10

ALCUMES DA NOSA ZONA

  • Upload
    larue

  • View
    59

  • Download
    0

Embed Size (px)

DESCRIPTION

ALCUMES DA NOSA ZONA. TEMA: OS ALCUMES. ÍNDICE: INTRODUCCIÓN. ORIXE DOS ALCUMES. ALCUMES HABITUAIS DA ZONA DE BERGANTIÑOS. OPINIÓN PERSOAL DO GRUPO SOBRE O TRABALLO. FONTES UTILIZADAS. 1.-INTRODUCCIÓN: - PowerPoint PPT Presentation

Citation preview

Page 1: ALCUMES DA NOSA ZONA
Page 2: ALCUMES DA NOSA ZONA

TEMA: OS ALCUMES  

ÍNDICE: INTRODUCCIÓN.   ORIXE DOS ALCUMES.   ALCUMES HABITUAIS DA ZONA DE

BERGANTIÑOS.   OPINIÓN PERSOAL DO GRUPO SOBRE O

TRABALLO.   FONTES UTILIZADAS

    1.- INTRODUCCIÓN:   O SEGUINTE TRABALLO TEN COMO

OBXECTIVO COMPRENDER A ORIXE E IMPORTANCIA DOS ALCUMES NA ZONA DE BERGANTIÑOS, AINDA QUE ESTE SOBRENOME É COMÚN EN TODA GALICIA.

OS ALUMNOS DE SEXTO DO COLEXIO “A CRISTINA” DE CARBALLO, SAÍMOS Á RÚA COA INTENCIÓN DE INVESTIGAR.

CADA UN DE NÓS PREGUNTABA, CADERNO EN MAN PARA TOMAR NOTAS, A AMIGOS, VECIÑOS, AVÓS, PAIS…E DÉMONOS CONTA A GRANDE CANTIDADE DE APODOS QUE ÍAN SAÍNDO, TAMÉN OBSEVAMOS COMO A XENTE MAIOR ERA A QUE MAIS SABÍA, PORQUE NA SÚA MOCIDADE, DICÍAN QUE ERA MOI RARO QUE HOUBESE ALGUNHA FAMILIA QUE NON FOSE COÑECIDA POR UN ALCUME.

NESTE TRABALLO AMOSARÉMOSLLE ALGÚNS DELES.

       

Page 3: ALCUMES DA NOSA ZONA

Alcumes   2.- ORIXE:   O ALCUME VEN SER UN SOBRENOME CO QUE

SE COÑECE UN INDIVIDUO OU FAMILIA. É UN FENÓMENO SOCIAL DE CASE TODAS AS CULTURAS DO MUNDO E DENDE A ANTIGUEDADE CASE NINGUÉN SE LIBRABA DO SEU PROPIO APODO.

NON SE PODEN ESTABLECER NORMAS OU TEORÍAS EXACTAS SOBRE A ORIXE DOS ALCUMES, PERO ALGUNHAS DELAS PODEN SER:

POR RAZÓN DE OFICIO, PROFESIÓN…(O ZAPATEIRO, A COSTUREIRA ETC).

POR CARACTERES FÍSICOS… (O CHOSCO, A COXA, O MANCO ETC)

POR VICIOS OU DEFECTOS NA FALA… (O TATEXO, O BORRACHÍN ETC).

POR RAZÓN DO LUGAR DE PROCEDENCIA… ( O ALEMÁN, O CATALÁN ETC).

POR REITERARSE MOITO NA REPETICIÓN DE ALGO…

  A ACEPTACIÓN DO ALCUME É MOI DIVERSA,

UNS ACÉPTANO PERFECTAMENTE, MENTRAS QUE OUTROS SÉNTENSE OFENDIDOS.

     

  3.-ALCUMES DA ZONA:     1.ALGARROBO: Chamábanlle así a un home que

era moi forte e cando pelexaba sempre gañaba e era moi parecido a un actor daquel tempo que facía a película de “Curro Jimenez” que se chamaba Algarrobo.

  2.A GATIÑEIRA:O alcume puxéronllo a unha casa

que foi a primeira que se fixo nunha aldea da parroquia en Muiño (Zás) que se chamaba o lugar da gatiñeira. Primeiro quedoulle o nome “A casa da Gatiñeira”e despois pasou as persoas da casa “Antonio da Gatiñeira”, “Os da Gatiñeira” é aínda que agora hai máis casas no mesmo lugar, só esa casa segue tendo ese alcume.

  3.ANTONIA DA RISCA: Chamábanlle así a unha

señora que riscaba moi ben a pandeireta e aproveitaba calquera ocasión para tocala e votar unhas cantigas.

 

Page 4: ALCUMES DA NOSA ZONA

Alcumes

4.ARROVELLA: Quedoulle este alcume a unha familia que o seu avó tiña un rabaño moi grande de ovellas e sempre andaba con ellas polas fincas e guiabaas dicindo “Arre ovella” e quedoulle este nome á familia desde hai uns 80 anos.

  5.CLARETES: É o alcume que lle

puxeron a un mozo que bebía moito pero sempre, viño clarete.

  6.CINTURIÑAS: Chamábanlle así

aos empleados dunha fábrica a súa xefa porque estaba moi gorda e sempre entraba na fábrica berrando

 

7.MATACHÍN: Chamábanlle así a un señor que se adicaba a matar os porcos de todos os veciños dos pobos cercanos.

  8.O AVÓ: Chamábanlle así a un

señor de Muiño (Zás) que tiña 98 anos era o home máis vello de todo o pobo e moi boa persoa. Tíñanlle este alcume cariñoso e tratábano como o avó de toda a parroquia.

  9.O Finisterre:Chamábanlle así a

un mozo que andaba na moto facendo sempre a

mesma ruta para ver a súa moza e quedoulle o nome

do autobús que antes facía a mesma ruta.  

Page 5: ALCUMES DA NOSA ZONA

Alcumes  

10.O Galo:Quedoulle este alcume a un home

dunha aldea que se chama Pudenza(Zas)que se levantaba sempre moi cedo e espertaba a todos os veciños.

  11.O Raposo:Quedoulle este alcume a

un home que cazou o raposo no galiñeiro despois

de levalo vixiando seis noites seguidas. 12.O Trancas:Chamanlle así a un home

que ten as pernas moi longas,os pés moi abertos e unha rara forma de andar.

  13.Patacón:Chamábanlle así a un

home que era moi baixo e quedoulle o nome de Patacón que era unha moeda antiga que tiña pouco valor

14.A Perrachica: Chamábanlle así a muller do Patacón que tamen era baixa e a Perra chica era unha moeda ainda mais pequena ca o Patacón.

  15.O Cerralleiro: É un home que arregla potas

e botalle o cú os caldeiros. 16.Gorrión: por ser moi pequeño.   17.Barrigón: por ter moita barriga.   18.Valente: por non ter medo a nada. 19.O paxaro: porque sempre andaba cantando.   20.Alicates: por ter as pernas moi longas. 21.Cantarolo:por ser gordo e pequeño.   22.A do naris encarnado:por ter a nariz colorada.   23.O melenas:por ter sempre o pelo moi longo.   24.José dos rapaces:porque tiña moitos fillos.   25.Barriga verde:porque tiña moita forza.

Page 6: ALCUMES DA NOSA ZONA

Alcumes   26.O lorito:porque falaba moito.   27.Casa blanca:por ter a casa de blanco.   28.Casa deriba:por estar a casa nun alto.   29.O raposo:por ser moi peludo.   30.O xílgaro:púxolle o alcume un avó ao

seu neto porque non tiña parado.   31.O chorón:porque sempre se queixaba.   32.O xusto:porque metía a todos en

xuizos.   33.A viuda de ONASIS:porque era viuva e

estaba sempre moi preparada.   34.O miñato:porque se quedaba mirando

moi atentamente.  

35.A cotareira:porque a zona onde estaba a súa

casa chamábase así.   36.O feixe:porque era un home

bastante gordo.   37.A Casa do Escudo:chamábanlle así

a unha casa que enriba da porta tiña un escudo. 38.A Casa do Cruceiro:chámanlle a

unha casa porque alí había un cruceiro.

  39.O largo:chámanlle así a un señor

que era moi alto.   40.A casa do mutilado:chámanlle así a

unha casa que nela vivía un señor que fora a guerra e lle faltaban as dúas pernas.

 

Page 7: ALCUMES DA NOSA ZONA

Alcumes 41.A paroleira:chámanlle así a unha

señora que falaba moito.   42.A casa da trenca:chámanlle así a

unha casa na que vivía unha señora que ten as pernas torcidas.

  43.A Cascarilla:chámanlle así a un

señor que traballaba coa madeira.   44.A Petila:chámanlle así a unha

señora que fumaba moito.   45.Pipi:porque lle quedou de nena. 46.Nanaina:porque non falaba ben.   47.Araña blanca:porque era moi mala. 48.A casa do cereiro:chámanlle así

porque facían velas de cera.

49.Calzacarros:chámanlle así porque lle poñía pedras nas rodas dos carros aos veciños para gastarlle bromas.

  50.Martes de entroido: chámanlle así

porque o señor era moi feo.   51.Pepe da mexa: porque mexou moito

tempo por él,case ata que foi mozo. 52.Pipas:porque fumaba en pipa e

tíñaa na boca ainda que non estuvera encendida.

53.Guerrilleiro:porque sempre se metía en líos.

  54.Divina peseta:porque cando era

pequena era moi rubiña e feitiña.  

Page 8: ALCUMES DA NOSA ZONA

Alcumes 55.Casa do pombeiro:A casa estaba

nunha pedreira,onde ivan as pombas.

  56.O pin:Era un home

cazador,cando disparaba dicía``Pin Pin´´ e quedoulle ese nome.

  57.A casa de lañares:Era unha

casa que sempre tivo moita madeira.   58.O bellotas:Un home que vive

nun lugar no que hai moitos carballos,e él apañaba moitas bellotas.

  59.A casa dos capadores:Eran 4

irmáns e eran todos capadores.   60.Mil mañas:Eran un home que

intentaba aranxar de todo.   61.O periódico:Enterábase de todo

o que pasaba.

  62.Os do “jorcheteiro”:Porque

vendían ou fabricaban jorchetes.   63.Os da “chira”:Porque tiñan

galiñas,e cando as chamaban para darlle de comer decíanlle “chiras,chiras”.

  64.O zamarras:Porque sempre

levaba uns abrigos moi quentes aos que se lle chaman “zamarras”.

  65.A casa dos do carballo:Porque

tiña dous carballos moi vellos. 66.A casa grande:Porque era a

máis grande das Salgueiras.  

Page 9: ALCUMES DA NOSA ZONA

Alcumes 67 .A casa dos

esclavos:Porque antiguamente exclavizaban os obreiros.

  68 .A casa do

cruceiro:Chamabanlle asi porque ten un cruceiro no medio da leira.

  69 .A casa do

Americano:Chamabanlle asi porque foi o primeiro da Salgueiras que foi a América.

70 ……………………………………  

 

4.-OPINIÓN PERSOAL:     Nós,os alumnos de 6º fixemos un traballo

sobre os alcumes das diferentes zonas de Bergantiños.

Pareceunos un traballo moi

interesante,entretido e enriquecedor.   Tivemos que sair a rúa e para elaboralo

preguntamoslle aos nosos avós,veciños,amigos etc...

  Os veciños e sobre todo os avós eran os

que máis sabían.Cando empezaban a dicir nomes,primeiro

escoitábamos con moita atencion e interés e logo comezabamos a escribir o que nos dicían.

  Todos eles estaban encantados de que lle

preguntásemos sobre os alcumes que poñían,e a nós tamén nos interesaba o que eles dicían.

  Con este traballo non só

aprendemos,senón que tamén nos divertimos.    

Page 10: ALCUMES DA NOSA ZONA

Alcumes   5.-FONTES

UTILIZADAS      As fontes utilizadas foron

especialmente orais.Avós, bisavós, veciños,

amigos de meus avós...

 

ALUMNOS DE 6º