7
MATERIAL DE REPASO, REFORZO E RECUPERACIÓN PARA O ALUMNADO DE 1º ESO A/B AGRUPAMENTO ESPECÍFICO LEDE ATENTAMENTE AS INDICACIÓNS: Este envío de material está pensado e adaptado para repasar e reforzar os contidos dados durante a 1ª e 2ª avaliación. Debe traballalo todo o alumnado, independentemente de que teña aprobado ou non as avaliacións. Especialmente está deseñado para poder recuperar avaliacións suspensas por iso se formulan actividades xa explicadas, realizadas e corrixidas en clase e nos distintos exames que se realizaron. É necesario escribir con letra lexible, clara e ben feita e presentar os vosos exercicios redactando adecuadamente: letra maiúscula ao comezar, acentos, comas para separar, punto ao final da frase…lembrade poñer til cando sexá do verbo ser “é”, por favor!. A data de entrega é o 9 de xuño. Aquel alumno/a que teña algunha dificultade co tempo ou outro tipo de impedimento que mo faga saber e flexibilizamos persoalmente a entrega. Ao igual que procedemos ata agora, podedes formularme dúbidas e preguntas polo correo que xa tedes [email protected] e xunto á web do Instituto, publico o material no blog de recursos aquisgallaeciahistoria.worpress.com Preguntade e enviade os correos de 10 a 11 h da mañá, sempre que poidades, así organizamos todos un horario ao igual que tiñamos en clase. Saúdos e saúde

aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com · Web viewMATERIAL DE REPASO, REFORZO E RECUPERACIÓN PARA O ALUMNADO DE 1º ESO A/B AGRUPAMENTO ESPECÍFICO LEDE ATENTAMENTE AS INDICACIÓNS:

  • Upload
    others

  • View
    5

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com · Web viewMATERIAL DE REPASO, REFORZO E RECUPERACIÓN PARA O ALUMNADO DE 1º ESO A/B AGRUPAMENTO ESPECÍFICO LEDE ATENTAMENTE AS INDICACIÓNS:

MATERIAL DE REPASO, REFORZO E RECUPERACIÓN PARA O ALUMNADO DE 1º ESO A/B AGRUPAMENTO ESPECÍFICO

LEDE ATENTAMENTE AS INDICACIÓNS:

Este envío de material está pensado e adaptado para repasar e reforzar os contidos dados durante a 1ª e 2ª avaliación.

Debe traballalo todo o alumnado, independentemente de que teña aprobado ou non as avaliacións. Especialmente está deseñado para poder recuperar avaliacións suspensas por iso se formulan actividades xa explicadas, realizadas e corrixidas en clase e nos distintos exames que se realizaron.

É necesario escribir con letra lexible, clara e ben feita e presentar os vosos exercicios redactando adecuadamente: letra maiúscula ao comezar, acentos, comas para separar, punto ao final da frase…lembrade poñer til cando sexá do verbo ser “é”, por favor!.

A data de entrega é o 9 de xuño. Aquel alumno/a que teña algunha dificultade co tempo ou outro tipo de impedimento que mo faga saber e flexibilizamos persoalmente a entrega.

Ao igual que procedemos ata agora, podedes formularme dúbidas e preguntas polo correo que xa tedes [email protected] e xunto á web do Instituto, publico o material no blog de recursos aquisgallaeciahistoria.worpress.com Preguntade e enviade os correos de 10 a 11 h da mañá, sempre que poidades, así organizamos todos un horario ao igual que tiñamos en clase.

Saúdos e saúde

Page 2: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com · Web viewMATERIAL DE REPASO, REFORZO E RECUPERACIÓN PARA O ALUMNADO DE 1º ESO A/B AGRUPAMENTO ESPECÍFICO LEDE ATENTAMENTE AS INDICACIÓNS:

IES ARMANDO COTARELO VALLEDORDEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA. XEOGRAFÍA E HISTORIA, 1º ESO

NOME E APELIDOS__________________________________________________________CURSO____ 1ª AVALIACIÓN1.- CUESTIÓN PRÁCTICA DE XEOGRAFÍA. LOCALIZA NO MAPA QUE SE XUNTA OS OCÉANOS E CONTINENTES E AS SEGUINTES UNIDADES DO RELEVO: ALASKA, ROCHOSAS, APALACHES, ANDES, CARIBE, SAHARA, ATLAS, KALAHARI, HIMALAYA-EVEREST, INDIA, SIBERIA. (2 puntos)

2.- Sinala na rosa dos ventos os puntos cardinais e indica onde está a parte septentrional, meridional, levante (oriente) e occidente (poniente). (1 punto)

3.- Sinala no globo terráqueo: Ecuador, Trópico de Cáncer, de Capricornio, círculo polar Ártico e Antártico, hemisferio norte e sur; meridiano de Greenwich. (1punto)

Page 3: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com · Web viewMATERIAL DE REPASO, REFORZO E RECUPERACIÓN PARA O ALUMNADO DE 1º ESO A/B AGRUPAMENTO ESPECÍFICO LEDE ATENTAMENTE AS INDICACIÓNS:

4.- Responde a este conxunto de cuestións que se formulan (2 puntos):

a) Explica as características que fan posible a vida no noso planeta.

b) Describe, nunha frase, a estrutura externa da Terra.

c) Explica o movemento de rotación e translación e as súas consecuencias.

d) Define: Xeografía, biosfera, río, delta, chaira, serra, cordilleira, río, lago, glaciar.

5.- RESPONDE CON PRECISIÓN A ESTAS CUESTIÓNS SOBRE O CLIMA (3 puntos)a) Cantas zonas climáticas hai a Terra? Indícaas .

b) España e Galicia están na zona temperada ou fría?

c) O clima oceánico ou atlántico é o propio de Galicia, cales son os seus rasgos?

d) O clima continental (Madrid, Toledo por exemplo) teñen un clima moi distinto: sabes como é? Lembras algunha frase popular que recolla os rasgos deste clima?

e) O clima mediterráneo ten invernos suaves e veráns moi calorosos. Verdadeiro ou falso……………………..f) Como son as temperaturas do clima ecuatorial e do tropical? E as precipitacións son moitas ou poucas? Razoa a resposta.

g) Que destacas do clima desértico?

h) Cales son os trazos do clima frío?

Page 4: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com · Web viewMATERIAL DE REPASO, REFORZO E RECUPERACIÓN PARA O ALUMNADO DE 1º ESO A/B AGRUPAMENTO ESPECÍFICO LEDE ATENTAMENTE AS INDICACIÓNS:

6.- Reflexión: nunha viaxe a Arxentina neste momento do ano, que situación climatolóxica atoparías alí, por qué. Indica que roupa levarías: de abrigo, de verán? Razoa a resposta. (1 punto).

IES ARMANDO COTARELO VALLEDORDEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA. XEOGRAFÍA E HISTORIA, 1º ESO

2ª AVALIACIÓN

NOME E APELIDOS__________________________________________________________CURSO____

1. Á vista da gráfica que se proporciona, responde : ( 2 puntos)

a) Tipo de gráfica ou documento (lembra indicar todos os elementos)

b) Análise de temperaturas e precipitacións: máximos e mínimos por meses e estacións.

c) Tipo de clima. Explícao.

d) Sabes calcular a OT?

2. Cuestión práctica de Xeografía. Analiza o documento proporcionado (2 puntos):

Page 5: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com · Web viewMATERIAL DE REPASO, REFORZO E RECUPERACIÓN PARA O ALUMNADO DE 1º ESO A/B AGRUPAMENTO ESPECÍFICO LEDE ATENTAMENTE AS INDICACIÓNS:

a) Que tipo de mapa que se mostra.

b) No mapa aparecen dúas figuras isobáricas: un anticiclón e unha borrasca. Indica que tempo proporciona cada unha.

c) O anticiclón (alta presión) está situado no Atlántico, cal é a presión no seu centro; e na borrasca (baixa presión), cal é?

c) A Península Ibérica está baixo a influencia dun anticiclón ou dunha baixa presión? Observa o mapa atentamente e pensa ben a resposta.

d) Observas algunha fronte no mapa? De que tipo é? Que producen as frontes?

3.- Comenta as características do clima ecuatorial, tropical e desértico. En que zona climática están? Que sucede na zona polar, como é o seu clima? (2,5 puntos).

4.- Indica os factores que modifican a temperatura. Recorda o gráfico que se elaborou en clase. (0,5 p)

Page 6: aquisgallaeciahistoria.files.wordpress.com · Web viewMATERIAL DE REPASO, REFORZO E RECUPERACIÓN PARA O ALUMNADO DE 1º ESO A/B AGRUPAMENTO ESPECÍFICO LEDE ATENTAMENTE AS INDICACIÓNS:

5.- Define: contaminación atmosférica, chuvia ácida, quecemento global (e efectos que provoca no planeta). (2 puntos)

RESPONDE A ESTAS CUESTIÓNS TEÓRICAS QUE SE FORMULAN (1 punto):

a) Enumera a estrutura interna da Terra.

b) Define: chaira, golfo, cabo, depresión, pregamento, volcán. Debes poñer algún exemplo e empezar a definir con corrección. Logo, identifícaos no gráfico que se mostra.