ANO XXIX - NÚMERO 212 xaneiro - marzo · PDF filealvaro barrera rubiÑos, 4º eso david otero lÓpez, 3º eso luis torreira garcÍa, 2º eso marc silva celma, 2º eso ... enciclopedia

Embed Size (px)

Citation preview

  • ANO XXIX - NMERO 212 xaneiro - marzo 2011

  • A M E N C E R edita:

    REALSEMINARIO CONCILIARDE SANTA CATALINA

    ----------Praza do Seminario, 1

    Apartado, 227740 - MONDOEDO (Lugo)

    director:DAVID MACHADO MONTERO, 4 ESO

    subdirector:ROBERTO GONZLEZ DOPICO, 3 ESO

    redactor xefe:MIGUEL A. RUBAL PALACIOS, 4 ESO

    consello de redaccinALVARO BARRERA RUBIOS, 4 ESODAVID OTERO LPEZ, 3 ESOLUIS TORREIRA GARCA, 2 ESOMARC SILVA CELMA, 2 ESOBRAULIO CASAVELLA AMIEIRO, 1 ESOJUAN JOS MONTOUTO CHAVEZ, 1 ESO

    profesores responsables:OSCAR SANTIAGO SANMARTNFLIX VILLARES MOUTEIRA

    depsito legal: LU -1609-82

    nmero 212xaneiro - marzo

    2011

    taboleiro

    . tapa: homenaxe a don Paco Fernndez del Riego

    . taboleiro, 1

    . a xeito de cancela, 2

    . don Paco: vida e obra, 3

    . falamos con... don Francisco Domnguez, 9

    . colaboracins:

    - Flix Villares Mouteira,In memoriam. Don Paco,

    un home bo e xeneroso, 19

    - Armando Requeixo,Francisco Fernndez del

    Riego e Xos Daz Jcome: crnica dunha amizade, 21

    . don Paco e Amencer,25

    . colaboraron, 32

    sumario

    - 1 -

    A M E N C E R

  • A XEITO DE CANCELA

    - 2 -

    A M E N C E R a xeito de cancela

    Amencer comeza un novo ano da sa andaina -oano XXIX-. Neste curso 2010-2011, debido crise,publicaremos un nmero cada trimestre. Agardamos quepara o vindeiro curso xa poida sar cada dous meses tale como se via publicando nos ltimos anos.

    Este nmero vai dedicado por enteiro a unha dasfiguras mis senlleiras da nosa cultura: a don FranciscoFernndez del Riego, finado a finais do pasado mes denovembro e colaborador de Amencer en varias ocasins(sempre que se lle pediu).

    A conversa mantida con don Francisco Domnguez,Diorector da Fundacin Penzol de Vigo e gran coecedorde don Paco, achganos un pouco sa figura.

    Tamn as das colaboracins nos aproximan adiversos aspectos da sa obra e da sa persoa. Acolaboracin de Armando Requeixo vai ilustrada confotografas que o propio autor nos enviou.

    Pecha este nmero o apartado Don Paco enAmencer no que se d conta das colaboracins sas nanosa revista. Neste seccin reproducimos a primeira e aderradeira colaboracin de don Francisco. Por certo a saderradeira colaboracin foi feita ano e medio antes doseu pasamento.

    Por ltimo, cmpre sinalar outra novidade: a partirdeste nmero, a revista Amencer pode consultarse napxina web www.mondonedoferrol.org

    a redaccin

  • - 3 -

    Nestaspxinas que seguen imos facer un achegameno traxectoria vital de don Paco

    Francisco Fernndez del Riego naceu na parroquia de SantaMara de Vilanova de Lourenz o sete de xaneiro de 1913. Na sapequena vila natal fai os primeiros estudos que continuar, como alum-no libre, no Instituto de Lugo e que vai rematar en Monforte de Lemosno colexio dos PP. Escolapios.

    En 1930, comezou os estudos de Dereito na Universidade deMadrid, estudos que continuar desde outubro de 1931 na

    Rotulou: ADRIN CARBALLEIRA MONTENEGRO, 2 ESO

    Rotulou: DAVID OTERO LPEZ, 3 ESO

    A M E N C E Rdon Paco: vida e obra

  • - 4 -

    Universidade Santiago de Compostela, onde iniciar os de Filosofae Letras. Foi delegado escolar nas facultades de Dereito e de Filoso-fa e Letras e tamn representante dos estudiantes na Xunta deGoberno da Universidade. Despois de licenciarse en Dereito,incorporouse Facultade de Dereito, como profesor axudante encar-gado da ctedra de Dereito Civil.

    Durante a sa estada en Santiago, ademais de colaborar co Se-minario de Estudos Galegos, co Comit de Cooperacin Intelectual ecoa Fundacin Universitaria Espaola, dirixiu a revista Universitarios.

    Foi militante do Partido Galeguista desde a sa fundacin esecretario xeral da Federacin de Mocidades Galeguistas. En 1932foi elexido secretario xeral da agrupacin Ultreya. Participou, en 1935,na constitucin de Galeuzca. En xullo de 1936 era o delegado do Par-tido Galeguista no Comit da Fronte Popular en Santiago.

    Despois da Guerra Civil foi destitudo como profesor universita-rio, inhabilitado para o ensino e sancionado polo Tribunal da OrdePblica. Durante un tempo estivo escondido, acollndose mobilizacin forzosa para protexerse da persecucin. Unha vez aca-bada Guerra pasou a vivir na cidade de Vigo e al exerce o ensinoprivado.

    En 1950 promove, con outros intelectuais, a creacin da Edito-rial Galaxia, sendo secretario do Consello de Administracin. Ennovembro de 1960 foi elexido membro numerario da Real AcademiaGalega, na que ingresou co discurso Un pas e unha cultura. A idea

    A M E N C E R don Paco: vida e obra

  • - 5 -

    de Galicia nos nosos escritores. Fernndez del Riego levou adianteun importante labor na Real Academia Galega: propuxo, en marzo de1963, a celebracin do Da das Letras Galegas. Desde novembro de1997 e durante catro anos foi o presidente da Academia. Cando foielexido declarou a Amencer que a sa eleccin era: Un novo servi-cio cultura galega, como tantos outros que Ile vin prestando enmbitos diferentes longo da mia vida. Est no meu nimoimprimirlle novo dinamismo Academia, de acordo co espritofundacional, e co traballo en equipo dos integrantes da Xunta deGoberno.

    Desde o ano 1964 dedicouse Biblioteca da Fundacin Penzolde Vigo da que foi director ata decembro de 2009. Na dcada dosanos noventa, deulle seu concello nativo uns catrocentos libros, queestn na biblioteca Juana de Ibarborou na que hai unha sala que levao seu nome e que el inaugurou no ano 2001. En xaneiro de 1995deulle pobo de Vigo a sa biblioteca persoal con mis de vinte ecinco mil volumes e que est na Biblioteca-Museo Francisco Fernndezdel Riego na Casa da Cultura da cidade olvica.

    O pasamento de Francisco Fernndez del Riego tivo lugar opasado vinte e seis de novembro de dos mil dez na sa casa de Vigo.

    Rotulou: BRUNO ESTEVES FERNNDEZ, 3 ESO

    Francisco Fernndez del Riego desenvolveu unha intensa e longaactividade cultural practicamente ata os seus ltimos das.

    A M E N C E Rdon Paco: vida e obra

  • - 6 -

    Comezou a sa actividade literaria no semanario Vallibria, quedirixa en Mondoedo Xos Trapero Pardo, no que colaboraron, entreoutros, Alvaro Cunqueiro, Aquilino Iglesia Alvario. Colaborou nosxornais El Pueblo Gallego, A Nosa Terra, Heraldo de Galicia, LaNoche, Faro de Vigo, La Voz de Galicia (xornal na que publicou unartigo semanal ata tres meses antes do seu pasamento).

    Colaborou nas revistas Ns, Alento, Galicia, Galicia Emigran-te, Grial -da que foi codirector- Industrias Pesqueras, IndustriasConserveras e tamn na nosa revista Amencer. Participou na GranEnciclopedia Gallega.

    Ademais de asinar as colaboracins co seu nome, tamn utili-zaba os seudnimos de Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros,Adrin Solovio e Adrin Soutelo.

    Na sa obra salientan:

    1) os ensaios: Cos ollos no esprito; Danzas popularesgallegas; Galicia no espello; Historia da literatura galega; Escolmade poesa galega. Os contemporneos; Escolma de poesa galega.O sculo XIX; Poesa galega. Do dezanove aos continuadores; Dic-cionario de escritores galegos, e Letras do noso tempo.

    2) as monografas sobre autores galegos: A xeracinGalaxia; O seor da casa grande de Cima de Vila; Antoln Faraldo,o gran soador; Con Pondal en Bergantios; O padre Sarmiento eGalicia, e O ro do tempo. Unha historia vivida.

    3) os libros de viaxes: As peregrinacins xacobeas; Apegada das viaxes; Portugal norteo; Vigo sentimental. (A cidadevivida por Francisco Fernndez del Riego); Pontevedra sentimen-tal; Ourense sentimental; e A Corua sentimental.

    Entre os libros mis recentes cmpre citar: O cego de

    A M E N C E R don Paco: vida e obra

  • - 7 -

    Pumardedn; Desde a mia fiestra; Camio andado: memorias;Sinais dunha cultura, e Lourenz. Tamn publicou a corresponden-cia con Alvaro Cunqueiro co ttulo Cartas ao meu amigo. EpistolarioMindoniense.

    Dentro do seu labor cultural necesario salientar o seu influxopara que Alvaro Cunqueiro escribise varios libros en galego. Nestesenso dixo en Amencer: Eu fun o que influiu dun xeito decisivo paraque escribise a obra narrativa en galego e fun, pouco a pouco,arrincndolle folios dese libro que se chama Merln e familia e tamnde As Crnicas do Sochantre e de Si o vello Sinbad volvese sillas. Son tres obras fundamentais da literatura galega que elescribiu.

    Rotulou: XAIRO FORMOSO PENA, 3 ESO

    Foron moitos os premios e distincins que recibiu longo dasa vida. As cmpre sinalar: O Pedrn de ouro, a Medalla Castelao,o Premio de Creacin Cultural da Xunta de Galicia, o Premio Trasalba,a Medalla de Ouro de Galicia, a Medalla de Ouro da cidade de Vigo,Premio Celanova - A Casa dos poetas, a Insignia de Ouro daUniversidade de Santiago, e o Premio do Centro Galego de Bos Ai-res. Foi nomeado Doutor honoris causa pola Universidade de Vigo,Galego Egrexio dos Premios da Crtica de Galicia e Fillo Predilectodo Concello de Lourenz, onde ten unha ra dedicada. Na cidade deVigo unha praza leva o seu nome na que hai unha escultura co seubusto.

    A M E N C E Rdon Paco: vida e obra

  • Don Paco foi un home que amou profundamente a Galicia. Endeclaracins a Amencer, dixo: Galicia a terra onde nacn. unhaunidade histrica, xeogrfica e cultural, cunha lingua de seu. Paramin, representa as races fundamentais do meu ser.

    Defendeu e promocionou sempre a Lingua Galega e loitou porela en momentos ben difciles, pero xempre con optimismo e senvitivismo. Eu fun sempre optimista. Nos momentos mis difciles, nosmomentos mis comprometidos,eu sempre pensei que o idioma galegoa a pervivir e, a medida que pasa o tempo, esta confirmacin realzase-declarara na nosa revista.

    Escribiron:. MIGUEL ANGEL RUBAL PALACIOS, 4 ESO. GUILLERMO RUBAL POMBO, 4 ESO

    A M E N C E R

    - 8 -

    don Paco: vida e obra