45
ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIA (revisión 2011) Secretaría da Muller e Políticas de Igualdade

ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

  • Upload
    others

  • View
    8

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN

Á VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIA (revisión 2011)

Secretaría da Muller e Políticas de Igualdade

Page 2: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 2

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Secretaría da

Muller, en colaboración coa Secretaría de Política Social do S. N. de CC OO

de Galicia, realiza, por terceiro ano consecutivo, un estudo sobre a situación

dos recursos existentes para as mulleres vítimas de violencia na nosa

comunidade autónoma. Aquí plasmamos os resultados obtidos.

Para elaborarmos este estudo contamos coa colaboración de diferentes

entidades e organismos. Queremos facer unha especial mención dos Corpos

e Forzas de Seguridade do Estado, da Delegación do Goberno en Galicia, da

Federación Española de Municipios e Provincias, do Colexio de Psicólogos

de Galicia, dos Centros de Información á Muller, das entidades de iniciativa

social e da Secretaría da Muller de CC OO de Cantabria, entre outros.

Page 3: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 3

1. ÍNDICE

1. PRÓLOGO ......................................................................................................................................... 4 2. ANÁLISE DE SITUACIÓN ................................................................................................................ 6 3. EQUIPAMENTOS ............................................................................................................................ 12

3.1. Equipamentos xudiciais .......................................................................................................... 12 3.1.1. Xulgados específicos en violencia de xénero .............................................................. 12

3.2. Equipamentos policiais ........................................................................................................... 13 3.2.1. Unidades específicas dos corpos e forzas de seguridade............................................. 13

3.3. Equipamentos sociais.............................................................................................................. 16 3.3.1. Centros de acollemento ................................................................................................ 16 3.3.2. Puntos de encontro........................................................................................................ 21 3.3.3. Centros de información á muller .................................................................................. 21 3.3.4. Servizos de orientación xurídica (colexios de avogacía) ............................................ 23

3.4. Equipamentos psicolóxicos .................................................................................................... 24 3.4.1.Programa de atención psicolóxica a mulleres vítimas de violencia de xénero ............ 24 3.4.2. Programa de atención psicolóxica «Abramos o círculo»

a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar.......................... 25 4. SERVIZOS DE INFORMACIÓN XERAL ......................................................................................... 25

4.1. Servizo de asesoramento xurídico en liña da Secretaría Xeral de Igualdade ........................ 25 5. OUTROS PROGRAMAS .................................................................................................................. 26

5.1. Teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero..................................................... 26 5.2. Sistemas de seguimento por medios telemáticos de cumprimento

das medidas de afastamento en materia de violencia de xénero ........................................... 28 6. PRESTACIÓNS ECONÓMICAS....................................................................................................... 29

6.1. Axudas económicas para vítimas de violencia de xénero ..................................................... 29 6.2. Prestacións periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia.......................................... 32 6.3. Indemnización a favor das vítimas de violencia de xénero e dos menores

e persoas dependentes afectadas por esta............................................................................... 35 7. INSERCIÓN LABORAL................................................................................................................... 36

7.1. Incorporación de mulleres vítimas de violencia de xénero a un programa de busca activa ou mellora de emprego ................................................................................. 36

7.2. Certificación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero, para os efectos da incorporación no programa de inserción laboral deste colectivo ............ 36

8. FACILIDADES DE ACCESO Á VIVENDA ...................................................................................... 38 8.1. Adxudicación de vivendas do Programa de vivenda en aluguer a mulleres

vítimas de violencia de xénero ............................................................................................... 38 9. CONCLUSIÓNS ................................................................................................................... 39 10. ANEXOS .............................................................................................................................. 43

10.1. Lexislación ............................................................................................................................ 43 10.2. Gráficos e táboas ................................................................................................................... 43 10.2.1. Gráficos....................................................................................................................... 43 10.2.2. Táboas ......................................................................................................................... 44

11. FONTES CONSULTADAS ................................................................................................................ 44

Page 4: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 4

1. PRÓLOGO

Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas

declarou o 25 de novembro Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero,

resaltando así a magnitude, tanto pola súa extensión como pola súa intensidade, dun

fenómeno, o da violencia contra as mulleres, que persiste incluso nas sociedades que

definimos como desenvolvidas, e que acada graos de crueldade incompatibles non só co

máis mínimo respecto aos dereitos humanos, senón co concepto mesmo de humanidade.

Emporiso, a erradicación da violencia esixe ser consciente de que a violencia de xénero

non é senón unha expresión, causa e efecto asemade, da situación histórica de

discriminación de que foron obxecto as mulleres e, por conseguinte, a resolución das

situacións de violencia non pode acometerse de maneira satisfactoria se se manteñen

contornos, condutas e situacións discriminatorias.

En primeiro lugar, debemos distinguir a violencia de xénero da violencia doméstica

porque, sendo verdade que ás veces se poden confundir na medida en que a violencia de

xénero ten lugar a miúdo no ámbito doméstico ou, se se prefire, de convivencia ou

familiar, a violencia de xénero queda delimitada non polo lugar ou o contorno en que

sucede, senón polo suxeito que a padece: a muller. A violencia de xénero é aquela da que

son obxecto as mulleres polo feito de séreno.

Deste modo, considéranse violencia de xénero as seguintes accións ou condutas:

— As agresións físicas ou psíquicas á muller por quen sexa ou fora o seu cónxuxe ou por

quen estea ou estivera ligado a ela por análoga relación de afectividade, aínda sen

convivencia. No caso de mulleres con discapacidade, tamén as agresións físicas ou

psíquicas exercidas por homes do seu ámbito familiar ou institucional, aínda que non

teñan a condición de cónxuxe, ou persoa coa que estea ou estivera ligada por análoga

relación de afectividade aínda sen convivencia.

— As agresións e abusos sexuais contra a muller.

— A mutilación xenital feminina en calquera das súas manifestacións.

— A indución a unha muller a exercer a prostitución, empregando violencia, intimidación

ou engano, ou con abuso da situación de inferioridade, de necesidade ou vulnerabilidade

da vítima.

— O acoso sexual no ámbito laboral e social.

— As detencións ilegais, ameazas e coaccións.

— O tráfico ou o favorecemento da inmigración clandestina de mulleres con fins de

explotación sexual.

Page 5: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 5

Son, por tanto, moi diversas as formas que pode adoptar a violencia de xénero, e a

indubidable gravidade dos casos de morte non debería detraer atención a outras formas de

violencia que teñen tamén unha alarmante incidencia no noso país.

Pero, como xa dixemos, a resolución das situacións de violencia non pode abordarse de

maneira satisfactoria se se manteñen ambientes, condutas e situacións discriminatorias.

Dende a Secretaría da Muller e dende o conxunto das Comisións Obreiras facemos un

chamamento a toda a cidadanía para, entre todos e todas, desenmascararmos e

denunciarmos a violencia, comezando pola cotiá, para visibilizala e construír o que aínda

temos pendente: o verdadeiro status de cidadanía, superando o fóra de xogo do silenciado,

do privado, do íntimo, do inmediato, do cotián.

Definimos a violencia como «a imposición da forza entre desiguais relacións de poder,

que agride e xera o medo necesario para facernos máis dóciles, mansos e manexables».

Supón o esgotamento da vía do dereito, do respecto á palabra, da capacidade de dirimir o

conflito dende un nivel abstracto, simbólico, dende a negociación. Supón renunciar ao

poder da intelixencia, do convencemento, do razoamento, para gañar —ou perder— a

paus, no inmediato.

Violencia son as conversas falidas, tamén o silencio, a submisión, o menosprezo, a falta

de respecto, a non autonomía económica, a discriminación, as guerras íntimas e cotiás…,

exemplos que se ven decote e que se converten nos primeiros elos dunha cadea que, en

boa medida, culmina nos gravísimos casos de violencia de xénero —eses si— máis

visibles, os que saen nos xornais e nos informativos televisivos.

Violencia é o talle 36 nunha muller adulta, avergoñarse do propio corpo e sentir a

necesidade de ocultalo; a esixencia de xuventude permanente, a imposición dun canon de

beleza universal que nos marca o mercado a cambio de facer que nos odiemos; a

explotación de corpos preparados para ser usados, o tráfico de mulleres por mafias que

reciben dividendos por comercializar coa súa dignidade.

A liberdade, a igualdade, a cidadanía e os dereitos sexuais quedaron pendentes para as

mulleres occidentais na modernidade, e seguen pendentes para a maioría de homes e

mulleres na actualidade.

13 de febreiro de 2009.– O Consello de Ministros, por proposta do Ministerio de Igualdade, aprobou hoxe a distribución de 5.000.000 euros entre as comunidades autónomas para o desenvolvemento de programas e a prestación de servizos que garantan o dereito á asistencia social integral ás vítimas de violencia de xénero.

A ministra de Igualdade, Bibiana Aído, asegurou que «sendo esta unha competencia das comunidades autónomas, o Ministerio de Igualdade distribúe este fondo para, dentro dos programas para desenvolver en materia de asistencia social integral ás vítimas, reforzar e darlles prioridade a aqueles destinados á atención das mulleres estranxeiras e menores expostos a este tipo de violencia». (Ministerio de Igualdade, Gabinete de Comunicación)

Page 6: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 6

Este 25 de novembro, de novo nos diriximos ao Goberno da Xunta de Galicia para

reclamar que asuma as súas competencias e garanta os equipamentos suficientes para

atender a todas as vítimas de violencia; que desenvolva a Lei 11/2007 de violencia galega

e cree as condicións necesarias para previr e erradicar esta forma de terrorismo social,

inaceptable nunha sociedade que se pretende desenvolvida e democrática.

2. ANÁLISE DA SITUACIÓN

Para conseguir datos que sexan comparables entre eles, témonos que cinguir enteiramente

ao ano 2010 na nosa actualización, polo menos no tocante á análise da situación, que

desenvolveremos neste punto 2.

Cómpre ter en conta que os datos que se recollen nas seguintes gráficas (os que numeran

as asasinadas segundo distintas variables ou parámetros de comparación) deben

ponderarse tendo en conta a cifra de poboación, é dicir, aplicando a taxa de asasinatos por

cada 10.000 habitantes.

Gráfico 1

Distribución de vítimas por violencia de xénero. An o 2009

0 2 4 6 8 10 12 14 16

Andalucía

Aragón

Asturias

Baleares

Canarias

Cantabria

Castela-A Mancha

Castela e León

Cataluña

C. Valenciana

Estremadura

Galicia

Madrid

Murcia

Navarra

País Vasco

A Rioxa

Ceuta

Melilla

Fonte: Ministerio de Igualdade, 2010. Elaboración propia

Segundo os datos da táboa anterior, Galicia é a sexta comunidade autónoma en número de

vítimas de violencia de xénero en 2009, cun total de tres vítimas mortais.

Page 7: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 7

Gráfico 2

Distribución de vítimas por violencia de xénero. An o 2010

0 2 4 6 8 10 12 14 16 18

Andalucía

Aragón

Asturias

Baleares

Canarias

Cantabria

Castela-A Mancha

Castela e León

Cataluña

C. Valenciana

Estremadura

Galicia

Madrid

Murcia

Navarra

País Vasco

A Rioxa

Ceuta

Melilla

Fonte: Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade. 2011. Elaboración propia

En 2010, dúas mulleres morrían en Galicia asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas.

O mesmo aconteceu noutras tres comunidades autónomas (Aragón, Baleares e País

Vasco). Cada unha destas dúas mulleres asasinadas supuxo o 2,7% sobre o número total

de vítimas da violencia machista rexistrado en España (que ascendeu a 73 mulleres

asasinadas). Se ademais temos en conta a relación coa cifra de mulleres maiores de 15

anos, a taxa galega en 2010 foi a cuarta máis baixa (1,56%), só por riba das comunidades

da Rioxa, Navarra e Cantabria, que rexistraron taxas do 0,00%.

A provincia da Coruña rexistrou no ano 2009 o maior número de vítimas (2), seguida de

Ourense (1). As provincias de Lugo e Pontevedra non rexistraron vítima ningunha en 2009.

Page 8: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 8

Gráfico 3

Distribución das vítimas respecto das súas provinci as. Ano 2009

0

0,5

1

1,5

2

2,5

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Fonte: Consello Xeral do Poder Xudicial. Sección do Observatorio contra a violencia doméstica e de xénero. 2010

No ano 2010, foron as provincias de Lugo e A Coruña as que rexistraron cadanseu

asasinato. Nas outras dúas provincias da nosa comunidade non se produciu ningún

asasinato de mulleres a mans dos seus cónxuxes ou ex-cónxuxes, parellas ou ex-parellas.

Gráfico 4

Distribución das vítimas respecto das súas provinci as. Ano 2010

0

0,2

0,4

0,6

0,8

1

1,2

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Fonte: Consello Xeral do Poder Xudicial. Sección do Observatorio contra a violencia doméstica e de xénero. 2011

Antes de facer unha achega aos datos recollidos na táboa 1, cómpre anotar que temos en

conta a densidade poboacional como un factor que pode modificar a interpretación destas

cifras de solicitudes.

Porén, é evidente que outros moitos factores son os responsables das cifras que se

observaban tanto en 2009 como en 2010 (as dúas seguintes táboas recollen os datos para

os dous anos).

Page 9: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 9

Táboa 1: ORDES DE PROTECCIÓN A VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NO 2009 COMUNIDADE SOLICITADAS ACORDADAS % DENEGADAS % Andalucía 7.115 5.287 74% 1.823 26% Aragón 707 593 84% 115 16% Asturias 833 426 51% 407 49% Baleares 1.466 705 48% 761 52% Canarias 3.057 1.978 65% 1.083 35% Cantabria 399 253 63% 144 36% Castela e León 1.584 1.260 80% 323 20% Castela-A Mancha 2.181 1.746 80% 453 20% Cataluña 6.787 3.947 58% 2.882 42% Valencia 4.721 4.137 88% 643 14% Estremadura 714 560 78% 160 22% GALICIA 1.322 815 62% 511 39% Madrid 6.570 4.161 63% 2.412 37% Murcia 1.978 1.823 92% 155 8% Navarra 366 240 66% 126 34% País Vasco 989 595 60% 394 40% A Rioxa 294 256 87% 38 13% España 41.083 28.782 70% 12.430 30%

Fonte: Consello Xeral do Poder Xudicial. Observatorio contra a violencia de xénero 2010

O feito de que a violencia de xénero non veña determinada nin pola clase nin polo grupo

social ou a etnia, senón que máis ben é un factor transversal a todos os eidos da sociedade

en que habitamos, complica a lectura estatística dos datos, mais non a impide.

Saber que a nosa comunidade autónoma sumou máis de 1.322 ordes de protección no ano

2009, polo menos, ten que nos facer reflexionar. Os datos estatísticos suxiren ademais que

esa cifra de solicitudes descendeu en 117 con respecto ao 2008, pero aumentou en 2010.

En total, no ano analizado foron 815 as solicitudes de orde de protección que se acordaron

(o 62%) e as restantes 511 (o 39%) foron denegadas.

Como se pode comprobar nestas dúas táboas, as porcentaxes de ordes acordadas e

denegadas mantivéronse practicamente estáticas entre 2009 e 2010.

Durante 2010, a comunidade galega rexistrou 20 solicitudes máis de ordes de protección

que no ano anterior, sumando un total de 1.342. Desas solicitudes, acordáronse 814, isto

é, unha menos que durante o 2009. En conxunto, acordáronse o 61% das ordes solicitadas,

o que supuxo un punto porcentual menos que o ano anterior.

Page 10: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 10

Táboa 2: ORDES DE PROTECCIÓN A VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO NO 2010

COMUNIDADE SOLICITADAS ACORDADAS % DENEGADAS %

Andalucía 6.068 4.335 71% 1.734 29%

Aragón 603 512 85% 92 15%

Asturias 818 475 58% 344 42%

Baleares 1.268 996 79% 272 21%

Canarias 2.719 1.694 62% 1.023 38%

Cantabria 329 184 56% 145 44%

Castela e León 1.651 1.115 68% 531 32%

Castela-A Mancha 2.054 1.557 76% 497 24%

Cataluña 6.154 3.240 53% 2.914 47%

Valencia 4.712 3.925 83% 767 16%

Estremadura 764 609 80% 155 20%

GALICIA 1.342 814 61% 528 39%

Madrid 5.976 3.306 55% 2.670 45%

Murcia 1.894 1.718 91% 176 9%

Navarra 301 196 65% 105 35%

País Vasco 994 631 63% 363 37%

A Rioxa 261 224 86% 37 14%

España 37.908 25.531 67% 12.353 33%

Fonte: Consello Xeral do Poder Xudicial. Observatorio contra a violencia de xénero 2011

No tocante ás solicitudes de ordes de protección interpostas pero denegadas, aumentaron

con respecto ao ano pasado en 17, aínda que esa diferenza nas cifras absolutas non alterou

a súa porcentaxe, que por dous anos consecutivos foi do 39%.

Táboa 3: DENUNCIAS INTERPOSTAS E RENUNCIAS Á CONTINUACIÓN DO PROCESO. 2009

COMUNIDADE DENUNCIAS

RECIBIDAS RENUNCIAS AO

PROCESO DENUNCIAS

/10.000 HAB.

DENUNCIAS

POR CADA

10.000 MULL

>15 ANOS

CC AA CON MAIOR

N.º DENUNCIAS /HAB

RAZÓN

RENUNCIAS

/DENUNCIAS

RAZÓN ORDES

/DENUNCIAS

Andalucía 26.838 3.369 69% 62,9 6 12,6% 27% Aragón 2.848 270 49% 42,4 10 9,5% 25% Asturias 2.373 351 68% 42,0 11 14,8% 35% Baleares 4.453 957 47% 81,8 3 21,5% 33% Canarias 8.982 1.077 62% 85,4 1 12,0% 34% Cantabria 1.172 78 59% 39,0 15 6,7% 34% Castela e León 5.090 738 56% 39,4 13 14,5% 31% Castela-A Mancha 5.370 766 57% 52,2 8 14,3% 41% Cataluña 18.218 2.073 50% 48,4 9 11,4% 37% Valencia 19.350 2.126 51% 75,5 4 11,0% 24% Estremadura 1.702 92 78% 30,7 17 5,4% 42% GALICIA 6.068 452 67% 41,9 12 7,4% 22% Madrid 20.863 2.311 40% 63,4 5 11,1% 31% Murcia 6.085 965 48% 85,1 2 15,9% 33% Navarra 1.236 319 37% 39,2 14 25,8% 30% País Vasco 4.058 660 57% 36,6 16 16,3% 24% A Rioxa 834 158 48% 52,3 7 18,9% 35% España 135.540 16.762 55% 57,4 12,4% 30%

Fonte: Consello Xeral do Poder Xudicial. Observatorio contra a violencia de xénero 2010

Page 11: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 11

Na Comunidade Autónoma de Galicia, no ano 2009 interpuxéronse 6.068 denuncias por

violencia de xénero, 109 máis que no ano 2008. En 452 delas renunciouse á continuación

do proceso. A nosa comunidade é a décimo segunda, de dezasete, en número de

interposición de denuncias.

Táboa 4: DENUNCIAS INTERPOSTAS E RENUNCIAS Á CONTINUACIÓN DO PROCESO. 2010

COMUNIDADE DENUNCIAS

RECIBIDAS RENUNCIAS AO

PROCESO DENUNCIAS

/10.000 HABI

DENUNCIAS

POR CADA

10.000 MULLERES >15

ANOS

CC AA CON

MAIOR N.º DENUNCIAS

/HAB

RAZÓN

RENUNCIAS

/DENUNCIAS

RAZÓN ORDES

/DENUNCIAS

Andalucía 27.693 3.356 33,08 77,7 5 12,1% 21,9%

Aragón 2.573 261 19,10 43,9 12 10,1% 23,4%

Asturias 2.147 306 19,80 42,2 13 14,3% 38,1%

Baleares 4.231 562 38,25 90,1 3 13,3% 30,0%

Canarias 8.326 799 39,30 91,7 1 9,6% 32,7%

Cantabria 1.231 57 20,79 46,4 11 4,6% 26,7%

Castela e León 4.427 463 17,30 38,7 15 10,5% 37,3%

Castela-A Mancha 5.665 488 27,00 64,1 7 8,6% 36,3%

Cataluña 18.866 2.430 25,11 58,3 8 12,9% 32,6%

Valencia 19.369 2.001 37,89 88,0 4 10,3% 24,3%

Estremadura 1.778 106 16,06 37,0 17 6,0% 43,0%

GALICIA 5.270 383 18,84 40,8 14 7,3% 25,5%

Madrid 21.195 2.325 32,82 74,2 6 11,0% 28,2%

Murcia 5.513 930 37,71 92,1 2 16,9% 34,4%

Navarra 1.470 350 23,08 54,2 9 23,8% 20,5%

País Vasco 3.691 658 16,94 37,9 16 17,8% 26,9%

A Rioxa 660 132 20,47 47,8 10 20,0% 39,5%

España 134.105 15.607 28,52 65,6 11,6% 28,3%

Fonte: Consello Xeral do Poder Xudicial. Observatorio contra a violencia de xénero 2011

En 2010, en Galicia reducíronse o número de denuncias a 5.270, é dicir, 798 menos que o

ano anterior. Tamén houbo 69 renuncias menos que en 2009. Ademais, renunciouse ao

7,3% das denuncias interpostas.

Galicia foi a cuarta comunidade onde menos denuncias por cada dez mil mulleres maiores

de quince anos se interpuxeron (a taxa foi aquí do 40,8% durante o 2010, mentres que en

2009 era case dous puntos máis elevada, chegando ao 41,9%).

Page 12: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 12

Gráfico 5

Denuncias por cada 10.000 mulleres >15 anos

0 50 100 150 200

Andalucía

Aragón

Asturias

Baleares

Canarias

Cantabria

Castela e León

Castela-A Mancha

Cataluña

Valencia

Estremadura

GALICIA

Madrid

Murcia

Navarra

País Vasco

A Rioxa

España

2009 2010

3. EQUIPAMENTOS

De novo facemos notar que neste punto 3, coma no anterior, imos cinguirnos ás cifras

recollidas ata o 31 de decembro de 2010, coa única finalidade de que a nosa análise da

evolución dos equipamentos aos que teñen acceso as mulleres vítimas de violencia de

xénero na nosa comunidade autónoma sexa o máis correcta posible.

3.1. Equipamentos xudiciais

3.1.1. Xulgados específicos en violencia de xénero

Na Comunidade Autónoma de Galicia existen neste momento dous xulgados específicos

en violencia de xénero, un na cidade da Coruña (Xulgado de Violencia sobre a muller) e

Page 13: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 13

outro na cidade de Vigo (Xulgado de violencia sobre a muller, número 1). Nas demais

cidades galegas os temas de violencia de xénero lévanos os xulgados de instrución, e nas

vilas funcionan como xulgados específicos cando están de garda.

A Secretaría da Muller de CCOO de Galicia denuncia a existencia dun grave problema de formación e información á hora de trataren a violencia de xénero os xulgados do penal fronte aos xulgados específicos.

3.2. Equipamentos policiais

3.2.1. Unidades específicas dos corpos e forzas de seguridade

Garda Civil

Os EMUME (Equipos Muller Menor) creáronse en 1995 co obxectivo de mellorar a

atención a mulleres e menores vítimas de determinado tipo de delitos, asegurándolles

unha asistencia integral, personalizada e especializada, dende o momento en que se tiver

coñecemento dos feitos e, especialmente, cando as vítimas presentaran as denuncias,

considerando as agresións que puideren sufrir en todos os ámbitos (familiar, laboral,

escolar ou social), independentemente da súa idade, chegando á investigación criminal

dos feitos máis graves e derivando as vítimas cara a institucións específicas de protección

públicas ou privadas.

En Galicia existe unha unidade en cada capital de provincia:

EQUIPO MULLER MENOR (EMUME) Unidade Orgánica de Policía Xudicial Cuartel da Garda Civil r/ Médico Devesa Núñez, 3 15008 A Coruña

EQUIPO MULLER MENOR (EMUME) Unidade Orgánica de Policía Xudicial Comandancia da Garda Civil Praza Bretaña, s/n 27002 Lugo

EQUIPO MULLER MENOR (EMUME) Unidade Orgánica de Policía Xudicial Comandancia da Garda Civil r/ Bieito Amado, 17 32002 Ourense

EQUIPO MULLER MENOR (EMUME) Unidade Orgánica de Policía Xudicial Comandancia da Garda Civil r/ Domingo Fontán, 6 36005 Poio (Pontevedra)

Page 14: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 14

Policía Nacional

A Secretaría de Estado de Seguridade, dependente do Ministerio do Interior, creou o

Servizo de Atención á Muller (SAM) —dentro do Servizo de Atención ás Familias (SAF)

no ámbito da Policía Nacional— para dar un servizo adecuado ás mulleres vítimas de

violencia e atendelas cunha asistencia integral, personalizada e especializada, protexendo

os seus dereitos dende o momento en que presentan a denuncia, e para investigar os casos.

O SAM recibe denuncias referidas a violencia de xénero, violencia doméstica e delitos

contra a liberdade sexual, entre outros, e investígaos. A atención que recibe a muller no

SAM é personalizada e lévana a profesionais especializados. Traballa en colaboración con

institucións públicas e privadas relacionadas coa problemática da violencia doméstica, de

xénero e delitos contra a liberdade sexual.

A composición dos SAM é mixta, intégrano homes e mulleres pertencentes a diversas

escalas do Corpo Nacional de Policía.

Unidades do SAF:

SERVIZO DE ATENCIÓN Á FAMILIA (SAF) r/ Médico Devesa Núñez, 4 A Coruña

SERVIZO DE ATENCIÓN Á FAMILIA (SAF) r/ Rodrigo de Padrón Santiago de Compostela

SERVIZO DE ATENCIÓN Á FAMILIA (SAF) r/ López Mora, 39 Vigo

SERVIZO DE ATENCIÓN Á FAMILIA (SAF) r/ Mestre Vide, 4 Ourense

SERVIZO DE ATENCIÓN Á FAMILIA (SAF) Avda. de Vigo, 165 Ferrol

Unidades de Prevención, Asistencia e Protección (UPAP)

Dende o ano 2003 todas as comisarías do Corpo Nacional de Policía dispoñen de UPAP

(Unidades de Prevención, Asistencia e Protección contra os Malos Tratos á Muller) con

policías especializados na protección da muller vítima de violencia de xénero.

A UPAP persegue potenciar a resposta policial que se ofrece á vítima de violencia de

xénero mediante a asignación dun ou dunha policía con quen poderá entrar en contacto en

calquera momento, ben persoalmente ben a través dun teléfono móbil que lle será

entregado á vítima que responda ás seguintes características:

Page 15: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 15

— Ser vítima de violencia de xénero por parte dun agresor que sexa, ou fora, o seu

cónxuxe ou persoa ligada a ela por relacións similares de afectividade, incluso sen

convivencia (art. 1 L. O. 1/2004).

— Ter denunciados os feitos sufridos.

— Estar ditada por un xuíz unha orde de protección a favor da vítima, ou unha resolución

en que se establezan medidas de prohibición ou pena de afastamento contra o agresor.

Entre os cometidos que desenvolven policías integrantes da UPAP destacan os seguintes:

— Manter contacto permanente coas mulleres que lles asignaron.

— Detectar as posibles situacións de risco para a muller protexida, vixiando a evolución

desa situación e transmitindo ás unidades operativas a información precisa que

permita a maior eficacia na actividade preventiva.

— Asesorar e acompañar a vítima na tramitación de procedementos policiais, xudiciais e

asistenciais que lle afecten.

— Manter o control das zonas e áreas da vida cotiá (familiar e profesional) tanto da

muller como do seu agresor.

Existe unha unidade da UPAP en cada capital de provincia.

Policía Local

Coa finalidade de prestar unha atención preferente á asistencia e protección das mulleres

que foron obxecto de comportamentos violentos no ámbito familiar e atenuar, na medida

do posible, os efectos deses malos tratos, créase no seo do Corpo da Policía Local de Vigo

o EVAP (Equipo de Vixilancia e Apoio Policial), integrado por funcionarios/as policiais

con especialización no tratamento da violencia de xénero e doméstica, e con formación

específica en instrumentos e indicadores de valoración do risco.

Ditada a orde de protección ou afastamento por un órgano xudicial (de calquera

demarcación nacional), cando a vítima posúa domicilio no termo municipal de Vigo,

automaticamente procederase á súa repartición, asignándose un policía á devandita orde

para o seu control e seguimento personalizado (ben do C. N. de Policía ou de Policía

Local de Vigo, segundo corresponda).

Establécense mecanismos que permiten unha comunicación fluída e permanente entre a

vítima e o corpo da Policía Local de Vigo, con obxecto de dispor axiña dos datos

necesarios para avaliar a situación de risco en cada momento, e para ese efecto:

— Asígnase a dita función a persoal con formación especializada na asistencia e

protección das vítimas de violencia de xénero.

— Facilítaselle á vítima un teléfono de contacto directo e permanente (24 horas) co

funcionario/a policial asignado para a súa atención individualizada.

— Información á vítima dos dereitos e recursos á súa disposición.

Page 16: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 16

— Recomendacións sobre autoprotección e modos de evitar incidentes.

— Comunícaselle ao agresor que a vítima dispón dun servizo policial de protección.

— Vixilancias periódicas no domicilio, lugar de traballo e en entradas e saídas dos

centros escolares.

— Acompañamento á vítima en cantas actuacións de carácter xudicial, asistencial ou

administrativas precise.

— Contactos persoais esporádicos e discretos coa vítima (acordando a conveniencia de

empregar ou non uniforme e/ou vehículos con distintivos).

— Acompañamento ao denunciado a recoller efectos no domicilio se a Autoridade

Xudicial acorda a súa saída del.

— Comprobación periódica do cumprimento polo agresor das medidas xudiciais de

protección.

— Entrevista co persoal de servizos asistenciais que atenden a vítima/puntos de atención

municipal, para identificar outros modos efectivos de protección.

— Traslado da vítima para o seu ingreso en centro de acollida, se proceder.

De se producir un incumprimento de medida cautelar ou de condena en referencia á orde

de afastamento imposta, establécese de forma inmediata un operativo policial tendente á

localización e detención do denunciado, e celebrarase o xuízo o mesmo día que pasa a

disposición xudicial o detido.

O EVAP convoca cursos de autodefensa para mulleres vítimas de violencia de xénero que

sexan beneficiarias de orde de protección e posúan domicilio no termo municipal de Vigo

En CC OO consideramos que o desexable sería un maior número de efectivos das

devanditas unidades, xa que soportan unha inxente carga de traballo que dificulta que se

promova a prevención. Tamén propoñemos a creación do Equipo de Vixilancia e Apoio

Policial (EVAP) —existente xa na cidade de Vigo— nas grandes cidades galegas.

Do mesmo xeito, consideramos fundamental a creación dun protocolo de actuación entre

os Corpos e Forzas de Seguridade e os equipamentos residenciais existentes, co fin de

mellorar a coordinación e a eficacia das actuacións urxentes no menor tempo posible.

3.3. Equipamentos sociais

3.3.1. Centros de acollemento (Orde do 1 de abril d e 1997, pola que se regulan os requisitos específicos que deberán reunir os centro s de acollemento para mulleres vítimas de malos tratos)

Os centros de acollemento son establecementos destinados a albergar durante un período

determinado as mulleres e, se for o caso, acompañadas das súas fillas e fillos menores ou

incapacitados, que se encontren inmersas nunha problemática grave de malos tratos

Page 17: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 17

domésticos, inferidos polo cónxuxe ou persoa coa que manteña análoga relación de

afectividade. Os centros de acollemento clasifícanse en casas de acollemento e vivendas

tuteladas (art. 2.º da orde do 1 de abril de 1997, pola que se regulan os requisitos

específicos que deberán reunir os centros de acollemento para mulleres vítimas de malos

tratos).

Táboa 5: NÚMERO DE PRAZAS MUNICIPAIS/AUTONÓMICAS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

PRAZAS MUNICIPAIS/AUTONÓMICAS CASAS DE ACOLLEMENTO PARA

VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO VIVENDAS TUTELADAS PARA

VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO A Coruña 30 7 Lugo 0 18 Ourense 25 0 Pontevedra 20 12 TOTAL 75 37

Fonte: Elaboración propia. 2010

Táboa 6: NÚMERO DE PRAZAS DE ONG DE GALICIA

PRAZAS DE ONG CASAS DE ACOLLEMENTO PARA

MULLERES EN EXCLUSIÓN VIVENDAS TUTELADAS PARA

MULLERES EN EXCLUSIÓN A Coruña 46 16 Lugo 0 0 Ourense 25 0 Pontevedra 0 0 TOTAL 71 16

Fonte: Elaboración propia. 2010

Dende CC OO queremos aclarar que o número de centros de acollemento facilitados na Guía de recursos y centros de Interés para mujeres 2009, publicada polo Instituto da Muller, non se corresponde coa realidade, xa que os centros de acollemento de iniciativa social non son específicos para mulleres vítimas de violencia de xénero, senón para mulleres en risco de exclusión social; debemos telo en conta á hora de contabilizar o número real de prazas existentes (que serían as de titularidade municipal e autonómica), pois as casas de acollemento de iniciativa social son un recurso utilizado pola Administración nos casos de mulleres con problemáticas específicas ou cando non existe praza pública.

Cómpre salientar que cando falamos de «prazas» (tanto municipais como de iniciativa social) referímonos a unha soa persoa, é dicir, unha muller, un neno ou unha nena dependentes dela; polo que, por exemplo, para unha unidade familiar de tres persoas (muller con dous fillos ou fillas) cumprirían tres prazas.

Casas de acollemento

Son os establecementos destinados a lles dar aloxamento de forma temporal e con carácter

de urxencia ás mulleres e as súas fillas e fillos menores ou incapacitados que sufran malos

tratos domésticos. O tempo de permanencia nestes centros non será superior a tres meses,

podendo establecerse unha prórroga por un período igual en circunstancias excepcionais

Page 18: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 18

(art. 3.A da Orde do 1 de abril de 1997, pola que se regulan os requisitos específicos que

deberán reunir os centros de acollemento para mulleres vítimas de malos tratos).

Casas de acollemento na provincia da Coruña

Casa de acollemento municipal (A Coruña)

TIPOLOXÍA PRAZAS RECURSOS HUMANOS

Mulleres vítimas de violencia de xénero con fillos/as menores ou incapacitados/as

15 prazas; 8 delas dependentes do Concello da Coruña e 7 con convenio coa Deputación da Coruña para persoas de fóra do municipio da Coruña

2 traballadoras sociais (unha delas directora da casa), 1 auxiliar administrativa, 7 auxiliares, 1 avogada e 1 psicóloga que van un día á semana (persoal do CIM)

Casa de acollemento Betania. Entidade sen ánimo de lucro (A Coruña)

TIPOLOXÍA PRAZAS RECURSOS HUMANOS

Mulleres en exclusión social, nais solteiras sen ingresos económicos con fillos/as menores

7 prazas de adultos e 3 de bebés 1 traballadora social (a ½ xornada), 3 relixiosas (unha das cales é a directora da casa), 5 voluntarios (unha das cales é avogada, outra de transporte, un de mantemento, dos educadoras)

Casa de acollemento para mulleres sen teito (Fogar Santa Lucía). Entidade sen ánimo de lucro (A Coruña)

TIPOLOXÍA PRAZAS RECURSOS HUMANOS

Mulleres con enfermidades mentais e problemas de alcoholismo. Sen menores

18 prazas e 2 para casos de emerxencia

1 cociñeira, 1 auxiliar administrativa, 1 traballadora social (contrato medio ano), 1 psicóloga que dá cada 15 días, 1 psiquiatra que vai un día ao mes, dependente do SERGAS, 22 voluntarios, 4 relixiosas.

Residencia San Xosé. Entidade sen ánimo de lucro (A Coruña)

TIPOLOXÍA PRAZAS RECURSOS HUMANOS

Mulleres vítimas de exclusión social. Aceptan nenos/as se son menores de 4 anos

21 prazas Tanto para a casa de maiores, a casa de mulleres e a de homes: 1 director/coordinador, 1 educadora, 1 psicóloga, 1 cociñeira

Casa de acollemento municipal (Ferrol)

TIPOLOXÍA PRAZAS RECURSOS HUMANOS

Mulleres vítimas de violencia de xénero cos seus fillos/as menores ou incapacitados/as

15 prazas, das cales 3 son con convenio coa Deputación da Coruña

1 traballadora social (directora da casa), 1 gobernanta, 5 auxiliares

Page 19: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 19

Casas de acollemento na provincia de Ourense

Casa de acollemento municipal (Ourense)

TIPOLOXÍA PRAZAS RECURSOS HUMANOS

Mulleres vítimas de violencia de xénero con fillos/as menores ou incapacitados/as

25 prazas Datos non facilitados

Casa de acollemento das Adoratrices. Entidade sen ánimo de lucro (Ourense)

TIPOLOXÍA PRAZAS RECURSOS HUMANOS

Mulleres en exclusión social con menores

25 prazas 1 psicóloga, 1 educadora social, 1 cociñeira, relixiosas como persoal de apoio, unha delas coordinadora da casa

Casas de acollemento na provincia de Pontevedra

Centro de Emerxencia de Mulleres Maltratadas (Vigo)

TIPOLOXÍA PRAZAS RECURSOS HUMANOS

Mulleres vítimas de violencia de xénero con fillos/as menores ou incapacitados/as

20 prazas 1 psicóloga, 1 traballadora social, 3 educadoras sociais, 3 auxiliares, 1 avogada a tempo parcial, 1 directora

Vivendas tuteladas

Son alternativas de fogar que acollen preferentemente mulleres procedentes de casas de

acollemento e que serven de ponte cara a unha normalización da súa situación persoal e

familiar. O tempo de permanencia non poderá superar un ano (art. 3.A da Orde do 1 de

abril de 1997, pola que se regulan os requisitos específicos que deberán reunir os centros

de acollemento para mulleres vítimas de malos tratos).

Vivendas tuteladas na provincia da Coruña

Vivenda tutelada Betania. Entidade sen ánimo de lucro (A Coruña)

TIPOLOXÍA PRAZAS RECURSOS HUMANOS

Mulleres en exclusión social, nais solteiras sen ingresos económicos con fillos/as menores

3 prazas de adulto e 3 de bebés Os mesmos recursos humanos que teñen para a casa de acollemento

Vivenda tutelada municipal (Culleredo)

TIPOLOXÍA PRAZAS RECURSOS HUMANOS

Mulleres vítimas de violencia de xénero con fillos/as menores ou incapacitados/as

7 prazas 1 directora, 1 gobernanta, persoal do CIM (asesor xurídico e psicólogo)

Page 20: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 20

Vivenda tutelada. Padroado Concepción Arenal. Entidade sen ánimo de lucro (Ferrol)

TIPOLOXÍA PRAZAS RECURSOS HUMANOS

Mulleres en exclusión social con menores

13 prazas 1 coidadora, 1 educadora directora, persoal do CIM (psicólogo, traballador social e avogada), persoal voluntario

Vivendas tuteladas na provincia de Lugo

Vivendas tuteladas. Casa da muller de Lugo

TIPOLOXÍA PRAZAS RECURSOS HUMANOS

mulleres vítimas de violencia de xénero con fillos/as menores ou incapacitados/a

18 prazas (realmente 15, porque teñen ás veces complicacións de repartición de habitacións)

7 coidadoras, persoal do CIM

(avogada, traballadora social e psicóloga)

Vivendas tuteladas na provincia de Pontevedra

Vivendas tuteladas. Concello de Vigo

TIPOLOXÍA PRAZAS RECURSOS HUMANOS

mulleres vítimas de violencia de xénero con fillos/as menores ou incapacitados/a

3 vivendas tuteladas: 12 prazas

A teor dos datos, comprobamos o escaso número de prazas públicas en centros de

acollemento para mulleres vítimas de violencia de xénero na nosa comunidade. En total

hai 112 prazas, 75 en casas de acollemento e 37 en vivendas tuteladas, pero hai que ter

sempre en conta que cada fillo/a ocupa unha praza. A iniciativa social atende as mulleres

vítimas de violencia con problemáticas específicas que non teñen cabida nas prazas

públicas; este é o caso de mulleres con enfermidades mentais, drogodependencias,

alcoholismo, emigrantes sen papeis, etc., co que se mesturan situacións moi desemellantes

e dificúltase o seu tratamento por parte de profesionais.

Neste sentido, merece especial mención a creación, por parte da Asociación Alume

(Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais), dunha vivenda tutelada de 4 prazas

(máis unha de tránsito) para mulleres con enfermidade mental vítimas de maltrato. O piso

conta co apoio dun psicólogo, unha educadora e unha auxiliar.

Na distribución por provincias, a que máis número de prazas públicas ten en centros de

acollemento é a da Coruña, con 30 prazas en casas de acollemento e 7 en vivendas

tuteladas, seguido de Pontevedra con 20 prazas no Centro de Emerxencia de Vigo e 12

prazas nas tres vivendas tutelas dese mesmo concello. Nas restantes provincias o número de

prazas é menor, xa que en Lugo existen 18 nunha vivenda tutelada municipal e en Ourense

25 da casa de acollemento municipal. No tocante aos recursos humanos dos centros, o

artigo I B.2 da Orde do 1 de abril de 1997, pola que se regulan os requisitos específicos que

deberán reunir os centros de acollemento para mulleres vítimas de malos tratos, fala de que

«A ratio de persoal será aquela que permita a existencia dunha auxiliar por cada cinco

Page 21: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 21

persoas ingresadas no centro de acollemento, e unha cando menos, en horario nocturno».

Tendo en conta este artigo, esta proporción non se cumpre en moitos dos casos.

3.3.2. Puntos de encontro (Decreto 9/2009, do 15 de xaneiro, polo que se regulan os puntos de encontro familiar en Galicia)

Un punto de encontro familiar é un servizo que facilita e preserva a relación entre as e os

menores e as persoas das súas familias en situación de crise, e que permite e garante a

seguridade e o benestar das nenas e nenos e facilita o cumprimento do réxime de visitas.

Os puntos de encontro familiar constitúen un equipamento social, de carácter neutral,

especializado para o cumprimento do réxime de visitas establecido pola autoridade

competente, que ten por obxecto favorecer as relacións entre os nenos e nenas menores e

as súas familias cando, nunha situación de separación, divorcio ou outros supostos de

interrupción da convivencia familiar, o exercicio do dereito de visita se ve interrompido,

ou o seu cumprimento resulta difícil ou conflitivo (art. 2.º do antedito decreto).

Os puntos de encontro poderán ser de titularidade das administracións públicas, que

xestionarán estes servizos directamente ou a través da xestión indirecta.

Tamén poderán ser titulares de puntos de encontro familiar entidades privadas debidamente

inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais de conformidade co

disposto na normativa de servizos sociais de Galicia (art. 3.º do Decreto 9/2009).

En Galicia existen varios puntos de encontro. Na provincia da Coruña: Centro Fonseca

(Compañía de Xesús, A Coruña); Asociación A Carón (Ferrol); Asociación Encontro

(Santiago de Compostela). Na provincia de Lugo: Asociación Acheganza (Lugo). Na

provincia de Ourense: Asociación Punto Cero (Ourense). Na provincia de Pontevedra:

Asociación Aloumiño (Pontevedra), Asociación Aloumiño (Vigo).

Consideramos importante salientar que, aínda que o Decreto 9/2009 fala da posibilidade

de que estes servizos sexan de titularidade pública, neste momento son todos dependentes

de entidades privadas debidamente acreditadas.

3.3.3. Centros de Información á Muller ( CIM)

Os CIM son un servizo de información ás mulleres, dependentes da Concellaría da Muller,

que proporcionan con carácter permanente:

— asesoramento xurídico

— atención psicolóxica

— orientación profesional

— información en materia de recursos

— calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que

de forma individualizada o demanden

Page 22: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 22

— información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades aos grupos de

mulleres que de forma colectiva o demanden

Os principios de actuación dos CIM son:

— o anonimato na identidade das usuarias, salvo decisión contraria destas;

— o respecto á vontade das usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás

consultas expostas;

— a gratuidade de todos os servizos que se prestaren, e todo iso atendendo á vocación de

servizo público;

— o respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal do CIM, que garantirá

o carácter privado das comunicacións, salvo vontade en contra das usuarias.

Centros de Información da Muller:

— Provincia da Coruña: Ares, Arteixo, Arzúa, Boiro, Boqueixón, Carballo, Cee, Coirós, A

Coruña, Culleredo, Curtis, Ferrol, A Laracha, Melide, Muros, Muxía, Negreira, Noia,

Mancomunidade municipios de Ordes, Ortigueira, Outes, Padrón, As Pontes, Ribeira,

Santa Comba, Santiago, Teo e Zas.

— Provincia de Lugo: Burela, Chantada, Lugo, Mondoñedo, Monforte, Palas de Rei,

Quiroga, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro.

— Provincia de Ourense: O Barco, O Carballiño, Castro Caldelas, Mancomunidade Terra de

Celanova, Mancomunidade de Conso-Frieiras, Pobra de Trives, Mancomunidade voluntaria

do Ribeiro, Maceda, Muíños, Ourense, Verín, Viana do Bolo e Xinzo de Limia.

— Provincia de Pontevedra: Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, A Estrada,

Gondomar, O Grove, A Guarda, Lalín, A Lama, Marín, Moaña, Nigrán, Poio, Ponteareas,

Ponte Caldelas, Pontevedra, Porriño, Redondela, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Vigo,

Vilagarcía de Arousa e Vilanova.

Gráfico 6. CENTROS DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM) POR PROVINCIAS. ANO 2010

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos publicados polo Servizo Galego de Igualdade.

Page 23: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 23

Na provincia da Coruña existen 28 CIM, para un total de 94 concellos. Na provincia de Lugo

existen 11 CIM, para un total de 67 concellos. Na provincia de Ourense, 13 CIM, para un total

de 92 concellos. Na provincia de Pontevedra son 26 CIM para un total de 62 concellos.

Con respecto ao estudo do pasado ano, a cobertura na provincia da Coruña aumentou coa

incorporación do CIM de Muros.

Aínda que na provincia de Ourense a cobertura se mantivo na mesma cifra que o ano

anterior, 13 CIM, xa non aparece na listaxe do Servizo Galego de Igualdade o CIM de

Terras do Navea Bibei, porén, está no seu lugar o da Pobra de Trives.

Nas outras dúas provincias non se produciu cambio ningún nin no número nin no concello

dos CIM que xa recolliamos no estudo do pasado ano.

Gráfico 7

NÚMERO DE CIM RESPECTO DO NÚMERO DE CONCELLOS. ANO 2010

0

50

100

150

200

250

300

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia

Concellos

CIM

Fonte: Elaboración propia a partir dos datos publicados polo Servizo Galego de Igualdade

Segundo estes datos, moitos concellos en Galicia non contan cun Centro de Información á

Muller; algúns dispoñen dun PIM (Punto de Información á Muller) nos que se asesora

algúns días á semana, pero moitos outros non teñen nin sequera estes puntos (caso dos

concellos da Fonsagrada, As Nogais, etc.), o que perpetúa a diferenza de recursos entre o

urbano e o rural e a inferioridade de condicións das zonas rurais de Galicia, coas

dificultades que disto derivan para atender as posibles vítimas desas zonas.

3.3.4. Servizos de orientación xurídica (colexios d e avogacía)

Os Servizos de Orientación Xurídica (SOX) dos colexios de avogados foron creados coa

finalidade de asistir e asesorar a todos aqueles cidadáns e cidadás que teñen dereito ao

beneficio de asistencia xurídica gratuíta (AXG), segundo o establecido na Lei 1/96 do 10

de xaneiro e polo Decreto 146/97 do 22 de maio, polo que se aproba o regulamento de

asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia.

Page 24: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 24

As súas funcións son:

— Informar a quen o requirir da documentación e requisitos necesarios para solicitar o

dito beneficio. Recollida da solicitude e documentación.

— Asesorar a quen solicita para facilitarlle a tarefa de cubrir o formulario de solicitude.

— Comprobar que a solicitude cumpre os requisitos esixidos pola lei.

— Finalmente, se a pretensión é viable, o/a solicitante cumpre todos os requisitos esixidos e

a comisión informa favorablemente, designarase un/unha avogado/a provisionalmente e

remitirase o expediente á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta para a súa

aprobación definitiva.

Servizos de Orientación Xurídica:

— Provincia da Coruña: A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela

— Provincia de Lugo: Lugo

— Provincia de Ourense: Ourense

— Provincia de Pontevedra: Vigo e Pontevedra

3.4. Equipamentos psicolóxicos

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia colabora coa Secretaría Xeral de Igualdade

prestando servizos e persoal para levar dous programas de axuda, un para mulleres

vítimas de violencia de xénero e outro para os homes con problemas de control da

violencia familiar.

Os datos recollidos nas táboas 7 e 8 reproducen as cifras correspondentes á utilización

destes servizos por parte da cidadanía galega, facilitadas pola Secretaría Xeral de

Igualdade.

3.4.1. Programa de atención psicolóxica a mulleres vítimas de violencia de xénero

Táboa 7:NÚMERO DE PERSOAS USUARIAS : 2008-2010 MULLERES MENORES PERSOAS DEPENDENTES 2008 356 136 0 2009 270 89 4 2010 376 129 4

Fonte: Colexio de Psicoloxía de Galicia. 2011

É un servizo prestado pola Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración co Colexio

Oficial de Psicoloxía de Galicia, que ten como finalidade ofertar recursos terapéuticos que

abran vías de recuperación a mulleres vítimas de maltrato.

O acceso ao programa é gratuíto, presta atención as 24 horas do día e conta cun

psicólogo/a coordinador/a e unha rede de profesionais que levan a cabo a intervención en

toda a Comunidade Autónoma de Galicia. Estes profesionais axudan as vítimas de malos

Page 25: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 25

tratos a afrontaren a situación que viviron e a reforzaren a súa autoestima, ademais de

estimular a adquisición de habilidades e capacidades que favorezan a consecución da

autonomía e a integración na vida social e laboral.

Préstase tamén un servizo telefónico de asesoramento e derivación para a atención

terapéutica personalizada.

Na táboa 7 observábamos como a evolución entre 2008 e 2010 recollía un número de

usuarias que descendeu en 2009, con respecto ao ano anterior, en 86 persoas, para crecer

de novo durante o 2010. Tamén amosa esta táboa que son precisamente as mulleres as

usuarias máis numerosas (a cifra foi o pasado ano de 376 usuarias mulleres), mentres que

os nenos e as nenas afectadas pola violencia de xénero usuarios deste servizo ascendían a

129 durante o ano 2010, e a cifra de persoas dependentes usuarias deste programa durante

ese mesmo ano ascendeu a 4.

3.4.2. Programa de atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar

É un programa de atención psicolóxica especializada e de apoio, dirixido a homes que

adoptan actitudes inadecuadas nas relacións coa súa parella, coa súa familia, co seu

círculo social, e desexan adquirir novos modos de comportamento exentos de

agresividade. O acceso é voluntario, gratuíto e anónimo.

O programa ofrece dúas áreas de atención: información e atención/intervención

psicolóxica personalizada. Diríxese a homes con problemas de control da violencia que

desexen:

— aprender a resolver conflitos sen violencia e comprender a natureza da violencia;

— relacionarse coas mulleres con respecto e igualdade;

— educar os seus fillos e fillas en igualdade;

— asumir hábitos positivos de relación e convivencia.

Segundo o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, tanto en 2008 como en 2009 o

número de usuarios deste servizo nunca superou os 61.

Táboa 8 Número de beneficiarios no 2010

A Coruña 26 Lugo 2 Ourense 6

Pontevedra 30

Total 64 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos facilitados

pola Secretaría Xeral de Igualdade. Ano 2011

Page 26: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 26

Os datos facilitados tamén pola Secretaría Xeral de Igualdade amosan que o programa

medra ano tras ano, aínda que o fai dunha maneira comedida, chegando os usuarios en

2010 á cifra de 64 (en 2008 foron 59). Na táboa 8 temos unha achega por provincias, que

proporciona unha visión clásica en moitas das análises por provincias que se realizan na

nosa comunidade autónoma: A Coruña e Pontevedra, as dúas provincias máis poboadas

de Galicia, tamén son, por tanto, as dúas onde a cifra de homes que se acolleron a este

programa foi meirande. Porén, aínda que a maior concentración de poboación se dá na

Coruña, alí esta cifra foi en 2010 algo máis baixa que en Pontevedra (26 homes na Coruña

fronte a 30 na provincia de Pontevedra).

En total, o crecemento interanual foi de apenas 5 homes máis que en 2009.

En CC OO consideramos esencial este programa reeducativo e, á vista dos datos,

entendemos que a participación dos homes nel é moi baixa, sobre todo, se temos en conta

o número de denuncias interpostas por violencia.

4. SERVIZOS DE INFORMACIÓN XERAL

4.1. Asesoramento xurídico en liña da Secretaría Xe ral de Igualdade

A Secretaría Xeral da Igualdade activou este servizo en liña o pasado setembro para

proporcionar, de maneira gratuíta, información e asesoramento xurídico sobre diversas

cuestións, entre elas a violencia de xénero. Na ligazón que a seguir proporcionamos,

cóbrense unha serie de celas cuxa finalidade é puramente estatística e realízase a consulta.

A información e asesoramento xurídico gratuíto que se reciba tras a consulta virá da man

de profesionais con especialización nas materias de consulta.

No portal deixan claro que, por razóns de confidencialidade, non se facilitarán datos

persoais.

Dada a xuventude deste servizo, traballamos cun escaso marco temporal que non facilita

unha análise profunda, a cal realizaremos sen falta na revisión deste documento do ano

próximo, pois para entón este Sindicato xa poderá dar unha opinión fundamentada ao

respecto do sistema informatizado de información e asesoramento.

CENTRO DE ATENCIÓN A MULLERES Servizo Galego de Igualdade Avda. Glasgow, 10 15080 A CORUÑA Tel.: 981 28 20 24 / 44

Page 27: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 27

TELÉFONO DA MULLER 24 HORAS Servizo Galego de Igualdade 900 400 273

5. OUTROS PROGRAMAS

5.1. ATENPRO: Servizo telefónico de atención e protección ás ví timas da violencia de xénero *

A teleasistencia móbil ofrécelles ás vítimas de violencia de xénero cunha orde de

protección unha atención inmediata e a distancia, asegurando unha resposta rápida ás

eventualidades que lles poidan sobrevir, as 24 horas do día, os 365 días do ano en

calquera lugar en que se atopen.

O IMSERSO e a FEMP puxeron en marcha un Servizo de Teleasistencia Móbil gratuíto,

dirixido ás corporacións locais, principalmente aos concellos de menos de 20.000

habitantes, e sempre que a Deputación estea adherida ao programa. O servizo deseñouse

especificamente para previr as agresións que padecen as mulleres por parte de quen é ou

foi o seu cónxuxe ou de quen está ou estivo ligado/a por relacións similares de

afectividade, aínda que non exista convivencia. A partir do concurso oficial convocado

pola Administración e coa cooperación da FEMP (Federación Española de Municipios e

Provincias), Cruz Vermella resultou coadxudicataria para prestar este servizo.

Esta modalidade de teleasistencia permítelle á persoa ter conexión permanente coas

Centrais de Atención de Alarmas de Cruz Vermella; cobertura en calquera lugar con

acceso á telefonía móbil; estar localizada por sistema GPS e pola rede de Vodafone; apoio

inmediato a través da telefonía móbil; mobilización dos recursos propios do usuario

(familiares, veciñais, etc.) e dos recursos necesarios que existen na localidade. Este

Servizo baséase na utilización de tecnoloxías da comunicación telefónica móbil e de

telelocalización e permite que as mulleres con risco de sufrir violencia de xénero poidan

contactar, en situacións de emerxencia, cun centro con persoal especificamente preparado

para dar unha resposta axeitada á crise presentada, tanto de seguridade como de atención

psicolóxica e social. O sistema consta dun aparello (similar a un teléfono móbil) con GPS a

través do cal o centro de atención coñece a situación da vítima de violencia de xénero. O

contacto establecerase en todo momento e desde calquera lugar, só con premer un botón e

na modalidade de «mans libres».

* En anos anteriores este servizo chamábase TAM (teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero). Xa incluímos os escasos cambios que o programa incorporou coas novas siglas (ATENPRO).

Page 28: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 28

Cando se produza a situación de emerxencia, o Centro de Atención avisará axiña as

autoridades policiais e servizos sociais más próximos á vítima.

Obxectivos do servizo:

— Garantir unha atención inmediata e axeitada ante situacións de emerxencia, a través de

persoal especializado, proporcionando seguridade á usuaria e mobilizando os recursos

oportunos en función do tipo de emerxencia que se produza.

— Proporcionar tranquilidade e seguridade ás usuarias do servizo e a familiares que

dependan directamente delas, ofrecéndolles apoio, información e asesoramento, e

garantíndolles a comunicación interpersoal ante calquera necesidade as 24 horas do día.

— Potenciar a autoestima e a calidade de vida das usuarias do servizo, contribuíndo a

crear unha rede social de apoio.

— Axudar a minguar a sobrecarga que soporta unha usuaria destas características,

proporcionándolle tranquilidade ao saber que hai un equipo técnico e humano capaz

de apoiar e resolver as incidencias que poidan sobrevir.

Requisitos de acceso:

— Non convivir coa persoa ou persoas que as someteron ao maltrato.

— Que conten cunha orde de protección, ou medida de afastamento vixente, sempre que

a autoridade xudicial que a emitiu non considere contraproducente este servizo para a

seguridade da usuaria.

— Participar nos programas de atención especializada para vítimas da violencia de

xénero existentes no seu territorio autonómico.

Táboa 9: COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. PROGRAMA DE TAMVG. 2008

GALICIA ALTAS BAIXAS USUARIAS ACTIVAS PERSOAS ATENDIDAS A Coruña 99 48 218 266 Lugo 13 2 32 34 Ourense 42 25 66 91 Pontevedra 57 30 110 140 GALICIA 211 105 426 531

Programa de Teleasistencia Muller Violencia Xénero. Fonte FEMP. 2009

Ata o 31 de decembro de 2009, existen 466 usuarias en alta neste servizo en Galicia,

segundo o III Informe anual do Observatorio Estatal da Violencia sobre a Muller.

Os datos aos que tivemos acceso para a análise da situación durante o ano 2010 só chegan

ata o mes de xuño. Aínda así, paga a pena facermos unha achega. Segundo as estatísticas

da Secretaría Xeral de Igualdade, ata o pasado mes de xuño de 2010 a situación era a

seguinte:

Page 29: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 29

Táboa 10:

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. USUARIAS DE TELEPROTECCIÓN MÓBIL.

ALTAS DESDE 2005 BAIXAS USUARIAS ACTIVAS A Coruña 520 298 222 Lugo 57 21 36 Ourense 139 82 57 Pontevedra 292 170 122 GALICIA 1.008 571 437

Fonte: Secretaría Xeral de Igualdade, 2011. Elaboración propia

5.2. Sistema de seguimento por medios telemáticos d e cumprimento das medidas de afastamento en materia de violencia de x énero

Consiste nuns dispositivos que portan tanto o inculpado como a vítima. No caso do

inculpado, trátase dun brazalete axustable ao pulso ou ao xeonllo que funciona como

transmisor de radiofrecuencia e que leva aparellado un dispositivo de rastrexadura GPS. O

transmisor envía sinais ao centro de control para verificar que o inculpado leva consigo o

localizador, e é capaz de activar unha alarma se coincidir a menos de 500 metros co

dispositivo da vítima. A vítima porta un dispositivo parecido a un teléfono móbil que

permite a comunicación de voz e datos co centro de control; inclúe un sistema de

localización xeográfica por GPS, un botón de pánico para activar en casos de emerxencia e

un dispositivo de radiofrecuencia que detecta a proximidade do agresor para advertir tanto

a vítima como o centro, se aquel se acercar.

Pactouse no ámbito estatal unha contratación inicial de 3.000 dispositivos ao Consorcio

Securitas Direct-Telefónica o mes de xullo de 2009.

Consideramos importante resaltar que ata xullo de 2010 só 8 maltratadores en Galicia

dispoñen da pulseira con GPS. A nosa é a sexta comunidade con maior implantación, xa

que o seu uso está a ser anecdótico en toda España. As únicas provincias que contan con

máis dunha ducia de maltratadores controlados por este dispositivo son Madrid con 181,

Andalucía con 42 e Valencia con 30.

Segundo datos do Ministerio de Igualdade, a implantación deste sistema en Galicia

depende do maxistrado ou maxistrada encargado do caso.

Tendo en conta a efectividade do sistema, recoñecida polo propio Ministerio polo número

de alertas a través das pulseiras, dende CC OO solicitamos que aumente a implantación

deste servizo na nosa comunidade.

Page 30: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 30

6. PRESTACIÓNS ECONÓMICAS

6.1. Axudas económicas para vítimas de violencia de xénero

Táboa 11: CONCESIÓNS DE AXUDAS DE PAGAMENTO ÚNICO

PROVINCIA 2010 A Coruña 18 Lugo 3 Ourense 2

Pontevedra 5

GALICIA 28

Fonte: Estatística de Violencia de Xénero 2010 da Secretaría Xeral de igualdade

É unha axuda económica de pagamento único dirixida ás vítimas de violencia de xénero

para as que quede acreditada a insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades

para obteren un emprego.

As beneficiarias son as mulleres vítimas de violencia de xénero que, residindo en Galicia,

estean amparadas por unha orde de protección. Tamén se considerará acreditada esta

situación co informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de que a

denunciante é vítima de violencia de xénero en tanto se dita a orde de protección, así

como a sentenza condenatoria definitiva, ou definitiva e firme, que conteña medidas de

protección que aboen a actualidade da situación da violencia.

Requisitos: — Ser muller, maior de idade ou emancipada.

— Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75% do SMI vixente, excluída

a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. Unicamente se terán en conta as

rendas ou ingresos de que dispoña ou poida dispoñer a solicitante da axuda, sen que se

computen para estes efectos as doutros membros da unidade familiar que convivan

coa vítima. Se a solicitante tiver responsabilidades familiares, entenderase que cumpre

o requisito de carencia de rendas cando a renda mensual do conxunto da unidade

familiar, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o 75% do

SMI. Non se considerarán rendas ou ingresos as asignacións económicas da

Seguridade Social por fillo/a ou menor acollido a cargo. As rendas que non procedan

do traballo e se perciban con periodicidade superior ao mes computaranse a estes

efectos rateándose mensualmente.

— Ter especiais dificultades para obter un emprego, o que se acreditará a través do

informe do Servizo Galego de Colocación. Neste informe farase constar que a muller

solicitante, debido á súa idade, falta de preparación xeral ou especializada e

circunstancias sociais, non vai mellorar de forma substancial a súa empregabilidade

coa súa participación nos programas de emprego específicos establecidos para a súa

inserción profesional.

Page 31: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 31

— Ter vixentes as medidas de protección establecidas nunha orde de protección, informe

do Ministerio Fiscal ou sentenza xudicial.

— Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Gráfico 8

11

1

18

23 3

1 12

14

5 5

0

2

4

6

8

10

12

14

16

18

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Comparativa da concesión de axudas de pagamento úni co 2008-2010

2008 2009 2010

Fonte: Elaboración propia sobre datos da Estatística de Violencia de Xénero 2010 da Secretaría Xeral de Igualdade

Contía: — O importe da axuda será, con carácter xeral, equivalente a seis meses de subsidio por

desemprego.

— Cando a vítima de violencia de xénero tiver responsabilidades familiares, o importe da

axuda será equivalente a:

○ 12 meses de subsidio por desemprego cando teña a cargo un familiar ou menor

acollido;

○ 18 meses de subsidio por desemprego cando a vítima tiver ao seu cargo dous ou

máis familiares ou menores acollidos, ou un familiar e un menor acollido.

— Cando a vítima de violencia de xénero tiver recoñecido un grao de minusvalía igual

ou superior ao 33%, o importe da axuda será equivalente a:

○ 12 meses de subsidio de desemprego cando a vítima non teña responsabilidades

familiares;

○ 18 meses cando teña a cargo un familiar ou menor acollido;

○ 24 meses cando teña a cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos, ou un

familiar e un menor acollido.

Page 32: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 32

— Cando a vítima de violencia de xénero teña a cargo un familiar ou menor acollido cun

grao de minusvalía igual ou superior ao 33%, o importe da axuda será equivalente a:

○ 18 meses de subsidio por desemprego cando a vítima tiver a cargo un familiar ou

menor acollido;

○ 24 meses cando teña a cargo 2 ou máis familiares ou menores acollidos, ou un

familiar e un menor acollido.

— Cando a vítima de violencia de xénero con responsabilidades familiares ou o familiar

ou menor acollido con quen conviva tiver recoñecido un grao de minusvalía igual ou

superior ao 65%, o importe da axuda será equivalente a 24 meses de subsidio por

desemprego.

Responsabilidades familiares: Existen responsabilidades familiares cando a beneficiaria teña ao seu cargo polo menos

un familiar, por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao incluído, con quen

conviva. Non se considerarán a cargo os familiares con rendas superiores ao SMI, excluída

a parte proporcional das pagas extraordinarias.

As responsabilidades familiares deberán concorrer no momento da solicitude, agás no

suposto de fillas e fillos nados dentro dos trescentos días seguintes, en que procederá

revisar a contía da axuda percibida.

Entenderase que existe convivencia cando esta se encontre interrompida por motivos

derivados da situación de violencia de xénero.

Non será necesaria a convivencia cando exista obriga de alimentos en virtude de convenio ou

resolución xudicial e presumirase que existe, salvo proba en contrario, cando os familiares

teñan a condición de beneficiarios no documento de asistencia sanitaria da solicitante.

É preciso salientar que non dispoñemos da información de cantas solicitudes se

presentaron e cantas se rexeitaron, como tampouco dos motivos das desestimacións.

6.2. Prestacións periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero

A finalidade destas prestacións é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que

sofren violencia de xénero mediante prestacións económicas individuais e de carácter

periódico, que lles garantan unhas condicións suficientes de independencia económica

respecto do agresor e lles posibiliten dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha

situación en que corren perigo.

As beneficiarias da prestación son mulleres que, acreditando unha situación de

convivencia que as pon en risco de sufrir violencia de xénero, se atopen nunha situación

que lles impida afrontar o seu futuro dun xeito autónomo e independente do seu agresor e

que dispoñan dalgún dos documentos acreditativos desta situación de violencia adoptado

Page 33: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 33

ou emitido no período dos doce meses anteriores á data da solicitude, sempre que nese

momento se producise o cesamento da convivencia.

Táboa 12: CONCESIÓNS DE AXUDAS DE PAGAMENTO PERIÓDICO

PROVINCIA 2010

A Coruña 151 Lugo 42 Ourense 57 Pontevedra 116

GALICIA 369

Fonte: Estatística de Violencia de Xénero 2010 da Secretaría Xeral de Igualdade

Requisitos: — Ser muller, maior de idade ou emancipada.

— Residir en Galicia. As beneficiarias quedan obrigadas a manter a residencia na

comunidade autónoma durante a percepción da prestación e a comunicar previamente

calquera cambio de enderezo durante o mesmo período.

— Acreditar a situación de violencia derivada de convivencia.

— Non dispoñer de recursos económicos, ou seren estes de contía insuficiente para

afrontar unha independencia inmediata do seu agresor.

— Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Gráfico 9

113

77

151

3142 42

31 31

57

84

67

116

0

20

40

60

80

100

120

140

160

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

Comparativa da concesión de axudas de pagamento periódico 2008-2010

2008 2009 2010

Fonte: Elaboración propia sobre datos da Estatística de Violencia de Xénero 2010 da Secretaría Xeral de Igualdade

Contía:

Page 34: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 34

Consiste nunha contía económica destinada directamente á beneficiaria, de carácter

periódico, ata o máximo de doce mensualidades, mentres subsistan as circunstancias polas

que se concedeu. O cómputo do período comeza o mes da solicitude, agás no suposto de

que estivese percibindo outras axudas e renuncie a elas (ver incompatibilidades). Neste

caso, detraeranse do cómputo total o número de mensualidades coincidentes.

— A contía establécese en función dos ingresos da solicitante en relación co IPREM e

calcúlase de acordo coas seguintes especificacións:

○ 600 €/mes cando a beneficiaria perciba rendas de contía igual ou inferior ao IPREM

ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%;

○ 400 €/mes cando perciba rendas superiores ao IPREM e iguais ou inferiores ao

dobre do IPREM;

○ 200 €/mes cando perciba entre o dobre e o triplo do IPREM;

— As contías establecidas no parágrafo anterior incrementarase en 50 €/mes por cada

fillo/a menor de idade a cargo.

— Incorporación a un programa de busca activa ou mellora de emprego que se

desenvolve desde o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

en colaboración con outras administracións e entidades.

Incompatibilidades: Coa percepción de calquera outra establecida tanto polas Administracións públicas ou

calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, como por calquera entidade privada

destinadas ao mesmo fin.

Cando a solicitante teña solicitada ou perciba a RAI (renda activa de inserción) por vítima de

violencia, fará constar expresamente esta circunstancia na declaración de axudas xunto coa

solicitude; e no caso de a solicitar con posterioridade, deberá comunicalo de xeito

inmediato. O órgano xestor daralle opción a que, no prazo de 5 días, manifeste a súa opción,

indicándolle que as mensualidades coincidentes no período de percepción de ambas as dúas

axudas minoran no mesmo número de meses a axuda regulada nesta disposición.

Así mesmo, deberase ter en conta que as normas reguladoras das axudas como a RISGA,

PNC (pensión non contributiva) e aqueloutros subsidios percibidos por carencia de

recursos teñen límites distintos aos establecidos para esta axuda, polo que a concesión

desta deberase comunicar aos organismos responsables da xestión das axudas que

estivesen a percibir.

Cómpre salientar que non dispoñemos da información de cantas solicitudes se

presentaron e cantas se rexeitaron, como tampouco dos motivos das desestimacións.

As axudas que promete a normativa tardan en chegar. O salario da liberdade —unha

axuda económica dirixida ás maltratadas, que se xestiona dende a Xunta— tarda en

varias provincias uns oito meses en concederse.

Page 35: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 35

6.3. Indemnización a favor das vítimas de violencia de xénero e de menores e persoas dependentes afectadas por esta

Obxecto: Evitar situacións de precariedade económica das vítimas de violencia de xénero,

garantindo que as mulleres e menores ou persoas dependentes, residentes en Galicia, que

sufran ou se vexan afectadas por este tipo de violencia poidan percibir as indemnizacións,

fixadas mediante sentenza xudicial ditada polos xulgados e tribunais con sede en territorio

galego, que lles correspondan polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da

dita violencia, no caso de non se producir o pagamento das citadas indemnizacións por

parte do obrigado a satisfacelas por mor da súa insolvencia.

Beneficiarias: — As mulleres que sufran violencia de xénero.

— As persoas menores de idade que dependan dunha muller que sufra violencia de xénero.

— As persoas maiores de idade que dependan economicamente dunha muller que sufra

violencia de xénero.

— As persoas dependentes baixo o coidado dunha muller que sufra violencia de xénero.

Requisitos: — Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos galegos, polo

menos durante o ano inmediatamente anterior á formulación da solicitude.

— Ter dereito á percepción dunha indemnización, por danos e perdas derivados dunha

situación de violencia de xénero, recoñecida nunha resolución xudicial firme ditada

por un xulgado ou tribunal con sede en Galicia.

— Que exista constatación xudicial do incumprimento do deber de satisfacer a

indemnización por insolvencia do obrigado ao pagamento.

— Que a persoa beneficiaria se atope nunha situación de precariedade económica como

consecuencia da falta de pagamento da indemnización xudicialmente recoñecida.

Enténdese que se produce precariedade cando a unidade de convivencia á que

pertenza a persoa beneficiaria non percibise, durante o período transcorrido do ano

natural en que se formule a solicitude, uns ingresos económicos superiores ao importe

do IPREM correspondente a ese período.

— No caso de menores de idade e maiores de idade que dependan economicamente

dunha muller que sufra violencia de xénero e de persoas dependentes ao coidado

dunha muller que sufra violencia de xénero, acreditar suficientemente a dependencia

da muller vítima da violencia de xénero.

— Ter recoñecido polo menos o grao I de dependencia ou un grao de discapacidade igual

ou superior ao 65%.

Page 36: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 36

— Compromiso de devolución, total ou parcial, da indemnización, durante o prazo de

catro anos desde o momento da concesión, no caso de que, por cambio de fortuna do

obrigado ao pagamento, este o realice de xeito voluntario ou forzoso.

Contía: A contía da indemnización será a fixada pola resolución xudicial correspondente que

quede pendente de pagamento tras a declaración de insolvencia do obrigado facelo, ata un

máximo de 6.000 € por persoa beneficiaria, que se aboará mediante un pagamento único.

Táboa 13: Concesións de indemnizacións reguladas no art. 43 da Lei Galega 11/2007

RESOLUCIÓNS FAVORABLES PROVINCIA 2010

A Coruña 2 Lugo 0 Ourense 0 Pontevedra 0

GALICIA 2 Fonte: Secretaría Xeral de Igualdade. 2011

Dende CC OO demandamos a participación directa dos axentes sociais no debate, seguimento das contías, número de solicitudes, etc.

7. INSERCIÓN LABORAL

7.1. Incorporación de mulleres vítimas de violencia de xénero a un programa de busca activa ou mellora de emprego

A través deste servizo xéranse expedientes de asesoramento ás mulleres vítimas de

violencia de xénero e tramítase a súa incorporación a un programa de busca activa ou

mellora de emprego.

Concédese normalmente canda a axuda económica periódica pois as beneficiarias, de

acordo co disposto no artigo 3.4 da Resolución do 16 de xaneiro de 2008, quedan

incorporadas automaticamente a esta prestación. Porén, tamén se atende a outras vítimas

de violencia de xénero que simplemente acceden a través doutros sistemas de derivación.

Page 37: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 37

Táboa 14: NÚMERO DE MULLERES INCORPORADAS AO PROGRAMA. 2008-2009**

PROVINCIA 2008 2009

A Coruña 61 64 Lugo 28 15 Ourense 22 Pontevedra 17 TOTAL 128 79

Fonte: Secretaría Xeral de Igualdade. 2010

7.2. Certificación acreditativa da condición de vít ima de violencia de xénero, para os efectos da incorporación no program a de inserción laboral deste colectivo

O artigo 2.º b da Orde do 2 de maio de 2006 establece como un dos documentos que debe

acompañar a solicitude de incorporación ao programa, a certificación acreditativa da

condición de vítima, expedida polo Punto de Coordinación das Ordes de Protección,

dependente do Servizo Galego de Igualdade do Home e da Muller.

En total, o Servizo Galego de Igualdade emitiu en Galicia, durante o pasado 2010, a cifra

de 261 certificacións acreditativas da condición de vítima de violencia de xénero, 57 máis

que en 2008, o cal en termos relativos implica un aumento de case o 27,95%.

Táboa 15: NÚMERO DE CERTIFICACIÓNS EMITIDAS. 2010

PROVINCIA 2010 A Coruña 151 Lugo 42 Ourense 57 Pontevedra 116

GALICIA 369

Fonte: Estatística de Violencia de Xénero 2010 da Secretaría Xeral de igualdade.

No gráfico 10 aprécianse as flutuacións interanuais por provincia das certificacións

acreditativas da condición de vítima de violencia de xénero.

** Estamos á espera da publicación das cifras correspondentes ó ano 2010 para podermos actualizar esta táboa, pero dada a súa importancia preferimos mantela coas cifras recollidas en anos anteriores.

Page 38: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 38

Gráfico 10: Comparanza das certificacións acreditativas da condición de vítima de violencia de xénero 2008-2010

77

40

22

65

88

30

38

86

86

38

35

102

0 20 40 60 80 100 120

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

2008 2009 2010

Fonte: Elaboración propia sobre datos publicados pola Secretaría Xeral de Igualdade. 2011

Pontevedra foi a única provincia de Galicia onde a evolución na cifra destas certificacións

foi en progresivo aumento. Na Coruña, aínda que en termos xerais creceu, entre 2009 e

2010 descendeu en 2 mulleres. No caso de Lugo, o descenso foi xeral aínda que entre

2009 e 2010 aumentou en 8 mulleres. Ourense creceu entre 2008 e 2009 e en conxunto

foron 13 mulleres máis desde 2008 ata 2010, pero baixou o número de mulleres en 3 na

comparación entre o 2009 e o 2010.

Mentres que en 2008 se certificaron 204 mulleres coa acreditación de vítima de violencia de

xénero, só 128 foron incorporadas ao programa de busca activa ou mellora de emprego.

Durante 2009, acreditáronse 242 mulleres, das cales só 79 se incorporaron ao programa.

A variación nestas cifras ao longo dos anos terémola que situar sempre en relación tanto

aos datos de sentenzas favorables para as vítimas como aos orzamentos asignados para

este programa.

Dende CC OO entendemos que todos estes programas deben incluírse no diálogo social,

xa que fan parte del.

Page 39: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 39

8. FACILIDADES DE ACCESO Á VIVENDA

8.1. Programa de vivenda en aluguer a mulleres víti mas de violencia de xénero

Implantar a adxudicación directa da vivenda procedente do Programa de vivenda en

aluguer en réxime de arrendamento ás mulleres vítimas de violencia de xénero mediante a

exclusión do procedemento xeral de adxudicación.

As beneficiarias son as mulleres vítimas de violencia de xénero e que estean incorporadas

ao programa de vivenda en aluguer como solicitantes de vivenda. A condición de vítima

de violencia de xénero acreditarase por algún dos seguintes medios:

— Resolución xudicial

— Orde de protección xudicial a favor da solicitante

— Informe do ministerio fiscal

— Informe dos servizos sociais correspondentes ou centro de acollemento

Táboa 16: Número de informes emitidos de concesión de vivenda en aluguer: 2008-2010

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

2008 2009 2010 2008 2009 2010 2008 2009 2010 2008 2009 2010

1º semest. 31 17 33 11 5 4 4 0 0 27 9 15

2º semest. 31 20 58 2 0 4 1 0 11 8 15 54

Total 62 37 91 13 5 8 5 0 11 35 24 69

Fonte: Servizo Galego de Igualdade. 2011

A táboa anterior amosa unha evolución interanual dos informes emitidos en Galicia entre

o ano 2008 e o 2010 do 55,65% (isto quere dicir que se realizaron 64 informes máis no

último ano). Porén, entre 2008 e 2009 o descenso en Galicia da cifra destes informes

resulta impresionante, pero non tanto se temos en conta que se trata do primeiro ano da

crise económica e que estes informes teñen como finalidade facilitar vivendas en aluguer

moi económico ás vítimas de violencia de xénero acreditadas, e o Goberno é o encargado

de financiar as diferenzas entre o prezo do mercado e o aluguer que se lles esixirá a estas

mulleres. Ademais, tamén estarán, coma no caso anterior, relacionados directamente co

número de mulleres vítimas de violencia de xénero e que ademais teñan solicitada a

concesión de axudas ao aluguer por teren a acreditación de vítimas.

Page 40: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 40

Así, a comparanza interanual entre 2008 e 2009 amosa un descenso destes informes que

supón, en cifras absolutas, que se realizaron 49 menos, é dicir o 42,61% menos que

durante o ano precedente.

Porén, a cifra de informes volveu medrar entre 2009 e 2010, esta vez en 113 informes, o

cal supuxo un aumento relativo de máis do 170%.

Hai que salientar que non dispoñemos da información de cantas solicitudes se

presentaron e cantas se rexeitaron, nin tampouco os motivos das desestimacións.

Dende CC OO entendemos que todos estes programas deben incluírse no diálogo social,

xa que fan parte del.

Estas axudas tamén tardan meses en chegar, o que, en moitos casos, lles complica a estas

mulleres iniciar unha vida normalizada e prolonga a súa institucionalización.

9. CONCLUSIÓNS

Á vista dos datos analizados, as CCOO de Galicia temos algunhas críticas que expoñer,

ao tempo que faremos certas suxestións, todo isto coa finalidade de mellorar a situación

en que se atopan as mulleres vítimas da violencia machista no noso país a través dos

adecuados medios (servizos e equipamentos) que cubran todas as necesidades urxentes de

calquera muller vítima de malos tratos.

1. Temos que advertir o feito de que a análise estatística complícase enormemente

debido ás modificacións que realizan as Administracións públicas na presentación

anual dos datos que se poden publicar sen danar ou facer perigar a situación de

vulnerabilidade das vítimas. Noutras palabras, recomendamos un sistema homoxéneo

e regular de publicacións estatísticas sobre a violencia de xénero en Galicia.

2. As CCOO apostamos por unha rede de asistencia de titularidade pública, que poida

complementarse coa iniciativa social.

3. Reclamamos un aumento dos recursos residenciais para as mulleres vítimas de

violencia en Galicia. Consideramos urxente a creación de equipamentos residenciais

nas cidades de Santiago de Compostela e Pontevedra, que carecen na actualidade de

servizos destas características. En Galicia existen un total de 112 prazas públicas: 75

en casas de acollemento e 37 en vivendas tuteladas, pero hai que ter sempre en conta

que cada fillo/a ocupa unha praza. A iniciativa social atende as mulleres vítimas de

violencia con problemáticas específicas que non teñen cabida nas prazas públicas; é o

caso de mulleres con enfermidades mentais, drogodependencias, alcoholismo,

emigrantes sen papeis, etc.

Page 41: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 41

4. Canto aos xulgados específicos de violencia de xénero, existen só en Vigo e A

Coruña, coa particularidade de atenderen só as denuncias das persoas residentes nos

partidos xudiciais desas dúas localidades, o cal resulta absolutamente insuficiente. O

resto das denuncias que non chegan ao xulgado específico de violencia van parar ao

seu xulgado corresponde do penal segundo o partido xudicial que lle corresponda. O

problema reside en que os datos derivados do informe do Consello Xeneral do Poder

Xudicial amosan claramente unha porcentaxe superior en 30 puntos no número de

condenas por violencia de xénero ditaminadas polos xulgados específicos con

respecto aos do penal (ordinarios). A Secretaría da Muller de CCOO de Galicia

denuncia que do que se trata é dun problema grave de formación e información á hora

de trataren a violencia de xénero os xulgados do penal fronte aos xulgados

específicos. Polo tanto, reclamamos que se actúe ao respecto: ou ben coa creación de

máis xulgados específicos, ou ben mediante a especialización (a través da formación)

dalgúns xulgados do penal que estean así preparados para atender as denuncias

presentadas por VG dentro dos seus partidos xudiciais respectivos.

5. Reclamamos a creación de centros residenciais especializados, como mínimo dous, un

na zona norte de Galicia e outro na sur, para mulleres vítimas de violencia con

problemáticas sobrevidas (patoloxías mentais, alcoholismo, drogodependencias, etc.),

a onde se deriven estes casos dende os centros residenciais.

6. Reclamamos a creación dun protocolo de coordinación entre os equipamentos sociais,

residenciais, de información á muller e o Servizo Galego de Colocación, co fin de

mellorar a recepción de información polos traballadores/as do sistema sobre os

recursos laborais dispoñibles para este colectivo.

7. Propoñemos a creación dun protocolo de actuación entre os corpos e forzas de

seguridade e os equipamentos residenciais existentes, co obxectivo de mellorar a

coordinación e a eficacia das actuacións urxentes, sobre todo as que ocorran en

horario nocturno, no menor tempo posible. Dentro deste protocolo, é imprescindible

crear un dispositivo telefónico 24 horas para os principais derivadores

(fundamentalmente, servizos sociais e corpos e forzas de seguridade e outras

organizacións), para poder realizar unhas valoracións áxiles na derivación aos

recursos residenciais. Este é un recurso económico que facilita a coordinación e a

rapidez. Do mesmo xeito, propoñemos a ampliación do Equipo de Vixilancia e Apoio

Policial (EVAP) —existente xa na cidade de Vigo— ás grandes cidades galegas.

8. No referente ao sistema de seguimento por medios telemáticos de cumprimento das

medidas de afastamento en materia de violencia de xénero (pulseira), a nosa é a sexta

comunidade con maior implantación, pero o seu uso, tanto aquí como no resto de

comunidades, é anecdótico en toda España. As CCOO queremos resaltar que ata xullo

de 2010 só 8 maltratadores en Galicia dispoñen da pulseira con GPS. Isto quere dicir

Page 42: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 42

que o emprego deste dispositivo en Galicia é moi escaso, sobre todo se temos en conta

que a Secretaría de Estado para a Igualdade do Ministerio de Sanidade, Política Social

e Igualdade puxo a dispor de maxistrados e maxistradas arredor de 760 destes

pulseiras. CCOO, ante as cifras (814 ordes de protección en Galicia durante o pasado

2010) criticamos o feito de que a decisión do seu emprego sexa en última instancia

exclusivamente xudicial, e instamos a xudicatura a empregar os recursos dispoñibles,

sabendo ademais que o seguimento da súa implantación xa probou a súa efectividade

na protección da vítima.

9. CCOO solicita o efectivo funcionamento do Consello Galego das Mulleres, órgano

creado pola Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento

integral da violencia de xénero, de xeito inmediato, coa intención, entre outras, de que

sirva como mecanismo de análise das necesidades existentes para logo trasladalas á

elaboración dos orzamentos da Xunta de Galicia.

10. Cómpre axilizar os trámites e as resolucións das axudas ás mulleres vítimas de

violencia. No contacto coas entidades implicadas, constatamos unha inquedanza

común: prodúcese unha grave demora na percepción das axudas polas vítimas,

importante sobre todo no caso das axudas periódicas e as axudas para o aluguer de

vivenda, o que complica en moitos casos o acceso á vida normalizada destas mulleres

e prolonga a súa institucionalización.

11. En canto aos CIM, é importante sinalar que non se atopan en moitos dos concellos de

Galicia, sobre todo nos máis rurais, o que perpetúa a diferenza de recursos entre o

urbano e o rural e a inferioridade de condicións das zonas rurais de Galicia e coas

dificultades que diso derivan para a atención ás posibles vítimas nesas localidades.

12. Non se traballa abondo na prevención da violencia nas persoas máis novas e das

persoas maiores. Para conseguir este obxectivo, é imprescindible formar e informar os

axentes implicados: educación, sanidade, forzas e corpos de seguridade do Estado,

persoal dos xulgados, profesionais dos servizos sociais,etc.

13. Precísanse máis mecanismos de coordinación entre todas as administracións, corpos e

forzas de seguridade do estado, servizos sociais e demais axentes implicados.

A Secretaría da Muller de CCOO de Galicia non pretende nestes momentos abrir o

debate sobre a efectividade das normas contra a violencia de xénero (tanto a galega

como a estatal), pois entende que é prioritario denunciar a falta de medios e recursos que

desde as súas respectivas aprobacións veñen experimentando, o cal minguou

profundamente o seu efectivo cumprimento.

Page 43: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 43

10. ANEXOS

10. 1. LEXISLACIÓN

Orde do 1 de abril de 1997, pola que se regulan os requisitos específicos que deberán reunir os centros de acollemento para mulleres vítimas de malos tratos.

Lei 27/2003, do 31 de xullo, reguladora da Orde de protección das vítimas da violencia doméstica.

Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

Orde do 2 de maio de 2006, pola que se regula o programa de fomento da inserción laboral das mulleres vítimas de violencia.

Orde do 12 de xullo de 2007, pola que se regulan as medidas de acción positiva para a adxudicación de vivendas no Programa de vivenda en aluguer a mulleres vítimas de violencia de xénero

Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. (Esta Lei é nova no estado, xa que modifica as condicións de acreditación da condición de vítima de violencia de xénero e posibilita que a acreditación a leven a cabo os servizos sociais.)

Real Decreto 1917/2008, do 21 de novembro, polo que se aproba o programa de inserción sociolaboral para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Decreto 9/2009, do 15 de xaneiro, polo que se regulan os puntos de encontro familiar en Galicia.

10.2. GRÁFICOS E TÁBOAS

Coa finalidade de procurar a lectura da información incluída neste estudo, a seguir

facilitamos unha listaxe cos títulos dos gráficos e das táboas que aparecen no documento,

situándoos nas súas respectivas páxinas.

10.2.1. Gráficos

— Gráfico 1: Distribución de vítimas por violencia de xénero, ano 2009 (páxina 6)

— Gráfico 2: Distribución de vítimas por violencia de xénero, ano 2010 (páxina 7)

Page 44: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 44

— Gráfico 3: Distribución de vítimas respecto da súa provincia, ano 2009 (páxina 8)

— Gráfico 4: Distribución de vítimas respecto da súa provincia, ano 2010 (páxina 8)

— Gráfico 5: Denuncias por cada 10.000 mulleres maiores de 15 anos, anos 2009-2010 (páxina 12)

— Gráfico 6: Centros de información á muller (CIM) por provincias, ano 2010 (páxina 22)

— Gráficos 7: Número de CIM respecto do número de concellos, ano 2010 (páxina 23)

— Gráfico 8: Comparativa 2008-2010 da concesión de axudas de pagamento único (páxina 31)

— Gráfico 9: Comparativa 2008-2010 da concesión de axudas de pagamento periódico (páxina 33)

— Gráfico 10: Comparanza 2008-2010 das certificacións acreditativas da condición de vítima de violencia de xénero (páxina 38)

10.2.2 Táboas

Táboa 1: Ordes de protección a vítimas por violencia de xénero, ano 2009 (páxina 9)

Táboa 2: Ordes de protección a vítimas por violencia de xénero, ano 2010 (páxina 10)

Táboa 3: Denuncias interpostas e renuncias á continuación do proceso, ano 2009 (páxina 10)

Táboa 4: Denuncias interpostas e renuncias á continuación do proceso, ano 2010 (páxina 11)

Táboa 5: Número de prazas municipais/autonómicas en Galicia, anos 2009-2010 (páxina 17)

Táboa 6: Número de prazas en ong de Galicia, anos 2009-2010 (páxina 17)

Táboa 7: Número de persoas usuarias do Programa de Atención Psicolóxica a mulleres vítimas de violencia de xénero, anos 2008-2010 (páxina 24).

Táboa 8:Número de beneficiarios do Programa de atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar, ano 2010 (páxina 25).

Táboa 9: Número de usuarias do Programa TAMVG 2008-ATEMPRO 2010 en Galicia (páxina 27)

Táboa 10: Usuarias de teleprotección móbil na C. A. de Galicia en 2010 (páxina 29)

Táboa 11: Concesión das axudas de pagamento único 2010 (páxina 30)

Táboa 12: Concesión das axudas de pagamento periódico 2010 (páxina 33)

Táboa 13: Concesións de indemnizacións reguladas no art. 43 da Lei galega 11/2007 (páxina 36)

Táboa 14: Número de usuarias do programa de busca activa de emprego entre 2008 e 2010 (páxina 37)

Táboa 15: Número de certificacións acreditativas da condición de vítima durante 2010 (páxina 37)

Táboa 16: Comparanza 2008-2010 do número de informes emitidos para a concesión de vivendas en aluguer a mulleres vítimas de violencia de xénero (páxina 39)

11. FONTES CONSULTADAS

Secretaría Xeral da Igualdade, <http://igualdade.xunta.es/interior-violencia-xenero>

Servizo Galego de Igualdade, Estatística de violencia de Xénero 2008-2010 [en liña],. Xunta de Galicia <http://sgi.xunta.es/> [consulta: outubro de 2011]

Page 45: ANÁLISE DOS EQUIPAMENTOS E RECURSOS DE ATENCIÓN Á ... · Dende o asasinato das irmás Mirabal, defensoras dos dereitos humanos, Nacións Unidas declarou o 25 de novembro Día Internacional

secretaría da muller e políticas de igualdade sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia

sindicato nacional de ccoo de galicia 45

Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdade <http://www.msps.es/> [consulta: outubro de 2011]

Instituto Galego de Estatística, <www.ige.es>

Instituto Nacional de Estatística, <www.ine.es>

Consello Xeral do Poder Xudicial, [en liña] <http://www.poderjudicial.es/eversuite/GetRecords?Template=cgpj/cgpj/principal.htm> [consulta: novembro 2009] (Datos de denuncias, procedementos penais e civís rexistrados, ordes de protección solicitadas nos xulgados de violencia sobre a muller e sentenzas ditadas polos órganos xurisdicionais nesta materia no ano 2008.)

Observatorio da Violencia de Xénero, III Informe anual del Observatorio Estatal de Violencia sobre la mujer (2010).

Consello Xeral do Poder Xudicial, [en liña] <http://www.poderjudicial.es/eversuite/GetRecords?Template=cgpj/cgpj/principal.htm> [consulta: novembro 2010] (Datos de denuncias, procedementos penais e civís rexistrados, ordes de protección solicitadas nos xulgados de violencia sobre a muller e sentenzas ditadas polos órganos xurisdicionais nesta materia no ano 2009.)