48
ANO XXXIII - NÚMERO 228 17 de maio de 2015

ANO XXXIII - NÚMERO 228 17 de maio de 2015 · 2015. 5. 18. · * Ramón Villares Paz, Filgueira Valverde nos anos da Transición democrática, 39. carta de Filgueira Valverde (17-05-1985),

  • Upload
    others

  • View
    6

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • ANO XXXIII - NÚMERO 228 17 de maio de 2015

  • Estrada Nacional 634 - Km. 621GOIRIZ -VILLABA (Lugo) - 982 511252

    Bispo Sarmiento, 35

    MONDOÑEDO (Lugo)

    Teléfono 982 521 014

    Teléfonos: 988 286 059 - 988 286 060 - 988 286 132Fax: 988 286 060

    Estrada Ourense - Lugo, km. 14

    32102 - READEGOS - Ourense

    ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»colaboradores

  • A M E N C E R editan:

    REALSEMINARIO CONCILIAR DE SANTA CATALINAe

    ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»----------

    Praza do Seminario, 1 Apartado, 2

    27740 - MONDOÑEDO (Lugo)

    depósito legal: LU -1609-82

    número 22817 de maio de 2015

    taboleiro

    . tapa: Homenaxe a Xosé Filgueira Valverde

    . taboleiro, 1

    . a xeito de cancela, 2

    . falamos con... Fernando Filgueira Iglesias, 3

    . colaboracións: 11* Xesús Alonso Montero, Xosé Filgueira Valverde

    (Pontevedra 1906-1966), 11* Xesús Ferrol Ruibal, Filgueira Valverde Militante no

    Galeguismo Cristián, 13* Xosé Fuentes Alende, Filgueira Valverde: Catolicismo

    versus Galeguismo, 31* Ramón Villares Paz, Filgueira Valverde nos anos da

    Transición democrática, 39. carta de Filgueira Valverde (17-05-1985), 43

    sumario

    - 1 -

    A M E N C E R

    coordinadores:OSCAR SANTIAGO SANMARTÍNFÉLIX VILLARES MOUTEIRA

  • A XEITO DE CANCELA

    - 2 -

    A M E N C E R

    A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das LetrasGalegas de 2015 a Xosé Fernando Filgueira Valverde. Acordo quefoi cuestionado por algúns que, mesmo, puxeron en dúbida a liberdadede elección dos académicos. Coido que, se un home que ten máis dedúas mil publicacións entre libros e folletos (máis de 300) e artigos(máis de 1000), moitos (616) recollidos nos nove tomos dos «Adral»,e as dúas mil cincocentas intervencións públicas en conferencias, cur-sos, congresos etc., non merece que lle dediquen o Día das nosasLetras ¿quen o merece?

    Penso que moitos dos que cuestionaron e cuestionan a deci-sión da Real Academia Galega non coñecen ou, o que é peor, nonqueren coñecer a inxente obra de Filgueira Valverde a prol deste paíse da súa cultura. Sempre coidei que, para designar a un autor ou aunha autora para o Día das Letras Galegas, o que se tiña en conta eraa súa obra literaria. Pero, visto o visto, parece que para algúns non éasí. Eles o perden.

    Amencer, non podía ser doutro xeito, quere unirse ás moitashomenaxes que, por toda Galicia, se lle están a facer ó polígrafopontevedrés. Na nosa revista tamén colaborou Filgueira Valverde. Asíno número 15 (xaneiro 1984) foi entrevistado na sección Falamoscon... (páxinas 7-10); no número 28 (17-05-1985) aparece publicadaunha carta que el nos mandara (páxinas 4-5) e que publicamos agorade novo ná páxina 43.. No número 100 (25-11-1992) publicouse oartigo titulado Cunqueiro entre o Advento e a Epifanía (páxinas 95-98), e, por último, no número 110 (25-11-1993), número especial de-dicado ó Ano Santo Compostelán, aparece o artigo titulado O nomeda Praza da Quintana (páxinas 29-30). Por iso, como dicía, Amencerquere tributarlle a súa modesta homenaxe a Xosé Fernando FilgueiraValverde.

    Félix Villares Mouteira

  • - 3 -

    A M E N C E Rfalamos con...

    «Filgueira dende a adolescenciadesenvolveu un gran labor a prol dalingua da cultura galegas»

    Fernando Filgueira Iglesias,

    Presidente da Fundación Filgueira Valverde e fillo dopolígrafo

    «Para Filgueira Galicia é a Lingua.A lingua é a nosa identidadecoma galegos; se a perdemos,deixaríamos de existir comopobo»

  • - 4 -

    A M E N C E R

    - ¿Como era seu pai?

    - Unha persoa afable, boconversador, bo escoitador, moi liberal,católico coas ideas moi claras, respectandomoito as dos demais, moi traballador; sostiñaque descansar non era folgar senón cambiarde actividade.

    - ¿Como o recorda?

    - Con moito cariño e botándoomoito en falla. O día do seu pasamentopreguntáronmo, qué sentía. E contesteille:«que me morrera a enciclopedia». Era unpozo de sabenza, e degoiraba comunicala.As conversas con el eran unha regalía,sempre deprendías cousas.

    - ¿Como foi a súa relación conel?

    - De moito respecto e moitaconfianza. Fixo con nós o que lle fixeran a el

    Fernando Filgueira Iglesias é fillode Xosé Fernando Filgueira Valverde,o autor homenanxeado este ano noDía das Letras Galegas. É ademaiso presidente da Fundación que levao nome do polígrafo pontevedrés.Con el mantivemos a seguinteconversa.

    falamos con...

    Era un pozo desabenza, edegoiraba

    comunicala. Asconversas con

    el eran unharegalía, sempre

    deprendíascousas

  • - 5 -

    A M E N C E R

    na casa: levarnos de moi neno a actos,conferencias, museos, entradas naAcademia de amigos, ás escavacións, ástertulias… a deprender por osmose. Osmuseos e as catedrais temos que deprendera pisalas dende pequenos.

    - ¿Que salienta da vida de seupai?

    - En primeiro lugar a súadedicación a Galicia e a Lingua Galega.Asúa capacidade para desenvolver proxectosde institucións que perduran; elas ou seuespírito, por exemplo: Seminario de EstudosGalegos, Museo de Pontevedra, InstitutoPadre Sarmiento, Protección do Patrimonio,Consello da Cultura Galega...

    - Aínda que don XoséFernando Filgueira Valverde foi unpolígrafo ¿que aspectos destacaría dasúa obra?

    - A súa importantísimaaportación ao estudo da Lírica Galaico-Portuguesa e a tese de Doutoramento sobrea Cantiga CIII «Noción do tempo e GozoEterno na Narrativa Medieval». «OsCancións de Mar a Modo Antigo» editadosen Pamplona no 1941 cuxos primeirosversos din: «Porque non seca a morte a fontedas cantigas/ eu vos chamo segreles queveñades cantar». Parécenos unha nidiachamada a retomar, despois do desastre

    falamos con...

    En primeirolugar a súadedicación aGalicia e aLingua Galega

  • - 6 -

    A M E N C E R

    sufrido, o labor a prol de Galicia, a nosalingua e a nosa cultura.

    - Se tivese que elixir só unhadas múltiples facetas da obra de seu pai¿cal elixiría? ¿por que?

    - Eu destacaría o seu labor docente einvestigador. Ao vencellar a dirección doMuseo Provincial de Pontevedra e oInstituto de Ensino Medio, potenciou unhasimbiose educativa entre os dous centroscreándose os alumnos colaboradores,verdadeira escola de investigadores. Aformación de estudantes, a educación envalores do Instituto engaiolábao de formanotable.

    falamos con...

    Eu destacaría oseu labordocente e

    investigador

    A formación deestudantes, aeducación en

    valores doInstituto

    engaiolábao deforma notable

    Filgueiradende a

    adolescenciadesenvolveuun gran labor

    a prol dalingua e da

    culturagalegas

    Cantiga

    CIII

  • - 7 -

    A M E N C E Rfalamos con...

    - E se tivese que optar por unlibro dos que publicou ¿por cal optaría?¿por que?

    - Agora, nestes meses, redescubrín«Agromar», a obra teatral editada no 1936 e nondifundida. Tense que comezar a ler poloprologo, plántea un problema lingüístico entrea aldea e a vila cun idioma requintado esolucións novidosas daquela.

    - ¿Que papel tivo e está a ter seupai na cultura de Galicia?

    - Filgueira dende a adolescenciadesenvolveu un gran labor a prol da lingua eda cultura galegas, non so persoal senón taméndesde as institucións ás que xa me refería antes.Dende o Vocabulario publicado polo Seminarioe o primeiro intento de Normativizaciónlingüística, á propia normativización aprobadano tempo en que foi conselleiro, e á posta enmarcha do Consello da Cultura Galega e da súametodoloxía de traballo, poder acadar asinstalacións e o desenvolvemento que tenagora –indubidablemente tamén grazas aolabor dos que o rexeron despois do seupasamento –. Coido que todo o feito xustifica ogran papel realizado por meu pai.

    Se engadimos as máis de dúas milpublicacións entre libros e artigos, moitasrecollidas nos nove tomos dos «Adral», e asdúas mil cincocentas intervencións públicas enconferencias, cursos, congresos, etc.demóstrase unha importante dedicación áCultura Galega e a facer País.

    Seengadimos asmáis de dúasmi lpublicaciónsentre libros eartigos, e asdúas milcincocentasintervenciónspúblicas enconferencias,cursos,congresos,etc.demóstraseunhaimportantededicación áCulturaGalega e afacer País.

  • A M E N C E R

    - 8 -

    falamos con...

    - Este ano, por fin, dedícanlle oDía das Letras Galegas ¿que supón paravostede?

    - Eu non diría «por fin».Dedícaselle o Día das Letras Galegas e istosignifica para nosa familia unha enormeledicia, é poñelo en valor e no Parnaso e ahistoria das Letras Galegas para sempre.Estamos fondamente agradecidos á RealAcademia Galega por telo elixido.

    - ¿Que pensa vostede dapolémica que, nun pequeno sector, sesuscitou sobre a idoneidade de designara Xosé Fernando Filgueira Valverde comoautor a homenaxear o Día das LetrasGalegas?

    - Como fun subliñando, o laborde Filgueira Valverde no eido das Letras e aCultura Galega e no de loitar na súa vida porfacer País é moi importante, e poucaspersoas con coñecemento da súa obra e oseu labor a prol da cultura poden poñer endubida a súa idoneidade para tal honor. Senon se valoran estes méritos, e son outrasas circunstancias políticas ou sociais que lleslevan a rexeitar a súa elección, entónestamos a falar dunha opinión que nósconsideramos pouco acaída e inxusta. Porén,coma tal opinión aceptámola e ao mesmotempo manifestamos un profundoagradecemento a todas as persoas einstitucións que nos veñen prestando o

    O labor deFilgueira

    Valverde noeido das Letras

    e a CulturaGalega e no de

    loitar na súavida por facer

    País é moiimportante, e

    poucas persoascon

    coñecementoda súa obra e oseu labor a prol

    da culturapoden poñer en

    dubida a súaidoneidade para

    tal honor

  • A M E N C E R

    - 9 -

    falamos con...

    máximo apoio ao longo deste ano paraenxalzar e dar a coñecer a súa figura.

    - ¿A que vai contribuír o feito deque lle dediquen o Día das nosas Letras?

    - De seguro que a relembrarquen foi e poñer en valor a súa obra e adimensión dela. Estou seguro de que estarevisión da obra vai mellorar de forma notableo coñecemento e recoñecemento do seulabor e do que fixo a prol da lingua e a culturagalegas.

    - ¿Lembra algunha anécdotade seu pai?

    - Hai moitos anos, nunhaentrevista na televisión, preguntábanlle comose tomaban as decisión na súa casa.Contestou: «As grandes decisións tómoaseu. A casa, os nenos, a finca… lévaos MaríaTeresa». Entón preguntoulle a presentadora:«E logo cales son as grandes decisións?».«Non o sei, –respondeulle –aínda non se deuo caso».

    Estou segurode que estarevisión da obravai mellorar deforma notable ocoñecemento erecoñecementodo seu labor edo que fixo aprol da lingua ea culturagalegas.

  • - 10 -

    A M E N C E R falamos con...

    Tivo unha muller excepcional.Os amigos dicían que chegou a onde chegoupor tela ao seu carón.

    - ¿Quere engadir algo?

    En primeiro lugar o nosoagradecemento a Amencer por deixarmeparticipar coas miñas opinións neste númeroda revista dedicado ao noso pai.

    Coido que é bo lembrar quesempre se arrodeou de magníficoscolaboradores que lle axudaron nas distintasinstitución a facer e lograr o éxito do seutraballo.

    Para Filgueira, Galicia é aLingua. A lingua é a nosa identidade comagalegos; se a perdemos, deixariamos deexistir como pobo. O compromiso con ela éindividual, para soerguela soamente temosque falala.

    Félix Villares Mouteira

    O compromisocon ela (alingua) é

    individual, parasoerguelasoamente

    temos quefalala

  • - 11 -

    A M E N C E Rcolaboracións

    XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE(Pontevedra 1906-1996)

    Xesús Alonso Montero (1)

    Estamos ante unha biografía intelectual caudalosa e polifacética.A moi poucos saberes humanísticos fois alleo. Na súa inxente obrahai froitos moi logrados nos eidos da Historia, da Biografía, da Arte,da Arqueoloxía, da Antropoloxía cultural, da Epigrafía, da Bibliogra-fía... A póla do saber máis frecuentada e cultivada con máisorixinalidade foi a Literatura, os estudos literarios, campo no que assúas achegas sobre Camôes, o P. Sarmiento, a poesía popular,Rosalía de Castro, Góngora, Castelao, Otero Pedrayo, Cervantes,ValleÍnclán, etc. son valiosas e moi orixinais. Nese eido, o dos estudosliterarios, a súa gran dedicación e unha das súas paixóns foi a nosalírica medieval, tato a que nos chegou nos tres celebérrimosCancioneiros profanos como a composta, co título de Cantigas deSanta María, no obradoiro de Afonso X. Xa en 1935 Filgueira asom-braba ós eruditos coa súa tese de doutoramento sobre a Cantuga CIIIdo Rei Sabio, obra ilustre da literatura comparada daquela.

    1.- Profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela e Presidente da Real AcademiaGalega

    Rotulou:. ERNESTO BARRO JIMÉNEZ (Arquivo Amencer)

  • - 12 -

    A M E N C E R colaboracións

    Ás veces, o seu labor de erudito literario e de comentador tex-tos eclipsa a súa obra de creador, Foino, con acertos notables, entres xéneros: relato, teatro e poesía. Moi novo, ós 19 anos, xa publica-ba Os nenos (1925). Tamén como estudoso foi moi precoz, tanto que,en 1925, a Real Academia Galega, noméao membro correspondentepola súa condición de «excelente investigador» (será numerario en1941). Sabemos que, como letraferido, ós dez anos sabía de memo-ria poemas de Rosalía de Castro e lía con fruición a primeira biogra-fía da gran poeta, obra de Augusto González Besada (1916). Activistae organizador de actividades culturais, tamén aquí cómpre salientar asúa precocidade. En outubro de 1927, con 17 anos, é un dos máisentusiastas cofundadores do Seminario de Estudos Galegos, institu-ción de gloriosa e breve biografía (1923-1936).

    Militante e dirixente do Partido Galeguista, do que foi un dosfundadores, hoxe estamos en condicións de entender o seuafastamento en 1935, un afastamento que non lle impide votar SI óEstatuto de Autonomía o 28 de xuño de 1936. Tamén estamos encondicións de entender o seu comportamento desde 1936 a 1996,longo período no que, xa de moito antes da morte de Franco, prota-goniza actividades que, ó seu xeito, erosionan, desde dentro, o edifi-cio intelectual do franquismo.

    A ese período corresponden obras que honran a bibliografíagalega de todos os tempos: e edición do Cancioneiro de CastoSampedro (1942), La Lírica medieval gallega y portuguesa (1949),Adral (poliantea en 9 volumes: 1979-1996), Pontevedreses univer-sales (1986)... Nesta relación habería que incluír libros esenciais so-bre Santiago de Compostela e Pontevedra. En Pontevedra dirixiu dúasinstitucións modélicas no seu tempos: o Museo («a miniña dos seusollos») e o Instituto, pródigo en actividades orixinais. Un título valiosí-simo da súa inxente bibliografía é Os poetas galegos (1936).Antoloxía consultada, publicado postumamente, no ano 2004.

    A obra do ilustre polígrafo pontevedrés constitúe un dos gran-des capítulos da cultural galega do século XX.

  • - 13 -

    A M E N C E Rcolaboracións

    FILGUEIRA VALVERDE MILITANTE DOGALEGUISMO CRISTIÁN

    Xesús Ferro Ruibal

    1. Filgueira en moi poucas palabras

    Naceu e morreu en Pontevedra e na mesma casa (28.10.1906- 13.9.1996). Licenciado en Filosofía e Letras, sección de Historia(Zaragoza 1927). Licenciado en Dereito con Premio Extraordinario(Santiago 1928). Doutor en Literatura Medieval Galega (Madrid 1935).Profesor axudante gratuíto primeiro no Instituto de Pontevedra; aprobaas cátedras de Instituto (1935), co número 2, detrás de Guillermo DíazPlaja, e actúa como profesor primeiro en Lugo (1935-1939) e xadefinitivamente en Pontevedra (1939-1976). A de profesor de Institutofoi a súa actividade principal.

    Filgueira foi un traballador infatigable toda a súa vida. O seucurriculum vitae ten 4.533 entradas. Libros e folletos: máis de 300.Artigos: máis de 1000 (só a colección Adral recolle 616 artigos). Nosseus 90 anos deu unhas 1600 conferencias. Vén saíndo a 3 libros, 13artigos e 21 conferencias por ano, dende que empezou a publicar.

    Traballador metódico e constante. Na adolescencia un xesuítaaprendéralle un método de lectura rápida e iso permitiulle absorber eprocesar unha cantidade de información inmensa. Persoa cortés eamable. Non gastaba tempo en criticar a ninguén: prefería administra-lo silencio. Gastaba toda a súa enerxía en construír cultura (Museo dePontevedra, Consellería de Cultura, Consello da Cultura Galega).

    2. Profesor

    Autor de libros de texto de lingua e de literatura española, foiprofesor que explicaba a literatura en conexión coas artes plásticas ea música. O coro do seu Instituto tiña un alto nivel e, cando lle pedíanunha conferencia en calquera punto de España e mesmo nalgún país

  • - 14 -

    A M E N C E R colaboracións

    estranxeiro, sempre ofrecía dala gratis a cambio de que hospedaseno seu Coro que facía ilustracións musicais da conferencia.

    A ximnasia era materia que el consideraba prioritaria: faltar aesa clase era das peores faltas dun alumno ou alumna. O seu Institutofoi campeón de España.

    3. Estilo de traballo

    No Instituto aprendeu do seu profesor Losada Diéguez catrocousas que marcaron a súa vida: a necesidade de galeguiza-lapráctica relixiosa; a necesidade do exercicio físico; a necesidade deconxugar pensamento e acción; a necesidade de introducir en Galiciao traballo experimental, en equipo, interdisciplinar e in situ.

    Esta última é a que el e Bouza Brey levaron a Compostela eque xerou o Seminario de Estudos Galegos, do que foroncofundadores (1923) e membros activos. Filgueira estivo tamén nafundación e desenvolvemento do Museo Provincial de Pontevedra(1927), da revista Logos (1931), do Instituto P. Sarmiento de EstudiosGallegos (1944), da Editorial de los Bibliófilos Gallegos (1948). Taménfoi conselleiro da Fundación Barrié de la Maza etc. Foi un creador eanimador ou xestor de Institucións.

    4. Filgueira literato

    Foi pena que non escribisemáis literatura porque ten unhaescrita orixinal en fondo e forma,tanto na poesía, coma no relato eno teatro.

    Na poesía en 1941,repárese na data, lanzou unhachamada a reinicia-la literatura engalego:Porque non mata a morte a fontedas cantigas

  • - 15 -

    A M E N C E Rcolaboracións

    eu vos chamos, segreles, que veñades cantar.

    A forma neotrobadoresca era unha maña para dici-lo quecompría dicir en anos tan duros. Non se esqueza que Filgueira era oúnico que tódolos anos, mesmo en plena guerra, introducía en duciasde milleiros de casas un libriño humilde pero en galego (O Gaiteiro deLugo).

    Hai algo que me sorprende: os poemas de Filgueira son seise hai un titulado Nosa Señora da Barca. Os poemas galegos de GarcíaLorca tamén son seis e tamén hai un titulado Nosa Señora da Barca.Hai máis coincidencias. ¡Quen sabe se non hai aí unha encriptadahomenaxe ó poeta granadino! Na inmensa documentación que deixou,foron aparecendo máis poemas.

    Na prosa literaria a voz de Filgueira é tamén unha voz moipersoal e delicada.

    Os nenos (1925) non son literatura infantil senón demostraciónde que os nenos viven coa mesma intensidade cós adultos as alegríase as tensións da existencia, aínda que non as saben expresar. Son osnenos os que falan. Por algo eses relatos están dedicados ós nenosde Irlanda que tanto sufriran vendo morre-los seus pais e parentescando Irlanda se independizou de Inglaterra. Algún día estes relatosserán considerados entre as páxinas máis delicadas escritas na nosalingua.

    Os outros relatos (Obradoiro, O vigairo) revelan unha inmensacapacidade de converte-la historia documentada en feito literario.Artistas aldeáns son trece virtuosos no seu oficio co seu aquelfantástico: evoca a Cunqueiro pero os artistas de Filgueira podémolosatopar pola rúa. Os nomeandeiros son 16 narracións relaxantes cheasde tenrura onde é capaz de deixar mal ó propio narrador. A maiorparte destes relatos apareceron no volume Quintana viva (1971). Adata ten a súa importancia: en 1970 Filgueira e Rosón contribuíranmoi activamente nas Cortes Españolas a introduci-lo galego no ensinoPre-escolar e Básico mediante a Lei Villar Palasí: Grial (é dicir aEditorial Galaxia) decide facerlles unha homenaxe. Pódese comprobarna revista Grial 28, 1970; 237-242. Filgueira agradece a cortesía e

  • - 16 -

    A M E N C E R colaboracións

    permítelles reproduci-lo texto d’Os nenos (Grial 29, 1970; 307-316)que el xa publicara en 1925 (non 1952, como di a nota) e o ano seguinteentrégalles outros relatos ata completa-lo volume Quintana viva: paraentende-lo xesto, téñase en conta que Filgueira nesa altura era socioe membro relevante da dirección doutra editorial (Bibliófilos Gallegos),fundada antes ca Galaxia. Filgueira probablemente escribiu máisrelatos: de feito apareceu un inédito A monxa-frade, que el escribirapara os Contos do Castromil en 1992.

    Escribiu teatro: Agromar, farsa na boca de adolescentes parafacer pensar mozos e maiores. Aborda o conflito social (ricos –pobres)e cultural (aldea-cidade, galego-castelán) de maneira aberta, cunhasolución que encaixa coas ideas do Seminario de Estudos Galegose cunha técnica teatral moi innovadora. No Aucto de como SantaMaría foi levada ó ceo Filgueira re-constrúe unha peza de teatrorelixioso medieval con textos auténticos. Só un gran especialista enlírica medieval coma el podía facer este milagre. Lémbrese que oitentaanos despois de defende-la súa tese sobre A Cantiga CIII, osespecialistas seguen tendo esa e outras obras de Filgueira como areferencia esencial.

    5. Historiador

    Filgueira licenciouse en Historia na Universidade de Zaragozaen 1927. Realmente el dedicou un traballo inmenso a desvelar

    Filgueira Valverde en Pontevedra

  • A M E N C E R

    -1 7 -

    colaboracións

    segredos da nosa historia, maiormente de Compostela e dePontevedra; pero tamén de toda a nosa historia miúda. Os 616 artigosdos nove tomos de Adral son unha enciclopedia de asuntos históricos,nos que calquera lector entra con plena comprensión, porque quenescribe non só é un gran historiador senón tamén un gran comunicador.Filgueira, historiador, sabía que os galegos temos un déficit histórico.O historiador republicano Sánchez Albornoz dixera que os galegoseramos un pobo á defensiva, como consecuencia de tantasfrustracións e desenganos e que por iso atopamos escudo na ironía eo humor. Filgueira, que non consideraba boa receita a memoria dorudo encono, escribía para facernos ver que na nosa historia hai taménpáxinas moi brillantes e pretendía con iso aumenta-la nosa ciencia econciencia de Galicia. Moitos dos artigos de Adral enchen a nosacabeza de razóns para sentirmos orgullo de sermos galegos.

    A súa condición de historiador é a que o leva a participar nacreación e posterior dirección do Museo de Pontevedra. Coido queeste Museo é, pola súa enorme riqueza, a sexta catedral de Galicia.Nel debía pasar cada galego un día da súa vida, contemplando comoa vida na nosa Terra empezou hai 400.000 anos (paleolítico de Arbo)e chega ata as máis modernas tendencias artísticas. Unha bibliotecade 150.000 volumes e un Arquivo documental e gráfico único (comatódolos arquivos) pero dun volume excepcional. O Museo non é obrasó de Filgueira pero só el lle soubo imprimir esa orixinalidade (osistema de alumnos colaboradores), aproveitando que era taméndirector do Instituto. O Museo realiza continuamente exposiciónsmonográficas, coa publicación da correspondente memoria (queeterniza esa exposición). O Museo dende 1942 mantén a revista anualMuseo de Pontevedra. Practicamente alí está todo Castelao e deberecoñecerse que en 1942 xa tiña unha sala, a pesar do perigo deexpoñe-la obra dun exilado.

    6. Filgueira e a lingua galega

    Como discípulo de Losada Diéguez foi, probablemente conBouza Brey, quen levou de Pontevedra a Compostela o que sería ométodo de traballo do Seminario de Estudos Galegos: traballo en

  • A M E N C E R

    - 18 -

    colaboracións

    equipo, interdisciplinar, in situ eexperimental: método co que sepode dicir que crearon, deverdade, a Universidade Galega,é dicir, unha Universidade porprimeira vez centrada en Galicia.Unha universidade itinerante, degrandes camiñatas, de grandesmolladuras, de preguntar óspaisanos e de compartir tódolosdatos que se recollían. Unhairmandade científica.

    No eido da l inguadebemos lembrar que en 1926(con vinte anos e con trescompañeiros: Tobío, Magariños eCordal) publicou un VocabularioGalego Castelán de 16.000entradas. Dende mozo sempre traballou para que a lingua galegativese unha norma ortográfica e morfolóxica clara e científica.

    Tamén dende moi mozo ata sendo presidente do Consello daCultura Galega traballou activamente pola introdución do galego naliturxia. A primeira editorial que nos deu unha Biblia íntegra en galegofoi a Editorial Bibliófilos Gallegos que el cofundara en 1948 (datasignificativa) e que dirixiu moitos anos.

    7. Filgueira Valverde e a relixión

    Para Filgueira a relixión era asunto esencial. El considerabaque Galicia era obra de Roma e da fe cristiá. A nosa lingua éinequívocamente latina. A nosa sociedade está vertebrada en 3.792parroquias; a nosa paisaxe está inzada de igrexas, capelas e cruceirose a nosa propia fala está repleta de palabras e expresións que serefiren ó mundo relixioso cristián.

  • A M E N C E R

    - 19 -

    colaboracións

    Non negaba Filgueira outras raíces (de feito no Museo dePontevedra hai restos paleolíticos que remontan a vida neste territorioa 400.000 anos antes de Cristo) e por iso tamén tomaba enconsideración outras raíces, celtas por exemplo, aínda que el as referíanon tanto ós mitos irlandeses de Breogán como ós celtasdocumentables que no século V chegaron á nosa costa norte fuxindodas invasións de anglos e saxóns (os celtas da diocese itineranteBritonia, e que callaría nos dous sucesivos Mondoñedos) e tamén arefería á posterior chegada de irlandeses que viñeron por razónparecida no XVI e XVII e que foron quedando por aquí, galeguizandoo seu apelido (algún O’Connor por Pedrosa) ou adoptando para osfillos o apelido da nai galega.

  • A M E N C E R

    - 20 -

    colaboracións

    A cuestión nacional galega e a cuestión relixiosa son paraFilgueira inseparables. El é do grupo de católicos que fundaron arevista LOGOS en xaneiro de 1931, que dura ata marzo-abril de 1936e que é, con certas diferenzas, un precedente de Encrucillada. Nesarevista viu a luz un manifesto asinado o 25.10.1931 por un grupo de10 católicos entre os que estaba Filgueira con Vicente Risco, OteroPedrayo, Ramón Cabanillas, Claudio Losada, A. Taboada Roca, A.Iglesias Vilarelle e mailos sacerdotes Manuel García e CabadaVázquez. Titulábase Afirmación Católica d’un Grupo de Nacionalistasen el afirman ser nacionalistas galegos pero manifestan disgusto anteo esprito antirrelixioso e intolerante (que se empeza a sentir dende aproclamación da república o anterior 14 de abril). Queren traballarpola autonomía espiritual e política de Galiza; polo trunfo daconceición católica do mundo e da sociedade humán, pola liberdadeda Eirexa, pola liberdade de profesión relixiosa e pola liberdadecompreta d’enseño (Logos 10, 1931; 2-3).

    Xo

    sé F

    ilgue

    ira V

    alv

    erd

    e

  • A M E N C E R

    - 21 -

    colaboracións

    Con este condicionante explícito, participaron pouco tempodespois (decembro de 1931) na creación do Partido Galeguista (PG).Filgueira foi, en palabras de Bóveda, un dos segredarios máis activos.Pero as sucesivas derrotas electorais, fixeron que o PG basculase en1935 cara á alianza coa Izquierda Republicana. Para os asinantesdaquel manifesto de 1931 a súa fe relixiosa éralles irrenunciable e amanifesta tendencia ó laicismo da república española (e agora doseu Partido) creáballes un conflito. Así que, coa excepción de OteroPedrayo, decidiron retirarse do PG e funda-la Dereita Galeguista (DG),que se definiu como cristiá, non laica; cooperativista, non socialista;pero galeguista, republicana e demócrata. Consecuentemente a DGpediu o SI para o Estatuto de Autonomía de 1936.

    Filgueira mantivo toda a vida as súas conviccións relixiosas.Para el a relixión católica é un dos compoñentes esenciais danacionalidade galega. Non é de estrañar que escribise artigos como«O esprito relixioso e comunitario dos Mareantes da Moureira» (SextoAdral (1990) 21; 98-100) senón tamén «O espírito relixioso deCastelao nas páxinas do ‘Diario’» (Cuarto Adral (1987) 6; 55-67).Pero hai feitos moito máis explícitos.

    7.1. Galeguización da liturxia

    Filgueira ten contado moitas veces como, baixo a guía do seuprofesor Antón Losada Diéguez, empezaron o Apostolado Social eLitúrxico na Igrexa Galega, que inicialmente podería parecer unharapazada pero que en 1925 iniciaba unha xeira de galeguización daIgrexa, cadrando co nomeamento de Lago González como arcebispode Santiago. Morto Losada, asumiu o liderado Iglesias Vilarelle, unInspector da Facenda que chegou a ser, de maneira autodidacta, undos máis inspirados compositores de obras a capella e sinfónicas eque lles aprendeu ós novos a ama-la música de T.L. de Victoria, deBach, dos Cinco de San Petersburgo e de Debussy. Empezaron aimprimir en galego estampiñas, recordatorios, oracións, as Oraciónsda mañán, un Vía crucis, a tradución das lecturas da misa do domingo(que daquela se facían en latín) e, cando chegou a guerra (18.7.1936)tiñan, listos para imprimir, o Oficio de Difuntos, Evanxeo según San

  • A M E N C E R

    - 22 -

    colaboracións

    Mateu, Vida de san Bieito, Diálogos de san Gregorio. Na SemanaSanta dese 1936 transmitiron por Radio Pontevedra o Sermón dasSete Palabras, que coido que pronunciou o sacerdote Manuel GarcíaGarcía, un dos asinantes do manifesto de 1931 e o sermón publicouseen Logos 49, 1936; 471-480. No prólogo á reedición facsimilar darevista Logos (Barcelona: Sotelo Blanco; 1983; que en partereproduce en Terceiro Adral (1984: 57; 363-375) Filgueira dá moitosdetalles: entre eles conta a sonada anécdota de que, despois defaceren un Via Crucis en galego na igrexa da Compañía enCompostela, unhas «mulleriñas que alí estaban escoitaron, abraiadas,aquela novedade que lles chegaba á i-alma. Unha achegouse a nós,cas bágoas nos ollos: -Ai, Señor, que cousa tan bonita! ¿El non serápecado?» (Terceiro Adral: 1984; 366).

    7.2. Unha parcial frustración

    No derradeiro número de Logos (49, 1936; 491-494) Filgueiraasina un artigo triste: probablemente o artigo máis triste e máis crítico

    que lle levo lido. Nace de comprobar,en marzo-abril de 1936, que tódolosesforzos de galeguización da Igrexanos úl timos quince anos nonconseguiran resultados suficientes, enparte, pola prematura morte doarcebispo galeguista Lago González(18.3.1925) e mira con lexítima envexaa diocese bretona de Quimper na queo seu bispo o día 24.1.1930 asinaraunha pastoral para tódolos organismose persoas da súa diocese afirmandoque a lingua da igrexa bretona era obretón, non o francés, e que, polo tanto,o seu uso era obrigatorio nas homilías,rezos e tamén nas escolas católicas.Paga a pena reproducir ese artigo,porque o publica nos mesmos días enque edi ta esa peza teatral tan

  • - 23 -

    A M E N C E Rcolaboracións

    aparentemente simple pero tan realmente fonda que se titula Agromar,concibida para estimula-la galeguización da mocidade urbana e omantemento do galego nas aldeas pero sobre para que os que teñena fortuna de poderen facer estudos superiores se poñan ó servizo damellora técnica e social do mundo agrícola e mariñeiro, como era oseu o padriño (o médico D. Enrique Ballina) que renunciou a serprofesor na Universidade para se-lo médico dos pobres enPontevedra. Agromar é peza teatral de aparencia simple pero deenorme fondura ética e de sorprendente novidade técnica, queinexplicablemente parece que nunca se representou aínda e que apartir deste 2015 debería representarse en tódolos Centros escolares.

    Volvamos á tristeza de Filgueira. No artigo con que case remataa existencia da revista Logos (en marzo-abril de 1936) Filgueiradescribe con amargura contida a tristeza de ver que a verdadeiradoutrina cristiá en materia de lingua e cultura está combatida polasentidades cristiás e reivindicada contra o cristianismo polas entidadesateas.

    Para que o lector sinta o latexo vivo dunha voz que fala en 1936,non modifiquei en nada a norma ortográfica e morfolóxica que daquelaseguían pero debe saber que Filgueira sempre traballou por unhanorma máis perfecta e nos últimos anos adaptaba os seus artigos ánorma actual. Di así o artigo de 1936:

    A Eirexa i-as linguas vernáculas

    LOGOS ten de cote recollido as mostras da conduitaagarimosa da Eirexa cara as culturas autoctonas. Nas verbasacesas de Torras i Bages, nos xurdios enxempros de Alsacia,de Flandes, de Gales... de Napoles mesmo, nós temosatopado compridas rectificacións a cantos, guiados porfeitos esporádicos, sin tradición e sin afincamento noscriterios da xerarquía, atacan a Eirexa como adversa ápersoalidade dos pobos. Por sorte, mesmo en Galiciapódense xa escolmar probas da falsedade destes ditos. Maishoxe queremos recoller eiquí un feito cheo de ensinios: a

  • - 24 -

    A M E N C E R colaboracións

    .

    Circular do Bispo de Quimper sobre as materias de culturabretona nas escolas rexidas por mestres católicos.Fixádevos ben que se trata de un pobo como a Bretaña quevive oficialmente sometido a un réxime politico decentralización. Reparade que alí existe unha minoríaarredista que ten chegado ao atentado i-á represalia e quepor tanto a situación da xerarquía bretona respective a politicafrancesa é moi delicada. I-escoitade agora as ordes dovenerabre Bispo de Quimper aos mestres católicos daBretaña:Convencido de que o estudo da lingua, da historia e daxeografía da Bretaña é necesario pra manter vizoso na nosadiocesi o esprito bretón, Nós lembramos aos mestres libresa nosa circular de 24 de xaneiro do 1930- xa que algunssomellan se non ter decatado da súa importancia- encol doensinio da lingua bretona, da historia e da xeografía daBretaña e decraramos obrigatorio en tódal-as escolas libres

  • A M E N C E Rcolaboracións

    - 25 -

    da nosa diocesi o adxunto programa. Todol-os mestresgardarán un exemprar e teranno en conta na fixación dohorario escolar e do plan de estudos.Tamén lembramos aos mestres i-as maestras das nosasescolas bretonas a obriga de lle enseñar aos cativos ocatecismo en bretón.No ensame escrito pra o certificado de estudos, osinspectores diocesanos proporán cando menos unhacuestión de historia ou de xeografía de Bretaña.Na visita pastoral e nas visitas canónicas os Vicarios Xerásaseguraranse do cumprimento destas disposicións.

    A xusticia enmascarada

    Endebén eu estou leendo esta circular do Bispo de Quimper,o Bispo velliño e sabido de unha terra lonxana irmán damiña Galicia, no meu cabán de traballo. Encol da mesa estandous xornás que o correo trouxo xuntos: un xornal deemigrados, un boletín católico. O xornal dos emigradosaldraxa en galego aos sacerdotes da miña terra por alleeiros,o boletín catolico apoupa en castelán aos galeguistas porcoincidir co programa dos masóns. Debrúzome na fiestra;perto do meu casal hai dúas escolas, unha ceibe, doscatólicos, outra do Estado, con mestres da ATEO. Na escolado Estado os rapaces acaban de cantar o hino galego e conseguranza neste intre estarán leendo uns poemas deCabanillas; na escola católica as maestras bérranlles aosrapaces cando falan en galego. Eu penso que cicais nestamesma hora se estén dando algúns mitins por isas aldeiasadiante; os oradores anticatólicos falarán con seguranza ogalego; os dereitistas atacaran as variedades dos pobos coensoño de unha centralización que ten moito máis que verco humanismo e ca Revolución Francesa que ca ideiapluralista do Estado Cristiano tradicioal.I-eu diante esta confusión de termos, a ollar trocádal-astornas i-errádol-os roteiros das xentes teño de sentirme

  • colaboraciónsA M E N C E R

    - 26 -

    fondamente turbado acaron das contradiccións firentes quea habelencia dos uns i-a torta formación dos outros moven,pra desgracia de todos, na nosa terra.E lembro unhas agudas verbas de Maritain no seu derradeirolibro. Moitas veces, na hestoria universal e mesmo nahestoria persoal a iniquidade preséntase con máscara dexusticia, i-a xusticia vestida de iniquidade. E nestes intresdoorosos de crisis ¡qué certa é esta paradoxa das ideias edas condutas! Diante das masas que apostatan aldráxase ocatolicismo en nome da xusticia social, do pacifismo e dalibertade dos pobos. Cando a xusticia social, o pacifismo i-alibertade dos pobos son tres postulados criados pol-ocatolicismo, que soio baixo a doutriña de Cristo poderán terde cheo a súa realizacion.

    É tristeiro que as masas coiden que os homes de Cristo sonpor doutriña e por conducta adversarios dos homildes,partidarios das guerras imperialistas, anciosas de afogarbaixo a pouta de forzas cosmopolitas a vida enxebre dasculturas vivas. Mais ainda é máis dooroso que o cristiano,pra oporse as forzas anticristianas, non vexa mellor camiñoque o de asumir o rol que esas forzas queiran sinalarlle eteimar na súa vida e nas súas obras polos tres postulados

  • colaboracións A M E N C E R

    - 27 -

    que sirven de eixo aos nemigos da i-alma: opresión dospobos, guerra, capitalismo; ao servicio do demo, do mundoe da carne.

    Eiquí en Galicia...

    Na nosa terra este probrema das máscaras da xusticia émais agudo que en ningures. O divorcio antre as vilas i-aaldeia é a cada intre mais fondo. Casi diríamos que a vilagosta da decadencia da aldeia. A fame nos aldeáns fai baixarao mínimo os precios, a incultura aldeán asegura aespeculación. Os partidos políticos que axitan o agro, converbas de xusticia, non son por desgracia partidos quedirectamente se inspiren nas ideias católicas nin que levenun ideal de salvación cristián. Mais eles defenden as eternasverdades nosas, as fondas realidades da vida cristián -xusticia, caridade, persoalidade, fe no ideal, sacrificio- cicaismoitas vegadas envoltas en máscaras de iniquidade -revolta, materialismo, estatismo- cicais moitas vegadastamén manexadas somentes en proveito de interesespolíticos.Esas xentes, non nós, son as que falan hoxe de Galicia enGalicia. A liña Sarmiento-Lopez Ferreiro-Lago Gonzálezsomella terse quebrado con nós. A persoalidade de Galiciaque foi unha realidade católica pode trocarse nun sulco daloita contra a Eirexa. A defensa das libertades tradicioales,amparada en tódol-os pobos pol-a poboación católica,deixase eiquí en mans dos enemigos da tradición. Oscatólicos galegos creense hoxe na obriga de renegar do seue de cegar as fontenlas vivas do esprito, as forzas básicasda humanidade cristián.

    Cara unha rectificación

    A prol do Milenario de Celanova, a prol de creación daIrmandade Deus Fratresque Gallaeciae teñen soado enGalicia verbas de anovamento. ¿Imos deixar que a xusticia

  • colaboraciónsA M E N C E R

    - 28 -

    sexa patrimonio dos nosos adversarios? ¿Pode perdurar aposición anti-tradicioalista dos católicos galegos? ¿Enfiamos de novo o roteiro seguro do medievo, pluralista epersoalista, contra o cosmopolit ismo alleeiro, doRenacimento e da Revolución?Trátase, é certo, de un probrema de política, mais non depolítica partidista ou electoreira, senón de política relixiosae de política cultural. Abóndanos con defender os valoreséticos, estéticos e centíficos que o catolicismo cría erepresenta pra profesar esta imprescindibre laboría dereconstrucción na galeguidade. Pois Galicia, na súaunidade, na súa lingua e no seu arte é unha criación docristianismo.E si nesta obra coincidimos cos adversarios do catolicismo,mellor. Si, mellor, mellor, amigos, non vos escandalicedesxa. Que un punto de coincidencia é un precioso punto deapoio pra o apostolado. E a nós non nos interesa esfachicaraos enemigos de Cristo, senón convertilos.F[ilgueira] V[alverde]

    Logos 49, marzo-abril do 1936;51.54.

    Quen hoxe, no 2015, se sentecristián non pode non conmoversepola claridade con que Filgueiradescribía as contradicións internasdos cristiáns que renegaban dogaleguismo –é dicir, da encarnación– sen saber que esa idea foi postaen circulación precisamente polarelixión cristiá, por Xesús de Nazaré.E un non pode non impresionarsevendo como, en boa parte, noventaanos despois, aínda queda moitocamiño por andar na asunción da

  • - 29 -

    colaboracións A M E N C E R

    encarnación do amor de Deus no mundo cultural. Este problema, queFilgueira chama o das máscaras das xustiza, só ten unha solución:que os cristiáns asumamos a nosa propia fe, que culturalmente sechama galeguismo. E engade que se nesta tarefa coincidimos cosadversarios do catolicismo, mellor, porque o noso obxectivo non éesfachicalos senón atraelos a verdade de Cristo.

    Por estaren escritas nos meses previos ó referendo do Estatutode Autonomía e tamén no inesperado inicio dunha guerra que levoupor diante crentes e incrédulos inocentes, ben merece unha lectura oartigo «A Eirexa i-as linguas vernáculas».

    7.4. Filgueira e a Biblia galega.

    A Editorial Bibliófilos Gallegos, creada en 1948 por Filgueira,Sánchez Cantón, Cordero Carrete e un grupo de amigos e socios(sempre os mecenas lugueses Álvaro Gil e os Fernández López), tivoentre os seus obxectivos a tradución da Biblia á lingua galega. Ocerto é que esa tradución aínda se demorou. Os datos foron estes:1968. Manuel Casado Nieto, poeta e xurista, traduce da Vulgata Xob,

    Eclesiastés e Cantiga das Cantigas (Centro Galego de Barcelona).1974. Primeira edición íntegra d’O Novo Testamento traducido do

    orixinal grego por Avelino Gómez Ledo, sacerdote e tradutor dosclásicos gregos e latinos.

    1975. Manuel Casado Nieto publica o Pentateuco, traducido, poloque parece, da Vulgata latina.

    1982 Manuel Casado Nieto publica a tradución dos Libros históricos,traducido da Vulgata latina.

    1983 Manuel Casado Nieto publica a tradución dos Libros proféticos,traducido da Vulgata latina.

    1984 Manuel Casado Nieto publica a tradución dos Libros poéticose sapienciais e con isto xa hai unha tradución completa da Bibliaen galego.

    Cinco anos despois, en 1989, chega ó seu termo na Editorial SEPToutro esforzo paralelo: A Biblia, traducida directamente dos orixinaispor un equipo de teólogos e biblistas, nun único volume e aprobada

  • - 30 -

    A M E N C E R colaboracións

    pola Conferencia Episcopal (10.3.1989). Pero non foi baldío o esforzode Bibliófilos, porque, de feito, os tradutores tivémo-la oportunidadede consultala, seguila e, en certos casos, mellorala.

    7.5. Filgueira e a liturxia en galego

    Cando xa se aproximaba ó final da súa vida, sendo presidentedo Consello da Cultura Galega, Filgueira promoveu nesa instituciónunhas xuntanzas técnicas nas que participamos leigos e sacerdotespara vermos de encontra-la fórmula que lle dese o pulo institucionalque lle faltaba e falta á liturxia en galego. Con todo o respecto áverdade e á fe elaborouse un plan que Filgueira presentou á xerarquía.Nunca se soubo cal foi a resposta. Pero non se notaron novidades.

    ¡De cantas frustracións non se erguería Filgueira en 90 anos! Poriso, nós tampouco perdémo-la esperanza.

    Xesús Ferro Ruibal

    4.5.2015

  • A M E N C E R

    - 31 -

    colaboracións

    FILGUEIRA VALVERDE:

    CATOLICISMO VERSUS GALEGUISMO

    Xosé Fuentes Alende,ex secretario do Museo de Pontevedra

    A Real Academia Galega dedica este ano o Día das LetrasGalegas a un persoeiro destacado que ó longo da súa dilatadaexistencia as cultivou, as promoveu e as protexeu mediante o impulsoque lle deu ó noso idioma. Non é outro o homenaxeado que XoséFilgueira Valverde (28-X-1906 – 13-IX-1996), de quen imos glosarneste breve artigo, facendo uso do verdadeiro significado dapreposición latina versus no senso de achegamento ou convivencia enon do anglicismo de enfrontamento, o seu saber compatibilizar dúasdas grandes paixóns da súa vida, como foron catolicismo egaleguismo.

    En relación coa súa orientación relixiosa son de salientar dousaspectos. Por unha banda, o ambiente familiar: o seu pai, Xosé MaríaFilgueira Martínez, logo médico de profesión, de novo estivera nocenobio de Tenorio coa pretensión de ser monxe, e a súa nai, MaríaAraceli Valverde Yaquero, fora monxa da Orde das Fillas da Caridadede San Vicente de Paúl1. Pola outra, a súa relación primeiro coa ordefranciscana a través do P. Luis Mª Fernández trala súa chegada óconvento pontevedrés en 19092 e logo cos xesuítas expulsados dePortugal en 1910 nas persoas do P. Luisier e do P. Antunes3. A ámbalasdúas influencias habería que engadir, entre outras, a dunha terceira

    1TORRES DE ABOAL, G., «Filgueira Valverde, semblanza dun educador», en XoséFilgueira Valverde. 1906-1996. Un século de Galicia, X. C. VALLE PÉREZ (ed.), Museo de Pontevedra, Pontevedra, 2007, pp. 424-447, enconcreto p. 428.2ISORNA, J., «Relaciones biográficas e históricas del Profesor José F. Filgueira Valverdecon la Orden Franciscana», El Museo de Pontevedra, t. LI, Pontevedra, pp. 151-177, enconcreto p. 153.3TORRES DE ABOAL, G., Op. cit., p. 434.

  • - 32 -

    A M E N C E R

    persoa, Antón Losada Diéguez, desde a súa incorporación en 1919 óInstituto, que o marcaría tanto no relixioso como no político, debendodestacar no primeiro dos ámbitos a creación do «Apostolado Sociale Litúrxico na Igrexa Galega»4.

    Tense dito del que era un estudante fondamente relixioso, uncatólico tradicional de moita práctica e el mesmo ten afirmado que lleprimaba «o cristianismo, por suposto, e ademais prioritariamente. Sonante todo católico»5, que «cristianismo e galeguismo foron semprepara min dúas realidades mutuamente enriquecedoras, como o foi ocristianismo para Galicia» ou que «non entendo a miña fe cristiá, senon é desde Galicia e mesturada co galego, enraizada nesta Terra enesta cultura»6.

    Por iso, despois de ser un dos fundadores de Labor Galeguistade Pontevedra en maio de 1931, publica, xunto con outros intelectuaisgalegos, o 25 de outubro dese mesmo ano o manifesto AfirmaciónCatólica d’un Grupo de Nacionalistas, no que amosan a súapreocupación pola situación que se vive en España e maiormente notocante á relixión e explicitan as súas pretensións en relación cunhaplena autonomía7.

    Non imos deternos na súa actividade no Partido Galeguistadesde 1931 ata 19358, cando se constitúe Dereita Galeguista dePontevedra, que segundo el era «cristiá, non laica; cooperativista, nonsocialista; pero galeguista, republicana e demócrata»9.

    colaboracións

    4 FILGUEIRA VALVERDE, X., «Lembranza de Losada Diéguez», en Quinto Adral, Ediciósdo Castro, Sada, 1989, pp. 349-360, en concreto p. 352.5 PÉREZ PRIETO, V., Galegos e cristiáns. «Deus Fratresque Gallaeciae», Editorial SEPT,Vigo, 1995, p. 300.6 Ibidem, p. 303.7 Logos, nº. 10, Pontevedra, outono, 1931, pp. 2-3.8 Véxase ó respecto BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R., «Filgueira Valverde e o PartidoGaleguista», en Xosé Filgueira Valverde. 1906-1996, cit., pp. 134-171.9 FERRO RUIBAL, X, Xosé Filgueira Valverde. Estudante brillante e precoz actor cultural,accesible en consellodacultura.gal/…/20150318_biografia-xfv.pd…, p. 5.

  • A M E N C E R

    - 33 -

    Sabida é a precocidade de Filgueira nos seus estudos e nosseus proxectos. Xa en 1924 promove a refundación da Confraría doCorpo Santo coa finalidade de restablecer as vellas procesións, sendoelixido vedor polos confrades comúns, cuxa misión era «recordar lastradicionales ceremonias y costumbres de dichas solemnidades yhacerlo cumplir». Ten parte activa nafundación da da Vera Cruz eMisericordia en 1950 e na do EspíritoSanto, ou do Instituto, en 1952,figurando entre os compromisos dosconfrades as obrigas de misericordiae de caridade cara os pobres edesamparados10.

    A estas iniciativas debensumarse dúas de carácter editorial,como a creación, con outro habitualcolaborador, Antonio Iglesias Vilarelle,da revista Logos, subtitulada Revistade cultura relixiosa. Boletín católicomensual, desde 1931 ata 1936, quetiña como vehículo de expresión al ingua galega11, e de Spes,estreitamente ligada a Acción Católica, de 1934 a 196212.

    O seu compromiso coa Igrexa e coa parroquia fai que en 1941sexa proposto para o cargo de presidente do Centro Parroquial da«Asociación de los Hombres de Acción Católica» de Santa María dePontevedra, intervindo como tal na «I Asamblea de la Junta Diocesanade Acción Católica» e na «V Asamblea de Homes de AcciónCatólica», celebradas en Santiago en 1946 e 1050, respectivamente13.

    colaboracións

    10 FUENTES ALENDE, X., «Filgueira Valverde, crente na vida e na obra», Encrucillada,192, marzo-abril 2015, pp. 54-70, en concreto pp. 58-60.11 FILGUEIRA VALVERDE, X., «’Logos’, Pontevedra 1931-1936", en Terceiro Adral, Ediciósdo Castro, Sada, 1984, pp. 363-375.12 FUENTES ALENDE, X., «Filgueira Valverde, crente na vida e na obra», Op. cit., pp. 60-61.13 Ibidem, pp. 61-62.

  • - 34 -

    A M E N C E R

    Desde Acción Católica colabora, nos cursos 1940-1941 e 1941-1942, coa chamada «Cruzada Misional de Estudiantes. Centros delInstituto de Pontevedra», ó que fora adscrito en 1939, na organizaciónde senllos ciclos de conferencias, nos que participaron, ademais delmesmo, reputados especialistas e que xiraron en torno a «Orígenesy transcendencia de lo litúrgico» e «Misiones y su historia: triple visióncatólica, hispánica y gallega»14.

    Xa de novo mostra Filgueira a súa preocupación pola linguagalega e, en concreto, pola súa introdución nos oficios litúrxicos,preocupación sen dúbida xermolada da relación con Losada Diégueze que ten o apoio de Iglesias Vilarelle: o «Deus FratresqueGallaeciae», «un esforzo de galeguizar a esmorecente Igrexagalega»15, a edición, «de maneira medio clandestina», de estampiñas,follas soltas, oracións, recordatorios… e a preparación doutros textosque tiñan xa argallados en 193616. Entre estes, o «Oficio de Difuntos»,respecto ó que ten manifestado: «É obriga dos que traballamos noseidos vizosos da nosa fala arrequentala co tesouro dos rezos polosnosos irmáns cando chegan ás portas da eternidade e cos sufraxios

    colaboracións

    14 Ibidem, pp. 62-63.15 FILGUEIRA VALVERDE, X., «’Logos’, Pontevedra 1931-1936", Op. cit., p. 364.16 Ibidem, p. 366.

    Debuxo de:XAIRO FORMOSO PENA (Arquivo de Amencer)

  • A M E N C E R

    - 35 -

    polos que nos agardan na outra vida. Y-é para un cativo feligrés ameirande ledicia poder oferescer á Nai Eirexa a oblata de arreitar,por ves primeira, a liturxia secular nunha das máis belidas falas enque os homes teñen pregado ao Señor»17. Continuaría logo facendotraducións de textos litúrxicos e seguiría moi de preto as dos bíblicosiniciadas en 1965.

    En relación co uso do galego no ensino, pronunciara xa en 1931unha conferencia sobre «La lengua materna y el idioma nacional:aplicación de la lengua materna a la enseñanza»18. Pero o seu papelmáis importante xogarao nas Cortes Españolas nos debates da «LeyGeneral de Educación» de 1970, intervindo, incluso en galego, endefensa do seu uso no ensino como lingua vehicular19, sendo desalientar o seu labor desde a Consellería de Cultura na elaboración eaprobación da Lei de Normalización Lingüística en 1983.

    Na súa obra escrita, xa literaria20, xa erudita, está moi presentea súa fonda relixiosidade e o seu sentimento de galeguismo entendidodesde a tradición. Na primeira das facetas dáse a coñecer en 1925co libriño Os nenos, un feixe de contos breves, moralizantes, dedicado«á sagra lembranza dos irmanciños mártires nas terras de Eir-Einn»,en referencia a Irlanda que naquel entón loitaba pola súa nacionalidade.Os protagonistas son todos rapaces, uns pobres, outros ricos, quedesde a súa inocencia superan as diferenzas e comparten xogos,ledicias e tristuras. Poñamos como exemplo os das familias Temes eMariño, enfrontadas desde vello, que queiman os pergameoshistóricos para lograren a paz. Ou o do neno que facía de xuíz no xogoe dáballe máis «formas» de trofeo ó rapaz pobre que ó rico. E taméno que ía escoitar a outro que cantaba a cantiga no coro da catedral,en que tal vez poida verse autorretratado o propio Filgueira: «Eu fun

    colaboraciónscolaboracións

    17 FUENTES ALENDE, X., «Filgueira Valverde, crente na vida e na obra»,Op. cit., pp. 63-64.18 FERRO RUIBAL, X, Xosé Filgueira Valverde…, cit., p. 18.19 Ibidem, ibídem.20 Sobre esta faceta, véxase FANDIÑO VEIGA, X. R., «Contrtibución de Filgueira Valverdeao ámbito da creación literaria», en Xosé Filgueira Valverde. 1906-1996, cit., pp. 267-283.

  • - 36 -

    A M E N C E R

    un neno tristeiro. Enxamais rin a cachón, enxamais rebuldei, enxamaismatinei ningunha trasnada. Non puiden ser malo enxamais».

    Séguelle a noveliña O vigairo, en 1927, retrato e historia dorexedor da Confraría do Corpo Santo, máxima autoridade no barriopontevedrés da Moureira, defensor das tradicións e dos privilexiosdos Mareantes, en especial no relacionado coa festividade doCorpus21, procesión que antes describira un dos Nenos, e que seríaobxecto de diversos estudos seus desde os máis variados puntos devista22.

    É no eido do teatro onde fará dúas incursións. A primeira, decarácter moralizante, en 1932, pero publicada en 1936, Agromar, unha«farsa para rapaces» nun suposto «teatro escolar galego». Outra vezo protagonismo, maiormente, dos cativos e o antagonismo da aldea(galeguismo) e da vila (centralismo, opresión), do rural e do pazo, docarro de vacas e do coche, da valentía e xenerosidade do aldeánXelo ó doar sangue ó mozo accidentado á covardía do vilego Loloprovocador do accidente, ignorando a viúva e os fillos do falecido Sr.Bieito, o médico galeguista, «de esos que se les da por el gallego», atrasformación de Nito en Xanciño por mor do sangue recibido de Xeloque «viu que na i-alma se lle alcendía a quente labarada do amor óseu pobo».

    A outra é o Aucto de como Santa foi levada aos ceos para afesta de Nosa Señora de Agosto, argallado por el tomando comobase dúas cantigas de Afonso X e un texto en prosa tamén medieval,publicado en Grial en 1969, que segundo el «pode ser hoxe dado,para regalo de todos, no adro, na eirexa ou nas aulas», no que serepresenta a Durmición da Virxe en presenza dos apóstolos e a súaAsunción diante de Tomé.

    colaboracións

    21 FUENTES ALENDE, X., «Filgueira Valverde e a Antropoloxía Cultural», en Xosé FilgueiraValverde. 1906-1996, cit., pp.384-423, en concreto pp. 413-414.22 Véxase ó respecto FUENTES ALENDE, X., «Xosé Filgueira e o Corpus pontevedrés»,Nodales, Pontevedra, 2015.

  • A M E N C E R

    - 37 -

    Non debemos esquecer os escritos que podemos considerarcomo devocionais ou estrictamente relixiosos, xeralmente breves.Citemos en primeiro lugar o asinado co seudónimo de J. Acuña epublicado en Logos en 1933 baixo o título «Na festa de Christo Rei doano xubilar», que vén a ser unha oración ou pregaria no segundomilenario da morte de Xesús e que principia deste xeito: «Rei perenedos séculos, Señor dos tempos, Deus encarnado, que viviches trintae tres anos de pasión entre os homes, escoita os pregos do pobo fielneste día xubilar...», para proseguir con loubanzas, entre elas «Christo,cantamos nestes hinos, o teu dereito diviño sobre nós», «Christo,afirmamos, celebrando esta festa, o teu poder diviño sobre nós» e«Christo, demandamos, nas oracións de hoxe, que dispoñas de nós»e darlle grazas como «Camiño», «Verdade» e «Vida».

    O primeiro número de Spes, en 1934,acolle o seu documentado artigo «O retornodos deuses», sobre o movemento dasmocidades cristiás fronte ós «ídolos da novapaganía», no que manifesta: «Lonxe de Deusa natureza soia finxe monstros da razón oudesata pasións do sentimento. Na ausenciada gracia, mil deuses, como mil espellos,multiplican mentireiramentes unha soia etrascendental unidade». Ou: «Os camiños deDeus son os camiños da Crus. Para retornara Deus ben está percuralo na Natureza, alíonde brile no esprendor do orde ou na belezacreada; mais non abonda. Sobre os goces,exalta o cristián, no cerne do seu esprito, adoor e as virtudes que a door comporta:

    piedade, compasión. O noso Deus «compadecido», tal que na visióndo Rey Sabio, lediciándose na nosa piedade humán cara os seussufrimentos ten pol-a Encarnación un goce único, que os pagáns nonpoideron profetizar cos seus deuses. Así lonxe o Deus vivo dos deusesque retornan; i-os camiños de Christo, das estradas imperiaes dosídolos». E remata afirmando que cando o «movimento de mocedades»

    colaboracións

  • A M E N C E R

    - 38 -

    colaboracións

    recupere o «seu senso espritoal», cando vaia cara a unha «armoníacristián», será o momento en que «sobre os ídolos da nova paganíaerguerá en nós, os mozos, seu pulo, sempre anovado, o ceibe, espritoda catolicidá».

    E no Logos de 1936 aparece o seu artigo «A Eirexa i-as linguasvernáculas», no que pon como exemplo para Galicia a actitude dobispo de Quimper esixindo ós mestres o uso do bretón nas escolas.E relata que «perto do meu casal hai dúas escolas, unha ceibe, doscatólicos, outra do Estado, con mestres da ATEO. Na escola do estadoos rapaces acaban de cantar o hino galego e con seguranza nesteintre estarán leendo uns poemas de Cabanillas; na escola católica asmaestras bérranlles aos rapaces cando falan en galego». E remata,despois de afirmar que «Galicia, na súa unidade, na súa lingua e noseu arte é unha criación do crsitianismo», dando mostra do seu espíritoevanxelizador: «E si nesta obra coincidimos cos adversarios docatolicismo, mellor. Si, mellor, mellor, amigos, non vos escandalicedesxa. Que un punto de coincidencia é un precioso punto de apoio para oapostolado. E a nós non nos interesa esfachicar aos enemigos deCristo, senón convertilos».

    No eido da erudición, infinidade de traballos de tema relixioso:as Cantigas de Santa María de Afonso o Sabio, coa súa tese dedoutoramento lida en 1935 sobre a CIII, Santiago, como apóstolo,como camiño e como cidade, sendo recoñecido pola «Archicofradíadel Glorioso Apostol Santiago» como maiordomo de número en 1937e como irmán maior en 1949, con El libro de Santiago (1948) ouHistorias de Compostela (1970), diversos aspectos mariolóxicos edoutros santos, prelados, misioneiros… Nada foi alleo á súainvestigación.

    Sinatura de Filgueira Valverde

  • colaboracións

    - 39 -

    A M E N C E R

    FILGUEIRA VALVERDE NOS ANOSDA TRANSDICIÓN DEMOCRÁTICA

    Na altura do anos da transiciòn, Filgueira tinha tras de sì unhabiografìa de grande fartura individual e institucional. Desde os temposmozos fora cabezaleiro de varias instituciòns culturais galegas,nomeadamente do Seminariode Estudos Galegos, do que foifundador e secretario durante varios anos. Tamén atesouraba unhasólida obra de investigación e de creación, desde o seu auroral libroOs Nenos ata o estudo sobre A Cantiga CIII. Durante a «longa noitede pedra» do franquismo, a actividade cultural de Filgueira non separou senón que mesmo inzou en cantidade e calidade de traballos.Tamén no plano institucional foi relevante o seu papel en proxectoscomo o Instituto de Estudos Galegos «Padre Sarmiento» ou no Museode Pontevedra, alén da sùa etapa como xestor político como alcaldeda súa cidade. Esta traxectoria contou de forma negativa na sùachegada á época democrática pero, pasados uns anos, foi quen dese incorporar de novo á vida pública e comandar proxectos como aConsellería de Cultura no primeiro goberno autonómico deX.Fernández Albor e dar vía ao Consello da Cultura Galega, do quetamén chegou ser presidente. Os anos da transición foron anos decerto silencio para Filgueira, polo que cómpre preguntarse como actuanun contexto político no que o sector do galeguismo posibilista,representado en boa medida polo grupo Galaxia, tivo un rol decisivo.

    El era ben consciente de chegar á transición democrática copaso cambiado. E que foi o réxime autonómico o que o rescatou doseu ostracismo político. Cando se presenta en sociedade o grupoRealidade Galega, en marzo de 1980, unha oportuna entrevista dexornal (El Correo Gallego, 20.3.1980) bota un facho de luz sobre asituación en que se atopa Filgueira Valverde: «naide me pediu queasistira á xuntanza ou botara a miña firma», marxinación que entendenon como un esquecemento casual, senón como o resultado da súa

    Ramón Villares Paz

    * Ramón Villares Paz é o Presidente do Consello da Cultura Galega

  • A M E N C E R chispa

    - 40 -

    traxectoria política durante a ditadura franquista: «eu fun alcalde dofranquismo», confésalle ao xornalista Alvite, «pero eu non tomo ascousas como se se tratase dunha ofensa». En realidade, Filgueiraasumía as consecuencias da súa propia biografía: «así como coidoque podo ser moi discutible na miña vida política, entendo que non seme pode discutir a condición de [intelectual] galego», o que queredicir que mantiña unha lealdade primordial á cultura que nin mesmo apolítica podía abanear. Con todo, a posición argumental de Filgueiraé meridiana, ao admitir que debe pagar un prezo pola súa historiapersoal.

    Se analizamos a composición sociolóxica dos asinantes dosmanifestos galeguistas daquel tempo, comprendemos mellor o quesignifica esta ausencia. Por que o nome de Filgueira non apareceentre as varias ducias de «intelectuais galegos» que se manifestanante a convocatoria de eleccións en 1977 ou a propósito dos bloqueospadecidos polo Estatuto en 1979 e 1980. Entre os promotoresdaqueles manifestos están figuras moi destacadas da cultura galega(algunha delas desaparecida naqueles mesmos anos) que procedende tres grandes grupos. En primeiro termo, os procedentes daoposición interior agrupados baixo o paraugas de Galaxia (RamónPiñeiro, Francisco F. del Riego, Domingo García-Sabell, FermínPenzol, Marino Dónega…), que mantiñan boas relacións cos gruposde oposición democrática ao franquismo, pero que carecían dunhaestrutura partidaria propia. Un segundo grupo está constituído polosdisidentes do galeguismo cultural no interior e por retornados do exilio,

  • A M E N C E R

    - 41 -

    algúns deles próximos a partidos da esquerda (Valentín Paz-Andrade,Isidro Parga Pondal, Isaac Díaz-Pardo, Rafael Dieste, Luis Seoane,Eduardo Blanco-Amor… ), dos que os máis activos estabanvinculados ao Laboratorio de Formas e ao grupo Sargadelos, tecidoentre Seoane e Díaz-Pardo desde principios dos anos sesenta. E unterceiro grupo pode identificarse cun dos trazos máis significativosda transición democrática, que son os profesionais liberais, profesoresuniversitarios e membros de altos corpos da Administración do Estado(Andrés Fernández-Albalat, Enrique Vidal Abascal, Juan Quintás,Benxamín Casal…). En ningunha destas cotas puido entrar un Filgueiraque viviu estes anos da transición democrática refuxiado no Museode Pontevedra, atento aos rumbos da política pero dos que se sentíaclaramente distanciado, «porque hai temas políticos [relativos áautonomía] que os entendo moi pouco», remachaba naquela entrevistade 1980.

    Era unha posición que, sen ter rotas de todo as vías decomunicación, se atopaba a considerable distancia dos núcleosculturais e políticos que daquela gozaban de gran protagonismo.Filgueira estaba a considerable distancia da estratexia política quealentaba o galeguismo cultural, que procedía da oposicióndemocrática ao franquismo e que estaba especialmente empeñadona solución autonomista; a distancia era aínda máis evidente enrelación co nacionalismo radical antiautonomista, co que só podíatecer algunha complicidade grazas á súa lealdade «primordialista» ácultura galega; e distancia tamén respecto dos dous grandes partidosque estaban a pilotar a política da transición, a UCD e o PSOE, nuncontexto en que os herdeiros directos do franquismo, acoutados nopequeno partido de Fraga Iribarne (AP), gozaban de escaso apoiopopular. Isto explica que Filgueira non participe nos intensos«cabildeos» que, desde a primavera de 1977, se producen parapreparar unha futura política autonómica nos que a figura de PíoCabanillas foi especialmente activa, nin que tampouco teña aposibilidade de estar presente nas primeiras cámaras democráticasabertas en 1977, nin por elección popular casos dos senadoresValentín Paz-Andrade ou de Manuel Iglesias Corral nin tampouco

  • A M E N C E R

    - 42 -

    como un senador de designación real caso de Domingo García-Sabell.

    O curso da vida política galega pasaba por camiños aos queFilgueira non tiña acceso doado, o que lle acontece tamén en todo oproceso estatutario. Só a viraxe táctica dada por AP, que adopta enmarzo de 1980 unha posición proactiva respecto do debate doEstatuto, abre unha vía de participación de AP na política galega, oque fica patente nos Pactos do Hostal de setembro de 1980, querevelan a capacidade política dun líder emerxente como Xosé LuísBarreiro. O seguinte paso sería o triunfo logrado en 1981 por AlianzaPopular (26 escanos) nas primeiras eleccións ao Parlamento galego,que coloca a este partido por diante da gobernamental UCD (24escanos) e que lle concede a posibilidade de formar o primeiroGoberno da autonomía galega, presidido polo médico compostelánXerardo Fernández Albor. Por indicación directa de Fraga Iribarne, oseu antigo discípulo nas aulas do instituto de Lugo, o profesor FilgueiraValverde é chamado a formar parte da Xunta de Galicia, na condiciónde conselleiro adxunto ao presidente para asuntos culturais (xaneiro-novembro de 1982) e como conselleiro de Cultura (ata setembro de1983). O ostracismo acababa e comezaba unha nova vida públicapara Filgueira Valverde. Como membro daquel Goberno, participouna proposta e aprobación parlamentaria das primeiras leis de Galiciaen materia cultural, entre elas a Lei de normalización lingüística e aLei do Consello da Cultura Galega, ambas aprobadas durante o ano1983.

    colaboracións

  • colaboracións A M E N C E R

    - 43 -

    Benqueridos rapaces de «Amencer»: Hoxe, 17 de maio, é o «Día das LetrasGalegas», maxinado co anceio de que teñamos como días das nosa fala todos ecada un dos que ten o ano. E ¿como imos logralo? Valéndonos a cotío dela, lendoos nosos grandes escritores, tendo libros deles, servindo afervoadamente a Galcia.Poida dar que algún de vós chegue a ser algún día un literato de mérito e, quensabe, se chegará a ter homaxes e adicanzas como o que este ano se tributa aLosada Diéguez.

    Nenos coma vós, que xogaron polos recantos da vila ou pola vosa garridacampía, foron Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Iglesia Alvariño, Alvaro Cunqueiro...Deles tedes de adeprender o amor á lingua. E para sabela non vos hai mellor escolaque a súa lectura.

    De min pode decirvos que, sendo a miña naiciña andaluza, deprendín o galegoco meu pai, cos que traballaban na casa e, sobre todo, nos versos de Rosalía. Tiñaeu dez anos cando atopei un libro no que viñan versos seus. Dinme a adeprendelose a recitalos. Foi coma unha vizosa sementeira no meu esprito.

    Oínlle cintar moitas veces a Castelao como comprendera a valía da nosalingua. Foro o poeta Martelo Paumán, Marqués de Almeiras, o que descubrira parael ese tesouro, decíndolle: - «Mira, rapaz, que o galego non é un castelán malfalado». E dende entón falouno e escribiuno con agrarimo.

    Losada Diéguez foi dos meus mellores mestres, naquel Instituto dePontevedra, onde tamén ensinaba Castelao. E non soio adeprendín de el ese agarimoe moito da súa sabencia, senón o exempro que nos daba na súa vida, tan limpa etan inzada polo ideal. Había alí moi bos profesores, pero el era un dos que máis seachegaba a nós. Iamos á súa casa, emprestábanos libros, conversaba como unamigo máis... Non se daba entón moito o catedrático que, ademais de escribirsobre os temas da súa especialidade e de dar conferencias e mesmo intervir moitona vida política, presidise un Club de Fútbol, cantase tódolos días nunha coral,escabase un castro, dera longas camiñatas a pé e fose conversible cos labregos emariñeiros. Soupo encher de traballo o seu tempo, en ben de todos. Morreu nomellor da vida. Vive o seu esprito na pouca pero fonda obra literaria que se conservadel. Mais os amigos e os discipros somos tamén obra súa. E non soio os que, demociños, pasamos pola súa aula, senón os que eran homes feitos e o colleroncomo guieiro. Porque dese xeito o recoñecían Risco e Otero Pedrayo, Castelao,Cabanillas, Cuevillas...os «grandes» da Xeración «Nós».

    Moitos outros vímonos nel coma nun espello. Quixéramos dentro da nosacativez, seguir o camiño que para nós abrira. El sabía que a morte é coma unhameirande nacencia. Tiña fe no seu rexurdir en Deus, e fe tamén nes rexurdir deGalicia no vós teredes que poñer a vosa parte.

    Un saúdo moi agarimoso do voso vello amigo

    P.D. Seica ides queixarvos de que na carta puxen algunhas verbas moi requintadas.E que, no «Días das Letras Galegas», convén facer uns exercicios de manexo do«Diccionario». A nosa lingua é moi rica en verbas e non vos convén amingoala,senón enriquecela. Vale.

    CARTA DE FILGUEIRA VALVERDE (17-05-1985)

  • ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»colaboradores:

  • CONGELADOS TROULO, S.A.Polígono Industrial de Rábade, F-1, P-1227.370 - Rábade (Lugo)

    Luisa Fernández LeiradoResponsable ComercialTel: 982-39-20-08Fax: 982-39-22-97Móbil: 677-583-061e_mail: [email protected]

  • Publicidade

    Imprenta SUC. MANCEBO - Mondoñedo

    A revista AMENCER está subvencionada por: