Upload
teresa-rodriguez
View
214
Download
0
Embed Size (px)
DESCRIPTION
anuncios e publicacións no diario de galicia
Citation preview
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 815
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS
SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve o procedemento de reavaliación da xefatura do Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, convocado pola Resolución do 20 de setembro de 2012.
A Orde do 6 de xullo de 2011 (DOG nº 144, do 28 de xullo) establece as bases do pro-cedemento para a reavaliación de determinadas xefaturas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde.
De acordo coa dita orde, e mediante Resolución do 20 de setembro de 2012, da Xeren-cia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, iniciouse o procede-mento de reavaliación da xefatura do Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía.
O día 23 de outubro de 2012 tivo lugar o acto de reavaliación, no cal o candidato que se reavaliaba, José Luis Doval Conde, lle expuxo á Comisión o seu informe de actividade do período que se avaliaba, así como o seu proxecto de actividade e programa de obxectivos para os próximos catro anos.
Tras o acto de reavaliación, a Comisión acordou trasladarlle á Xerencia de Xestión Inte-grada unha proposta motivada favorable á prórroga do dito nomeamento.
Esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 6 de xullo de 2011 (DOG nº 144, do 28 de xullo), pola que se estable-cen as bases do procedemento para a reavaliación de determinadas xefaturas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias que ten atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e pola Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG nº 188, do 30 de setembro) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,
ACORDA:
Prorrogar por un período de catro anos o nomeamento de José Luis Doval Conde como xefe do Servizo de Obstetricia e Xinecoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
CV
E-D
OG
: am
aung
i3-x
fe6-
v5a5
-2iw
6-f7
2nxv
fzef
l7
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 816
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
Ao rematar o dito período realizarase un novo procedemento de reavaliación, de confor-midade co disposto na Orde do 6 de xullo de 2011.
Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi-nistrativo común, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Ourense, 13 de novembro de 2012
Eloína Núñez Masid Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
CV
E-D
OG
: am
aung
i3-x
fe6-
v5a5
-2iw
6-f7
2nxv
fzef
l7