Upload
lolivazquez2011
View
263
Download
6
Embed Size (px)
Citation preview
A palabra antropoloxía provén do grego anthropos (“home” ou
“humano”) e logos (“coñecemento”). Xa que
logo, a antropoloxía é a ciencia que estuda ao ser humano.
AS RAMAS DA ANTROPOLOXÍA
ANTROPOLOXÍA
ANTROPOLOXÍA FÍSICA
ANTROPOLOXÍA CULTURAL
ANTROPOLOXÍA FILOSÓFICA
ANTROPOLOXÍA FÍSICA
Ocúpase principalmente:
- da evolución humana,
- do estudo comparado da bioloxía humana coa doutros primates, e
- do estudo dos patróns da xenética humana e a súa interacción e
adaptación cos fenómenos fisiolóxicos e culturais.
ANTROPOLOXÍA FÍSICA
Algunhas das cuestións ás que tenta dar resposta son: cal foi a liña evolutiva que levou ata o ser humano?, que cambios fisiolóxicos foron necesarios para o desenvolvemento da intelixencia humana?, que diferenzas existen entre as distintas razas humanas?, son os homes superiores ás mulleres?...
ANTROPOLOXÍA FÍSICA
PALEOANTROPOLOXÍAEstudo da evolución humana e os seus antepasados,
os homínidos
ANTROPOLOXÍA XENÉTICATenta entender a evolución do ser humano
comparándoo con outras especies a través de técnicas de análise molecular
ONTOXENIAEstuda os cambios físicos e neurolóxicos que experimenta o organismo ao longo da súa vida
SOMATOLOXÍAEstudo das relacións entre o corpo humano e o seu
medio ambiente físico e cultural
ANTROPOLOXÍA FORENSEAplicación dos demais estudos de antropoloxía física
á investigación policial e xudicial. Céntrase na identificación dos cadáveres e a reconstrucción das
circunstancias da morte e mesmo a biografía biológica antemorten do individuo
PALEOPATOLOXÍAEstuda as enfermedades padecidas por persoas ou
animais na antigüidade, a través dos seus restos óseos
ANTROPOLOXÍA CULTURAL
Ocúpase das formas de vida e de relación das persoas. Boa parte do traballo dos antropólogos culturais consiste en rexistrar os diferentes estilos de vida, describindo a organización social, a produción de alimentos, a linguaxe e os demais aspectos culturais.
ANTROPOLOXÍA CULTURAL
Algunhas das cuestións que abarca a antropoloxía cultural son: como se relacionan os diferentes ritos coas estruturas sociais?, cales son os fundamentos dos hábitos alimentarios?, como condiciona a linguaxe a representación do mundo?, como condiciona o hábitat natural a creación da linguaxe?...
ANTROPOLOXÍACULTURAL
ETNOLOXÍA ETNOGRAFÍA
ETNOLOXÍA: Rama da antropoloxía cultural que se dedica ao estudo comparado de diferentes culturas, explicando as súas semellanzas e diferenzas e establecendo marcos teóricos que sirvan para explicar as relacións entre o ser humano e a cultura. Algunha das cuestións que trata son: por que existen as relixións?, cales son as normas que regulan as relacións de parentesco?, cal é a orixe da guerra?, como xorden as organizacións sociais?...ETNOGRAFÍA: Estuda, mediante a recollida de datos, unha cultura determinada. Os datos recompilados consisten na descrición detallada dos seus costumes, crenzas, mitos, xenealoxías e historia, e constitúen a base da investigación en antropoloxía cultural, porque a partir deles elabórase a comparación entre culturas e extráense os patróns culturais.
ANTROPOLOXÍA FILOSÓFICA
A antropoloxía filosófica é unha reflexión sobre o que é o ser humano desde todas as perspectivas: biolóxica, cultural, histórica... Toma en conta os resultados da antropoloxía biolóxica e cultural para buscar o que é esencial no ser humano, o especificamente humano.
Polo tanto, a antropoloxía filosófica pregúntase polo que fai ao ser humano diferente dos demais seres (mentres a antropoloxía biolóxica e cultural presupoñen unha definición de ser humano e investigan só os seus caracteres exteriores ou as súas producións culturais).
ANTROPOLOXÍA FILOSÓFICA
Algunhas das cuestións que preocupan aos filósofos respecto da natureza humana son:
- Cal é a orixe do ser humano?
- Cal é o lugar do ser humano no Cosmos?
- Que nos diferencia dos animais?
- Somos libres?- Cal é o sentido da
existencia humana?- Cal é a relación do ser
humano coa tecnoloxía?- Que nos diferencia das
máquinas?- Somos algo máis ca
materia?