View
314
Download
6
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Libro-catálogo de actividades das Bibliotecas Municipais da Coruña editado co gallo da inauguración da Biblioteca Ágora en xaneiro de 2011
Citation preview
No labor constante de promoción da lectura que desenvolvemos desde as
Bibliotecas Municipais non quedamos unicamente dentro dos noso espazos
ou reducimos as nosas propostas a aquelas iniciativas e liñas de traballo
máis habituais ou convencionais.
A interacción coa cidade e os seus espazos de vida e de relación, por un
lado, e o achegamento á veciñanza dos barrios, por outro, son sinais de
identidade de moitas das nosas actividades, coas que pretendemos atender
ao conxunto da cidadanía plural e diversa que somos.
A continuación poderás botar unha ollada, a través dos seus carteis
e deseños, a moitas das actividades conxuntas que desenvolvemos
ao longo destes anos desde as Bibliotecas Municipais da Coruña.
AMÓSANOS O QUE LESConcurso fotográfico con espectaculares resultados.
APROVEITA E LECampaña de difusión das Bibliotecas da cidade
ARROLOSCon Cantar e contar desde o principio levamos música ás bibliotecas para o desfrute dos máis pequenos e pequenas e os seus pais e nais. Aquí tes un vídeo.
A CIDADE QUE LENo 2010 desde a Concellaría de Cultura e as Bibliotecas Municipais desenvolveuse un programa de promoción da lectura na cidade, que tocou moi diversos aspectos. Con orgullo, fomos unha cidade culta, divertida e lectora.
BRÉTEMA CAMIÑO PAPAGEI
BIBLIOCLIPSLanzamos a convocatoria para a realización de spots das Bibliotecas Municipais e estas foron as curtas gañadoras
FLASHTOPNós convocamos, e vós acudistes. Centos de persoas lendo en voz alta, á vez, no Obelisco. Velaquí o vídeo
CONSULTORIO DE LECTURA 2010Bata branca, termómetros, estetoscopio e... receta! Os bibliotecarios e bibliotecarias recetamos lecturas en función das doenzas dos e das pacientes
http://clublecturacoruna.wordpress.com/
Blog de libre participación dos clubs presenciais
de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña.
http://peacarballo.wordpress.com/
Corto e cambio é un dos blogs das Bibliotecas
Municipais da Coruña onde publicamos relatos
curtos, contos, recomendacións de libros...
BLOGSEstes son os distintos blogs das Bibliotecas Municipais, dirixidos aos usuarios e usuarias non presenciais.
http://bebeteca.wordpress.com
Blog da Bebeteca da Biblioteca Municipal
do Fórum Metropolitano.
http://ccibiblio.wordpress.com/
No noso Club de Ciencia e Investigación reúnense rapaces e rapazas de entre 9
e 13 anos con espírito aventureir e curiosidade científica. Promociónase o hábito
lector dun xeito dinámico facilitando a aprendizaxe e a imaxinación e animando
aos máis pequenos a que realicen a súa propia investigación.
CAIXIÑAS DOS MISTOSMáis curtas nas bibliotecas
BUS E TRENTodos os anos, polo día Internacional do Libro, acudimos
ás estacións de bus e tren con moreas de libros para facer
os percorridos dos viaxeiros e viaxeiras máis levadeiros
CCIClub de ciencia e investigación, un programa dirixido a mozos e mozas de entre 9 e 13 anos que ten lugar na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, Fórum Metropolitano e Ágora.
Do 22 de novembro ao 15 de decembro de 2010. Dentro dos actos de
celebración do ANO DO LIBRO E A LECTURA, as Bibliotecas Municipais
visitarán o Hospital Materno Infantil “Teresa Herrera” para agasallar
cun libro e o carné de socia/o ás familias que acaban de ter un bebé.
Benvidas/os á cidade que le.
CUN LIBRO DEBAIXO DO BRAZOAchegámonos aos hospitais da Coruña para facer unha visita moi especial ás e aos bebés nados eses días na nosa cidade. Este é o carné que lles fixemos.
LETRAS NOS MERCADOSPorque as letras chegan a todas partes, quixemos que as Bibliotecas Municipais tamén, e alá nos fomos aos mercados municipais
RUTA DO BACALLAUDa man dos nosos bibliotecarios, e dun xeito animado e divertido, fixemos un percorrido polos mercados da cidade, detivémonos en cada un dos postos e descubrimos algunha sorpresa xogando na sección téxtil, deixando voar a imaxinación entre as froitas e as verduras, gozando coas riquísimas carnes... e como guinda final, relambéndomonos coa mellor das reposterías.
MERENDAS CON CONTOSEsta é outra actividade que ten lugar en todas as Bibliotecas Municipais, todos os días da semana. Dirixido a un público de 3 a 7 anos, dámonos cita nas distintas biblios e... merendamos contos!
OS RATAPÓN NA GALICIA DAS MARABILLASA familia Ratapón non para no verán. Colle vacacións das Merendas con contos, si, mais aproveita para viaxar polo noso país e para coñecer algúns dos seus espazos máis singulares. E con ela os nosos lectores e lectoras máis peques.
CONSULTORIO DE LECTURAPara cada lector ou lectora unha receita. Hai quen precisa muscular as ideas con ensaio, quen quere vivir aventuras desde a narrativa, quen busca luces na noite desde os poemas, quen precisa da banda deseñada para coñecer outros mundos. E nisto, os nosos bibliotecarios e bibliotecarias son os mellores doutores.
VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICOAs Bibliotecas Municipais da Coruña participan no Viñetas desde o Atlántico con actividades, préstamo de comics e difusión do nosos fondos e iniciativas, como o blog Fancomic.
No labor constante de promoción da lectura que desenvolvemos desde as
Bibliotecas Municipais non quedamos unicamente dentro dos noso espazos
ou reducimos as nosas propostas a aquelas iniciativas e liñas de traballo
máis habituais ou convencionais.
A interacción coa cidade e os seus espazos de vida e de relación, por un
lado, e o achegamento á veciñanza dos barrios, por outro, son sinais de
identidade de moitas das nosas actividades, coas que pretendemos atender
ao conxunto da cidadanía plural e diversa que somos.
A continuación poderás botar unha ollada a moitas das actividades que
desenvolvemos ao longo destes anos desde cada unha das Bibliotecas
Municipais da Coruña.
Sagrada familia
R/ Antonio Pereira, 1-3º / T. 981 184 [email protected]
Sagrada familia
CLASES DE ESPAÑOLGrazas á colaboración de profesorado
experto as bibliotecas poden ofrecer
e difundir cursiños de lingua española.
Esta formación considérase básica
para calquera persoa inmigrante dunha
área non españolfalante e unha axuda
fundamental na integración social e
laboral dos recén chegados á nosa
cidade e ao seu entorno.
Sagrada familia
O CLUB DOS SETE MEDOSAs bibliotecarias de Sagrada Familia
conduciranvos polos camiños tortuosos
do medo. Cos fidedignos testemuños
de amigos e o legado de autores
consagrados como Poe, Bécquer ou
Lovecraft, reviviremos lendas locais
e escoitaremos relatos que falan
de corazóns que latexan despois de
mortos, estátuas que cobran vida e
deuses primixenios. Estade previdos,
porque “no seu fogar de R’lyeh, Cthulhu
xace esperando durmido”.
Sagrada familia
XOVES NA SAGRADAConcertos entre libros que fan un
percorrido polo universo musical que
conforman as diferentes culturas.
ALINE FRAZAO
SKARALLAOS
THE UNDERSCORE ORKESTRA
Castrillón
Praza Pablo Iglesias, s/n / T. 981 184 [email protected]
Castrillón
AS OBRAS DE ARTE DA BIBLIOTECAA biblioteca do Castrillón dá a coñecer
diferentes manifestacións artísticas
priorizando a presenza de autores da cidade.
A biblioteca como espazo que sirva tamén
como lugar para a expresión e creativididade.
FOTOS-RETRATO, DOS USUARIOS DA BIBLIOTECA DE MIGUEL FERNANDEZ, DE FOTOGRAFÍA TAM-TAM
ESCULTURAS “PEQUEÑO MATÓN”, “MADERO”, “AIRHEAD” DE “CHICHERI”CADROS “ARPA” E “HUÉSPEDES EN LA NIEBLA” DE XURXO GÓMEZ CHAO
FOTOS-VINILOS DOS CASTROS DE XOSÉ ABAD
Castrillón
CLUB DE LECTURAO club de lectura diríxese a rapaces e rapazas
de 12 anos. A súa premisa rectora é que sexa
sobre todo unha actividade lúdica, ler por ler,
polo pracer de ler, afastada de manifestacións
escolares. Presentar a lectura como unha opción
válida para desenvolver no tempo de ocio e,
a ser posible, como unha opción preferente.
Interésanos dar a coñecer, ao tempo, outras
artes (música, cinema, ...), que son recursos moi
utilizados en clubes de adultos.
Castrillón
VIAXE EN FAMILIAViaxa en familia é unha actividade de promoción
lectora orientada á familias con nenos ata 12
anos de idade. Vai dirixida a todos os membros
da unidade familiar, poñendo diferentes tipos de
documentos á súa disposición.
Este proxecto parte da base de que a familia ten
un papel fundamental e decisivo na consecución
dunha actitude positiva cara a lectura como
experiencia gratificante. O fogar é o lugar
privilexiado onde espertar o gusto pola lectura
e crear o hábito lector, e a biblioteca pretende
apoiar, continuar e fomentar este gusto pola
lectura.
Cada maleta contén un conxunto de obras e unha
pequena carpeta na que se adxunta: propostas de
lectura para verán, recomendacións literarias
e consellos de lectura na casa.
Castrillón
VOLUNTARIADO E PRÉSTAMO A DOMICILIOCon este programa ponse en marcha un servizo
que permite recibir libros, revistas, cd, dvd no propio
domicilio.
É un servizo pensado para persoas que teñan
reducida a súa mobilidade de forma temporal
ou permanente.
OBXECTIVOS:
_Dar a coñecer, promover e facilitar o uso da
biblioteca entre este colectivo.
_Estimular a capacidade de relación e a capacidade
comunicativa.
_Satisfacer as necesidades informativas dos
beneficiarios do servizo.
PARTICIPACIÓN VOLUNTARIA:
O voluntario colabora na eliminación dunha situación
de discriminación actuando de intermediario entre a
biblioteca e as persoas con problemas de mobilidade,
facilitándolles que podan utilizar a biblioteca de forma
regular e gratuita.
@S VOLUNTARI@S:
_Proporciona información sobre servizos e fondos
_Chega e recolle documentos
_Recolle información sobre os intereses dos usuarios
_Fai recomendacións
_Prepara guías de lectura
_Leva lista de novidades
Na prensa Telelibro i dígame?
R/ Río Monelos, 1 / T. 981 184 [email protected]
FORUMETROPOLITANO
CURSOS DE ARANZADIWestlaw ES é o servizo xurídico on-line da Editorial
Aranzadi. Co obxectivo de coñecer e manexar
a Base de Datos Westlaw, accesible a través de
Internet, a biblioteca ofrece varios cursos para
explicar que é Westlaw/Aranzadi, que servizos nos
ofrece e como buscar a información.
FORUMETROPOLITANO
NUNCA É TARDEA aprendizaxe non é exclusiva de ningunha etapa do
individuo; as persoas necesitan e requiren oportunidades
de aprendizaxe durante toda a vida para desenvolver as
súas competencias e enriquecerse de xeito continuo como
cidadáns e cidadás. O programa de formación “Nunca
é tarde” está destinado para persoas adultas que non
perderon as ganas de aprender co paso dos anos.
FORUMETROPOLITANO
OS NOSOS CONTOSAs máxicas e sorprendentes cores de Maelón,
o camaleón mascota de Os Nosos Contos,
transfórmanse nunha morea de historias para contar,
cantar e soñar, da man da Gardiá dos Contos.
FORUMETROPOLITANO
Monte Alto
Praza de los Abuelos, s/n 3º / T. 981 184 [email protected]
Monte Alto
ADCORNo centro cívico de Monte Alto, ademais da
biblioteca, atópase o centro de día ADCOR.
Trátase dun colectivo de 20-25 adultos
discapacitados psíquicos con incapacidades
físicas que acoden a diario á biblioteca utilizando
os servizos que se lle ofertan especialmente.
Durante estes anos organizáronse diferentes
actividades sempre en estreita colaboración co
persoal que traballa con este colectivo.
Monte Alto
BIBLIOPRAZADende o ano 2006, a Biblioteca Municipal de
Monte Alto trasládase durante uns días do mes
de xuño ao Campo de Marte, coa finalidade de
se promocionar diante dos veciños do barrio.
Deste xeito instálanse cadeiras, mesas, parasoles,
esterillas… cheas de libros, revistas, audiovisuais…
e organízase un contacontos, todo para crear
un ambiente máxico e lúdico fóra do marco
da biblioteca.
Monte Alto
CONTOS E CANTOSActividade dirixida a familias con nenos de 1 a
3 anos, na que a través da música se pretende
espertar o interese polos libros. Trátase de
sesións moi lúdicas e interactivas, onde hai unha
resposta moi positiva por parte dos usuarios
Monte Alto
THE BLOGDende 2008 a 2010 creouse un programa
específico para nenos entre 9 e 12 anos co
obxectivo de fomentar o uso da biblioteca
como fonte de recursos na aprendizaxe do
inglés, incorporando as novas tecnoloxías.
Para isto creouse un blog que servía de eixo á
actividade. http://corunablog.edublosgs.org.
Os Rosales
Praza Elíptica, 1 / T. 981 900 [email protected]
Os Rosales
BEBETECAAs bebetecas son lugares de encontros onde a lectura
é mirar, escoitar e compartir. Dirixidas a familias
con nenos ata os 3 anos, nelas podemos descubrir
outras voces e outras sensacións. Son espazos
pequenos para nenos pequenos, que vos permitirán
compartir momentos xuntos xogando coa lectura. A través de
actividades periódicas o programa intenta orientar as familias
nas primeiras lecturas dos nenos e nenas, proporcionándolles
unha serie de recursos, que poderán empregar para comezar a
estimular a capacidade lectora nos pequenos.
Os Rosales
CAFÉ CON LIBROSEntre libros, literatura e librarías... nace
Café con Libros na biblioteca de Rosales.
Un espazo máxico para intercambiar
opinións sobre lecturas e noticias
literarias, acompañados dun café.
Os Rosales
GALICIA MÓVESEA cultura galega é actual, moderna, diversa,
plural. É cosmopolita porque ten raíz nun
lugar, identidade. É potente por iso, e ao
tempo é aberta e nútrese das demais sen
complexos. Os nosos creadores e creadoras
e as iniciativas máis interesantes e novidosas
están no centro de interese Galicia Móvese e
no seu blog correspondente.
http://galiciamovese.wordpress.com/
Infantil e xuvenil
R/ Durán Loriga, 10 - baixo / T. 981 184 [email protected]
Infantil e xuvenil
PORQUE ME GUSTA O CHEIRO DOS LIBROSOs e as participantes no Taller de Escritura da
Biblioteca Muncipal Infantil e Xuvenil ofreceron un
recital onde amosaron, por vez primeira en público,
os seus textos.
Para algúns rapaces e rapazas de entre 12 e 17 anos
foi a primeira vez que se subiron ás táboas dun
escenario. Outros xa o fixeran con anterioridade para
recibir premios -locais, como o do Instituto Eusebio
da Guarda; estatais, como o Jordi Sierra i Fabra- ao
interpretaren un papel ou unha canción. Porén,
para todos eles foi a primeira vez que amosaron os
seus textos, armados cunha bufanda, un micrófono
e algunha que outra sorpresa. Elaboraron tamén un
vídeo que presentamos no V Congreso Nacional de
Bibliotecas Públicas.
Según Pedro Ramos, coordinador do Taller de
Escritura da Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil ,
“foron eles os que crearon todo o espectáculo. Son os
responsábeis dos textos, mais tamén das rás poéticas
ou dos avionemas, novas criaturas que desenvolveron
xenéticamente nestes catro anos do taller”.
Seguro que Hugo, Ana, Moisés, Marcos, Aida, Ana
P., María, Laura, Sara, Marta, Pedro e Claudia non
esquecerán esta data. Lémbrena vostedes: 16 de abril
ás 12 horas na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil.
Acaba de nacer unha constelación.
1 2 3
Infantil e xuvenil
STOP MOTIONO conto non remata na marxe dos libros e podemos
facer que cobre vida de moitas maneiras. Unha delas
é convertelo nun filme. Esta é a oportunidade creativa
que tiveron as nenas e os nenos participantes no
obradoiro de animación audiovisual Eu tamén animo!,
taller plástico de OQO filmes que se celebrou os venres
do mes de outubro na Biblioteca Durán Loriga dentro
do programa cultural Outonarte en A Coruña.
A partir do conto de OQO editora, A guerra dos
números (CJ 1st Picture Book Awards Premios
de Ilustración 2008) as pequenas e pequenos
desenvolveron coa técnica de stop motion a
animación da obra con imaxe, voz e música. A
plastilina será o material co que se dará vida aos
personaxes desta historia que xoga coas operacións
matemáticas da suma e a resta para trasladar unha
mensaxe pacifista.
Ao final do obradoiro, coas secuencias realizadas cos
grupos de traballo en cada unha das sesións (de tres
horas cada unha) confeccionarase o filme enteiro.
Nestes obradoiros prácticos, as rapazas e rapaces
recibiron información sobre as técnicas tradicionais de
animación e gravación de son. O material empregado
serán cámaras de fotografía, set de iluminación, set de
animación, visores de vídeo ocular, unha televisión e dous
ordenadores portátiles.
Podes ver o resultado do obradoiros Eu tamén animo! no
Instituto Cervantes de Beijing (China) e Utrecht (Holanda):
Estudos locais
R/ Durán Loriga, 10 - 1º / T. 981 184 [email protected]
Estudos locais
A CASCARILLAA Cascarilla é unha actividade que comezou a
executarse na Biblioteca Municipal de Estudos
Locais da Coruña no 2002. Vai dirixido a
nenos e nenas de 1º e 2º da ESO e ten como
obxectivo principal descubrir a Biblioteca e
as súas posibilidades. Estrutúrase en dúas
partes: presentación de fondos e xogo
propiamente dito a través do que, desde un
plantexamento lúdico, se pretende afondar de
forma participativa e dinámica na presentación
realizada na primeira parte.
Estudos locais
CONFERENCIASA BMEL organiza conferencias, de forma
periódica, sobre temas que recollen aspectos
diversos, actuais ou históricos, vinculados ao
ámbito local. Sirva de exemplo a conferencia
títulada “Experiencia vital, un encontro
con Isaac Díaz Pardo”.
Estudos locais
LIBROS PARA VERNos anos 2009 e 2010 a Biblioteca Municipal
de Estudos Locais organizou 2 exposicións
que perseguían dar a coñecer os fondos
que alberga e que adquiren unha dimensión
estética tal que lles permite ser distinguidos
co nome Libros para ver. Este nome xenérico
que recibiron as ditas exposicións pretende
perpetuarse no tempo coa organización de
novas exhibicións de fondos deste tipo.