38
Celia Díaz Núñez

Adivinas (2013)

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Adivinas (2013)

Celia Díaz Núñez

Page 2: Adivinas (2013)

Onte ovo,

hoxe capuchiño;

mañá voarei

coma un paxariño.

Page 3: Adivinas (2013)

Moitas monxiñas

no seu convento;

visitan flores

e fan doce dentro.

Page 4: Adivinas (2013)

Cucurrico non ten ollos,

nin cu, nin bico.

E os fillos de Cucurrico

teñen ollos,

cu

e bico.

Page 5: Adivinas (2013)

A miña amiga e mais eu

andamos a un compás,

coas pernas para adiante

e os ollos para atrás.

Page 6: Adivinas (2013)

Alto me vexo

no meu capelexo;

por unha risada

perdín a miña anada.

Page 7: Adivinas (2013)

Alta me vexo

no meu lugarexo;

Mouros vexo vir

e non lles podo fuxir.

Page 8: Adivinas (2013)

Levo a casa ao lombo,

ando sen ter unha pata;

vou marcando o pasiño

deixando un camiño de prata.

Page 9: Adivinas (2013)

Un pratiño de abelás,

que acordan pola noite

e déitanse pola mañá.

Page 10: Adivinas (2013)

Unha saba branca

sen algodón

que cobre a terra

toda

e o río non.

Page 11: Adivinas (2013)

Alto Pepiño

redondo molete,

que chova, que neve,

que non se derrete.

Page 12: Adivinas (2013)

Eu son o amoque manda aquí,teño unha crencha de cor rubí,e o neno guapo esperto así:Qui qui riqui qui!

Page 13: Adivinas (2013)

Vive na montaña,

dúas sílabas ten

e polos dous lados

o mesmo se le.

Page 14: Adivinas (2013)

Verde coma o mato

e mato non é;

fala coa xente

e xente non é.

Que cousa

cousiña é ?

Page 15: Adivinas (2013)

Adiviña, adiviña,

cal é o bicho pequeño

sen óso nin espiña?

Page 16: Adivinas (2013)

Voarei onde me mandes,

sexa onde sexa irei,

aínda que non teña ás,

aínda que non teña pés.

Page 17: Adivinas (2013)

A pesar de ter patas

non me podo mover;

teño ás costas a comida

e non a podo comer.

Page 18: Adivinas (2013)

Cen damas mouras

van polo camiño,

nin erguen po

nin fan bulicio

ata deixar

a carga do trigo.

Page 19: Adivinas (2013)

Dúas torres

altas,

dous miradores,

un espantamoscas

e catro

andadores.

Page 20: Adivinas (2013)

Fume e ruído produce

ao subir, cortando o aire,

pero aínda fai máis barullo

ao final da súa viaxe.

Page 21: Adivinas (2013)

Anda de burato en

burato

coas tripas de

arrastro…

Page 22: Adivinas (2013)

Entre trinta e dúas pezas

brancas

está unha moura encantada;

que chova, que vaia sol,

ela sempre está mollada.

Page 23: Adivinas (2013)

Eran sete irmáns,

moraban sós nunha rúa;

cando un erraba a casa

todos erraban a súa.

Page 24: Adivinas (2013)

Son moi bonito por

diante

e moi feo por atrás;

cambio a cada intre

e arremedo aos demais.

Page 25: Adivinas (2013)

Campo branco,

flores negras,

un arado

e cinco eguas.

Page 26: Adivinas (2013)

Catro monxas

nun convento

onde non entra

nin luz nin vento.

Page 27: Adivinas (2013)

Que é, que é?

Unha cousiña marela

Sen porta nin xanela?

Page 28: Adivinas (2013)

Por sombreiro ten

un sombreiro verde,

saia amarela

que está baixo a terra.

Que dona é ela?

Page 29: Adivinas (2013)

Desde Santiago á Coruña

sen moverse alá chegou;

se choveu, mollouse abondo,

se non, enxoito quedou.

Page 30: Adivinas (2013)

Camiño branco,

verde pradeira,

casa encarnada

e veciñas negras.

Page 31: Adivinas (2013)

Igrexiña pequeniña,

sacristán rebulidor.

Os santiños que están dentro

sonche da mesma color.

Nunha estancia abobedada

onde o eco se recrea,

un batallón de soldados

repartidos en dúas reas.

Non son máis fortes os

machos,

que son máis fortes as femias,

e, unha muller, entre eles,

por faladora, está presa.

Entre tellas e tellados,

hai unha dama encantada.

Que chova, que faga sol,

sempre a dama está mollada.

Entre moitas pedras brancas,

hai unha moura encantada.

Que chova, que faga sol,

sempre a dama está mollada.

Igrexiña pequeniña,

abade revolvedor,

e todos os seus fregueses

Sentadiños arredor.

(Xulio Cobas, Adiviñas para xogar)

Page 32: Adivinas (2013)

As nosas adiviñas

Creamos, inventamos,

poñemos a proba a nosa

imaxinación...

Page 33: Adivinas (2013)

Un xigante con tres ollos

cada un da súa cor,

ábreos e péchaos lixeiro

e axuda ao condutor.

Un xigante con tres ollos,

que sen cesar se iluminan;

e os que van pasar a rúa,

todos, todiños o miran.

Un xigante con tres ollos,

Ben espetado no chan

que sempre os vai chiscando

aos que veñen e aos que van.

Page 34: Adivinas (2013)

1. Eliximos un obxecto común, do noso

contorno habitual.

2. Observámolo como se o vísemos por

primeira vez: a súa forma, color, volume,

olor, función… Preguntámonos con que

outro obxecto o podemos comparar. Deste

modo, creamos metáforas, comparacións,

personificacións…

3. Elaboramos unha definición dese obxecto

mediante estes recursos expresivos e

escríbímola en forma de estrofa de 4 versos,

con rima nos pares.

Page 35: Adivinas (2013)

Algúns exemplos:

• Imaxinamos un semáforo e buscamos

metáforas ou personificacións para

describilo

Page 36: Adivinas (2013)

1)

Sempre está chiscando os ollos,

cando a rúa vou cruzar...

2)

Sempre está chiscando os ollos,

cando a rúa vou cruzar.

Porque el é o meu amigo

e axúdame a pasar.

Page 37: Adivinas (2013)

1)

Unha árbore sen follas...

2)

Unha árbore sen follas,

de luces iluminada...

3)

Unha árbore sen follas,

de luces iluminada,

que a todos nos axuda

para cruzar a calzada.

Page 38: Adivinas (2013)

E agora ti...