24
No I.E.S. “San Clemente” de Santiago, sendo as 13 horas do día 18 de Maio de 2011, reúnense os membros do Xurado encargado de seleccionar os traballos presentados ao XXIV concurso literario, convocado por este Centro, co gallo do “Día das Letras Galegas”. O Xurado, composto por Dna. Josefina Taboada Adán, Dna. Sira Vidal Laxe, Dna. Nieves Fontela López e D. Xosé L. González Ucha, actuando como presidenta Dna. Carme Viñas Álvarez, acorda conceder os seguintes premios: MODALIDADE DE NARRATIVA : Primeiro: Alén das palabras (historias autobiográficas musicais), de Xurxo Lois Varela Díaz, de 1º de Bacharelato. Segundo: O soño xélido, presentado co seudónimo de Panoplia, de Néstor Nieto Sande, de 1º de Bacharelato. MODALIDADE DE POESÍA : Primeiro: Galicia, presentado co seudónimo de Amoriños das silveiras, de Fernando Olmedo Suárez, de 2º de Bacharelato. Asdo.: Xosé L. González Ucha Asdo.: Josefina Taboada Adán Asdo.: Sira Vidal Laxe Asdo.: Nieves Fontela López Asdo.: Carme Viñas Álvares Concurso literario IES San Clemente INSTITUTO DE ENSINO SECUNDARIO "SAN CLEMENTE" C/. San Clemente, s/n. 15705 Santiago de Compostela Teléfonos 981 58 04 96 - 981 58 03 66 Fax 981 57 21 90 e-mail: [email protected] www.iessanclemente.net

Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Segundo : O soño xélido, presentado co seudónimo de Panoplia, de Néstor Primeiro : Galicia, presentado co seudónimo de Amoriños das silveiras, de Asdo.: Xosé L. González Ucha Asdo.: Josefina Taboada Adán Primeiro : Alén das palabras (historias autobiográficas musicais), de Xurxo Concurso literario IES San Clemente Fernando Olmedo Suárez, de 2º de Bacharelato. Nieto Sande, de 1º de Bacharelato. Lois Varela Díaz, de 1º de Bacharelato. Asdo.: Carme Viñas Álvares

Citation preview

Page 1: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

No I.E.S. “San Clemente” de Santiago, sendo as 13 horas do día 18 de Maio de 2011, reúnense os membros do Xurado encargado de seleccionar os traballos presentados ao XXIV concurso literario, convocado por este Centro, co gallo do “Día das Letras Galegas”. O Xurado, composto por Dna. Josefina Taboada Adán, Dna. Sira Vidal Laxe, Dna. Nieves Fontela López e D. Xosé L. González Ucha, actuando como presidenta Dna. Carme Viñas Álvarez, acorda conceder os seguintes premios:

MODALIDADE DE NARRATIVA : Primeiro : Alén das palabras (historias autobiográficas musica is) , de Xurxo Lois Varela Díaz, de 1º de Bacharelato.

Segundo : O soño xélido, presentado co seudónimo de Panoplia , de Néstor Nieto Sande, de 1º de Bacharelato.

MODALIDADE DE POESÍA :

Primeiro : Galicia, presentado co seudónimo de Amoriños das silveiras, de Fernando Olmedo Suárez, de 2º de Bacharelato.

Asdo.: Xosé L. González Ucha Asdo.: Josefina Taboada Adán Asdo.: Sira Vidal Laxe Asdo.: Nieves Fontela López

Asdo.: Carme Viñas Álvares

Concurso literario IES San Clemente

INSTITUTO DE ENSINO SECUNDARIO "SAN CLEMENTE"C/. San Clemente, s/n. 15705 Santiago de CompostelaTeléfonos 981 58 04 96 - 981 58 03 66 Fax 981 57 21 90e-mail: [email protected]

Page 2: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

1º PREMIO DE NARRATIVA

XURXO LOIS VARELA DÍAZ (1º DE BAHARELATO)

Alén das palabras

Decidín nun momento da miña vida (ou a propia vida decidiu por min) tomar un

camiño complicado, e era o de participar do feito da comunicación alén das

palabras. Non é que non sexa bo amigo de falar e que incluso non goce dunha

conversa amena cun ou cunha amiga; trátase máis ben de explicar o feito mesmo

de falar sen palabras nin letras.

Temos como animal simbólico que somos, a posibilidade de establecer relacións

verbais e non verbais cos semellantes. De moi diversas formas podemos

comunicarnos fóra da verba: coa forza que pode haber nunha mirada, co tacto,

coa morea de sensacións que voan nas notas dun concerto ben feito (cando se

dá o milagre), coa danza e os movementos do corpo... As artes todas ofrecen

multitude de opcións moi interesantes. A comunicación verbal, incluso, non se

limita só á palabra, na súa función poética e literaria ofrece unha mensaxe moito

máis íntima e subxectiva para quen a queira ver.

Deixándonos levar cara os eidos da música e as sensacións vividas a través

dela, cóntovos algunha das miñas vivencias.

Era o ano mil novecentos oitenta e sete, tiña dezaseis anos algo andados xa. Ese

ano entrara a formar parte do conxunto "Música Doméstica" despois dunha

causalidade moi afortunada. Explícome:

Aconteceu que o ano anterior entrara nun instituto da mariña por cousa de

despiste, xa que fixera a matrícula un chisco tarde e non tiña praza no Sofía

Page 3: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

Casanova, que me correspondía por proximidade. Levaba media vida

aprendendo guitarra con meu pai na casa e xa tiña o meu pequeno repertorio

montado para este instrumento.

Xa fora actuar a unha radio ferrolá que emitía en rigoroso directo, e como fillo de

meu pai, a quen dicían “O Tranquilo”, tiña unha calma tremenda á hora de tocar

ante o público e onde fixese falla. No “Montojo”, o instituto, a mediados do curso,

a profesora de música propuxérame facer un concerto no salón de actos co meu

instrumento. Dérase a casualidade de que a subdirectora era a muller do que

dirixía o grupo do que falaba antes. A profesora de música, logo de escoitarme,

falou coa subdirectora xa que andaban á procura dun laudista para o grupo.

Sagrario, que así se chamaba, mandoume chamar. Fixéronme entón unha proba

e quedaron contentos comigo, e eu máis.

A miña entrada en Música Doméstica e os moitos ensaios que estiven escoitando

foron unha revelación absoluta. Todo canto poida contar da miña experiencia ao

topar con toda aquela música, para min exótica e descoñecida, será pouco. O

meu agradecemento por ter chegado a esta formación como froito certo da

casualidade é difícil de expresar con palabras.

Fóra do que poida parecer o nome “Música Doméstica”, nada ten que ver con

cubertos, pratos e potas. Nun intento de retomar un costume moi arraigado nas

familias burguesas aló polos séculos XVI e XVII, que era facer música en familia

e cos amigos, colleuse o nome que recibía esta tradición que era a de facer

música nas casas ou doméstica. Cómpre dicir que ao principio se daba o

simpático detalle de que se ensaiaba na cociña. Máis adiante ao medrar o

número de compoñentes do grupo, comezáranse a facer os ensaios nun cuarto

Page 4: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

reservado para tales empresas.

Unha vez dentro, puxéronme nas mans un laúde que estaba afinado coma se

fose unha guitarra, e unha viola da gamba tenor para que aprendese a tocala.

Escornárame con ela a base de ben para conseguir sacarlle proveito. Era negra,

de plástico negro coma o piche e tiña unha cabeza no caravilleiro que parecía

saída dos xíbaros da Amazonia. O seu son era pouco e sen embargo tiraba a feo.

Non obstante, podíase facer bo dela despois de axustarlle ben os trastes e

mantela ben afinada. Foi o meu instrumento de cruceiro cando ía actuar con

meus pais e as veces que actuei co grupo, ao longo de todo ese ano.

Mergullado xa na música do renacemento e loitando por ler música a primeira

vista, funlle collendo afección e lei á viola da gamba, que tocaba como

autodidacta. Ao tempo que ía coñecendo e aprendendo o instrumento, foi

nacendo en min un desexo forte como o vento do sur cando trae vendaval.

Na casa de Luís, o director, había unha viola vermella toda ela, de madeira,

cunha cabeza fermosa de muller de pelo crecho e aspecto barroco. Pesaba coma

un mundo pero tiña graves e resoaba. Para min era un absoluto obxecto de

veneración. Non sabía tocala, era moito máis grande que a outra que me fora

encomendada. Sen embargo caín na tentación de probala e foi unha experiencia

reveladora e místico-musical: quería ter unha así para min cando fose. Todo me

atraía naquel instrumento feiticeiro, o cheiro a madeira e resina, a cabeza

retallada, a decoración profusa e polícroma, os graves profundos que parecían

xurdir do mesmo centro da terra. O meu desexo de volver tocar aquela viola,

levoume polos ceos adiante unha noite.

O caso é que soñei que voaba. Saíra da cama desafiando á gravidade co só

Page 5: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

impulso da ánima. O meu obxecto era achegarme ao instrumento que me tiña

namorado. Sobrevoei casas e rúas, pasei por riba do mar da ría de Ferrol, mirei

as grúas dende a súa caluga, saudei aos corvos mariños e ás gaivotas. Deixeime

encantar do son da noite, dos merlos que cantaban as súas melodías

ornamentadas e nocturnas; sentía tras as miñas costas a aperta luminosa da lúa,

proxectando as sombras das acacias da praza de Amboaxe como un reloxo, máis

de luar que de sol. Fun voando e voando sobre os tellados de cinc, tellas e lousa

das casas mentres lle dicía adeus ao neoclásico da Magdalena.

Camiño da viola que me agardaba caladiña e durminte ía lixeiro e libre. Andaba

xa albiscando as leiras de Serantes dende o alto e mentres escoitaba o canto

resoante da curuxa e o lene zoar do vento, abríndose paso entre as follas dos

ameneiros e freixos do río, cheguei.

Era a casa de vermello inglés, asomando entre as roseiras. Entrei polas

aberturas das xanelas, entreabertas para deixar escapar os excedentes do verán

que abafaban aquela noite. Dirixinme entón ao meu paraíso prohibido, cara o

instrumento que concentraba na súa esencia o renacemento todo, gardado baixo

as cordas. Era só vento, aire morno da noite, era éter. Sen embargo, precisaba

facer soar aquela viola con cabeza de dama, cheiro de pau santo e madeiras

encarnadas. Deixeime, entón, deslizar por entre os estantes, mirando para as

partituras que gardaban a música no seu segredo, e comecei a tocar. Toquei a

fartar, cheo de desafogo e dun pracer casque inconfesable.

Despois daquel soño andou o tempo, tomei clases de viola da gamba. Francisco

Luengo, o meu mestre, aprendeume practicamente todo canto sei deste

instrumento e abriume as portas do mundo. Fíxome entender entre outras moitas

Page 6: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

cousas, o compromiso que supón vivir como músico profesional no complexo

mundo da música antiga.

Como dicía, pasaron os anos e con eles miles e miles de experiencias de todo

tipo. Toquei e toquei, vivín mil historias, percorrín moitos lugares distintos cos

amigos e a música por compañía. Co tempo, despois de anos e anos de música,

fun descubrindo o significado dos concertos, da música compartida con outros

músicos e con quen a escoita. Sirva logo, para ilustrar isto, esta experiencia

especial vivida cun grupo de violas de gamba, once anos despois do soño

devandito.

O ano mil novecentos noventa e oito decidíramos co Banchetto Musicale facer un

concerto coa obra de John Dowland “Lachrimae or Seven Tears”. A idea era tocar

seguidas as sete pavanas contidas nesta colección.

O concerto había comezar con estas pezas parecidas entre elas e de ritmo

pausado. Conviña levalas moi ben traballadas e comprendidas para que

resultasen cativadoras para o público dado o seu ritmo lento. A aposta era, xa

que logo, sumamente arriscada.

Na semana que duraron os ensaios fomos pouco a pouco bañándonos nestas

sete obras. Eran envolventes como é a música para grupo de violas e de gran

equilibrio interno e coherencia.

Sobre cómo interpretalas había moita división de opinións. Ao final

organizarámolas como unha obra completa na que as cousas mudaban

suavemente. A obra comezaba coa pavana principal, baseada na canción de

John Dowland, “Flow my Tears”; logo viñan outras seis. As pezas ían

paseniñamente variando no dinamismo das voces interiores, sendo a dúas

Page 7: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

pavanas de cada extremo máis calmas e as tres do medio de maior movemento.

A cuarta era o punto culminante en canto á actividade contrapuntística. De aí en

diante todo ía pouco a pouco acougando ata chegar á quietude sepulcral da

última, na que un non sabía se chegara a alcanzar o paraíso ou se simplemente

se detivera o tempo de vez.

É difícil, mesmo, imaxinar a gran tensión que se acumula no espazo dunha

redonda ligada a outra e outra. Son uns segundos que se volven eternos. A

música xorde moi de vagariño, hai un movemento casque imperceptible do arco.

O peso todo do brazo, sumado ao contrapeso que se vai gañando cando a man

que suxeita o arco se aproxima á ponte, póñenlle a quen toca a alma nun puño,

ninguén quere romper o fráxil equilibrio deses últimos compases. Tras disto e aló

onde nos miraban cos ollos abertos e inmóbiles, agardaba o público, cómplice

noso, gardando un silencio que arrepiaba. Foi tal o cúmulo de enerxía contida

nese momento, tanto o risco que boiaba no ambiente que ao final cando xa todo

rematou, o público, non querendo romper aquela atmosfera, esperou aínda máis

sen mover sequera as pálpebras.

Pasados varios segundos quedos como unha noite pechada, que mantiñan viva a

resonancia da música, soou un aplauso vivo e sincero.

Sentinme privilexiado de ter participado no fenómeno máis íntimo e máis

universal da música, onde esta é compartida co público que en troques che dá a

súa ración de respectuosa maxia.

Aquel día, así como outros de vivencias similares, cheguei á conclusión de que

malia as dificultades que envolven á vida do músico, só por vivir isto, toda

dificultade é compensada. Cecais sexa o simple feito de comunicar cos demais,

Page 8: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

con este universo das palabras sen fala, a miña razón principal para ser músico e

pola que paga e pagará sempre a pena loitar.

2º PREMIO DE NARRATIVA

NÉSTOR NIETO SANDE (1º DE BAHARELATO)

Soño xélido

O amor é irredutible e contáxiase

JUAN MANUEL DE PRADA

Page 9: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

A vida é coma un soño, coma un soño xélido e ás veces da mesma

consistencia ca a nada. Poucos foron os que, baixo un feixe de ilusoria

esperanza, se decidiron (polo menos iso crían) a cruzar eses límites prohibidos

que a natureza nos impón sen preocuparlle se somos ou non conscientes

deles. A fraxilidade da natureza humana non será admitida senón por aqueles

que se viron contrariados pola mesma. É coma se a mesma vida te flaxelase

furiosamente nas partes máis recónditas que configuran a túa alma. Certo é

que, ás veces, as obsesións posúen a consistencia desacougante dos soños,

así como ás veces os soños parecen meros fragmentos ou residuos sensitivos

alleos á vontade que se mergullan na nosa conciencia, ou ben contaminándoa,

ou ben enchéndoa dun gratificante e cristalino entusiasmo, que o individuo non

poderá reprimir, e que o cegará ante esa especie de ente inconsciente de si

mesmo que o tempo nos parece a algúns. É coma se os sentidos, liberados da

tiranía das emocións, nos permitisen captar a realidade por mero pracer, coma

unha vontade inerte que contempla a vida dende fóra, gravidamente, pero ao

tempo con liberdade infinita. As flores, os paxaros, as persoas e as cousas

todas que poboan esa especie de soño retrospectivo no que nos perturban

turbias e agrisadas sensacións, despóxanse, queiramos ou non, nos perturbe

de modo extasiante ou non, da imaxinación, e case da alma, para despois nós

mesmos gozarmos nesa especie de pavor gratificante. Tamén, a escuridade

tórnase certamente ofensiva, anticipando funestas situacións que trataremos

de gardar para a eternidade en infinitos cubos imaxinarios, por se algún día

deixan, polo menos, de anular en nós toda manifestación de liberdade, ríndose

da nosa irremediable e contaxiada bondade.

Page 10: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

Fai seis anos, cando apenas contaba con catorce anos, foi como se a

atmosfera, que naqueles intres se revelaba profusamente turbia, se apropiase

do espazo, da miña capacidade perceptiva. As axitadas lecturas de poetas

como Armando Buscarini e Poul Celan, e sobre todo as insomnes e incontables

escoitas de compositores como Ferrucio Busoni, Hugo Woolf ou Robert

Schumann, que posteriormente incluso me perseguirían nas agrisadas noites

de insomnio, acabaron impregnando a miña alma de infinitas obsesións, de

infinitas obsesións ateigadas dun fervor inusitado, pois os instintos, case

inertes, acabaron por desistir da súa labor. Cando todo comezou, eu era

profundamente relixioso; mellor dito, obsesivamente relixioso. Todo era

cuestión de crer, e iso é algo co que se nace ou non se nace. Hoxe, doume

conta de que case todo o mundo cre, e tamén de que os que nos resultan máis

malévolos, ás veces, son os que máis cren, cren dunha maneira demoníaca.

Non é ese o meu caso, coma xa percibiriades, pero naquel estado había cabida

para todo, como se a imaxinación, esa especie de Deus ao que acudimos

cando nos peta, nos brindase a posibilidade inconcibible de vivir somerxidos

nunha sorte de manancial, buceando nel sen a equilibrada atadura das

emocións, abrazados caladamente á razón. As persoas neuronormais (así

acostumo eu a denominar aos que supostamente non manifestan síntomas

propios do autismo nin de alienación algunha), proxectan sobre o que a súa

mente recolle e asimila a certeza instintiva de que só elas o poden interpretar:

isto é, íllanse por completo da realidade, anulando a esencia verdadeira dos

que as rodean. O amor é, se isto non é erróneo, a manifestación máxima de tal

illamento (aínda que a algúns lle poida resultar quixotesca tal afirmación);

tamén a máis sublimada, así como a máis inspiradora, pero ese xa é outro

Page 11: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

conto. Cando, con dezanove anos vira por primeira vez a Fanny, parecérame

coma se a beleza divina se encarnara naquela doce rapariga para así Deus

burlarse da miña incredulidade. O medo e a tensión espiritual, que en min

aumentaran no último ano, pareceran esfumarse para sempre, substituídos por

unha máxica aura de felicidade: a vida era fermosa e o verán non resultaba tan

esgotador como debería, a música clásica parecía transportarme a rexións

recónditas e etéreas, sentía a necesidade de cantar e cantar coma un reiseñor.

Sen embargo, só era unha pequena parte do preludio que anticiparía o meu

estarrecedor destino. Entre fantasías e desexos reprimidos, a miña perspectiva

da vida así como a miña vontade fóranse liberando da instintiva atadura das

emocións. Estas, transmutaran en meros artefactos destinados á mera

satisfacción dos instintos, pero xa nada se ía manifestar de modo instintivo,

senón sensitivo. Busoni, Woolf e Schumann deixaran de parecerme grandes

compositores (sobre todo Woolf e Busoni), pero, sen embargo, nos momentos

de maior asfixia espiritual, de maior desconcerto metafísico, volvía a acudir ás

súas obras, unhas obras tan contraditorias coma sombrías. O mero recordo

daquelas sonoridades execrables, que ás veces me recordaban ás de

Gesualdo, transfiguraba por completo a miña alma, envolta nun exacerbado e

místico romanticismo. Moitas daquelas obras nin sequera se encontraban entre

as mellor consideradas pola crítica, pero eu cría que soamente eu (e certas

persoas coas que me sentía moi identificado, e ás que lle atribuía esa especie

de don que permite a un transcender a intelixencia como mera proxección da

memoria) podía percibir a esencia do arte na súa totalidade. Intereseime

obsesivamente pola estancia de Robert Schumann os dous últimos anos da

súa vida nun sanatorio en Endenich, así como polo intento de suicidio que o

Page 12: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

obrigaría á súa reclusión no sanatorio en 1854, cando preso de terribles

alucinacións, se arroxara ao Rhin. Ao tempo que me sentía desmesuradamente

atraído polas músicas de Schumann e outros, unha crecente necesidade de

escribir o que me ocorría, empezaba a invadir a miña vida. Moitas daquelas

reflexións que anotaba, limitábanse a tratar de explicar o mundo interior

daqueles artistas, o meu propio sobre todo, ou certas cuestións como que é a

música, ou en que consiste vivir. Empezara a darlle importancia a esa parte da

vida coa que un non debe "xogar" (non por ser esta en certo modo irrelevante,

senón porque nela radica o medo, e o medo pode facer da existencia un

recuncho asfixiante). Pronto, aquela estraña necesidade grafómana empezara

a impedirme levar unha vida normal. Todo o que me parecía importante

pegábao nas paredes do meu cuarto, para que non se me esquecese. Sentía

unha gran dependencia de todo aquilo. Ao principio, cría que era porque só así

podería afrontar a miña vida sen que o medo me bloquease. Sen embargo,

posteriormente, iríame dando conta de que en realidade estaba indo máis alá

das miñas limitacións, de que estaba traspasando eses principios prohibidos.

Recordo que, ás veces, cando non me quedaba xa máis papel, usaba papel

hixiénico ou incluso calquera obxecto que me permitise ver nitidamente o

escrito. Cada domingo que ía á casa da miña avoa Carme, levaba comigo un

bolígrafo e unha axenda. E alí pasaba longas horas a escribir sen acougo. Eu

vivía naquel momento en rexións recónditas e indescifrables, nesas rexións

onde as sombras se impoñen sobre as luces, onde a dor substitúe cruelmente

a ausencia de dor (e se disfraza desta) e onde a ilusión se disgrega por

completo, deixando ao descuberto a verdade. Non deixaba en todo o día de

falar con Deus, pois cría que os meus pensamentos e a miña bondade eran os

Page 13: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

instrumentos para chegar a este (pois, se non, a existencia de Deus non tería

sentido para min). Contáballe todo, e moitas veces facíao por medo a ser

castigado para o resto dos meus días (ou quen sabe se para a eternidade).

Ademais, temía que interpretase que só quería aproveitarme del, e esa era a

razón dos estraños rituais que intentaba levar a cabo. Algunhas veces, incluso

chegaba a confundir a miña voz interior coa dese ser superior. Por suposto,

para ser consciente desa especie de presenza, eu facía uso da miña

imaxinación, pero os resultados eran tan gratificantes e resultaban tan reais,

que eu seguía insistindo, incluso cando xa descifrara o enigma que en

realidade é a fe. Limitábame a contemplar ese estado que posibilita a fe, como

cunha sorte de saudade. Estaba plenamente convencido de que en realidade

as persoas non crían (nin amaban, como consecuencia), pola incapacidade

que percibía nestas para contemplar intelectualmente, dende fóra, a raíz da

ilusión. Ou sexa, esa suposta incapacidade facíame reflexionar sobre se

realmente somos libres á hora de crer, para acabar aceptando que non existe

tal liberdade, e cando cremos acadala será a un prezo moi alto. Ese sentimento

de saudade que me producía contemplar os diferentes seres e dimensións que

nos conforman, foi, sen dúbida, o que me fixo, dende a infancia, ser

infinitamente respectuoso cos demais. Todos os meus actos, eran como

produto de continuas reflexións e sentíao como algo estraño e perturbador.

Resúltame tan agrisado o sentimento que xeralmente engloba a miña infancia.

Eu teño un problema máis ben pouco común que me fai ver como pequenos

puntos luminosos (case sempre verdes e vermellos) que non deixan de

moverse afectados pola luz externa, e que parecen configurar unha cuarta

dimensión. Naqueles momentos funestos, acostumárame a interpretar os

Page 14: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

puntos verdes coma unha resposta afirmativa de Deus ás miñas preguntas, e

os vermellos, coma unha resposta negativa. Eu, interpretaba os meus

pensamentos coma mensaxes del. E as maneiras que tiña de responderlle eran

moi variadas: tocando cousas, mordéndoas ou soprando deica determinado

obxecto ou lugar (as esquinas dos cuartos sobre todo) ata sentir (ou imaxinar)

que o aire chegaba ata o lugar escollido. Recordo que un día, indo no autobús,

cheguei a tocar o cristal deste cos dentes; por sorte, creo que ninguén me viu.

Durante aquela época, Paco, o meu único amigo, deixara de andar comigo sen

máis. Por outra parte, non deixaba de perseguir ilusamente á anxelical Fanny.

Pero ela, ademais de estar totalmente centrada nos estudos, non sentía nada

por min. Só me mostraba un desafecto ferinte e premeditado, un desafecto que

eu insistía en tratar de interpretar como unha especie de onírico e inevitable

amor, pois era incapaz de aceptar que o meu, tan diáfano e azul, non era

correspondido. Eran demasiadas cousas e suminme nunha especie de

depresión, polo que decidín abandonar o bacharelato. Cando me encontraba

especialmente mal, pedíalle á miña nai que me levase á casa da avoa, que se

encontraba nunha aldea. Non ía coa intención de illarme do ruído da cidade;

tampouco dos que, de cando en vez, me acosaban, facendo da miña vida unha

sorte de inferno. Ía porque a miña avoa Carme, que nos seus tempos mozos

fora unha reputada pianista, tiña un fermoso piano de cola da marca Steinway.

A creatividade era para min unha gran vía de escape. A música facíame

esquecer as cousas desagradables (ou polo menos telas menos presentes) Alí

plasmaba os meus coñecementos de harmonía, ademais de tocar a Mozart,

Richard Strauss e a Rachmaninov. A miña avoa ensinárame a interpretar

moitos compositores, pero, co tempo, acabei decantándome por eses tres. A

Page 15: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

improvisación era sen embargo o que máis me gustaba. Moitas veces, a miña

avoa, que padecía do oído, ao oírme improvisar, interrompía as súas tarefas e

ía onda min para así poder escoitar ben as miñas melodías. Ao rematar,

sempre me daba unha cálida aperta. Dicía sentirse moi leda pola miña

asombrosa capacidade inventiva, e sempre me recordaba que nacín para a

música e que xamais a abandonase. A historia da miña avoa Carme está

repleta de grandes momentos. Adoitaba presentarse a todo tipo de concursos

musicais, concursos que, por certo, case sempre gañaba. O meu avó Wilhelm,

que era de orixe alemá, faleceu hai tres anos. Foi un duro golpe para a familia.

A avoa do seu avó, Mary Novalli, fora amiga de Constanza Mozart, a muller de

Wolfgang Amadeus Mozart, quizais o mellor compositor da historia. Algúns dos

nosos antepasados foran escritores, e aproveitaran a amizade coa familia

Mozart para escribir sobre esta. Cando iamos a Leipzig polo verán, eu adoitaba

buscar todo tipo de libros e manuscritos. Fai dous anos, un día atopei varios

manuscritos a nome de Amelie Tieck, curmá de Mari Novalli, segundo me

contaran. Eran anotacións persoais ou íntimas que nada tiñan que ver coa súa

labor literaria. Nelas esgrimíanse argumentos e pensamentos moi similares aos

meus, polo que acabei obsesionándome coa autora. Segundo posteriormente

me afirmaron meus curmáns Franz e Josepha, Amelie Tieck sufrira

innumerables crises nerviosas, chegando incluso a dicir ver o espírito de

Robert Schumann, suceso que a obrigaría a ser internada nun manicomio.

Aterrorizoume aquela delirante historia, pois, ademais de endeusar a Amelie

Tieck, sentíame absolutamente identificado con esta. Por outra parte, a miña

obsesión por Robert Schumann tamén contribuía a que eu crese que me

acabaría ocorrendo o mesmo. A madrugada do vinte e sete de xuño (e dígoo

Page 16: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

entre bágoas), mentres me dirixía ao servizo, temeroso e coas luces verdes e

vermellas roldando o espazo e a desacougante escuridade, como nunha cuarta

dimensión, dúas figuras informes e un tanto difusas (en parte pola noite) ían

materializándose ata acadar aparencias espectrais e estarrecedoras. Eran

Robert Schumann e Clara Schumann, a que fora súa muller antes de este

falecer. Robert estaba axeonllado ante ela, bicando a súa man coma o que

xura amor eterno. Este, ao tempo, preguntáballe furioso por que tivera que

namorarse de Johaness Brahms. Todo aquilo resultaba perturbador e

contraditorio a partes iguais. Por outra parte, Clara non deixaba de amosar un

sorriso maléfico, sen inmutarse ante a actitude de Robert. Parecían non darse

conta da miña presenza. Eu seguía alí, petrificado ante aquela situación

delirante. De pronto, Robert comezou a facer da súa pregunta unha melodía,

unha melodía que non deixaba de repetir. Ao tempo, Clara comezou a repetir a

melodía de Robert ao unísono. As súas voces comezaron a multiplicarse

centos de veces. Algunhas das voces comezaran a disgregase e outras

acadaran formas aleatorias ata configurar entre si unha horrísona sinfonía de

xemidos. Ao pouco, estas comezaron a modular a tonalidades inconexas e

abismais, que convertían a atmosfera nun infernal recuncho. Non recordo nada

máis daquela experiencia nocturna tan inverosímil e aterradora. Espertei á

mañá seguinte nun psiquiátrico en Leipzig, cidade na cal pasabamos as

vacacións. Botei alí algo máis dun ano, e creo que xamais o superarei.

Subministrábanme antipsicóticos e somníferos de un modo desmesurado.

Estes, facíanme sentir un ser inerme e inhumano. Ao mes, o meu peso

incrementárase moitísimo e enormes estrías comezaran a cubrir o meu corpo e

os meus brazos, como ramificándose. Entre a xente que había alí, recordo un

Page 17: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

mozo duns vinte e seis anos que todos os días se metía comigo e se mofaba

de min por non defenderme del. Mostrei as miñas queixas ao médico que me

levaba, pero non lle dixo nada e a situación foi a peor. Meus pais, ao principio

íanme ver, pero unha vez rematou o verán, volveron para Galicia, sen nin

sequera despedírense de min. Chamábanme por teléfono tres ou catro veces á

semana, pero para min non era suficiente e sufría o inimaxinable. Non só por

iso, senón tamén polos aflixidos estados nos que os antipsicóticos me

envolvían sen piedade. Ás veces, deixábannos saír algúns metros daquel lugar

que era para a miña alma coma unha cárcere. Un home calvo e algo efeminado

encargábase de administrar o diñeiro que meu pais lle daban para que eu

comprase algo. Era sempre unha cantidade miserable de diñeiro a que, de luns

a venres, recibía. No caso dos demais, maiores de idade, cobraban unha paga

polas súas discapacidades. Algúns internos, aproveitaban para ir comprar

bebidas alcohólicas. Aos médicos parecía darlles igual que o fixesen ou

deixasen de facer. Un día, o meu médico decidiu cambiarme a medicación. A

nova medicación creárame terribles alucinacións e incluso me faría oír voces.

Unha noite, quizais debido ao opresivo efecto que en min producían os

somníferos, tiven un pesadelo francamente arrepiante. Fora algo estraño.

Soñei que estaba a escoitar o vixésimo cuarto concerto para piano e orquestra

de Mozart, un concerto que, por certo, escoitara media hora antes nunha radio

que me facilitaran meus pais. E, de súpeto, os sons que configuraban as

melodías dos violíns e as frautas, así como as do piano, comezaron a acadar

timbres tan disoantes e inaudibles que cría que a cabeza me ía a estoupar.

Posteriormente, un retrato meu empezaba a dirixirse deica min a gran

velocidade, ao tempo que gritaba o meu nome acompañado polos clarinetes e

Page 18: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

fagotes, que ían conformando unha estraña fuga que, non sei por que, me

recordaba á Gran Fuga de Beethoven. De súpeto, espertei e, como

instintivamente, botei un berro, aterrorizado. E ante min, seguía inmóbil o meu

retrato. Algo deformado, iso si. Só se podían apreciar as liñas que configuraban

a imaxe, como se dun Picasso se tratase. A verdade é que afrontei aquilo con

certa compracencia. Contemplar unha obra creada pola miña mente chegara a

resultarme certamente gratificante, diría eu. Recordo que un minuto despois de

oír o berro abismal que botei ao espertar, varios enfermeiros e enfermeiras

entraron na habitación. Puxéronme unha camisa de forza para logo

subministrarme o antipsicótico mediante unha inxección que parecía non

rematar xamais. Non tratei de opoñer resistencia en ningún momento. Estiven

oprimido na cama ata as nove da mañá, e non conseguira durmir en toda a

noite. Unha semana despois de todo aquilo, meus pais viñeron a verme.

Levaban un mes sen chamarme e aproveitei para contarlle como sen facer eu

nada grave, os enfermeiros e enfermeiras me trataran como se fose un animal.

Tamén lle contei que a nova medicación me producía alucinacións e me facía

oír voces e ter terribles pesadelos. Meus pais non viñan en realidade a

visitarme, senón a sacarme de alí. Recordo aquel día coma un dos máis felices

e esperanzadores en moito tempo. Os médicos aseguráranlle a meus pais que

non resistiría máis de un mes e medio sen a medicación. Teño que dicir que

levo case tres anos sen tomar aqueles malditos velenos, despois de seguilos a

tomar durante sete fatídicos meses máis nos que non quería nin saír da casa,

por vergoña a que se desen conta da miña situación. Ademais, retomei os

estudos e aprobei o bacharelato, e en setembro comezo a estudar a carreira de

Historia do Arte. Pero, dende hai uns tres ou catro meses, a paz interior que co

Page 19: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

tempo logrei acadar, parece comezar a perigar. Non deixo de recordar como as

medicacións me impedían ver nitidamente a realidade, pútrida, con unha atonía

inquebrantable, ou quizais peor ca iso. Ou como a luz resultaba profusamente

ornamental e cunha consistencia férrea e oxidada, con ese inevitable rasquizo

de dor. E era como se as partículas do aire conformasen ante min unha

translúcida barreira de emocións, unha inimiga que parecía coñecer os

recunchos máis inaprensibles e reveladores que conforman o meu interior. Era

como se as obsesións moldearan a miña imaxinación, así como os recordos

que esta gardaba, os cales, adoptaran a consistencia máis agrisada

imaxinable. Son consciente de que, a pesares de acadar un estado que me

permite vivir con certa liberdade e sen aquela opresión metafísica, o pasado

sempre volve. E noto como este intenta impoñerse ante a miña simulada

oposición. Cando a ilusión desaparece, parece como se se condensase na luz

que nos rodea. Aínda que para nós será inescrutable, e teremos que

conformarnos con contemplala. O pracer non será máis ca un látego co que

producirnos dor. Por iso, un trataba de amar a vida e era incapaz; un trataba de

odiar aos que facían imposible a súa, e era incapaz. Porque o mundo era o

pracer para un. E o pracer non será máis ca un modo de flaxelarse

indefinidamente. Canto máis débil é a ilusión (o soño que nos move ao vivir),

máis impregnado de dor estará o ambiente e máis inexpugnable e irrespirable

será este, como rodeado dun vermello abrasante que, ás veces,

inexplicablemente, se torna xélido. E a xente, lonxe de percibir a martelante dor

(e tan perturbadora que te bloquea) que incesantemente te aflixe, rirase de ti.

Quizais, a vida só sexa un soño que a un xenio invisible e encapsulado

nalgunha recóndita parte da nosa mente, se lle antolla crear. Eu percibía esta

Page 20: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

realidade en min, pero, sobre todo, era o percibilo no mundo, nos demais, o

que me producía a dor e os estados case hipnóticos (ou quizais sexan todo o

contrario) nos que me vía inmerso. Nos demais, o mero feito de ser as brancas

teclas que o pianista pulsa, é, en certo modo, unha maneira de sobrevivir (non

vou facer referencia á automaticidade que caracteriza tal fenómeno). Ese

percibir no mundo (na xente, máis ca nada) esa idea metafísica, significará

para un, irremediablemente, traspasar o seu soño para inmiscirse no soño do

mundo enteiro. E ás veces, cando a agrisada e case sempre temible nada te

envolve, a vida, consciente e libre, é arrepiante. E é que cando un acada a

verdadeira liberdade, a posibilidade de que esta se desvaneza por completo

non deixará de perseguirnos, e nós terémolo que acatar coa resignación máis

desconcertante, e a menos que as emocións máis gratificantes produzan o

contrario, significará soamente ser consciente desta, a costa do efecto que a

realidade produce sobre a nosa sensibilidade, unha sensibilidade que, ás

veces, lle poden cousas tan sinxelas coma as meras formas que conforman o

corpo de determinadas mulleres, ou as cores e texturas da roupa que levan (en

combinación coa súa cara, os seus cabelos ou os seus ollos) Sempre crin

percibir o medo coma algo que non formaba totalmente parte de min; percibíao

coma parte da realidade, coma se vendo un cadro pictórico, de súpeto, as

sensacións que este nos suscita se concentrasen nun único punto, e ese punto

fose un pasadizo recóndito ao éxtase, un pasadizo especial ao que só

poderemos acceder mediante a imaxinación. O medo é en min coma unha

obsesión volátil, coma un cúmulo de emocións dispersas que dotan aos

pensamentos dunha diáfana capacidade para franquear o nebuloso manto que

hai sobre a realidade que percibimos. Pero, ás veces, corro o perigo de quedar

Page 21: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

atrapado nas súas redes, e a agrisada nebulosidade disfrazarase de liberdade,

pero será unha liberdade dolorosa e indesexable. Creo que cando a ilusión se

desvaneza por completo, estarei perdido. Non son capaz de vivir sen esta nin

un segundo. Non son coma os demais. E sempre teño que aferrarme ao influxo

dos soños. E modificalo segundo me conveña. Aínda que o que eu faga non

será a clave. Só un minúsculo e insuficiente fragmento de esperanza.

1º PREMIO DE POESÍA

FERNANDO OLMEDO SÚAREZ (2º DE BACHARELATO)

Galicia

Dende a cornixa extensa e infinda do fermoso labrado, o pé do río, en longuísimas terrazas que baixan a beber del, o traballo incansábel do home esforzado na labor da terra, non pode parecer, senón fermoso en si mesmo... Plantíos antonte sen traballar son o soño do labrego humilde. Unha hortiña, onde cultivar baixo un sol protector, co aire húmido desta nosa terra

Page 22: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

enchendo o peito a cada bocalada, esforzo mil veces gratificado no xermolar das nabizas, do millo, dos repolos e as leitugas, na forma en que se insinúan as folliñas das cebolas, a festa na recollida da uva... o traballar arreo e ver como este vai transformándoo todo ata arrincar a vida da terra baleira. Soño do galego de seu. O esforzo imperativo que representa enfrontarse ó mar, día tras día, exiliado nun barco ós mares distantes. Poñer a vida, arriscalo todo para arrincarlle o peixe os océanos, lonxe, tan lonxe do lar. Vida en tensión constante, pola posibilidade dunha volta de mar embravecido, do vento encetado ou dunha brétema tal que apenas vense os compañeiros a tan só catro pasos dos ollos dun.

Page 23: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

E días de sol e pesca a moreas, fortalecidos os homes no labor esgotador das redes, escorrentados da mordedura da fame dos días sen traballo, desexando sempre, volver ver os rostros mil veces amados tan lonxe e tan fondos na alma. Pero tamén o feito de ver portos novos, rumbos distintos, vivencias do mar que alí quedarán, que ó volver non serán parte da historia contada, máis que afondan na alma e forxan os carácteres. Mares máis negros, máis fondos que pozos na alma de ningún preguiceiro, xa foron polos mariñeiros viaxados. Terra, mar, rocha vella e rocha nova, remorsos dun compromiso adquirido, sangue que se acende nas veas, que latexa no pulso de forma irrevogábel o escoitar historias da terra e do mar que tanto me evocan o teu nome, Galicia, nai de conciencias, de traballos, de pesares, ledicias e dores, dun xeito de vivir honrado,

Page 24: Acta e os traballos premiados no XXIV concurso literario deste ano 2011

esforzado e respectuoso coa natureza, Galicia, nai bendita e amada, país dos nosos avós, nas raíces da túa terra faise real a patria polos teus fillos soñada.

Pseudónimo: Amoriños das silveiras