2
Estimadas familias: Como xa é toda unha tradición no noso centro, un ano máis solicitamos a vosa colaboración para levar a termo a OPERACIÓN QUILO DE NADAL. Esta actividade centrada na educación en valores e educación para o desenvolvemento, ten como obxectivo fundamental sensibilizar ao alumnado e en xeral a toda a comunidade educativa. Estamos ante unha época nas que diversas institucións como A Cociña Económica ou Cáritas non paran de crecer en número de usuarios, e estamos ante unha ocasión marabillosa para aportar o noso grao de area. Así pois, alumnado, profesorado e familias poderán contribuír de maneira voluntaria aportando calquera alimento non perecedeiro, dende o 24 de novembro ata o 10 de decembro. A partir desta data os alimentos serán levados á Cáritas de Ares e á Cociña Económica de Ferrol. Esperamos a vosa colaboración e que participedes xunto cos vosos/as fillos/as para contribuír a facelos máis solidarios e xenerosos fronte aos menos favorecidos. Agradecemos unha vez máis o voso compromiso e participación. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

Actividades Solidarias de Nadal

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Actividades Solidarias de Nadal

OPERACIÓN QUILO DE NADAL

Estimadas familias:

Como xa é toda unha tradición no noso centro, un ano máis solicitamos a vosa colaboración

para levar a termo a OPERACIÓN QUILO DE NADAL. Esta actividade centrada na educación en

valores e educación para o desenvolvemento, ten como obxectivo fundamental sensibilizar ao

alumnado e en xeral a toda a comunidade educativa.

Estamos ante unha época nas que diversas institucións como A Cociña Económica ou Cáritas

non paran de crecer en número de usuarios, e estamos ante unha ocasión marabillosa para

aportar o noso grao de area.

Así pois, alumnado, profesorado e familias poderán contribuír de maneira voluntaria

aportando calquera alimento non perecedeiro, dende o 24 de novembro ata o 10 de

decembro. A partir desta data os alimentos serán levados á Cáritas de Ares e á Cociña

Económica de Ferrol.

Esperamos a vosa colaboración e que participedes xunto cos vosos/as fillos/as para contribuír

a facelos máis solidarios e xenerosos fronte aos menos favorecidos.

Agradecemos unha vez máis o voso compromiso e participación.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

Page 2: Actividades Solidarias de Nadal

MARATÓN SOLIDARIO: VIII CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

Xuntos por un obxectivo común: que todos os nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades.

Dende fai 8 anos celébrase en miles de centros educativos de toda España a Carreira

Quilómetros de Solidariedade. É unha actividade con dobre finalidade: por unha banda,

espertar nos rapaces e rapazas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a

millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos para axudar á

infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.

O alumnado de secundaria do noso centro leva xa 4 anos participando nesta actividade en

colaboración coa ONG “Save the Children”, e este ano por primeira vez, sumaranse os

alumnos/as de primaria e infantil.

Nesta actividade solidaria, o alumnado aboará 1 € (prazo 24 de novembro ata 10 de

decembro) por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carnet de corredor e un diploma

acreditativo de participación.

Pola súa banda, o que” voluntariamente” queira buscar patrocinadores entre os seus

familiares ou achegados, poderá facelo recollendo as súas aportacións a través do carnet de

corredor. Este ano a recadación irá a parar a través de Save the Children a reconstrucción de

infraestructuras escolares en Mali.

Un ano mais, a atleta aresana Paula Mayobre estará connosco e apoiará esta causa coa súa

presenza correndo cos rapaces e rapazas do noso centro.

Agradecemos ao alumnado do noso centro a súa participación e solidariedade e invitamos a

todos os pais e nais a que o xoves 18 de decembro, saian a rúa a apoiar aos nosos corredores

solidarios.

CPI Conde de Fenosa: construíndo un mundo mellor