10
Actividades: O adxectivo

Actividades adxectivo

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Actividades adxectivo

Actividades: O adxectivo

Page 2: Actividades adxectivo

POSITIVO

COMPARATIVO IGUALDADE

INFERIORIDADE

SUPERIORIDADE

SUPERLATIVO RELATIVO

ABSOLUTO

1.Busca exemplos na lectura de adxectivos e logo clasificaos

segundo o grao.

Page 3: Actividades adxectivo

2. Sinala a que substantivos modifican ou complementan os

adxectivos que tiramos da lectura da unidade.

cortesá artúrica enrevesado

mellor inseguro espectaculares

Page 4: Actividades adxectivo

3. Indica que función cumpren os adxectivos que tiramos da lectura

desta unidade nas seguintes oracións.

“…tódalas forzas da lembranza(…) se lle agolpaban se súpeto

na cabeza(…) deixándoo postrado e incapaz.”

“todo o tempo transcorrido (…) revelábaselle inútil.”

•Citade vós agora outros exemplos e ide anotándoos no encerado.

•Busca tres frases nominais no texto e mira cal é a función do

substantivo ou frase substantiva.

Page 5: Actividades adxectivo

4. Distingue no seguinte texto os adxectivos e os substantivos

Estas son as fondas lembranzas, da nobre e amada terra da Ulla, dun

neno e dun adolescente; os ollos, apaixonados e remelucentes de

febre, da miña nai; o meu pai ergueito e forte coa súa escopeta

encolgada; as miñas irmás correndo felices entre os buxos e os mirtos

do xardín; os meus avós, sempre cheos de cariño; os paisanos coas

súas historias; Doloriñas e Florinda, tan lanzais, fermosas e risoñas;

as mazás, caendo, perfectas e redondas sobre a herba, na dozura

dourada e branca das tardes de setembro…

Xosé María Castroviejo, Memorias dunha terra

Page 6: Actividades adxectivo

5. Clasifica os adxectivos dos seguintes exemplos en explicativos

ou especificativos.

a) Tivemos moito medo, pois a negra noite víñasenos enriba.

b) Chamamos a Pedro porque a súa filla pequena enfermara.

c) Que fría está a auga nestas praias!

d) A fermosa paisaxe encheu o ceo azul de esperanza.

Page 7: Actividades adxectivo

6. Analiza o grao do adxectivo nas seguintes frases.

Henrique ficou moi asustado ao ver o lobo.

Estas laranxas están máis maduras que as outras.

Hoxe é un día sinaladísimo: o meu aniversario.

Alexia estaba superfeliz cando chegou o seu mozo.

As augas do encoro son perigosas.

Son tan seguidor do Pontevedra coma ti.

É a mellor poetisa do país.

Page 8: Actividades adxectivo

7. Utiliza correctamente as partículas comparativas.

É máis alto ___________ o seu amigo.

Son tan valentes _________ nós.

Eses galgos corren máis ________dixeron.

Son mellores os melóns ____________ as sandías.

É máis agradable a vida na vila ___________ na gran cidade.

Page 9: Actividades adxectivo

8. Escribe enunciados coas seguintes series de palabras

empregando a forma do superlativo relativo.

mercado

coche

rápido

coñecido

Galicia

escritor

ficción

interesante

libro

falada

mundo

lingua

Page 10: Actividades adxectivo

Os nenos estaban abraidados co espectáculo de maxia.

A miña gatiña parece moi mansiña.

Onte cheguei excesivamente cansa da viaxe á Lisboa.

Ten un gato moi listo que sabe quen abre a porta polo ruído das

chaves.

Os seus ollos verdes facían xogo coa auga verde da espectacular

praia da Lanzada.

As laranxas aínda están moi verdes no mes de agosto.

9. Localiza as frases adxectivas destes enunciados e analízaas sintacticamente.