19
ACTIVIDADES DO PROXECTO LECTOR ÁFRICA ACTIVIDADES DO MES DE OUTUBRO Activación dos coñecementos previos coa pregunta: ¿Que sabemos de África? Seleccionar, pedir á editoriais e visionar libros de África. Exposición de libros relacionados con África na entrada da BE. Visionado do Power Point: África e elaborar poesías e debuxos despois do visionado. Localizar África nun globo ou planisferio. Traballar a historia que se desenrola en Exipto e no Nilo, traballándo as pirámides, palmeiras e sobre os animais que deberían que vivir en liberdade. Facer poesías e composicións sobre o mural Animación á lectura da editorial Kalandraka para os alumnos de E. Infantil 5 anos e E. Primaria 1º curso. Música de entrada, recreo e saída: canción infantil de Arxelia: “Sardiña e cacahué (canción infantil cabileña). Visionado das películas: Amina e Musa aprenden Tam Tam viaja por África África camina Kevin, vivir do cacao Todas cedidas en préstamo por Intermon ( fundación para erradicar a pobreza no Terceiro Mundo) o mesmo que os libros de Jafta,Cacao de cartas, D de despedida.

Algunhas actividades Africa

Embed Size (px)

DESCRIPTION

algunhas actividades do pai de africa

Citation preview

Page 1: Algunhas actividades Africa

ACTIVIDADES DO PROXECTO LECTOR

ÁFRICA

ACTIVIDADES DO MES DE OUTUBRO

Activación dos coñecementos previos coa pregunta: ¿Que sabemos de África?

Seleccionar, pedir á editoriais e visionar libros de África.

Exposición de libros relacionados con África na entrada da BE.

Visionado do Power Point: África e elaborar poesías e debuxos despois do

visionado.

Localizar África nun globo ou planisferio.

Traballar a historia que se desenrola en Exipto e no Nilo, traballándo as

pirámides, palmeiras e sobre os animais que deberían que vivir en liberdade.

Facer poesías e composicións sobre o mural

Animación á lectura da editorial Kalandraka para os alumnos de E. Infantil 5

anos e E. Primaria 1º curso.

Música de entrada, recreo e saída: canción infantil de Arxelia: “Sardiña e

cacahué (canción infantil cabileña).

Visionado das películas:

Amina e Musa aprenden

Tam – Tam viaja por África

África camina

Kevin, vivir do cacao

Todas cedidas en préstamo por Intermon ( fundación para erradicar a pobreza no

Terceiro Mundo) o mesmo que os libros de Jafta,Cacao de cartas, D de despedida.

Page 2: Algunhas actividades Africa
Page 3: Algunhas actividades Africa

ACTIVIDADES DO MES DE NOVEMBRO

Seguir co visionado do Power Point: África e elaborar poesías e debuxos á par

viosionaron outras imaxes totalmente distintas nos que se plasmaban os

verdadeiros problemas de África facendo despois un texto de escrita libre sobre

esas imaxes e o que a eles lle suxirían.

“Comieron felices” sacado do boletín nº 11 do DOG .Visionado

Traballar a historia que se desenrola en Exipto e no Nilo, traballándo as

pirámides, palmeiras e poesías sobre os animais que deberían vivir en liberdade

plasmándoo nun grande mural.

Música de entrada, recreo e saída: canción infantil de Arxelia: “Sardiña e

cacahué (canción infantil cabileña).

Seguir co visionado das películas:

Amina e Musa aprenden

Tam – Tam viaja por África

África camina

Kevin, vivir do cacao

Todas cedidas en préstamo por Intermon ( fundación para erradicar a pobreza no

Terceiro Mundo) o mesmo que os libros de Jafta,Cacao de cartas, D de despedida.

Page 4: Algunhas actividades Africa

ACTIVIDADES DO MES DE DECEMBRO

Seguir co visionado do Power Point: África e elaborar poesías e debuxos despois

á par viosionaron outras imaxes totalmente distintas nos que se plasmaban os

verdadeiros problemas de África.

Recabouse información e elaborarónse murais, por clase, sobre o tema.

Exposición dunha reproducción (casas, persoas, vestidos, elementos da vida

cotiá, animais, elementos da paisaxe...) dun poboado nubio elaborado en papel e

materiais de refugallo polos alumnos do Primeiro Ciclo.

Mural feito polos alumnos de Infantil sobre animais e paisaxe do deserto.

Elaboración da Guía de Nadal na que se recomendaron libros relacionados con

África na que tamén se incluían unhas recomendacións á hora de mercar

xoguetes lembrando que hai outras alternativas : xoguetes non bélicos, non

sexistas, para compartir, ecolóxicos...

Para celebrar o Día da Paz puxémonos en contacto coa ONG Gaia que leva o

seu traballo encamiñado a Senegal chegando ao acordo de preparar a xuntanza

par o día 29 de xaneiro.

Púxemonos en contacto coa Comisaria, Sonia García Rodríguez (CSIC) para

expoñer o material do que dispón sobre o pobo Gumuz concretando as datas

para a exposición: xaneiro e febreiro.

Música de entrada, recreo e saída: canción infantil de Kenia :”Jambo”

Page 5: Algunhas actividades Africa

ACTIVIDADES DO MES DE XANEIRO

Xa nos puxeramos en contacto coa Comisaria, Sonia García Rodríguez (CSIC)

para expoñer o material do que dispón sobre o pobo Gumuz concretando as

datas para a exposición: xaneiro e febreiro.

MONTAXE DA EXPOSICIÓN: “ ONDE AS RÚAS NON TEÑEN NOME”

Unha ollada etnoarqueolóxica ao pobo Gumuz (Etiopía Occidental)

Dentro do Proxecto África, coa colaboración da Universidade de Santiago e o

Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe, inauguramos o 18 de xaneiro,

unha exposición que estará no Centro ata finais do mes de febreiro, e se poderá visitar.

Nela podese coñecer a realidade dun pobo (costumes, traballos, as mulleres, a infancia,

a influencia do exterior e vivenda...).

Esperamos que fose do agrado de todos e de grande utilidade para toda a Comunidade

Educativa.

Música de entrada, recreo e saída: canción infantil do Congo: Olelé Molibó

Makasí.

Exposición do Proxecto “Coruña de Norte a Sur” Falar sobre a inmigración africana.

Explicación e baile con música senegalesa.

Un mozo senegalés falou sobre a súa tráxica viaxe dende Senegal ata chegar

aquí hai disto 4 anos e falou tamén da súa boa integración na vila de Carballo:

no traballo, amizades e incluso co idioma galego.

O alumno aportou de forma voluntaria, 1 quilo de arroz e un lapis polos

obxectivos do Desenrolo do Milenio das NNUU.

O Colexio aportou unha cantidade para atender os gastos que ás persoas que

viñeron a colaborar con nós, lles supuxo esta actividade.

Montaxe dun grande mapa político de África con goma espuma cos países por

separado: “cachiños, un por país” . Montámolo sobre un papel contínuo azul que

se supoñían os océanos.

Page 6: Algunhas actividades Africa

MOBILÍZATE CO CONGO.Labor de concienciación para a recollida de mobéis

para así evitar a masiva extracción de coltan ,mineral que se emprega para os

chips e no que traballan tantos nenos para a súa extracción. O obxectivo

primordial: SOLIDARIEDADE COS ECOSISTEMAS AFRICANOS.

ACTIVIDADES DO MES DE FEBREIRO

MÚSICAS DE ÁFRICA .

POBOADO E ANIMAIS DA SABANA.

EXPOSICIÓN: “ ONDE AS RÚAS NON TEÑEN NOME”

Unha ollada etnoarqueolóxica ao pobo Gumuz (Etiopía Occidental)

Dentro do Proxecto África, coa colaboración da Universidade de Santiago e o

Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe, inauguramos o 18 de xaneiro,

unha exposición que estará no Centro ata finais do mes de febreiro, e se poderá visitar.

Nela podese coñecer a realidade dun pobo (costumes, traballos, as mulleres, a infancia,

a influencia do exterior e vivenda...).

Esperamos que fose do agrado de todos e de grande utilidade para toda a Comunidade

Educativa

ENTROIDO. Celebración con unha semana de Obradoiros.

PROPOSTA DE OBRADOIROS PARA A SEMANA DO

ENTROIDO DO 8 AO 12 DE FEBREIRO

OBRADOIROS de máscaras, onde imitaremos as pinturas das tribos.

OBRADOIROS de froitas tropicais onde nos achegamos a sabores diferentes.

Page 7: Algunhas actividades Africa

OBRADOIROS trenzas, onde aprendemos a pentearnos ao estilo máis “rasta”. Deste

obradoiro encargaranse Corolina e Karina . Neste obradoiro necesitarase un pente, un

cepillo, xel fixador e gomas pequenas para o pelo. Aconsellamos que cada un traia o se

propio material.

OBRADOIROS de maquillaxe seguindo coma modelo as máscaras africanas.

OBRADOIROS de doas: bin-bins (no idioma senegalés wolof) ou cri-cris (en idioma

senegalés diola), onde os participantes aprenderán a realizar pulseiras e colgantes con

doas que en moitas rexións africanas, a parte do valor ornamental, teñen un simbolismo

relixioso ou espiritual.

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA O 24 .

Exposición de libros de Rosalía na entrada da B.

Lectura de poemas de Rosalía na hora do Momento Lector.

Lectura do MANIFIESTO NO DÍA DE ROSALÍA.

TAUTOGRAMAS con poemas de Rosalía.

GRAVAR NUN CD AS POESÍAS LIDAS POLOS ALUMNOS para despois mandalos

á casa na Mochila Viaxeira.

RETIRADA DA EXPOSICIÓN: “ ONDE AS RÚAS NON TEÑEN NOME”

Unha ollada etnoarqueolóxica ao pobo Gumuz (Etiopía Occidental)

SEGUIMENTO DO PLAN DE TRABALLO DA B.

SESIÓN FOTOGRÁFICA DAS EXPOSICIÓNS QUE TEMOS FEITAS ATA

O MOMENTO.

Page 8: Algunhas actividades Africa

ACTIVIDADES DO MES DE MARZO

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA .

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE POESÍA ESCRITAS POR MULLERES

EXPOSICIÓN DOS DNI DAS MULLERES DA COMUNIDADE

EDUCATIVA( NAIS, PROFESORAS, AVOAS, PERSOAL NON

DOCENTE...).

EXPOSICIÓN DE MULLERES CIENTIFICAS, ATRABALLADORAS FÓRA

DA CASA E DENTRO DA CASA BAIXO O TÍTULO: “MIÑA NAI

TRABALLA”.

PARA CELEBRAR O DÍA DO AUTISMO FIXERONSE CANCIÓNS EN

PICTOGRAMAS:

Pin-Pon

Pola unha media lúa

A saia da Carolina

Estaba unha pastora

Page 9: Algunhas actividades Africa

O piollo e apulga

Cuando crees que me ves

La bóla de Cristal

Jambo

Os pictogramas faranse a grande escala e plastificaranse para expoñelos este ano

non é posible facer un festival para cantar as cancións pero quedamos que para o

próximo curso si se faría.

APADRIÑAR UN LECTOR

Alumnos de 6º foron ler aos alumnos de 5 anos, 1º e 2º lecturas de

MADRIÑAS LECTORAS lendo

aos máis pequenos: Mis Cuentos de Nelson Mandela

DÍA DA POESÍA.

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE POESÍA ESCRITAS POR MULLERES.

APARTADO CON LIBROS DE POESÍA NA ENTRADA DA BE.

Page 10: Algunhas actividades Africa

ACTIVIDADES DO MES DE ABRIL

ANIMACIÓN Á LECTURA CON BABALUBA LUME (7 abril)

PREPARACIÓN E MONTAXE DA EXPOSICIÓN DO PROXECTO:

¿PARA QUE LES?

DÍA DO LIBRO

ENTREGA DE MATERIAIS E EXPOSICIÓN DOS CARTEIS EN COLOR

DA XENTE COÑECIDA NO CORREDOR DA ENTRADA Á BE.

Na reunión de de Ciclos do 12 de abril os titores recibiron os carteis impresos de

¿Para que les? , ¿ e tí para que les?, os das bases en branco e tamén o que aportamos

nós coa reseña de quen fixo a frase e a súa actividade.

TRABALLO COS CARTEIS NAS AULAS. Coloreando os monigotes, lendo as

frases , comentalas e tamén a clase sacará de xeito colectivo unha para facer o

cartel de aula para logo expoñelos cos aotros polos corredores do Centro.

Page 11: Algunhas actividades Africa

PPROGRAMAR A ACTIVIDADE : LENDO SOBRE RODAS PARA O

VENRES 23 DE ABRIL. Todos os alumnos do Centro no “Momento Lector”

estarán por quendas lendo un libro sobre os monopatíns, patíns, patinetes… Safari fotográfico dos animais da sabana africana. Visionado de fotografías das paisaxes e dos animais de Tanzania. MONTAXE DO POBOADO DA SABANA

E I E 1º C ICLO fixeron nas súas aulas a recreación dun poboado da sabana africa

na con todos os elementos: vivendas, animais, persoas…

PREPARACIÓN PARA O 6 DE MAIO DA PRESENTACIÓN DO LIBRO

DISCO: CANCIÓNS PARA ANTÍA.

Page 12: Algunhas actividades Africa

LENDO SOBRE RODAS

23 ABRIL

Por quendas, 10 minutos, e por grupos sairase ao patio a ler cada quen o seu

libro .

+

+

+

Page 13: Algunhas actividades Africa

¿Para que les?

“Leo para coñecer personaxes, imaxinalos, poñerlles rostro e voz, vivir con eles e coma eles e ao

rematar o libro, despedirme sabendo que algo deles queda comigo”

Lucía Regueiro

Actriz

Nome completo: Lucía Regueiro Taboada

A Coruña 1982

Debutou de adolescente en "Mareas Vivas". Deuse a coñecer na pequena pantalla

participando tamén noutras teleseries: Interpretou o papel de María Cabanas, papel

secundario fixo de "Libro de Familia". Saiu tamén nos episodios 42 e 45 de "A vida por

diante", como Clara. Fixo de Nerea no telefilme "A mariñeira". Ademais de colaborar

habitualmente en diferentes curtametraxes, actúa con compañías teatrais como Teatro

do Atlántico, Espello Cóncavo, Teatro do Aquí ou o CDG.

Premios e recoñecementos: Premio Mellor Actriz Xuvenil n o IV Certame de teatro

"Candilejas Don Bosco" (A Coruña 2001).

Formación específica: Curso de especialización teatral e audiovisual (Universidade da

Coruña 2004). Musicalmente ten formación como violinista.

Page 14: Algunhas actividades Africa

¿Para que les?

“Leo para coñecer personaxes,

imaxinalos, poñerlles rostro e voz, vivir

con eles e coma eles e ao rematar o libro,

despedirme sabendo que algo deles queda

comigo”

Lucía Regueiro

Actriz

Page 15: Algunhas actividades Africa

PREPARACIÓN DO ENCONTRO COA ESCRITORA CRISTINA SÁEZ

CAZALLAS

Contactamos coa escritora para vir o Día do libro ou nas Letras Galegas. Acordamos

que coma os nenos tiñan pouco tempo para ler os libros recomendados dela deixalo

para as Letras Gelegas. Quedando marcada a data para o 14 de maio. Elaboraranse

por parte dos alumn@s unhas preguntas sobre a súa obra e a súa vida.

Os libros que recomendamos para ler son:

1º, 2º, 3º :A casa máis animada do mundo. Baía Edicións, 2009.

4º, 5º, 6º: O sorriso de Rosalía E. Everest. Galicia.

Outras obras da escritora son:

Moko. Meiga Moira, Baía Edicións, 2006.

Dous contos, un deles premiado cun accésit, publicados pola Área de

Cultura do Concello de Curtis nos anos 2004 e 2005.

Libros de texto para as áreas de Lingua Galega e Coñecemento do Medio,

incluídas todas as lecturas das unidades dos libros de Lingua para a

editorial Everest Galicia.

PREPARACION DO ENCONTRO CUNHA MOZA SUDAFRICANA

Coñeceremos cousas de África dende o punto de vista dunha persoa branca,

xove, que tiña un bo emprego e que abandonou Sudáfrica por amor a un galego.

Na actualidade está aquí sen emprego e aprendendo o idioma.

O obxectivo primordial deste encontro é comparalo co encontro que no mes de

xaneiro fixemos co mozo senegalés.

Page 16: Algunhas actividades Africa

SÁEZ CAZALLAS, CRISTINA

Nace na Coruña en 1964. Contos, poesía, artigos de xornal, relatos, historias para nenos e nenas que son e

historias para nenos e nenas que foron.

Realizou estudios de Mestre en Lingua Estranxeira (Inglés) e Educación Musical. Ten 4 anos de Solfeo e Inglés

pola Escola de Idiomas. Actualmente, exerce de Mestra de Primaria no colexio Xesús San Luís Romero de

Carballo.

Gústalle escribir máis que ningunha outra cousa: contos, poesía, artigos de xornal, relatos, historias para nenos

e nenas que son e historias para nenos e nenas que foron. Disfruta do mesmo xeito lendo e aprendendo en

cada lectura, que a vida é moito máis do que un ve. É ditosa cando xoga coas súas fillas porque lle permiten

achegarse a elas no punto e momento onde a razón non importa, onde as risas son o único que conta. Gústalle

mirar o mar alí onde a vista perde o seu poder, onde o ceo acaricia a auga eternamente e gústalle estar coas

persoas, falar e escoitar e intentar dar o bo que pode ter no corazón.

O seu comezo como contadora de ideas foi no ano 1993, ano no que gañou a XXVI edición do Concurso

Nacional de Contos Infantís O Facho.

Publicacións

A casa máis animada do mundo. Colección Infantil-Xuvenil. Baía Edicións, 2009.

Moko. Meiga Moira, Baía Edicións, 2006.

Dous contos, un deles premiado cun accésit, publicados pola Área de Cultura do Concello de

Curtis nos anos 2004 e 2005.

Libros de texto para as áreas de Lingua Galega e Coñecemento do Medio, incluídas todas as

lecturas das unidades dos libros de Lingua para a editorial Everest Galicia.

[email protected] [email protected]

Page 17: Algunhas actividades Africa

ACTIVIDADES DO MES DE MAIO

Page 18: Algunhas actividades Africa
Page 19: Algunhas actividades Africa