudo de Detalle na Rúa Xesteira - Sobradelo" (R.U. 190), promovido por D. Ricardo Otero Noya e outros. 6.- Aprobación, se procede, da integración do Concello na "Rede de Cidades Educadoras" e asunción da "Carta Europea de Cidades Educadoras". 7.- Moción do Grupo político municipal do PP sobre "Misións comerciais e institucionais". 8.- Moción formulada polo Grupo Municipal do IVIL ao Pleno da Corporación Municipal, sobre "Medidas urxentes en materia de circulación de vehículos". 9.- Moción do grupo político municipal de EU-IU sobre "Medidas alternativas ante a crise capitalista". 10. Moción do grupo político municipal de EU-IU titulada "Solidariedade do cabo Gago" 11.- Comparecencia da Sra. Alcaldesa-Presidenta, Dona Mª Dolores García Giménez, Concelleira responsable da área de tráfico, seguridade e protección civil. 12.- Comparecencia de D. Manuel Rodríguez Cuervo, Concelleiro Delegado da Área de Obras e Servizos. 13.- Comparecencia de D. Marcelino Abuín Duro, Concelleiro Delegado da Área de Xestión do Territorio, Urbanismo e Medio Ambiente.

ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 30 DE OUTUBRO DE 2008

SRES. ASISTENTES: ALCALDESA-PRESIDENTA: DONA Mª DOLORES GARCÍA GIMÉNEZ

CONCELLEIRAS/OS ASISTENTES: D. MANUEL RODRÍGUEZ CUERVO

DONA Mª VICTORIA HIERRO LORENZO

D. MARCELINO ABUÍN DURO

DONA Mª DOLORES COUSO RODRÍGUEZ

D. JOSÉ RAFAEL MEMBRIVES ROJAS

DONA SUSANA CAMIÑO PÉREZ

D. TOMÁS JAVIER FOLE DÍAZ

DONA Mª TERESA REY BARREIRO MEIRO

D. JUAN CARLOS MANEIRO CADILLO

DONA MARTA RODRÍGUEZ ARIAS

D. JAIME RAMOS LORENZO

D. JESÚS PÉREZ ARCA

D. MANUEL ANGEL TARRÍO FERNÁNDEZ

D. XOSÉ CASTRO RATÓN

DONA ANA ISABEL LORENZO FRAGA

DONA ROSA MARÍA ABUÍN RODRÍGUEZ

D. JUAN MANUEL FAJARDO RECOUSO

D. RAMÓN BUENO PIÑEIRO

DONA PATRICIA REY DAVILA

D. JOSÉ LUIS RIVERA MALLO

SECRETARIA: DONA PAULA COSTAS ROMERO

INERVENTORA: DONA ANA E. GAGO FERNÁNDEZ

Na Casa do Concello de Vilagarcía de

Arousa, sendo as dezanove horas do día 30

de outubro de 2008, baixo a Presidencia de

DONA Mª DOLORES GARCÍA GIMÉNEZ, e

coa asistencia da Secretaria [secretaria],

reuníronse, en primeira convocatoria, os

señores Concelleiros, que á marxe se

relacionan como asistentes, co obxecto de

celebrar Sesión Plenaria Ordinaria

convocada ó efecto.

A continuación procédese a

trata-los asuntos que figuran na Orde do

Día:

1.- Aprobación, se procede, da acta da

sesión anterior de 25 de setembro de 2008

2.- Dación de conta das Resolucións da

Alcaldía do mes de setembro de 2008.

3.- Aprobación, se procede, da adhesión

do Concello á Asociación "Grupo de

Acción Costeira da Ría de Arousa" (GAC-

ZONA 5)

4.- Aprobación, se procede, da adhesión

do Concello ao "Pacto Territorial de

Emprego do Salnés".

5.- Aprobación definitiva, se procede, de

"Estudo de Detalle na Rúa Xesteira -

Sobradelo" (R.U. 190), promovido por D.

Ricardo Otero Noya e outros.

6.- Aprobación, se procede, da integración

do Concello na "Rede de Cidades

Educadoras" e asunción da "Carta Europea

de Cidades Educadoras".

7.- Moción do Grupo político municipal do PP sobre "Misións comerciais e institucionais".

8.- Moción formulada polo Grupo Municipal do IVIL ao Pleno da Corporación Municipal, sobre

"Medidas urxentes en materia de circulación de vehículos".

9.- Moción do grupo político municipal de EU-IU sobre "Medidas alternativas ante a crise

capitalista".

10. Moción do grupo político municipal de EU-IU titulada "Solidariedade do cabo Gago"

11.- Comparecencia da Sra. Alcaldesa-Presidenta, Dona Mª Dolores García Giménez,

Concelleira responsable da área de tráfico, seguridade e protección civil.

12.- Comparecencia de D. Manuel Rodríguez Cuervo, Concelleiro Delegado da Área de Obras

e Servizos.

13.- Comparecencia de D. Marcelino Abuín Duro, Concelleiro Delegado da Área de Xestión do

Territorio, Urbanismo e Medio Ambiente.

Page 2: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

14.- Interpelacións

15.- Rogos e preguntas.

A sesión se abre cunhas breves palabras da Sra. Alcaldesa de condena do atentado

perpetrado ese mesmo día por ETA na Universidade de Navarra e de apoio e solidariedade

coas víctimas ás que transmite en nome da Corporación o desexo dunha pronta recuperación.

Pecha a súa intervención manifestando en nome de toda a Corporación o desexo que este

tipo de actos terroristas non se repiten por non ter sentido nun Estado de Dereito.

1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR DE DATA 25 DE SETEMBRO DE 2008..- Dáse conta da acta correspondente á sesión plenaria de 25 de

setembro de 2008.

Pola Sra. Alcaldesa pregúntase se hai propostas de rectificación.

- O Sr. Fajardo Recouso desexa facer as seguintes rectificacións ou aclaracións á acta:

• A primeira relativa á páxina 7, parágrafo central: Onde di <<pregunta que sentido ten

que na Comarca do Salnés se estean a acometer alomenos 5 polígonos distintos co trastorno

que implica para o transporte público>> debería dicir <<... coas dificultades que esto implica

para un bo transporte público>>.

• A segunda rectificación refírese ao 3º parágrafo da páxina 18, no que se di: <<..

eliminar partidos...>> cando debería dicirse <<.. eliminar partidas...>>.

• Na páxina 19, no segundo parágrafo, dise <<salvo con un grupo de entidades como a

UXT>> cando o que o seu grupo dixo foi << salvo con un grupo de entidades como a U.P.T

vinculada ao partido Socialista >>.

• E por último, suxire o Sr. Voceiro de EU-IU que na páxina 31 da acta en lugar de

empregar as siglas U.E. para referirse á Unión Europea sen utilicen as palabras completas, a

fin de evitar confusións coas siglas do seu partido.

Non habendo mas rectificacións ou aclaracións sometese a aprobación a acta.

VOTACIÓN E ACORDO: Por unanimidade de tódolos concelleiros (21 dos 21 que conforman

o Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións

indicadas.

De seguido e antes de entrar no debate dos asuntos incluídos na Orde do Día o voceiro do

Grupo Municipal do PP pide a palabra á Sra. Alcaldesa, para facer a consideración de que, a

xuízo do seu grupo, a orde do día da sesión está incompleta ao non incluírse nela unha

moción que o seu grupo xa presentara o 19 de setembro e pola que xa preguntara no Pleno

anterior, no que tampouco se incluiu.

Naquel Pleno, como consta no parágrafo da acta a que da lectura o Sr. Fole, a Sra. Alcaldesa

contestara que non se incluíra a Moción do PP na Orde do Día por non atrasar a convocatoria,

dado que a documentación estaba lista no momento en que se presentou. O Sr. Fole di que

non é certo que no momento de presentación da moción para o anterior Pleno a Orde do Día

estivese pechada. Sinala, a continuación, o Sr. Fole que, na Orde do Día da actual sesión

inicialmente non estaban nin a Moción que o seu grupo presentou xa o 19 de setembro nin as

comparecencias que tiñan solicitadas e que, se ben, se fixo unha corrección de erros para

Page 3: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

incluír expresamente as comparecencias seguiu omitíndose a súa moción relativa á �Reforma

Urxente da Financiación Local�.

Por iso, solicita da Sra. Alcaldesa unha explicación de por qué, por segunda vez, unha moción

que consideran de interese para todos séguese a excluir da Orde do Día.

A Sra. Alcaldesa, tras apuntar que o momento oportuno de formular esta aclaración será o

punto de Rogos e Preguntas, contéstalle ao Sr. Fole que como xa lle explicou en conversa

telefónica a intención do Grupo de Goberno non foi en ningún caso excluír a súa moción,

como tampouco se exclúen as de ningún outro partido, se non que, se esa moción presentada

en setembro non se incluíu foi por esquecemento, e cando se apreciou a omisión das

Comisións Informativas xa estaban convocadas. En canto ás comparecencias, sinala a Sra.

Alcaldesa que xa estaban acordadas no anterior Pleno e a súa inclusión expresa aínda que

figura baixo o nome de corrección de erros, foi unha aclaración feita pola Sra.Secretaria do

Concello, por que aínda que non figurasen expresamente esas comparecencias xa estaban

asumidas polo Goberno Municipal e non teñen por que figurar, ao igual que as interpelacións,

na Orde do Día das Comisións Informativas.

Insiste a Sra. Alcaldesa que todo foi un esquecemento non querido nin mal intencionado e que

simplemente as comparecencias que aparecen reflectidas nesa corrección de erros eran

comparecencias que xa estaban aprobadas no anterior Pleno e que era innecesario incluír nas

Comisións Informativas, sendo costume nesta Corporación aínda que tampouco é esixible

legalmente incluír as mocións nas Comisións Informativas.

Conclúe pedindo desculpas e manifestando que todos comparten a mesma preocupación

polo tema do financiamento que deben obter os Concellos en tempos de crise e reitera como

xa lle manifestou persoalmente ao voceiro do PP foi un esquecemento e non houbo ningunha

mala intención.

2.- DACIÓN DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA DO MES DE SETEMBRO DE 2008..- Pola Secretaria dáse conta ao Pleno da Corporación das Resolucións emitidas pola

Alcaldía:

RESOLUCIÓNS ALCALDÍA DO MES DE SETEMBRO DE 2008: 3. Iniciacións de expedientes sancionadores de tráfico.

2.Decretos de imposición de sancións en expedientes sancionadores de tráfico.

8.Ordenes de pagamento de obrigas recoñecidas.

1.Orden de pago de anticipos.

3.Recoñecemento de obrigacións e ordenacións de pagamento.

6 Contratacións de persoal

3.Aprobacións de lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos en procesos selectivos

2. Constitucións tribunais de procesos selectivos.

2. Adscricións ao servizo de empregados públicos.

1.Concesión de licencia sen soldo.

1.Autorización de reducción de xornada con reducción proporcional de haberes.

1.Concesión de gratificación por desempeño de funcións de superior categoría.

1. Designación Xefe Accidental do Servicio de Alumeado Público.

1.Autorización de gasto e aprobación de pagamento a xustificar.

Page 4: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

4.Levantamento de reparo formulados pola Intervención Municipal.

1.Incoación de expediente de reintegro de pagos indebidos.

8.Modificacións de crédito.

1.Delegación de competencias no primeiro Tenente de Alcalde.

1 Concesión de licencia provisional de apertura. Actividades inocuas.

3 Concesións de licencia definitiva de apertura actividades inocuas

6. Admisións a trámite de solicitudes de licencia para Actividades Clasificadas.

2. Concesións de licencia provisional de actividades clasificadas.

8. Concesións de licencia definitiva. actividades clasificadas.

1. Transmisión de licencia de actividades clasificadas.

1.Admisión de solicitude de transmisión de licencia de actividades clasificadas.

2.Declaracións de terminación de procedemento de concesión de licencia de apertura por

renuncia do interesado.

2. Declaracións de terminación de procedemento de transmisión de licenza de actividades

clasificadas por desestimento do interesado.

2.Outorgamentos de representación e defensa dos intereses do Concello a letrado e remisión

de expedinte administrativo ao Xulgado.

1 Posta a disposición de terreos para execución de proxectos de �senda peatonal,

canalización de regato e rego para cultivo e baixo monte en Castrogudín.

1.Orden de inmediata e total paralización de obras.

3. Ordenes de execución de obras de conservación e mantemento de edificios en condicións

de seguridade.

1. Orden de execución de traballos de limpeza e conservación de predio en condicións de

seguridade, salubridade e ornato público.

3. Concesións de licenzas para tenza de animais potencialmente perigosos.

1.Nomeamento de Tesoureira Accidental.

4. Inadmisións a trámite de solicitudes de reclamación de danos por falta de lexitimación

pasiva do Concello.

2.Autorizacións para celebración de bailes e verbenas populares.

TOTAL: 93. Concluída a lectura pola Sra. Secretaria da relación de resolucións de Alcaldía

correspondentes ao mes de setembro, polo Voceiro do Grupo Político Municipal do PP pídese

a palabra para preguntar polo contido dunha das resolucións das que se deu conta.

- Contéstaselle ao Sr. Fole por parte da Sra. Alcaldesa e así se ratifica pola Sra. Secretaria,

que o momento oportuno para formular esta pregunta será no punto da Orde do Día

correspondente a Rogos e Preguntas.

3.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ADHESIÓN DO CONCELLO Á ASOCIACIÓN "GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA DA RÍA DE AROUSA" (GAC-ZONA 5).- Pola Sra.

Secretaria dáse lectura ó dictame emitido pola Comisión Informativa de Promoción

Económica, en sesión celebrada o día 28 de outubro de 2008, do seguinte teor:

“Dáse conta da proposta da Alcaldía-Presidencia do teor literal seguinte:

Page 5: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

O novo eixo 4 do Fondo Europeo da Pesca (FEP) introduce un cambio á hora de entender a aplicación das axudas e dos instrumentos financieiros no sector da pesca e no desenvolvemento das zonas pesqueiras, que implica a participación de entidades ou grupos locais que representan a interlocutores públicos e privados dos distintos sectores socioeconómicos locais. A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos publica a Orde de 17 de xullo de 2008 pola que se convoca concurso de selección de grupos de acción costeira (GAP). Os GAP son asociacións constituidas para o desenvolvemento sostible das zonas costeiras que desenvolvan parte do FEP para Galicia. Para elo a Consellería de Pesca identificou 7 zonas ao longo do litoral de Galicia que serán as beneficiarias das actuacións contempladas na referida orde, estando o Concello de Vilagarcía incluido na zona 5: Ría de Arousa, cos concellos de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Catoira, Vilanova de Arousa, Illa de Arousa, Cambados, Ribadumia, Meaño e O Grove. O GAC é a asociación dun grupo de entidades sen ánimo de lucro de carácter supramunicipal, formado por distintos axentes tanto públicos como privados da zona, con especial protagonismo do sector pesqueiro, que entre outros persegue os seguintes obxetivos:

• Seleccionar os proxectos que se realizaran na sua zona. • Participar nas iniciativas que contribúan a potenciar o desenvolvemento

socioeconómico do sector pesqueiro da zona. • Realizar accións de prospección e coñecemento de dotacións, recursos, proxectos… • Posibilitar o intercambio de experiencias e metodoloxías de traballo. • Calquer outra medida que favoreza o desenvolvemento sostible da zona.

Considerando a importancia desta proposta, esta Alcaldía propón ao pleno a adopción do seguinte ACORDO: PRIMEIRO: A adhesión do Concello de Vilagarcía de Arousa á Asociación Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa – GAC DA RÍA DE AROUSA (GAC-ZONA 5) SEGUNDO: A aprobación da proposta de Estatutos da Asociación do GAC da Ría de Arousa TERCEIRO: A designación de Dona Dolores García Giménez como representante titular desta entidade nos órganos rectores do GAC e de Don Marcelino Abuín Duro como presentante suplente. Non habendo intervencións, sométese o asunto a votación, co seguinte resultado: As/os representantes dos Grupos Políticos Municipais do P.S.deG-PSOE e BNG informan favorablemente. As/os representantes dos Grupos Políticos Municipais de PP, EU-IU e IVIL din que se manifestarán no Pleno e polo tanto abstéñense. En consecuencia e por maioría informase favorablemente a proposta de adhesión do Concello á Asociación “Grupo de Acción Costeira da Ría de Arousa” (GAC-ZONA 5).” Lido o dictame da Comisión Informativa a Sra. Alcaldesa fai unha breve introducción deste

asunto, indicando o que significa a adhesión do Concello aos Grupos de Acción Costeira,

explicando que se trata de asociacións constituídas para o desenvolvemento sostible de

determinadas zonas, que xa veñen definidas pola propia Consellería de Pesa, estando

Vilagarcía incluída xunto con outros Concellos na Ría de Arousa-Zona 7. O que, en palabras

de rexedora municipal, faría entrar ao Concello nunha asociación de carácter supramunicipal.

Continúa explicando a Sra. Alcaldesa que entrar en esta Asociación implica converternos en

xestores de axudas comunitarias destinadas ao sector pesqueiro e a posibilidade de presentar

Page 6: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

proxectos que contribúan a potenciar o desenvolvemento socio�económico da nosa zona e

dar un maior impulso ao sector pesqueiro o cal e de gran interese para toda a Ría de Arousa.

Unha vez introducida a cuestión a debater a Sra. Alcaldesa cede a rolda de palabra aos

voceiros dos distintos grupos.

- O primeiro en intervir é o Sr. Fajardo Recouso, voceiro de EU-IU, sinalando que o seu grupo

ven reiterando Pleno tras Pleno que sempre estamos constituíndo grupos de acción, entidades

asociativas que van a permitir desenvolver a nosa Ría, o noso entorno e os nosos medios de

traballo e en realidade o seu grupo considera que estes son auténticos �paripés� e formula un

exemplo. Di que se está a falar dun grupo o GAC da Ría de Arousa que se pretende serva para

desenvolver as súas riquezas e potencialidades desde o punto de vista marisqueiro e

pesqueiro e como día a proposta dos seus Estatutos �accións dirixidas á protección do medio

natural�. Di sentirse avergoñado de que se discuta esto en Pleno sen antes discutir por

exemplo se este GAC vai a formular de unha vez por todas a eliminación dos depósitos de

Ferrazo, porque eso si é protexer a nosa Ría, se non ten sentido.

Formula tamén se este GAC debería concentrarse, ao seu entender, naquelas cuestións que

teñan que ver coa sensibilidade medioambiental por que se non estaríase �desnaturalizando� a

este tipo de agrupacións ou colectivos.

Tamén pregunta que vai a facer este GAC en relación coa contaminación a través do Río

Umia. Afirma que nestas cuestións é onde habería que centrar o debate e que todo o demais é

poñer sobre a mesa papel tras papel para aparentar que se ten unha conciencia que non é

real, por que nas súas verbas, nin o Concello, nin a Administración Autonómica nin moitas

partes da Europea, teñen intención de cambiar a situación da nosa Ría , que segundo o Sr.

Fajardo está a punto de colapsarse medioambientalmente.

Polo tanto, o seu grupo vai a absterse na votación, por que entenden que este tipo de

actividades o único que pretenden é ocultar a realidade de que non se está a facer nada

desde a Administración para cambiar unha situación de contaminación absoluta da nosa Ría, e

por que como reiterarán en relación co seguinte punto, �o papel o aguanta todo pero a

realidade é outra�. E a realidade da nosa Ría e para o voceiro de EU-IU, a de que por culpa da

intervención da Administración e por culpa da política urbanística do Concello �estamos

condenando á morta a nosa Ría�.

- De seguido intervén o Sr. Rivera Mallo, voceiro do grupo de IVIL, o cal quere comezar

facendo unha aclaración ao dito pola Sra. Alcaldesa, no sentido de que Vilagarcía non está

incluída na Zona 7, se non na zona 5 da orde de 17 de xullo de 2008. Feita esta aclaración,

afirma que para o seu grupo todo o que represente axudas e actualización dos instrumentos

financeiros do sector da pesca, sector que cualifica de moi importante non só na Comarca de

Arousa se non en toda Galicia, parécelles ben e o apoian, aínda que, tamén dubiden da súa

eficacia.

Considera o IVIL que é necesario concretar o alcance das cotas a aportar dado que, nas súas

verbas, a economía municipal non está para moitos gastos.

Alude concretamente ao Artigo 10 dos Estatutos nos que entre as obrigas das entidades

asociadas figura, como le, <<desembolsar as cotas, no seu caso, que acorde o órgano

Page 7: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

competente do GAC>> sen concretar o seu importe. Tamén da lectura á letra d) do Art. 14 dos

mesmos estatutos, onde entre as atribucións da Asemblea Xeral da Asociación se inclúe o

establecemento das cotas de ingreso e periódicas e a súa forma de pago.

Tamén da lectura ao apartado d) do Art. 29 dos Estatutos, titulado �Recursos económicos� e

no que se inclúen como fontes de ingreso dos que se nutrirá a asociación as <<�cotas

ordinarias� e �derramas extraordinarias� que poidan establecerse>>

Feito este repaso dos Estatutos do GAC o voceiro de IVIL di dirixíndose á Sra. Alcaldesa que

lle agradecería que lles concretase o alcance económico das apartacións. Non obstante,

adianta que, dada a transcendencia do asunto, o seu grupo fará unha excepción pese a non

estar dispostos a apoiar custe económico algún mentres non se presente a Conta Xeral do

ano 2007 e coñezan a verdadeira situación económica municipal. Información que xa

considera desfasada e extemporánea pesa ás súas insistentes peticións.

- Polo Grupo Municipal do PP intervén o Concelleiro Sr. Maneiro Cadillo, que comeza

indicando que non van a entrar a discutir sobre a creación e funcións do GAC, posto que, se

trata dun requirimento dun Regulamento Comunitario para a aplicación do eixe 4 dos Fondos

FEP (Fondo Europeo de Pesca), e que nese sentido como Entidade Municipal hai pouco que

dicir mais que apoiar a entrada do Concello nesas entidades.

Nembargantes, se queren formular unha serie de dúbidas en relación co procedemento de

adhesión, por se a Sra. Alcaldesa ten a ben aclaralas.

Apunta que a Sra. Alcaldesa asistiu o dia 8 de setembro a unha Asemblea á cal descoñecen

en calidade de que asiste, dado que agora se está solicitando ao Pleno a conformidade para a

adhesión ao GAC. Tamén indica que agora se trae unha proposta de Estatutos que como se

pode comprobar lendo a acta daquela Asemblea, xa foron aprobados nela por unanimidade e

por eso non entenden o que agora teñen que aprobar. Din descoñecer se existe un acordo da

Xunta de Goberno Local que facultara á Sra. Alcaldesa para asistir en representación do

Goberno Municipal. Tamén desexan preguntarlle por que, téndose celebrado a sesión

constitutiva dos GAC e elixíndose nela ademais a súa Xunta Directiva, o 8 de setembro non se

trouxo ao anterior Pleno esta cuestión.

Quixera tamén preguntarlle se esa participación nos GAC, Asociación da que forman parte non

só o Concello se non outras entidades como as Asociacións Pesqueiras, Culturais..., se lle

comunicou ás distintas Asociacións de Vilagarcía dándolles a posibilidade de participar no

mesmo, pois considera importante que a súa difusión e participación sexa a máxima posible.

- Intervén de seguido a Sra. Alcaldesa a fin de contestar, en primeiro lugar ao Sr. Rivera Mallo

que, as cotas a aportar ao GAC neste momento aínda non están definidas e por eso non lle

pode aclarar a súa contía, se ben, en canto á petición da rendición da Conta Xeral do 2007,

acláralle que se está a traballar nela e que antes de que remate o ano estará lista a liquidación

e conta do 2007.

En resposta ás cuestións formuladas polo Sr. Maneiro aclara que efectivamente ela participou

na Asemblea Constitutiva dos GAC en calidade de representante do Concello, non lembra en

que data concreta, pero indica que ao tratarse dunha asociación de carácter supramunicipal

Page 8: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

para a adhesión do Concello, aínda que naquel momento se aprobasen os estatutos requírese

a ratificación do Concello para poder participar formalmente neste GAC.

Sobre a cuestión de se foron invitados a participar os distintos sectores que poderían

integrarse na Asociación aclara a Sra. Alcaldesa que así se fixo co fin de dárselle publicidade e

promover a súa participación, se ben, esto non quere dicir que pese ás invitacións feitas, non

puidese quedar alguén fora.

A Sra. Alcaldesa recoñece que, como apuntou o Sr. Fajardo, desde un Concello ou desde

unha Asociación non se dispón de tódolos elementos esenciais para poder modificar unha

serie de actuacións xa feitas con anterioridade, pero considera que, a través destes grupos e

contando co apoio da Unión Europea no seu financiamento, esta iniciativa pode axudar a

mellorar cousas que noutro tempo se fixeron mal, e promover a corrección de actuacións que

no seu momento, en tempos nos que non existía unha conciencia tan clara da necesidade de

preservar o medio ambiente, se fixeron. Por eso agora que pola Administración e a Sociedade

en xeral se ten esa sensibilidade medioambiental e se conta con oportunidades como esta

apoiada con financiamento externo hai que aproveitala e non podemos desperdiciala.

- O Sr. Fajardo Recouso agradécelle á Sra. Alcaldesa que recoñeza que houbo cousas que se

fixeron mal, pero non lle agradece que diga que non existía conciencia da necesidade de

preservar o entorno, por que afirma que, esa conciencia non existiría nalgúns grupos que

tomaron certas decisións e nos responsables políticos do goberno do PSOE que axudaron a

que esas decisións se tomaran, pero que si había milleiros de persoas na rúa pedindo que

esas cousas non se levaran a cabo. Di literalmente que: �conciencia había, o que non había e

conciencia en determinados políticos�, os do PP que impulsaron aquelas decisións e os do

Alcalde do seu partido que tamén apoiou de forma necesaria esa decisión�, necesaria por que

sen o seu apoio, di o Sr. Fajardo que non se houbera colocado no Porto de Vilagarcía a

infraestructura á que aludiu na súa primeira intervención.

Polo tanto aínda que recoñece que a Sra. Alcaldesa pode ter esa sensibilidade, dille que é

membro dun grupo político que foi corresponsable desa decisión, e que polo tanto deberían

ser os primeiros en poñer os medios necesarios para reverter esa situación, e considera que o

están deixando atrás desde unha concepción na que se segue tendo á Concellería de Política

Medioambiental como �hermana pobre� da de Urbanismo, que se acabará pagando

seguramente no Concello.

- De seguido o Sr. Maneiro intervén para agradecer á Sra. Alcaldesa o esforzo nas súas

explicacións pero tamén lle di que non lle quedou absolutamente nada claro o por qué de que

a Sra. Alcaldesa asistise á Asemblea Constitutiva dos GAC na cal se aprobaron os seus

Estatutos e votou na elección da súa Xunta Directiva, cando agora dique se non se aproba a

proposta de adhesión feita desde a Alcaldía teremos que saír dos GAC, e pregunta que entón

en que situación queda esa Asemblea e en calidade de que ou investida de que autoridade

votou a Sra. Alcaldesa nesa Asemblea, por que sendo condición para participar no GAC que

así se aprobe polo Pleno, entón en que situación vai a quedar o GAC se aquí se vota en contra

da proposta que agora se fai.

- Intervén o Sr. Abuín Duro para aclarar ao Sr. Maneiro que entre o Grupo de Acción Costeira

se constituíu unha xestora presidida por un dos Alcaldes dos Concellos incluídos nesta

Agrupación, que ten o seu propio proceso dentro do propio Concello e que evidentemente se

Page 9: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

o Pleno non aproba a adhesión o Concello de Vilagarcía non forma parte do GAC. Aclara

tamén que houbo unha manifestación da vontade de participar por parte da Xunta de Goberno

Local, que se pedía nese momento por parte desa Xestora que é a que organiza o proceso de

constitución do GAC e non o Concello de Vilagarcía. Ao Concello de Vilagarcía se lle invitou a

participar e asistiu xunto con outros Concellos e entidades que aínda teñen por rematar o seu

proceso de adhesión e que participaron tamén na Asemblea.

Segundo o Sr. Abuín, o Concello de Vilagarcía procura formalizar o proceso de adhesión canto

antes, e eso é o que está a facer, sen mais. Conclúe dicindo que o proceso de constitución o

está levando a cabo esa Xestora e que o Concello de Vilagarcía o que ten que decidir e se

participa ou non participa nunha asociación ou GAC formada pola agrupación de varias

entidades e cun ámbito territorial desde o que se pretenden impulsar proxectos de

desenvolvemento medioambiental, cultural, productivo.... E que serán eses grupos nos que

desde o Concello se considera de interese que participen o maior grupo de entidades posible

os que presentaron os proxectos correspondentes, mediante accións transversais, relacións

dentro do propio Concello e con outros concellos... e así formular proxectos que despois

serán financiados con fondos europeos. Así é como se administran os fondos europeos, este é

o proceso que hai que seguir e nesas condicións é como dende o Goberno queren participar.

- De seguido intervén o Sr. Rivera Mallo, para insistir en que descoñecen o custo da

integración. Considera o voceiro do IVIL que cando se formula unha proposta deste carácter

deben dispoñer dunha orientación en canto ao seu custo a cargo do Concello xa que

descoñecen as posibilidades financeiras do Concello. Insiste en que, nembargantes, tendo en

conta as circunstancias e o que a proposta representa o seu grupo vai a apoiala.

- O Sr. Abuín Duro incide que como ven dixera o voceiro do IVIL cando leu os Estatutos, �no

seu caso a Asemblea no seu momento aprobará as aportacións de cada un dos seus socios�.

Indica que nos GAC hai integrado un abano heteroxéneo de diversas entidades: Concellos,

Entidades Deportivas, Agrupacións Productivas..., e que será a Asemblea a que determine as

aportacións de cada socio, e que será no momento en que se determine a contía da

aportación concreta do Concello de Vilagarcía, cando este se o estima oportuno poida

retirarse.

Non habendo mais intervencións a Sra. Alcaldesa somete a votación a adhesión do Concello

de Vilagarcía aos GAC.

Sometido a votación pola Sra. Alcaldesa da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con dezaoito votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos

municipais do P.S. de G-PSOE (7), PP (7), BNG (3) e IVIL (1), e tres abstencións, pertencentes

ós membros do grupo político municipal de EU-IU (3), dos 21 que conforman o Pleno.

ACÓRDASE: Aprobar por maioría a adhesión do Concello de Vilagarcía á Asociación �Grupo

de Acción Costeira da Ría de Arousa (GAC � Zona 5).

4.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ADHESIÓN DO CONCELLO AO "PACTO TERRITORIAL DE EMPREGO DO SALNÉS"..- Pola Sra. Secretaria dáse lectura ó dictame

Page 10: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

emitido pola Comisión Informativa de Promoción Económica, en sesión celebrada o día 28 de

outubro de 2008, do seguinte teor:

Dáse conta da proposta da Alcaldía-Presidencia do teor literal seguinte: O Decreto 98/2008, do 15 de maio, polo que se crean e regulan os órganos consultivos denominados pactos territoriais de emprego, configura a estes como órganos de carácter colexiado, de participación institucional e de concertación entre os seus integrantes, para a xestión coordinada do conxunto dos recursos públicos que se destinan ao emprego no ámbito territorial do pacto e adscritos ao departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de emprego. O citado decreto establece no seu artigo 3, parágrafo primeiro, que poderán crearse ata un máximo de quince pactos territoriais de emprego que, no seu conxunto, abranguerán a totalidade do territorio de Galicia. No artigo 4, parágrafo segundo establece que a incorporación ou baixa dos concellos incluídos no ámbito territorial de cada pacto territorial de emprego realizarase mediante escrito dirixido ao titular do departamento con competencias en materia de traballo polo órgano competente no ámbito municipal. Mediante a disposición adicional segunda do Decreto 98/2008, do 15 de maio, constitúense os pactos territoriais de emprego da Costa da Morte, de Lugo, de Valdeorras e do Salnés. O Pacto territorial de emprego do Salnés está integrado polos concellos de Cambados, Catoira, O Grove, Meaño, Meis, Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa Considerando a importancia desta proposta, esta Alcaldía propón ao pleno a adopción do seguinte ACORDO: PRIMEIRO: Solicitar ao Conselleiro de Traballo, D. Ricardo Jacinto Varela Sánchez a adhesión ao Pacto territorial de emprego do Salnés segundo se reflicte no apartado 2º do artigo 4º do Decreto 98/2008, do 15 de maio, polo que se crean e regulan os órganos consultivos denominados pactos territoriais de emprego. SEGUNDO: Nomear como vogal na asemblea xeral do Pacto territorial de emprego do Salnés en representación do Concello de Vilagarcía de Arousa como titular a Dna. Dolores García Giménez e como suplente a Don José Rafael Menbrives Rojas, cumprindo co reflectido no apartado 1ºC do artigo 5º do referido Decreto 98/2008. Non habendo intervencións, sométese o asunto a votación, co seguinte resultado: As/os representantes dos Grupos Políticos Municipais do P.S.deG-PSOE e BNG informan favorablemente. As/os representantes dos Grupos Políticos Municipais de PP, EU-IU e IVIL din que se manifestarán no Pleno e polo tanto abstéñense. En consecuencia e por maioría informase favorablemente a proposta de adhesión do Concello ao “Pacto territorial de emprego do Salnés”.

Antes de ceder a rolda de palabra aos voceiros dos Grupos a Sra. Alcaldesa fai unha breve

introducción deste asunto, indicando que estes pactos territoriais de emprego xa están

constituídos en distintas zonas de Galicia, entre elas a Comarca do Salnés, e integrados por

Page 11: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

distintos Concellos e que o seu carácter de Ente Supramunicipal esixe someter a

consideración do Pleno se interesa ou non a adhesión ao mesmo.

Dito esto, a Sra. Alcaldesa cede o uso da palabra ao Sr. Membrives Rojas, para que explique o

significado dos Pactos Territoriais de Emprego.

- O Sr. Membrives Rojas, sinala que como xa se explicou cando o Concello ingresou na

Asociación impulsora deste Pacto Territorial de Emprego, os pactos territoriais de emprego

son o modelo de funcionamento mais próximo ao cidadán e mais axeitado, como experiencia

xa contratada en outros países da Unión Europea nos que están en funcionamento, e regula o

estudio ou prospección do mercado laboral a nivel supramunicipal estando nel representados

os distintos axentes sociais, sindicatos, administración e empresarios. En concreto o Pacto

Territorial de Emprego do Salnés e o que vai mais adiantado contando con un xerente, tres

axentes territoriais de emprego e un administrativo que xa fixo os primeiros traballos de

prospección.

Afirma tamén que o éxito ou fracaso deste Pacto Territorial será de todos por que nel estamos

todos representados e por eso é un modelo que compre tomar en serio. Apunta que a súa

sede está en Matosinhos, no edificio do antigo matadoiro, sendo preciso para continuar co

seu traballo que agora se aprobe en Pleno a adhesión ao mesmo.

- Intervén de seguido o Sr. Fajardo Recouso quén manifesta o agrado do seu grupo en que

dunha vez por todas desde a Administración se tomara a iniciativa de crear este tipo de

pactos e de que os distintos axentes sociais interveñan sobre os cartos que en teoría servirían

para facer un estudio da situación do emprego e colaborar na solución dos problemas; pero

afirma que: �o que non vale e firmar pactos e adherirse ao pacto territorial de emprego� e logo

ser un mal exemplo do que non se debe facer en materia de emprego, cualifica esto como de

política hipócrita e insiste en que non serve de nada integrarse nun pacto territorial de

emprego e ser un Concello onde nas súas propias palabras �hai unha enorme bolsa de

contratación basura� e onde en menos dun ano recairon alomenos sete sentenzas

desfavorables ao Concello nos Xulgados do Social. Un Concello que para o voceiro de EU-IU

non pode ser un exemplo do que é unha relación laboral xusta e di que esto non pasa so no

Concello, se non que responsables do mesmo partido que goberna en Vilagarcía e que están a

cargo doutras Administracións como a do Porto continúan, segundo o Sr. Fajardo, a utilizar a

Administración como un elemento para facer contratación clientelar, e incluíndo ao propio

Concello e a prorrogar de xeito arbitrario procesos de contratación que xa hai sentencias que

cualifican de irregulares. E insiste en que é arbitrario, por que segundo di nuns casos se

renova e noutros non, sen pasar procesos selectivos previos. Cualifica de preocupantes as

sentenzas recaídas en relación cos auxiliares de Policía Local. Afirma que tamén se vulneran

os prazos de negociación colectiva obrigatorias en contra da lexislación laboral.

Insiste en afirmar que �o papel o aguanta todo, pero este Concello non é un exemplo de

limpeza na contratación� e que �non o era antes e non o é agora� e mais, afirma que �aqueles

responsables de crear esas situacións e non primar precisamente aos funcionarios

responsables e con ganas de facer o seu traballo se non aos funcionarios que garantían

identidade ideolóxica son os que agora, desde outras Administracións continúan facendo o

mesmo e recolocando aos que non puideran colocar no Concello�. Para EU-IU eso é grave e

queren denuncialo, por que ao seu entender, �non se poden ter dúas caras� e non se pode ir a

un pacto territorial de emprego e pedir emprego estable, de calidade en igualdade de

Page 12: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

oportunidades e logo nas Administracións onde se teñen responsabilidades facer todo o

contrario e non ser capaces nin sequera de sentarse a negociar aínda que a proposta sexa

xusta. Reitera que hai un dobre raseiro e que á hora de acceder aos postos de traballo do

Concello os cidadáns non teñen as mesmas oportunidades.

Dende EU-IU denuncian esa situación e creen que debe haber un cambio de rumbo nas

contratacións do Concello e ser de unha vez transparentes e claros e evitar que se sigan

dando situacións do pasado. Afirma que non se pode consentir que o Concello en menos de

un ano teña sete sentenzas desfavorables no ámbito laboral, por que entón, careceriamos de

toda credibilidade para ir a un Pacto Territorial de Emprego en defensa do traballo decente.

A continuación o Sr. Fajardo indica que, é coñecido por todos como se comporta en temas de

emprego �a dereita� e o que fai a Deputación en materia de emprego, e afirma que o que é

triste é un goberno �do sector oficialista do PSOE� sexa o que no Concello aplica políticas de

contratación que vulneran a política laboral.

Sentencias o Sr. Fajardo que �ou hai cambio de rumbo ou a cidadanía terá que pasar factura,

por que aqueles que teñen que dar exemplo non o dan� por que segundo o Sr. Fajardo, neste

país unha das maiores bolsas de eventualidade non está na empresa privada se non na

pública, e nela tampouco o empregador se senta a negociar, obviando uns canles de

negociación que non se poden obviar.

Por elo, EU-IU insiste en que o goberno municipal �está a meter a pata� e que este Pleno é un

exemplo de como �o papel o aguanta todo pero a realidade é outra�, e aínda que na teoría se

sigan boas formulacións na práctica o goberno municipal esquece segundo o voceiro de EU-

IU as súas raíces socialistas.

- En resposta ao dito polo Sr. Fajardo na súa intervención o Sr. Membrives Rojas contesta que

se desviou do tema que se está a tratar e que lle lembra como sindicalista que é aos

membros de CCOO que acudan ás reunións por que á ultima non acudiron.

Dito esto, o Sr. Concelleiro de Emprego, afirma claramente que �os procesos de contratación

no Concello de Vilagarcía son dunha absoluta limpeza respectando absolutamente o que di o

Estatuto Básico do Empregado Público en canto a procesos de selección�.

En canto ao tema das prórrogas, o Sr. Membrives Rojas dille ao voceiro de EU-IU que se

seguiu un criterio xeral para tódolos traballadores, errado ou non, pero igual para todos e

afirma que foron outros os que fixeron distincións en función das afinidades e da militancia ou

non nun determinado sindicato.

Para concluír o Sr. Membrives reprocha ao Sr. Fajardo as dúbidas sementadas ao respecto.

Concluído o debate a Sra. Alcaldesa somete este punto a votación, dando o seguinte

resultado:

VOTACIÓN E ACORDO.- Por unanimidade de tódolos membros da Corporación Municipal,

acórdase:

PRIMEIRO: Solicitar ao Conselleiro de Traballo, D. Ricardo Jacinto Varela Sánchez a adhesión

ao Pacto territorial de emprego do Salnés segundo se reflicte no apartado 2º do artigo 4º do

Page 13: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

Decreto 98/2008, do 15 de maio, polo que se crean e regulan os órganos consultivos

denominados pactos territoriais de emprego.

SEGUNDO: Nomear como vocal na asemblea xeral do Pacto territorial de emprego do Salnés

en representación do Concello de Vilagarcía de Arousa como titular a Dna. Dolores García

Giménez e como suplente a Don José Rafael Membrives Rojas, cumprindo co reflectido no

apartado 1ºC do artigo 5º do referido Decreto 98/2008.

5.- APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DE "ESTUDO DE DETALLE NA RÚA XESTEIRA - SOBRADELO" (R.U. 190), PROMOVIDO POR D. RICARDO OTERO NOYA E OUTROS..- Pola Sra. Secretaria dáse lectura ó dictame emitido pola Comisión Informativa de

Ordenación do Territorio, Obras e Servizos, en sesión celebrada o día 28 de outubro de 2008,

do seguinte teor:

“<<Dáse conta da Proposta da Alcaldía-Presidencia do teor literal seguinte: Por D. Ricardo Otero Noya e outros presentouse o día 28.09.2006, ( R.E nº 14.984) o proxecto técnico correspondente ao ETD referenciado, redactado por D. Leopoldo Ivorra Sanchez, visado polo Colexio Oficial de Arquitecto de Galicia en data 26.09.2006. Conforme ao artigo 86.2 da Lei 9/2002 de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, os tramites seguidos neste expediente son:

- Acordo de aprobación inicial adoptado en sesión da Xunta de Goberno Local de data 11.06.2007

- Información pública polo prazo de 20 días mediante anuncios publicados no no DOG nº 193, de data 04.10.2007 e no Faro de Vigo de data 31.08.2007, asi como no taboleiro de anuncios.

- Certificado do resultado das alegacións presentadas segundo o que: “Finalizado o día 29 de outubro de 2007 o prazo de vinte días hábiles para a presentación de alegacións non foi presentada alegación algunha por rexistro deste concello”.

Á vista dos antecedentes propónse ao pleno como órgano competente en aplicación do artigo 22 da Lei 7/85, de bases de réxime local, a adopción do seguinte A C O R D O: Primeiro: Aprobar definitivamente o ETD na Rúa Xesteira-Sobradelo, promovido por D. RICARDO OTERO NOYA E OUTROS en base ao documento ad hoc elaborado e documentación complementaria aportada. Segundo: Remitir o expediente dilixenciado ao órgano autonómico competente para o seu coñecemento. Terceiro: Publicar no prazo dun mes no DOG o acordo de aprobación definitiva (facendo constar que se remitiu a documentación á Consellería). Non habendo intervencións, procédese á votación, que da o seguinte resultado:

Page 14: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

VOTACIÓN: As/ os representantes dos grupos políticos municipais do P.P, IVIL e EU-IU, din que se pronunciarán no Pleno e polo tanto abstense. As/ os representantes dos grupos políticos municipais de BNG e P.S. de G-PSOE, informan favorablemente. En consecuencia, e por maioría, infórmase favorablemente a aprobación definitiva do ETD na Rúa Xesteira-Sobradelo (R.U nº 190), promovido por D. Ricardo Otero Noya e outros.” Como introducción a este punto a Sra. Alcaldesa sinala que, como está establecido

legalmente é preceptivo traer á aprobación definitiva os Estudios de Detalle ao Pleno como o

que aquí concretamente se trae.

- De seguido, a Sra. Alcaldesa cede a rolda de palabra ao Sr. Fole Díaz, voceiro do grupo

municipal do PP, que comeza a súa intervención repetindo o dito pola Sra. Alcaldesa en canto

á obrigatoriedade de traer a Pleno os Estudios de Detalle pero apuntando que parece ser que

só se traen algúns.

Para o Grupo do PP este Estudio de Detalle en concreto formula bastantes dúbidas, primeiro,

porque aprecian contradiccións entre os distintos informes que se sucederon no tempo

debido ás continuas remisións do Departamento Xurídico aos informes de Oficina Técnica e

viceversa, que para o Sr. Fole non clasificou a viabilidade nin a idoneidade deste Estudio de

Detalle para traelo a aprobar definitivamente.

Consideran desde o PP que este Estudio de Detalle crea un mal precedente, porque en

palabras do Sr. Fole �nace dunha ilegalidade� como di que se reflicte nun informe técnico de

11 de outubro de 2006, que obra no expediente, ao que pasa a dar lectura dun extracto onde

se di <<o camiño ao que se refire o Estudio de Detalle ten un problema derivado de que un

dos propietarios que dan fachada ao mesmo non retirou o muro da súa finca á aliñación que

correspondía en aplicación do Plan>>.

Tras dar lectura a este breve extracto do informe técnico citado do Sr. Fole indica que tras

asesorarse sobre esta cuestión, ese asesoramento lévaos a que isto é unha ilegalidade por

que houbo unha persoa que fixo unha construcción sen axustarse ás aliñacións que marcaba

o Plan Xeral, e agora outra persoa ou contribuínte promove unha actuación e se ve

prexudicado pola incorrecta actuación do seu veciño, se ben chegou a un entendemento e

asinan un acta notarial de declaración de intencións. Dito esto, setenza o Sr. Fole que �un

acordo entre particulares non pode modificar un documento urbanístico como o PXOM que é

un documento de interese público�. Afirma así mesmo que aquí se está a falar de

�modificación dun trazado� e non de �modificación dunha aliñación� como sinala o Estudio de

Detalle.

Apunta que o feito de que se fixesen en momentos anteriores actuacións similares ás que se

remite a documentación do Estudio de Detalle non implica que esto se poida facer, con

caracter xeral se non que se trataría de situacións excepcionais que habería que valorar

atendendo á casuística de cada expediente. Pois reitera, que esto implica unha �modificación

do PXOM�.

Page 15: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

Dito esto, o Sr. Fole, afirma que os antecedentes son claros e que se trae a Pleno algo que

nace de unha ilegalidade, que se quere corrixir mediante un Estudio de Detalle cando para o

PP esto non é o proceder correcto por que, traendo a colación o indicado nos informes do

expediente, indica que esto se debería tramitar como unha modificación puntual do PXOM que

esixe que se xustifique o interese público desa modificación.

Conclúe o Sr. Fole a súa intervención dicindo que, á visto do exposto, o se lles aclaran estas

cuestións ou, sen ánimo de prexudicar ós interesados, o seu grupo entende que non é esta a

forma de traer e solución estas cuestións.

- Intervén de seguido o Sr. Fajardo Recouso, que tras unha breves e irónicas insinuacións

relativas á suposta existencia de �amiguismo� ou tratos de favor no acceso aos postos de

traballo na Administración Municipal en funcións da afinidade ideolóxica; entra no asunto que

é obxecto de debate neste punto da Orde do Día para adiantar que o seu grupo vai a votar en

contra do mesmo e fai a aclaración de que se dixera pola Sra. Alcaldesa na introducción de

este asunto que é preceptivo traer a Pleno a aprobación definitiva dos Estudios de Detalle non

implica que sexa preceptivo votar a favor deles.

De seguido o Sr. Fajardo fundamenta o sentido negativo do voto do seu grupo nun dos

informes do expediente no que se di que o mecanismo para levar a cabo o que se pretende

non é o do Estudio de Detalle se non a modificación puntual do PXOM por contradicirse o

Artigo 73.2.c) da Lei do Solo de Galicia, xa que o que hai é unha modificación de viais,

ademais indica que as conclusións deste informe non se ven desvirtuadas polas

consideracións, ao seu entender, menos nítidas feitas noutros informes posteriores do

expediente.

Afirma o Sr. Fajardo que dese o punto de vista do urbanismo o Concello de Vilagarcía �non foi

un bo exemplo de como hai que facer as cousas� e que se se cometeron erros cos que agora

se prexudica a xente ben intencionada non é responsabilidade de EU-IU se non de quen,

segundo di o Sr. Fajardo, utilizou o Concello para repartirse os intereses urbanísticos. EU-IU

pretende ser escrupuloso e considera que �non se pode utilizar o urbanismo dependendo de

que veña a proposta� e que, �o propio Concello non pode facer obras sen licenza�. Considera

que hai que cambiar o rumbo en materia de urbanismo.

Conclúe sinalando que, posto que teñen esa dúbida que antes formularon en canto ao

mecanismo idóneo para levar a cabo o que se propón, pensan que debería acudirse a unha

modificación puntual do Plan como indica o informe a que antes aludiu e que non considera

desvirtuado polos informes posteriores, o Grupo de EU-IU vai a votar en contra.

- De seguido intervén o Sr. Rivera Mallo para indicar que tras un detallado estudio de este

longo expediente e habida conta que no mesmo obra un informe ao que aludiron os demais

grupos e que formula unha serie de interrogantes, quixera que se lle aclarase, a fin de

fundamentar o sentido do seu voto, en que se baseou o cambio de criterio que aprecia entre a

decisión que se adoptou na Xunta de Goberno Local na que se dou conta do informe a que

antes fixo referencia e a proposta que agora se fai de aprobación definitiva do Estudio de

Detalle. Di que efectivamente había un primeiro informe desfavorable e que os informes que

despois lle sucederon foron reconducíndose ata chegar a ser favorables e queren saber cal é a

consideración que seguiu o Grupo de Goberno para traer agora o Estudio de Detalle a

aprobación definitiva.

Page 16: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

- Intervén, de seguido o Sr. Abuín Duro, para aclarar que o expediente se trae a Pleno para a

súa aprobación ou non, no seu caso, en función de que toda a vía administrativa está

esgotada, que conta con todos os informes e ten que ser o Pleno da Corporación o que ten

que decidir se aproba ou non un Estudio de Detalle, á vista de todos os informes técnicos, e

indica tamén que as decisións teñen que adoptarse á vista dos informes, de �todos� os

informes.

Recoñece o Sr. Abuín que é certo que este Estudio de Detalle presenta complexidade e que o

promotor, que neste caso é un particular, obtén do Concello en principio un informe favorable

en canto á viabilidade de poder encauzar a súa pretensión a través dun Estudio de Detalle. Di

que tamén é certo que cando se formaliza o Estudio de Detalle e se somete a aprobación

inicial hai un informe técnico que é desfavorable e que en consecuencia, a Xunta de Goberno

Local no seu momento o rexeita e que a partir de aí se abre un debate. Afirma o Sr. Abuín que

unha modificación dun vial, que é o que se debate, se pode facer a través dun estudio de

detalle ou por unha Modificación Puntual do Plan Xeral. Esa é a dúbida, e quen ten que

determinalo son os técnicos. Así se nun primeiro momento un dos técnicos indica que esto

debe facerse a través dunha modificación do Plan Xeral, nun momento posterior hai dous

informes técnicos, un do Arquitecto, de data 1 de setembro de 2008 que di que si se pode

facer a través dun estudio de detalle, e outro xurídico, que pecha o expediente, que informa

favorablemente a aprobación definitiva do Estudio de Detalle na Rúa Xesteira � Sobradelo.

Afirma o Sr. Abuin que os expediente, incluído este, hai que resolve-los en algún momento, e

por eso se somete a consideración do Pleno da Corporación a súa aprobación ou non. Cren

que o resultado práctico non afecta a terceiros nin prexudica ó territorio e que en cambio si hai

antecedentes de este tipo de modificacións. Por eso, superado o debate de se esa

modificación do trazado do vial, ese desprazamento de vial debe facerse mediante estudio de

detalle ou mediante modificación puntual do Plan Xeral, tendo ambos mecanismos o mesmo

efecto e variando unicamente os trámites a seguir; consideran dende o goberno que non hai

ningún problema en aprobalo.

- De seguido intervén o Sr. Fole Díaz para apuntar que non lle quedaron nada claras as

explicacións do voceiro do partido socialista, como di que lle ocorre habitualmente e mais en

cuestións urbanísticas relacionados con estudios de detalle.

Afirma que ao final todos os informes ou case todos remítense ao final ó cumprimento ou non

do Artigo 73, pero ningún di se ao final se acaba cumprindo ou non, ou se vale o que di o

Artigo 73 para facer o estudio de detalle. Considera que tanto os informes técnicos como os

xurídicos ao empregar expresións en condicional, <<se se cumprise...>>, <<poderíase sempre

que se cumprise...>>, <<deberíase...>> son dubidosos e non formulan unha conclusión certa e

contundente, de feito di que uns se remiten a outros. Afirma que, en todo caso, tanto a

modificación puntual como o estudio de detalle, teñen que cumprir un interese público, que

segundo o Sr. Fole, aquí non se cumpre, aínda sentindo moito polos posibles prexudicados.

Recoñece que a tramitación dunha modificación puntual do plan sería un mecanismo que

levaría mais tempo e requiriría mais trámites, pero insiste en que un arranxo entre particulares

non pode saltarse un documento como o Plan Xeral, por que se crearía un precedente

dubidoso.

Page 17: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

- Intervén novamente o Sr. Rivera Mallo para puntualiza dirixíndose ao voceiro do partido

socialista que a proposta que a Sra. Alcaldesa presenta ao Pleno e de aprobación definitiva

do Estudio de Detalle, que o que se propón e a súa aprobación ou votación en sentido

favorable.

- A continuación o Sr. Fajardo Recouso intervén para contestar ao dito polo voceiro do partido

socialista, apuntando que non é o mesmo chegar ao resultado final a través dun estudio de

detalle que a través dunha modificación puntual do Plan Xeral, por que neste segundo caso

interveñen outras administracións e hai outras garantías e requisitos que ao mellor son mais

difíciles de cumprir e que non se poden eludir segundo este paso intermedio.

Afirma que no Concello de Vilagarcía hai moitos exemplos ven coñecidos por todos de

modificacións puntuais levadas a cabo en momentos anteriores e que tiveron incidencia sobre

a configuración da vila, e insiste en que aínda que o resultado final sexa o mesmo difire en

canto aos trámites e a necesidade ou non de que interveñan outras administracións e conclúe

a súa intervención dicindo que EU-IU aposta por un proceso con maiores garantías.

- O SR. Abuín insiste en que se trata de un proceso iniciado que hai que resolver de algún

xeito, sendo lexítima calquera posición ao respecto, por que todas elas teñen sustento nos

informes. Conclúe dicindo que hai un informe técnico favorable, outro xurídico no mesmo

sentido, non se prexudica a terceiros e non hai impacto algún sobre o territorio, recoñece que

se pode debater ou discutir o procedemento a seguir, pero que en definitiva o Pleno ten que

pronunciarse ao respecto e o seu grupo se pronuncia en sentido favorable.

- O Sr. Fole Díaz intervén novamente para apuntar que si poderían entenderse prexudicados

todos aqueles que intentaron seguir o mesmo trámite para lograr cumprir a súa pretensión e

non o acadaron.

- Respóndelle o Sr. Abuín Duro, que do mesmo xeito, habendo antecedentes similares ao que

aquí se formula o interesado podería considerar que no se lle trata de xeito análogo.

- Brevemente o Sr. Fajardo Recouso contesta á afirmación feita polo Sr. Abuín Duro de que

non habería incidencia sobre o territorio de aprobarse o estudio de detalle dicíndolle que non é

así, por que onde antes había unha recta agora pasará a haber unha curva co que esto implica

para a seguirdade vial.

- A Sra. Alcaldesa considera que este punto está xa suficientemente debatido e o somete a

votación, dandi o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con dez votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos municipais

do P.S. de G-PSOE (7) e BNG (3) e once votos en contra, pertencentes ós membros dos

grupos políticos municipais do PP (7), (EU-IU) (3) e IVIL (1),

ACÓRDASE: Rexeitar a aprobación do Estudio de Detalle na Rúa Xesteira-Sobradelo,

promovido por D. RICARDO OTERO NOYA E OUTROS.

6.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA INTEGRACIÓN DO CONCELLO NA "REDE DE CIDADES EDUCADORAS" E ASUNCIÓN DA "CARTA EUROPEA DE CIDADES EDUCADORAS"..- Pola Sra. Secretaria dáse lectura ó dictame emitido pola Comisión

Page 18: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

Informativa de Igualdade, Benestar e Promoción da Calidade de Vida, en sesión celebrada o

día 28 de outubro de 2008, do seguinte teor:

“Dáse conta da Proposta da Concelleira de Educación, do teor literal seguinte: No ano 1990 iniciouse o movemento de Cidades Educadoras, con motivo do I Congreso Internacional de Cidades Educadoras, celebrado en Barcelona, cando un grupo de cidades representadas polos seus gobernos locais plantexou o obxectivo común de traballar conxuntamente en proxectos e actividades para millorar a calidade de vida dos habitantes, a partir da súa implicación activa no uso e a evolución da propia da cidade e de acordo coa carta aprobada de Cidades Educadoras. Logo, no ano 1994, este movemento formalízase como Asociación Internacional de Cidades Educadoras non III congreso celebrado en Bolonia. Os obxectivos que plantexa esta rede son:

- Promover o cumprimento dos principios da Carta de Cidades Educadoras, dos que se acompaña unha copia.

- Impulsar colaboracións e accións concretas entre as cidades. - Participar e cooperar activamente en proxectos e intercambios de experiencias con

grupos e institucións con intereses comúns. - Profundizar no discurso de cidades educadoras e promover as súas concrecións

directas. - Influír no proceso de toma de decisións dos gobernos e das institucións

internacionais en cuestións de interese para as cidades educadoras. - Dialogar e colaborar con diferentes organismos nacionais e internacionais.

As vantaxes que supón pertencer a este rede poden resumirse en: - Formar parte activa dun conxunto de cidades cunha filosofía común que permite

formular proxectos conxuntos en base aos principios da Carta de Cidades Educadoras.

- A cidade pode mostrar os seus programas ou experiencias ou facer outras aportacións a través do Banco Internacional de Documentos e doutros medios de comunicación.

- Conectar directamente con outras cidades. - Formar parte da Asemblea Xeral e contribuír ó desenrolo e funcionamento da

asociación. - Elixir e ser elixida para os postos de representación e funcionamento da asociación. - Participar nos congresos internacionais e optar á súa organización. - Formar parte das redes territoriais e temáticas. - Ter acceso á información de programas e iniciativas e, no seu caso, recursos

derivados de organismos internacionais: UNESCO, Unión Europea, OEI, MERCOSUR, etc.

- Dispoñer dunha páxina web propia no portal da AICE. Para formar parte desta rede, se require que o concello:

- Asuma a Carta de Cidades Educadoras. - Designe un concelleiro/a coma enlace coa AICE - Designe unha persoa da plantilla técnica permanente para as relacións coa AICE - Pagar a cota anual, que varía en función da poboación da cidade. A Vilagarcia,

correspóndelle unha de 200 €. Proponse ó Pleno:

- Formular a solicitude de ingreso na Rede de Cidades Educadoras - Asumir a Carta de Cidades Educadoras - Pagar a cota de 200 €.

Page 19: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

- Designar a esta Concelleira de Educación coma enlace coa AICE - Designar ó funcionario I. Javier Villaronga García coma técnico permanente

para as relacións coa AICE Non habendo intervencións, procédese á votación, que da o seguinte resultado: VOTACIÓN: As/ os representantes dos grupos políticos municipais do P.P, IVIL e EU-IU, din que se pronunciarán no Pleno e polo tanto abstense. As/ os representantes dos grupos políticos municipais de BNG e P.S. de G-PSOE, informan favorablemente. En consecuencia, e por maioría, infórmase favorablemente a proposta de integración do Concello na “Rede de Cidades Educadoras” e asunción da “Carta Europea de Cidades Educadoras”.. Antes de dar a rolda á Concelleira responsable da Área de Educación, a Sra. Alcaldesa explica

que esta é unha iniciativa que o goberno considera de gran interese para o Concello.

- De seguido a Concelleria Sra. Camiño Pérez pasa a explicar o significado da proposta

indicando que o obxectivo destas �Cidades educadoras� e a de �promover, impulsar e

participar do dereito á educación en igualdade, a cooperación solidaria internacional, á paz no

mundo...; dereitos adquiridos que para nós parece que non teñen o valor que tiveron noutras

épocas nas que houbo que loitar por eles, e evitar a discriminación e fomentala a través do

diálogo entre xeracións, valores de xustiza social e civismo democrático, evitando a

marxinación e promovendo a integración.

Continúa sinalando que, a función da cidade é a de promover os instrumentos que axuden as

persoas a medrar persoal e colectivamente, crendo que a cidade é un instrumento de

educación.

- Intervén o Sr. Fajardo Recouso para sinalar que consideran que o goberno chega tarde con

esta proposta e que esto xa non ten sentido dende o punto de vista ideolóxico, por que

segundo explica, esta é unha proposta que ven do movemento �altermundialista� e que agora,

�en plena crise capitalista� xa non ten sentido�.

Cree que aquí se formulan propostas idílicas que no momento en que xurdiron podían ter

algún sentido por que aínda había a conciencia de que o mundo en que vivimos se podía

cambiar pero que agora xa asumiron que non é así.

Afirma o Sr. Fajardo que este é un camiño incorrecto por que ademais, entre outras cousas,

formula que as alternativas educadoras para as persoas con menos recursos, dereitos e

oportunidades se farían a través de ONG, movementos espontáneos..., e quede claro,

segundo o Sr. Fajardo que estes movementos espontáneos non serven para garantir a

igualdade de oportunidades.

Explica tamén que dito movemento o que trataba era de impulsar unha alternativa ós partidos

anticapitalistas e eso neste momento que cualifica de �crise capitalista� xa non vale, por que

os propios teóricos do movemento se deran conta que hai que dar un paso mais aló.

Page 20: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

Engade que se formulan principios como a paz mundial ou a igualdade de dereitos e

oportunidades que sobre o papel son loables pero que logo non se corresponden coa

realidade na que vivimos e alude á actual situación en Afganistán ou á repatriación de

inmigrantes ilegais como exemplos de dita discordancia.

Insiste en que os mesmos que crearon este tipo de posicións son os primeiros en recoñecer

que agora ese movemento �altermundialista� ten que ir mais aló e que non vai ser que un

movemento espontáneo o que cambie o berce deste sistema.

Por eso, conclúe sinalando que como declaración de intencións a proposta está ben pero hai

que dar o seguinte paso.

- O Sr. Fole Díaz está tamén de acordo en que a proposta chega tarde, por que é un proxecto

xa do ano 1990 e que como dicía a Concelleira de Educación as propostas e logros desta

asociación sempre teñen que ser en colaboración coa sociedade civil e partindo do principio

de que toda a cidade é unha fonte de educación, o que require partir do mutuo coñecemento

das distintas tarefas educativas que tenten desenvolver distintas áreas do goberno local

como: cultura, educación, urbanismo, transporte, sanidade... Indica que todo esto debería

basearse nun entendemento común entre as distintas áreas do goberno que o PP entende

distante e irreal xa que en palabras do Sr. Fole non hai un programa de goberno común. Por

eso o PP se manifesta escéptico a que en Vilagarcía se poidan cumprir os obxectivos de esta

asociación ou rede de Cidades Educadoras, que aínda que en opinión do Sr. Fole poidan ser

moi bos son difíciles de levar á práctica.

Incide tamén o Sr. Fole en que no Congreso de Lión se fixase como un dos obxectivos

reforzar a democracia participativa social ou o diálogo social, diálogo que segundo o Sr. Fole o

Goberno é especialista en romper alomenos co grupo do PP e que so practica cos que son

afíns ideoloxicamente.

Remata dicindo que, en definitiva, todo este tipo de cousas fan que se mostren escépticos

ante a viabilidade de facer realidade os obxectivos que se plasman na proposta, aínda que

non vai ser o seu grupo o que poña obstáculos á integración nesta organización internacional.

- O Sr. Rivera Mallo agradece a exposición feita pola Sra. Concelleira de Educación pero

apunta que na Carta Europea de Autonomía Local xa se fixan uns principios insustituibles do

sistema democrático de liberdades e que consagra a propia Constitución e no dereito natural,

non engadindo neste sentido nada novo, xa que non recoñecen estes principios, con ou sen

carta europea, sería unha obstrucción á filosofía do noso Estudio de Dereito e unha colisión co

noso ordenamento xurídico.

Por elo ao IVIL parécelle ben calquera avance nesta materia pero considera que antes

deberíase empezar por solucionar os nosos propios problemas, os problemas do pobo

vilagarcián, como o de cumprir os compromisos adquiridos en relación co Anexo de �A

Lomba� en canto a acometer melloras neste centro e financiar o Plan Madruga, compromiso

plenario asumido con ocasión de aprobar o Orzamento de 2007.

Tamén incide o Sr. Rivera Mallo e considera curioso que a propia Concellería de Educación se

propoña a ela mesma como enlace coa asociación. Considera asumible en principio a cota

que haberá que aboar pero teme que esto encubra outros gastos derivados de visitas ao

Page 21: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

estranxeiro cando a situación económica xeral e a propia do Concello non están para o Sr.

Rivera en posición de asumir esta clase de dispendios, e por eso adianta que o seu grupo se

vai a abster nesta votación.

- En resposta ao dito nas distintas intervencións a Sra. Camiño Pérez cuestiona que sexa certo

que os obxectivos e dereitos que promove a asociación estean actualmente vixentes e sexan

comunmente compartidos. Tamén lle indica ao Sr. Fajardo que a integración nesta asociación

está aberta a todos os países que así o desexen.

Dille tamén ao Sr. Rivera que os compromisos aos que aludiu en relación co financiamento do

Plan Madruga no Colexio de �A Lomba� están xa cumpridos ao igual que o está a adquisición

e entrega de material ao Colexio Anexo, por importe de 1.000 �.

- O Sr. Rivera Mallo apunta que aínda quedan compromisos pendentes de cumprir e que o

montante do financiamento comprometido ascende a 1.500 � e non a 1.000, como indica a

Sra. Camiño.

- A Sra. Alcaldesa da por suficientemente debatido este punto e sométeo a votación, dando o

seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con dezasete votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos

municipais do P.S. de G-PSOE (7), BNG (3), PP (7) e catro abstencións, pertencentes ós

membros dos grupos políticos municipais de EU-IU (3) e IVIL (4),

ACÓRDASE: Por maioría aprobar a proposta da Concelleira de Educación de integracón do

Concello na �Rede de Cidades Educadoras� e asunción da �Carta Europea de Cidades

Educadoras�, e polo tanto:

- Formular a solicitude de ingreso na Rede de Cidades Educadoras

- Asumir a Carta de Cidades Educadoras

- Pagar a cota de 200 �.

- Designar a esta Concelleira de Educación coma enlace coa AICE

- Designar ó funcionario I. Javier Villaronga García coma técnico permanente para as

relacións coa AICE

7.- MOCIÓN DO GRUPO POLÍTICO MUNICIPAL DO PP SOBRE "MISIÓNS COMERCIAIS E INSTITUCIONAIS"..- Pola Sra. Secretaria dáse lectura ó dictame emitido pola Comisión

Informativa de Promoción Económica, en sesión celebrada o día 28 de outubro de 2008, do

seguinte teor:

“Dáse conta da Moción do Grupo Municipal do Partido Popular, presentada en data 23 de outubro de 2008, do teor literal seguinte: O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base nos motivos e consideracións desenvolvidas na seguinte. Exposición de Motivos

Page 22: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

Dende o Partido Popular cremos que as viaxes institucionais, e especialmente as de carácter comercial, poden e deben chegar a ser un instrumento importante para a promoción económica e social de Vilagarcía, ademais dun canle de enriquecemento cultural; sen embarco é imprescindible acadar os máis altos niveis de transparencia na súa planificación, selección de participantes institucionais e persoas e entidades invitadas, priorización de obxectivos, oportunidade e canles de financiamento. A ninguén se lle pode esquecer que estas misións requiren dun gran esforzo económico que, precisamente nos momentos de crise actual, fan obrigatoria unha análise profunda sobre a súa rendibilidade, oportunidade e beneficio para o conxunto da cidadanía. A falla da imprescindible transparencia neste tipo de actuacións tivo o seu máis claro expoñente na recente misión comercial e institucional levada a cabo polo goberno local de Vilagarcía en Francia, que a meirande parte dos vilagarciáns non percibiron como unha misión claramente beneficiosa para os intereses da cidade, senón que foi vista como unha viaxe entre o lecer, o turismo e as vacacións, nun momento totalmente inoportuno pola crise que atravesamos e cuns resultados cativos e, inda a día de hoxe, mal explicados a cidadanía. É obvio que todos estes elementos se obviaron nesta ultima misión, pois foi unánime a crítica tanto de tódolos partidos da oposición como, sobor de todo, a incomprensión e malestar instalados na cidadanía. Dende o Partido Popular cremos que é o momento oportuno para facer unha profunda, serena e sempre positiva reflexión o respecto e partindo da definición de “institucionais” que o goberno local da este tipo de actos, temos a convicción de que as viaxes institucionais, de calquera carácter, deben ser coñecidas e autorizadas polo órgano máximo da Institución Municipal, isto é, o Pleno da Corporación Municipal coma garante de vontade maioritaria dos cidadáns. Non é comprensible que con ocasión da viaxe a Francia o Pleno non só non fose nin informado nin consultado senón que deliberadamente se lle ocultase calquera información previa a viaxe imposibilitando así a posibilidade de que tódolos representantes dos cidadáns puderan valorar e, no seu caso, apoiar esta viaxe. Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular insta o Goberno Municipal a: 1. A posta en coñecemento dos Grupos Municipais da planificación feita polo goberno local respecto a futuras misións comerciais e institucionais. 2. Que se someta ao Pleno da Corporación, como representante máximo do sentir da cidadanía, a análise e aprobación, se procede, de cada unha das viaxes institucionais, sexa cal sexa o seu carácter que no futuro se pretenda desenvolver por parte do grupo de goberno municipal. Intervén brevemente o Sr. Fole para sinalar que o texto da moción é coñecido por tódolos Concelleiros e non cree que precise máis explicacións, salvo que algún outro Concelleiro queira intervir. Non habendo máis intervencións, sométese o asunto a votación, co seguinte resultado: As/os representantes dos Grupos Políticos Municipais do PP informan favorablemente. As/os representantes dos Grupos Políticos Municipais de P.S.de G-PSOE, BNG, EU-IU e IVIL din que se manifestarán no Pleno e polo tanto abstéñense. En consecuencia e por maioría informase favorablemente a moción do grupo político municipal do PP sobre “Misións comerciais e institucionais”.

Page 23: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

Lido o dictame da Comisión Informativa a Sra. Alcaldesa cede a palabra ao voceiro do grupo

propoñente da Moción.

- O Sr. Fole Díaz quere dar unha explicación clara e precisa do que o seu grupo propón á

marxe da polémica xerada a raíz da súa repercusión mediática.

A imaxe que ten o PP de este tipo de irmandamentos que o Sr. Castro denominou �misións

institucionais� e a de que para que resulten positivas para o Concello requiren dunha boa

planificación, un consenso, unha riqueza e a aportación do maior número posible de

colectivos sociais. Fora deso, consideran que o goberno quixo darlle a esta �misión� un

�empaque oficialista�, frente a o cal, o PP considera que, tería que consistir nun intercambio

social e cultural e nunha promoción de Vilagarcía.

Dende o PP consideran que non se buscou o consenso, a transparencia e o diálogo cos

demais grupos e con todos os colectivos de Vilagarcía. Pregunta en que criterios se baseou o

goberno para decidir a que colectivos ou sectores invitaba a participar e quen formaba parte

do comité de irmandamento que parece que se creou. O que o PP pide, segundo expón o seu

voceiro, que se dea conta ao Pleno destas cuestións.

Cuestionan que se houbese acadado algunha rendabilidade das misións ou irmandamentos

que se levaron a cabo en anteriores etapas de goberno, e di que é eso o que agora se

pretende evitar desde o PP, por que segundo o voceiro deste grupo este tipo de misións

deben facerse en base a unha planificación e con visos de continuidade, cuns obxectivos

concretos que se traduzan ou materialicen en logros concretos como intercambios culturais e

educativos.... Para elo tamén consideran que deben abrirse á participación de toda a

sociedade que é o que o PP pide no primeiro punto da súa moción. E propoñen esto en

previsión de futuras misións deste tipo, que parece que desde o goberno hai intención de

promover, cando anunciou que o Concello ía a estar aberto á integración nunha �rede de

cidades atlánticas�.

Apunta o Sr. Fole que, o Pleno é a máxima institución do Concello, e de ahí ven a petición do

PP que se lle manteña informado de futuras iniciativas deste tipo e da planificación e

obxectivos das mesmas para que non se actúe a base de improvisación. Considera o PP que

é imprescindible que toda esa información pase polo Pleno para que os representantes de

todos os cidadáns poidan decidir en que momento e con quen e mais aconsellable realizar

este tipo de iniciativas e con que medios se pode contar para elo e sobre todo que obxectivos

de queren acadar.

Por iso o PP considera que esta moción é oportunista e foi rigorosamente elaborada e que os

dous puntos que insta a adoptar son asumibles e teñen un fin constructivo.

- De seguido o Sr. Rivera Mallo di que, aproveitando o tema da moción, e tendo en conta que

se entearon a través da prensa da participación de varios políticos e funcionarios do Concello

na realización desta viaxe a Francia, esquecéronse de novo as mais elementais formas e

principios que avalan unha boa administración e do mais elemental respecto que merecen os

administrados.

Afirma o Sr. Rivera que non existe acordo municipal algún que xustifique esa �expedición� e o

gasto derivado da mesma e por eso o IVIL a considera unha burla aos principios de boa

Page 24: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

Administración e á transparencia e austeridade que veñen aconsellando e unha burla tamén a

todos os cidadáns en momentos de crise como o actual.

Afirma que, unha vez mais se desprezou o papel da oposición ou alomenos dunha parte dela,

facendo caso omiso da mesma. Tamén sentenza que �algúns utilizan o Concello como unha

finca propia� adoptando decisións que alomenos deberían ser consultados cos representantes

elixidos democraticamente polos cidadáns.

Considera o IVIL que se elixiu unha das situacións mais inadecuados desde o punto de vista

da xestión do gasto e cando segundo as súas palabras estase a transmitir ós cidadáns unha

imaxe de �abandono� e �incapacidade� e �retraso� na rendición das contas anuais do ano

2007 ao que xa se referiu e cando estando inmersos nunha situación de crise dende as

distintas administracións vense insistindo na necesidade de austeridade.

Non van a entrar a valorar agora desde o IVIL o éxito ou o fracaso deste viaxe por que será o

paso do tempo o que o poña de manifesto, pero si van a valorar os procedementos

empregados e o gasto realizado.

Desexa o IVIL facer emenda de adición á Moción, no sentido de que ao punto 2º da mesma se

engadise. <<fixando o orzamento económico de cada un das viaxes, as partidas

orzamentarias que soporten o gasto e aportando, ao efecto, o informe da Intervención

Municipal>> esperando que polo grupo propoñente da moción se admita esta emenda de

adición.

- Intervén o Sr. Fajardo Recouso para sinalar que o seu grupo tamén foi crítico con esta viaxe,

pero non o foi pola �misión� en si se non polos métodos ou a forma en que se fixo, e non pola

falta de comunicación previa por que consideran desde EU-IU que este tipo de viaxes han de

ter obxectivos claros, delimitados e coñecidos pola cidadanía e por que non teñen por que ser

viaxes multitudinarios, nin ten que integrarse sese suposto �Comité de irmandamentos� que

parece existir a xente que xa en etapas anteriores participou en iniciativas similares das que

segundo o voceiro de EU-IU non se obtiveron resultados.

Afirma que esta non é unha actitude exclusiva deste goberno se non que neste país as

institucións parecen entender que co diñeiro público se pode facer calquera cousa.

Para EU-IU houbese sobrado a presenza de moitos dos que foron por que a consideran

innecesaria para facer as xestións realizadas, pero ao marxe destas cuestións o que lles

interesa é saber cales foron os resultados, canto se gastou e que acordos se acadaron por

que o que reivindican é seriedade e que se poida cuantificar e determinar de xeito claro e

conciso de que serviu esa viaxe.

O que a EU-IU lle preocupa é a actitude e o exemplo que o Concello ten que dar á cidadanía

de que non se incorre en gastos excesivos e superfluos nin se cae na actitude de utilizar as

institucións para �viaxar por Europa� como facían outros.

E para eso EU-IU pide transparencia e que se poñan sobre a mesa as contas claras e se

precisen os gastos realizados, os contactos que se fixeron e os compromisos acadados e non

acadados, e sobre todo que se explique a que foron algunhas das persoas que foron.

Page 25: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

O Sr. Abuin Duro indica que hai dos temas enriba da mesa, un o da viaxe a Granville e outro

cal é a actitude dos distintos grupos ante un tema concreto como o dos irmanadamentos.

Recrimina ao PP o feito de que xuzguen unha acción de goberno antes de coñecer cales foron

os seus resultados.

Explica que se tratou dunha invitación da Cámara de Comercio do Sur de Normandía e que

entre os seus obxectivos estaba: promocionar Vilagarcía, facilitar as relacións comerciais con

empresas daquela zona e levar a cabo un irmandamento con Granville. De seguido, o Sr.

Concelleiro da lectura a varios titulares da prensa local nos que se eloxian os bos resultados

do viaxe a Granville. Sinala tamén que foron os propios empresarios e representantes dos

sectores productivos vilagarciáns que acompañaron ao goberno neste viaxe os que

recoñeceron os bos resultados e logros do mesmo.

Indica tamén que a presencia de representantes do Concello na feira do marisco de Granville,

supuxo que Galicia representada nesta ocasión por Vilagarcía fose invitada de honor na

mesma.

Explica o significado do irmandamentos na política europea.

Para o sr. Abuín, os tres obxectivos que se perseguían e que antes apuntou están cumplidos e

isto xustifica plenamente a viaxe.

O voceiro do PS de G-PSOE indica que están dispostos a apoiar a moción pero coa enmenda

de que o marco máis axeitado para facer o que propón o PP son as Comisións Informativas.

O Sr. Castro Ratón considera que existe oportunismo político nas críticas vertidas e que a

esixencia de que se someta ao Pleno cada un dos viaxes ou misión que se pretendan

desenrolar no futuro e excesiva e ilóxica.

Di que o seu grupo estaría disposto a apoiar a moción se o seu contido fose susceptible de

verificación en tódolos Concellos, pero cree que moitos deles, non superarían esta proba.

O r. Fole, intervén para dar resposta a acusación de incorrer en oportunismo político que lle

dirixiu o Sr. Castro Ratón. Insite en que desde o goberno municipal non se está aberto ao

diálogo cos demáis grupos ou canto menos co do PP, e pide planificación, tranparenci e

obxectivos claros.

De seguido, di que o seu grupo acepta a enmenda plantexada polo IVIL pero non a feita polo

Sr. Abuín, según di, por desconfianza.

Intervén epois o Sr. Fajardo para indicar que consideran que os tres argumentos expostos

polo Sr. Abuín son vagos e imprecisos.

Di que EU-IU quere simplemente que se explique porque foron determinaados Concelleiros e

que obxectivos tiñan asignados cada un deles. Reiteran que o que pide o seu grupo e que se

lles de unha explicación máis precisa dos resultados da viaxe e que a cuestión non está en si a

viaxe era ou non necesaria.

O Sr. Abuín Duro resposta que por parte do goberno non hai problema en proporcionar

información a calquer grupo que o solicite dos datos e obxectivos concretos da viaxe e que

precisamente non é o PP o partido máis indicado para falar destas cuestións.

O Sr.Rivera intervén brevemente para agradecer ao PP a aceptación da enmenda que

plantexou o seu grupo, cuio único fin é según di garantir a transparencia.

Page 26: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

Sometido a votación pola Sra. Alcaldesa a moción plantexada polo grupo político do PP xunto

coa enmenda engadida a petición do IVIL, da o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con once votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos

municipais do P.P, EU-IU e IVIL,, e dez votos en contra, pertencentes ós membros do grupo

político municipal do P.S de G-PSOE e do BNG.

ACÓRDASE: Aprobar a moción presentada polo grupo político municipal do PP pola que se

insta ó Goberno Municipal a: 1. A posta en coñecemento dos Grupos Municipais da planificación feita polo goberno local respecto a futuras misións comerciais e institucionais. 2. Que se someta ao Pleno da Corporación, como representante máximo do sentir da cidadanía, a análise e aprobación, se procede, de cada unha das viaxes institucionais, sexa cal sexa o seu carácter que no futuro se pretenda desenvolver por parte do grupo de goberno municipal. Xunto coa enmenda introducida a proposta do IVIL consistente en engadir ao punto 2º da

moción a seguinte precisión

<<fixando o orzamento económico de cada un das viaxes, as partidas orzamentarias que soporten o gasto e aportando, ao efecto, o informe da Intervención Municipal>>

8.- MOCIÓN FORMULADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO IVIL AO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL, SOBRE "MEDIDAS URXENTES EN MATERIA DE CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS"..- Pola Sra. Secretaria dáse lectura ó dictame emitido pola

Comisión Informativa de Ordenación, Xestión do Territorio, Obras e Servizos, en sesión

celebrada o día 28 de outubro de 2008, do seguinte teor:

“Dáse conta da Moción do Grupo Municipal do IVIL, presentada en data 17 de outubro de 2008, do teor literal seguinte: Dado el silencio de la Alcaldía en cuanto a las iniciativas que hemos venido presentando en relación a la seguridad de las personas, los atropellos de peatones y los accidentes de circulación que vienen produciéndose en nuestro municipio, algunos de ellos con trágicos desenlaces, de nuevos nos vemos obligados a insistir toda vez que son alarmantes el número de siniestros últimamente registrados y, lo que es peor, sus consecuencias, que son noticia diaria en VILAGARCIA. Es vieja nuestra preocupación por la situación del tráfico en nuestro municipio, y así se reflefó en nuestros programas electorales, en nuestras intervenciones plenarias, y a través de numerosos escritos dirigidos a esa Alcaldía. Pero la respuesta de V.I. es el silencio; dicho con el mayor respeto, Sra. Alcaldesa, creemos que falta voluntad política para aplicar soluciones convicentes y no lamentaciones y parches puntuales. Toda la avenida hasta Rubianes necesita imperiosamente un tratamiento específico. No podemos escudarnos en los trámites de una petición a la Administración supuestamente competente, sino que es necesario intervenir ya, sin demora, para evitar más siniestros. Por la Avda. de la Marina continúa circulándose a velocidades excesivas, sin que se hayan colocado aún los pasos de cebra elevados en el firme de la calzada que hace varios meses (con motivo de un trágico accidente) se consideraban una solución para mitigar, al menos en parte, la conflictividad en aquella calle. No se concibe la demora en la colocación.

Page 27: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

Es necesaria una solución al cruce del Ramal, reordenando la circulación y la situación racional de la rotonda existente, de forma que el tráfico pesado, principalmente, no tenga que montar la acera en el edificio La Concha con los consisguientes riesgos para las personas y las cosas. De igual forma que es necesario estudiar y solucionar otros puntos conflictivos que requieren medidas urgentes. No sirven las promesas y los silencios, son necesarias decisiones, contundentes si fuere necesario. Tampoco es suficiente que se espere a la redacción del Plan de Mobilidade e Accesibilidade, porque no es inmediato y la situación actual no admite demoras. Por todo ello, el concejal que suscribe propone al Pleno de la Corporación Municipal la aprobación de la siguiente MOCIÓN: 1) Que en consenso con todos os grupos municipales, se estudien y se apliquen medidas urgentes para paliar el peligro existente para las personas en cuanto a la circulación de vehículos en el municipio, y 2) Que se agilice la redacción del PLAN DE MOBILIDADE E ACCESIBILIDADE en consenso con todos los grupos municipales para, posteriormente, somerterlo al criterio y alegaciones de las distintas fuerzas económicas y sociales del municipio, y otras instituciones y colectivos, Cámara de Comercio, Feca, Zona Aberta, Sindicatos, etc, y su puesta en vigor a la mayor brevedad posible. Consideramos que el Consello Económico e Social es el cauce adecuado para conseguir un Plan que cuente con el respaldo y consenso de todos los ciudadanos e instituciones) Intervén o Sr. Rivera Mallo para salientar que o contido da moción do IVIL é ben coñecido por tódolos Concelleiros e que xa foi plantexado en varios escritos dirixidos á Alcaldía para os que non obtivo resposta, motivo polo que agora desexa plantexa-lo ante o Pleno da Corporación. Non producíndose máis intervencións, procédese á votación, que da o seguinte resultado: VOTACIÓN: As/ os representantes dos grupos políticos municipais do P.P e IVIL, informan favorablemente. As/ os representantes dos grupos políticos municipais de BNG e P.S. de G-PSOE e EU-IU, din que se pronunciarán no Pleno e polo tanto abstéñense En consecuencia, e por maioría, infórmase favorablemente a moción plantexada polo grupo político municipal do IVIL sobre “Medidas urxentes en materia de circulación de vehículos”.

- Lido o Dictame da Comisión informativa, pola Sra. Alcaldesa, cédese a palabra ao Sr. Rivera

Mallo, como asinante da Moción.

- O Sr. Rivera Mallo indica que, o silencio da Alcaldía en canto as iniciativas que presentaron

en relación á seguridade das persoas, ós atropelos e ós accidentes de circulación que veñen

producíndose, algúns con tráxicas consecuencias, obrígaos a insistir unha vez mais a través

desta Moción.

Di que o balance é tráxico, e que o número de sinistros e as súas consecuencias son noticia

diaria en Vilagarcía, e constitúen unha preocupación para tódolos vilagarciáns. Afirma o Sr.

Page 28: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

Rivera, que estamos ante un dos problemas mais graves, e que �de pouco servirán os parches

a destempo cando temos que lamentar situacións irreparables�.

Según o Sr. Rivera é vella a preocupación pola situación do tráfico no municipio e así se

reflectiu no seu programa electoral nos comicios municipais de 1999, 2003 e 2007, nas súas

intervencións plenarias e nos medios de comunicación e a través de numerosos escritos

dirixidos á Alcaldía, reiterandolle a necesidade ineludible de proceder á redacción dun novo

Plan de Tráfico no Municipio, en principio a través de escritos dirixidos á Alcaldía en setembro

de 2007 e maio pasado e outubro do corrente ano ademais da intervención de hoxe.

Sinala que aínda que na moción se fai referencia a tres lugares puntuais, hai outros puntos que

tamén requiren solucións inmediatas. Cita concretamente á Avda. de Rubiáns, e sostén a

necesidade imperiosa dun tratamento específico ao problema. En palabras do voceiro do IVIL,

�non se podemos escudarnos nos trámites de solicitude á administración supostamente

competente, se non que é necesario intervir xa sen mais demora�. Outro punto problemático é

para o Sr. Rivera a Avda. da Mariña, na que di que se continúa circulando a velocidades

excesivas e non se entende a demora na construcción dos pasos de peón elevados que se

formulaba como unha das posibles solucións con motivo dun grave accidente que rexistrou un

morto. Tamén precisa según o Sr. Rivera dunha intervención o cruce do Ramal, reordenando a

circulación na rotonda existente evitando que o tráfico pesado teña que invadir a beirarrúa

precisamente enfronte do edificio da Concha co que se pon en perigo a vida das persoas e

cousas. E certo que urxe estudiar e solucionar outros puntos tamén que requiren solucións

inmediatas.

A resposta da Alcaldía foi sempre o silencio, dito co maior respecto, cremos que falta vontade

política para aplicar solucións convincentes e non lamentacións e parches, de nada serven as

promesas e o silencio, son necesarias decisións contundentes. Con sinceridade Sra.

Alcaldesa, a súa pasividade non se entende.

Tampouco é suficiente que se espere o Plan de Accesibilidade e Mobilidade por que non é

inmediato e a situación actual non admite demoras, por eso a parte dispositiva da Moción,

propón como ben lía a Sra. Secretaria, que se estudien e se apliquen medidas urxentes para

paliar o perigo existente para as persoas en canto á circulación de vehículos no municipio, e

que se axilice a redacción do PLAN DE MOBILIDADE E ACCESIBILIDADE.

Son dúas cousas primeiro unhas medidas urxentes e apremiantes e outras a medio prazo que

esperan que se axilicen que son o Plan de Mobilidade e Accesibilidade que apoiaron no seu

dia. Pide o apoio do resto dos grupos da Corporación a esa Moción.

- Pola Sra. Alcaldesa cedese a palabra ao Sr. Castro Ratón quen di que desde a posición do

Goberno hai que diferenciar a parte que se utiliza para un descurso político e o que son as

propostas, están de acordo en compartilas. A primeira precisa matizar o procedento, é dicir,

que en consenso con todos os Grupos Municipais se estuden e se apliquen, nos queremos

que sexa a participación dos Grupos Municipais e a asesoría dos técnicos que sexa necesario.

Ver enriba da mesa propostas concretas, avalialas técnicamente e despois tirar para diante,

por que evidentemente aquí falta o matiz do procedemento, no resto, insiste, sen compartir o

discurso político, por que evidentemente hai aspectos que non poden compartir como é a

crítica á Alcaldía.

Page 29: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

No acordo comparten a moción con esa matización, os grupos comprometemonos a poñer

propostas enriba da mesa, avalialas técnicamente co auxilio das persoas necesarias e despois

executar as medidas consensuadas.

- A Sra. Alcaldesa cede a palabra ao Sr. Fajardo Recouso, dicindo que eles queren ser xustos

na súa intervención e por eso comezarán dicindo que non lle parece ben que se acuse á

Alcaldía dunhas cuestións tan perigosas como esas, no sentido de que cren que calquera que

fose o Alcalde dos 21 que estabamos aquí, en algúns casos poucas responsabilidades terían.

Dito eso di que cre que hai que facer cousas e que non chega con dicir con imos empezar a

traballar e poñer propostas, ai a determinación e a posición de cada grupo de como se ten

que configurar Vilagarcía e fundamental, pero tamén este grupo está bastante caso de que

alguén diga hai que reunirse para buscar solucións e despois non aporta ningunha solución

nas reunións. Por exemplo un grupo que leva meses co tema das costas do exercicio non sei

que pero que xa facía o mesmo no 96, xa usaba ese argumento entón, polo tanto nos

queremos dicir claramente que non chega dicir que hai que facer algo se non dicir como, e

nese sentido cremos que é unha situación difícil e complexa que hai que abordar xa, primeiro

dende o punto de vista do control, non se poden estar desperdiciando recursos da policía

local para controlar a hora, cando en Vilagarcía existen auténticos circuítos de carreiras de

velocidade que todos coñecemos e que parece que ninguén se decatou desa situación e

todos sabemos que existe e o vivimos en momentos puntuais, e non custaría nada identificar e

controlar ese tipo de actividades que se están dando con normalidade, hai circuítos para

coches e para motos, son coñecidos, e eso e veraz, evidentemente tamén pasa por un modelo

social que está como está. Insistimos que hai que tomar decisións urxentes no sentido do

control e de reforzar ese control dunha forma coordinada, pero tamén hai que tomar medidas

que se poden facer canto antes ó respecto de dificultar esas velocidades, hai multitude de

medios técnicos para facelo e non vai a ser este grupo quen decida cal e o mais axeitado,

deberá ser un técnico quen decida.

Pero si que debe ser necesario que se adopten canto antes, non pode ser que en Vilagarcía se

facilite, por exemplo o tránsito ós vehículos dificultando ós peóns, como é no acceso a

Vilaxoan por beiramar. Non pode ser que siga tendo sitios absolutamente negros como o

tráfico de peóns, houbo 34 atropelos no que vai de ano, sigue habendo sitios no que non hai

beirarrúas e se sitúa transitando por moita xente sen reunir as condicións, e ten que estar no

día a día da actividade política, evidentemente os responsables quen configurou unha cidade á

marxe do peón, quen configurou unha cidade colapsada de tráfico en moitos casos,

permitindo por exemplo que unha soa arteria de circulación como é Rosalía de Castro estea

colapsada de edificios e veciños para vivir alí, insiste son necesarias medidas xa de control e

de dificultar a velocidade de tránsito, pero tamén son necesarias medidas a longo prazo, que

permitan facer difícil Vilagarcía para o tránsito de vehículos, hai que empezar a facer unha

política que permita que non haxa outro remedio que ir a modo, hai que empezar a facer

políticas que eliminen un montón de vehículos circulantes á busca de aparcamento, que é

unha das problemáticas deste Concello, e para eso por exemplo deberíamos xa formular que

o aparcamento privado de Fexdega sexa público, por que a metade dos días estea inutilizado,

por que é necesario e imprescindible para o noso Concello. Pero tamén hai que continuar nesa

política que dende algúns funcionarios de fai de concienciación e educación, que e poñer

alternativas, de continuar co transporte público eficaz para as noites de movida, sen

criminalizar á xuventude, por que as cifras din que algúns foron coa xuventude, pero unha

parte importante non o foi. Pero insisto que é necesario agora mesmo, antes de todo o que ten

que ver con infraestructuras, pasos de peóns elevados, etc., con dotación de beirarrúas que

Page 30: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

permitan non baixarse da beirarrúa cando te cruzas con alguén. Tamén hai que incrementar o

control e teremos que mirar en que utilizamos á Policía Local, temos que vixiar que non se

aparquen trailers na Avda. de Pontevedra, por que dificultan a visibilidade, e dificultan en

moitos casos a peóns, a ciclistas, e son cuestións que haberá que controlar, non podemos

permitir que aparquen de forma habitual e case perpetua no entorno do Porto, e necesario

facer todo eso xa, pero tamén é necesario facer un debate de como queremos que Vilagarcía

conviva co tráfico, e tamén é necesario que os Plans de Tráfico sirvan para algo e non como o

último que provocou mais problemas, os plans de tráfico non poden ir en contra do sentido

común, todos sabemos o que pasa en Praza Galicia cos pasos de peóns, as cuestións

psicolóxicas hai que telas en conta, non se pode ir en contra do que pide a xente a ese

respecto, aí provócanse situacións de perigosidade, hai que tomar as decisións consensuadas

e non obrigar aos funcionarios a facer un plan de tráfico en tempo recor. Nese sentido a

cidade ten un problema que no inmediato temos que por control sobre él, que é necesario

identificar os puntos de risco para que haxa vixilancia continua e que polo menos sexamos

capaces de que no tempo que nos leve tomar medidas definitivas, sexamos capaces de

adoptar medidas que escorrenten aos camicaces e aos tolos do volante, e nese sentido EU-IU

está disposto a reunirse as veces que fagan falta para poñer enriba da mesa propostas

concretas, que deben ser debatidas, consensuadas e sobre todo valoradas por equipos

técnicos que hai en todo o estado con capacidade para facer ese estudio, pero agora mesmo

o primordial e control, eliminación de trailers aparcados, incluso en pasos de peóns, pasos de

peóns que non teñen razón de ser e pasos elevados, eso hai que facelo xa e despois nun Plan

Xeral teremos que decidir o que quere ser Vilagarcía, se queremos convivir como ata o de

agora cos vehículos ou queremos dificultar a circulación do tráfico rodado, non pode ser que

Vilagarcía poñamos unha zona para que se poida circular a mais, ten que ser imposible

circular a mais.

- A Sra. Alcaldesa cede a palabra ao Sr. Fole Díaz, comeza dicindo que compartindo moito do

que di o Sr. Fajardo, non compartindo moito do que di o Sr. Castro RAtón, que ven en defensa

da Alcaldesa como é a súa obriga pero o silencio podese interpretar de varios xeitos, pode ser

que non haxa silencio para unhas declaracións nos medios de comunicación, para

comunicación en comisións informativas, xuntas de voceiros ou plenos, sexa por posta en

marcha de medidas, eso tamén pode interpretarse como non estar en silencio. Hai un

problema, ao dia seguinte xurden ideas a trompicóns, e ao fin non se fai nada, eso é silencio,

se se fixera algo, aínda que non saíra na prensa. É un asunto que se está desbordando en

Vilagarcía, non sei se seaben que hoxe houbo outro atropelo diante do Instituto Castro Alobre.

- Intervén a Sra. Alcaldesa para dicir que ese atropelo produciuse nun paso de peóns regulado

por semáforo, nese caso existía unha regulación para poder transitar.

- Di o Sr. Fole que o semáforo estaba intermitente, di que non lle está a botar a culpa pero hai

que tomar medidas, o que non se pode facer e que despois, sexa cunha repercusión mais ou

menos grave, pero xa levamos alguns casos graves de perder a vida persoas, e ó día seguinte

dicimos que imos a peatonalizar, poñer pasos elevados, etc., e despois non se fai nada, por

que vai paralelo co Plan de Accesibilidade e de Mobilidade, que se expuxo no Pleno pasado

polo Sr. Abuin, que din que vai ao seu ritmo, e non se pode esperar a que se poñan en marcha

esas cousas, porque se están desbordando Sr. Abuín, entón non queremos ser incoherentes

co que levamos facendo dende hai moito tempo. Nos no anterior mandato fomos quen de

solicitar a comparecencia do Sr. Concelleiro de Tráfico, a iniciativa nosa, é onde se ve moitas

veces a xestión real do que pasa. Naquel comprometerase que en quince días, se non recordo

Page 31: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

mal, fora preto do verán, que ía a facer un Plan, xa da eso imaxe da seriedade. O cabo de

meses apareceu cunha folla, cun folio, con dez medidas, non sabemos aínda inventadas por

quen, das que puxeron en práctica tres. Dixemos posteriormente e demos moita importancia ó

Plan de Tráfico e á seguridade na circulación vial e agora non debemos a ser incoherentes e

falo polo noso grupo, sen coñecementos profesionais, en ese tema a empezar a dar solucións.

Agora ben o momento tamén marca, antes non pasaba tanto como agora, entón aínda que

sexan medidas a corto prazo algunhas son de fácil solución, outras haberá que formulalas de

forma mais madurada, con persoal axeitado e competente, por eso aproveito e anúnciolle ao

Sr. Rivera Mallo que imos a intentar tamén suxerir un par de cousas para se ten a ben

admitilas na Moción, como son:

No punto 1, aínda que xa outro voceiro dixo que debería ampliarse ao corpo técnico, non sei

se inclúe á Policía Local, eu entendo que si, que debería ser un referente imprescindible.

No punto 2 definímonos a forzas económicas e sociais pero hai moitos colectivos na que ten

grande repercusión a seguridade, o tráfico, o sentido de circulación como son as ambulancias,

protección civil, os taxis, os autobuses, os bombeiros, as empresas de reparto, que ten moita

incidencia este tipo de medidas e creo que se debe contar con estes colectivos. Nos xa o

fixemos fai tempo, cando fixemos a solicitude da comparecencia, pero dicimos e insistimos

hai que tomar xa medidas, o silencio non vale, e denunciamos que por parte do Goberno hai

silencio, por que non hai medidas, e despois de moitos dos accidentes que pasaron, moitos

deles graves, anunciáronse moitas e non se realizaron. Non se fixo por que se está elaborando

ese Plan de Trafico ou por que realmente non se está facendo nada. E volvemos ó diálogo e

consenso, como non sabemos nada, por eso as inquedanzas, entón nós imos apoiar esa

Moción con esa pequena rectificación se ten a ben aceptala o grupo que a propón, pero

tamén queremos denunciar que debían adoptarse medidas serias, por que se fala de

seguridade pero o que se fixo e refixo na Rotonda do Pousadoiro ten delito, en principio ía a

ser parece que medidas definitivas, sengundo dícían, o noso grupo dixo que había que tomar

medidas, formulouno a través dunha moción e modificaronse as rotondas, no momento en

que se di que son definitivas agora pintan de amarelo onde recoñecese con eso que é

provisional e preguntamos se se van a volver a modificar, algo terá que dicir o Goberno Local,

non estamos ordenando o territorio tamén, penso que algo se tería que facer, insisto en que

hai moitas cousas en que dende o Goberno ou a Corporación enteira podese actuar xa, como

dicía o voceiro de EU-IU, aparcamentos, sitios conflictivos, ao mellor hai que buscar

alternativas á saída dos centros escolares, estamos a falar que se van incrementando,

aumentando, cambiando, os servicios e as infraestructuras de diversas calles, e sin embargo a

circulación segue sendo igual, cada vez hai mais xente circulando pero non se ten en conta e

despois pasa o que pasa, eso podemos velo nos, insistimos outras cousas terán que ser

profesionais os que veñan, por que Vilagarcía agora o necesita.

- Intervén a Sra. Alcaldesa, non por alusións persoais, pero é consciente de que entra dentro o

tema do tráfico e a seguridade vial, dentro da súa competencia, quere transmitir dende o

Grupo de Goberno que realmente aínda que o Sr. Rivera Mallo con educación, como sempre,

di que hai silencio por parte da Alcaldía, pode existir ese silencio en canto á resposta a través

de escritos pero existen actuacións desde este Goberno, por que existe realmente

preocupación, polo atropelo, por exemplo desta mañá, Vilagarcía é unha cidade con tráfico,

eso no podemos evitar, non o podemos evitar. Dende logo aposta, con independencia das

medidas puntuais que se poidan adoptar e de feito realmente están a adoptar, hai que adoptar

medidas e estan a adoptar medidas puntuais pero tamén é certo que como así apuntaban

distintos voceiros vaise a ter ese estudio de Mobilidade, como xa explicaba o voceiro do

Page 32: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

PSOE Sr. Abuin noutras comparecencias, por suposto consensuado e compartido, non só

polos grupos municipais se non por todos os ámbitos sociais e económicos deste Municipio.

Quere anunciar que na última Xunta de Goberno Local aprobouse a contratación de pasos

elevados que se iniciarán no prazo mais breve posible, de pasos elevados de peóns nos

puntos mais conflictivos que se teñen neste momento, que como cidadana coñece ben eses

puntos negros que existen. Dicir que hai controis. Todas as melloras que se están a facer son

susceptibles de ampliar por suposto e agradece a colaboración por parte de todos, e volve a

repetir que é coñecedora de todos estes puntos, que se están a adoptar medidas, que existe

colaboración cronolóxica de tempo en tempo por parte da Dirección de Tráfico de Pontevedra,

anuncia tamén que tén mañá unha reunión en Pontevedra xunto coa Dirección Provincial de

Tráfico, Subdelegado de Goberno e responsables de Fomento, en concreto nunha estrada

onde se están a producir e produciron atropelos por que non se cumpren os límites de

velocidade e adiantamentos, xa se pediu por escrito pero cre que se pode conseguir mais

pasos de peóns na recta de Rubians, perigosa para todos e ó mesmo tempo regulada por

semáforos e tamén pretende conseguir mañá un radar para controlar ademais da

concienciación por parte dos cidadáns, de que se cumpra coa sinalización de velocidade, hai

que poñer mais indicacións, mais controis para que esas velocidades se respecten e non se

estean a producir estes atropelos desgraciados que persoalmente tamén lle preocupan, de

todos os xeitos agradece tamén estes consellos que da o Sr. Fajardo, hai unha Policía Local

que está funcionando como debe, pero tamén se poden atender eses puntos mais

conflictivos, que estean mais vixiados, non só pola Policía Local, e pola Policía Nacional e

tamén por controis regulares que hai por parte da Dirección Provincial de Tráfico, co coche

que prestan, e sinalar como dicía o voceiro Sr. Castro Ratón estase desde este Goberno, Sr.

Rivera a apoiar esta moción.

- O Sr. Rivera Mallo agradece a súa información das xestións que están a realizar, descoñece

os últimos acordos da Xunta de Goberno pois non recibiu a acta, pero en todo caso falaba de

silencio pola preocupación que existe entre todos os vilagarcíans e a alarma pola situación do

tráfico, non obstante se se levan a cabo estas xestións, recoñece que o silencio está de

algunha maneira resolto, no sentido de que se van a buscar solucións.

En canto á intervención do Sr. Fole, dicir que si que a Policía Local é a que está con todos os

problemas de tra´fico que hai en Vilagarcía, hai que contar con ela, é mais nas notas que ten

figura eso, por tanto si se admite. En canto a colectivos, cantos mais asesoramentos mellor,

non se trata de buscar ningunha disculpa política nin de ter protagonismo político se non de

resolver un dos problemas mais graves cos que se enfronta neste momento Vilagarcía, polo

tanto a emenda de PP está admitida pola súa parte.

En canto a intervención do Sr. Castro Ratón dicir tamén que celebra que a grandes rasgos

todos compartan o seu criterio, que se reflicten na moción, cada un coa súa opinión pero

todos pensan o mesmo en canto ás medidas inmediatas e a medio prazo para resolver

definitivamente este problema. Dicirlle que é crítico por que hai unha situación moi grave,

nunca mais lonxe da súa intención que culpar á Sra. Alcaldesa nin a ninguén persoalmente

dos sinistro, nunca foi a súa intención, e sabeo a Sra. Alcaldesa.

En canto a medidas, dicir 1º reunir a todos os Grupos Políticos, por suposto co asesoramento

da Policía Local e dos Técnicos Municipais e con todos os asesoramentos que sexan posibles.

Xa se fixaron criterios en puntos determinados, como na Avda. da Mariña, na que se segue

circulando a moita velociade. Tampouco se colocaron os pasos de cebra elevados na calzada,

Page 33: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

que se dixera cando foi o accidente mortal. Tamén falan do cruce do Ramal que hai que

reordenar a circulación e tamén a rotonda existente para que o tráfico e sobre todo o pesado

non teña que subir á beirarrúa, como xa dixeron. Que hai mais puntos, pois dicirlle que hai

moitos mais, pero hai que estudiar punto por punto, pero hai que controlar a velocidade dos

vehículos, hai que dotar de pasos elevados nas zonas que se consideren necesarios. Exigir á

Administración unha solución á Avda. de Rubians, que xa se están facendo xestións. En canto

ós estacionamentos, é un dos grandes problemas de Vilagarcía, por que non se pode olvidar

que en Vilagarcía están rodando vehículos permanentemente en busca de aparcamentos, cos

conseguintes accidentes, atascos, etc., e tamén hai que mellorar as sinalicacións.

Pero xa fai moitos meses cando se presentara aquel Plan de Mellora de Ordenación do

Tráfico, xa se plantearan unha serie de medidas que pasaban por unha nova dirección na Rúa

Alcalde Rey Daviña e nos formulamos que sería unha barbaridade, por que se ía a acumular o

tráfico na Praza de Galicia e polo tanto maior risco de accidentes, falaban tamén do entorno

do centro Comercial, tamén do tráfico procedente do exterior para evitar que chegue ó centro

da cidade, o cruce conflictivo da Praza da Constitución coa Rúa Alcalde Rey Daviña, é unha

saída complicada, etc.

Ao Sr. Fajardo dicirlle que agradece os consellos, non se fai responsable a ninguén, é

responsabilidade de todos e celebra que comparta o seu criterio de urxencia e tamén criterio a

longo prazo, de todas formas indica que están abertos a suxestións e están dispostos a

aportar os seus puntos de vista e o seu traballo.

- A Sra. Alcaldesa agradece a colaboración de todos nun tema que preocupa tanto, e reitera

as medidas xa iniciadas e pendentes de realizar.

Non habendo mais intervencións sometese a votación pola Sra. Alcaldesa dando o seguinte

resultado:

VOTACIÓN.- Con vinte e un votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos

municipais do P.S. de G-PSOE (7), BNG (3), PP (7), EU-IU (3) e IVIL (1), dos vinte e un que

conforman o Pleno,

ACÓRDASE: Aprobar por unanimidade a moción presentada polo Voceiro do Grupo Municipal

de IVIL coa emenda presentada polo Grupo Municipal do PP.

9.- MOCIÓN DO GRUPO POLÍTICO MUNICIPAL DE EU-IU SOBRE "MEDIDAS ALTERNATIVAS ANTE A CRISE CAPITALISTA"..- Pola Sra. Secretaria dáse lectura ó

dictame emitido pola Comisión Informativa de Igualdade, Benestar e Promoción da calidade

de vida, en sesión celebrada o día 28 de outubro de 2008, do seguinte teor:

“Dáse conta da moción do Grupo municipal de UE-IU, presentada en data 24 de outubro de 2008, do teor literal seguinte: “Fai meses que algunhas organizacións políticas anunciabamos a endebleza do modelo de crecemento do sistema capitalista, que intuía o inicio do que hoxe é unha realidade unha profunda crise que afoga a clase traballadora. Esta crise está a masacrar os de sempre as economías familiares, os pequenos empresarios, e a clase obreira, machacados pola carestía da vivenda, a usura das hipotecas bancarias, o

Page 34: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

incremento desproporcionado da cesta da compra e dos carburantes, sen que os estados e gobernos utilicen os resortes necesarios para reverter estas inxustas situacións. Xunto cando o estado inxecta miles de millóns de euros no sistema financeiro, as familias continúan pagando hipotecas en base a un Euribor abusivo, que non reflexa unha realidade actual, se o Euribor reflicte o prezo do diñeiro que se prestan os bancos, no sentido en que este novo diñeiro e de todos, o estado debe erradicar este índice obrigando a utilizar un índice “político” similar o índice en que o Estado presta o diñeiro os Bancos. Unha vez máis anunciase recortes nas trasferencias sociais os concellos, os recortes no gasto público, a famosa receita de apretarse o cinturón, pero a receita que se está a cociñar e a de sempre, “Conxelación salarial”, “abaratamento do despido”, “recorte das pensións”... Pero dende EU-IU preguntámonos onde están os inxentes beneficios, miles e miles de millóns de euros, que gañaron as inmobiliaras e as constructoras, os bancos, as eléctricas, as petroleiras, as grandes corporacións industriais durante a última década, sen apenas restriccións, a maior gloria do sacrosanto capital e o libre mercado, ese mesmo que agora quere “suspender” o presidente da patronal, cando a intervención estatal era unha herexía. Onde está todo ese diñeiro, comp para que agora cios nosos impostos volten a inxectar diñeiro de todos os responsables da actual situación. Por iso ante esta situación de crise, en vez de utilizar os catros de todos para garantizar os márxenes de negocio dos banqueiros e os seus multimillonarios salarios, deberán utilizarse para outras cousas, en lugar de conxelación salarial reducción e control drástica dos beneficios daqueles que tanto teñen ordeñando a clase obreira durante estes anos, ata deixala nos osos. Ese excedente que o recupere o estado para devolver poder adquisitivo os salarios, para axudas as pequenas empresas, para as políticas sociais, para as pensión, para as coberturas de desemprego, porque seguimos demorando a creación de impostos que graven as transferencias de capital, que graven as grandes fortunas, os superbeneficios, porque non poñemos límite os bonos e salarios dos propietarios dos bancos. Porque non recuperar as empresas estatais que lle foron regaladas os amigos do poderosos, en definitiva porque non evitar que a crise a pagemos os de sempre, a clase obreira. Todas as consecuencias da crise capitalista, teñen demostrado que o sistema capitalista é débil que está fundamento en falsas realidades que cando se tambalea os máis prexudicados son os que sofren a eventualidade a explotación laboral y que tódalas medidas que se toman desde o goberno están encamiñada a recuperación e beneficio de quenes dominan no sistema capitalista, co único obxectivo de continuar garantindo o seu enriquecemento. Esta crise esta a azotar a milleiros de familias en Vilagarcía, que viven afogadas polas hipotecas a incerteza laboral, que sofren os prexuízos dun adelgazamento do estado, das agresións de que en nome da bonanza económica se fixeron o medioambiente, que miran como a corrupción e a especulación teñen conlevado a concentración da riqueza do noso concello. Vilagarcía foi exemplo dun modelo de crecemento especulativo que non creou mías que emprego temporal e de baixa calidade, sen valor engadido, incrementando a diferencia de clases nos concellos. Por iso esta comarca necesita un cambio de modelo, outro modelo productivo, un modelo sostible que permita o reparto da riqueza que o noso entorno e capaz de xerar, onde a clase traballadora sexa a protagonista do cambio. Por iso esta comarca necesita un cambio de modelo, outro modelo productivo, un modelo sostible que permita o reparto da riqueza que o noso entorno e capaz de xerar, onde a clase traballadora sexa a protagonista do cambio. Por todo o anteriormente exposto, proponse o Pleno do Concello a adopción do seguinte ACORDO:

Page 35: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

1. O Concello de Vilagarcía esixe o goberno do Estado, que adopte medidas alternativas contra a crise, no senso do control dos beneficios e salarios dos grandes directivos das empresas rescatadas. O Concello de Vilagarcía esixe tamén o goberno do estado que inicie o proceso político necesario para modificar o sistema hipotecario baseado no Euribor, acercando este índice o índice que recoñece o prezo en que o Estado e os Bancos Centrais Europeos lle prestan diñeiro o sistema. intervén O Sr. Fajardo para salientar que cree que o contido da moción é ben coñecido por tódolos compañeiros e que polo tanto non precisa de máis explicación, salvo que algún dos presentes desexe plantexar algo. Non habendo máis intervencións, procédese á votación, que da o seguinte resultado: VOTACIÓN: As/ os representantes do grupo político municipal EU-IU, informan favorablemente. As/ os representantes dos grupos políticos municipais de doe P.P, IVIL, BNG e P.S. de G-PSOE, din que se pronunciarán no Pleno e polo tanto abstéñense. En consecuencia, e por maioría, infórmase favorablemente a Moción do grupo político municipal de EU-IU sobre “Medidas alternativas ante a crise capitalista”.

- Pola Sra. Alcaldesa cédese a palabra ao S. Fajardo Recouso, voceiro do Grupo de EU-IU,

promotores da moción.

- O Sr. Fajardo Recouso comeza dicindo que o seu grupo cría necesario e prioritario que estas

cuestións se debatan no órgano que debe ser a expresión das vontades de aqueles que

depositaron os votos nos que están representados hoxe aqui e para que tamén se recollan

cuestións que este sistema manipulado mediaticamente non é capaz de facer chegar á

cidadanía e pon enriba da mesa que o que queda claro é que o actual sistema capitalista

depredador dos recursos naturais, pero tamén das persoas é un sistema onde as institucións

e os gobernos utilizan a vontade da xente para despois garantir sempre os beneficios e o

benestar da clase poderosa que non son outros que as bancas, as multinacionais e os

burgueses de antano. Nese sentido queren por enriba da mesa unha cuestión que cree que se

pode entender perfectamente. Como pode ser que un estado que nos dicía que non había

cartos para o fondo das pensións, que di que hai que conter o gasto social por que hai que ir a

déficit 0 e polo tanto non se pode continuar gastando en melloras e servizos sociais, sanidade,

educación, seguro desemprego, agora ante unha crise provocada polos capitalistas, polos

banqueiros, acuda co diñeiro de todos a regalar diñeiro de todos a os mesmos ladróns que lle

roubaron o diñeiro dos petos a todos os traballadores, agora xa non poderán dicir que non hai

diñeiro ou so aparece cando é necesario garantir os marxes de negocio da banca e das

multinacionais.

Todos sabemos cando se dicia que o Estado era incapaz de xerar diñeiro para por exemplo o

Fogasa, dicían que non había diñeiro, pero no momento en que os que realmente dominan o

sistema, que non son os Parlamentos nin os cidadáns co seu voto se non os que manexan o

mundo económico, din que necesitan diñeiro para solucionar os seus problemas e aí vai o

diñeiro de todos para que sigan garantíndolle benestar. Formulan unha cuestión clara, por que

non existe diñeiro para dicir, se vostedes están recibindo diñeiro a 1,2% de interese, como se

lles consiste que sigan cobrando o 5 e pico por cento aos veciños e veciñas, nas hipotecas.,

son entidades usureiras e ladroas. E di ladroas, por que o sistema absorbe absolutamente

Page 36: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

todo o salario, canta xente ve o salario que chega ó banco, so un 10% sae do banco, ese

banco que se encarga de que ese salario se quede alí por unha hipoteca, outra parte as

electricas, ás gaseiras, ás multinacionais do petroleo, etc., e polo tanto nós non vemos

practicamente nada dese salario, e eses mismos que xeran o problema agora xa non vale o

sacrosanto mercado, ese mercado que todo ía arreglar, eles din que agora hai que sanear, por

que non sanean a economía dos cidadáns, por que aí non hai cesión de diñeiro, nunha houbo

ningun interese de que se repartan dunha forma xusta os recursos naturais e económicos

deste estado e do conxunto do mundo, e é unha vergoña que cando se recoñece que con 30

mil millóns de dólares se solucionaría a fame do mundo, non existan, para eliminar a fame e as

desigualdades, pero cando eses mesmos que despois celebraron nun hotel onde as

habitacións roldan os 4.000 euros unha noite, cando eses mesmos din que non teñen diñeiro

para seguir xerando beneficios, ese diñeiro que se nega aos necesitados daselle aos

banqueiros.

En eso están todos metidos por igual, absolutamente todos teñen o mesmo recurso, que non

é outro que garantir o negocio a aqueles que nos meteron no problema e cren que é o

momento de empezar a falar que este sistema está caduco por que condea á fame e a miseria

á xente, onde está esa Administración que ten que vir a dar mais servizos sociais e mais

diñeiro para que a xente poida volver a unha situación de benestar, onde está esa

Administración que nega diñeiro ás entidades municipais para xerar servizos sociais propios,

esa mesma administración que nos nega os recursos é a mesma que despois da miles de

millóns de pesetas aos bancos, sen control, por que nin siquera lle din que van a controlar os

seus beneficios e salarios, por que quen controla os beneficios. Os centos de millóns de euros

que se sacaron de beneficios na última década onde están, é o momento de reverter esa

situación, de non darlle un peso mais a os que nos explotaron económicamente, e o momento

para utilizar eses beneficios para a sanidade pública, educación de calidade, non é de recibo

que se regale diñeiro a estes ladróns e se lle neguen pensións á xente ou se poñan prestacóns

para a dependencia de 400 euros para familias coidadoras, non é de recibo.

Nese sentido creen importante que se debata aquí por que en Vilagarcía hai centos de familias

afogadas polas hipotecas, que teñen auténticas dificultades para chegar a fin de mes, e a

situación non se solventa con que se rebaixen os salarios os alcaldes, se abroche o cinto, eso

solucionase revertendo a situación onde os beneficios son para os de sempre e as perdas

para os obreiros. E moito se temen, e nese sentido esa organización vai a dar pasos ó fronte,

en que cando se fala de arreglar o problema, onde están. primeiro dámoslle diñeiro e despois

garantimos que non se reparta onde fai falta, tocarán as pensións, etc. todo o que tería que

chegar á clase traballadora. Ese diñeiro quitano por dúas vías, primeiro directamente da

nómina a través do que se paga polas hipotecas e despois volveno a quitar dos impostos que

pagamos, por que se dan aos de sempre, e a cidadanía debe levantar a voz e dicir que está

farta e cansa de que leven anos dicindo que non hai cartos para nada, só para a banca e as

multinacionais, e nese sentido é necesario que este discurso sexa escoitado pola cidadanía,

para que se poida alzar a voz e non se nos diga que non hai diñeiro para outras cousas, tén

que haber diñeiro, por que se o hai para solucionar o problema ós banqueiros ten que haber

para solucionar o problema do día a día, pero eso arréglase con un modelo social socialista se

non volveremos a estar dentro de uns anos a outra crise, e volveremos a facer o mesmo.

Ainda non veu ningún banqueiro pedindo polas rúas pero cada vez hai mais traballadores que

non chegan a fin de mes.

Page 37: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

- A Sra. Alcaldesa cede a palabra ao Sr. Castro Ratón, que di que dende o Goberno van a

coincidir en salvar a moción, pero non é evidentemente a mellor nin a mais lucida das

presentadas, mais ben o contrario, pero tenden mais e saben diferenciar claramente de

maneira que queren que esta moción, a súa moción saia adiante e nese sentido propón unha

mellora na redacción e en calquera caso entre o título e a proposta final hai un mundo abismal,

ó final o unico que se propón é unha variación no índice hipotecario pero que ademais se

xeralizou de maneira que representando mais do 80% o ámbito hipotecario de carácter

especulativo e privado, sería unha maneira de beneficiar ó capitalismo mais atroz, hai que

poñer un limite que está nas clases traballadores e é o que vai a propoñer. Pero ademais para

evitar ese desliz peligroso nesa coincidencia coa dereita política e económica e social, quere

recordar as palabras de ..... para que teñan presente, primeiro foron os xudios pero como non

ía comigo, despois os comunistas pero non ían comigo pero agora veñen os capitalistas e van

a por min. A proposta e que mantendo a primeira parte do parágrafo, a segunda que se

redactara da seguinte maneira �En beneficio das familias e das persoas de renda baixa e

media� e ese sería o matiz no que hai que limitar, por que a partir de aí non merecen o noso

apoio, � considera necesario que polo Goberno de España se adopten medidas que faciliten a

reducción do custo financeiro que soportan os titulares de operacións hipotecarias

referenciadas ao euribor de xeito que o custo real soportado non supere o indice dos tipos

oficiais do BCE.

- A Sra. Alcaldesa céde a palabra ao Sr. Fajardo Recouso, parecelle ben que diga que non é

acertada para despois apoiala, pero era necesario que este grupo a trouxera para debate, se

non ninguén a traída, Vde. plantea unha cuestión que van aceptar, por que ao fin estan a dicir

o mesmo, pero o que querían poñer enriba da mesa e ese problema, e reiterase no dito

anteriormente, e creen que se o seu grupo non o di non o di ninguén, parece que se asume

este sistema como o menos malo, e garantizan que condea á morte á clase traballadora, por

que con independencia de que económicamente e para os traballadores é un suicidio de

sistema, para o planeta tamén, e querían que se dera este debate, ainda que parece que os

únicos que queren debatir sobre a crise e o seu grupo e aceptarán sen problema o que se

formula, por que o que se di e o mesmo.

- A seguir intervén o S. Fole Díaz, di que é unha interpretación de denota que non ten idea do

que presenta, no acordo e non sabe se despois da moción dos irmandamentos tivo un

irmandamento virtual con Bruselas e agora está aquí no Parlamento Europero ou no Congreso

de Madrid e empezamos aque a debatir cousas que non é o sitio, podese falar do debate, da

crise, e formular medidas, pero non corresponden a este lugar. Non sabe se esto obedece a

unha estratéxia do seu partido de facer eco ó seu único representante en Madrid ou se ben

para botarlle caldo ao partido socialista, indica que o único que fixo intelixentemente de cara o

seu futuro foi non entrar no goberno, por que así elimina as formas de que pasados uns meses

o tiveran que deixar. Insiste que di ou propón unha cousa, di unha serie de argumentos na

parte dispositiva, no acordo pon outra cousa que non ten nada que ver, agora o Sr. Castro

Ratón presenta algo distinto e di que é o mesmo e o aproba, non sabemos o que está

presentando. Pensamos que o Concello de Vilagarcía, o Pleno da Corporación debe ter unha

seriedade nos asuntos que se traen, como se traen e para que se traen e non queremos entrar

a debater cousas que aquí son estériles, que son para facer o seu descurso, para brilar un

pouco mais, por que veu na prensa o último mes ía a haber tres comparecencias e dúas

mocións do PP e decidiu ter protagonismo e inventou mocións e pensamos que o Concello de

Vilagarcía merece un respecto mais aló do seu protagonismo persoal ou de grupo Sr. Fajardo.

E se imos a facer grandes alabanzas a todo o mundo gustaríanos que se acabara a fame no

Page 38: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

mundo, a mendicidade infantil, etc., vemos unha vez mais que hai que traer cousas como

debe ser, e traen unhas cousas que realmente non teñen pes nin cabeza, nin van a solucionar

o problema nin teñen a argumentación necesaria para que se poidan tomar minimamente en

serio, estudala e despois se procede aprobala, que é o mais importante. Insiste non queren ser

negativos, non queren que digan que o PP non quere entrar no debate, pero di unha serie de

cousas na súa exposición que non teñen nada que ver co que trae na moción, pensa que cree

que ve crise capitalista e dí volta ao comunismo, pero eso é irreal, parece mentira que un

home da súa idade estea anclado nese tempo e nesas formas. Por que Botín non ten medo á

crise, tampouco Fidel Castro, ou ten medo á crise, pasa apuros pa chegar a fin de mes, pero

ninguén da súa familia ten problemas e ningún dirixente chino tampouco, e non hai fame alá,

con todos eses millóns de habitantes, pero eso non lle vale como exemplo, temos que escoitar

sempre o mesmo pero os seus máximos expoñentes son os primeiros hipócritas e ladróns e

os que teñen a xente sometida. Voltamos a España, os sindicatos onde están con toda esta

historia, Vde. é sindicalista liberado, onde está o seu sindicato, fixo aquí a primeira

intervención súa que viña a facer un paripé co tema do GAC, vde. é o que fai día tras día con

estas cousas, cos sindicatos, que están tan metidos nesto como calquera dos grandes nomes

que dixo agora, ou empezamos a falar dos fondos de pensión dos sindicatos, e que están

participando os sindicatos nesas empresas, como xoga co descoñecemento da xente dálle

igual, pero hai que ser coherentes, e cando queira abrimos ese debate, pero que se poida falar

de todo. Non ten nada que ven o que dixo co que propón co que propón o Sr. Castro Ratón,

gustaríame que se aclarara co que quere facer con esta moción, fai un mes este grupo

formulou unha moción para mitigar a crise a nivel local e votou en contra e agora ben coa

historia do euribor, os bancos centrais, etc., sen saber do que fala, pois nós para ser

concretos non queremos que se sigan facendo estas cousas na Corporación de Vilagarcía e

que se traian cousas que realmente afecten a todo o mundo e que teñan sentido municipal, se

quere substituír a LLamazares preséntese noutro lado e ao mellor ten mais futuro, nese

aspecto non vai a contar co apoio do PP para cousas que son para o seu lucimento persoal.

- A Sra. Alcaldesa cede a palabra ao Sr. Rivera Mallo, dicir que se contradí un pouco a

intervención do Sr. Fajardo co título da moción, alternativas ante a crise capitalista, cando

despois di que os capitalistas non teñen problemas, se non sobre todo quen ten as economías

mais modestas. Esto non cabe dúbida de que hai partes na moción que son asumibles, hai

conceptos que se podían compartir, outros dende logo non, entenden que o Concello non

pode esixir o control de determinados beneficios, non se poden esixir por que de algunha

forma o Estado de Dereito debe ter recursos suficientes para investigalo e para regularizar

todas as situacións que poidan producirse. En canto ás hipotecas, efectivamente a maioría

das persoas con economías mais modestas están afectadas por hipotecas, non cabe dúbida,

e todo o que sexa reducir a carga financeira das hipotecas sería positivo, pero en todo caso

creen que é algo que se escapa da esfera Municipal, ainda que compartan algunhas cousas,

as hipotecas son mais caras, etc., nese sentido o Goberno, debe incidir, non corresponde ó

Concello esixilo.

- Sr. Fajardo REcouso, di que entende a seriedade das contestacións nun sentido, pero hai

determinados grupos que non están interesados en que se discutan estas cuestións, por que

como en Vilagarcía non hai familias hipotecadas da igual, e utilizamos o sacrosanto silencio de

que aquí non toca discutir, por que non Concello non se toma a decisión, a Xunta non ten

competencia, no Estado tampouco porque toca decidir á Unión Europea e alí tampouco por

que o decide o Fondo Monetario Internacional. Ao final as decisións que afectan ás familias

decídense en cenits de poder que están fora de todo control democrático, e claro aos que

Page 39: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

coas súas posicións políticas e ideolóxicas defenden que todo continúe igual non lles gusta

que se debatan estas cuestións e intentan descalificar as ideas, eso para nos é algo

retrógrado, por que é necesario debatir as cuestións, e non podemos compartir que a única

solución posible sexa a adoptada, de dar diñeiro de todos aos de sempre, e ao final como

cremos na participación entenden que onde está a cidadanía é onde hai que discutir para que

chegue a quen tén que tomar as decisións, aínda que as decisións finais non son

democráticas, por que a propia Unión Europea non é democrática, nin o Banco Central, e

entón por eso algunha xente non ten intención de que se discuta e usa a demagoxia e o tema

persoal, esa é a dictadura do silencio, e o primeiro do paso da dictadura da ilegalización dos

que non pensan como eles, esa é a realidade que se expresa hoxe, e claro os que están

decididamente da man dos que queren continuar utilizando a inmensa maioría dos

traballadores para que eso siga así é normal que fagan ese tipo de defensas, por que aquí

nunca toca como cando foi da Guerra de Irak e tampouco tocaba, e o final defenden unha

cidadanía como velliñas que ten que dicir a todo o que se di nos cenáculos de poder, que son

os que nos meten na cabeza que eso que se di desde os grandes bancos é o unico posible e

nós negamonos a esa posibilidade, somos poucos pero xa fomos menos e xa seremos mais, e

gustaríame que aquel que acusa aos demais de non ter as cousas preparadas, lea un pouco

de ideoloxias e que saiba distinguir o que é o sistema en Cuba do que pon o ABC, por que

non ten idea do que é e significan organizacións como EU onde non ten a ideoloxia onde non

manda o que está ó frente, pero eso no PP non é así, por que a súa unica ideoloxía e o

beneficio privado e persoal, insiste cree necesario que se discuta, agradece que haxa outras

organizacións políticas que así o entendan e reafirmase no dito do banqueiros, etc., que son

unha panda de ladróns que rouban á clase obreira e o mantén e o repetirá donde dexa

necesario.

Pola Sra. Alcaldesa sométese a votación dando o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con trece votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos

municipais do P.S. de G-PSOE (7), BNG (3) e IU (3) e oito abstencións, pertencentes ós

membros dos grupos políticos municipais do P.P. (7) e de IVIL (1), dos vinte e un que

conforman o Pleno,

ACÓRDASE: Aprobar por maioría a Moción presentada polo Grupo Municipal de EU-IU sobre

"Medidas Alternativas Ante A Crise Capitalista", coa emenda do Grupo Municipal do BNG.

10. MOCIÓN DO GRUPO POLÍTICO MUNICIPAL DE EU-IU TITULADA "SOLIDARIEDADE DO CABO GAGO".- Pola Sra. Secretaria dáse lectura ó dictame emitido pola Comisión

Informativa de Igualdade, Benestar e Promoción da Calidade de Vida, en sesión celebrada o

día 28 de outubro de 2008, do seguinte teor:

“Dáse conta da moción do Grupo municipal de UE-IU, presentada en data 24 de outubro de 2008, do teor literal seguinte: O 19 de Decembro do 2005 a explosión dunha caldeira na fragata Extremadura tivo como consecuencia a morte de dous tripulantes. Durante o acendido das caldeiras da fragata tiveron lugar graves anomalías que facían previsible o accidente. En varias ocasión o Cabo Jorge Gago, entre outros alertou dos perigos que estas deficiencias podían supoñer.

Page 40: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

A decidida actuación de Jorge Gago tanto no accidente como na súa posterior belixerancia na defensa da verdade co único obxectivo de aclarar e depurar responsabilidades no accidente que custou a vida os dous militares, con levaron que a armada iniciase un proceso condenatorio contra o cabo, feito que parece un atentado contra as liberdades e os principios que deben rexer un estado que se di democrático. Dende Esta organización non podemos entender que se sancione a un militar por facer declaracións públicas, con independencia de que estas sexan certas e poidan axudar a esclarecer un accidente luctuoso e polo tanto reconfortar as familias e a súa posterior situación, así como axudar a que non se repitan sucesos coma este, de prosperar a sanción, que seguridade temos de que se continúen a producir situacións de elevado risco, e que non sexan denunciadas polo medo as represalias das anquilosadas estructuras militares. Por todo o anteriormente exposto, proponse o Pleno do Concello a adopción do seguinte ACORDO:

1. O Concello de Vilagarcía insta o Ministerio de Defensa a realizar unha investigación seria e rigorosa que permita esclarecer as causas do accidente.

2. O Concello de Vilagarcía insta o Ministerio de Defensa a retirar o expediente aberto o Cabo Jorge Gago Chao.

3. O Concello de Vilagarcía dará traslado desta resolución a familia e o propio Jorge Gago Chao, así como o Concello de Ferrol, O Ministerios de Defensa e Presidente do Goberno.

Intervén o Sr. Fajardo para advertir aos presentes de que en relación con está moción van a introducir unha pequena modificación en Pleno, á vista de dende a data da súa presentación ata o momento actual tense producido un pequeno cambio de circunstancias. Non habendo máis intervencións, procédese á votación, que da o seguinte resultado: VOTACIÓN: As/ os representantes do grupo político municipal EU-IU, informan favorablemente. As/ os representantes dos grupos políticos municipais de doe P.P, IVIL, BNG e P.S. de G-PSOE, din que se pronunciarán no Pleno e polo tanto abstéñense. En consecuencia, e por maioría, infórmase favorablemente a Moción do grupo político municipal de EU-IU titulada “Solidariedade co cabo Gago”.

- A Sra. Alcaldesa cede a palabra ao voceiro do Grupo Municipal de EU-IU, Sr. Fajardo, quen

di que presentan a moción por unha cuestión que é que nun estado democrático non pode

haber partes do Estado que funcionen á marxe da realidade democrática, que se sancione a

un traballador, neste caso a un Cabo por dicir a verdade, por formular publicamente que o

desgraciado accidente que tivo lugar o día 19 de decembro de 2005 e que costou a vida de

dúas persoas nunha fragata en Ferrol se podía ter evitado con maior mantemento e,

evidentemente, se se houberan solucionado os problemas de seguridade que se tiñan

denunciado. Parécelle terrible nun Estado onde se di que hai que combater os accidentes

laborais, que a propia institución como é Defensa, se sancione a alguén por reclamar que no

exercito, na Mariña, se fagan procesos democráticos e transparentes para determinar as

causas dun accidente laboral que custou a vida a dous traballadores, e nese sentido

presentan a moción que basicamente consiste en solidarizarse coa persoa que foi

Page 41: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

expedientada polo Ministerio de Defensa e darlle traslado ó Goberno, ó Ministerio e á propia

familia e militar sancionado, tamén lle parece necesario que aínda que agora mesmo o

Ministerio de Defensa deixara sen efecto a sanción, que esta persoa ía a ser encadeada, deixa

sen efecto, pero pedimos que se retire, por que non é xusta, e queren falar na necesaria

democratización das forzas armadas e tamén para que dunha vez por todas se abra unha

investigación que permita determinar quen foron os responsables e que permita determinar as

causas para que non se volva a repetir, e nese sentido é a moción e esperan o respaldo

unánime.

- Castro Ratón, dicindo que tamén neste tema van a apoiar a iniciativa de EU-IU. En calquera

caso dicir que é a súa decisión o manter ou eliminar o segundo dos apartados, na medida en

que a nota informativa que no seu día se emitiu falaba de arquivar definitivamente o

expediente e o concepto de retirar o expediente ou arquivar definitivamente, da o mesmo,

tanto que se manteña como que se retire o apoio está expresado, e no seu día xa, no marco

do que foi a defensa civil desta persoa estiveron tamén xuntos e van a continuar ata o fin.

Ademais unha vez mais, esto tamén marca a diferencia, saber estar, por que esas pinzas

acaban sendo terriblemente perigosas para quen vai en sentido contrario á lóxica da súa

postura política.

- A Sra. Alcaldesa somete o asunto a votación, dando o seguinte resultado:

VOTACIÓN.- Con trece votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos

municipais do P.S. de G-PSOE (7), BNG (3) e EU-IU (3), oito abstencións, pertencentes ós

membros dos grupos políticos municipais do PP (7) e IVIL (1),

ACÓRDASE: Aprobar por maioría a Moción do Grupo Municipal de EU-IU titulada

�Solidariedade co Cabo Gago�.

11.- COMPARECENCIA DA SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA, DONA Mª DOLORES GARCÍA GIMÉNEZ, CONCELLEIRA RESPONSABLE DA ÁREA DE TRÁFICO, SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIVIL..- Pola Sra. Alcaldesa cedese a palabra ao voceiro do

PP, que foi quen pediu a comparecencia.

O Sr. Fole Díaz comeza dicindo que, con todo o respecto solicitaron a comparecencia e así a

van a facer, e quere aclaralo, pero que o asunto xa ven de atrás e teñen que ser claros e

contundentes, non queren entrar en precedentes, os membros da Corporación saben que

xurdiu a partir da Dirección Xeral de Protección Civil a proposta de eliminar ou reorganizar os

Grumires, co que Vilagarcía quedaba sen eles, polo PP solicitouse Xunta de Voceiros, pleno

extraordinario e debateuse varias veces pero co tempo ven que lonxe de aclarar nada, estase

aumentando a incertidume sobre esto e estase vendo que a solución adoptada polo Grupo de

Goberno, creen non son as adecuadas, como primeira pregunta, quere que a Sra Alcaldesa

explique os datos que se reflexan nun gráfico que amosa, onde aparece as intervencións do

GRUMIR dende xullo de 2005 a setembro de 2008, datos que según di foron obtidos do 112,

nel, aparece unha serie de intervencións e a cifra de como foron evolucionando estas

intervencións, indica como exemplo que no ano 2005 en xullo houbo 239 intervencións e no

2008,o número se reduciu a 28, e o resto dos datos son parecidos.

Exposto o significado do gráfico, pregúntalle á Sra. Alcaldesa, se realmente é consciente do

que está facendo co servizo de emerxencias, di que parece unha pregunta dura pero que

Page 42: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

parece que a rexedora municipal non se está dando conta da inseguridade que está

provocando á cidadanía e á Corporación de Vilagarcía. Dille literalmente �Vde. é a máxima

responsable deste servizo, e a máxima responsable de todas formas, incluso penalmente se

fora o caso�.

Din que plantexan esta cuestión porque dende que se reorganizou polo Goberno Local este

novo servicio de emerxencias, a diario ven como está funcionando, en que se está actuando, a

que están dedicando o seu tempo, que actuacións está facendo..., e xordenlles unha serie de

preguntas.

Preguntan se todos os membros do servizo obrigatorio teñen cursos ou saben realizar unha

reanimación cardiopulmonar, ou se saben utilizar un desfibrilador, ou se todos os membros

teñen o título de transporte sanitario para poder facelo, ou se teñen a formación suficiente

para inmobilizar a un accidentado...Afirma que calquera actuación se pode agravar moito se

non están preparados, e que sendo a Sra. Alcaldesa a responsable máxima, e que despois de

non obter respostas as preguntas que se lle fixeron sobre o que pasou estes meses no Servizo

de Emerxencias, son varias as palabras que lle veñen a mente: desmantelamento,

descoordinación, espionaxe, persecución, conformismo, silencio, despidos improcedentes,

etc..., Dille á rexidora municipal que, todo eso aparece en medios de comunicación e

declaracións súas ao respecto do que sucedía co Servizo de Emerxencias, �contratando, non

contratando�, �falta de previsión�, fala incluso de que foi acusada por un membro do Servizo

de Emerxencias de mentir, e quizais sexa esta a acusación mais grave. Afirma o voceiro do PP

que debemos preocuparnos todos, como parte da Corporación, e que realmente repasando o

día a día coa relación co noso grupo, non quere acusa-la de tal cousa, pero empezan a ter

dúbidas,

Dirixíndose á Sra Alcaldesa fai a seguinte pregunta: �Dixo Vde. nunha entrevista do 21 de

setembro que no momento que a Xunta anunciou a desactivación do Grumir Vde. activou un

servizo para que o Municipio non quedase desasistido. Era so unha entrevista a un medio de

comunicación, ou é un olvido como fai con nos ou realmente unha falta de verdade ou unha

mentira, na Xunta de Voceiros convocada a petición do PP, pediuse unha relación de

compoñentes e quen os dirixia e non soubo contestar, cremos que era por que non existía.No

pleno extraordinario solicitado tampouco dixo quen formaba parte dese grupo nin quen o

dirixía e quedou en entregar un informe que aínda estamos esperando, olvido, falta de

verdade, mentira..., nese mesmo Pleno solicitouselle un informe e aínda estamos esperando

igual que a que de resposta a mais de un centenar de preguntas presentadas por escrito e que

tamén se comprometeu a contestar nun Pleno. ¿Como temos que cualificar esta actuación por

parte do PP?, ¿Olvídase das súas responsabildades?, ¿non toma en serio ao partido que

representa a unha 3ª parte dos vilagarciáns?, non quere cumprir as súas obrigacións como

Alcaldesa, ou sinxelamente teremos que empezar a tomar esas declaracións como certas e

Vde. estanos enganando. O que si é certo e a súa intención de desmantelar o Servizo de

Emerxencias. Non sabemos cal e previsión de futuro respecto ao mesmo. Silenciar a

descoordinación actual, non dicir quén, cómo e qué está facendo.... O seu continuo silencio

levanos a pensar desta maneira e a pedir a comparecencia para que aclarara esto, se non é

así o que estou dicindo gustaríame que de por unha vez hoxe aos grupos da corporación e ó

publico nos respondera a unha serie de preguntas que vai a enunciar unha a unha ou todas

xuntas, pero quedarían mais claras unha a unha.

- Por a Sra Alcaldesa preguntase que número de preguntas van a facer.

- O SR. Fole Díaz di que 17 preguntas, e indica que como xa se pediu por escrito e en varios

Plenos, e que xa se terá asesorada ou terá o informe facilitado polo coordinador, ese informe

Page 43: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

que quedou en dar e no que debe aparecer que actuacións e emerxencias se están

desempeñando polo GRUMIR.

- Pola Sra. Alcaldesa contesta que preferiría que lle fixera as preguntas todas xuntas e que

contestará en bloque.

- Polo Sr. Fole fanse as seguintes preguntas:

¿Por que ese descenso tan alarmante no número de chamadas, no 2005, 239 en xullo no

2008, 28 no mesmo mes.

¿Que tipo de material e vestiario utiliza este novo servizo de emerxencias se a maior parte

pertencían á agrupación de voluntarios?

¿Están cumprindo as normas e leis sobre emerxencias en todas e cada unha das súas

actuacións?.

¿Teñen protocolos de actuación?

¿Quen os elabora e coordina? Gustaríalle que contestara quén é o coordinador ou

responsable, xa que antes non contestou.

¿Cree Vde. que ten esa persoa a experiencia e formación suficiente para ter esa

responsabilidade?

Se os Grumires contratados realizan horario de día ou de funcionario, ¿Cantas persoas están

de garda de tarde ou de noite ou os fins de semana?

¿Onde realizan estas gardas?

¿Cobran horas extras por estas gardas?

¿Quen recibe as chamadas de emerxencia ou como se comunican co resto do persoal?

¿Quen está elaborando o Plan de Emerxencias Municipal?

Unha pregunta importante, sobre todo por que estamos a fin de ano e vai a cambiar a

situación ¿Ten estudiado e calculado o custo que suporía asumir un servizo de emerxencias

municipal con fondos propios e profesional?

¿Ten algun compromiso firme da Xunta de Galicia respecto do mantemento de financiamento

do servizo de emerxencias?

¿En que consiste ese Plan Piloto que lle veu a anunciar a Directora Xeral de Protección Civil?

E por último ¿Cree Vde. que a situación actual de Vilagarcía en emerxencias está como para

implantar experimentos e plans piloto?.

-Eso respecto a emerxencias, logo ten outras preguntas respecto a outro punto.

Page 44: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

- A seguir a Sra. Alcaldesa procede a contestar as preguntas:

Quere comezar a contestar indicando que, non é a súa primeira comparecencia sobre ese

tema, xa que houbo xa varias intervencións en distintos Plenos dende o 2007 falando sobre o

mesmo tema, cree que é un tema xa cansino para a xente, e hai actas de distintos plenos nas

que esto se pode comprobar, aínda que, por suposto o PP está no seu dereito de esixir mais

información. Indica que non vai a aportar mais información que a aportada no seu día nos

distintos Plenos. Fíxose, lembra, un Pleno extraordinario en relación con este tema, sobre a

situación actual de emerxencias.

Sobre a situación actual do servizo de emerxencias indica o seguinte: �dicirlle que neste

Concello nunca fallou o servizo de emerxencias, é ben certo que nun principio estaba atendido

por 15 persoas financiadas pola Xunta, houbo un período mínimo de carencia de prestación de

servizos por parte desas persoas que foi perfectamente asumio ese servizo polo Concello de

Vilagarcía�. Dende a data en que a Xunta financia a estas 15 persoas que son Grumires e tres

estables, esas persoas eran practicamente as mesmas persoas que viñan desempeñando

eses servizos de emerxencias no Concello. O servizo municipal de emerxencias, é unha obriga

que tén o Concello de Vilagarcía por ser un Concello de mais de 20.000 habitantes, cree que

nin antes nin durante, nese mínimo período que non estiveron esas persoas contratadas,

Vilagarcía nunca sufriu a carencia dun servizo de emerxencias. Este servizo séguese a prestar

polas mesmas persoas, con persoas baixo o mando de persoas responsables que coñecen os

protocolos de actuación. Vde. está insinuando, ao recriminarme a min, que estas persoas non

están suficientemente capacitadas, está dubidando de persoas que xa levaban anos

traballando como Grumires, persoas precisamente que foron novamente seleccionadas

cunhas características moi especiais, precisamente o que se buscaba e tamén todos son

coñecedores, todos os concelleiros e sobre todo os voceiros, de que se adquiriu o

compromiso de volver a contratar ás mesmas persoas. Entón que estamos a dicir, que esas

persoas que estaban a traballar antes eran persoas que non estaban preparadas para prestar

determinados servizos como di Vde. agora, que non tiñan preparación para facer a DOC, o

feito de que diminuirán ese número de servizos prestados polo Servizo de Emerxencias non

quere dicir nada e preguntalle ¿Vde. coñece algunha emerxencia que deixara de atenderse no

Concello de Vilagarcía neste último ano?, O servizo de emerxencias nunca fallou e parte do

servizo de emerxencias non son so esta xente que está agora a traballar financiada pola

Xunta, se non mais xente do Concello, esto demostrouse bastante recentemente, que nunha

tarefa de emerxencia colaborou este servizo cos servizos do Concello e dese servizo forman

parte tamén xente como os bombeiros e tamén agrupación de voluntarios de Protección Civil.

Vde. di que é mentira, e que se me acuse de mentireira recordame a unha persoa que agora

non quero dicir quén é, un persoaxe histórico que a base de dicir unha e outra vez as mesmas

mentiras parece que quere dicir que esas mentiras ao final se fagan verdades. Vde. neste

momento está mentindo sobre un servizo de emerxencias que está funcionando

correctamente con protocolos como xa viña funcionando, con xente responsable e en ningún

momento este servizo quedou sen atender, dando por respondidas todas as preguntas que

formulou. E indica que existe compromiso de continuar en todo caso, este Plan Piloto, que

saíu estes días na prensa, non cree que sexa malo que por parte da Xunta se ofreza a

Vilagarcía, por que é unha cidade exemplar, e pode servir de modelo, para que o servizo

municipal poida formular o seu funcionamento, o que non quere dicir que deixe de funcionar

doutra maneira. Estea tranquilo o servizo de emerxencias de Vilagarcía vai a estar sempre e

nunca deixará de funcionar, con financiación ou sen financiación da Xunta, ese custo, esa

partida presupostaria está contemplada dentro dos orzamentos municipais deste Concello.

Page 45: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

- O Sr. Fole Díaz, contesta que cree que ten rolda de réplica ou pregunta se da por pechada a

comparecencia.

- Contesta a Sra. Alcaldesa que non ten nada que dicir mais sobre o tema.

- O Sr. Fole indica que pode facer un segundo tempo de intervención, dicindo que con todo o

respecto que se houbera entregado ese informe que prometeu e que lle pedían con todas esas

preguntas non habería comparecencia, se tanto lle molesta dar explicacións do que pasa, Vde.

contesta o que quere, a maioría destas preguntas non teñen resposta, por que estamos

falando de que hai un orzamento, hai unha axuda da Xunta de Galicia para a o gran esforzo

que é a contratación destes grumires e despois vai a ter que facerse a cargo o Concello, non

estamos falando do presuposto que se está facendo ata o de agora, un custo moi grande por

que van a ter que asumir con fondos propios o custo de todo o servizo de emerxencias, por

eso se fixo esa pregunta expresamente. Non está poñendo en dúbida o traballo desa xente, ó

contrario, o que puxo en dubida o traballo foi Vde., por que se antes facían ese traballo e

agora limpan saneamento, e que ao mellor non o facían ben, por que agora están pintando

casetas, desatascando saneamento, entón ó mellor non están lonxe desa profesionalidade e

intervención que tiñan que facer, e os números serán por algo, ou se cambia o concepto de

emerxencia ou algo pasa, o di esto e o din os medios de comunicación cando onte dicían que

nun incendio que houbo onte pola mañá as 9,20, cando dicían que chamaron ao Servizo de

Emerxencias de Vilagarcía e dicían que o Grumir non saia, non sabemos se estaban noutro

servizo ou o que pasaba, pero é unha dúbida que se presenta aquí e gustaríanos que se

respostara e non puxera palabras na nosa intervención que non se dixeron e gustaría que

contestara ou se non achegue o informe que imaxinan estará mais que rematado que se pediu

fai tres ou catro meses. Aquí Vde. pon cara de boa e di boas palabras e di mañán llo entrego,

pero despois nada, eso non nos chega, con todo os respecto, non chega. Boi boas intencións

e moi boas palabras e despois nada. Entón se tiveramos ese informe esta comparecencia non

tería sentido. Se houbera un informe poderiamos discutilo, poderíamos pedir mais

explicacións, pero non hai nada e despois demandamos o diálogo, entendemos que non,

realmente quedan moitas dúbidas e en ningún momento puxemos en dúbida a actuación do

servizo dos anteriores membros de Grumir que agora están incorporados, pero si, Vde. dixo

que se incorporaron 10 pero hai 15, os outros teñen os títulos necesarios no Servizo de

Emerxencias, por que en algún momento estarán de garda e sería perigosísimo que non

tiveran esa formación, que tiveran eses coñecementos. Se tiña un discurso feito por que xa o

leu e non sabía o que íamos a preguntar, eso non vale, antes de saber o que se ía a preguntar

xa tiña o discurso feito.

- Replica a Sra. Alcaldesa dicindo que da por rematado este debate, que segue poñendo en

dúbida a profesionalidade do servizo de emerxencias municipal, o cal, está formado por

profesionais, e recorda e hai mais de un testemuña, que a estas persoas que volveron a entrar,

que en total son 15, xente co mesmo perfil profesional, volve a incidir, baixaron o número de

incidencias nas emerxencias, pois será, así como tivemos un ano de atropelos, polo menos de

emerxencias graves, é certo, e todas esas emerxencias, diga algunha que non foi atendida, é

un servizo de 24 horas, coordinado dende o 112. Non ve ningún problema, o que ve é un

problema no Sr. Fole que está poñendo en dúbida continuamente a profesionalidade, e indica

que non pon cara nin de boa nin de mala pero considerase a máxima responsable do servizo

de emerxencias e considera que está formada por persoal profesional e por toda esa xente

que está a traballar dende dentro polo Concello e dende fora polos servizos que teñen que

atender como o Grupo de Bombeiros e o grupo de Agrupación de Voluntarios de Agrupación

Page 46: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

Civil. E da por rematado o tema, en todo caso será a cidadanía quen xulgue ao final se o

servizo está a funcionar debidamente.

- Polo SR. Fole di que van a seguir con outro tema, que xa adiantaran á Sra. Alcaldesa,

adiantaran que ían a falar do Plan de Tráfico se ben como se debateu xa a Moción do IVIL non

van a entrar nese debate pero si sobre un tema que e sobre as resolucións da Alcaldía por que

queren falar sobre a política de contratación de persoal.

Todos os vilagarciáns foron testemuñas do xeito de contratación no mandato anterior do

anterior goberno socialista, de feito incluso pouco tempo antes de acabar o mandato foron 40

os novos funcionarios que entraron no Cadro de Persoal Municipal con toda a polémica que

trouxo tanto a selección como o propio sistema e no momento oportuno e electoralmente nas

portas dunhas eleccións municipal, quedou claro que tiña que deixar solventados diferentes

compromisos con algúns colaboradores de moitos anos.

Dicía o Sr. Fajardo que é significativo ver nalguns medios de comunicación fotos de algunhas

asembleas, a coincidencia de cantidade de xente e de caras que non sabemos se estamos

entrando en dependencias municipais ou na casa do Partido Socialista, casualidades danse

moitas, pero son repetidas as xentes que participaron en diferentes candidaturas e citas

electorais que de casualidade pasen estas cousas, pero pensaban que esta herdanza ía

quedar un pouco, un bipartito que antes era tamén unha das partes bastante belixerante,

bastante críticas, que ían quedar atrás, pero lonxe deso vemos con preocupación que se están

facendo contratacións de forma un pouco dubidosa e por eso preguntamos sobre a política de

persoal. Por que din eso, por que len continuamente nas actas da Xunta de Goberno Local,

que hai que explicar a Xunta de Goberno Local a forman só membros do Goberno, e explicao

por que moitas veces a xente da rúa inclúe a todos, en moitas delas vese como

continuamente están contratando traballadores dende as diferentes concellerías, obras,

igualdade, deporte, etc., todas e cada unha delas con informes de Intervención e Secretaría

onde advirten de posibles fraudes de lei. Hoxe mesmo había catro levantamentos de reparo,

non sabemos de se por contratación ou outra cousa, o mes de agosto 7, pero todos os meses

con contratacións con este tipo de informes, entón gustaríalle nesta comparecencia que se

explicara en que consisten estes reparos que pedirán por escrito para ver os expedientes e os

informes de Intervención e Secretaría, as razóns polas que se seguiron contratando a estas

persoas que non saben quen son, os argumentos en que se baseou a Alcaldesa para levantar

estes reparos, sobre todo cando dende os partidos ou sindicatos propios e non moi críticos ao

grupo de goberno ou ao Partido Socialista tamén teñen as dúbidas e críticas e por eso lle

gustaría que lle respondera.

- A Sra. Alcaldesa indica que a política do Goberno Municipal en canto ao persoal, non sabe

se descoñece, estase a elaborar unha relación de postos de traballo para coñecer as

necesidades de este Concello. E ben certo o que di Vde. que ó acabar de entrar se fixera unha

oferta de emprego público pola anterior corporación, pero esa convocatoria, non vai a entrar

en disquisicións, por que Vde. ó mellor non e o mellor exemplo de por parte de quen Vde. está

contratado, non pode vir a dar leccións a ninguén, non como está contratado, laboral, persoal

de alta dirección, asesor, non sabe como está contratado. Cando chegaron ao goberno aínda

que respecta todos os estudios que se poden facer, provén dunha administración, e as

necesidades dunha administración as teñen que ver e valorar o Goberno que está

desempeñando nese momento as súas funcións. Cando entraron consideraban que había

determinados servizos que tiñan carencias, por outro lado había servizos onde tiñan ese

Page 47: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

persoal xa contratado, ese persoal había algúns que por un lado acababan o seu período de

contratación. Vde. Sr. Fole gustaríame velo nunha situación de desempeñar unha tarefa de

goberno, moitas veces a realidade supera a legalidade e Vde. se quere seguir prestando

determinados servizos que esixe a cidadanía nós non tivemos aínda tempo, volve a repetir que

están a elaborar unha relación de postos, e encontráronse coa necesidade de prorrogar por un

lado contratos e por outro lado dar cobertura a determinados traballos que nalgúns casos por

necesidades puntuais e por outro por necesidade de ter que prestar eses servizos necesarios,

víronse obrigados a facer por un lado as prórrogas e por outro lado esas novas contratación,

contratacións que en todo caso terán o seu termino unha vez que estea elaborado esa relación

de postos de traballo. Están aínda que se lles acuse na precariedade do emprego, é interese

da corporación non manter a xente nesa precariedade se non no momento que estea definida

esa relación de postos de traballo, ese organigrama do Concello, dar esa oportunidade á

xente que está a traballar neste momento con carácter temporal, darlle a oportunidade tanto a

eles como a outras persoas, entrar nesas prazas que se consideren que son necesarias dar

cobertura, ese é o espírito do Concello, non están pola precariedade e tamén pregaría que non

se lles acuse de seguir dando entrada a xente, con Vde. di, dun partido en concreto, por que

esa non é a realidade.

- O Sr. Fole Díaz di que lle gustaría que lle contestara a algunha das preguntas, preguntou

concretamente se podía explicar en que consisten os informes de intervención e Secretaría

para indicar que pode incorrer en fraude de lei, pode explicar en que se baseo Vde. para

levantar eses reparos, non contestou ningunha, fixo unha exposición do que quere facer, pero

no contrato que aparece na Xunta de xaneiro 6 meses, en febreiro 3 meses, etc., non lle

preguntou que quería facer na súa política de persoal, xa o traía escrito sen saber o que ía

preguntar, quere que lle explique en que consiste ese informe para que diga que pode

incorrerse en fraude de lei e en que se baseou Vde. para levantar o reparo dese informe, por

que é continuamente, non é puntualmente. Gustaríalle que lle aclarara que significa que por

unha banda está a legalidade e por outra a realidade, non sabe se para cumprir unha realidade

hai que saltarse a legalidade, por que é unha frase que indica que ten bastante indicio de que

o está facendo, non é un mes, un caso, unha XGL, é todo o ano, o mes pasado outros 7, hoxe

preguntei en que consistian as resolucións da Alcaldía dos 4 levantamentos de reparo nas

resolucións de hoxe, que van ao fio do que están facendo, pero non contestou a ningunha das

preguntas, xa tiña outra vez o discurso escrito.

- A Sra. Alcaldesa para dicirlle que non trae nada escrito, pero ao fio das preguntas dille que

non vai a cambiar de discurso nin de resposta, aquí non ven a contestar sobre temas

concretos, para eso están os expedientes, ven a falar dunha decisión que adoptou este

Goberno polas necesidades que ten en manter, non ás persoas, se non cubrir as necesidades

que hai que prestar aos cidadáns e por outra banda seguir atendendo esas necesidades, e

volve a repetir a realidade hai veces que supera a realidade, volve a repetilo, está dicindo con

coñecemento de causo a realidade supera a legalidade, e hai que facer fronte ás necesidades

que requiren os cidadáns.

A Sra. Alcaldesa da por finalizada a comparecencia.

12.- COMPARECENCIA DE D. MANUEL RODRÍGUEZ CUERVO, CONCELLEIRO DELEGADO DA ÁREA DE OBRAS E SERVIZOS.- Pola Sra. Alcaldesa cédese a palabra ao

peticionario desta comparecencia.

Page 48: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

- O Sr. Fole Díaz indica que cando solicitaron a comparecencia adiantaron sobre o que querían

preguntar, que era sobre os Plan Plurianuais que contemplaba no seu programa electoral e

despois sobre a Comisión de Obras do seu Departamento. O que querían facer era unha

mínima intervención para dicir que leva case 18 anos a fronte desta Concellería, e non lle van a

pedir un relatorio de todo o que se fixo e de todo o que fixo durante este ano e medio de

mandato, por que evidentemente, saben que chegan subvencións, que hai fondos propios e

que se fan cousas, non son cegos e saben que dende o Concello se fan cousas, pero se fan e

xa foi moito tempo este Concelleiro, este Grupo Municipal e o anterior, en varias ocasións

preguntaron sobre deficiencias, carencias en saneamento, en inundacións, en accesibilidade,

preguntaron moitas veces e ven que se van facendo cousas pero non se solucionan eses

problemas e non queren ser a voz só do PP se non que ultimamente, pensa que no último ano

ou incluso un pouco mais, semana si semana tamén, aparecen denuncias nos medios de

comunicación dos veciños, son todos os veciños os que demandan que hai carencias na súa

xestión e na súa actuación durante todo este tempo. Entón baseándose neso e nas súas

verbas, non no Sr. que tiña no seu programa electoral e que despois asumiu a Sra. Alcaldesa,

entón ten que seguir facendo uns plans plurianuais que dicían: Plan nº 1: Plan de mellora de

camiños; Plan de acondicionamentos de entornos: prazas, cemiterios, fontes; Plan de ríos e

regatos; Plan de dotación e mellora de parques infantís; Plan de mellora de saneamento,

abastecemento e recollida de augas pluvias; Plan plurianual de mellora de alumado e Plan

plurianual de equipamento lúdico. Ben dende o noso grupo cremos que a visión de futuro e as

perspectivas de futuro para resolver estes problemas, cremos que cando se fai un plan, un

programa electoral, pensamos que eses plans non nese momento deben estar totalmente

detallados, pero dixeron que os ian a poñer todos nos primeiros 100 días de goberno e non foi

así. Non hai información ningunha de se existen ou non eses plans, pero serían os que

realmente darían fe e unha directriz clara do que quere facer esa Concellería para solventar

eses problemas, pero entendemos que deben levar unha memoria técnica, económica, deben

saber as prioridades que se queren facer, deben contemplar se hai partidas orzamentarias ou

non como calquera partida plurianual que se aproba en cada Orzamento de cada ano pois

entendemos que calquera goberno que quere resolver problemas a través deses plans

plurianuais debe ter feitos eses proxectos e o que piden hoxe que explique ou proporcione o

Sr. Rodríguez Cuervo se existen eses plans nun documento elaborado ou non, vaino a explicar

Vde. non vale que diga que o que se fixo este ano estaba recollido, eso sería un plan anual e

non plurianual, debe dicir o que vai facer non 2007, 2008, 2009 e 2010, despois xa nos

encargaremos nos, pero por agora é a súa responsabilidade, entón

¿Teñen eses plans? ¿Non teñen eses plans? ¿Como van a solucionalo? ¿Nos van a dar unha

copia? Pode explicalos aquí, Sr. Rodríguez Cuervo e tamén queremos que nos expliquen

como van a solucionar no futuro esas carencias en saneamento, inundacións, etc. , non creo

que teñamos que esperar outras inundacións para que se poñan estes plans en marcha.

- O Sr. Rodríguez Cuervo contesta dicindo que el trae as súas contestacións por escrito e vai a

ler por que coñece o seu traballo e sabe o que lle pode contestar, e dito eso o Sr. Cuervo fai a

seguinte afirmación �as comparecencias non son un instrumento ao que se poida recorrer,

simplemente por non ter feitos os deberes, nin el nin os demais membros da Corporación e os

veciños teñen culpa de que o Sr. Fole non se informe debidamente e siga a actualidade

municipal por que se así o fixera estaría ao corrente de todo o que aquí pregunta, aínda que so

fora lendo a prensa ou consultando a páxina Web do Concello e dada a miña vocación

docente repetirei a explicación como na miña etapa de profesor cos alumnos que tiñan

problemas para seguir o ritmo da clase�. De seguido dille que so responderá en relación ao

Page 49: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

que son competencia da súa concellería e o feito nestes dezaseis meses e dille �Vde. fixo

unha serie de preguntas e vai a responder a elas, preguntou o que quere e vai a ter resposta.

Como dixera e volverá a repetir, que como comprenderá só responderá a o que corresponde a

o que leva nestes 16 meses, en calquera caso advírtelle que dificilmente se pode poñer en

práctica un plan cando pleno tras pleno se demostra que o principal grupo da oposición, , se

opón a toda iniciativa do Goberno Local, sen importarlle o interese dos cidadáns e co único

obxectivo de impedir a acción do goberno e sacar rendemento político, eso sí a costa dos

cidadáns, pese a todo vai a informar, empezando por camiños.

Pasa a falar dos camiños, dicindo que pode presumir de ter todas as parroquias e lugares

comunicados a través de camiños ben pavimentados, certo que non impide en momentos

puntuais se produzan problemas, sobre todo trala realización de obras de canalización e

extensión de servizos como o teléfono, electricidade, gas, cable, que levan a empresas

privadas e que en ocasións tardan mais do conveniente en repoñer o pavimento, pese á

insistencia do Concello.

No que respecta ao mantemento de camiños informa que Vilagarcía dispón do camión de rego

da Mancomunidade unha semana cada sete, igual que os outros concellos da

Mancomunidade.

Por outra banda, como di que xa lle ten dito en mais ocasións, e vólveo a repetir, invita ao Sr.

Fole a realizar ante a Deputación Provincial na que traballa agora, na que Vde. é Funcionario

segundo dixo, como xa dixo en outras ocasións invítao a realizar ante a Deputación Provincial

as xestións pertinentes para lograr que o Sr. Louzán ceda a Vilagarcía a maquinaria de bacheo

e pavimentación do organismo provincial. Segundo ten entendido hai como mínimo 4 equipos

e Vilagarcía tamén ten dereito, igual que o fai con outros moitos municipios, sobre todos os

gobernados polo PP, esta é a xestión que debería realizar a favor dos vilagarciáns en vez de

poñer obstáculos aínda que dubido moito que o faga agora tendo en conta que no fixo Vde.

durante os catro anos que foi concelleiro liberado, pero non lle importará alagalo se Vde.

consigue que a Deputación diga: �imos a dedicar como dedicamos noutros concellos a nosa

maquinaria ou un dos catro equipos a reparar camiños e estradas en Vilagarcía�, esa sería

unha boa labor e felicitaríao publicamente, asegura.

Se quere enuméralle os camiños que se arranxaron nestes 16 meses, non ten interese pero se

quere tería que ler 3 folios co nome de camiños nos que se fixeron obras. Se quere léolle os 3

folios para saber cal e o meu traballo e se coñezo estes sitios, se quere pásollos.

Pero o que si quere comentar, co anterior goberno autonómico do PP as Consellerías de

Agricultura, durante os 16 anos do PP, Vilagarcía 30.000 euros, e agora quere dicir xestión do

Sr. Rodríguez Cuervo en 3 anos do actual Goberno Autonómico, conseguimos de Medio Rural,

antes Agricultura, e Medio Ambiente 360.000 �, no primeiro exercicio e 380.000 no segundo,

total 740.000 �, agora Vilagarcía existe, igual que existe para a Xunta os gobernos do PP que

corresponde con eles igual que con Vilagarcía, non antes que os excluían. Entón mire as cifras

cantan e se quere pois trae documentación e podería seguir contando pero vaino a deixar así.

En relación con outra competencia súa, que é mellora de saneamento, abastecemento e

recollida de augas pluviais, di que moitos deses 740.000 euros foron para alí, conseguidos

desta Administración autonómica, que comparada coa anterior hai diferencia. Debería saber

Sr. Fole que froito do traballo de este e anteriores equipos de goberno os servicios básicos de

saneamento e abastecemento de auga en Vilagarcía chegan a mais do 90% da poboación do

Page 50: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

Municipio, e ese é mérito de quen traballou para conseguilo, como debería saber Vilagarcía

sufriu un crecemento urbanístico e poboacional moi importante na última década, síntoma da

calidade que ofrece este municipio, por que a ofrece, e cando a xente ven por algo é. Cada un

opine o que queira, e que actúa como atractivo para captar novos residentes, e esto fai que

sexa necesario seguir estendendo e ampliando os servizos para o que, por desgracia, os

recursos económicos, sempre son limitados, e temos que adaptarnos aos recursos, e aínda

así facémolo e de forma eficiente, diga Vde. o que diga e saiba ademais que todas as obras de

renovación de beirarrúas, peatonalización ou construcción de prazas que se fan neste

municipio dende fai anos conlevan a conseguinte renovación e mellora dos servicios básicos,

dito esto e en relación a problemas puntuais de mal funcionamento dos sistemas por colapso

ou atasco pediría que lle citara unha soa cidade na que cando chove non se rexistre algún que

outro problema de desbordamento. A veces na prensa e cando aquí se fixeron dúas

actuacións e noutras moi preto fixeron 12 ou 14. Por desgracia Sr. Fole nin este Goberno nin

ningún outro sexa do signo político que sexa é capaz de controlar as forzas da natureza e este

Goberno tampouco aproveita as desgracias para facer política, algo no que Vde. é un experto,

Vde. é un experto neso. Coas desgracias non hai que alegrarse.

Agora igual que fixo co dos camiños se quere tamén pasa a ler algunhas, gustaría destacar

cousas moi importantes que se fixeron nestes 16 meses, algunhas xa están executadas,

outras en execución e outras están en fase de adxudicación, non vai a dicir as cantidades, nin

de onde se conseguiu o diñeiro: Mellora estación bombeo O Rial; Redes de saneamento e

abastecemento auga N-640 do hospital ata límite municipal; Rede abastecemento auga

Camiño Nervios, Outeiro, Loureiro, Rede abastecemento en Cea; Rede de saneamento e auga

en La Coca, Redes saneamento e auga en Castrogudín, Rede saneamento en Rueiro Guillán,

Rede augas pluviais acceso EDAR; Rede saneamento Figueiras, Trabanca-Badiña; Rede de

saneamento e abastecemento Rúa Cova, Cea; Rede saneamento augas pluviais entorno Casa

Cultura Gillán, este é dese diñeiro feito por xestión miña coa Consellería de Medio Ambiente,

conseguidas e xa realizadas que supuxeron un total de 120.000 � destas mais 60.000 � da

Rúa do Ensino en Rubiáns, tamén. Para que Vde. coñeza o traballo e os plans, sigue

enumerando outras obras, unhas que están agora en execución, e outras que espera se fagan

no primeiro trimestre do próximo ano a través de Augas de Galicia, Consellería de Medio

Ambiente, e por último melloras abastecemento de auga Vilagarcía de Arousa 1ª Fase, Xunta

de Galicia 3.300.600 �. Quería engadir algo mais, en relación ó abastecemento de auga

potable destaca que as obras construcción da nova captación do Ulla que está acometendo a

Consellería de Medio Ambiente, a mellora do bombeo do Umia e as melloras na planta

depuradora de Trabanca Badiña, que supón a inversión que acaba de dicir antes, garantizarán

o abastecemento de auga durante os próximos 50 anos. E como outra das súas competencias

Plan Mellora de Alumado, o último ano investíronse 114.000 � na instalación e mellora de mais

de trescentos puntos de luz en zonas do rural, as obras executáronse directamente polo

Concello e beneficiaron ás zonas de Castrogudín, Lago, Aldea de Arriba, etc., co que se pode

dicir que practicamente o 100% do rural de Vilagarcía conta con un servicio de alumado

público moderno e de calidade, practicamente o 100%.

Indica que se quere lle pode falar de Plan de Mellora do Entorno, para que teña

documentación e coñecemento, por que fai un pouco dicía que aspiraba a gobernar dentro de

2 anos e medio. So dicirlle que leva aquí 17 anos gobernando cos votos dos cidadáns que o

elixiron e a Vde. ata agora dixéronlle que fixera oposición. Os cidadáns non son parvos. Agora

vai a falar algo mais que leva, en relación aos Cemiterios Municipais quere dicirlle que nos

Page 51: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

próximos días se van a adxudicar novos nichos en Carril e Rubiáns, e dicirlle que se fixeron

distintas melloras tanto en un cemiterio como no outro, pode pasar por alí e vote un vistazo.

En breve vaise a acometer a urbanización e renovación de beirarrúas no barrio do Piñeiriño, xa

se iniciou o expediente de contratación, esa obra tamén supón a revisión da rede de

saneamento, tamén para a súa información, acometeranse en breve a urbanización e

renovación de beirarrúas na Rúa Arousa, obra que inclúe a instalación da rede separativa de

recollida de pluviais e por último foi necesario un cambio de goberno na Xunta para que por fin

as beirarrúas en Bamio, Cornazo e Solobeira se adxudicaran e teñan un prazo, unhas de 3

meses e outras de 6, non sabe as veces que estivemos mendigando case co PP, e podería

seguir citando actuacións pero teríamos que estar ata mañá, ademais se paseara mais por

esta cidade ou lese a prensa, non só as noticias nas que sae Vde. podíamos aforrar tempo,

tempo que eu dedico a traballar, non a saír nas fotos dos medios de comunicación e di cal é o

seu plan, por que se vai a preguntar polos plans, xa contesta, o seu plan é traballar, traballar e

traballar.

- Contesta o Sr. Fole Díaz, utilizando a rolda de réplica, que polo seu comportamento, non

parece que veña do sector da educación, porque está respondendo a algo que non se lle

preguntou, imaxina a dúbida que terían os seus alumnos cando preguntaban dunha cousa e

contestaba doutra. Dille tamén que tras 18 anos non ten idea do que significa apoiar a un

Goberno, apunta á sua pertenza a un suposto sector crítico do partido e lle di o seguinte:

�Vde. di e acusa ao PP de opoñerse absolutamente a todo, e sen embargo, o único

documento SR. Rodríguez Cuervo que vale para darlle cabida e axuda e orzamento a todas

esas obras son os Orzamentos, e quen os aprobou, ós únicos que se presentaron ata o de

agora, un Orzamento so, prorrogado, copiado do anterior, quen os aprobou, para dar cabida a

todo eso que fixo neste ano, foi o PP, esa e a forma que teñen de opoñerse á xestión do

Concello?, como Vde. non está nos plenos, pois un dáse conta que non sabe o que votamos�.

En segundo lugar, e en relación coas súas xestións ante a Deputación, dille literalmente: � a

mín daríame vergoña ter que pedir á oposición que fixera o meu traballo por mal feito, por que

fai pouco houbo que aprobar nun pleno un cambio de partida ou aprobar con fondos propios

algo que a súa competencia e xestión cursou mal na Deputación e perderon a subvención

pola súa culpa, por que é o responsable político�. Por exemplo. Se imos atrás Sr. Cuervo vai a

quedar en evidencia, non llo aconsella, en inversións e en traxectoria, non llo aconsella, e

sabía que ía a traer todo, por que é previsible, sabíao por que non sabe facer outra cousa que

contestar o que lle da a gana. Por eso estaba insistindo en que aforrara toda esa exposición,

que o dera por escrito, non saben contestar, eso é o que queda na exposición que fixo, nada

do que pon no programa electoral o cumpren, evidentemente fanse cousas por que a

Corporación aproba orzamentos e entre eles o PP, e non nega que teña axudas e xestións da

nova Xunta, como tampouco Vde. pode negar que a maior parte das inversións foron

facilitadas por Gobernos do PP.

13.- COMPARECENCIA DE D. MARCELINO ABUÍN DURO, CONCELLEIRO DELEGADO DA ÁREA DE XESTIÓN DO TERRITORIO, URBANISMO E MEDIO AMBIENTE..- Pola Sra.

Alcaldesa cédese a palabra ao peticionario desta comparecencia.

- O Sr. Fole Díaz comeza indicando que neste caso vai a ser mais concreto na formulación das

cuestións para que o comparecente non se saia de tema nas súas respostas. Vaille a

preguntar sobre varios expedientes, pero antes quere facer dúas preguntas. A primeira a de

¿En que estado se atopa a Revisión do PXOM?

Page 52: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

- O Sr. Abuín Duro pide á Sra. Alcaldesa que o solicitante da comparecencia lle formule todas

as preguntas seguidas e que él lle contestará en conxunto.

- O Sr. Fole Díaz di que algunhas das preguntas versan sobre expediente concretos, e

manifestase en desacordo coa petición feita polo comparecente. Por eso, solicita a

intervención da Sra. Secretaria para que diga quen ten que moderar a comparecencia, por que

se o propio comparecente e o que di como hai que facerlle as preguntas a comparecencia

non ten sentido.

- Intervén a Sra. Alcaldesa para indicarlle ao Sr. Fole que entende que ela é a que ten que

moderar os debates e cree que o comparecente ten dereito a que se lle digan todas as

preguntas que quere facer o voceiro do Grupo Popular.

- Fronte a esto o Sr. Fole contesta que co ánimo de eludir as preguntas que se lle queren facer

estase a soltar o que di o ROF e a LBRL, que modera como deben de desenvolverse as

comparecencias.

Dito esto, pasa a formular as seguintes preguntas:

1.- ¿En que estado se atopa a revisión do PXOM?

2º ¿En que estado está a creación da Xerencia de Urbanismo?

3º Estado actual do expediente nº 1063/05 en Veiga de Lamas.

4º Situación actual do expediente de obras de Promociones Rey & Casal na Rúa Almirante

Fontán, e concretamente en relación coa mesma desexa preguntarlle:

• ¿Ten xa a licenza de primeira ocupación?

• ¿Como ensa resolver, se é esto así, o acceso dos compradores dos pisos desa

promoción ós mesmos?

• ¿Cal é a situación dos distintos pleitos abertos entre os veciños, a Promotora e o

Concello?

5º Situación do expediente relativo á ETD Ande � Rubiáns promovido por Ría Vilagarcía, S.L.

6º e por último ¿Por que o Concello non actuou ainda no recurso formulado por Dona

Magdalena Abalo Gómez contra a construcción realizada en Campanario � Bamio por Dona

Mercedes Domínguez López, para repoñer a legalidade urbanística alterada sendo esta unha

obriga do Concello.

- Feitas as preguntas o Sr. Abuín Duro apunta que na solicitude de comparecencia figuraba

unha última pregunta relativa o silencio administrativo nos expedientes urbanísticos e pregunta

ao voceiro do PP se tamén quere que se lle conteste a esta cuestión. Ante a resposta

afirmativa do voceiro do Grupo que solicitou a comparecencia o Sr. Abuín pasa a dar resposta

ás preguntas que se lle formularon, nos seguintes termos:

Dille ao Sr. Fole que como xa se mencionou nese mesmo Pleno �non trae os deberes feitos�

como demostra o feito de que lle está a formular cuestións que están nos propios

expedientes, e que se tivese interese por coñecer o seu estado chegaría con que solicitase os

expedientes. Rectifica e di que si que os solicitou e que estiveron durante un mes ao seu

dispor pero que non se tomou a molestia de ir a velos.

Tamén lle di que supón un esforzo que non se molestou en facer, pasarse a ver cales son as

previsións da Revisión do PXOM, por que ditas previsións están nos pregos de contrato coa

Empresa encargada dos traballos nos cales se fixa un calendario coas etapas que seguiría a

Page 53: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

Revisión do Plan Xeral e que él debería coñecer por ter sido membro da Mesa de contratación

que fixo a proposta de adxudicación do contrato. Segundo o Sr. Abuín se o Sr. voceiro do PP

se tomase o traballo de �facer os deberes� e �ler os papeis, supón que non preguntaría por

esas cuestións�.

En canto ó tema da Xerencia de Urbanismo, lémbralle que fai un mes que se reuniron todos os

voceiros e se lles fixo entrega dunha proposta de Regulamento ou Estatutos da Xerencia de

Urbanismo, e que se quedara en que sobre a base deste documento de traballo os voceiros

de todos os grupos políticos farían aportacións, previamente á celebración dunha reunión cos

técnicos de urbanismo do Concello, para aclarar dúbidas, estando o Goberno á espera desas

aportacións dos Grupos.

En canto ás preguntas que formulou o Sr. Fole en relación con varios expedientes, reitéralle

que é moi sinxelo acudir ás dependencias municipais e verificar o estado en que se atopan

ditos expedientes, pero que o SR. Fole se limita a solicitar os expedientes e non acudir nun

mes a velos.

Con respecto ó expediente 1063/05, a nome de Costaverde, Mazá D, dille que ten licenza de

primeira ocupación.

Con respecto ao nº 260/07, a nome de Invercón, dille que está pendente de informe de

Patrimonio e de informe de Augas de Galicia.

O ETD de Ande � Rubiáns, está pendente de aprobación ou denegación en Pleno. En relación

con esto lembra ao Sr. voceiro do PP que tras ter sostido noutras ocasións que o voto sobre

estas cuestións ten que ir no mesmo sentido que os informes técnicos hoxe votou en contra

dun Estudio de Detalle que tiña os informes favorables.

Aclara tamén que o edificio de Almirante Fontán ten licenza de primeira ocupación e que o

Concello estableceu as garantías necesarias para que non seu momento o acceso a ese

edificio se urbanice.

Sobre o recurso ao que aludiu o Sr. Fole, acláralle que estando situada a suposta construcción

ilegal en solo rústico é competencia da Consellería de Ordenación do Territorio adoptar as

medidas para a reposición da legalidade urbanística.

E por último, en canto ao tema das solicitudes de silencio administrativo en expedientes

urbanísticos, respóndelle que hai argumentos de promotores que amparándose no silencio

administrativo queren obter unha determinada licencia. E cita un exemplo concreto que o

voceiro do PP eludiu citar expresamente, relativo a unha parcela afectada por un expediente

de reposición de legalidade urbanística cuxo promotor pretende que se lle aprobe un proxecto

de reparcelación que non se lle pode aprobar por que está a expensas do que resulte do

expediente de reposición da legalidade urbanística incoado. Cita tamén outro suposto no que

os interesados solicitaron a estimación por silencio administrativo dun expediente de

demolición dunha vivenda na Rúa Rosalía de Castro, sobre a que existe unha Resolución de

Patrimonio que informa desfavorablemente esa demolición. Os promotores alegaron que

Patrimonio non tiña nada que dicir ao respecto pero desde o Goberno consideran que sí e

que o edificio non se debe demoler. Por último alude a outro expediente no que se pide o

silencio administrativo baseándose en que non se necesita informe de Patrimonio cando o

Page 54: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

Goberno considera que si e que por tanto mentres estea pendente o informe de Patrimonio

non haberá nin silencio administrativo nin aprobación por parte do Concello.

Dito esto, considera respondidas todas as preguntas feitas polo voceiro do PP.

Concluído o exame dos asuntos incluídos na Orde do Día a Sra. Alcaldes pregunta se algún

grupo desexa someter a consideración do Pleno, por razóns de urxencia, algún asunto non

comprendido na Orde do Día da convocatoria e que non teña cabida na rolda de rogos e

preguntas.

Non habendo ningunha moción de urxencia pásase a rolda de intervencións.

14.- INTERPELACIÓNS: Neste punto sométese a debate una Interpelación presentada polo grupo do IVIL

relativa ao �Viaxe a Granville�(Francia) na que se plantexan á Sra. Alcaldesa as seguintes

cuestións:

• ¿Qué criterios xustifican a asistencia de concelleiros e concelleiras, ademais de funcionarios municipais e outros invitados a este viaxe?

• ¿Cal é a misión específica de cada un dos ediles e funcionarios na expedición?. • ¿A canto ascende o importe do gasto municipal con este motivo?.¿Con cargo a qué

partidas presupostarias?. ¿Situación actual do gasto de ditas partidas?.¿Cal é o informa da intervención Municipal en canto á situación das mesmas?

• Relación de asistentes con cargo ó orzamento municipal. • ¿Por qué o desprezo, unha vez máis, á opinión da oposición?.

Intervén o voceiro do grupo que presentou a interpelación para plantexar á Sra. Alcaldesa a

posibilidade de que conteste directamente á interpelación que xa fora presentado polo rexistro

ou volver a facerlle unha a unha as preguntas.

A Sra. Alcaldesa considera que a primeira das cuestións foi xa amplamente debatida no punto

no que se falou da moción do PP sobre �misións comerciais e institucionais� e da por

explicada a xustificada da composición do grupo que asistiu ao viaxe polo Sr. Abuín na súa

intervención. Entende a Sra. Alcaldesa que o criterio que se seguiu en canto á asistencia tanto

dos Concelleiros como dos funcionarios municipais que acudiron a viaxe foi xa

suficientemente aclarado polo voceiro do grupo de goberno e responde aos obxectivos que se

perseguiron coa viaxe e que se concretaban en acadar un irmandamento coa cidade francesa,

o cal explica que, tratándose dunha visita institucional, acudise a rexedora municipal e o

voceiro do grupo de goberno, sinala tamén que, posto que outras das finalidades da viaxe era

buscar intercambios educativos e de promoción económica estaría tamén plenamente

xustificada a presencia das Concelleiras de Educación e de Promoción Económica. Foi tamén

necesaria, segue explicando a Sra. Alcaldesa a presencia de varios traballadores do Concello

para dar soporte técnico á realización das entrevistas e ao montaxe do stand na feira.

En canto ao custe da viaxe explica que seu importe total ascendeu á cifra de 17.586,58�,

según os datos de que dispón, dos cales, por tratarse de un viaxe de promoción dos

productos do mar, a Consellería de Pesca aportou o 80% e o Concello asumiu gastos por

importe de aproximadamente 3.600�.

Page 55: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

En resposta á petición do Sr. Rivera a Sra. Alcaldesa, concrétalle tamén as partidas con cargo

as cales se contabilizaron as previsións iniciais de gastos se ben, estes resultaron ser logo

inferiores ós previstos.

O Sr. Rivera pide tamén información concreta sobre a situación de ditas partidas de gasto e

sobre cal foi o informe da Intervención Municipal ao respecto.

Respóstalle a Sra. Alcaldesa que nese momento non ten dispoñible dito informe pero que se

compromete a facilitarllo.

Rivera pregúntalle de seguido pola relación de asistentes con cargo ó presuposto do Concello

de Vilagarcia

A Sra. Alcaldesa proporciónalle o nome de tódolos participantes na viaxe e reitera que o gasto

que supuxo a viaxe para as arcas municipais foi o xa citado de 3.600�.

O Sr. Rivera pide que, nembargantes a Sra. Alcaldesa lle facilite por escrito os datos que

acaba de proporcionarlle e pregunta o por qué do desprezo á opinión da oposición.

Ante esta última afirmación a Sra.Alcaldesa dille que, en ningún momento se tratou de

esconder nada nin de desprezar á oposición, senón que simplemente se trataba dunha

actuación máis do goberno e que este seguirá a actuar do xeito que consideren máis

beneficioso para os intereses dos vilagarciáns.

15.- ROGOS E PREGUNTAS

• Por parte dos Sres. Concelleiros fanse as seguintes preguntas:

-. Intervén a Concelleira Teresa Rey para preguntar se a escola infantil de �A Tomada�

conta xa con licencia municipal, e de ser así de qué data.

-. Contéstalle a Concelleira Lorenzo Fraga que, esa pregunta habería que plantexarlla ó

Consorcio que foi o que adxudicou as obras e polo tanto saberá se estas contan ou non

con licenza municipal.

-. O Sr. Abuín Duro, aclara que as licenzas de obras se otorgan en Xunta de Goberno Local

e que a mesma non aprobou ainda ningunha licenza de obras para a Galescola.

-. A Concelleira Teresa Rey di que entón presume que se trata dunha obra ilegal.

-. Respóstalle o Sr. Abuín que, se a Sra. Concelleira ten coñecemento dalgunha obra que

presume ilegal, deberá denuncia´lo no Concello como fai calquera veciño.

-. Lémbralle a Sra. Teresa Rey xa o fixo a Policía Local nun escrito de 17 de setembro.

.- O Sr. Fajardo, pregunta edificio construído en Almirante Fontán conta xa con licencia de

primeira ocupación e se esta se apoia nos pertinentes informes que avalen que o edificio

conta con acceso á vía pública. Tamén pregunta por quén se deu a orden de retirar os

sinais privados que existían.

-. O Sr. Abuín lle contesta que a licencia de construcción non se houbese otorgado se o

edificio non tivese acceso a unha vía pública, aínda que haxa quen contradiga que se trata

dunha vía pública, e indica que, nunha vía pública non pode haber sinais privadas.

.- De seguido o voceiro de EU-IU pregunta á Concelleira responsable da área de deportes,

se xa se adoptaron medidas en relación cos alomenos dous casos de contaxio de

infeccións de pel na piscina municipal que se produciron nesa semana.

-. A Sra. Victoria Hierro contéstalle que ninguén lle informou de eso, pese a que xa mantivo

a reunión mensual cos responsables da piscina.

-. O Sr. Fajardo pregunta tamén se xa se deu resposta a solicitude formal de que se abrise

o curso de ioga no polideportivo municipal e si xa houbo máis inscricións para o mesmo.

Page 56: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

-. Respóstalle a Sra. Victoria Hierro que non hai solicitudes en número suficiente para

poder realizar o curso, pero que si se cumplise o número mínimo esixido se habilitaría

novamente o mesmo.

-. O Sr. Fajardo pregunta tamén á Concelleira Victoria Hierro se xa tivo lugar a reunión cos

representantes da empresa concesionaria da piscina que solicitara EU-IU nun Pleno

anterior e lle reitera a petición xa feita tamén polo seu grupo de que o Concello leve a cabo

unha análise da situación sanitaria da piscina municipal independente do concesionario da

mesma.

Pide tamén unha reunión entre os responsables do Concello e os da empresa

concesionaria do Servicio de Axuda no Fogar para coñecer as causas do despido dunha

das traballadoras da concesionaria, por defender os seus dereitos como traballadora.

-. A Sra. Lorenzo Fraga acláralle que dita reunión xa tivo lugar e o que se lle transmitiu nela

foi que ia levarse a cabo unha xuntanza cos delegados sindicais á que asistiría o propio Sr.

Fajardo.

-. O voceiro de EU-IU pide que se tomen medidas ao respecto e fai a seguinte afirmación

�cando se subcontratán servicios, o Concello non pode desentenderse do cumplimento

polo concesionario da normativa laboral�. Afirma que según parece a traballadora foi

despedida por negarse a desplazarse ata Santiago xa que consideraba que o seu centro

de traballo era Vilagarcía e solicita que de demostrarse que houbo un incumprimento grave

da normativa laboral como o é un despido improcedente o Concello inicie o expediente de

resolución do contrato como se indica nas condicións do mesmo.

-. A Concelleira Ana Lorenzo dille que ela non se desentendeu de ningún xeito do tema e

que quere que este servicio se preste do mellor xeito posible, tamén indica que todavía

non está claro se dito despido foi ou non procedente.

-. O Sr. Fajardo pregunta tamén pola situación de risco en que se atopa o embalse de

Castrogudín e se xa se adoitaron medidas ao respecto.

-. Contéstalle o Sr. Abuín que xa se teñen acometido actuacións como a limpeza da zona e

que os responsables da empresa hidrográfica xa se comprometeron a acometer

actuacións de mellora da seguridade que ata o de agora nunca se habían feito

-. O voceiro de EU-IU formula un rogo que ten que ver conque se eliminen as barreiras

arquitectónicas que dificulten o acceso de persoas con dificultades de mobilidade ao

Auditorio Municipal e á Casa Consistorial e se instale un ascensor na Sala de exposicións,

actuacións para as que según o Sr. Fajardo xa se comprometera crédito.

-. O Sr. Abuín lle aclara que actualmente se está en fase de execución do Orzamento

Municipal e que en sucesivas Xuntas de Goberno Local se farán as contratación oportunas

para acometer estas obras de adaptación.

-. O Sr. Fole pregunta á Sra. Alcaldesa como vai a proposta que fixo o PP de elaboración

dun Regulamento Orgánico Municipal.

-. A Sra. Alcaldesa respóstalle que este é un encargo que xa ten feito ós técnicos do

Concello.

-. O Sr. Maneiro pregúntalle ao goberno municipal porque optou por acudir á feira do

marisco de Granville para promocionar os productos do mar de Vilagarcía, cando podía ter

ido gratis a promociona-los na feira que se celebrou aquí, e pregunta tamén en que se

baseou a elección da Cofradía de Carril como invitada a dito viaxe en lugar da outra

Cofradía que existe no municipio.

-. Contéstalle o Sr. Abuín dita acudir a ambos eventos non é incompatible e menos cando

un deles é gratiuto, aclara tamén que a elección da Cofradía de Carril baseouse en que do

que se trataba era de levar unha representación das colectividades máis representativas

de cada sector productivo, sendo a Cofradía de Carril é a máis representativa do sector da

Page 57: ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ALCALDESA … ord 30-10-08.pdfo Pleno), aprobase a acta da sesión ordinaria de 25 de setembro de 2008, coas rectificacións indicadas. De seguido

ameixa e do berberecho polas cifras de producción e que en representación do sector do

mexillón xa ían outras entidades.

• Por parte do público asistente fanse as seguintes preguntas:

-. Intervén o Sr. Luis Ares Valentín, quen dirixíndose ó Sr. Fole na súa calidade de voceiro

do PP, e tras retrotraerse á época da transición española e autoproclamarse comunista

solicítalle que, en nome do seu grupo, pida perdón polas víctimas da dictadura franquista

Afirma tamén que na actualidade sigue sin existir unha verdadeira democracia e cuestiona

o reparto de escaños conforme á Lei d´Hond.

-. Respóstalle o Sr. Fole que como quere que pida perdón por algo que sucedeu cando él

non era máis que un rapaz.

-. A Sra. María Ordas, en nome da comunidade de veciños de Almirante Fontán, pregunta

ó goberno se a licencia de obras que no seu día se otorgou a �Promociones Rey & Casal�

para a construcción dun edificio nesa mesma rúa, foi outorgada de acordo cos informes

dos técnicos municipais.

-. D. José Piñeiro, veciño de Rubiáns, pregunta sobre a saída de acceso ao vial e pide que

se lle de unha solución inmediata a esta cuestión en execución do acordo plenario

adoptado no seu día. Tamén pregunta si se efectuaron xa os trámites con Fomento

conducentes á reparación dos danos causados con ocasión da execución destas obras.

-. A Sra. Alcaldesa comprométese a proporcionarlle as respostas en canto as teña.

-. Dª Clara Vilariño, intervén para expoñer a denuncia que presentou en relación cunhas

obras supostamente ilegais que efectuou o seu veciño e di estar en desacordo co informe

técnico que se lle foi notificado en relación coa súa denuncia.

E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Alcaldesa, levántase a sesión, sendo as cero

horas e corenta minutos do día 31 de outubro, da que se estende a presente acta, e eu como

Secretaria dou fe.