2
MOVEMENTO OBREIRO 1-. Le o documento e contesta. a) Por que protestan os traballadores da fábrica?. b) Por que rompen as máquinas? Como se chama este tipo de protesta? c) Onde se produciron este tipo de protestas por primeira vez? por que? Foi quemada a fábrica de tecidos e fundición de ferro dos señores bonaplata e Cía en Barcelona. As autoridades (…) enviaron toda a forza da que se podía dispor, co fin de atallar o incendio; máis foi inutil, xa que estaban determinados a facelo, conencidos de que os teares movidos por máquinas diminuían a producción do traballo manual. (…) resultaron da refriega varios mortos e feridos. 2-. Le o documento e contesta a) Fíxate na situación que se expón no primeiro párrafo: era isto o habitual na ápoca? por que? b) Expón a situación na que vivía a clase obreira na época. c) Por que cres que se prohibiron as asociacións obreiras? quen podía beneficiar estas asociacións? por que isto era tan importante para os obreiros? d) Que é un sindicato? cando nacen? que obxectivos tiñan? e) Que é unha folga?. Señores deputados das Cortes Constituíntes: Hai anos que a nosa clase vai camiñando a súa ruína. Os salarios diminúen. O prezo dos comestibles e das habitacións e máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que reducir cada día o círculo das nosas necesidades, mandar ó taller ás nosas esposas (…), sacrificar (…) ós nosos fillos a un traballo prematuro. O mal é gravísimo, urxe remedio, e esperámolo de vos. (…) Pedímosvos unicamente o libre exercicio dun dereito: o deereito a asociarnos. Hoxe só o temos para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta de traballo; concédasenos en diante para poder opoñernos ás desmedidas exisencias dos donos dos tallers, establecer, de acordo con eles, tarifas de salarios (…). Petición presentada por 33.000 obreiros nas Cortes (1855) 3-. Le o documento e contesta: a) Que quere dicir “traballadores das clases de vapor”? b) Por que protestan? Cantas horas traballan as mulleres de Valls? Era habitual esta situación na época? c) Que é a A.I.T? cando chega a España? por que nesa época? Quen participou nesta asociación? Falan os distintos delegados no Congreso da Asociación Internacional de Traballadores AIT en Barcelona.: “Os traballadores das clases de vapor de Cataluña estamos escravizados dende as cinco da mañá ata horas avanzadas da noite (…). En Reus, onde hai fábricas de primeiro orden, os traballadores sofren atrozmente, obrigados a traballar moitas horas por un escaso xornal (…). En Valls traballan as mulleres catorce ou quince hora por oito ou dez miserables pesetas (…)”.

Actividades Movemento Obreiro

Embed Size (px)

DESCRIPTION

exercicios sobre o movemento obreiro

Citation preview

Page 1: Actividades Movemento Obreiro

MOVEMENTO OBREIRO

1-. Le o documento e contesta.

a) Por que protestan os traballadores da fábrica?. b) Por que rompen as máquinas? Como se chama este tipo de protesta? c) Onde se produciron este tipo de protestas por primeira vez? por que?

Foi quemada a fábrica de tecidos e fundición de ferro dos señores bonaplata e Cía en Barcelona. As autoridades (…) enviaron toda a forza da que se podía dispor, co fin de atallar o incendio; máis foi inutil, xa que estaban determinados a facelo, conencidos de que os teares movidos por máquinas diminuían a producción do traballo manual. (…) resultaron da refriega varios mortos e feridos.

2-. Le o documento e contesta

a) Fíxate na situación que se expón no primeiro párrafo: era isto o habitual na ápoca? por que?

b) Expón a situación na que vivía a clase obreira na época. c) Por que cres que se prohibiron as asociacións obreiras? quen podía beneficiar estas

asociacións? por que isto era tan importante para os obreiros?

d) Que é un sindicato? cando nacen? que obxectivos tiñan? e) Que é unha folga?.

Señores deputados das Cortes Constituíntes: Hai anos que a nosa clase vai camiñando a súa ruína. Os salarios diminúen. O prezo dos comestibles e das habitacións e máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que reducir cada día o círculo das nosas necesidades, mandar ó taller ás nosas esposas (…), sacrificar (…) ós nosos fillos a un traballo prematuro.

O mal é gravísimo, urxe remedio, e esperámolo de vos. (…) Pedímosvos unicamente o libre exercicio dun dereito: o deereito a asociarnos. Hoxe só o temos para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta de traballo; concédasenos en diante para poder opoñernos ás desmedidas exisencias dos donos dos tallers, establecer, de acordo con eles, tarifas de salarios (…).

Petición presentada por 33.000 obreiros nas Cortes (1855)

3-. Le o documento e contesta:

a) Que quere dicir “traballadores das clases de vapor”? b) Por que protestan? Cantas horas traballan as mulleres de Valls? Era habitual esta

situación na época?

c) Que é a A.I.T? cando chega a España? por que nesa época? Quen participou nesta asociación?

Falan os distintos delegados no Congreso da Asociación Internacional de Traballadores AIT en Barcelona.: “Os traballadores das clases de vapor de Cataluña estamos escravizados dende as cinco da mañá ata horas avanzadas da noite (…). En Reus, onde hai fábricas de primeiro orden, os traballadores sofren atrozmente, obrigados a traballar moitas horas por un escaso xornal (…). En Valls traballan as mulleres catorce ou quince hora por oito ou dez miserables pesetas (…)”.

Page 2: Actividades Movemento Obreiro

4-. Le o documento e contesta:

a) Resume o texto b) Que obxectivos ten a AIT?. c) Con cal das ideologías do movemento obreiro relacionas mellor o documento? Xustifica

a túa desposta co texto.

Queremos a abolición de todas as clases sociais e a súa conversión nunha soa de productores libres, honrados e intelixentes. (…) Queremos que os instrumentos de traballo, a terra, as minas, as fábricas (…) sexan propiedade da sociedade enteira sendo utilizadas unicamente polas colectividades obreiras (…) e no seu seo recibirá o obreiro o producto íntegro do seu traballo (…) Este é o socialismo que proclama a internacional; en economía o colectivismo; en política a anarquía. O colectivismo, é dicir, a propiedade común dos instrumentos de traballo, utilización dos mesmos polas colectividades obreiras que os fagan producir directamente, e propiedade individual do froito íntegro do traballo de cada quen. A anarquía, é dicir, a abolición dos gobernos, ou sexa, a súa conversión en simples administradores dos intereses colectivos. ¡Traballadores: saúde e xustiza social!.

5-. Le o documento e contesta

a) Con cal das ideoloxías do movemento obreiro relacionas mellor o documento? Xustifica a túa desposta co texto.

b) Que aspectos deste documento non serían aceptables para os anarquistas? Xustifica a túa esposta co texto.

c) A quen se refire a última frase do texto? d) Cando se produce a ruptura entre anarquistas e marxistas? Que organizacións se

forman?, cales teñen máis influencia na clase obreira a inicios de século XX?

O partido socialista declara que ten por aspiracións: 1. A posesión do poder político pola clase traballadora. 2. A transformación da propiedade individual ou corporativa dos instrumentos de traballo en

propiedade colectiva, social ou común. Entendemos por instrumentos de traballo a terra, as minas, os transportes, as fábricas, ma´quinas, (…).

3. A organización da sociedade sobre a base da federación económica, o usufructo dos instrumentos de traballo polas colectividades obreiras, garantido a todos os seus membros o producto total do seu traballo (…) En suma: o ideal dom Partido Socialista é unha completa emancipiación da clase traballadora; e decir, a abolición de todas as clases sociais e a súa conversión nunca sociedade de traballadores, donos do froito do seu traballo, libres a iguais, honrados e inteligentes (…)

Dono o proletariado do poder político, valerase del, non para tiranizar a unha parte da familia obreira, como equivocadamente(…) sosteñen certos elementos revolucionarios, senón para arrancar a burguesía todos os seus pivilexios e monopolios e reducir ós seus individuos á categoría de simples productores. Programa do PSOE 1888